Freando o inevitable

A temperatura media en España podería aumentar ata en 5ºC para o ano 2050 ao ritmo actual de emisións de gases de efecto invernadoiro, segundo o informe Cambio Climático en Europa 1950-2050: percepción e impactos, elaborado polo climatólogo e membro do Panel Intergobernamental para o Cambio Climático de Nacións Unidas, Jonathan Gómez Cantero, e presentadas polo partido político Equo.
O voceiro da formación no Parlamento Europeo, Florent Marcellesi, asegurou que a Unión Europea perdeu o liderado na loita contra o quentamento global ao aprobar uns obxectivos que non resultan suficientes para reter o aumento global da temperatura media en 2ºC, tal e como recomendan os científicos. “Véndennos que no cumio de París deste ano se asinará un acordo histórico e o que será histórico serán as emisións no ano 2020, 2025 e 2030, estamos a ir polo peor escenario previsto polos científicos”, dixo Marcellesi.

Segundo o informe asinado por Cantero, o incremento das temperaturas causado polo cambio climático fará que se perdan algúns dos cultivos máis representativos da agricultura española como as oliveiras en Andalucía, os viñedos en La Rioja ou os cítricos en Valencia.

 

 

A formación política non quixo centrar o discurso nos aspectos negativos, senón en propostas concretas para afrontalo e nas oportunidades económicas que brindarían. “O cambio de modelo enerxético é unha necesidade e pode ser moi favorable dende o punto de vista social e de xeración de emprego”, dixo Juantxo López de Uralde, de Equo

Eses aumentos de temperatura xerarán veráns máis longos e invernos máis cálidos nos que a cantidade de nevadas podería reducirse á metade respecto ás cifras actuais. Gómez Cantero explicou que este é un traballo divulgativo co que se pretende transmitir á poboación o reto mundial de loitar contra o cambio climático porque “non loitar contra o quentamento global sae cinco veces máis caro ca tomar medidas para frealo”.

O climatólogo resumiu algunhas das consecuencias directas que tería un incremento de temperaturas en España: cambios na migración das aves debido a uns invernos máis cálidos, perda de cultivos que se secan, incremento dos desastres naturais ou aparición de especies invasoras máis habituais de climas tropicais, entre outras. “Está constatado que a onda de calor que afectou a Francia no verán de 2003 e que matou miles de persoas estivo xerada polos efectos do cambio climático”, dixo Gómez Cantero.

 

 

Segundo Marcellesi, o informe ten que servir para forzar á clase política e que adopte compromisos concretos para “transformar o modelo produtivo cara a un sistema sostible é a única solución para frear o cambio climático”.


Autor: Iván Portas Rivas

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Catastrofes naturais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

49 Responses to Freando o inevitable

  1. fab-antonchaves di:

    As especies invasoras son animais, plantas ou outros organismos, xeralmente transportados e introducidos polo ser humano en lugares, fóra da súa área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na nova rexión, onde resultan daniños.

    Que unha especie invasora resulta daniña, significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, poñendo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas). Debido aos seus impactos nos ecosistemas onde foron introducidas tales especies son consideradas enxeñeiros de ecosistemas.

    A importancia de controlar poboacións de pombas en urbes e zonas rurais

    Os cambios naturais ou causados polos seres humanos nos ecosistemas de todo o planeta redistribuíron as especies vexetais e animais de forma accidental ou voluntaria. Como consecuencia destes cambios certas especies teñen un comportamento invasor na súa localidade natulal ou de introdución, sendo máis susceptibles os hábitats alterados ou degradados. Estas invasións levan asociadas varios problemas:

    A nivel ecolóxico destaca a perda de diversidade autóctona e a degradación dos hábitats invadidos.
    Economicamente son importantes os efectos directos sobre as actividades agropecuarias e a saúde pública.
    Unha vez detectada a invasión, o seu control e erradicación son custosos e non sempre posibles. Identificar os invasores potenciais e evitar o seu establecemento é o mellor camiño para frear un problema que incrementa ao mesmo ritmo que a globalización.

  2. fab-mariangaleano di:

    Denomínanse gases de efecto inveradoiro aos gases cuxa presencia na atmosfera contribúen ao efecto invernadoiro. Os máis importantes están presentes na atmosfera de xeito natural, aínda que a súa concentración pode verse modificada pola actividade humana, pero tamén entran neste concepto algúns gases artificiais, producto da industria. Esos gases contribúen máis ou menos de forma neta ao efecto invernadoiro pola estructura das súas moléculas e, de forma substancial, pola cantidade de moléculas do gas presentes na atmosfera.
    O efecto invernadoiro é o quecemento que se produce cando certos gases da atmosfera da Terra reteñen a calor. Estes gases deixan pasar a luz pero manteñen o calor como as paredes de cristal dun invernadoiro. En primeiro lugar, a luz solar brilla na superficie terrestre, onde é absorbida e , a continuación, volve á atmosfera en forma de calor. Na atmosfera, os gases de efecto invernadoiro reteñen parte deste calor e o resto escápase ao espazo. Cantos máis gases de efecto invernadoiro, máis calor é retido.

  3. faa-rubeniglesias di:

    Os gases de efecto invernadoiro son aqueles presenza na atmosfera contribúen para o efecto invernadoiro. Os máis importantes están presentes na atmosfera de xeito natural, aínda que a súa concentración pode verse modificada pola actividade humana e a industria.
    Os gases implicados son:
    -O vapor de auga: É o que máis contribúe para o efecto invernadoiro debido á absorción dos raios infravermellos.
    -Dióxido de carbono (CO2): Están composto por dous átomos de osíxeno e un de carbono.
    -Metano (CH4): É o hidrocarburo alcano máis sinxelo, cuxa fórmula química é CH4.
    -Óxidos de nitróxeno (NOx): Este termo aplícase a varios compostos químicos binarios gasosos formados pola combinación de osíxeno e nitróxeno. O proceso de formación máis habitual destes compostos inorgánicos é a combustión a altas temperaturas.
    -Ozono (O3): É unha substancia cuxa molécula está composta por tres átomos de osíxeno, formada ao disociarse os 2 átomos que compoñen o gas de osíxeno. Cada átomo de osíxeno liberado únese a outra molécula de osíxeno (O2), formando moléculas de Ozono (O3).
    -Clorofluorocarbonos: Son cada un dos derivados dos hidrocarburos saturados obtidos mediante a substitución de átomos de hidróxeno por átomos de fluor e/ou cloro principalmente.
    Debido á súa alta estabilidade fisicoquímica e a súa nula toxicidade, foron moi usados como gases refrixerantes, axentes extintores e propelentes para aerosois.

