Canarias tinguida de negro

Un pesqueiro de bandeira rusa, quedou afundido na costa do Océano Atlántico, a uns 2400 metros de profundidade e a unhas 15 millas ao sur da punta de Maspaloma e segundo informou o Ministerio de Fomento a mancha situábase a 176 km da costa. O pesqueiro ten 12o m de eslora e tiña almacenadas, nos seus tanques, 1409 toneladas de fuel, 30 de gasóleo e 65 de lubricante.
O sábado 11 de abril producíase un incendio no pesqueiro Oleg Naydenov  no porto da Luz e das Palmas, e o luns decidiron trasladalo mar adentro debido a que non foron capaces a extinguir o lume. Este incidente foi comparado co caso do Prestige, pero neste caso a cantidade de fuel trasladada é menor, pero o lugar a onde se levou o pesqueiro está protexida baixo a figura de Lugar de Interes Comunitario.

O dano ecolóxico que pode chegar a causar a vertedura de fuel pode ser grandioso, aínda que se estea alonxando da costa canaria, estase a dirixir a unha zona de correntes oceánicas, e debido a isto pode chegar a acadar as costas de Cabo Verde. Natacha Aguilar de Soto, investigadora de Cetáceos e Bioacústica da Universidade de La Laguna, recorda que na zona afectada, hai contabilizadas 30 especies de cetáceos, 5 de tartarugas mariñas e 50 de tiburóns.

 

Tamén se pode xerar un dano económico, xa que ao verterse o fuel, tamén afecta aos peixes e polo tanto aos barcos pesqueiros que traballan nesas zonas que se viron afectadas pola vertedura e, polo tanto, moitos dos mariñeiros e pescadores que traballan nestas costas veríanse gravemente afectadas.

Autora: Alicia Feijoo

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Contaminación e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Canarias tinguida de negro

  1. Victor di:

    NON VOS ESQUEZADES DE QUE ESTÁ UN FORO ABERTO.

  2. faa-emiliolumbres di:

    As tartarugas mariñas son animais xeralmente solitarios que pasan o 90% do seu tempo en mar aberto.
    Estas condicións dificultan o seus estudos como animal, polo que moitos aspectos da súa vida segue sendo un misterio. Ademais hai que destacar, que a diferencia doutras especies, as tartarugas mariñas rara vez conviven entre sí. As primeiras 48 horas de vida das tartarugas son cruciais; dende que sae do seu caparazón debe viaxar desde a praia ata ao mar polos seus propios medios sen axuda de nadie; esto significa salvarse dos depredadores ademais de ter que conseguir o seu propio alimento.
    Xa no mar aberto, as tartarugas mariñas teñen que facer frente ás fortes correntes. Unha habilidade característica destas tartarugas é a de migrar e despois ser capaces de á mesma praia para anidar.
    Isto foi objeto de múltiples estudos, chegando á conclusión de que as tartarugas mariñas poden detectar os campos magnéticos da Terra para determinar latitude e lonxitude e así poder navegar e situarse, aínda que esto está todavía por confirmar.

  3. fab-mariangaleano di:

    As tartarugas mariñas habitan na Terra dende hai uns 200 millóns de anos.
    Aínda que son animais mariños, as femias fan os seus niños e poñen ovos no medio terrestre, en concreto nas praias. Os ovos incúbanse enterrados na area sen recibir ningún tipo de coidado dos pais, Depois duns dous meses, as crías das tartarugas saen á superficie, e diríxense cara o mar. A partir de aquí comezan un longo e solitario viaxe cara as zonas de dessarrollo, onde se alimentan durante toda a súa etapa xuvenil. Ao cumplir aproxidamente 15 anos convértense en animais adultos. Entón emprenden o viaxe de regreso cara a zona de reprodución, que é o lugar onde naceron.
    As cópulas prodúcense no mar, durante a viaxe ou frente ás praias de nidificación. Cando as femias están preparadas, saen a terra para poñer os ovos mentres que os machos permanecen no mar. Depois da estación de reprodución prodúcese unha nova viaxe ás zonas de alimentación, onde se recupera a enerxía gastada para iniciar un novo proceso reprodutivo. O resto das súas vidas convertirase nun continuo viaxe entre as zonas de alimentación e reprodución.
    A alimentación varía segundo a especie. A tartaruga común aliméntase de erizos, cangarexos, peixes e caracoles de mar, a tartaruga laúd a base de medusas, a tartaruga verde é a única especie herbívora cando é adulta e a tartaruga carey é especialista en comer esponxas nos arrecifes do coral.

