A cara boa do tabaco

O tabaco mata cada ano a seis millóns de persoas. É un dos produtos máis letais, traídos de América e difundido por todo o mundo. Non obstante, as plantas que deron orixe a esta pandemia autoinflixida tamén teñen un gran potencial para mellorar a vida humana.

Investigadores do Instituto Noruegués para a Investigación Agraria e Ambiental anunciaron os seus plans para substituír o petróleo pola biomasa dos bosques. Agora, aproveitar a madeira é complicado porque as paredes das células son moi grosas. Para descompoñelas, son necesarias moitas encimas caras de producir. Como alternativa, o equipo noruegués quere desenvolver un sistema para utilizar plantas de tabaco transxénicas.

O proxecto bautizado como Bioboost, aproveitaría a capacidade das plantas para transformar a enerxía do sol e o CO2 da atmosfera sen custo económico.

A posibilidade de manipular este vexetal fai que sexa un dos favoritos dos biotecnólogos. O tabaco foi a primeira planta modificada xenéticamente, en 1982, e a primeira transxénica que se puxo a proba para a súa produción fóra do laboratorio, en 1986. A posibilidade de introducir xenes humanos no tabaco fai que se poidan producir todo tipo de fármacos. O verán pasado fíxose famoso o Zmapp, un medicamento experimental contra o ébola producido en plantas transxénicas de tabaco.

No Instituto de Agrobiotecnoloxía tamén realizaron ensaios que mostran as posibilidades de utilizar estas plantas para producir biocombustibles. Trátase de manipulalas para que xeren máis almidón e azucres, e convertelas en bioetanol. Os investigadores buscaron un cultivo de tabaco de fumar de alta intensidade. Déixase que volva crecer a planta e repítese a operación. Extráese o azucre para obter biocombustible e prodúcense residuos que tamén terán a súa utilidade.

A planta de tabaco, moi rica en proteína, pode ser fonte de alimento para animais e mesmo de suplementos para persoas con carencias nutricionais.

Autor: Rubén Iglesias Ferro

Esta entrada foi publicada en Alimentos transxénicos, Avances médicos, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.