  4. faa-sarafalcon di:

    O Cambio Climático é un cambio significativo e duradeiro dos patróns locais ou globais do clima, as causas poden ser naturais, como por exemplo, variacións na enerxía que se recibe do Sol, erupcións volcánicas, circulación oceánica, procesos biolóxicos e outros ou pode ser causada pola influencia antrópica (polas actividades humanas), como por exemplo, a través da emisión de CO2 e outros gases que atrapan calor ou tamén a alteración do uso de grandes extensións de solos que causan, finalmente, un quentamento global. Pero que é o quentamento global?
    O Quentamento Global é un aumento da temperatura da atmósfera terrestre na cal se leva observando dende finais do século XIX. Obsevouse un aumento de aproximadamente 0.8 ºC dende que se realizan medicións confiables, dous tercios deste aumento dende 1980. Hay unha certeza do 90% de que a causa do quentamento é o aumento de gases de efecto invernadoiro que resultan das actividades humanas como a queima de combustibles fósiles (carbón, gasolina, gas natural e petróleo) e a deforestación.

  5. faa-albaaller di:

    O cambio climático é un fenómenos que produce cambios no clima. As súas causas poden ser tanto naturais como artificiais, é dicir, provocadas pola actividade humana.
    Dentro das causas naturais habería que destacar os procesos biolóxicos, as variacións na enerxía procedente do Sol, erupcións volcánicas, etc.
    Dentro das actividades humanas atopamos diversas, como por exemplo, a emisión de dióxido de carbono (CO2) e outros gases que atrapan a calor, e tamén a alteración de grandes extensións de solos que poden chegar a producir o quentamento global.
    O quentamento global consiste no aumento da temperatura da atmófera terrestre. Este é producido principalmente polo aumento dos gases do efecto invernadoiro, gases que atrapan a calor e a gardan na superficie terrestre facendo aumentar así as temperaturas, que proveñen das actividades humanas e principalmente de combustibles como o carbón, a gasolina, o gas natural ou o petróleo. Outro dos factores importantes tamén é a deforestación, porque como xa sabemos as árbores constitúen unha gran fonte de O2 ademais de depurar o aire.

  6. faa-ileniamartinez di:

    O “efecto invernadoiro” é o quentamento que se produce cando certos gases da atmosfera da Terra reteñen a calor. Estes gases deixan pasar a luz pero manteñen a calor como as paredes de cristal dun invernadoiro. En primeiro lugar, a luz solar brilla na superficie terrestre, onde é absorbida e, a continuación, volve á atmosfera en forma de calor. Na atmosfera, os gases de invernadoiro reteñen parte desta calor e o resto escapa ao espazo. Cantos máis gases de invernadoiro, máis calor é retida.
    Os científicos coñecen o efecto invernadoiro dende 1824, cando Joseph Fourier calculou que a Terra sería máis fría se non houbese atmosfera. Este efecto invernadoiro é o que fai que o clima na Terra sexa apto para a vida. Sen el, a superficie da Terra sería uns 60 graos fahrenheits máis fría. En 1895, o químico suízo Svante Arrhenius descubriu que os humanos poderían aumentar o efecto invernadoiro producindo dióxido de carbono, un gas de invernadoiro. Iniciou 100 anos de investigación climática que nos proporcionou unha sofisticada comprensión do quentamento global.
    Os niveis de gases de efecto invernadoiro (GEI) aumentaron e descendido durante a historia da Terra pero foron bastante constantes durante os últimos miles de anos. As temperaturas medias globais mantivéronse bastante constantes tamén durante este período de tempo ata hai pouco. A través da combustión de combustibles fósiles e outras emisións de GEI, os humanos están aumentando o efecto invernadoiro e quentando a Terra. Os científicos a miúdo utilizan o termo “cambio climático” en lugar de quentamento global. Isto é porque, dado que a temperatura media da Terra aumenta, os ventos e as correntes oceánicas moven a calor arredor do globo de modo que poden arrefriar algunhas zonas, quentar outras e cambiar a cantidade de chuvia e de neve que cae. Como resultado, o clima cambia de xeito diferente en diferentes áreas.

  7. faa-ivanlois di:

    Os gases de efecto invernadoiro son gases que se encontran presentes na atmosfera terrestre e que dan lugar ao fenómeno denominado efecto invernadoiro. A súa concentración atmosférica é baixa, pero teñen unha importancia fundamental no aumento da temperatura do aire próximo ao chan, facéndoa permanecer nun rango de valores aptos para a existencia de vida no planeta.

    Os gases de efecto invernadoiro máis importantes son: vapor de auga, dióxido de carbono (CO2) metano (CH4), óxido nitroso (N2O)clorofluorcarbonos (CFC) e ozono (O3).

    O incremento na concentración dos gases de efecto invernadoiro debido a actividades humanas, e a consecuente potenciación do efecto invernadoiro, é unha das causas probables do aumento de 0.6°C da temperatura media global observado no período 1910 – 1995.

    Dado que aínda non se coñecen mecanismos dentro do sistema Terra-atmosfera, que contrarresten o efecto de quentamento asociado ao aumento da concentración dos gases de efecto invernadoiro, é importante establecer controis sobre as emisións antropoxénicas destes gases e a busca de substancias alternativas que permitan a súa substitución nalgunhas actividades.

  8. faa-iagopadin di:

    A migración das aves consiste nas viaxes estacionais regulares realizadas por moitas especies de aves. Ademais da migración, as aves realizan outros movementos en resposta a cambios na dispoñibilidade de alimentos, de hábitat ou climáticos, que adoitan ser irregulares ou só nunha dirección e reciben diversas denominacións como nomadismo, invasións, dispersións ou irrupcións. A migración está marcada pola súa estacionalidade anual. En contraste, as aves que non son migratorias son chamadas aves residentes.
    Moitas aves terrestres migran longas distancias e os patróns máis comúns involucran o voo ao norte para reproducirse nos veráns en áreas mornas ou árticas e o retorno ás áreas de invernada en rexións máis cálidas do sur.
    A vantaxe primaria da migración é enerxética. Os días máis longos do verán no norte provén maiores oportunidades ás aves en reprodución de alimentar os seus pitos. A extensión das horas do día permítelles ás aves diúrnas producir niñadas máis grandes que as especies emparentadas non migratorias que permanecen nos trópicos todo o ano. A medida que os días se acurtan en outono, as aves regresan ás rexións cálidas onde a subministración de alimento dispoñible varía pouco coa estación. Estas vantaxes son superiores aos riscos do elevado estrés, o custo enerxético e outros riscos da migración. Ademais, a depredación pode incrementarse durante a migración.

