Volve o lince

O lince eurasiático, parente maior do lince ibérico, volverá moi posiblemente a campar ás súas anchas polas illas británicas 1.300 anos despois da súa extinción.

O Lynx UK Trust planea a solta de 12 ou 18 linces en tres terreos privados repartidos pola xeografía británica: nalgúns pobos ao nordés e noroeste de Inglaterra, outros en pobos de Escocia. Se se logran a tempo os permisos das dúas institucións responsables, a reintrodución sería posible antes de finais de ano.

Os lugares elixidos teñen unha notable sobrepoboación de cervos que é moi difícil manter baixo control pola falta de depredadores, polo que a integración destes animais axudaría a ter a población baixo control. Os felinos que tamén se alimentan de lebres, coellos, roedores e paxaros levarían na fase inicial un GPS, e moveríanse por zonas boscosas, despoboadas e lonxe das granxas.

O programa piloto completaríase en tres ou cinco anos. Se os linces demostran a súa capacidade de adaptación ao hábitat, e se logran reproducir, o proxecto podería estenderse a outras zonas.

O lince en Europa demostrou ser absolutamente inofensivo para os humanos e supuxo unha escasa ameaza para o gando. Ademais, os beneficios para a ecoloxía e para as economías locais vanse facer notar. A campiña inglesa está morta, e o lince pode devolverlle a vida e restablecer o equilibrio natural.

A volta do lince, tamen axudaría a reducir o número desmesurado de baias e setas, podería manter a raia as poboacións de raposos e tería tamén un efecto beneficio sobre a rexeneración dos bosques. Polo que esta proposta ten una moi boa visión por parte dos cidadáns, case ninguén pon peros, unicamente os granxeiros, que temen os ataques do lince aos rabaños de ovellas, sobre todo en verán.. Os felinos poderían tamén poñer o perigo a outras especies  como as pitas do monte, das que quedan apenas 1.300 exemplares.


Autor: Jonathan Salgueiro

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

42 Responses to Volve o lince

  1. fab-antonchaves di:

    O lince boreal, europeo, eurasiático ou común (Lynx lynx) é unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae. É o representante máis común e coñecido do xénero Lynx. É un felino de tamaño medio, predador nativo dos bosques europeos e siberianos.
    É o lince de maior tamaño e corpulencia: mide entre 80 e 130 cm de longo (máis 11 a 24 cm da cola), cunha altura de 60 a 75 cm e entre 18 e 30 kg de peso. O corpo é rexo, as patas longas e a cola moi curta, mesmo menor que noutros linces (que, á súa vez, é algo inusual entre os felinos).
    A pelaxe varía entre pardo avermellado e amarelento, tornándose agrisado e moito máis longo en inverno. O tamaño e abundancia das manchas (circulares e escuras, máis abundantes nas patas) varía enormemente dunhas rexións a outras, mesmo dentro dunha mesma subespecie. En casos raros poden chegar a darse animais sen manchas no corpo. Polo xeral, as poboacións situadas máis ao norte e en hábitats máis despexados presentan unha menor concentración de manchas, mentres que a concentración destas é máxima nos individuos que viven en bosques máis densos, no sur da súa área de distribución. Así mesmo, as manchas tenden a esvaerse e facerse máis escasas en inverno. A punta da cola é negra. Na cara, “patillas” e orellas obsérvanse manchas, marcas e liñas, tamén negras. No extremo das orellas obsérvase o característico “pincel” negro dos linces, que aumenta a súa capacidade de audición.
    O lince europeo é predominantemente forestal, aínda que tamén pode vivir en pradarías e pastos de montaña de baixa altitude.

  2. fab-antonchaves di:

    As principais ameazas para o lince eurasiático son a caza excesiva, tanto pola súa pel como para evitar a súa depredación sobre animais domésticos (sobre todo ovellas e cabras), a destrución do seu hábitat natural e a escaseza de ungulados, a súa fonte de alimentación primordial en inverno. Aínda que a nivel mundial se considera que a especie non está ameazada (debido en gran parte á boa saúde da subespecie siberiana), o lince corre perigo de extinción en Europa, Oriente Medio e Asia Central, onde desapareceu de numerosas zonas.

    Na actualidade, a caza deste animal está totalmente prohibida en Albania, Alemaña, Austria, Bulgaria, Croacia, República Checa, Francia, Xeorxia, Grecia, Hungría, India, Irán, Kazakstán, Kirguistán, Nepal, Paquistán, Suíza, Tadzhikistan, Turkmenistán e Uzbekistán, así como en áreas concretas de Bután e Birmania. En China, Finlandia, Eslovaquia, Mongolia, Noruega, Polonia, Romanía, Suecia, Rusia e Turquía está permitida, pero sometida a unha estrita regulación. Así pois, son poucos países os que aínda non tomaron medidas legais sobre esta actividade.

  3. fab-miguelpineiro di:

    O lince euroasiático é o lince de maior tamaño e corpulencia: mide entre 80 e 130 cm de longo (máis 11 a 24 cm da cola), cunha altura de 60 a 75 cm e entre 18 e 30 kg de peso. O corpo é rexo, as patas longas e a cola moi curta, mesmo menor que noutros linces (que, á súa vez, é algo inusual entre os felinos).

    A pelaxe varía entre pardo avermellado e amarelento, tornándose agrisado e moito máis longo en inverno. O tamaño e abundancia das manchas (circulares e escuras, máis abundantes nas patas) varía enormemente dunhas rexións a outras, mesmo dentro dunha mesma subespecie. En casos raros poden chegar a darse animais sen manchas no corpo. Polo xeral, as poboacións situadas máis ao norte e en hábitats máis despexados presentan unha menor concentración de manchas, mentres que a concentración destas é máxima nos individuos que viven en bosques máis densos, no sur da súa área de distribución. Así mesmo, as manchas tenden a esvaerse e facerse máis escasas en inverno. A punta da cola é negra. Na cara, “patillas” e orellas obsérvanse manchas, marcas e liñas, tamén negras. No extremo das orellas obsérvase o característico “pincel” negro dos linces, que aumenta a súa capacidade de audición.

  4. faa-ivanlois di:

    Unha especie en perigo de extinción, sexa calquera a súa orixe, vexetal ou animal, será considerada como tal cando a súa permanencia no mundo se encontre comprometida a un nivel global.
    Existen dous factores que poderían desembocar nunha situación de perigo de extinción como a depredación directa sobre a especie e desaparición dun recurso do cal esta dependía absolutamente para seguir existindo, xa sexa isto como consecuencia da acción humana, cambios no medio, a sucesión dun desastre natural (terremoto) ou cambios graduais no clima.

    A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e os Recursos Naturais (UICN) é unha organización dedicada exclusivamente á conservación dos recursos naturais e dende a súa fundación no ano 1948 vénse ocupando destas cuestións. En tanto, respecto do último ano, o 2009, a UICN informou que nestes momentos son 2.448 as especies de animais e 2.280 as especies de plantas que se encontran en perigo, mentres 1.665 taxóns de animais e 1.575 plantas o están pero en perigo crítico.

