Robot explorando nas Canarias

Catro días despois do afundimento do pesqueiro con bandeira rusa Oleg Naydenov (levaba consigo 1400 toneladas de fuel) a unha profundiade de 2400 metros, e a unhas 15 millas (24 kilómetros) ao sur de punta de Maspalomas, este segue soltando fuel nunha grande mancha contaminante que viaxaba en dirección suroeste, empuxada polo vento e as correntes mariñas. O martes estaba previsto que un robot tipo ROV (submariño non tripulado) realice unha exploración do buque afundido segundo informaba o Ministerio de Fomento

Un secretario do Estado de Infraestructuras, Julio Gómez-Pomar, aunciou este sábado no porto das Palmas unha reunión do comité de coordinación e na reunión asegurou que o estado do mar segue sen permitir que comence a recollida do vertido.O goberno español contratou un robot submariño á compañía noruega Otech Marine Services. Este robot non ten custo fixo, variará segundo a súa utilización.

O Instituto Español de Oceanografía (IEO) dispón dun ROV capaz de operar a más 2000 metros de profundidade. Fomento decantouse polo robot noruego porque considera que nin o robot do Instituto Español de Oceanografía nin outro de Salvamento Marítimo son adecuados a 2400 metros de profundidade e incluso en absoluta escuridade.

Gómez-Pomar xustificou as decisións tomadas porque a principal preocupación foi protexer as vidas humanas e deseguido salvaguardar a infraestructura portuaria e outros buques, e por último o tema de preocupación era a contaminación mariña.

Un avión de Salvamento Marítimo volveu a sobrevoar este sábado a zona contaminada e informou que o punto de maior densidade de hidrocarburos atopábase a uns 70 kilómetros da costa canaria. A mancha ten unha extensión de máis de 30 kilómetros.

Estaba previsto que chegaría de noite á zona el buque anticontaminación Luz de Mar, enviado desde Cádiz. O presidente da Sociedade de Estudos de Cetáceos de Canarias e o científico Vidal Martín advirten que aparte de levar buques para a recollida de fuel, debería haber na zona, barcos preparados para recuperar as aves que puideron verse afectadas pola contaminación.


Autor: Emilio Lumbres

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Contaminación, Residuos e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Robot explorando nas Canarias

  1. faa-alexfernandez di:

    As embarcacións da Clase Luz de Mar son unha serie de dous buques remolcadores de manufactura española fabricados entre os anos 2003 e 2005. Hai dous exemplares
    e ambos foron deseñados nos estaleiros Armón en Vigo especificamente para ser empregados pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima. Os dous buques operativos son o “Luz de Mar” e o “Miguel de Cervantes”

    As súas características son:

    -Propulsión:

    +Dispón de dous motores propulsores de 600 r.p.m cada un acoplados a dúas liñas de eixes.

    +Conta con propulsión azimutal por popa con dous propulsores de paso variable que xiran 360°

    +Dispón de sistema de estacionamento dinámico DYNAPOS AM para manter a posición dos medios de manobra da bordo.

    -Sistemas contra incendios:

    +Dúas bombas contra incendios exterior, de 1.500 m3/h, que impulsan o aguaespuma a 120 m de distancia e 50 m de altura dende dous monitores.

    +Sistema de auto protección do casco mediante difusores que é alimentado polas bombas contra incendios.

  2. faa-carmenvilanova di:

    No texto podemos ler que un avión de Salvamento Marítimo volveu a sobrevoar a zona contaminada e informou que o punto de maior densidade de hidrocarburos atopábase a uns 70 kilómetros da costa canaria.
    Os hidrocarburos son compostos orgánicos formados unicamente por átomos de carbono e hidróxeno. A estrutura molecular consiste nunha armazón de átomos de carbono aos que se unen os átomos de hidróxeno. Os hidrocarburos son os compostos básicos da Química Orgánica. As cadeas de átomos de carbono poden ser lineais ou ramificadas, e abertas ou pechadas. Os que teñen na súa molécula outros elementos químicos (heteroátomos) chámanse hidrocarburos substituídos.
    Os hidrocarburos pódense clasificar en dous tipos, que son alifáticos e aromáticos. Os alifáticos, á súa vez pódense clasificar en alcanos, alquenos e alquinos segundo os tipos de enlace que unen entre si os átomos de carbono.
    As intoxicacións por hidrocarburos tenden a causar cadros respiratorios relativamente severos. A gasolina, o queroseno e os aceites e/ou vernices para o tratamento de mobles, que conteñen hidrocarburos, son os axentes máis comunmente implicados nas intoxicacións. O tratamento a miúdo require intubación e ventilación mecánica. Inducir o vómito nestes suxeitos está contraindicado porque pode causar máis dano esofáxico.