  9. faa-emiliolumbres di:

    Son gases que atópanse presentes na atmósfera terrestre e dan lugar ao fenómeno denominado efecto invernadoiro. A súa concentración é baixa, pero teñen unha importancia fundamental no aumento da temperatura do aire próximo ao chan, facéndoa permanecer nun rango de valores aptos para a existencia de vida no planeta.
    Os gases de invenadoiro máis importantes son: vapor de auga, dioxido de carbono (CH2), metano (CH4), óxido nitroso (N2O), clorofluorcarbonos (CFC) e ozono (O3)
    Ademais existe na atmosfera unha serie de gases de efecto invernadoiro totalmente producidos polo home, como os halocarbonos e outras substancias que conteñen cloro e bromuro. Ademais do CO2, N2O, e CH4, o Protocolo de Kioto ( é un protocolo da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, e un acordo internacional que ten por obxectivo reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro) aborda os gases de efecto invernadoiro, como o hexafluoruro de azufre (SF6), e os hidrofluorocarbonos (HFC), e os perfluorocarbonos (PFC)

  10. faa-ariadnavazquez di:

    Os gases que, por decilo dalgunha maneira, encerran a calor na atmosfera son chamados gases de efecto invernadoiro. Os principais gases de efecto invernadoiro son os seguintes:
    O dióxido de carbono (CO2): O dióxido de carbono entra na atmosfera a través da queima de combustibles fósiles , de residuos sólidos, árbores e produtos de feitos de madeira. Ademáis tamén entra como resultado de determinadas reaccións químicas. O dióxido de carbono é eliminado da atmosfera cando é absorbido polas plantas como parte do ciclo do carbono biolóxica.
    O metano (CH4): O metano é emitido durante a produción e transporte de carbón, gas natural e petróleo. As emisións de metano tamén poden vir do gando e outras prácticas agrícolas.
    O óxido nitroso (N2O): O óxido nitroso é emitido durante actividades agrícolas e industriais, así como durante a combustión de combustibles fósiles e de residuos sólidos.
    Gases fluorados: hidrofluorocarbonetos, perfluorocarbonetos… son gases de efecto invernadoiro que son emitidos a partir dunha variedade de procesos industriais.
    O efecto destes gases sobre o cambio climático depende de moitos factores. Actualmente, o principal problema ven porque canto máis altas son as emisións destes gases á atmósfera maior é a concentración destes e polo tanto, isto da lugar ao gran problema actual do efecto invernadoiro.

  11. faa-javiergonzalez di:

    O “efecto invernadoiro” é o quentamento que se produce cando certos gases da atmosfera da Terra reteñen a calor. Estes gases deixan pasar a luz pero manteñen a calor como as paredes de cristal dun invernadoiro.

    En primeiro lugar, a luz solar brilla na superficie terrestre, onde é absorbida e, a continuación, volve á atmosfera en forma de calor. Na atmosfera, os gases de invernadoiro reteñen parte desta calor e o resto escapa ao espazo. Cantos máis gases de invernadoiro, máis calor é retida.

    Os científicos coñecen o efecto invernadoiro dende 1824, cando Joseph Fourier calculou que a Terra sería máis fría se non houbese atmosfera. Este efecto invernadoiro é o que fai que o clima na Terra sexa apto para a vida. Sen el, a superficie da Terra sería uns 60 graos fahrenheits máis fría. En 1895, o químico suízo Svante Arrhenius descubriu que os humanos poderían aumentar o efecto invernadoiro producindo dióxido de carbono, un gas de invernadoiro. Iniciou 100 anos de investigación climática que nos proporcionou unha sofisticada comprensión do quentamento global.

  12. faa-laurachaves di:

    Equo, abreviado en ocasións como Q, é un partido político español ecoloxista e ecosocialista creado en 2011. Dende maio de 2013 forma parte do Partido Verde Europeo, que lle mostrara o seu apoio dende os seus inicios.

    Os seus principais responsables políticos son Juan López de Uraldee Rosa Martínez. No Parlamento Europeo, dentro da coalición Primavera Europea, ten un eurodeputado, Jordi Sebastià.
    O proxecto foi presentado o 24 de setembro de 2010 por Juan López de Uralde, en Madrid co obxectivo de promover a converxencia do movemento verde español cara a un partido político a semellanza doutros partidos do ámbito europeo. Constituíuse en fundación, coa denominación Fundación Equo e co obxectivo de ser un “núcleo de formación e debate sobre ecoloxía política e equidade social e a formación dun movemento sociopolítico”.
    O ideario de Equo baséase en dous piares: a ecoloxía política e a equidade social. Equo defínese como un partido político pertencente á esquerda verde e á ecoloxía política. Asimismo, a súa ideoloxía organizativa se fundamenta na horizontalidade, posto que todos os debates internos e todas as decisións internas están abertos a toda a equomunidad (afiliados e simpatizantes de Equo), que participa tanto en reunións presenciais como a través de Internet.

  13. faa-manuelvilas di:

    O clima tropical é un tipo de clima habitual da zona intertropical, nunha banda que rodea ao Ecuador desde os 23º latitud norte ata os 23º latitud sur. A clasificación ampliamente recoñecida de Wladimir Peter Köppen defíneo como clima non árido no que os doce meses teñen temperaturas medias superiores aos 18 °C. Outros autores defíneno como o clima que posúe determinado punto do planeta onde xamais se producen xeadas,é dicir, nunca descende a temperatura por baixo dos 0 °C, sen importar si é árido ou húmido.

    O clima tropical débese ao ángulo de incidencia da radiación solar que se produce nestas rexións (case perpendicular ao chan todo o ano). Isto fai que a temperatura sexa alta e que as variacións diurnas sexan tamén moi altas. Ante isto o fluxo de evaporación desde o chan tamén é alto polo que a humidade adoita ser alta. A isto engádeselle que o ecuador é a rexión terrestre onde se atopan os ventos fríos dun hemisferio (que está no inverno-outono) cos do seu oposto, que serán máis cálidos (por estar no verán-primavera), o cal produce un estado de baixas presións constantes chamado zona de convergencia intertropical o que produce precipitacións constantes e intensas durante a maior parte do ano.

  14. fab-mariblanco di:

    Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home no medio ambiente.

    O termo acostuma usarse, de forma pouco apropiada, para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quecemento global. O UNFCC (United Nations Framework Convention on Climate Change) usa o termo cambio climático só para referirse ó cambio por causas humanas. Ó producido por causas naturais denominano variabilidade climática. Nalgúns casos, para referirse ó cambio de orixe humana úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico.

    Esquema ilustrativo dos principais factores que provocan os cambios climáticos da Terra. A actividade industrial e as variacións da actividade solar encóntranse entre os máis importantes.
    O día 12 de decembro de 2009 celebrarase o Día de acción global contra o cambio climático.

    O clima é unha media, a unha escala de tempo dada, do tempo atmosférico. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos; consecuentemente, cambios nestes fenómenos provocan cambios climáticos. Un cambio na emisión do Sol, na composición da atmosfera, na disposición dos continentes, nas correntes mariñas ou na órbita da Terra pode modificar a distribución de enerxía e o balance radiativo terrestre, alterando así profundamente o clima planetario. Estas influencias pódense clasificar en externas e internas á Terra. As externas tamén reciben o nome de forzamentos dado que normalmente actúan de forma sistemática sobre o clima, inda que tamén os hai aleatorios como é o caso dos impactos de meteoritos. A influencia humana sobre o clima en moitos casos considérase forzamento externo xa que a súa influencia é máis sistemática ca caótica, pero tamén é certo que o homo sapiens pertence á propia biosfera terrestre podéndose considerar tamén como internas segundo o criterio que se use. Nas causas internas encontramos unha maioría de factores non sistemáticos ou caóticos. É neste grupo onde se encontran os factores amplificadores e moderadores que actúan en resposta ós cambios introducindo unha variable máis ó problema xa que non só hai que ter en conta os factores que actúan senón tamén as respostas que ditas modificacións poden supor. Por todo iso ó clima é considerado un sistema complexo en toda regra. Segundo qué tipo de factores dominen a variación do clima será sistemática ou caótica. Disto depende a escala de tempo e que se observe a variación xa que poden quedar patróns regulares de baixa frecuencia ocultos en variacións caóticas de alta frecuencia e viceversa.

