GPS para tremores

Investigadores estadounidenses descubriron que o GPS dos teléfonos móbiles pode utilizarse como un servizo de alerta temperá de terremotos de magnitude superior a sete na escala Richter. Este feito ocorre debido á que os datos cruzados dos smartphones viaxan máis rápido que as ondas sísmicas.

Este equipo liderado por científicos do Servizo Xeológico de Estados Unidos descubriu que os receptores GPS dos smartphones poden detectar o desprazamento de Terra causada polo movemento dunha falla xeológica en grandes terremotos. Agora, os investigadores deseñaron un método que permite enviar estes datos de desplazamento a un servidor central para que estime rápidamente a magnitude do terremoto.

Grazas ó descubrimento desta tecnoloxía poderíase axudar a zonas do mundo que non poden permitirse o luxo de ter sistemas de alerta de maior calidade ao ser demasiado custosos. É irónico que estas zonas constitúan a maior parte de zonas de actividade sísmica elevada. A autora principal do estudo, Sarah Minson afirma que “a maioría da poboación non recibe alertas de terremotos debido principalmente ao custo da construción das redes de vixilancia científicas necesarias“.

Autora: Mariña Busto Iglesias

Publicado en Catastrofes naturais, Novas tecnoloxías, Tectónica de Placas | Etiquetado , , | 40 Comentarios

ADN para vencer o cancro

Un dos principais retos da medicina é adaptar o tratamento médico ao perfil do paciente e a súa enfermidade.

Nunha recente investigación, obtívose  a conclusión de que non podemos ter unha formulación médica sen unha xenómica. Isto é debido a que, no noso xenoma constitucional, hai miles de cambios, moitos deles inocuos e, de feito, son os que nos fan uns seres únicos, que todos teñen sempre algunha diferencia.

Na súa investigación, secuenciaron o xenoma de tumores de 815 pacientes e comparárono co de tecido san de cada un deles. Tratábase de ver que mutacións xenéticas eran importantes para o desenvolvemento do cancro e cales non.

Una investigación así é moi importante, e cada vez máis, hospitais e compañías están a empezar a secuenciar xeneticamente os tumores dos pacientes nun intento de personalizar a terapia que se podería aplicar para curalos. Pero non obstante, moitos non analizan o tecido normal da persoa para filtrar aqueles cambios no ADN, cando isto é moi útil, xa que o tumor acumula centos de mutacións e non podemos saber se teñen un papel protagonista ou non. Comparando estes dous xenomas, poderemos clasificar algunhas alteracións como ruído de fondo, outras como constitucionais e o resto como importantes, conseguindo así, un mellor tratamento.

Autora: Rocío Vázquez

Publicado en Avances médicos, Medicina, Saúde, Xenoma humano | Etiquetado , , , | 35 Comentarios

Robots asasinos

Ata ahora e ben sabido que os robots poden sustituir aos humanos nalgúns traballos. Pero os robots avanzan, de feito deseñouse un robot bombeiro “Atlas“, motivo polo cal a  ONU acolle esta semana en Xenebra unha reunión de expertos.

Chámase Atlas e é un robot que está a ser adestrado para converterse en bombeiro. Un robot bombeiro. Trátase dun sofisticado humanoide de aluminio e titanio de 1,80 metros. Dende que foi presentado en 2013, as súas capacidades foron perfeccionándose co obxectivo de que algún día participe en tarefas de rescate.

Non obstante, os avances en Intelixencia Artificial apuntan a que dentro duns anos, décadas quizais, as máquinas serán autónomas. Poderán tomar decisións e executalas.

O uso militar dos drons resulta polémico. Pero, que acontecería se eses futuros robots autónomos substituísen aos soldados no campo de batalla? A mesma tecnoloxía que permitiría salvar vidas humanas, podería usarse en guerras. E o sector militar é un dos máis interesados en financiar e desenvolver este tipo de armamento. Parece algo bo, pero a verdade é que isto fainos plantexar unha serie de preguntas. Quen sería xuridicamente responsable da actuación dun robot autónomo? É aceptable que unha máquina decida sobre a vida dunha persoa?