  3. faa-emiliolumbres di:

    Extensión dos vertidos:
    Os investigadores do departamento de Matemática Aplicada e o Instituto de Matemática Interdisciplinar da Universidade Complutense de Madrid calcularon que a maior parte da mancha de fuel se desprazará en dirección suroeste de Gran Canaria e o suroeste de tenerife. Esto está estimado para o 1 de mayo.
    Benjamín Ivorra, un dos autores do estudo e matemático da UCM explicou que a contaminación podería alcanzar zonas de alta mar moi ao sur das Illas Canarias. O modelo que desarrollaron parte dun estudo que aínda está en curso. No obstante, non mostra que Lanzarote e Fuerteventura podan verse afectadas polo vertido.

  4. fab-mariblanco di:

    As embarcacións da Clase Luz de Mar son unha serie de dous buques remolcadores de manufactura española fabricados entre os anos 2003 e 2005.
    Hai dous exemplares e ambos foron deseñados nos estaleiros Armón en Vigo especificamente para ser empregados pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima. Os dous buques operativos son o “Luz de Mar” e o “Miguel de Cervantes”

  5. faa-rubeniglesias di:

    Os hidrocarburos son compostos orgánicos formados unicamente por átomos de carbono e hidróxeno. A estrutura molecular consiste nunha armazón de átomos de carbono aos que se unen os átomos de hidróxeno. Os hidrocarburos son os compostos básicos da Química Orgánica. As cadeas de átomos de carbono poden ser lineais ou ramificadas, e abertas ou pechadas.
    Os hidrocarburos pódense clasificar en alifáticos (que poden ser á súa vez alcanos, alquenos e alquinos segundo o enlace) e aromáticos.
    As intoxicacións por hidrocarburos tenden a causar cadros respiratorios relativamente severos. A gasolina, o queroseno e os aceites e/ou vernices para o tratamento de mobles, que conteñen hidrocarburos, son os axentes máis comunmente implicados nas intoxicacións. O tratamento require intubación e ventilación mecánica.

  6. fab-antonchaves di:

    Os hidrocarburos son compostos orgánicos formados unicamente por átomos de carbono e hidróxeno. A estrutura molecular consiste nunha armazón de átomos de carbono aos que se unen os átomos de hidróxeno. Os hidrocarburos son os compostos básicos da Química Orgánica. As cadeas de átomos de carbono poden ser lineais ou ramificadas, e abertas ou pechadas. Os que teñen na súa molécula outros elementos químicos (heteroátomos) chámanse hidrocarburos substituídos.

    Os hidrocarburos pódense clasificar en dous tipos, que son alifáticos e aromáticos. Os alifáticos, á súa vez pódense clasificar en alcanos, alquenos e alquinos segundo os tipos de enlace que unen entre si os átomos de carbono.

  7. Rita Lage di:

    Os hidrocarburos son compostos orgánicos formados unicamente por átomos de carbono e hidróxeno. A estrutura molecular consiste nunha armazón de átomos de carbono aos que se unen os átomos de hidróxeno. Os hidrocarburos son os compostos básicos da Química Orgánica. As cadeas de átomos de carbono poden ser lineais ou ramificadas, e abertas ou pechadas. Os que teñen na súa molécula outros elementos químicos (heteroátomos) chámanse hidrocarburos substituídos.
    Os hidrocarburos pódense clasificar en dous tipos, que son alifáticos e aromáticos. Os alifáticos, á súa vez pódense clasificar en alcanos, alquenos e alquinos segundo os tipos de enlace que unen entre si os átomos de carbono.