  15. faa-carmenvilanova di:

    No artigo dise que unha das consecuencias que podería ter o incremento de temperaturas en España sería a aparición de especies invasoras máis habituais de climas tropicais.
    O clima tropical é un tipo de clima habitual da zona intertropical, nunha banda que rodea ao Ecuador dende os 23º latitude norte ata os 23º latitude sur. A clasificación amplamente recoñecida de Wladimir Peter Köppen defíneo como clima non árido no que os doce meses teñen temperaturas medias superiores aos 18 °C. Outros autores defíneno como o clima que posúe determinado punto do planeta onde xamais se producen heladas, é dicir, nunca descende a temperatura por debaixo dos 0 °C, sen importar se é árido ou húmido.
    A rexión tropical da Terra foi definida xeralmente como aquela situada entre o trópico de Cancro e o trópico de Capricornio, ampliada ata a zona de afección das altas presións subtropicais, situada sobre os 30-35º N e S. Se ben algúns autores separan o clima ecuatorial situado entre os 3º N e S do ecuador, é común incluílo como un subtipo do ecuatorial.
    Propio deste clima son os monzóns. Os monzóns son unha reversión dos ventos estacionais que se producen nas rexións tropicais, aínda que o seu nome proveña da India onde se producen con máis intensidade. Os monzóns na India xeran períodos de chuvias ou épocas de secas segundo o sentido que dirixan, e estes débense aos efectos do clima tropical.

  16. fab-sabelafernandez di:

    O clima tropical é un tipo de clima habitual da zona intertropical, nunha banda que rodea ao Ecuador dende os 23º latitude norte ata os 23º latitude sur. A clasificación amplamente recoñecida defíneo como clima non árido no que os doce meses teñen temperaturas medias superiores aos 18 °C.
    O clima tropical débese ao ángulo de incidencia da radiación solar que se produce nestas rexións (case perpendicular ao chan todo o ano). Isto fai que a temperatura sexa alta e que as variacións diúrnas sexan tamén moi altas. Ante isto o fluxo de evaporación dende o chan tamén é alto polo que a humidade adoita ser alta. A isto engádeselle que o ecuador é a rexión terrestre onde se encontran os ventos fríos dun hemisferio (que está en inverno-outono) cos do seu oposto, que serán máis cálidos (por estar en verán-primavera), o cal produce un estado de baixas presións constantes chamado zona de converxencia intertropical o que produce precipitacións constantes e intensas durante a maior parte do ano.

  17. faa-martinbaulde di:

    A vida na Terra depende da enerxía que recibe do Sol, preto da metade da luz que chega á atmosfera terrestre pasa a través do aire e as nubes para chegar á superficie onde se absorbe e logo é irradiado novamente en forma de calor (ondas infravermellas). Desta calor o 90% é absorbido polos gases de efecto invernadoiro.Os principais gases de efecto invernadoiro son:
    O vapor de auga: a maior temperatura da atmosfera, máis vapor, máis nubes e máis precipitacións.
    Dióxido de carbono (CO2): Libérase en procesos naturais como a respiración e en erupcións volcánicas e a través de actividades humanas como a deforestación, cambio no uso de chans e a queima de combustibles fósiles
    Metano, un gas hidrocarburo que ten orixe natural e resultado de actividades humanas, que inclúen a descomposición de recheos sanitarios, a agricultura…
    Óxido nitroso, gas invernadoiro moi poderoso que se produce principalmente a través do uso de fertilizantes comerciais e orgánicos, a queima de combustibles fósiles…
    Os Clorofluorocarbones (CFCs), son compostos sintéticos de orixe industrial que se utilizou en varias aplicacións.

  18. fab-miguelleiro di:

    Ano a ano, a temperatura do noso planeta ascende sen obstáculos grazas ao esforzo que os grandes gobernos están a facer para solucionalo.
    Saber que a temperatura en España podería ascender 5º C en 2050, é realmente preocupante. As consecuencias serían devastadoras. Grandes zonas desérticas ocuparían a gran parte da península, onde a vexetación morrería por falta de auga. Os grande gobernos deben optar polas enerxías renovables en tre outras cousas, para frear esta gran ameaza ao planeta. Logo está a subida do nivel do mar, que sería unha consecuencia grave na maior parte da costa peninsular. O cambio debe realizarse xa, antes de que sexa irreversible. Espérase que nos seguintes cumios se redacten diversos tratados e medidas contra o cambio climático.
    Non nos decatamos, pero nós mesmos, o ser humano, está destruíndo aquilo que nos da a vida e a existencia; o noso planeta.

  19. faa-sarafalcon di:

    A migración das aves consiste nas viaxes estacionais regulares realizadas por moitas especies de aves. Ademais da migración, as aves realizan outros movementos en resposta a cambios na dispoñibilidade de alimentos, de hábitat ou climáticos, que adoitan ser irregulares ou só nunha dirección e reciben diversas denominacións como nomadismo, invasións, dispersións ou irrupcións. A migración está marcada pola súa estacionalidade anual.
    Os cambios climáticos en grande escala esperase que teñan un efecto sobre a cronodeterminación da migración, e os estudos mostraron unha variedade de efectos incluídos os cambios cronolóxicos na migración, na estación de cría, así como nas declinacións de poboacións

  20. faa-albarodriguez di:

    Denomínase efecto invernadoiro ao fenómeno polo cal determinados gases, que son compoñentes da atmosfera planetaria, reteñen parte da enerxía que o chan emite por ser quentado pola radiación solar. Afecta a todos os corpos planetarios dotados de atmosfera. De acordo coa maioría da comunidade científica, o efecto invernadoiro estase a ver acentuado na Terra pola emisión de certos gases, como o dióxido de carbono e o metano, debido á actividade humana.
    Este fenómeno evita que a enerxía solar recibida constantemente pola Terra volva inmediatamente ao espazo, producindo a escala mundial un efecto similar ao observado nun invernadoiro.

