Animais como incubadora

Non hai tanto, a enxeñería de tecidos pertencía ao terreo especulativo da ciencia-ficción. Pero como aconteceu noutros ámbitos deste fértil campo da creatividade, as quimeras imaxinadas están cada vez máis preto de converterse en realidade. Iso é xustamente o que está a acontecer coa enxeñaría de tecidos. Unha investigación dirixida polo español Juan Carlos Izpisúa Belmonte permite un salto importante: a posibilidade de utilizar embrións de animais como incubadora para crear tecidos humanos.

De momento é un salto importante a escala de investigación básica, pero dada a velocidade coa que se avanza este campo, pode que as súas aplicacións prácticas non estean tan lonxe como parece. En pouco tempo pasamos de descubrir os complexos mecanismos do desenvolvemento dunha célula embrionaria, a manipulala de modo que podemos aspirar a crear tecidos e órganos completos. Algúns dos seus froitos forman xa parte do reino do real. Creouse pel e cartilaxe, pequenas arterias e vexigas artificiais que xa poden utilizarse na práctica clínica e ata foi posible implantar unha traquea completa a unha paciente.

rodilla artificial

Pero o obxectivo final, a quimera desexada, é poder fabricar un órgano completo, funcional e seguro, que sexa trasplantable a un enfermo, e para iso quedan aínda importantes obstáculos que salvar. O principal é o de lograr un soporte axeitado -e que non formule problemas éticos- no que facer crecer eses órganos.

O paso que deu Izpisúa avanza nesa dirección, e por iso destácao a revista Nature. Demostrou que se se implanta nun embrión de animal, neste caso un rato, un tipo de células nai no momento axeitado, as células humanas incorpóranse a un proceso de diferenciación do embrión hóspede e desenvólvense ata converterse no tecido desexado.

O avance engade unha nova posibilidade ás dúas que ata agora había para o cultivo de tecidos: a reprogramación celular e o uso de embrións humanos inviables.

Autora: Laura Falcón Otero

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Animais como incubadora

  1. Victor di:

    RECORDADE QUE ESTÁ UN FORO ABERTO.

  2. fab-lauraozores di:

    O embrión é a etapa inicial do desenvolvemento dun ser vivo mentres se encontra no ovo ou no útero da nai. No caso específico do ser humano, o termo aplícase ata o final da oitava semana dende a concepción (fecundación). A partir da oitava semana, o embrión pasa a denominarse feto. Nos organismos que se reproducen de forma sexual, a fusión do espermatozoide e o óvulo no proceso denominado fecundación determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.

    Despois da fecundación, o cigoto comeza un proceso de división, que ocasiona un incremento do número de células, que reciben a denominación de blastómeros. Posteriormente iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final. Durante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese. Ao concluír o desenvolvemento embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu desenvolvemento ata o momento do parto.

  3. fab-antonchaves di:

    O embrión é a etapa inicial do desenvolvemento dun ser vivo mentres se encontra no ovo ou no útero da nai. No caso específico do ser humano, o termo aplícase ata o final da oitava semana dende a concepción (fecundación). A partir da oitava semana, o embrión pasa a denominarse feto. Nos organismos que se reproducen de forma sexual, a fusión do espermatozoide e o óvulo no proceso denominado fecundación determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.

    Despois da fecundación, o cigoto comeza un proceso de división, que ocasiona un incremento do número de células, que reciben a denominación de blastómeros. Posteriormente iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final. Durante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese. Ao concluír o desenvolvemento embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu desenvolvemento ata o momento do parto.

  4. faa-miriantrigo di:

    Chamamos reprogamación celular á tranformación dunha célula especializada noutro tipo celular diferente.
    Cando se fai referencia á reprogramación celular no contexto de células pluripotentes inducidas (iPSCs) podemos distinguir un primeiro paso chamado desdiferenciación, onde as células alcanzan un estado pluripotente para posteriormente ser inducidas para a súa diferenciación en tipos de células específicos.
    A reprogramación celular está tamén asociada á transdiferenciación celular, é dicir, unha célula dunha liñaxe diferenciada que se transforma nunha célula diferenciada distinta, por exemplo, de fibroblastos a esperma sen ter que pasar primeiro polo proceso de desdiferenciación. Aínda Que teoricamente é máis simple, este enfoque non é aínda eficiente e está aínda nunha fase de desenvolvemento, estando incluso nun estadío anterior ás tecnoloxías de iPSC. Non obstante, ten un grande atractivo para futuras aplicacións en terapia celular debido á súa seguridade, e polo tanto debe ser obxecto de estudo, en paralelo ás estratexias xa establecidas.