  8. faa-albarodriguez di:

    Os hidrocarburos son compostos orgánicos formados unicamente por átomos de carbono e hidróxeno. A estrutura molecular consiste nunha armazón de átomos de carbono aos que se unen os átomos de hidróxeno.
    Os hidrocarburos son os compostos básicos da Química Orgánica. As cadeas de átomos de carbono poden ser lineais ou ramificadas e abertas ou pechadas.
    Os hidrocarburos e os seus compostos derivados pódense clasificar en xeral en tres grandes categorías:
    1. Hidrocarburos alifáticos, formados por cadeas de átomos de carbono nas que non hai estruturas cíclicas. Denomínanselles en xeral, hidrocarburos de cadea aberta ou acíclicos.
    Os alifáticos, á súa vez pódense clasificar en alcanos, alquenos e alquinos segundo os tipos de enlace que unen entre si os átomos de carbono. As fórmulas xerais dos alcanos, alquenos e alquinos son CnH2n+2, CnH2n e CnH2n-2, respectivamente.
    Como exemplos temos:
    propano (CH3-CH2-CH3)
    pentano (CH3-CH2-CH2-CH2-CH3)
    2-buteno (CH3-CH=CH-CH3)
    2. Hidrocarburos alicíclicos, ou simplemente cíclicos, compostos por átomos de carbono encadeados formando un ou varios aneis.
    3. Hidrocarburos aromáticos, que constitúen un grupo especial de compostos cíclicos que conteñen en xeral aneis de seis elos nos cales alternan enlaces sinxelos e dobres. Clasifícanse, independentemente dos hidrocarburos alifáticos e alicíclicos, polas súas propiedades físicas e químicas moi características.

  9. faa-miriantrigo di:

    Un ROV é un robot submariño non tripulado e conectado a una unidade de control na superficie por medio dun cable umbilical. A enerxía e as ordes son enviadas mediante un mando de control a través do cable ao ROV.
    A través do cable umbilical transmitense tamén os datos das cámaras de vídeo do ROV, os datos dos sensores e dos sonares á unidade de control na superficie. Os ROVS poden levar una gran cantidade de brazos manipuladores, ferramentos e sensores para realizar traballos nas profundidades, ou simplemente una cámara de vídeo co fin de captar as imaxes do fondo do mar.
    Unha vez no ROV, a enerxía eléctrica divídese e distribúese entre os diferentes componentes del. Sen embargo, en aplicación que requiren alta potencia, a maior parte da enerxía eléctrica utilízase para accionar un motor de alta potencia eléctrica que á súa vez acciona una bomba hidráulica. A bomba hidráulica é empregada para alimentar os propulsores, ferramentas de torsión, brazos manipuladores…
    Un ROV pode ser lanza en voo libre no que o vehículo se opera a través do umbilical á unidade de control de superficie ou poden ser operadas desde un garaxe a través do umbilical. O garaxe báixase dende o buque. Ambas as técnicas teñen as súas vantaxes e desvantaxes, aínda que para operacións moi profundas é preferible empregar un garaxe.

  10. faa-tamaraparracho di:

    Un ROV (acrónimo do inglés Remote Operated Vehicle) é un robot submariño non tripulado que está controlado por un operador que non se atopa no vehículo, senón que está conectado a un barco na superficie (onde se sitúa o operador) por medio dun cable longo, enviándose a enerxía e as ordes a través de dito cable.
    Así, o control dos ROVs realízase mediante un cable umbilical, pois as ondas de radio resultan inviables debido ás dificultades que existen para a transmisión das mesmas na agua do mar. Este cable é denominado Tether o Umbilical, dependendo de se utilizamos un TMS ou non. O tether estará formado, na súa versión máis sinxela, por condutores de cobre (alimentación e sinal), un illante e unha protección exterior. A medida que aumentan as necesidades do vehículo, o tether estará composto por condutores de alta tensión, condutores de sinal e cables de fibra óptica. O control do vehículo é realizado por un equipo de técnicos que se atopa no barco, xeralmente formado por un piloto, co-piloto e supervisor.
    Os ROVS poden levar unha gran variedade de brazos manipuladores para realizar traballos nas profundidades, ou simplemente unha cámara fotográfica co fin de captar as imaxes do fondo del mar.
    A través do cable transmítense tamén os datos das cámaras fotográficas do ROV, os datos dos sensores e dos sonares ao centro de control do barco da superficie.
    Dito cable ROV presenta vantaxes e inconvenientes. A vantaxe é que é posible transmitir ao ROV facilmente a enerxía e o datos. Pola contra, o propio peso do cable require unha gran cantidade de enerxía para movelo.