  21. faa-carmenvilanova di:

    Neste artigo pódese ler que a onda de calor que afectou a Francia no verán de 2003 e que matou miles de persoas estivo xerada polos efectos do cambio climático.
    O verán boreal de 2003 caracterizouse por unha onda de calor en Europa, cuxa duración e intensidade, reflectiron os valores alcanzados noutras ondas xeradas no s. XIX e no s. XX.
    As consecuencias foron dramáticas nos ecosistemas, na poboación e as infraestruturas, pero nalgúns países, como é o caso de Francia tiveron lugar importantes crises políticas relacionadas coa resposta aos danos ocasionados polas altas temperaturas.
    Como é habitual, os países do sur (España, Italia e Portugal) foron os que rexistraron as temperaturas máis altas. No Alentejo, ao sur de Portugal, alcanzáronse os 47,3 °C o 1 de agosto. Ese mesmo día batéronse os rexistros de temperatura máxima en Denia con 47,8 °C, Badaxoz con 45 °C e en Xerez da Fronteira con 45,1 °C. Sevilla alcanzou 45,2 °C e Córdoba 46,2 °C. As temperaturas máximas foron excepcionalmente altas, e tamén as mínimas, nalgúns casos superiores aos 24 °C. As temperaturas altas prolongáronse durante toda a primeira quincena de agosto alcanzándose rexistros en Toledo e Ourense (42,0 °C), Bilbao (41,9 °C), Murcia (41,8 °C), Ciudad Real (41,6º C), Xirona, Granada e Xaén (41,2 °C), Pontevedra (38,2 °C), Barcelona (37,3 °C) e superándose os 40 °C a diario nunha boa parte da península Ibérica.
    En Francia, as temperaturas e a duración da onda de calor foron as máis importantes dende 1950 (no s. XIX houbo moito máis importantes). Segundo Météo-France, rexistráronse temperaturas superiores aos 35 °C en dous terzos das estacións meteorolóxicas, e temperaturas superiores aos 40 °C no 15% das cidades. En París alcanzáronse os 39,8 °C durante o día, e a temperatura nocturna marca de 25,5 °C na noite entre o 10 e o 11 de agosto.

  22. faa-ariadnavazquez di:

    As aves migran para desprazarse de áreas con recursos baixas ou decrecentes para as áreas de recursos elevados ou crecentes. Os recursos principais, é dicir, os buscados polas aves migratorias son o alimento e lugares para facer o seu niño. As aves que fai o seu niño no hemisferio norte adoitan emigrar cara ao norte na primavera para aproveitar as poboacións de insectos, plantas de brotamento e unha abundancia de lugares de nidificación. Coa aproximación do inverno, e pola dispoñibilidade de insectos e outros recursos alimentarios, as aves volven de novo cara o sur. A maioría da xente pensa que as aves desprázanse só para escapar do frío, pero moitas especies, inclíundo os carrizos, poden resistir se queren a temperaturas de conxelación, mentres teñan un sumplemento adecuado de alimentos dispoñible. O termo migración úsase para describir movementos de poboacións de aves (ou doutros animais). Unha forma de clasificar a migración é a de considerar as distancias percorrida:
    – Migracións de pouca distancia: desprázanse só a unha curta distancia.
    – Migracións de mediadistancia: Algunhas especies poden cubrir distancias que van dende un a varios estados.
    – Migracións de longa distancia: Paxaros que normalmente teñen pistas que se estenden desde os Estados Unidos desprázanse no verán a México e ao sur no inverno.
    O nivel de migración pode variar dentro de cada categoría, pero é máis variable nas migracións curta e media distancia.

  23. faa-laurachaves di:

    As aves migradoras presentan unhas áreas ou cuarteis de cría en primavera-verán onde se reproducen e unhas áreas de invernada onde pasan o inverno. Aos desprazamentos que se producen entre ambas as dúas denomínaselles movementos ou viaxes migratorias. Os movementos realizados a final de inverno ou principios de primavera entre a área de invernada e a de cría coñecémolos como migración primaveral ou prenupcial, e os realizados a final do verán ou principios do outono como migración posnupcial ou outonal. Estes percorridos marcan unha traxectoria que chamamos ruta migratoria.

    É un fenómeno moi común na natureza e de feito hai moitas especies de bolboretas, peixes, morcegos ou tartarugas que son migradoras. Non obstante, no caso das aves o medio aéreo empregado, a capacidade de voar e as grandes distancias percorridas por moitas especies fan que neste grupo estea particularmente ben representado. Mentres que os migradores de curta distancia poden simplemente abandonar as áreas montañosas para buscar invernos máis benignos en zonas máis baixas, os de longa distancia percorren a miúdo decenas de miles de quilómetros sorteando toda clase de barreiras físicas (como montañas), ecolóxicas (como desertos) ou meteorolóxicas (tormentas, ventos en contra, etc.). Ademais, dentro dunha mesma especie pode haber distinto comportamento migrador entre individuos dependendo por exemplo da idade, o sexo ou a poboación de orixe.

  24. fab-miguelpineiro di:

    Os gases de efecto invernadoiro son aqueles presenza na atmosfera contribúen para o efecto invernadoiro. Os máis importantes están presentes na atmosfera de xeito natural, aínda que a súa concentración pode verse modificada pola actividade humana e a industria.
    Os gases implicados son:
    -O vapor de auga: É o que máis contribúe para o efecto invernadoiro debido á absorción dos raios infravermellos.
    -Dióxido de carbono (CO2): Están composto por dous átomos de osíxeno e un de carbono.
    -Metano (CH4): É o hidrocarburo alcano máis sinxelo, cuxa fórmula química é CH4.
    -Óxidos de nitróxeno (NOx): Este termo aplícase a varios compostos químicos binarios gasosos formados pola combinación de osíxeno e nitróxeno. O proceso de formación máis habitual destes compostos inorgánicos é a combustión a altas temperaturas.
    -Ozono (O3): É unha substancia cuxa molécula está composta por tres átomos de osíxeno, formada ao disociarse os 2 átomos que compoñen o gas de osíxeno. Cada átomo de osíxeno liberado únese a outra molécula de osíxeno (O2), formando moléculas de Ozono (O3).
    -Clorofluorocarbonos: Son cada un dos derivados dos hidrocarburos saturados obtidos mediante a substitución de átomos de hidróxeno por átomos de fluor e/ou cloro principalmente.
    Debido á súa alta estabilidade fisicoquímica e a súa nula toxicidade, foron moi usados como gases refrixerantes, axentes extintores e propelentes para aerosois.

  25. faa-ivanlois di:

    O termo Quentamento Global refírese ao aumento gradual das temperaturas da atmosfera e océanos da Terra que se detectou na actualidade, ademais do seu continuo aumento que se proxecta cara o futuro.

    Ninguén pon en dúbida o aumento da temperatura global, o que aínda xera controversia é a fonte e razón deste aumento da temperatura. Aínda así, a maior parte da comunidade científica asegura que hai máis que un 90% de certeza de que o aumento se debe as concentracións de gases de efecto invernadoiro polas actividades humanas que inclúen deforestación e a queima de combustibles fósiles como o petróleo e o carbón. Estas conclusións son avaladas polas academias de ciencia da maioría dos países industrializados.

    Un aumento da temperatura global dará lugar a cambios como xa se están a observar a nivel mundial, podemos enumerar:

    -Aumento dos niveis do mar
    -Cambios no patrón e cantidade de precipitacións
    -Expansión dos desertos subtropicais

    O aumento da temperatura espérase que será maior nos polos, en especial no Ártico e observarase un retroceso dos glaciares, xeos permanentes e xeo nos mares.