  5. faa-rubeniglesias di:

    O embrión é a etapa inicial do desenvolvemento dun ser vivo mentres se encontra no ovo ou no útero da nai. No caso específico do ser humano, o termo aplícase ata o final da oitava semana dende a concepción. Na oitava semana, o embrión pasa a denominarse feto. Nos organismos que se reproducen de forma sexual, a fusión do espermatozoide e o óvulo determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.
    Despois da fecundación, o cigoto comeza un proceso de división, que ocasiona un incremento do número de células. Posteriormente iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos. Durante o proceso de diferenciación celular diferéncianse tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese. Ao concluír o desenvolvemento embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu desenvolvemento ata o momento do parto.

  6. fab-mariangaleano di:

    Un embrión é un organismo pluricelular que se atopa nas súas primeiras etapas de desenvolvemento. Nos organismos con reprodución sexual, a fusión do espermatozoide e do óvulo no proceso chamado fecundación, determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.
    Xusto despois da súa formación, o cigoto comeza un proceso de división, o cal produce un incremento do número de células, chamadas blastómeros. Logo diso iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final.
    Perante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese.
    Ao rematar o desenvolvemento embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu crecemento até o momento do parto.

  7. faa-ariadnavazquez di:

    Un embrión é a etapa máis temperá do noso desenvolvemento e dos seres vivos, é eucariótica, diploide e multicelular. É a primeira etapa dende o momento da fecundación ata o nacemento, a eclosión, ou xerminación. Nos seres humanos, un embrión considérase xeralmente estar entre a primeira e a oitava semana de desenvolvemento despois da fertilización e a partir de entón no seu lugar chámase feto. Algunhas definicións consideran que a vida comeza da terceira semana de desenvolvemento á oitava, cando a maioría dos sistemas de órganos se están a desenvolver. O desenvolvemento do embrión chámase a embrioxénese. Nos organismos que se reproducen sexualmente, unha vez que o esperma fertiliza un óvulo, o resultado é unha célula chamada cigoto, que posúe a metade do ADN de cada un dos seus dous pais. Nas plantas, os animais e algúns protistas, o cigoto comeza a dividirse por mitose para producir un organismo multicelular. O resultado deste proceso é o denominado embrión.

  8. faa-ivanlois di:

    Quimera pode ter varios significados, dependendo como sexa empregada. Vén do grego antigo “khimaira” que significa animal fabuloso e do latín “chimaera”. Quimera pode ser un peixe, unha figura mítica e un fenómeno xenético, entre outras cousas.
    Quimera é un peixe cartilaxinoso que vive en augas profundas en todos os mares, un peixe pouco común e está relacionado coas quenllas e as raias. Hai ao redor de 30 especies no mundo, todas mariñas, e a maioría vive nas profundidades.
    Quimera é unha figura mítica tamén, caracterízase por unha aparencia híbrida de dous ou máis animais e a capacidade de botar lume polo nariz, é unha fera ou besta característica da mitoloxía grega. A quimera pode ter a cabeza e o corpo dun león, con dúas cabezas máis, unha de cabra e unha de serpe ou dragón; dúas cabezas, ou mesmo unha cabeza de león, corpo de cabra e cola de serpe.

    Quimera tamén pode ser o nome dun animal que ten dous ou máis poboacións de células xenéticamente distintas que se orixinaron en diferentes cigotos. É pouco común nos seres humanos: rexistráronse uns 40 casos. No caso dos humanos, tamén se coñece como unha quimera tetragamética. Este é o caso dunha persoa con dous tipos de células que son diferentes a nivel xenético. Isto sucede cando un ser humano provén de dous individuos, xemelgos non idénticos ou xemelgos, que se uniron perfectamente no útero, cando se encontraban aínda nun estado embrionario.