  11. faa-iagopadin di:

    Os hidrocarburos son compostos orgánicos formados unicamente por átomos de carbono e hidróxeno. A estrutura molecular consiste nunha armazón de átomos de carbono aos que se unen os átomos de hidróxeno. Os hidrocarburos son os compostos básicos da Química Orgánica. As cadeas de átomos de carbono poden ser lineais ou ramificadas, e abertas ou pechadas. Os que teñen na súa molécula outros elementos químicos (heteroátomos) chámanse hidrocarburos substituídos.
    Os hidrocarburos pódense clasificar en dous tipos, que son alifáticos e aromáticos. Os alifáticos, á súa vez pódense clasificar en alcanos, alquenos e alquinos segundo os tipos de enlace que unen entre si os átomos de carbono.
    De acordo ao tipo de estruturas que poden formar, os hidrocarburos pódense clasificar como:
    – Hidrocarburos acíclicos, os cales presentan as súas cadeas abertas. Á súa vez clasifícanse en: Hidrocarburos lineais aos que carecen de cadeas laterais ou hidrocarburos ramificados, os cales presentan cadeas laterais.
    – Hidrocarburos cíclicos ou cicloalcanos, que se define como hidrocarburos de cadea pechada. Estes á súa vez clasifícanse como: Monocíclicos, que teñen unha soa operación de ciclización ou policíclicos, que conteñen varias operacións de ciclización.

  12. faa-albarodriguez di:

    Un ROV é un pequeno submariño (un robot submariño) que controlamos dende o ordenador.
    Un rov simple está constituído por uns propulsores verticais e horizontais coas súas respectivas hélices, unha cámara, unha caixa de electrónica, flotadores e un umbilical que se encarga de transportar todos os cables tanto eléctricos, de vídeo, propulsores ademais doutros compoñentes, cara á superficie.
    Non obstante un “auténtico Rov”, é moito máis completo e componse de centos de complementos dependendo da función que teña que cumprir. Compleméntase con focos especiais, cámaras de diferentes tipos, brazos robóticos, controladores de temperatura, son, sonar e mesmo ferramentas especiais como serras, trades e en casos extremos ata de ferramentas de soldadura. Algúns ata levan rodas para poder manobrar polo fondo do mar.
    En moitas catástrofes ou en tarefas de salvamento as augas son turbias e os mergulladores non son capaces de realizar as súas tarefas de rescate polo que se precisa dun “Rov observador”, de gran potencia pero simple en funcións e composto por varias cámaras de alta resolución tanto en branco/negro como en cor. En reportaxes naturais tamén se usaron Rov observadores para documentar quenllas ou luras xigantes. Telefónica usa grandes para reparar ou colocar os cables que están mergullados baixo terra, no mar e todas as plantas petrolíferas están equipadas con estes robots.
    O máis importante dun Rov, é manter a estanquidade tanto nos motores, coma na cámara e na caixa de electrónica. Tan simple como unhas gotas de auga poden inhabilitar un Rov de alto presuposto. A estabilidade ou flotabilidade dentro da auga establécese mediante a correcta distribución de pesos dos diferentes compoñentes para que xunto aos flotadores de escuma manteña ese equilibrio dentro da auga. Na seguinte foto observamos como a parte amarela do Rov esta completamente composta por un flotador especial debido ao seu gran peso.