  4. faa-rubeniglesias di:

    O petroleiro Prestige era un buque monocasco liberiano, operador baixo a bandeira das Bahamas, a 19 de novembro de 2002 afundiuse ao longo da costa española de Galicia, provocando un derrame de petróleo que causou un dos maiores desastres ecolóxicos da historia país europeo. O 13 de novembro de 2002 o navío foi pasando, con 77 000 toneladas de cru a 52 km de Finisterre, cando estaba inmerso nunha temporal e sufriu un escape. En 19 de novembro, logo de intentar-lo lonxe da costa, el partiu en dous ás 8 da mañá, afundindo a unha profundidade de 3.850 m. O aceite causou os primeiros puntos negros na costa. A parte afectada da costa non só tivo gran importancia ecolóxica e Rías Baixas, pero tamén unha industria de pesca notable. En 2 de xaneiro de 2003, as manchas de combustible alcanzado causando unha catástrofe ecolóxica de grandes proporcións na costa de Galicia. Desde o desastre, similar ao aceite Prestige foron eliminados do litoral francés e español. Comisario europeo de transporte ten toda a prohibición da UE petroleiros de casco simple.

  5. faa-diegogarcia di:

    A bioacústica é unha ciencia multidisciplinar que combina bioloxía e acústica. Normalmente, refírese á investigación de produción de son, a través dun medio de dispersión ea súa recepción en animais (incluíndo os humanos). Isto implica a produción en fase neurofisiolóxica e anatómica e detección de sinais acústicos relacionando o son co medio ambiente no que son transmitidos. Estes resultados forneceron evidencias sobre a evolución dos mecanismos acústicos e dalgunha forma os animais que os utilizan. En acústica mariño este termo é tamén utilizado para nomear o efecto de plantas e animais para a propagación de son subacuático, xeralmente se refiren ao uso de sonar para estimar biomasa.

  6. faa-andreaperez di:

    O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído en Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
    Diferentes expertos prediciron que a vida mariña sufriría pola contaminación procedente do Prestige durante un mínimo de dez anos debido ao tipo de vertido, fundamentalmente polo seu contido en hidrocarburos aromáticos. Estes compostos, de acción tóxica acumulativa, poden envelenar o plancto, os ovos dos peixes e crustáceos, producindo efectos canceríxenos nos peixes e nos animais que se nutren deles na cadea trófica. Tamén se lles atribúen efectos mutaxénicos.

    As consecuencias do vertido sobre os ecosistemas galegos foron estudadas por diferentes organismos oficiais, universidades e colectivos ecoloxistas. O sector máis estudado foi, o correspondente á avifauna, tanto por ser o máis coñecido (antes e despois do accidente) como pola menor sensibilidade social e mediática que se percibe sobre outro tipo de fauna, como sería o plancto e os invertebrados mariños.

  7. fab-mariblanco di:

    O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído en Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
    Especulouse coa posibilidade, nunca demostrada, de que a greta no casco do Prestige fose provocada polo choque cun contedor ou un tronco á deriva. Sábese que horas antes, tres barcos que navegaban pola mesma zona transportando contedores, troncos de madeira e tubos de 1 metro de diámetro, perderon parte das súas cargas. Mangouras declararía ó xuíz, tras ser detido, que “A fenda no costado de estribor produciuse por un golpe externo, a causa dun contedor ou da ondada”.

  8. fab-miguelleiro di:

    Anos despois, o Prestige segue no recordo de moitos, xa que o dano que provocou nas costas galegas foi relamente grave.
    Cando un buque que trnsporta este material, e por calquera percance, esta substancia a que chamamos chapapote, se verte ao mar, as consecuencias son moi graves. Comezando polos animais, esta contamnación mata miles de seres vivos e polo tanto, afectando aos pesqueiros da zona, xa que non poden faenar nunha zona contaminada. No apartado das costas marítimas, as praias e os animais que habitan nelas, recollen e son contaminadas pola sustancia, deixando un aspecto de completo desastre e precisarase un gran traballo para limpalo por completo. Finalmente, estes accidentes non afectan só ás zonas máis cercanas, senon que coa axuda das correntes mariñas, estes residuos desplázanse a diferentes lugares, inclusive aos mais afastados.

