A contaminación nos bebés

A contaminación atmosférica non só afecta ao aparato respiratorio ou ao cardiovascular. A contaminación ligada ao tráfico tamén ten un impacto directo sobre o desenvolvemento do cerebro.

A contaminación que orixina o tráfico fai que os nenos que acoden á escola presenten un menor desenvolvemento cognitivo. Así se desprende dun estudo levado a cabo en Barcelona entre case 3.000 pequenos de entre sete e dez anos que coordinou o director científico do Centro de Investigación en Epidemioloxía Ambiental da Cidade Condal.

Os investigadores avaliaron mediante probas, as funcións de memoria de traballo e de atención, debido a que se desenvolven constantemente durante a pre adolescencia. Segundo explican nun ensaio publicado na revista PLOS Medicine, tamén mediron os niveis de carbono, dióxido de nitróxeno e partículas ultrafinas asociadas ás emanacións orixinadas polo tráfico tanto na aula coma no patio. Deste modo, descubriron, que a contaminación por partículas de carbono reducía nun 13% o crecemento da memoria de traballo.

Advirten que o deterioro das funcións cognitivas ten consecuencias para o rendemento escolar. “A redución do desenvolvemento cognitivo dos nenos e nenas que asisten ás escolas con maior contaminación podería dar lugar a unha situación de desvantaxe que debería terse en conta no control da calidade do aire“, conclúe.

Autor: Laura Falcón Otero

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to A contaminación nos bebés

  1. faa-rubeniglesias di:

    A cognición defínese como a facultade dun ser vivo para procesar información a partir da percepción, o coñecemento adquirido e características subxectivas que permiten valorar a información. Consiste en procesos tales como a aprendizaxe, razoamento, atención, memoria, resolución de problemas, toma de decisións e procesamento da linguaxe.
    Non obstante, tamén se di que os procesos cognitivos poden ser non só naturais, senón tamén artificiais, así como conscientes ou inconscientes, o que explica o por que se abordou o seu estudo dende diferentes perspectivas.
    A cognición está relacionada con conceptos abstractos tales como mente, percepción, razoamento, intelixencia, aprendizaxe.
    En psicoloxía e intelixencia artificial o concepto refírese ás funcións, procesos e estados mentais de axentes intelixentes, cun enfoque particular en procesos tales como comprensión, inferencia, toma de decisións, planificación e aprendizaxe. Aborda capacidades dos sistemas como a abstracción, xeneralización, concreción/especialización e meta-razoamento onde se involucran conceptos subxectivos como as crenzas, coñecemento, estados mentais e preferencias.
    O concepto de cognición é frecuentemente utilizado para significar o acto de coñecer, ou coñecemento, e pode ser definido, nun sentido cultural ou social, como o desenvolvemento emerxente de coñecemento dentro dun grupo que culmina coa sinerxía do pensamento e a acción.

  2. fab-ivanportas di:

    A deterioración cognitiva é a perda de funcións cognitivas, especificamente en memoria, atención e velocidade de procesamento da información (VPI), que se produce co envellecemento normal. Esta deterioración cognitiva do noso cerebro depende tanto de factores fisiolóxicos como ambientais e está suxeita a unha gran variabilidade interindividual.

    En diversos estudos científicos viuse reflectido como o adestramento cognitivo pode ser beneficioso. Por exemplo, en Valencia expoñen que se realizaron numerosos estudos nos que se demostraron efectos positivos para compensar a deterioración cognitiva con programas de adestramento do cerebro, xa sexa xenerais ou específicos para funcións como a memoria. Estes programas aplicados a adultos sans teñen efectos benéficos a curto e medio prazo na memoria obxectiva, a atención, o razoamento indutivo, a VPI e a función executiva.
    A maioría dos estudos coinciden en formular que toda unha vida de adestramento do cerebro, participación en actividades de tempo libre, actividade física e profesional ten un efecto importante para atrasar a aparición dos efectos nocivos do envellecemento.