  13. fab-mariangaleano di:

    Os hidrocarburos son compostos orgánicos formados unicamente por átomos de carbono de hideróxeno. A estructura molecular consiste nun armazón de átomos de carbono aos que se unen os átomos de hidróxeno. Os hidrocarburos son os compostos básicos da Química Orgánica. As cadeas de átomos de carbono poden ser lineais ou ramificadas, e abertas ou pechadas. Os que teñen na súa molécula outros elementos químicos chámanse hidrocarburos substituídos.
    Os hidrocarburos pódense clasificar en dous tipos, queson alifáticos e aromáticos. Os alifáticos, á súa vez pódense clasificaren alcanos, alquenos e alquinos segundo os tipos de enlace que unen entre sí os átomos de carbono.
    De acordo ao tipo de estructuras que poden formar, os hidrocarburos pódense clasificar como:
    -Hidrocarburos acílicos, os que presentan as súas cadeas abertas e poden ser lineais ou ramificados.
    -Hidrocarburos cíclicos, defínense como hidrocarburos de cadea pechada e poden ser monociclos ou policíclicos.

  14. faa-albaaller di:

    Na química orgánica atopamos todos os compostos que conteñen átomos de carbono, poden ser enlaces covalentes carbono-carbono ou carbono-hidróxeno, ou heteroátomos, que son compostos orgánicos.
    Os hidrocarburos son os compostos básicos da química orgánica. Están formados únicamente por átomos de carbono e hidróxeno.
    As cadeas de átomos de carbono poden ser lineis ou ramificadas, e tamén abertas ou pechadas. Nas abertas atoparíamos os alcanos (enlace simple carbono carbono), alquenos (enlace dobre carbono carbono) e alquinos (enlace triplo carbono carbono). Nas pechadas atopamos os cicloalcanos (enlace simple carbono carbono) cicloalquenos (enlace dobre carbono carbono) e cicloalquinos (enlace triplo carbono carbono), e tamén os compostos aromáticos, os cales derivan do benceno.

  15. faa-diegogarcia di:

    Nos seus inicios, os ROV foron empregados como branco para adestramento de buques e submarinos, pero despois comezóullelos a usar contra a ameaza das minas, para investigación ou para a colocación de equipos submarinos diversos (payload delivery) relacionados a miúdo coa guerra electrónica submarina.
    Cando a tecnoloxía permitiu desconectalos do buque ama e do seu operador, convertéronse en UUV e empezaron a empregarse en misións cada vez máis complexas. Aínda que destacan na loita contra minas (MCM) localizando, identificando e destruíndoas, moitos exércitos encontraron novas áreas onde resultan atractivos, establecendo requirimentos para estas misións. Entre elas están a guerra submarina (ASW), a guerra contra elementos de superficie (ASuW), a intelixencia, vixilancia e recoñecemento (ISR), a guerra electrónica (EW), o apoio de forzas especiais navais, así como a seguridade portuaria e a protección da forza. A idea tras esta tendencia é a de afastar o perigo do persoal naval na guerra contra minas, pero tamén explotar a discreción e o sixilo destes vehículos.

  16. faa-ileniamartinez di:

    coñécese como hidrocarburo ao composto de tipo orgánico que xorde ao combinar átomos de hidróxeno con outros de carbono. Segundo os expertos na materia, neste composto a forma molecular baséase en átomos de carbono enlazados con átomos de hidróxeno. Estas cadeas de átomos de carbono poden ser abertas ou pechadas e lineais ou ramificadas.
    Cando un hidrocarburo é extraido en estado líquido dunha formación xeolóxica, recibe o nome de petróleo. En cambio, o hidrocarburo que se acha naturalmente en estado gasoso denomínase gas natural.
    A explotación do petróleo e do gas natural representa unha industria moi importante para a economía xa que permiten obter combustibles fósiles e producir lubricantes, plásticos e outros produtos. É importante resaltar ademais que os hidrocarburos poden xerar intoxicacións graves, con trastornos severos para a respiración. Cando unha persoa se intoxica cun hidrocarburo, practícaselle unha intubación e realízaselle ventilación mecánica.
    Dado que os hidrocarburos están incluídos no grupo dos disolventes de tipo orgánico (líquidos que poden despedir vapor) é moi común que as intoxicacións se produzan pola vía inhalatoria, pero poden así mesmo ter lugar a través da inxestión ou do contacto coa pel. Na vida cotiá, moitos dos produtos de consumo para o fogar representan potenciais fontes de toxicidade; algúns exemplos son as bombonas de gas, o queroseno e a anilina.