  5. fab-ivanportas di:

    A palabra roedor provén na súa etimoloxía do latín “rodere” que significa roer. Denomínanse roedores en Zooloxía, a unha categoría de mamíferos, xeralmente de pequeno tamaño, aínda que os hai xigantes como o esquío vermello europeo ou a marmota americana, destacanse polo seu particular xeito de comer ao roer o alimento, ou tamén de desgastar a madeira, pois só posúen dous dentes incisivos que crecen moito, de modo continuo, de tal maneira que sobresaen das súas bocas, e necesitan desgastalos roendo. Carecen de caninos.

    Os roedores teñen gran poder reprodutivo e moita adaptabilidade ao medio, o que os sitúa entre as especies viventes máis numerosas (42% do total de mamíferos). Son placentarios, ou sexa vivíparos que se desenvolven no útero materno, tendo un período xestacional curto (nas ratas entre 22 e 24 días, nos coellos 31 días). Son plantígrados (apoian ao camiñar toda a planta do pé) ou semi plantígrados. Son cuadrúpedes de patas curtas, e de gran pelaxe. A súa dieta é vexetariana: aliméntanse de plantas, sementes e raíces.

  6. fab-raquelpan di:

    O lince boreal vive en Europa e Asia, prefire as zonas boscosas, anque tamén existe nas praderas ou zonas máis abertas; a variabilidade do seu hábitat está xeneralmente condicionada a rexión onde habite.
    Poseen unha lonxitude media de entre 70 cm a un metro, anque existen exemplares que poden rebasar esas medidas. O seu peso oscila entre 18 a 35 Kg, ten unha pelaxe tupida, variable según a zona, grisáceo ou amarillento, o ventre blanco, presenta manchas e raias negras, aunque poden existir exemplares sólidos; poseen penachos nas extremidades superiores das orellas para aumentar a sua capacidad de audición, a cola e corta, os varons son grandes e máis robustos.
    A sua dieta alimenticia e variada, desde cervos, muflons, corzos ou gamuzas a outros mamíferos máis pequenos.
    Son solitarios, territoriales, preferentemente nocturnos (aunque polo día tamén poden ser activos) e terrestres, no obstante, teñen boa axilidade para trepar e nadar

  7. faa-emiliolumbres di:

    O que máis distingue a este lince eurasiático dos demais linces, aparte do seu maior tamaño (xa que é a especie de lince máis grande), son as súas abundantes manchas circulares e escuras, maiormente nas súas patas. Esta especie de lince as veces ten un collar de pelo ao redor do pescozo. A cor da súa pel é moi distinta á dos outros linces, pola súa variabilidade (pode ir do blanco ao marrón escuro). Este lince pode chegar a pesar ata 38 kg aínda que xeralmente ten un peso medio de 20 kg para un macho e ao redor de 17 kg para unha femia, de altura ten de 60 a 70 cm e a súa lonxitude é de 80 a 130 cm dende a cabeza ata a inserción da cola, cunha cola de 11 a 24 cm.
    É un animal solitario, de actividade crepuscular e nocturna, sobretodo no verán. Os machos solen posuir territorios extensos que se solapan co das femias, que son algo menores en extensión.

  8. faa-marinabusto di:

    Lynx é un xénero de mamíferos carnívoros da familia Felidae vulgarmente coñecidos como linces. Coñécense catro especies caracterizadas polo seu tamaño medio, fortes patas, longas orellas, cola curta e corpo máis ou menos moteado.
    Todas as especies habitan exclusivamente no Hemisferio Norte, en Eurasia e Norteamérica (de onde parecen ser orixinarios). O chamado lince africano, que habita en África e gran parte de Asia Central e Occidental, é en realidade un felino escasamente emparentado que garda algunhas semellanzas externas cos representantes do xénero Lynx froito da converxencia evolutiva, como son a súa cola, excepcionalmente curta (pouco máis que un simple toco), e as súas grandes orellas, coroadas por longos penachos de pelo negro na punta que serven para incrementar o seu xa de por si grande audición. Tamén existen uns característicos guechos de pelo longo nas meixelas.

  9. faa-miriantrigo di:

    Neste artigo dise que a introdución dos linces pode axudar á rexeneración dos bosques.
    Ao tempo que son destruídos cada vez máis bosques no mundo, vai xurdindo tamén un movemento de restauración ecolóxica, que busca favorecer o desenvolvemento de novos bosques nos lugares onde estes se perderon. Hai moitas formas de restaurar un bosque. Unha delas, moi usada, consiste na plantación de pequenas árbores, usualmente comprados nun viveiro. Este método ten as súas vantaxes, sendo relativamente rápido en comparación con outros e permitindo un involucramento moi activo da xente na actividade de restauración. Non obstante, tamén ten os seus inconvenientes, entre os que destaca seu alto custo.
    Unha alternativa de restauración de bosques é a rexeneración natural. Esta consiste en deixar crecer ao bosque por si mesmo, con pouca ou ningunha intervención. É o sistema por medio do cal naceron case todos os bosques do mundo. E adoita ser o sistema máis eficiente e económico. A rexeneración natural permite o desenvolvemento de sementes que saen dos remanentes de vexetación nativa que se encontran nos arredores.

  10. faa-manuelvilas di:

    Os vulpinos son unha tribo de mamíferos carnívoros incluídos na familia dos cánidos. Coñécense comúnmente como raposos, raposas, raposos ou raposas.
    Actualmente están representados por unhas 27 especies que se atopan en case todos os continentes, aínda que a máis estendida é o raposo vermello ou raposo común, que habita en Europa e América do Norte. Outras especies importantes son o raposo polar, tamén coñecido como raposo ártico, o raposo gris e o raposo isleño.A maioría dos raposos viven entre 5 a 7 anos en liberdade, aínda que poden chegar a alcanzar os 12, ou ata exceder esa idade en cautiverio. Son generalmente máis pequenos que outros membros da familia Canidae, tales como; lobos, chacales e cans domésticos. Os seus trazos típicos inclúen un fino hocico e unha espesa cola. Outras características físicas varían segundo a súa hábitat. Por exemplo, o raposo do deserto ten longas orellas e pelaje curto, mentres que o raposo ártico ten pequenas orellas e un denso pelaje.A diferenza de moitos cánidos, os raposos non son usualmente animais de manada. Son solitarios cazando a súa presa (especialmente roedores). Empregando unha técnica de salto practicada desde unha idade moi temprana, son capaces de matar á súa presa raudamente. A súa dieta alimenticia inclúe desde saltamontes a froita e bayas. Presentan o fenotipo de glándula mamaria superdesarrollada.