  3. fab-antonchaves di:

    En principio a cognición defínese como a facultade dun ser vivo para procesar información a partir da percepción, o coñecemento adquirido (experiencia) e características subxectivas que permiten valorar a información. Consiste en procesos tales como a aprendizaxe, razoamento, atención, memoria,resolución de problemas, toma de decisións e procesamento da linguaxe.
    Non obstante, tamén se di que os procesos cognitivos poden ser non só naturais, senón tamén artificiais, así como conscientes ou inconscientes, o que explica o por que se abordou o seu estudo dende diferentes perspectivas incluíndo a neuroloxía, psicoloxía, socioloxía, filosofía, as diversas disciplinas antropolóxicas, e as ciencias da información – tales como a intelixencia artificial, a xestión do coñecemento e a aprendizaxe automática.
    A cognición está intimamente relacionada con conceptos abstractos tales como mente, percepción, razoamento, intelixencia, aprendizaxe e moitos outros que describen numerosas capacidades dos seres humanos, aínda que estas características tamén as compartirían algunhas entidades non biolóxicas segundo o propón a intelixencia artificial.
    En psicoloxía e intelixencia artificial (IA) o concepto refírese ás funcións, procesos e estados mentais de axentes intelixentes, cun enfoque particular en procesos tales como comprensión, inferencia, toma de decisións, planificación e aprendizaxe. A investigación no campo aborda capacidades dos axentes/sistemas como a abstracción, xeneralización, concreción/especialización e meta-razoamento nas cales se involucran conceptos subxectivos tales como as crenzas, coñecemento, estados mentais e preferencias.
    O concepto de cognición é frecuentemente utilizado para significar o acto de coñecer, ou coñecemento, e pode ser definido, nun sentido cultural ou social, como o desenvolvemento emerxente de coñecemento dentro dun grupo que culmina coa sinerxía do pensamento e a acción.

  4. faa-laurachaves di:

    Nas grandes cidades, como di este artigo, a contaminación do aire débese á consecuencia dos escapes de gases dos motores de explosión, aos aparatos domésticos da calefacción, ás industrias -que é liberado na atmosfera, xa sexa como gases, vapores ou partículas sólidas capaces de manterse en suspensión, con valores superiores aos normais, prexudican a vida e a saúde, tanto do ser humano coma de animais e plantas.
    Esta capa (a atmosfera) absorbe a maior cantidade de radiación solar e debido a isto prodúcese a filtración de todos os raios ultravioletas.
    O aumento de anhídrido carbónico na atmosfera débese á combustión do carbón e do petróleo, o que leva a un requentamento do aire e dos mares, co cal se produce un desequilibrio químico na biosfera, producindo unha alta cantidade de monóxido de carbono, sumamente tóxica para os seres vivos.
    A contaminación atmosférica provén fundamentalmente da contaminación industrial por combustión, e as principais causas son a xeración de electricidade e o automóbil. Tamén hai outras substancias tóxicas que contaminan a atmosfera como o chumbo e o mercurio.
    A contaminación atmosférica pode ter carácter local, cando os efectos ligados ao foco acontecen nas inmediacións do mesmo, ou planetario, cando, polas características do contaminante, se ve afectado o equilibrio xeral do planeta e zonas afastadas ás que conteñen os focos emisores.

  5. faa-glopez di:

    Esto e un problema moi grave, porque pode ter unha serie de factores que repercutan no seu futuro, non so polo deterioro das celulas cognitivas, tamen pode traer consecuencias doutros tipos, a contaminacion pode facer que os nenos collan enfermidades por culpa desta, e tamen pode ter consecuencias a largo plazo. As escolas que estan en zonas con niveis de contaminacion algo por encima do normal, por asi decilo, deberian reclamar isto, para que o solucionen, isto pode deberse a si na cidade hai situadas moitas fabricas que solten gases e contaminen o aire, facendo que se propague por toda a cidade, deberian facer algo para que as fabricas desprendan menos gases que contaminen o aire ou afastalas da cidade cara as aforas onde non moleste nin haia risco de contaminacion a o resto.