Por elo, a ONU intenta crear nesta reunión un tratado internacional que prohiba as armas autónomas que seleccionen obxectivos e os ataquen sen un control humano significativo.


Autor: Jonathan Salgueiro

Publicado en Novas tecnoloxías | Etiquetado , , , , | 17 Comentarios

Parándolle os pés ao VIH

Para defendernos contra os axentes externos que poden poñer en perigo a nosa saúde, o organismo dedica unha gran cantidade de recursos: moitos tipos de células e moléculas diferentes que forman unha ampla rede de vixilancia e actuación que se coñece como sistema inmunolóxico ou inmune. Non obstante, a habilidade destrutora do VIH a longo prazo pode superar a resposta do sistema inmunitario, xa que este se está a replicar rapidamente, á parte de que se pode ver tamén debilitado por outro tipo infeccións. É por esta razón que o VIH ten unha grande eficacia infectiva.

Así e todo, esta situación pode comezar a revertirse con ensaios como o que publicou o pasado martes a revista Nature. Neste pequeno traballo participaron apenas 29 voluntarios, dos cales 17 tiñan o virus, ademais dos estudos previos en ratos e macacos. O obxectivo, explican no seu traballo, era determinar a seguridade da estratexia, buscar a dose máis eficaz, determinar o impacto sobre a viremia a curto e longo prazo, é dicir, a duración da resposta, e comprobar se se xeraban ou non variantes do virus resistentes aos anticorpos.

Logrouse así, por vez primeira, unha redución sostida (como mínimo 28 semanas) do número de virus circulante despois de aplicar un tratamento que consigue reforzar a resposta inmunitaria da persoa infectada. Este tratamento correspóndese cun anticorpo monoclonal, os cales son estudados, sobre todo, para o tratamento do cancro. Basicamente son moléculas que se unen ás células, bacterias ou virus que se deben eliminar e fanas máis visibles ao sistema inmune. Facendo unha comparación, é coma se se pegaran uns adhesivos fosforescentes a un comando invasor para que así as defensas poidan neutralizalo con máis facilidade. Dita abordaxe, a pesar de ser intentada con anterioridade, os produtos deseñados non conseguiran unha resposta o suficientemente forte (as pegatinas non se veían ben) ou duradeira (estas caíanse). E todo isto cando non causaba efectos adversos.

O equipo que dirixe Michel Nussenzweig, da Universidade de Rockefeller, identificou un produto, o 3BNC117, que ten unha gran afinidade pola parte superficial do VIH a cal se une aos receptores CD4 dos linfocitos. Estas últimas moléculas son o porto ao que se ancla o virus antes de empezar a súa infeción e o seu obxectivo prioritario, polo que actuar sobre esa ligazón resulta ser unha abordaxe moi específica. Os mesmos científicos que levaron adiante este traballo son quen de recoñecer que se trata dun estudo moi pequeno, pero que, aínda así, permite obter algunhas conclusións. A primeira delas, que o anticorpo era en xeral ben tolerado a todas as doses que se ensaiaron, xa en persoas co virus, xa en aquelas do grupo de control. O que todo ensaio en fase I (na primeira das probas que se fai con fármacos) busca é demostrar a seguridade do tratamento. Nese caso, mídense os efectos adversos e clasifícanse, segundo a súa gravidade, de 1 a 5. O sorprendente é que, durante o ensaio, non houbo efectos desfavorables de grao 3 ou superior. Pero o certo é que non se trata dun anticorpo totalmente de amplo espectro, xa que se observou que un dos pacientes non experimentara ningunha melloría. Isto era debido a que o seu virus logrou “escapar” do seu efecto e facerse resistente.

O máis probable será que o 3BNC117, como acontece con outros antirretrovirales, teña que ser utilizado en combinación con outros anticorpos ou fármacos para manter ou controlar a infección. Aínda que tería a vantaxe de que unha terapia de anticorpos podería requerir unha administración cada poucos meses e non todos os días (como cos antirretrovirales), os científicos conclúen que sería unha vía pouco factible hoxe en día.