  11. faa-rubeniglesias di:

    O lince boreal é unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae. É un felino de tamaño medio, predador nativo dos bosques europeos e siberianos.
    É o lince de maior tamaño e corpulencia: mide entre 80 e 130 cm de longo cunha altura de 60 a 75 cm e entre 18 e 30 kg de peso. O corpo é rexo, as patas longas e a cola moi curta.
    A pelaxe varía entre pardo avermellado e amarelento, tornándose agrisado e moito máis longo en inverno. En casos raros poden chegar a darse animais sen manchas no corpo. Polo xeral, as poboacións situadas máis ao norte e en hábitats máis despexados presentan unha menor concentración de manchas, mentres que a concentración destas é máxima nos individuos que viven en bosques máis densos, no sur da súa área.

  12. fab-alexcosta di:

    O lince boreal vive en Europa e Asia, prefire as zonas boscosas, anque tamén existe nas praderas ou zonas máis abertas; a variabilidade do seu hábitat está xeneralmente condicionada a rexión onde habite.
    Poseen unha lonxitude media de entre 70 cm a un metro, anque existen exemplares que poden rebasar esas medidas. O seu peso oscila entre 18 a 35 Kg, ten unha pelaxe tupida, variable según a zona, grisáceo ou amarillento, o ventre blanco, presenta manchas e raias negras, aunque poden existir exemplares sólidos; poseen penachos nas extremidades superiores das orellas para aumentar a sua capacidad de audición, a cola e corta, os varons son grandes e máis robustos.
    A sua dieta alimenticia e variada, desde cervos, muflons, corzos ou gamuzas a outros mamíferos máis pequenos.
    Son solitarios, territoriales, preferentemente nocturnos e terrestres, no obstante, teñen boa axilidade para trepar e nadar.

  13. faa-albaaller di:

    Neste artigo menciónase o lince boreal, este pode ser europeo, euroasiático ou común. Trátase dunha especie de mamífero carnívoro de tamaño medio e depredador nativo en bosques siberianos e europeos. O máximo e máis común representante é o do xénero Lynx.
    Este é o lince de maior tamaño e corpulencia, cunha altura de 60 a 75 cm e un peso de ata 30kg.
    A súa pelaxe varía entre o pardo avermellado e amarelento nos meses calurosos, e torna grisacea nos meses de inverno. Posúe abundancia de manchas, sobre todo nas patas, que tenden a desparecer durante o inverno. Esta característica varía moito dunhas rexións e dunhas especies a outras, chegando a casos nos que non se dan estas manchas. Así, de forma xeral as poboacións do norte posúen menor concentración de manchas. Tamén se observan estas manchas na cara e nas orellas. Destaca que nas orellas tamén aparece o “pincel” que aumenta a audición dos linces.
    O lince europeo soe atoparse en bosques pero tamén pode vivir en pradarías e pastos na baixa montaña.

  14. fab-lauraozores di:

    Enténdese por depredación como un tipo de interacción biolóxica na que un individuo dunha especie animal (o predador ou depredador)caza a outro individuo (a presa) para subsistir. Un mesmo individuo pode ser depredador dalgúns animais e á súa vez presa doutros, aínda que en todos os casos o predador é carnívoro. A depredación ocupa un rol importante na selección natural. Na depredación hai un individuo prexudicado, que é a presa, e outro que é beneficiado, que é o depredador. Non obstante, hai que resaltar que tanto os depredadores controlan o número de individuos que compoñen a especie presa, como as presas controlan o número de individuos que compoñen a especie depredadora; por exemplo, a relación entre o león e a cebra.

    Outro exemplo desta relación moi especial entre estes depredadores e o ecosistema é que os depredadores, ao controlar o número de individuos dunha especie, poden protexer ao ecosistema de ser sacado de balance, xa que se unha especie se reproducise sen control podería acabar co balance do devandito ecosistema. Por exemplo: a aguia e a serpe aliméntanse de ratos, e estes á súa vez aliméntanse de determinados tipos de plantas; se un dos depredadores se extinguise o outro non podería diminuír a poboación deses roedores e isto diminuiría a poboación de plantas.
    Unha forma particular de depredación constitúea o parasitismo, no cal un organismo se alimenta doutro, desenvolvendo un vínculo moi forte con el. Un parasito adoita iniciar a devandita relación cun único organismo hóspede na súa vida, ou ben cuns poucos.

  15. fab-nereabetanzos di:

    O lince euroasiático é o lince de maior tamaño e corpulencia: mide entre 80 e 130 cm de longo (máis 11 a 24 cm da cola), cunha altura de 60 a 75 cm e entre 18 e 30 kg de peso. O corpo é rexo, as patas longas e a cola moi curta, mesmo menor que noutros linces (que, á súa vez, é algo inusual entre os felinos).A pelaxe varía entre pardo avermellado e amarelento, tornándose agrisado e moito máis longo en inverno. O tamaño e abundancia das manchas (circulares e escuras, máis abundantes nas patas) varía enormemente dunhas rexións a outras, mesmo dentro dunha mesma subespecie. En casos raros poden chegar a darse animais sen manchas no corpo. Polo xeral, as poboacións situadas máis ao norte e en hábitats máis despexados presentan unha menor concentración de manchas, mentres que a concentración destas é máxima nos individuos que viven en bosques máis densos, no sur da súa área de distribución. Así mesmo, as manchas tenden a esvaerse e facerse máis escasas en inverno. A punta da cola é negra. Na cara, “patillas” e orellas obsérvanse manchas, marcas e liñas, tamén negras. No extremo das orellas obsérvase o característico “pincel” negro dos linces, que aumenta a súa capacidade de audición.

  16. faa-andreaperez di:

    Unha especie en perigo de extinción ou especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo ata colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.
    O estado de conservación dunha especie é un indicador da probabilidade de que esta especie ameazada continue a existir.
    Entre as clasificacións do estado de conservación das especies animais e vexetais, a Lista Vermella da UICN é a máis coñecida

    •Extinta EX: o último representante de especie xa morreu, ou suponse que teña morrido.
    •Extinta na natureza EW: existen individuos en cativeiro, mais non hai máis poboacións naturais. Exemplo: Dromedario.
    •Crítica ou criticamente ameazada CR: sofre risco extremamente alto de extinción nun futuro próximo.
    •En perigo EN: sofre risco moi alto de extinción nun futuro próximo.
    •Vulnerábel VU: sofre alto risco de extinción a medio prazo. Exemplos: Guepardo, Camelo da Bactria
    •Case ameazada NT: aínda non sofre risco de extinción, mais as ameazas sobre ela son crecentes.
    •Segura ou pouco preocupante LC: non sofre ameaza inmediata a súa sobrevivencia.

  17. faa-sarafalcon di:

    Lynx é un xénero de mamíferos carnívoros da familia Felidae vulgarmente coñecidos como linces. Coñécense catro especies caracterizadas polo seu tamaño medio, fortes patas, longas orellas, cola curta e corpo máis ou menos moteado.