  26. faa-tamaraparracho di:

    Denomínanse gases de efecto invernadero (GEI) aos gases cuxa presencia na atmosfera contribúen ao efecto invernadoiro, ben pola estrutura das súas moléculas ou ben pola cantidade de moléculas do gas presentes na atmosfera.
    Os gases que se inclúen neste concepto son:
    – Vapor de auga: gas que se obtén por evaporación ou ebullición da agua líquida ou por sublimación do xeo. É o que máis contribúe ao efecto invernadoiro debido á absorción dos raios infravermellos.
    – Dióxido de carbono (CO2): A porcentaxe de dióxido de carbono na atmosfera está aumentando progresivamente dende o inicio da revolución industrial (a mediados do século XVIII era do 0,0289 %, a mediados do século XX do 0,03 % e a finais do mesmo século, do 0,035 %), constituíndo un importante contaminante atmosférico.
    – Metano (CH4): Encóntrase no gas natural, no gas grisú das minas de carbón e nos procesos das refinerías de petróleo. É un gas de efecto invernadoiro relativamente potente que podería contribuír ao quentamento global da Terra, pois ten un potencial de quentamento global de 23, mais a súa concentración é baixísima.
    – Óxidos de nitróxeno (NOx): este termo aplícase a varios compostos químicos binarios gaseosos formados pola combinación de osíxeno e nitróxeno.
    – Ozono (O3): sustancia composta por tres átomos de oxígeno. Cando cada átomo de oxígeno liberado dunha molécula de O2 se une a outra molécula de oxígeno (O2), formánse as moléculas de Ozono (O3).
    – Clorofluorocarbonos (CFC): derivados dos hidrocarburos saturados obtidos mediante a substitución de átomos de hidróxeno por átomos de flúor e cloro, principalmente.
    Debido á súa alta estabilidade fisicoquímica e a súa nula toxicidade, foron oi usados como gases refrixerantes, axentes extintores e propelentes para aerosoles.

  27. faa-albaaller di:

    Coñecemos co nome de gases de efecto invernadoiro a aqueles que contribúen ao efecto invernaoiro da atmosfera terrestre, ben pola cantidade na que se atopan ou ben pola estrutura das súas moléculas. Algúns gases de efecto invernadoiro son os seguintes:
    -Vapor de auga
    Un gas que se obten mediante evaporación ou ebullición de auga líquida e tamén por sublimación do xeo. É o principal causante do efecto invernadoiro pola absorción dos raios infravermellos.
    -Dióxido de carbono (CO2)
    Constitúe un gran contaminante atmosférico xa que dende a revolución industrial o seu porcentaxe foi aumentando considerablemente.
    -Metano (CH4)
    Atopámolo no gas natural, nas minas de carbón e nos procesos do petróleo. É un gas moi potente que podería ser causante dun gran quentamento global, máis a súa porcentaxe na nosa atmosfera é ínfima.
    -Óxidos de nitróxeno: varios compostos de osíxeno e nitróxeno reciben este nome.
    -Ozono (O3): formado pola unión dunha molécula de (O2) cun átomo de (O).
    Clorofluorocarbonos: derivados de hidrocarburos, obtidos pola substitución dos átomos de hidróxeno polos átomos que lle dan o nome a estos compostos. Foron moi usados para os aerosois e outros productos.

  28. fab-raquelpan di:

    Os Gases de Efecto Invernadero
    depende da enerxía que recibe do Sol, cerca a metade da luz que chega a atmósfera terrestre pasa a través do aire e as nubes para chegar a superficie donde se absorbe e logo e irradiado novamente en forma de calor (ondas inflaroxas). De este calor o 90% e absorbido polos gases de efecto invernadero e devolta hacia a superficie que a axuda a temperar hasta unha temperatura promedio de 15 grados Celcius perfecto para a vida, coñecese como Efecto Invernadero.
    Os gases de efecto invernadero principales son:
    O vapor de agua, o máis abundante e funciona como un gas que actúa na retroalimentación do clima, a maior temperatura da atmósfera, máis vapor, máis nubes e máis precipitacions.
    Dióxido de carbono (CO2), un compoñente menor, pero moi importante na atmósfera.
    Metano, un gas hidrocarburo que ten orixen natural e resultado de actividades humanas, que incluen a descomposición de rellenos sanitarios, agricultura , na dixestión de rumiantes e o manexo de desfeitos de ganado e animales de producción.
    Óxido nitroso, gas invernadero moi poderoso que se produce principalmente a través do uso de fertilizantes comerciales e orgánicos, a queima de combustibles fósiles, a producción de ácido nítrico e a quema de biomasa.
    Os Clorofluorocarbones (CFCs), son compostos sintéticos de orixen industrial que foron utilizados en varias aplicacions, ahora ampliamente regulados na sua producción e liberación a atmósfera para evitar a destrucción da capa de ozono.

  29. faa-emiliolumbres di:

    O quentamento global é o incremento continuo da temperatura promedio global: específicamente a temperatura da atmosfera e dos mares, sen embargo, isto non quere dicir que todos os lugares faranse máis calurosos.
    O incremento da temperatura global causa cambios nos patróns de clima, por iso, algúns lugares poden experimentar sequías mentras outros inúndanse, os lugares fríos volvense máis cálidos e nalgúns casos os lugares calurosos fanse máis frescos. Por iso, tamén úsase o termo “cambio climático” para falar do quentamento global, ambos termos refírense ao mesmo.

  30. Rita Lage di:

    Os cambios naturais son causados polos seres humanos nos ecosistemas de todo o planeta redistribuíron as especies vexetais e animais de forma accidental ou voluntaria. Como consecuencia destes cambios certas especies teñen un comportamento invasor na súa localidade natulal ou de introdución, sendo máis susceptibles os hábitats alterados ou degradados. Estas invasións levan asociadas varios problemas:
    A nivel ecolóxico destaca a perda de diversidade autóctona e a degradación dos hábitats invadidos.
    Economicamente son importantes os efectos directos sobre as actividades agropecuarias e a saúde pública.
    Unha vez detectada a invasión, o seu control e erradicación son custosos e non sempre posibles. Identificar os invasores potenciais e evitar o seu establecemento é o mellor camiño para frear un problema que incrementa ao mesmo ritmo que a globalización.

  31. faa-miriantrigo di:

    O clima tropical é o que teñen as zonas do planeta situadas entre os trópicos. Caracterízanse por ter temperaturas elevadas e pola pouca diferenza delas ao largo das estacións os ano, é dicir, non ten una verdadeiras estación fría de inverno.
    Respecto á chuvia, diferéncianse dúas estacións: una estación de chuvias e outra seca. A estación chuviosa é xeralmente en no verán e a seca no inverno. O paso brusco da estación seca á húmida e viceversa, e tamén una das características principais deste tipo de clima.
    Este clima predomina en América Central e do Sur, mentres que en América do Norte só na parte situada máis cara o Sur. En Australia, predomina na parte Noreste, mentres que en África se expande por unha ampla de Norte a Sur.
    A vexetación que predomina neste clima é a selva, que cando diminúen as chuvias, dá lugar á sabana herbácea con arbustos e bosques intercalados.