Autora: Carmen Vilanova.

Publicado en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina, Saúde | Etiquetado , , , , | 30 Comentarios

Holoturia como complemento nutricional

A holoturia trátase duna animal invertebrado que conforma o grupo dos holoturoideos; equinodermos que viven nos fondos dos mares. A súa aparencia é vermiforme cun corpo alongado e brando. Estas destacan pola súa interesante composición dende un punto de vista nutricional como veremos agora, xa que conteñen vitaminas como a tiamina (B1), riboflabina (B2) e Niacina (B3), minerais…

Polo dito anteriormente, hai uns días a holoturia pasaba a proba do gusto para facerse un gran alimento da gastronomía como produto galego xa que é capturado pola flota da comunidade. A empresa galega Ebiotec conseguiu atopar as propiedades proteicas, antioxidantes e cardiosaudables do coñecido como “carallote” ou “esparteña”, obténdose tamén por primeira vez no mundo, un nutracéutico, isto é, un complemento nutricional, a partir deste animal, a holoturia.

Este é outro dos logros do proxecto Holoturia, liderado pola Cooperativa de Armadores de Vigo no que están embarcados armadores, acuicultores, transformadores e farmacéuticos. Neste último campo atópase Ebiotec, con sede en Bergondo, que estudou as tres especies máis comúns  obtidas polos galegos. Analizou Parastichopus regalis, Parastichopus tremulus e a Holothuria forskali. Esta última foi a que mellor resultados bioactivos aportou, segundo o equipo liderado polo doctor Iván Carrera, que dirixe o departamento de Biotecnoloxía da Saúde.

O grupo Ebiotec, tras investigar as súas características organolépticas, toxicolóxicas e biofuncionais, descubriu os beneficios cardiosaludables da holoturia. Así naceu o Hol-15, nome comercial provisional dun produto que se poderá adquirir en pouco tempo en farmacias, parafarmacias, herboristerías. Virá en cápsulas ou en polbo para tomar coas principais comidas do día e con demostrados beneficios a nivel cardiovascular.

Autora: Alba Rodríguez

Publicado en Medicina, Recursos naturais, Saúde | Etiquetado , , | 38 Comentarios

Grandes Seres

Foron prtagonistas de series e películas, mitos que se remontan á época dos romanos e apodado kraken polos escandinavos. Estes seres son o calamar xigante e o calamar colosal.

Existen diversas diferenzas entres estes dous tipos de calamar. O calamar xigante (Architeuthis)  é un cefalópodo que habita practicamente nos mares de todo o mundo. Pode chegar a medir 14 metros de lonxitude e pesar arredor de 250 kg e é cosmopolita. Pódese observar en diversos lugares aínda que non é sinxelo. Foi avistado nas costas de Asturias e tamén nas illas Canarias e Xapón entre outros. Soe vivir en augas temperadas e non é comestibles porque contén unha cantidade alta de amoníaco. Ten oitos brazos, dos cales dous son claramente máis longos para cazar as súas presas. Ao parecer non se coñece exactamente de que se alimentan, pero atoparon no estómago de algún diversas especies de peixes e crutáceos.

Por outro lado, atopamos o calamar colosal (Mesonychoteuthis hamiltoni), un cefalópodo que habita principalmente na Antártida. É un ser mariño máis complicado de observar xa que soe vivir entre 800 e 1500 metros de profundidade. Pode chegar a medir 10 metros de lonxitude e pesar máis de 450 kg. Os seus tentáculos son máis curtos ca os do calamar xigante e descoñécese o seu tipo de alimentación. A penas hai máis información desta gran lenda, que posúe diversos misterios. Parte da información que se coñece destes exemplares, conseguiuse mediante a aparición de exemplares que se atoparon en estómagos dalgúns cachalotes.