    Todas as especies habitan exclusivamente no Hemisferio Norte, en Eurasia e Norteamérica (de onde parecen ser orixinarios).
    Diferencianse catro especies deste animal:

    1. Lynx canadensis – lince canadense
    2. Lynx lynx – lince boreal ou eurasiático
    3. Lynx pardinus – lince ibérico
    4. Lynx rufus – lince vermello

    O Lince Boreal ou Eurasiático, do cal se fala neste artigo, é case dúas veces máis grande que o Lince Canadense aínda que as proporcións e as características do seu corpo seguen sendo as mesmas: patas longas, cola curta, pés grandes… O que máis distingue este lince dos demais á parte do maior tamaño (é a especie de lince máis grande) son as súas abundantes manchas circulares e escuras, principalmente nas patas. Esta especie de lince ás veces ten un colar de pelo arredor do colo. A cor da súa pel é moi distinta á dos outros linces, pola súa variabilidade. Pode ir do branco ao marrón escuro.

    O Lince Boreal pode chegar a pesar ata 38 kg, aínda que xeralmente teñen un peso medio de 20 kg para un macho e arredor duns 17 kg para unha femia. Este lince ten de 60 a 70 cm de altura e a súa lonxitude é de 80 a 130 cm dende a cabeza ata a inserción da cola, cunha cola de 11 a 24 cm.

  18. faa-miguelotero di:

    Unha especie en perigo de extinción, calquera sexa a súa orixe, vexetal ou animal, será considerada como tal cando a súa permanencia no mundo se encontre comprometida a un nivel global.
    Existen dous factores que poderían desembocar nunha situación de perigo de extinción como a mencionada: depredación directa sobre a especie e desaparición dun recurso do cal esta dependía absolutamente para seguir existindo, xa sexa isto como consecuencia da acción humana, cambios no medio, a sucesión dun desastre natural (terremoto) ou cambios graduais no clima.
    Todos deberiamos entender que a extinción dunha especie é un feito polo momento irreparable e irreversible, a cal afectará, xa sexa de xeito directo ou indirecta, a cadea alimentaria e tamén ao propio ser humano.

  19. fab-laurafalcon di:

    O lince euroasiático é un felino de tamaño medio e o máis grande de todas as especies de lince. O seu peso oscila entre os 40 e 66 quilos. Os machos adoitan pesar unhas 10 libras máis que as femias. A súa cola é máis curta que a maioría dos felinos, cunha punta de cor negra nestas. O corpo deste lince é de cor canela, con zonas de marcas de cor negra, así como algunhas áreas brancas. O pelo vólvese máis groso no inverno, e adelgaza nos tempos máis cálidos do ano.
    Encontrará o lince euroasiático nas rexións forestais de Siberia e Asia. Nos últimos anos realizáronse esforzos para reintroducilos en zonas de Europa occidental. Tenden a permanecer arredor das repisas e rochas, dende onde poden divisar o seu ámbito, estes lugares tamén lles permiten saltar sobre as súas presas.
    lince boreal euroasiaticoExisten variedade de diferentes fontes de alimento para o lince euroasiático. Estes inclúen roedores, coellos, raposos, cervos, e ata xabarís salvaxes. Tenden a preferir presas máis pequenas, necesítase menos enerxía para derrubalos, e non existe risco de verse danado no proceso. Non obstante, se derruba unha presa máis grande, será capaz de comer durante varios días.

    Non lles importa comer dos restos doutros predadores. En media necesitan comer preto de 4 ½ libras de carne por día. Teñen un gran sentido da audición polo que, mesmo no frío inverno, poden escoitar os movementos de pequenas presas na neve. A maior parte da súa caza lévase a cabo na noite, non obstante, foron coñecidos por cazar tamén durante as horas do día.

  20. fab-mariangaleano di:

    O lince euroasiático é unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae. E é o representante máis común e coñecido do xénero Lynx. É un felino de tamaño medio, predador nativo dos bosques europeos e siberianos. É o lince de maior tamaño e corpulencia, mide entre 80 e 130cm de largo, cunha altura de 60 a 75 cm entre 18 e 30 kgde peso. O corpo é fornido, as patas largas e o rabo moi corto, incluso menor que noutros linces. A pelaxe varía entre pardo e amarillento, tornándose grisáceo e moito máis largo no inverno.
    O poder do lince euroasiático provén das súas pernas. As súas patas son moi grandes, con membranas entre as garras, moi similares en forma ás raquetas de neve utilizadas polos seres humanos. Os seus corpos permítenlle saltar moi alto, estes movementos fan máis facil a caza. Tamén lles axudan a evitar aos depredadores.
    O lince europeo é predominantemente forestal, aínda que tamén poden vivir en praderas e pastos de montaña de baixa altitude

  21. faa-iagopadin di:

    A pita do monte ou pita montesa é ou membro máis grande dá familia dás tetraoninae. Atópase non norte dá Península Ibérica, nos Pireneos, nos Alpes ou no Xura. En Galicia está presente a subespecie Tetrao urogallus cantabricus, que se atopa exclusivamente nos Ancares. Actualmente está en perigo de extinción, quedando algúns exemplares ao longo dás zonas boscosas de toda a Cornixa Cantábrica.En España vedouse a caza desta especie en 1979, e dende 1986 ten a catalogación de especie protexida, aínda que con isto non se conseguiu un incremento na poboación atei ou momento.
    A pita do monte ten un tamaño máximo de 1,1 m nos machos e 0,7 m nas femias. Caracterízase por ter unhas plumas debaixo do pico en forma de barba, un rabo en forma de abano e uns tubérculos vermellos sobre vos ollos. A cor dá plumaxe é unha característica diferencial entre vos sexos. Os machos teñen a plumaxe negra, con zonas azuis ou verde metálico non peito, coas ás acastañadas cunha mancha branca non vértice e manchiñas brancas non ventre e non rabo. Ás femias teñen ou dorso e ás ás de cor acastañada con abundantes pencas brancas, ou rabo e ou peito arrubiados, e ou ventre branco con manchas pardas. Ademais diferencia a ambos os dous vos sexos ou tamaño do peteiro, que é prominente, de xeito curvo e de cor marfil nos machos e breve e de cor negra nas femias.A pita do monte tarda en pórse a voar e o seu voo é torpe. Nos cercados, valos e fragas moi pechados producen enormes baixas na súa poboación.
    Vive en zonas montañosas con fragas claras e abertas de coníferas onde haxa abundante vexetación herbácea, auga e bagas. A existencia de acivros resulta imprescindible para alimentarse durante o inverno. Acostuma durmir nas ramas horizontais dás árbores, o que se fai un requisito para a súa presenza.