  9. faa-ariadnavazquez di:

    As tartarugas mariñas son unha das criaturas máis antigas da Terra. As sete especies que se poden encontrar hoxe en día existiron durante 110 millóns de anos, dende a época dos dinosauros. A cuncha da tartaruga de mar evolucionou para permitirlles nadar a través da auga. A diferenza doutras tartarugas, as tartarugas mariñas non poden gardar as súas pernas e a cabeza nas súas cunchas. A súa cor varía entre o amarelo, verde e negro, dependendo da especie. É difícil dar unha cifra da poboación de tartarugas mariñas debido a que ás tartarugas mariñas machos e as xuvenís non regresan á costa unha vez que nacen e chegan ao océano, o que fai que sexa difícil facer un seguimento delas. As tartarugas mariñas encóntranse en todas as augas cálidas e temperadas de todo o mundo e migran centos de millas entre zonas de aniñación e alimentación. A maioría das tartarugas mariñas sométense a longas migracións, algúns tan lonxe como 1400 millas, entre as súas zonas de alimentación e as praias onde aniñan. A maior parte do que se coñece sobre o comportamento das tartarugas mariñas obtense mediante a observación das crías e femias que saen da auga para poñer os seus ovos. Estas, como o salmón, volverán aos mesmos sitios de aniñación no que naceron.

  10. fab-sabelafernandez di:

    As tartarugas mariñas son réptiles con cuncha que existen hai máis de 150 millóns de anos e puideron sobrevivir a todos os cambios do planeta.
    Tiveron a súa orixe na terra, pero pouco a pouco foron evolucionando e adaptándose ao medio mariño, diferenciándose do resto de réptiles.
    Existen oito especies de tartarugas mariñas, agrupadas en dúas familias, as Dermochelyidae e as de Cheloniidae e xeralmente viven en mares mornos ou cálidos. Desas especies, cinco encóntranse en Brasil. Na costa andaluza hai exemplares de dúas especies, a tartaruga laúde (Dermochelys coriacea) e a tartaruga boba (Caretta caretta). O resto de especies son a tartaruga verde, tartaruga carey, tartaruga bastarda, tartaruga olivácea e Flatback.
    As tartarugas mariñas son animais xeralmente solitarios que pasan o 90% do seu tempo en mar aberto.
    Estas condicións dificultaron o seu estudo como animal, polo que moitos aspectos da súa vida seguen sendo un misterio.
    Ademais, hai que destacar que a diferenza doutras especies, as tartarugas mariñas rara vez conviven entre si.
    As primeiras 48 horas de vida das tartarugas mariñas son cruciais. Dende que sae da súa casca debe viaxar dende a praia ata o mar polos seus propios medios sen axuda de ninguén. Isto significa salvar os depredadores ademais de ter que conseguir o seu propio alimento.
    Xa en mar aberto, as tartarugas mariñas teñen que facer fronte ás fortes correntes. Por esta razón, a súa visión é limitada.
    Unha habilidade característica das tartarugas mariñas é a de migrar e despois ser capaces de regresar á mesma praia para aniñar. Isto foi obxecto de múltiples estudos, chegando á conclusión de que as tartarugas poden detectar os campos magnéticos da terra para determinar latitude e lonxitude e así poder navegar e situarse, aínda que isto está aínda por confirmar.
    As tartarugas mariñas alcanzan a madureza sexual arredor dos 7-8 anos.

