Canarias tinguida de negro

Un pesqueiro de bandeira rusa, quedou afundido na costa do Océano Atlántico, a uns 2400 metros de profundidade e a unhas 15 millas ao sur da punta de Maspaloma e segundo informou o Ministerio de Fomento a mancha situábase a 176 km da costa. O pesqueiro ten 12o m de eslora e tiña almacenadas, nos seus tanques, 1409 toneladas de fuel, 30 de gasóleo e 65 de lubricante.
O sábado 11 de abril producíase un incendio no pesqueiro Oleg Naydenov  no porto da Luz e das Palmas, e o luns decidiron trasladalo mar adentro debido a que non foron capaces a extinguir o lume. Este incidente foi comparado co caso do Prestige, pero neste caso a cantidade de fuel trasladada é menor, pero o lugar a onde se levou o pesqueiro está protexida baixo a figura de Lugar de Interes Comunitario.

O dano ecolóxico que pode chegar a causar a vertedura de fuel pode ser grandioso, aínda que se estea alonxando da costa canaria, estase a dirixir a unha zona de correntes oceánicas, e debido a isto pode chegar a acadar as costas de Cabo Verde. Natacha Aguilar de Soto, investigadora de Cetáceos e Bioacústica da Universidade de La Laguna, recorda que na zona afectada, hai contabilizadas 30 especies de cetáceos, 5 de tartarugas mariñas e 50 de tiburóns.

 

Tamén se pode xerar un dano económico, xa que ao verterse o fuel, tamén afecta aos peixes e polo tanto aos barcos pesqueiros que traballan nesas zonas que se viron afectadas pola vertedura e, polo tanto, moitos dos mariñeiros e pescadores que traballan nestas costas veríanse gravemente afectadas.

Autora: Alicia Feijoo

Publicado en Catastrofes naturais, Contaminación | Etiquetado , , , | 21 Comentarios