  22. fab-sabelafernandez di:

    O cervo común (Cervus elaphus), tamén chamado cervo europeo, cervo vermello, cervo colorado ou veado, é unha especie de cérvido amplamente distribuída polo Hemisferio Norte. Documentáronse unhas 27 subespecies distintas cunha área de distribución que se estende dende o Magreb, a Península Ibérica e Gran Bretaña ata gran parte de América do Norte, que se diferencian entre si polo tamaño, lonxitude e cor do pelo e forma das cuernas. As seis subespecies de uapitís norteamericanos, antano clasificados na especie propia Cervus canadensis, clasifícanse actualmente como subespecies de Cervus elaphus.

    O cervo común é un cervo de gran tamaño, cun tamaño ordinario de 160 a 250 cm de lonxitude e un peso nos machos de ata 200 kg. Esta especie presenta dimorfismo sexual, sendo as femias máis pequenas e menos corpulentas que os machos; nunca presentan cuernas. Os individuos de sexo masculino presentan cuernas que renovan cada ano e, nalgunhas subespecies, unha densa melena de pelo escuro en colo e ombros. A cor do pelo é normalmente parda en todo o corpo salvo no ventre e os glúteos, esbrancuxados, e pode variar na intensidade da súa tonalidade segundo os individuos. As crías de poucos meses presentan unha coloración avermellada, con manchas e raias brancas que lles axudan a esconderse dos depredadores.
    A dieta desta especie é exclusivamente vexetariana, con máis peso das follas sobre as herbas.

    O cervo común é presa de múltiples carnívoros. Os adultos e crías poden caer vítimas de linces, lobos, osos, tigres e leopardos (en Siberia e Manchuria), e pumas (en América). Os individuos moi novos, ademais, son cazados tamén por raposos, gatos salvaxes e aguias. Ante estes animais só teñen o recurso da fuxida e no caso dos máis pequenos a camuflaxe, pois os machos rara vez usan os seus cornos para loitar contra eles por ser pouco efectivos contra os carnívoros.
    Non obstante, estas ameazas non son suficientes para poñer en perigo a especie. En zonas onde se exterminaron a gran número de carnívoros, os cervos poden chegar a ser unha praga e ameazar a poboación de certas plantas.

  23. faa-carmenvilanova di:

    A pita do monte ou pita montesa é o membro máis grande da familia das tetraoninae. Atópase no norte da Península Ibérica, os Pireneos, os Alpes e o Xura.
    En Galicia está presente a subespecie Tetrao urogallus cantabricus, que se atopa exclusivamente nos Ancares. Actualmente está en perigo de extinción, quedando algúns exemplares ao longo das zonas boscosas de toda a Cornixa Cantábrica.
    En España vedouse a caza desta especie en 1979, e desde 1986 ten a catalogación de especie protexida, aínda que con isto non se conseguiu un incremento na poboación até o momento.
    A pita do monte ten un tamaño máximo de 1,1 m nos machos e 0,7 m nas femias. Caracterízase por ter unhas plumas debaixo do pico en forma de barba, un rabo en forma de abano e uns tubérculos vermellos sobre os ollos.
    A cor da plumaxe é unha característica diferencial entre os sexos. Os machos teñen a plumaxe negra, con zonas azuis ou verde metálico no peito, coas ás acastañadas cunha mancha branca no vértice e manchiñas brancas no ventre e no rabo. As femias teñen o dorso e as ás de cor acastañada con abundantes pencas brancas, o rabo e o peito arrubiados, e o ventre branco con manchas pardas. Ademais diferencia a ambos os sexos o tamaño do peteiro, que é prominente, de xeito curvo e de cor marfil nos machos e breve e de cor negra nas femias.
    A pita do monte tarda en pórse a voar e o seu voo é torpe. Os cercados, valos e fragas moi pechados producen enormes baixas na súa poboación.
    Vive en zonas montañosas con fragas claras e abertas de coníferas onde haxa abundante vexetación herbácea, auga e bagas. A existencia de acivros resulta imprescindible para alimentarse durante o inverno. Acostuma durmir nas ramas horizontais das árbores, o que se fai un requisito para a súa presenza.

  24. faa-marinabusto di:

    Neste artigo obxecto de comentario faise referencia ó raposo, un animal intelixente e astuto. Na actualidade existen 27 especies de raposos, pero realmente, só 12 pertencen ao xénero Vulpes dos raposos, estes animais son os caninos máis pequenos, non obstante, entre eles existen características diferentes.
    En primeiro lugar, o raposo non ladra como outros caninos, nin tampouco vive en mandas, prefiren andar sós pola súa conta. Os raposos son animais nocturnos, polo que van estar activos durante a noite, é estraño velos movéndose durante o día, e cando o fan é porque algo anda mal, neste caso poden estar a buscar fontes de alimentos, poden estar enfermos, ou escapando das ameazas do seu ambiente natural. Unha das maiores ameazas para os raposos son os seres humanos xa que a miúdo invaden os seus hábitats. Os seres humanos cazan aos raposos principalmente para obter as súas peles, isto algunha vez foi un problema, hoxe en días as peles destes animais non teñen a mesma demanda no mercado.
    O raposo é considerado un animal de tamaño medio e o seu tamaño real pode variar en dependencia da especie que sexa.

  25. faa-tamaraparracho di:

    No artigo coméntase que a introdución do lince nas Illas Británicas podería poñer en perigo a supervivencia da pita do monte.
    A pita do monte ou pita montesa é una especie de ave galiforme da familia Phasianidae, que se distribúe por boa parte de Escandinavia, a rexión báltica, Rusia e en pequenos enclaves de montaña de zonas temperadas como a Cornisa Cantábrica, os Pirineos, os Alpes e o Xura.
    Concretamente, vive en zonas montañosas con fragas claras e abertas de coníferas onde haxa abundante vexetación herbácea, auga e bagas. Acostuma durmir nas ramas horizontais das árbores, o que se fai un requisito para a súa presenza.
    No referente á reprodución, o macho é territorial e polígamo. A época de celo dura dende marzo ata o primeiro terzo de maio. Durante esta época, o macho emite gritos de reclamo ao amencer e ao solpor dende algún punto elevado atraendo ás femias. Logo póusase no chan e continúa cos seus reclamos e copulando con varias femias nun mesmo día.
    As femias poñen entre cinco e doce ovos nun buraco no chan, chocándoos ela soa durante 28-30 días. Os niños son obxectivo doado para o xabarín, os cans e o azor e a mortaldade dos pitos é moi elevada nas primeiras semanas de vida, polo que a súa poboación aumenta moi lentamente.
    Ademais, aínda que se trata dunha especia protexida, a súa poboación segue diminuíndo pouco a pouco ata alcanzar niveis alarmantes. A pesar de que a caza furtiva é cada vez más perseguida e causa menos danos, é a destrución ou alteración do hábitat natural da pita do monte a que provoca a súa desaparición.

  26. Victor di:

    NOVO FORO ABERTO

  27. fab-ivanportas di:

    Estes mamíferos ruminantes posúen patas delgadas e longas que rematan nun pezuño partido en dous. O macho é 25% máis grande que a femia. De acordo coa especie, o peso pode variar de 30 a 250 kg O alce é o cérvido máis grande cun peso de 450 kg.