  6. faa-emiliolumbres di:

    Enténdese por contaminación atmosférica á presenza no aire de materias ou formas de enerxía que implican riesgo, dano, ou molestia para as persoas e bienes de calquera natureza. O nome de contaminación atmosférica aplícase polo xeral as alteracións que teñen efectos perniciosos (que causa moito dano ou é moi perxudicial) nos seres vivos e os elementos materiais. Os principales mecanismos de contaminación atmosférica son os procesos industriais que implican combustión, tanto en industrias como en automóviles e calefaccións residenciais que xeran dióxido e monóxido de carbono, óxido de nitróxeno e xofre, entre outros contaminantes. Da mesma forma, algunhas industrias emiten gases nocivos no seus procesos productivos como o cloro ou hidrocarburos que non realizaron combustión completa.
    Hai contaminantes amosféricos primarios e secundarios:
    Os contaminantes primarios son os que se emiten directamente á atmosfera como o SO2 (dióxido de xofre) que daña directamente a vexetación e é irritante para os pulmóns
    Os contaminantes secundarios son aqueles que se forman mediante procesos químicos atmosféricos que actúan sobre os contaminantes primarios ou sobre especies non contaminantes na atmosfera. Os contaminantes secundarios son: ácido sulfúrico, que se forma pola oxidación do SO2 , e o dióxido de nitróxeno que se forma ao oxidarse o contaminante primario NO e o O3 (ozono)

  7. fab-mariblanco di:

    A contaminación atmosférica fai referencia á alteración da atmosfera pola adición de gases, ou partículas sólidas ou líquidas en suspensión en proporciones distintas ás naturais.

    O nome de contaminación atmosférica aplícase polo xeral ás alteracións que teñen efectos prexudiciais sobre a saúde dos seres vivos e os elementos materiais, e non a outras alteracións inocuas. Os principais mecanismos de contaminación atmosférica son os procesos industriais que implican combustión, tanto en industrias como en automóbiles e calefaccións residenciais, que xeran dióxido e monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno e xofre, entre outros contaminantes. Igualmente, algunhas industrias emiten gases nocivos nos seus procesos produtivos, como cloro ou hidrocarburos sen queimar.

    A contaminación atmosférica pode ter carácter local, cando os efectos ligados ao foco acontecen nas inmediacións do mesmo, ou planetario, cando, polas características do contaminante, se ve afectado o equilibrio xeral do planeta e zonas afastadas ás que conteñen os focos emisores.

  8. fab-alexcosta di:

    As funcións cognitivas son os procesos mentais que nos permiten levar a cabo calquera tarefa. Fan posible que o suxeito teña un papel activo nos procesos de recepción, selección, transformación, almacenamento, elaboración e recuperación da información, o que lle permite desenvolverse no mundo que o rodea, polo que o seu deterioro, sería un gran problema.

  9. faa-tamaraparracho di:

    O termo contaminación atmosférica fai referencia á alteración da atmosfera debido á adición de gases ou partículas sólidas ou líquidas en suspensión, en proporcións distintas ás naturais.
    O nome de contaminación atmosférica aplícase, polo xeral, ás alteracións que teñen efectos prexudiciais sobre a saúde dos seres vivos e a natureza, e non a outras alteracións inocuas. Os principais mecanismos de contaminación atmosférica son os procesos industriais que implican combustión, tanto en industrias coma en automóbiles e calefaccións residenciais, os cales xeran dióxido e monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno e xofre, entre outros contaminantes.
    A contaminación atmosférica non só dana ao medioambiente, senón que moitos estudos demostraron que este tipo de contaminación posúe efectos prexudiciais para a nosa saúde. Así pois, o incremento na contaminación do aire ligouse á disfunción pulmonar e a aumentos de ataques cardíacos. Ademais, niveis altos de contaminación atmosférica, segundo o Índice de Calidade do Aire da Axencia de Protección do Medio Ambiente (EPA), prexudican directamente a persoas que padecen asma e outros tipos de enfermidades pulmonares ou cardíacas.
    Débese ter en conta que os nenos son especialmente vulnerables ós efectos da contaminación do aire e, como se amosa neste artigo, a contaminación está a afectar tamén ao desenvolvemento das súas capacidades cognitivas, algo que terá repercusión no seu rendemento académico.