  9. fab-mariblanco di:

    Nos animais, embrión é un organismo pluricelular que se atopa nas súas primeiras etapas de desenvolvemento. Nos organismos con reprodución sexual, a fusión do espermatozoide e do óvulo no proceso chamado fecundación, determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.

    Xusto despois da súa formación, o cigoto comeza un proceso de división, o cal produce un incremento do número de células, chamadas blastómeros. Logo diso iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final.

    Perante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese.

    Ao rematar o desenvolvemento embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu crecemento até o momento do parto.

  10. fab-raquelpan di:

    Embrión e como se conoce ao futuro bebé que se está formando dentro de tí, desde aproximadamente sete días despois da fecundación (cuando deixa de ser un cigoto) e hasta alrededor das 7 semanas de embarazo (a partir de entonces o embrión convertese en feto).
    O desarrollo do embrión comeza no momento no que o espermatozoide fecunda ao óvulo e se forma un cigoto. Aproximadamente 30 horas despois de la concepción, o cigoto comeza a dividir as suas células, multiplicándose progresivamente: pasa de ser unha sola célula a duas, después a cuatro, oito, …Finalmente entre 4 e 7 días despois da fecundación, o cigoto establecese en na parede do útero xa convertido en embrión.

  11. faa-albaaller di:

    Coñécese co nome de embrión á etapa inicial do desenvolvemento dun ser vivo mentras este se atopa no útero da nai, no caso dos mamíferos, ou no ovo, no caso dos ovíparos. Máis específicamente nos humanos, o termo aplícase ata a oitava semana dende a fecundación logo comeza a chamárselle feto.
    A fecundación trata da unión dun espermatozoide e un óvulo, no caso da reprodución sexual, que dan lugar a un cigoto que leva unha combinación de ADN de ambos proxenitores. Este cigoto do que falábamos comeza un proceso de división polo cal as súas células vanse incrementando en número. Logo desto comeza un proceso de divisón celular mediante o cal se forman os diferentes órganos e tecidos. Rematada esta etapa chámaselle feto, e este irá completando o seu desenvolvemento ata que chegue o momento do parto.

  12. Rita Lage di:

    Chamamoslle embrión a etapa inicial do desenvolvemento dun ser vivo mentres se encontra no ovo ou no útero da nai. No caso específico do ser humano, o termo aplícase ata o final da oitava semana dende a concepción (fecundación). A partir da oitava semana, o embrión pasa a denominarse feto. Nos organismos que se reproducen de forma sexual, a fusión do espermatozoide e o óvulo no proceso denominado fecundación determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.Despois da fecundación, o cigoto comeza un proceso de división, que ocasiona un incremento do número de células, que reciben a denominación de blastómeros.Posteriormente iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final. Durante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese.

  13. fab-nereabetanzos di:

    A enxeñaría de tecidos é a rama da bioinxeniería que serve da combinación de células, métodos de enxeñaría de materiais, bioquímica e fisicoquímica para mellorar ou substituír funcións biolóxicas. Mentres a maioría de definicións da enxeñaría de tecidos cobre un amplo rango de aplicacións, na práctica o termo esta intimamente relacionado coas aplicacións de reparar ou substituír parcial ou totalmente tecidos (por exemplo óso, cartilaxe, válvula cardíaca, vexiga, etc.). A miúdo, os tecidos implicados requiren certas propiedades mecánicas e estruturas para a súa propia función.No fondo inclúe tamén as transfusións, transplantes, terapias xénicas…

  14. faa-miguelotero di:

    O embrión é a etapa inicial de desenvolvemento do ser vivo mentres se encontra no ovo ou no útero da súa nai. No ser humano, o termo aplícase ata o final da sétima semana dende a concepción (fecundación). A partir da oitava semana, o embrión pasa denominarse feto.
    Nos organismos que se reproducen de forma sexual, a fusión do espermatozoide e o óvulo no proceso denominado fecundación, determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores. Despois da fecundación, o cigoto comeza un proceso de división, que ocasiona un incremento do número de células, que reciben a denominación de blastómeros. Posteriormente iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final. Durante este proceso de diferenciación celular pódese diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese. Ao concluír o desenvolvemento embrionario o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu desenvolvemento ata o momento do parto.