    Son os únicos mamíferos aos que lles crecen cornos formados por óso morto que son renovadas cada ano. Xeralmente só os machos desenvolven estas protuberancias despois dun ano de nacidos, e van aumentando de tamaño conforme o animal se vai desenvolvendo, pero existen femias que tamén as posúen, como as do reno, onde ambos os dous sexos as forman.

    Os cornos dos cervos están cubertos dunha textura parecida ao veludo chamado “peluxe”, que conteñen numerosos vasos sanguíneos para nutrir ao óso. Cando esta peluxe cae, animais carnívoros encárganse de consumila, xa que contén alto valor nutricional. Habitantes das poboacións esquimós considérano un manxar.
    Mentres os machos as utilizan en épocas de apareamento para enfrontarse entre si, as femias que as posúen, úsanas para defender as súas crías.

  28. faa-martinbaulde di:

    O Lince Boreal ou Eurasiático é case dúas veces máis grande que o Lince Canadense aínda que as características do seu corpo seguen sendo as mesmas: patas longas, cola curta, pés grandes… O que máis distingue este lince dos demais á parte do maior tamaño (é a especie de lince máis grande) son as súas abundantes manchas circulares e escuras, principalmente nas patas. Esta especie de lince ás veces ten un colar de pelo arredor do colo. A cor da súa pel é moi distinta á dos outros linces, pola súa variabilidade. Pode ir do branco ao marrón escuro.

    Pode chegar a pesar ata 38 kg, aínda que xeralmente teñen un peso medio de 20 kg para un macho e arredor duns 17 kg para unha femia. Este lince ten de 60 a 70 cm de altura e a súa lonxitude é de 80 a 130 cm dende a cabeza ata a inserción da cola, cunha cola de 11 a 24 cm.
    O hábitat preferido desta especia de Lince son as zonas forestais con malezas densas e cubertas. Aínda con isto, é un lince que sabe adaptarse ao ámbito e é capaz de sobrevivir en zonas rochosas.

    actualmente está presente en Europa occidental, en Rusia, en Escandinavia, en Asia Menor, en Irán e en Iraq. No leste, podemos encontralo en Mongolia, en Manchuria…

  29. faa-carmenvilanova di:

    De acordo a moitos expertos, adoitaban existir varias especies de linces máis no mundo, hoxe en día somos conscientes de catro delas. Estas especies son; o lince canadense, lince euroasiático (do cal se fala no artigo), lince ibérico e o lince vermello. O lince do deserto, que vive en Arabia, non se considera no mesmo xénero.
    O lince, crese, é un dos animais máis altamente adaptables na terra, son capaces de vivir nas montañas, o bosque e nas chairas abertas. Son capaces de nadar moi ben, o que lles axuda coa busca de alimentos, incluídos os peixes. Tamén poden utilizar a auga para cazar as súas presas, xa que moitos destes animais non serán capaces de nadar.
    O lince ibérico é o que está en máis perigo de extinción, non se sabe cantos aínda permanecen na natureza. En 2009 unha muller española moi rica morreu, e no seu testamento descubriuse que deixara millóns de dólares para axudar coa protección do lince ibérico en perigo de extinción. Cre que existen preto de 400 deles no seu hábitat natural. Algúns dos fondos que esta muller deixou serán utilizados para reintroducir este lince en áreas de Guatemala.
    O lince euroasiático é o máis grande de todas as especies. Encóntranse no norte de Europa e partes de Asia e poden chegar a pesar ata 88 libras. Tamén son as especies de lince coas cifras máis altas dispoñibles. Aproximadamente o 90% deles viven nas zonas forestais de Siberia.
    O lince canadense é a segunda maior das especies, encóntranse arredor de Canadá, Alasca, e en áreas dispersas de Colorado e Dakota do Norte. A miúdo teñen unha coloración gris e a súa pelaxe é moito máis grosa que o das outras especies de lince. Aínda que a maioría son nocturnos este lince, sábese que esta activo durante o día tamén.
    O lince vermello é altamente adaptable, e son tamén o tipo de lince co que os seres humanos están máis familiarizados. Tamén se considera o mellor cazador da terra, entre todos os animais de tamaño mediano, son a única especie de lince que se soubo que ataca, ocasionalmente, ao home.
    Todas as especies de lince foron perseguidas no pasado polas súas peles preciosas, e isto puxéronos en perigo de extinción. Seguen existindo gran cantidade de esforzos na conservación do seu ámbito natural.

  30. faa-iagopadin di:

    Illas británicas (en inglés: British Isles) é o nome tradicionalmente empregado para identificar o arquipélago situado ao noroeste da costa europea composto por dúas illas maiores, Gran Bretaña e Irlanda e outras moitas illas menores próximas. Están separadas da Europa continental polo mar do Norte ao leste e pola canle da Mancha ao sur, mentres que ao oeste e ao norte limitan co océano Atlántico.
    A división política das illas británicas é:
    – Reino Unido, oficialmente denominado “Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte”. O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria comprendida por catro países constituíntes -Escocia, Inglaterra, Irlanda do Norte e Gales- que teñen como xefe de Estado á raíña Isabel II. Ademais da Dependencia da Coroa da illa de Man.
    – República de Irlanda, un país independente que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa de Irlanda. A súa independencia do Reino Unido declarada o 21 de xaneiro de 1919, recoñecida como Estado Libre o 6 de decembro de 1921, e recoñecida como República o 1 de abril de 1949.

  31. faa-diegogarcia di:

    O lince boreal, europeo, eurasiático ou común (Lynx lynx) é unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae. É o representante máis común e coñecido do xénero Lynx. É un felino de tamaño medio, predador nativo dos bosques europeos e siberianos. É o lince de maior tamaño e corpulencia: mide entre 80 e 130 cm de longo (máis 11 a 24 cm da cola), cunha altura de 60 a 75 cm e entre 18 e 30 kg de peso. O corpo é rexo, as patas longas e a cola moi curta, mesmo menor que noutros linces (que, á súa vez, é algo inusual entre os felinos).
    A pelaxe varía entre pardo avermellado e amarelento, tornándose agrisado e moito máis longo en inverno. O tamaño e abundancia das manchas (circulares e escuras, máis abundantes nas patas) varía enormemente dunhas rexións a outras, mesmo dentro dunha mesma subespecie. En casos raros poden chegar a darse animais sen manchas no corpo. Polo xeral, as poboacións situadas máis ao norte e en hábitats máis despexados presentan unha menor concentración de manchas, mentres que a concentración destas é máxima nos individuos que viven en bosques máis densos, no sur da súa área de distribución. Así mesmo, as manchas tenden a esvaerse e facerse máis escasas en inverno. A punta da cola é negra. Na cara, “patillas” e orellas obsérvanse manchas, marcas e liñas, tamén negras. No extremo das orellas obsérvase o característico “pincel” negro dos linces, que aumenta a súa capacidade de audición.