  11. fab-raquelpan di:

    Os quelonioideos (Chelonioidea) son unha superfamilia de tortugas que comprenden as tortugas mariñas. Constan de duas familias actuales: Cheloniidae e Dermochelyidae, que incluen sete ou oito especies vivas. Algunhas de estas especies viven en casi todos os océanos e fan grandes migracions, como a tortuga verde (Chelonia mydas), a tortuga boba (Caretta caretta) ou a tortuga laúd (Dermochelys coriacea). Outras teñen unha distribución moito máis limitada como a tortuga olivácea (Lepidochelys olivacea) ou a tortuga bastarda (Lepidochelys kempii). A tortuga plana (Natator depressus) encuentrase únicamente na costa norte de Australia.
    As tortugas mariñas poseen uns caparazons que se unen lateralmente, o que as protexe dos depredadores e as variacions na temperatura. Sen embargo, non todos os caparazons das tortugas de hoxe en día son iguales. Por exemplo, a tortuga laúd (Dermochelys coriacea) ten un caparazón flexible e delgado, razón pola cal se lles denomina “tortugas suaves”.
    As tortugas mariñas poden vivir de 150 a 200 años según a sua especie. Poden alcanzar 27 km/h a 35 km/h nadando no mar. Poseen un cuello conformado por 8 vértebras, o cal non pode introducir dentro del caparazón, e teñen en xeneral pouca movilidade
    Non poseen oídos externos, sinon un oído interno moi eficiente.

  12. faa-carmenvilanova di:

    A bioacústica é unha rama da ciencia relacionada con diferentes disciplinas científicas que investiga a produción e recepción de sons biolóxicos, incluídos os que produce ser humano e procesa ser humano, os mecanismos de transferencia da información biolóxica por vínculos acústicos e a súa propagación en medios elásticos.
    Polo tanto, a bioacústica analiza tamén os órganos da audición así como o aparato de fonación e os procesos fisiolóxicos e neurofisiolóxicos a través dos cales os sons ou sinais acústicos están producidos, recibidos e finalmente procesados a nivel do sistema nervioso central; tamén, coadxuva a entender as relacións entre as características dos sons que produce un animal e a natureza do medio no cal se utilizan así como as funcións polas cales están deseñados.
    Ademais inclúe técnicas asociadas ao sonar instrumental e biolóxico para o seu uso no seguimento de poboacións, en mecanismos de identificación e comunicación así como representa un método para asesorar e controlar os efectos do ruído producido polas actividades humanas sobre as poboacións animais.
    O estudo de gravacións de sons emitidos por animais é cada vez máis recoñecido como unha ferramenta útil, económica e non invasora para o desenvolvemento de diversos temas de investigación. A bioacústica tradicionalmente foi aplicada en estudos de ecoloxía do comportamento, diagnóstico e descrición de novas especies, monitorizacións, manexo de poboacións naturais, educación ambiental e conservación. Dende esta perspectiva pódese considerar ao estudo dos sons animais como un dos campos máis promisorios en bioloxía básica e aplicada.

  13. faa-manuelvilas di:

    O gasóleo ou diésel, tamén denominado gasoil, é un hidrocarburo líquido de densidad sobre 832 kg/m³ (0,832 g/cm³),1 composto fundamentalmente por parafinas e utilizado principalmente como combustible en calefacción e en motores diésel. O seu poder calorífico inferior é de 35,86 MJ/l (43,1 MJ/kg)que depende da súa composición comercial.O gasóleo derivado do petróleo está composto aproximadamente dun 75% de hidrocarburos saturados (principalmente parafinas incluíndo isoparafinas e cicloparafinas) e un 25% de hidrocarburos aromáticos (incluíndo naftalenos e alcalobencenos).A fórmula química xeral do gasóleo común é C12H23, incluíndo cantidades pequenas doutros hidrocarburos cuxas fórmulas van desde C10H20 a C15H28.

  14. faa-marinabusto di:

    Neste artigo obxecto de comentario faise referencia ó fueloil, tamén chamado en España fuelóleo e combustóleo noutros países hispanofalantes, é unha fracción do petróleo que se obtén como residuo na destilación fraccionada. De aquí obtense entre un 30 e un 50% desta substancia. É o combustible máis pesado dos que se poden destilar a presión atmosférica. Está composto por moléculas con máis de 20 átomos de carbono, e a súa cor é negra. O fuel oil úsase como combustible para plantas de enerxía eléctrica, caldeiras e fornos.
    Por outra parte, tamén se trata en procesos a menor presión para poder ser destilado e así obter as fraccións máis pesadas do petróleo, como os aceites lubricantes e o asfalto, entre outros.