  15. faa-marinabusto di:

    A reprogramación celular pódese definir como a transformación dunha célula especializada noutro tipo celular diferente. Cando se fai referencia á reprogramación celular no contexto de células pluripotentes inducidas (iPSCs) podemos distinguir un primeiro paso chamado desdiferenciación, onde as células alcanzan un estado pluripotente para posteriormente ser inducidas para a súa diferenciación en tipos de células específicos. Este fenómeno foi descrito por primeira vez en 2007 por dous laboratorios.
    A reprogramación celular está tamén asociada á transdiferenciación celular, é dicir, unha célula dunha liñaxe diferenciada que se transforma nunha célula diferenciada distinta, por exemplo, de fibroblastos a esperma sen ter que pasar primeiro polo proceso de desdiferenciación. Aínda que teoricamente é máis simple, este enfoque non é aínda eficiente e está aínda nunha fase de desenvolvemento.

  16. faa-ariadnavazquez di:

    Neste termo cítase o termo traquea. A traquea, é un tubo que conecta a farinxe e a larinxe aos pulmóns, o que permite o paso do aire, e así está presente en todos os animais que respiran aire con pulmóns. A traquea esténdese dende a larinxe e as ramas nos dous bronquios primarios. Na parte superior da traquea a cartilaxe cricoides achega a larinxe. Este é o único anel completo, sendo os outros aneis incompletos de reforzo da cartilaxe. O músculo traqueal únese aos extremos dos aneis e estes están unidos verticalmente por bandas de tecido conectivo fibroso, os ligamentos anulares de traquea. A epiglote pecha a abertura á larinxe durante a deglutición. A traquea desenvólvese no segundo mes de desenvolvemento. Alíñase cun epitelio que ten células caliciformes que producen mucinas de protección. A traqueotomía realízase a miúdo para a ventilación nas operacións cirúrxicas cando sexa necesario. Intubación tamén se leva a cabo pola mesma razón pola inserción dun tubo na traquea. A partir de 2008, as operacións exitosas transplantaron un traquea crecida polas células nai, e traqueas sintéticas. A traquea humana ten un diámetro interno de aproximadamente 25 milímetros e unha lonxitude de aproximadamente de 10 a 16 centímetros . Comeza no bordo inferior da larinxe, a nivel coa sexta vértebra cervical. Un anel de cartilaxe hialino chamada a cartilaxe cricoides forma a parede inferior da larinxe e achégase á parte superior da traquea. A cartilaxe cricoides é o único anel completo de cartilaxe na traquea.

  17. faa-manuelvilas di:

    A reprogramación celular pódese definir como a transformación dunha célula especializada noutro tipo celular diferente. Cando se fai referencia á reprogramación celular no contexto de células pluripotentes inducidas (iPSCs) podemos distinguir un primeiro paso chamado desdiferenciación, onde as células alcanzan un estado pluripotente para posteriormente ser inducidas para o seu diferenciación en tipos de células específicos. Este fenómeno foi descrito por primeira vez en 2007 por dous laboratorios simultáneamente, Prof. S. Yamanaka e o Prof. J.Thomson, demostrando a transformación de fibroblastos humanos a células pluripotentes a través da expresión ectópica de catro factores de transcrición (OCT4, SOX2, KLF4 e c-Myc or OCT4, SOX2, NANOG e LIN28, respectivamente).Aínda que en teoría trátase dun protocolo “simple”, a reprogramación celular é aínda un proceso moi ineficiente e o máis importante, os mecanismos moleculares que regulan a transformación dunha célula somática a iPSCs non son procesos coñecidos na súa totalidade.A reprogramación celular está tamén asociada á transdiferenciación celular, é dicir, unha célula dun linaje diferenciado que se transforma nunha célula diferenciada distinta, por exemplo, de fibroblastos a esperma sen ter que pasar primeiro polo proceso de desdiferenciación. Aínda que teóricamente é máis simple, este enfoque non é aínda eficiente e está aínda nunha fase de desenvolvemento, estando ncluso nun estadío anterior ás tecnoloxías de iPSC. Con todo, ten un gran atractivo para futuras aplicacións en terapia celular debido á súa seguridade, e polo tanto debe ser obxecto de estudo, en paralelo ás estratexias xa establecidas.O noso obxectivo a longo prazo é proporcionar novos coñecementos sobre a reprogramación celular mediante a análise das rutas moleculares, e a identificación de novos factores que poderían xogar un papel crucial na reprogramación celular. Os resultados do noso traballo proporcionarán información para o desenvolvemento de protocolos de reprogramación celular seguros e eficientes que poidan ser, posteriormente, probados en modelos preclínicos e clínicos de enfermidades humanas.