  17. fab-miguelpineiro di:

    O hidrocarburo e un composto de tipo orgánico que xorde ao combinar átomos de hidróxeno con outros de carbono. Segundo os expertos na materia, neste composto a forma molecular baséase en átomos de carbono enlazados con átomos de hidróxeno. Estas cadeas de átomos de carbono poden ser abertas ou pechadas e lineais ou ramificadas.
    Cando un hidrocarburo é extraido en estado líquido dunha formación xeolóxica, recibe o nome de petróleo. En cambio, o hidrocarburo que se acha naturalmente en estado gasoso denomínase gas natural.
    A explotación do petróleo e do gas natural representa unha industria moi importante para a economía xa que permiten obter combustibles fósiles e producir lubricantes, plásticos e outros produtos. É importante resaltar ademais que os hidrocarburos poden xerar intoxicacións graves, con trastornos severos para a respiración. Cando unha persoa se intoxica cun hidrocarburo, practícaselle unha intubación e realízaselle ventilación mecánica.
    Dado que os hidrocarburos están incluídos no grupo dos disolventes de tipo orgánico (líquidos que poden despedir vapor) é moi común que as intoxicacións se produzan pola vía inhalatoria, pero poden así mesmo ter lugar a través da inxestión ou do contacto coa pel. Na vida cotiá, moitos dos produtos de consumo para o fogar representan potenciais fontes de toxicidade; algúns exemplos son as bombonas de gas, o queroseno e a anilina.

  18. faa-manuelvilas di:

    O fueloil, tamén chamado en España fuelóleo e combustóleo noutros países hispanohablantes, é unha fracción do petróleo que se obtén como residuo na destilación fraccionada. De aquí obtense entre un 30 e un 50% desta sustancia. É o combustible máis pesado dos que se poden destilar a presión atmosférica. Está composto por moléculas con máis de 20 átomos de carbono, e a súa cor é negro. O fuel oil úsase como combustible para plantas de enerxía eléctrica, calderas e hornos.
    Por outra banda, tamén se trata en procesos a menor presión para poder ser destilado e así obter as fraccións máis pesadas do petróleo, como os aceites lubricantes e o asfalto, entre outros.O fueloil clasifícase en seis clases, enumeradas do 1 ao 6, de acordo ao seu punto de ebullición, a súa composición e o seu uso. O punto de ebullición, que varía dos 175 aos 600 °C; a lonxitude da cadea de carbono, de 9 a 70 átomos; e a viscosidad aumentan co número de carbonos da molécula, por iso os máis pesados deben quentarse para que flúan. O prezo generalmente decrece a medida que o número aumenta.Os fueloil Non. 1, fueloil Non. 2 e fueloil Non. 3 chámanse de diferentes formas: fueloil destilado, fueloil diésel, fueloil lixeiros, gasóleo ou simplemente destilados. Por exemplo, o fueloil Non. 2, destilado Non. 2 e fueloil diésel Non. 2 son case o mesmo (diésel é diferente porque ten un índice de cetano o cal describe a calidade de ignición do combustible).Gasóleo fai referencia ao proceso de destilación. O cru quéntase, se gasifica e logo se condensa.

  19. faa-albaaller di:

    Coñecemos como ROV a un pequeno robot submariño que é controlado mediante un ordenador.
    Un ROV simpre sería aquel constituído por unha serie de propulsores horizontais e verticais, unha cámara, unha caixa electrónica, flotadores e un umbilical, encargado de trasportar todos os cables cara a superficie.
    O que coñecemos como un “auténtico ROV” sería moitísimo máis completo que este, dispoñendo de moitos máis elementos dependendo da función para a cal foi destinado. Algúns levan diferentes tipos de cámaras, brazos, e incluso chegan a levar rodas para poder desplazarse no fondo mariño.
    Tamén existen os “ROV observadores” os cales se utilizaron en moitas catástrofes onde os mergulladores non son quen de baixar por mor da auga demasiado turbia. Ademais tamén se utilizaron para diferentes documentais de quenllas e outros.
    O que máis importa dun ROV é manter todo o seu equipo protexido dunha posible intrusión de auga, xa que isto podería deixalo inhabilitado e por iso é moi importante a colocación dos floradores e dos pesos.