  32. fab-nereabetanzos di:

    En ecoloxía a depredación é un tipo de interacción biolóxica na que un individuo dunha especie animal (o predador ou depredador)caza outro individuo (a presa) para subsistir. Un mesmo individuo pode ser depredador dalgúns animais e á súa vez presa doutros, aínda que en todos os casos o predador é carnívoro. A depredación ocupa un rol importante na selección natural.
    Na depredación hai un individuo prexudicado, que é a presa, e outro que é beneficiado, que é o depredador, pasando a enerxía no sentido presa a depredador. Non obstante, hai que resaltar que tanto os depredadores controlan o número de individuos que compoñen a especie presa, como as presas controlan o número de individuos que compoñen a especie depredadora; por exemplo, a relación entre o león e a cebra.

  33. faa-manuelvilas di:

    En ecología a depredación é un tipo de interacción biolóxica na que un individuo dunha especie animal (o predador ou depredador)caza a outro individuo (a presa) para subsistir. Un mesmo individuo pode ser depredador dalgúns animais e á súa vez presa doutros, aínda que en todos os casos o predador é carnívoro. A depredación ocupa un rol importante na selección natural.

    Na depredación hai un individuo prexudicado, que é a presa, e outro que é beneficiado, que é o depredador, pasando a enerxía no sentido presa a depredador. Con todo, hai que resaltar que tanto os depredadores controlan o número de individuos que compoñen a especie presa, como as presas controlan o número de individuos que compoñen a especie depredadora; por exemplo, a relación entre o león e a cebra.

    Outro exemplo desta relación moi especial entre estes depredadores e o ecosistema é que os depredadores, ao controlar o número de individuos dunha especie, poden protexer ao ecosistema de ser sacado de balance, xa que si unha especie reproducísese sen control podería acabar co balance de devandito ecosistema.Por exemplo: a aguia e a serpe aliméntanse de ratones, e estes á súa vez aliméntanse de determinados tipos de plantas; si uno dos depredadores extinguísese o outro non podería diminuír a poboación deses roedores e isto diminuiría a poboación de plantas.

    Unha forma particular de depredación constitúea o parasitismo, no cal un organismo aliméntase doutro, desenvolvendo un vínculo moi forte con el. Un parásito adoita iniciar dita relación cun único organismo hóspede na súa vida, ou ben cuns poucos .

  34. faa-marinabusto di:

    Os roedores son unha orde de mamíferos placentarios con aproximadamente 2280 especies actuais; é a orde máis numerosa de mamíferos. Poden acharse en gran número en todos os continentes salvo a Antártida. Os roedores máis comúns son os ratos, ratas, esquíos, tamias, porcoespíns, castores, hámsteres, xerbos e coelliños de indias.
    Os roedores teñen incisivos afiados que usan para roer a madeira, perforar a comida e morder os depredadores. Moitos aliméntanse de sementes ou plantas, aínda que algúns teñen axudas máis variadas. Algunhas especies foron consideradas historicamente como pragas, comendo sementes almacenadas ou esparexendo enfermidades. Moi poucos son os roedores que se estenderon como especies hemerófilas ou animais de compañía, pero son os que dan a imaxe do grupo en xeral. Por outra parte, numerosas especies apenas foron investigadas e teñen unha difusión moi reducida.

  35. fab-laracores di:

    Os roedores (Rodentia) son unha orde de mamíferos placentarios con aproximadamente 2280 especies actuais; é a orde máis numerosa de mamíferos. Poden acharse en gran número en todos os continentes salvo a Antártida. Os roedores máis comúns son os ratos, ratas, esquíos, tamias, puercoespines, castores, hámsteres, xerbos e coelliños de indias.Os roedores teñen incisivos afiados que usan para roer a madeira, perforar a comida e morder os depredadores. Moitos aliméntanse de sementes ou plantas, aínda que algúns teñen axudas máis variadas. Algunhas especies foron consideradas historicamente como pragas, comendo sementes almacenadas ou esparexendo enfermidades. Moi poucos son os roedores que se estenderon como especies hemerófilas ou animais de compañía, pero son os que dan a imaxe do grupo en xeral. Por outra parte, numerosas especies apenas foron investigadas e teñen unha difusión moi reducida.

  36. faa-miriantrigo di:

    Os roedores (Rodentia) son unha orde de mamíferos placentarios con aproximadamente 2280 especies actuais; é a orde máis numerosa de mamíferos. Poden acharse en gran número en todos os continentes salvo a Antártida. Os roedores máis comúns son os ratos, ratas, esquíos, tamias, porcoespiños, castores, hámsteres, xerbos e coelliños de indias.

    Os roedores teñen incisivos afiados que usan para roer a madeira, perforar a comida e morder os depredadores. Moitos aliméntanse de sementes ou plantas, aínda que algúns teñen axudas máis variadas. Algunhas especies foron consideradas historicamente como pragas, comendo sementes almacenadas ou esparexendo enfermidades. Moi poucos son os roedores que se estenderon como especies hemerófilas ou animais de compañía, pero son os que dan a imaxe do grupo en xeral. Por outra parte, numerosas especies apenas foron investigadas e teñen unha difusión moi reducida.
    A maioría dos roedores teñen patas curtas, son cuadrúpedes (móvense a catro patas) e son relativamente pequenos. A súa característica común principal son os dous incisivos, de gran tamaño e crecemento continuo, situado no maxilar inferior e superior, e que só están cubertos de esmalte na parte frontal. A pesar da súa características comúns, os roedores desenvolveron unha gran variedade de formas segundo o seu hábitat e o estilo de vida.
    Os roedores constitúen a orde con maior número de especies distintas dentro dos mamíferos. En 2005 coñecíanse ao redor de 2277 especies de roedores,1 o que constitúe o 42% do total das especies de mamíferos. O seu éxito débese probablemente ao seu pequeno tamaño, período de reprodución curto e a habilidade de roer e comer unha ampla gama de alimentos.

  37. faa-ariadnavazquez di:

    Hoxe en día existen un gran número especies de roedores. De feito, o grupo máis grande dos mamíferos é este, o dos roedores, posto que a maioría dos mamíferos non voadores son roedores: hai preto de 1.500 especies de roedores que viven (dun total de ao redor de 4.000 mamíferos que viven en total). A maioría da xente está familiarizada cos ratos, ratas, hamsters e cobayos, que se mantéñen comunmente, como animais domésticos. Pero, sen embargo, a familia dos roedores tamén inclúe castores, ratas almiscreiras, puercoespines, marmotas, esquíos, , cans da pradaría, marmotas, chinchillas, ratas de campo e moitos outros. A pesar da súa gran diversidade de especies, todos os roedores comparten características comúns. Os roedores teñen un só par de incisivos en cada mandíbula, e os incisivos crecen continuamente durante toda a vida. Os dentes teñen capas de esmalte de espesor na parte dianteira, pero non na parte posterior; isto fai que conserven a súa forma de cicel, xa que están desgastados. Detrás dos incisivos hai unha gran brecha nas filas de dentes, ou diastema; non hai caninos, e normalmente só uns poucos molares na parte traseira das bocas. Os roedores teñen a musculatura da mandíbula grande e complexa, con modificacións no cranio e as mandíbulas para acomodalo. Ao igual que algúns outros taxóns de mamíferos, pero a diferenza dos coellos , os roedores machos teñen un báculo (óso do pene). A maioría dos roedores son herbívoros, pero algúns son omnívoros, e outros aliméntanse de insectos. Ademáis, mostran unha ampla gama de estilos de vida, que van dende formas de tobo, como toupas e ratas toupa aos esquíos.Podemos atopar dende roedores que viven en grandes familias ata outros que son solitarios coma o porcoespín.