  10. fab-sabelafernandez di:

    A epidemioloxía, nomeada no artigo anterior, é unha disciplina científica que estuda a distribución, a frecuencia, os factores determinantes, as predicións e o control dos factores relacionados coa saúde e coas distintas enfermidades existentes en poboacións humanas definidas. A epidemioloxía -que, en sentido estrito, podería denominarse epidemioloxía humana- ocupa un lugar especial na intersección entre as ciencias biomédicas e as ciencias sociais, e integra os métodos e principios destas ciencias para estudar a saúde e controlar as enfermidades en grupos humanos ben definidos.1 Existe tamén unha epidemioloxía veterinaria, que estuda os mesmos aspectos nos padecementos que afectan a saúde dos animais; e tamén podería falarse dunha epidemioloxía zoolóxica e botánica, intimamente relacionadas coa ecoloxía, como no caso deste artigo.

    En epidemioloxía estúdanse e describen a saúde e as enfermidades que se presentan nunha determinada poboación, para o cal se teñen en conta unha serie de patróns de enfermidade, que se reducen a tres aspectos: tempo, lugar e persoa: o tempo que tarda en xurdir, a tempada do ano na que xorde e os tempos nos que é máis frecuente; o lugar (a cidade, a poboación, o país, o tipo de zona) onde se presentaron os casos, e as persoas máis propensas a padecela (nenos, anciáns, etc., segundo o caso).

    A epidemioloxía é parte importante da saúde pública e contribúe a:

    1- Definir os problemas e inconvenientes de saúde importantes dunha comunidade;
    2- Describir a historia natural dunha enfermidade;
    3- Descubrir os factores que aumentan o risco de contraer unha enfermidade (a súa etioloxía);
    4- Predicir as tendencias dunha enfermidade;
    5- Determinar se a enfermidade ou problema de saúde é prevenible ou controlable;
    6- Determinar a estratexia de intervención (prevención ou control) máis axeitada;
    7- Probar a eficacia das estratexias de intervención;
    8- Cuantificar o beneficio conseguido ao aplicar as estratexias de intervención sobre a poboación;
    9- Avaliar os programas de intervención;
    10- A medicina moderna, especialmente a mal chamada medicina baseada na evidencia (medicina fáctica ou medicina baseada en estudos científicos), está baseada nos métodos da epidemioloxía.

  11. faa-uxiacasais di:

    A Funcion Cognitiva é un proceso intelectual polo cal a persoa é consciente, percibe e comprende as ideas. Comprende todos aqueles aspectos relacionados coa percepción, pensamento, razoamento e memoria.
    A función cognitiva refírese á capacidade dunha persoa para procesar pensamentos. A cognición refírese principalmente a cousas como a memoria, a capacidade para aprender nova información, o fala e a comprensión de lectura.

  12. faa-diegogarcia di:

    O cambio cognitivo do ser humano significou o transcorrer de centenas de miles de anos; as capacidades cognitivas (os procesos tales como a memoria, a atención, a linguaxe, percepción, a solución de problemas ou intelixencia e a planificación) involucran funcións cerebrais sofisticados e únicas. Máis aínda, estes involucran os chamados procesos de control, como por exemplo os que se utilizan cando se persegue unha meta e se require impedir as diferenzas do ser humano.
    O desenvolvemento cognitivo enfócase nos procedementos intelectuais e nas condutas que emanan destes procesos. Este desenvolvemento é unha consecuencia da vontade das persoas por entender a realidade e desempeñarse en sociedade, polo que está vinculado á capacidade natural que teñen os seres humanos para adaptarse e integrarse ao seu ambiente. A modalidade máis frecuente de analizar os datos e de empregar os recursos cognitivos é coñecido como estilo cognitivo. Cabe destacar que isto non está vinculado á intelixencia nin ao coeficiente intelectual, senón que é un factor propio da personalidade. Outro concepto relacionado é o de prexuízo cognitivo, unha distorsión que afecta ao modo en que unha persoa capta o real. A nivel xeral, fálase de distorsións cognitivas cando se advirten erros ou fallos no procesamento de información. A terapia cognitiva ou terapia cognitiva-conductual, por último, é unha forma de intervención da psicoterapia que se centra na reestruturación cognitiva, xa que considera que as distorsións mencionadas anteriormente producen consecuencias negativas sobre as condutas e as emocións.