  15. faa-ivanlois di:

    A quenlla é un peixe cartilaxinoso que habita no mar (aínda que algunhas especies tamén nadan en auga doce) e que destaca polas súas calidades como depredador. Debido a que o seu esqueleto está composto de cartilaxe, forma parte do grupo dos condrictios.
    Pertencentes á súper orde dos selacimorfos, as quenllas dispoñen dunha boca con distintas filas de dentes. Este animal, que tamén se coñece como escualo, conta con fendas branquiais situadas aos costados do seu corpo.
    Recoñecéronse unhas trescentas setenta e cinco especies de quenlla que pertencen a oito ordes distintas, con exemplares que poden superar os dez metros de lonxitude. A especie máis grande recibe o nome de quenlla balea.
    Moitas veces detectáronse ataques de quenllas a persoas. A quenlla touro ou sarda e a quenlla tigre son as especies que rexistran unha maior cantidade de agresións contra seres humanos.
    Un caso curioso prodúcese coa quenlla branca. Unha exitosa novela escrita por Peter Benchley que tivo unha adaptación cinematográfica de Steven Spielberg en 1974 sitúa a quenlla branca como un terrible depredador que ataca distintas persoas. Por iso, no imaxinario popular, creese que a quenlla branca adoita atacar os humanos, algo que non acontece na realidade.

  16. faa-emiliolumbres di:

    Cabo Verde, cuxo nome oficial é República de Cabo Verde é un estado soberano insular de África, situado no océano atlántico, no arquipélago de orixe volcánico do mesmo nome, frente as costas de Senegal.
    As illas estaban deshabilitadas ata que foron descubertas no século XV polos portugueses, quenes procedieron a colonizarlas para convertilas nun centro para os escravos. A maior parte dos habitantes de Cabo Verde descenden de ambos grupos: colonizadores e escravos.
    O arquipélago que forma parte da rexión de Macaronesia está composto por 10 illas grandes e cinco menores. As illas son de orixe volcánico, a maior parte delas son montañas escarpadas cubertas de cinzas volcánicas, polo que hai pouca vexetación. O clima e seco e caluroso cunha media de temperatura de entre 20-25 grados centígrados. Nos meses de xaneiro e febreiro, o arquipélago sufre a influencia de tempestades procedentes do Sahara.

  17. faa-iagopadin di:

    O fueloil (en inglés fuel oil), tamén chamado en España fuelóleo é unha fracción do petróleo que se obtén como residuo na destilación fraccionada. De aquí obtense entre un 30 e un 50% desta substancia. É o combustible máis pesado dos que se poden destilar a presión atmosférica. Está composto por moléculas con máis de 20 átomos de carbono, e a súa cor é negra. O fuel oil úsase como combustible para plantas de enerxía eléctrica, caldeiras e fornos. Por outra parte, tamén se trata en procesos a menor presión para poder ser destilado e así obter as fraccións máis pesadas do petróleo, como os aceites lubricantes e o asfalto, entre outros.
    O fueloil clasifícase en seis clases, enumeradas do 1 ao 6, de acordo ao seu punto de ebulición, a súa composición e o seu uso. O punto de ebulición, que varía dos 175 aos 600 °C; a lonxitude da cadea de carbono, de 9 a 70 átomos; e a viscosidade aumentan co número de carbonos da molécula, por iso os máis pesados deben quentarse para que flúan. O prezo xeralmente decrece a medida que o número aumenta.
    – Número 1 é similar ao queroseno e é a fracción que ferve xusto logo da gasolina.
    – Número 2 é o combustible que usan os motores diesel (maquinaria e vehículos lixeiros ata camións de gran tonelaxe).
    – Número 3 é un combustible destilado que é usado raramente.
    – Número 4 é usualmente unha mestura de fueloil destilado e de residuos, tales como No. 2 y 6; non obstante, algunhas veces é tan só un forte destilado. Non. 4 pode ser clasificado como diesel, destilado ou fueloil residual.
    – Os Número 5 e Número 6 son coñecidos como fueloil residuais (RFO polas súas siglas en inglés) ou fueloil pesados. En xeral prodúcese máis Número 6 que Número 5. Os termos fueloil pesado e fueloil residual son usados como os nomes para Número 6. Número 5 e 6 son os remanentes do cru logo que a gasolina e os fueloil destilados son extraidos a través da destilación. O fueloil Número 5 é unha mestura de 75-80%-80 de Número 6 e 25-20%-20 de Número 2. Número 6 pode conter tamén unha pequena cantidade de No. 2 para cumprir con certas especificacións.