Autor: Miguel Leiro Grande

Publicado en Bodiversidade | Etiquetado , , , | 39 Comentarios

Catro estrelas e un planeta

No 2009 descubriuse un sitema solar triple con un so planeta 10 veces máis masivo ca Xupiter, ubicado na constelación de Aries, que se atopa a 136 anos luz da Terra. Pero recientemente, dende un observatorio en California, descubriuse que este sistema estaba formado por catro estrelas en realidade. As catro xiran en torno aun centro que e chamado  centro de masas, e duas estrelas xiran en torno a outras dúas máis grandes. A órbita do planeta está situada entre a órbita da estrela recén descuberta e a estrela central. O sistema é chamado 30 Ari, e ao mesmo tempo, dúas etrelas forman outros dous sistemas que orbitan entorno ao centro de masas e son chamados 30 Ari A e 30 Ari B. O planeta situase no 30 Ari B.

Estrutura do sistema 30 Ari

 

O extraño deste sistema é que a estrela máis cercana ao planeta non é entorno á que este orbita, e os cientificos non entenden por que a estrela máis cercana ao planeta non altera a orbita deste.

É curioso que este sea solo o segundo sistema solar cuadruple descuberto, o outro é o sistema KIC 4862625 que foi descuberto no 2013 por cientificos aficionados.

 

Autor: Xacobo Piñeiro Cacabelos

Publicado en Investigación espacial, Universo | Etiquetado , , , | 26 Comentarios

Nitróxeno en Marte

O vehículo da NASA,”Curiosity”, que explora Marte dende agosto de 2012, atopou nitróxeno por primeira vez en Marte.

O nitróxeno que atopou o robot “Curiosity“estaba fixado en sedimentos de rochas, concretamente en tres mostras distintas do subsolo do cráter Gale, que o robot tomou durante a súa expedición por Marte, o chamado Planeta Vermello. É moi importante destacar que se trata de nitróxeno marciano, é dicir, nitróxeno nativo, que só se puido formar en Marte, sendo imposible que proveña doutro lugar.

Este descubrimento supón un novo indicio que axudará a avaliar a habitabilidade de Marte, aínda que a súa presenza, matizan os científicos, non demostra que haxa vida ou a teña habido, os investigadores din que dende logo este descubremento non é proba de que haxa vida no subsolo de Marte, pero tampouco é o de que a houbera no pasado, pero que abre un horizonte moi interesante, isto dise xa que a presenza de compostos que levan nitróxeno nativo no chan de Marte significa a existencia dunha fonte de nitróxeno bioquimicamente accesible, e suxire que puido haber un ciclo de nitróxeno nalgún momento ao longo da evolución de Marte.

Autor: Alex Costas

Publicado en Investigación espacial, Universo | Etiquetado , , , , | 30 Comentarios

A outra cara do ibuprofeno

ibuprofeno é un antiinflamatorio non esteroideo (AINE), utilizado frecuentemente como antipirético (fármaco que fai diminuír a febre) así como para o tratamento sintomático de procesos dolorosos de intensidade leve e moderada como poden ser a dor de cabeza (cefalea), dor dental (odontalxia), dor muscular, molestias da menstruación (dismenorrea), dor neurolóxica e dor postquirúrxica. Tamén se usa para tratar cadros inflamatorios e reumáticos, como os que se presentan en artrite, artrite reumatoide e artrite gotosa.
Este fármaco actúa mediante a inhibición non selectiva da cicloosixenasa (COX), reducindo así a síntese de prostaglandinas, un conxunto de substancias que regulan diversas funcións como a presión sanguínea, a coagulación do sangue, a resposta inflamatoria ou a contracción da musculatura lisa.
Dende hai uns anos, o ibuprofeno converteuse nun dos antiinflamatorios máis consumidos por parte da meirande parte da poboación española para mitigar o malestar xeral do organismo, debido sobre todo ao seu económico prezo e ao seu fácil acceso.