  18. faa-diegogarcia di:

    As células nai son células que se encontran en todos os organismos multicelulares e que teñen a capacidade de dividirse (a través da mitose) e diferenciarse en diversos tipos de células especializadas, ademais de autorrenovarse para producir máis células nai. Nos mamíferos, existen diversos tipos de células nai que se poden clasificar tendo en conta o seu potencia,bé dicir, o número de diferentes tipos celulares nos que pode diferenciarse. Nos organismos adultos, as células nai e as células proxenitoras actúan na rexeneración ou reparación dos tecidos do organismo.

  19. fab-miguelleiro di:

    O embrión é a etapa inicial do desenvolvemento dun ser vivo mentres se encontra no ovo ou no útero da nai. No caso específico do ser humano, o termo aplícase ata o final da oitava semana dende a concepción (fecundación). A partir da oitava semana, o embrión pasa a denominarse feto. Nos organismos que se reproducen de forma sexual, a fusión do espermatozoide e o óvulo no proceso denominado fecundación determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.
    Despois da fecundación, o cigoto comeza un proceso de división, que ocasiona un incremento do número de células, que reciben a denominación de blastómeros. Posteriormente iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e tecidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final. Durante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese. Ao concluír o desenvolvemento embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu desenvolvemento ata o momento do parto.

  20. faa-iagopadin di:

    A enxeñaría de tecidos constitúe unha disciplina relativamente nova e un campo de investigación e desenvolvemento interdisciplinario que aplica os coñecementos da bioenxeñería, ciencias da vida, química física e bioloxía, para resolver problemas clínicos e cirúrxicos asociados á perda de tecidos ou ao fallo funcional de órganos.
    As especies normalmente implicadas na enxeñaría de tecidos son células vivas, así como os seus compoñentes extracelulares que participan no desenvolvemento de dispositivos que permita e estimule ou favoreza a reparación ou restauración dun órgano ou tecido danado. A idea de utilización de substitutos de compoñentes ou tecidos biolóxicos para reparar ou substituír elmentos danados é tan antiga como a historia mesma. A gran maioría das estadas desenvolvidas para aplicacións no campo da Enxeñaría de Tecidos está constituídas por estruturas elaboradas a partir de materiais poliméricos.
    Os polímeros sintéticos bioabsorbibles con capacidade de degradarse grazas a reaccións de hidrólise en condicións fisiolóxicas dentro do corpo, e eliminarse completamente por vías metabólicas son os materiais máis atractivos para a elaboración de estadas en Enxeñaría de Tecidos. As estadas elaboradas a partir deste tipo de polímeros ofrecen a posibilidade de crear tecidos completamente naturais deixando de lado os problemas de infección e formación de tecido fibroso, asociados aos implantes permanentes.

  21. faa-emiliolumbres di:

    As células nai embrionarias actualmente utilízanse para analizar o desarrollo embrionario, e obter maior coñecemento sobre os mecanismos e sinais que permiten a esta célula pluripotente (formador de linaxe celular) crear células diferenciadas do organismo.
    Estas células son obtidas da masa celular interna dun embrión de catro ou cinco días de idade, e encárganse de formar os tipos celulares dun organismo adulto. Unha das súas calidades importantes e que poden manterse, tanto no embrión como en determinadas condicións de cultivo, de maneira indefinida, e ao dividirse forman unha célula igual á que lle deu orixe.