  13. faa-uxiacasais di:

    Hai un gran número de definicións distintas de contaminación atmosférica, dependendo do punto de vista que se adopte. Así temos:

    “Calquera circunstancia que engadida ou quitada dos normais constituíntes do aire, pode chegar a alterar as súas propiedades físicas ou químicas o suficiente para ser detectado polos compoñentes do medio”.

    O habitual é considerar como contaminantes só aquelas substancias que foron engadidas en cantidades abondo como para producir un efecto medible nas persoas, animais, vexetais ou os materiais.

    Así, outra definición é: “Calquera condición atmosférica na que certas substancias chegan concentracións o suficientemente elevadas sobre o seu nivel ambiental normal como para producir un efecto mensurable no home, os animais, a vexetación ou os materiais”.

  14. faa-albarodriguez di:

    Neste artigo fálase da epidemioloxía.A epidemioloxía é o estudo da distribución e os determinantes de estados ou eventos (en particular de enfermidades) relacionados coa saúde e a aplicación deses estudos ao control de enfermidades e outros problemas de saúde. Hai diversos métodos para levar a cabo investigacións epidemiolóxicas: a vixilancia e os estudos descritivos pódense utilizar para analizar a distribución, e os estudos analíticos permiten analizar os factores determinantes.
    Existe tamén unha epidemioloxía veterinaria, que estuda os mesmos aspectos nos padecementos que afectan a saúde dos animais; e tamén podería falarse dunha epidemioloxía zoolóxica e botánica, intimamente relacionadas coa ecoloxía.
    En epidemioloxía estúdanse e describen a saúde e as enfermidades que se presentan nunha determinada poboación, para o cal se teñen en conta unha serie de patróns de enfermidade, que se reducen a tres aspectos: tempo, lugar e persoa: o tempo que tarda en xurdir, a tempada do ano na que xorde e os tempos nos que é máis frecuente; o lugar (a cidade, a poboación, o país, o tipo de zona) onde se presentaron os casos, e as persoas máis propensas a padecela (nenos, anciáns, etc., segundo o caso).
    A epidemioloxía xurdiu do estudo das epidemias de enfermidades infecciosas; de aí o seu nome. Xa no século XX os estudos epidemiolóxicos se estenderon ás enfermidades e problemas de saúde en xeral, analizados mediante diversos métodos, entre os cales os da demografía e a estatística son especialmente importantes.

  15. faa-ivanlois di:

    O cerebro humano encóntrase dividido en: Talo cerebral, cerebelo e o cerebro propiamente dito.

    – Talo encefálico: o cal se encontra na base do cerebro. Controla funcións vitais como o ritmo cardíaco, dixestión, respiración, presión arterial. Ademais comunica ou conecta o cerebro co resto do corpo por medio da medula espiñal. O talo encefálico divídese en: bulbo raquídeo, protuberancia e mesencéfalo.

    – Cerebelo: o cerebelo encárgase de manter o equilibrio, a postura e está implicado no movemento de todo o corpo. Encárgase de que os movementos sexan realizados de xeito coordinada e precisa.

    – Cerebro: O cerebro está relacionado cos sentidos, as emocións, os recordos, as reaccións. En poucas palabras é o xefe do noso corpo, encárgase de recibir sinais e devolvelas en forma de resposta

  16. fab-miguelleiro di:

    A deterioración cognitiva é a perda de funcións cognitivas, especificamente en memoria, atención e velocidade de procesamento da información (VPI), que se produce co envellecemento normal. Esta deterioración cognitiva do noso cerebro depende tanto de factores fisiolóxicos como ambientais e está suxeita a unha gran variabilidade interindividual.O cambio cognitivo do ser humano significou o transcorrer de centenas de miles de anos; as capacidades cognitivas (os procesos tales como a memoria, a atención, a linguaxe, percepción, a solución de problemas ou intelixencia e a planificación) involucran funcións cerebrais sofisticados e únicas. Máis aínda, estes involucran os chamados procesos de control, como por exemplo os que se utilizan cando se persegue unha meta e se require impedir as diferenzas do ser humano.