Porén, como calquera outro medicamento conta cunha serie de efectos adversos entre os que destaca a irritación do sistema dixestivo, provocando estrinximento, diarrea, gases ou distensión abdominal, mareos e vómitos, entre outros.
Pero isto non é todo, pois o Comité de Farmacovixilancia da Axencia Europea do Medicamento (EMA) acaba de finalizar a súa revisión sobre o ibuprofeno, concluíndo que o tratamento con altas doses de dito fármaco aumenta o risco de sufrir problemas cardiovasculares.
Concretamente, os datos procedentes dos ensaios clínicos e estudios observacionais realizados confirman que a administración de doses altas de ibuprofeno (iguais o superiores a 2.400 mg/día) se asocian cun maior risco de infarto e trombose arterial.
Este consumo tan elevado so se dá en casos moi excepcionais, pois segundo os datos do Ministerio de Sanidade, apenas un 2% dos pacientes que seguen un tratamento con este fármaco toman cantidades tan elevadas.
O consumo normal do ibuprofeno como analxésico ou antiinflamatorio sitúase en 1.200 mg ao día (os comprimidos soen ser de 400 mg ou 600 mg), doses que non están asociadas a un incremento do risco cardiovascular, é dicir, que o consumo normal e moderado que se fai no 90% dos fogares españois é seguro.

Trombose arterial (enfermidade cardiovascular)

O Comité de Farmacovixilancia conclúe que os beneficios do ibuprofeno son superiores aos seus riscos,  pero recomenda que se actualice a información do su prospecto sobre a relación da inxestión de doses altas do fármaco e os trastornos cardiovasculares.
Ademais, a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) publicou nos últimos días unha serie de recomendacións respecto ao consumo e a prescrición de ibuprofeno, onde  se recomenda, entre outras cousas, non receitar altas doses de ibuprofeno a pacientes con enfermidades cardiovasculares, considerar os factores de risco cardiovasculares do paciente antes de comezar un tratamento a longo prazo con ibuprofeno e utilizar a dose máis baixa  posible que permita controlar os síntomas durante o menor tempo posible.

Autora: Tamara Parracho

Publicado en Medicina, Saúde | Etiquetado , | 28 Comentarios

Novo crustáceo no Grove

Un grupo de científicos da Universidade de Vigo e o Australian Museum encontraron na enseada galega do Grove un novo exemplar de crustáceo endémico de Galicia. Denominárono Uromunna naherba e pertence á Orde dos isópodos, o máis diverso de crustáceos. “Chamámolo en galego Na herba porque o encontramos en pradarías de fanerógamas mariñas, ou o que é o mesmo, en herbas submarinas”, declarou a Patricia Esquete, coautora do estudo na Universidade de Vigo.

Uromunna naherba mide entre 0,6 e 1,5 milímetros de lonxitude e vive tanto entre as follas das plantas como nos rizomas, o talo subterráneo, aínda que as femias que portan ovos tenden a vivir máis nestes últimos.

Trátase dunha especie que non nada, senón que camiña sobre o fondo mariño, tanto sobre algas como plantas. Isto débese a súa carencia de aletas coas que poder nadar, de aí que non se despracen a grandes distancias. O feito de que non se despracen a grandes distancias fai que os individuos dunha mesma poboación se reproduzcan entre eles, polo tanto as mutacións xenéticas propáganse rapidamente dentro da poboación. Así, co paso do tempo, esa poboación terá acumulado tantas mutacións que a diferenciaran tanto doutras que se converterá nunha especie nova.

Exemplar de Uromunna naherba,  un crustáceo de pouco máis dun milímetro. / J. A. Peñas-Sinc

Reprodúcense ao longo de todo o ano. Non obstante, os científicos observaron que as femias  portadoras de ovos son máis frecuentes a finais de primavera e en verán. Este feito coincide co momento do ciclo anual da planta no que as follas e os rizomas alcanzan o seu máximo tamaño, e pon á súa disposición maior substrato e alimento.

Autor: Antón Chaves

Publicado en Bodiversidade, selección natural | Etiquetado , , , , | 25 Comentarios