Auga líquida en Marte

Curiosity acaba de encontrar indicios da existencia de auga líquida nas primeiras capas da superficie marciana.

O equipo internacional de investigadores, analizou os datos de humidade relativa na atmosfera de Marte, de temperatura da superficie e da do aire recollidos durante un ano marciano completo. E a conclusión principal á que chegaron é que os cinco primeiros centímetros do chan do cráter Gale, albergan as condicións ambientais para que exista auga líquida salgada ,chamada salmoira, pero só durante a noite.

Concretamente, o vehículo marciano encontrou, no cráter Gale,  un tipo de sal chamado perclorato. Este mineral baixa a temperatura á que se conxela a auga e, ademais, é capaz de absorber vapor de auga da atmosfera para formar a salmoira.

Isto e só asi xa que o aumento das temperaturas diúrnas evaporan ese auga líquida despois do amañecer. Polo que non podemos ver a salmoira porque acontece de noite e o robot Curiosity non funciona de noite debido ás baixas temperaturas de Marte, que oscilan entre os -50ºC e os -80ºC.

En todo caso, segundo relatan os investigadores no traballo, estas condicións ambientais permiten que haxa auga líquida durante a noite marciana, pero que non son compatibles cos requisitos coñecidos para a replicación e para o metabolismo dos microorganismos terrestres. A unha profundidade de 15 centímetros, a temperatura durante todo o ano é demasiado baixa para as formas de vida que coñecemos.

Autora: Lara Cores

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.