  17. faa-ariadnavazquez di:

    A contaminación é agora, hoxe en día, un termo moi común, que os nosos oídos están acostumados a oír. Oímos falar das diversas formas de contaminación e lemos ao respecto a través dos medios de comunicación. A contaminación do aire, a contaminación atmosférica, é unha alteración físico, biolóxica ou química no aire da atmosfera que pode ser denominado como a contaminación. Prodúcese cando os gases nocivos, o po, ou o fume entra na atmosfera e fai que sexa difícil para as plantas, os animais e os seres humanos para sobrevivir xa que o aire se ensucia. A contaminación do aire, ademáis pódese clasificar en dous tipos: a contaminación do aire visible e a contaminación do aire invisible. Outra forma de ver a contaminación do aire podería ser calquera substancia que ten o potencial de obstaculizar o ambiente ou o benestar dos seres vivos que sobreviven nela. O sostemento de todos os seres vivos débese a unha combinación de gases que forman colectivamente a atmosfera; o desequilibrio causado polo aumento ou diminución da porcentaxe destes gases pode ser prexudicial para a supervivencia. A capa de ozono considérase crucial para a existencia dos ecosistemas no planeta e, hoxe en día, estase a esgotar debido ao aumento da contaminación. O quentamento global, resultado directo do aumento do desequilibrio dos gases na atmosfera chegou a ser coñecido como a maior ameaza e o desafío que o mundo contemporáneo ten que superar nun intento por sobrevivir.

  18. faa-carmenvilanova di:

    As funcións cognitivas son os procesos mentais que nos permiten levar a cabo calquera tarefa. Fan posible que o suxeito teña un papel activo nos procesos de recepción, selección, transformación, almacenamento, elaboración e recuperación da información, o que lle permite desenvolverse no mundo que o rodea.
    As funcións cognitivas son:
    -Orientación: capacidade que nos permite ser conscientes da situación na que estamos en cada momento.
    -Atención: capacidade de xerar, dirixir e manter un estado de activación axeitado para o procesamento correcto da información.
    -Praxias: habilidade para poñer en marcha programas motores de xeito voluntario e, normalmente, aprendidos.
    -Memoria: capacidade para codificar, almacenar e recuperar de xeito efectivo información aprendida ou un suceso vivido.
    -Habilidades visoespaciais: capacidade para representar, analizar e manipular un obxecto mentalmente.
    -Gnosias: capacidade de elaborar, interpretar e asignar un significado á información captada polos sentidos.
    -Funcións executivas: habilidades implicadas na xeración, a regulación, a execución efectiva e o reaxuste de condutas dirixidas a obxectivos.
    -Lenguaxe: habilidade para elaborar, comunicar e entender ideas mediante sons, símbolos e/ou sistema de xestos.
    -Cognición social: conxunto de procesos cognitivos e emocionais mediante os cales interpretamos, analizamos, recordamos e empregamos a información sobre o mundo social. Fai referencia a como pensamos acerca de nós mesmos, dos demais e o seu comportamento e das relacións sociais, e como damos sentido a toda esa información e emitimos comportamentos sobre a base dela.

  19. faa-miguelotero di:

    A epidemioloxía é a ciencia que estuda a frecuencia de aparición da enfermidade e dos seus determinantes na poboación. O seu interese céntrase na poboación, para coñecer quen enferma, onde enferma e cando enferma, como pasos necesarios para chegar a coñecer o porqué da distribución do fenómeno saúde-enfermidade e a aplicación deste coñecemento ao control dos problemas sanitarios.
    Ao epidemiólogo interésalle, primordialmente, saber como se distribúe a enfermidade en función do tempo, do lugar e das persoas. Trata de determinar, ao longo dos anos, se a enfermidade aumentou ou diminuíu; se a súa frecuencia nunha área xeográfica é maior que noutra, e se as persoas que teñen unha determinada enfermidade mostran características diferentes aos que non a teñen.