  32. faa-iagopadin di:

    O Clima Tropical é propio das rexións tropicais. As súas temperaturas medias mensuais son elevadas e bastante uniformes ao longo do ano, sendo a media anual superior aos 20º C. O réxime térmico varía entre 3 e 10º C e é maior no interior e menor nas áreas costeiras. As precipitacións oscilan entre os 400 e os 1.000 mm anuais, aínda que a variedade de clima monzónico alcanza valores moi superiores.
    Neste clima, alternanse as estacións secas e chuviosas. En función da distribución estacional das precipitacións e da cantidade distínguense as variedades seguintes: sudanés (precipitacións entre 750 e 1.100 mm e tres estacións, unha seca e fresca, outra seca e calorosa, e outra chuviosa), subecuatorial (unha estación seca e outra chuviosa), saheliense (precipitacións entre 400 e 750 mm, cunha longa estación seca) e monzónico (estación chuviosa de grande intensidade que alterna con outra seca).

  33. faa-emiliolumbres di:

    O clima tropical caracterízase por presentar unha temperatura media de 18 grados centígrados, cunha oscilación térmica reducida ao longo do año. Por iso, sole dicirse que en zonas tropicais non existe o inverno, xa que o frío intenso non se rexistra e nunca se producen xeadas ou nevadas.
    Os bosques da zona intertropical, por outra parte, coñecense como bosques tropicais. Cando o bosque tropical é moi chuvioso, denomínase como selva tropical.
    A rexión tropical da Terra foi definida xeralmente como aquela situada entre o trópico de Cáncer e o trópico de Capricornio.

  34. fab-nereaporta di:

    O quecemento global é un incremento no tempo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do quecemento global postula que a temperatura se elevou desde finais do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.
    A denominación “quecemento global” xeralmente implica a actividade humana. Unha denominación máis neutral,cambio climático, utilízase normalmente para designar calquera cambio no clima, sen entrar en discusións sobre a súa causa. En cambio para indicar a existencia de influencia humana, ás veces se emprega o termo cambio climático antropoxénico.
    Frecuentemente a discusión se centra na temperatura, pero o quecemento global ou calquera tipo de cambio climático implican cambios noutras variables: as precipitaciónsglobais e os seus patróns, a cobertura de nubes e todos os demais elementos do noso sistema atmosférico veránse afectados pola diminución da emisión de radiación infravermella cara ó espazo, debido ós cambios nas concentracións de gases de efecto invernadoiro no ambiente.

  35. faa-carmenvilanova di:

    A migración das aves consiste nas viaxes estacionais regulares realizadas por moitas especies de aves. Ademais da migración, as aves realizan outros movementos en resposta a cambios na dispoñibilidade de alimentos, de hábitat ou climáticos, que adoitan ser irregulares ou só nunha dirección e reciben diversas denominacións como nomadismo, invasións, dispersións ou irrupcións. A migración está marcada pola súa estacionalidade anual. En contraste, as aves que non son migratorias son chamadas aves residentes.
    Moitas aves terrestres migran longas distancias. Os patróns máis comúns involucran o voo ao norte para reproducirse nos veráns en áreas mornas ou árticas e o retorno ás áreas de invernada en rexións máis cálidas do sur.
    A vantaxe primaria da migración é enerxética. Os días máis longos do verán no norte provén maiores oportunidades ás aves en reprodución de alimentar os seus pitos. A extensión das horas do día permítelles ás aves diúrnas producir niñadas máis grandes que as especies emparentadas non migratorias que permanecen nos trópicos todo o ano. A medida que os días se acurtan en outono, as aves regresan ás rexións cálidas onde a subministración de alimento dispoñible varía pouco coa estación.
    Estas vantaxes son superiores aos riscos do elevado estrés, o custo enerxético e outros riscos da migración. A depredación pode incrementarse durante a migración. O falcón de Eleonora (Falco eleonorae), que cría nas illas do Mediterráneo, ten unha tempada de cría moi atrasada, coordinada co paso outonal dos paxaros que migran ao sur, cos que alimenta os seus pitos. Unha estratexia similar é adoptada polo morcego Nyctalus lasiopterus, que se alimenta de paxaros migratorios. As maiores concentracións de aves emigrantes en sitios de parada transitoria tamén os fan susceptibles de parasitos e patóxenos, requirindo unha resposta inmune máis elevada.

  36. fab-alexcosta di:

    Coñecemos co nome de gases de efecto invernadoiro a aqueles que contribúen ao efecto invernaoiro da atmosfera terrestre, ben pola cantidade na que se atopan ou ben pola estrutura das súas moléculas. Algúns gases de efecto invernadoiro son os seguintes:
    -Vapor de auga
    Un gas que se obten mediante evaporación ou ebullición de auga líquida e tamén por sublimación do xeo. É o principal causante do efecto invernadoiro pola absorción dos raios infravermellos.
    -Dióxido de carbono (CO2)
    Constitúe un gran contaminante atmosférico xa que dende a revolución industrial o seu porcentaxe foi aumentando considerablemente.
    -Metano (CH4)
    Atopámolo no gas natural, nas minas de carbón e nos procesos do petróleo. É un gas moi potente que podería ser causante dun gran quentamento global, máis a súa porcentaxe na nosa atmosfera é ínfima.
    -Óxidos de nitróxeno: varios compostos de osíxeno e nitróxeno reciben este nome.
    -Ozono (O3): formado pola unión dunha molécula de (O2) cun átomo de (O).
    Clorofluorocarbonos: derivados de hidrocarburos, obtidos pola substitución dos átomos de hidróxeno polos átomos que lle dan o nome a estos compostos. Foron moi usados para os aerosois e outros productos.

  37. faa-tamaraparracho di:

    Equo (abreviado en ocasións como Q) é un partido político español ecoloxista e ecosocialista creado en 2011. Dende maio de 2013 forma parte do Partido Verde Europeo, o cal lle mostrou o seu apoio dende o seus inicios.
    O seus principais responsables políticos son Juan López de Uralde e Rosa Martínez, coportavoces.
    O ideario de Equo baséase en dous pilares, a ecoloxía política e a equidade social, de feito, trátase dun partido político pertencente á esquerda verde e á ecoloxía política. Así, a súa ideoloxía organizativa fundaméntase na horizontalidade, posto que todos os debates internos e todas as decisións internas están abertas a toda a equomunidade (afiliados e simpatizantes de Equo), que participa tanto en reunións presenciais como a través de Internet.
    Dende o propio Equo, defínense como un novo partido político cuxos sinais de identidade son a defensa da sustentabilidade, a democracia participativa, a xustiza social, a equidade e os Dereitos Humanos.
    Traballan, afirman, para a formación dun amplo movemento sociopolítico que promova solucións viables aos grandes desafíos do noso tempo e para ofrecer un cauce de participación política para todos aqueles que non se resignan a contemplar pasivamente a actual situación. Trátase dunha formación capaz de dar una resposta de forma participativa ás demandas cidadás e que, fronte aos partidos tradicionais, propón recuperar o sentido da política como un instrumento de transformación e xestión colectiva.

