Lixo: un problema tamén no espazo

Dende sempre o ser humano tentou coñecer todo aquilo que o rodeaba, así xurdiron grandes interrogantes como os límites do Universo ou a existencia de vida noutros planetas. O afán do home de darlle resposta a estas preguntas supuxo o nacemento dunha investigación espacial, que trouxo consigo a produción de aparellos para o seu desenvolvemento como, por exemplo, as naves espaciais. Estas son as primeiras que se nos veñen á cabeza, pero existen outros moitos aparellos situados en órbita ao redor do noso planeta, estou a falar dos satélites artificiais. Existen diversos tipos como, satélites de telecomunicación, satélites GPS, etc… Pero todos comparten o mesmo problema, que é que a maioría ao longo da historia foron sustituídos por versións melloradas e agora atópanse en desuso. Isto é máis os restos de cohetes, partículas de polvo, pintura, etc, é o que se coñece como lixo espacial.

Actualmente o espacio pode definirse como un auténtico vertedoiro, xa que se calcula que existen aproximadamente un total de 700.000 obxectos que orbitan a velocidades incríbles chegando aos 28.ooo km/h. Isto agravarase por mor do síndrome de Kessler.

Estes obxectos supoñen unha verdadeira ameaza para satélites en activo e naves orbitais, xa que o seu impacto produciría graves danos. Este é o argumento dunha coñecida película, Gravity, onde a destrución dun satélite ruso supón a posta en perigo das vidas de dous astronautas.


Fronte a este problema a Axencia Espacial Europea (ESA) propón unha solución bastante modesta tecnolóxicamente, utilizada pola humanidade dende hai miles de anos; estamos a falar dunha rede de pesca para capturar satélites en desuso. Estas redes irían dobradas dentro de caixas de papel con pequenos pesos para axudar á captura do satélite.

Este proxecto xa foi posto a proba con éxito coa axuda dun Falcon 20, que permanece 20 segundos en caída libre para cancelar os efectos da aceleración, e espérase que se poida realizar no 2021.

Autora: Alba María Aller Casal

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Investigación espacial, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.