  20. fab-antonchaves di:

    A contaminación é a introdución de substancias nun medio que provocan que este sexa inseguro ou non apto para o seu uso. O medio pode ser un ecosistema, un medio físico ou un ser vivo. O contaminante pode ser unha substancia química, enerxía (como son, calor,luz ou radiactividade).
    É sempre unha alteración negativa do estado natural do medio, e polo xeral, xérase como consecuencia da actividade humana considerándose unha forma de impacto ambiental.
    A contaminación pode clasificarse segundo o tipo de fonte de onde provén, ou pola forma de contaminante que emite ou medio que contamina. Existen moitos axentes contaminantes entre eles as substancias químicas (como praguicidas, cianuro, herbicidas e outros.), os residuos urbanos, o petróleo, ou as radiacións ionizantes. Todos estes poden producir enfermidades, danos nos ecosistemas ou o medioambiente. Ademais existen moitos contaminantes gasosos que xogan un papel importante en diferentes fenómenos atmosféricos, como a xeración de chuvia ácida, o debilitamento da capa de ozono, e o cambio climático.
    Hai moitas formas de combater a contaminación, e lexislacións internacionais que regulan as emisións contaminantes dos países que adhiren estas políticas. A contaminación esta xeralmente ligada ao desenvolvemento económico e social. Actualmente moitas organizacións internacionais como a ONU sitúan ao desenvolvemento sostible como unha das formas de protexer o medioambiente para as actuais e futuras xeracións.

  21. faa-diegogarcia di:

    A contaminación é a introdución de substancias nun medio que provocan que este sexa inseguro ou non apto para o seu uso. El medio pode ser un ecosistema, un medio físico ou un ser vivo. O contaminante pode ser unha substancia química, enerxía (como son, calor, luz ou radiactividade).
    É sempre unha alteración negativa do estado natural do medio, e polo xeral, xérase como consecuencia da actividade humana considerándose unha forma de impacto ambiental.
    A contaminación pode clasificarse segundo o tipo de fonte de onde provén, ou pola forma de contaminante que emite ou medio que contamina. Existen moitos axentes contaminantes entre eles as substancias químicas (como praguicidas, cianuro, herbicidas e outros.), os residuos urbanos, o petróleo, ou as radiacións ionizantes. Todos estes poden producir enfermidades, danos nos ecosistemas ou o medioambiente. Ademais existen moitos contaminantes gasosos que xogan un papel importante en diferentes fenómenos atmosféricos, como a xeración de chuvia ácida, o debilitamento da capa de ozono, e o cambio climático.

  22. faa-sarafalcon di:

    A deterioración cognitiva leve defínese como o declive das funcións cognitivas en grao leve, xa sexa debido ás alteracións atribuíbles ao proceso fisiolóxico do envellecemento ou debido a outros factores e que en xeral non afecta á realización das tarefas habituais do día a día. Pola súa banda, a demencia caracterízase pola alteración progresiva da función cognitiva que incapacita á persoa a realización dalgunha destas chamadas actividades da vida diaria.
    Segundo o grao de dificultade para realizar as actividades da vida diaria que presente o paciente, catalogarase como deterioración cognitiva leve se non padece ningunha afectación, ou ben, se xa existe incapacitación para as actividades da vida diaria, clasificarase como demencia leve, moderada ou grave.
    Deste modo, defínese demencia como a deterioración adquirida da memoria asociada, polo menos, ao doutra das funcións cognitivas e que afecta á vida diaria das persoas que a padecen.
    As funcións cognitivas afectadas son principalmente:
    – A memoria a curto, medio ou longo prazo.
    – As áreas da linguaxe (comprensión, elaboración, vocabulario).
    – As habilidades manuais (praxias).
    – As funcións cerebrais de resolución de problemas ou execución de accións.
    – Os trazos da personalidade, que se ven comunmente afectados nos casos de demencia con afectación das áreas frontais cerebrais.