  38. faa-andreaperez di:

    O lince boreal, europeo, eurasiático é unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae. É o representante máis común e coñecido do xénero Lynx. É un felino de tamaño medio, predador nativo dos bosques europeos e siberianos.

    É un gran trepador e saltador. O territorio dun individuo é variable, chegando aos 185 km² de dominio directo no caso dos machos (as femias soen ter territorios menores). Os individuos de diferente sexo solapan os súas respectivas áreas e toléranse entre sí.

    Ao contrario que outros felinos emparentados, os linces europeos basan a súa dieta na captura de ungulados, xeralmente xóvenes, que en ocasións chegan a ser ata catro veces máis grandes que eles. Entre estas presas están corzos, camelos, cervos, muflones, bois almizcleros, rebecos, cabras salvaxes e renos.

    As principais ameazas para o lince eurasiático son a caza excesiva, tanto pola súa pel como para evitar a súa depredación sobre animais domésticos (sobre todo ovellas e cabras), a destrucción do seu hábitat natural e a escasez de ungulados, a súa fonte de alimentación primordial en inverno.

  39. fab-miguelleiro di:

    O lince boreal vive en Europa e Asia, prefire as zonas boscosas, anque tamén existe nas praderas ou zonas máis abertas; a variabilidade do seu hábitat está xeneralmente condicionada a rexión onde habite.
    Poseen unha lonxitude media de entre 70 cm a un metro, anque existen exemplares que poden rebasar esas medidas. O seu peso oscila entre 18 a 35 Kg, ten unha pelaxe tupida, variable según a zona, grisáceo ou amarillento, o ventre blanco, presenta manchas e raias negras, aunque poden existir exemplares sólidos; poseen penachos nas extremidades superiores das orellas para aumentar a sua capacidad de audición, a cola e corta, os varons son grandes e máis robustos.
    Unha especie en perigo de extinción ou especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo ata colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.

  40. faa-albarodriguez di:

    O que máis distingue este lince dos demais, á parte do maior tamaño (é a especie de lince máis grande), son as súas abundantes manchas circulares e escuras, principalmente nas patas. Esta especie de lince ás veces ten un colar de pelo arredor do colo. A cor da súa pel é moi distinta á dos outros linces, pola súa variabilidade. Pode ir do branco ao marrón escuro. O Lince Boreal pode chegar a pesar ata 38 kg, aínda que xeralmente teñen un peso medio de 20 kg para un macho e arredor duns 17 kg para unha femia. Este lince ten de 60 a70 cm de altura e a súa lonxitude é de 80 a130 cm dende a cabeza ata a inserción da cola, cunha cola de 11 a24 cm.
    Animal solitario, de actividade crepuscular e nocturna, sobre todo en verán, sendo máis diúrno en inverno. Os machos adoitan posuír territorios extensos que se solapan cos das femias, algo menores en extensión. Os mozos mantéñense próximos á área familiar ata que cumpren o seu segundo inverno.
    Caza ungulados, que en ocasións poden chegar a ser ata catro veces máis grandes ca eles. Entre estas presas encóntranse corzo, camelo, cervo, muflon, boi almiscreiro, rebezo, cabra salvaxe e reno.
    A época de apareamento destes animais é entre febreiro e marzo e o período de xestación é de 47 a 67 dí¬as tras os que a femia pare entre 1 e 5 crí¬as.

  41. Rita Lage di:

    A pita montesa é o membro máis grande da familia das tetraoninae. Atópase no norte da Península Ibérica, os Pireneos, os Alpes e o Xura.
    En Galicia está presente a subespecie Tetrao urogallus cantabricus, que se atopa exclusivamente nos Ancares. Actualmente está en perigo de extinción, quedando algúns exemplares ao longo das zonas boscosas de toda a Cornixa Cantábrica.
    En España vedouse a caza desta especie en 1979, e desde 1986 ten a catalogación de especie protexida, aínda que con isto non se conseguiu un incremento na poboación até o momento.
    A pita do monte ten un tamaño máximo de 1,1 m nos machos e 0,7 m nas femias. Caracterízase por ter unhas plumas debaixo do pico en forma de barba, un rabo en forma de abano e uns tubérculos vermellos sobre os ollos.A pita do monte tarda en pórse a voar e o seu voo é torpe. Os cercados, valos e fragas moi pechados producen enormes baixas na súa poboación.

  42. faa-ileniamartinez di:

    Hai unha diversidade de factores que ameaza o lince e que podería levalo á extinción se non lles poñemos solución. Estes factores poden agruparse en tres grandes grupos, alimento, hábitat e mortalidade.
    Dentro do problema de alimento a estrela é o coello. Para que as femias críen en condicións, é necesaria unhas densidades altas de coello. Non obstante, os cambios de uso do chan e as enfermidades minguaron as poboacións de coello dende os anos 50 e hoxe en día calcúlase que apenas chegan a un 10% do que foron. Afectando non só ao coello senón tamén ao mesmo lince, encontrámonos con graves problemas de perda de hábitat. O hábitat idóneo para estas especies é un ecosistema mediterráneo en mosaico, con pequenas parcelas con sementeiras ou pastos naturais, salpicadas de zonas de matogueira, o que proporciona a ambas as dúas especies zonas de alimentación e protección. Non obstante, o abandono rural e a intensificación agraria xeraron dous procesos aparentemente contraditorios. Nas zonas de monte cada vez hai máis matogueira e escasea o alimento e nas zonas agrícolas non quedan apenas zonas con matogueira nin refuxio, polo que cada vez hai menos hábitat óptimo para estas especies. Entre as causas de mortalidade destacan os atropelos con cifras récord en 2013, ano no que morreron atropelados 14 linces, case un 5% da poboación. Por último, as enfermidades constitúen unha causa importante de mortalidade aínda que menos coñecida. A perdida de diversidade xenética (froito da endogamia) fixo que os nosos linces sexa máis débiles fronte ás enfermidades. Diversos brotes de leucemia felina puxeron na corda frouxa á especie, e diversas enfermidades que circulan polas poboacións de animais silvestres son unha ameaza potencial para a especie.