Especies en perigo

O cambio climático acelera a extinción de especies

Os científicos afirman que estamos a vivir a sexta gran extinción. A velocidade de perda de especies é semellante á das outras cinco anteriores que aconteceron na Historia da Terra, como a que acabou cos dinosauros hai 65 millóns de anos. E o peor, é que nesta, a man do ser humano está detrás desta desaparición en masa.

Os biólogos levan anos tratando de avaliar a que velocidade afectará o aumento da temperatura global á biodiversidade. O problema é que as predicións da porcentaxe de especies que se extinguirán a consecuencia do cambio climático varían moito dependendo das especies que se teñan en conta, a rexión xeográfica ou os factores que se teñan en conta.

Un biólogo avaliou 131 traballos científicos importantes publicados ao respecto e incluíu factores coñecidos que afectan á biodiversidade para tratar de obter mediante un modelo unha conclusión sobre como afectará o cambio climático ás especies nun futuro afectado polo cambio climático.

O primeiro dato relevante que presenta, é que preto do 16% das especies de todo o mundo desaparecerán se as emisións de gases de efecto invernadoiro continúan crecendo como ata agora. Dito doutro modo, unha de cada seis especies que coñecemos non llas poderemos ensinar máis que en fotos aos nosos netos. Ademais, as rexións que sufrirán en maior medida o impacto do aumento de temperaturas son Sudamérica, Australia e Nova Zelanda.

Pero o máis rechamante non é tanto a porcentaxe de especies que desaparecerán, senón o claro que reflicte o traballo que a extinción de especies crecerá de forma exponencial co aumento da temperatura. Polo que pode afirmarse da vinculación directa entre aumento de temperatura e extinción de especies.

Polo que non debemos agardar a ter máis datos para actuar contra o cambio climático, a ser posible reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro, xa que se non o facemos, está claro que pronto poderemos observar directamente os impactos do cambio climático sobre a biodiversidade.

Autora: Nerea Betanzos

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.