  23. faa-ileniamartinez di:

    A deterioración cognitiva é a perda de funcións cognitivas, especificamente en memoria, atención e velocidade de procesamento da información (VPI), que se produce co envellecemento normal. Esta deterioración cognitiva do noso cerebro depende tanto de factores fisiolóxicos como ambientais e está suxeita a unha gran variabilidade interindividual. Demostraronse efectos positivos para compensar a deterioración cognitiva con programas de adestramento do cerebro, xa sexa xenerais ou específicos para funcións como a memoria. Estes programas aplicados a adultos sans teñen efectos benéficos a curto e medio prazo na memoria obxectiva, a atención, o razoamento indutivo, a VPI e a función executiva. A maioría dos estudos coinciden en formular que toda unha vida de adestramento do cerebro, participación en actividades de tempo libre, actividade física e profesional ten un efecto importante para atrasar a aparición dos efectos nocivos do envellecemento.
    Por outro lado, segundo o estudo de Moreno & Lópera (2009), o desempeño do Sistema Atencional Supervisor, pode verse afectado negativamente durante o envellecemento, dando lugar á aparición dunha capacidade deficiente do suxeito para atender selectivamente a un estímulo e para inhibir estímulos irrelevantes, cun aumento no nivel de distracción e deficiencia na focalización cognitiva prolongada e na atención dividida. A severidade das deficiencias durante o envellecemento normal relaciónase con diferenzas individuais, como a escolaridade, o nivel de actividade e algúns factores xeneticos.

  24. fab-lauraozores di:

    A deterioración cognitiva leve (tamén coñecida como demencia incipiente ou deterioración cognitiva illada) é unha entidade nosológica que pretende describir a sintomatoloxía previa á demencia. Os individuos afectados presentan danos máis alá do esperado para a súa idade e educación, pero que non interfiren significativamente coas súas actividades diarias. Está considerado como o límite entre o envellecemento normal e a demencia.
    Adoitan ser pacientes anciáns (máis de 65 anos) que explican perda de memoria e alteración na realización das súas actividades habituais. Aínda Que o DCL poida presentar unha variedade de síntomas, cando o síntoma de perda de memoria é predominante, o DCL pasa a designarse como DCL amnésico, visto como un factor de risco para a enfermidade de Alzheimer. A devandita sintomatoloxía é persistente no tempo e, por outra parte, non se debe á existencia doutras enfermidades (neurolóxicas ou doutro tipo).
    Cada ano, 1 de cada 10 pacientes afectados de deterioración cognitiva leve evolucionan cara á demencia (cuxa forma máis habitual é a enfermidade de Alzheimer). Non obstante, a maioría dos pacientes presentan, de forma crónica, unha alteración cognitiva discreta que non interfire na súa vida cotiá.
    Non existe un tratamento farmacolóxico curativo. É necesario o seguimento dos devanditos pacientes porque a evolución á demencia debe ser tratada de forma precoz coa medicación actualmente dispoñible (inhibidores da colinesterasa e memantina). Así mesmo é necesario o soporte social e familiar, tanto na deterioración cognitiva leve coma na enfermidade de Alzheimer. O DCL pode representar un estado «pródromo» para a enfermidade de Alzheimer.

  25. faa-albarodriguez di:

    Neste artigo o tema principal xira entorno a contaminación que existe e o que nos produce pero para iso debemos aclarar primeiro o que entendemos po contaminación. A contaminación pode definirse como todo cambio que altera e prexudica as características físicas, químicas ou biolóxicas do aire, do chan ou a auga, afectando nocivamente a vida humana ou das demais especies ou deteriorando os recursos naturais. Esta, prodúcese cando un elemento estraño, chamado contaminante, se introduce en calquera medio (aire,so ou auga) e altera a composición natural deste. Os elementos contaminantes poden clasificarse en:
    -Non degradables: permanecen inalterables ao longo do tempo por exemplo, os compostos químicos ou restos industriais.
    -Degradables: poden transformarse en substancias propias do medio, particularmente a través da acción dos seres vivos.por exemplo as acumulacións de materia orgánica é degradada polas bacterias.