  18. faa-tamaraparracho di:

    O pesqueiro ruso «Oleg Naydenov» cumpre este martes catro semanas afundido a 2.700 metros de profundidade, dende onde segue vertendo 240 litros diarios de fuel ao mar, nun lento goteo que o Ministerio de Fomento confía en taponar en breve.
    Aínda que os ventos Alisios (do nordeste) e as correntes alonxaron a maior parte do vertido inicial cara o océano, Gran Canaria recibiu nas súas costas restos de fuel, que alcanzaron varios puntos do litoral protexido dentro da súa Reserva da Biosfera, dende a punta de Maspalomas ata a praia de Güigüi.
    Este de vertido se fuel está a ter un gran impacto sobre unha das zonas de maior biodiversidade do Atlántico e está causando un enorme dano a unha industria, o turismo, que cada ano atrae a estas illas máis de 11 millóns de persoas así como á pesca, sustento dun gran numero de familias Canarias.
    Así pois, o vertido afecta xa á pesca de túnidos, como a cabala e a sardiña, e de peláxicos. Ademais, o fuel que chegou á superficie tamén está a afectar a especies mariñas como as tartarugas, os zifíidos e os cetáceos.
    Dende o Ministerio de Fomento indicaron que por agora non se pode aportar unha cantidade certa de fuel recollido no mar, porque o vertido está mesturado cunha gran cantidade de auga. Polo momento, sobre o punto do afundimento encóntrase un barco con dous robots submariños da empresa noruega Otech que intentarán taponar as fugas detectadas no casco del pesqueiro, aínda que xa sexa demasiado tarde.

  19. faa-miguelotero di:

    Cando falamos de fuel podemos definilo como un combustible hidrocarburo líquido. Produto obtido da destilación do petróleo cru. É un combustible de alto poder calorífico que é doadamente dispersable en gotas finas. Queima de xeito limpo e cunha chama radiante que permite obter unha boa transferencia de calor. A viscosidade é unha importante característica do combustible de quentamento, ten unha viscosidade máxima a 50ºC de 220 S.S.F. Ten baixos niveis de auga e sedimentos evitando problemas no queimador e filtros. Con estes niveis axeitados de auga e sedimentos tamén se evita a formación de emulsións que son difíciles de remover. Ten un alto poder calorífico.
    É doadamente dispersable en gotas finas. Queima de xeito limpo e cunha chama radiante que permite obter unha boa transferencia de calor.
    É utilizado como combustible en caldeiras industriais, fornos de secado e fornos e as veces utilízase como combustible nos transportes.

  20. fab-antonchaves di:

    Os Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) son zonas de Europa designadas de interese comunitario polo seu potencial contribución a restaurar o hábitat natural, incluíndo os ecosistemas e a biodiversidade da fauna e flora silvestres. Emanan da directiva 92/43/CEE da Unión Europea. Estes lugares, seleccionados polos diferentes estados membros sobre a base de estudos científicos, pasarán a formar parte das Zonas Especiais de Conservación, que se integrarán na Rede Natura 2000.

  21. Rita Lage di:

    As tartaruras son animais mariños, as femias fan os seus niños e poñen ovos no medio terrestre, en concreto nas praias. Os ovos incúbanse enterrados na area sen recibir ningún tipo de coidado dos pais, Depois duns dous meses, as crías das tartarugas saen á superficie, e diríxense cara o mar. A partir de aquí comezan un longo e solitario viaxe cara as zonas de dessarrollo, onde se alimentan durante toda a súa etapa xuvenil. Ao cumplir aproxidamente 15 anos convértense en animais adultos. Entón emprenden o viaxe de regreso cara a zona de reprodución, que é o lugar onde naceron.As cópulas prodúcense no mar, durante a viaxe ou frente ás praias de nidificación. Cando as femias están preparadas, saen a terra para poñer os ovos mentres que os machos permanecen no mar. Depois da estación de reprodución prodúcese unha nova viaxe ás zonas de alimentación, onde se recupera a enerxía gastada para iniciar un novo proceso reprodutivo.