  38. faa-albaaller di:

    A migración que fan a maioría das aves consiste en realizar viaxes estacionais regulares. Esta non se confunde con outros movementos que realizan as aves porque esta marcada nunha determinada estación do ano.
    As migracións máis comúns implican un voo ao norte para reproducirse no verán en lugares cálidos e o retorno cara o sur cando chega o inverno no hemisferio norte.
    A realización destas é principalmente de vantaxe enerxética, posto que os días longos no verán traen consigo máis oportunidades de alimentar os pitos e tamén realizar niñadas máis grandes.
    En canto aos factores de desvantaxe hai que destacar que aumenta a depredación, posto que moitos depredadores se aproveitan destes movementos de grandes concentracións de aves. Ademais tamén aumentan os parásitos e patóxenos, requerindose así unha resposta inmune máis elevada.

  39. faa-marinabusto di:

    As especies invasoras son animais, plantas ou outros organismos, xeralmente transportados e introducidos polo ser humano en lugares, fóra da súa área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na nova rexión, onde resultan daniños.
    Que unha especie invasora resulta daniña, significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, poñendo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas). Debido aos seus impactos nos ecosistemas onde foron introducidas tales especies son consideradas enxeñeiros de ecosistemas.
    Os cambios naturais ou causados polos seres humanos nos ecosistemas de todo o planeta redistribuíron as especies vexetais e animais de forma accidental ou voluntaria. Como consecuencia destes cambios certas especies teñen un comportamento invasor na súa localidade natural ou de introdución, sendo máis susceptibles os hábitats alterados ou degradados.

  40. faa-uxiacasais di:

    As temperaturas elevadas no verán do 2003 tiveron un efecto na mortalidades xeral que foi detectado ao menos en Francia, Portugal, Gran Bretaña, Bélxica, Alemaña e Italia, o que mereceu a atención das autoridades sanitarias. A falta de sistemas de vixilancia específicos e o feito de que a mortaldade debida a calor non foi considerada unha prioridade sanitaria, podería facer que a información difundida sobre os países mencionados fora unha subestimación do total de países afectados.
    As temperaturas excesivamente elevadas son unha ameaza para a saúde pública de considerable magnitude. A elas asócianse importantes incrementos da mortaldade e de hospitalizacións, cuxo impacto é máis importante entre as persoas maiores de 65 anos. As persoas maiores, en xeral teñen unha menor capacidade termorreguladora e un umbral de suor máis elevado que os xóvenes polo que os fai máis susceptibles a os efectos da calor.

  41. fab-lauracaldas di:

    Basicamente, os gases de efecto invernadoiro, a miúdo máis coñecidos sinxelamente como gases de invernadoiro, son todos aqueles compostos químicos en estado gasoso que se acumulan na atmosfera da Terra e que son capaces de absorber a radiación infravermella do Sol, aumentando e retendo a calor alí mesmo, na atmosfera. É dicir, un gas de efecto invernadoiro (GEI) é todo gas que contribúe ao efecto invernadoiro, o intensifica e o volve máis perigoso, entre outras cousas, aumentando considerablemente a temperatura do planeta, sendo unha cuestión fundamental no que ao quentamento global refire.
    Os gases de efecto invernadoiro poden ser de distintos tipos e poden ter diversas orixes, tanto naturais coma artificiais, resultando tanto da natureza coma da man do Home. Os gases máis comúns dentro destas categorías son o vapor de auga (simplemente H2O en estado gasoso), dióxido de carbono (CO2), metano (CH4 como o das flatulencias das vacas), os óxidos de nitróxeno (NOx) e moitos clorofluorocarbonos que se emiten como resultado de diversas actividades industriais do ser humano.

  42. fab-ivanportas di:

    Entendemos por clima a aquel fenómeno natural que se dá a nivel atmosférico e que se caracteriza por ser unha conxunción de numerosos elementos tales como a temperatura, a humidade, a presión, a chuvia, o vento e outros. O clima é un fenómeno xeográfico que existe ao longo de todo o planeta pero que, de acordo ás condicións de cada lugar, varía e presenta notorias diferenzas entre lugar e lugar. Debido ao alto impacto da acción do home non só sobre a natureza se non tamén sobre a atmosfera, o clima cambiou profundamente nos últimos séculos, dando lugar a aquilo que hoxe en día se coñece como cambio climático e que supón severas alteracións en todo o planeta.

  43. faa-miguelotero di:

    Chámase efecto invernadoiro ao fenómeno polo cal determinados gases da atmosfera planetaria reteñen parte da enerxía que o chan emite por ser quentado pola radiación solar. Afecta a todos os corpos planetarios dotados de atmosfera. É un proceso normal que evita que a enerxía do Sol recibida constantemente pola Terra, volva inmediatamente ao espazo, producindo a escala planetaria un efecto similar ao observado nun invernadoiro.

    Aínda que a concentración dos gases de efecto invernadoiro na atmosfera é moi pequena, son os causantes da diferenza de temperatura entre os -6 º que habería na súa ausencia e os 15º reais.

  44. fab-sabelafernandez di:

    Os gases de efecto invernadoiro son os gases que atrapan a calor na atmosfera, deste xeito contribuíndo ao quentamento global.
    Normalmente cando a radiación solar (luz e calor do sol) chega á superficie da Terra, unha parte se reflicte, pasa de novo pola atmosfera e sae ao espazo. Os gases de efecto invernadoiro permiten que esta radiación entre á atmosfera pero xa non deixan que saia, é dicir, atrapan a calor dentro da atmosfera.

    Nunha situación normal, a cantidade de enerxía solar que entra e a que sae deben ser máis ou menos iguais, así mantendo a temperatura do planeta estable. Pero dende a revolución industrial hai aproximadamente 150 anos, os niveis de varios gases invernadoiro subiron un 25 por cento.
    Algúns dos gases de efecto invernadoiro acontecen na natureza (vapor da auga, dióxido de carbono, metano e óxido nitroso) e outros son producidos exclusivamente polo home (os aerosois, por exemplo). Os procesos naturais absorben un parte dos gases de efecto invernadoiro, pero as actividades industriais resultan nunha sobrecarga para os mecanismos naturais.

    A única defensa razoable ante o cambio climático é a redución drástica de emisións de dióxido de carbono cambiando o sistema enerxético e polo tanto o económico, renunciando á devoradora filosofía de desenvolvemento sen limites. Calculouse que a estabilización da concentración efectiva de C02 na atmosfera require a redución de emisións de orixe enerxética ao 70% do nivel de 1990 para o ano 2020, e aínda así a devandita estabilización só tería lugar unha década despois cunha cantidade de dióxido de carbono un 8% maior que en 1990.

  45. faa-laurachaves di:

    Un clima tropical é un tipo de clima típico dos trópicos, caracterízase porque se encontra bastantes definidas dúas estaciones: unha estación seca e unha estación húmeda.O clima tropical non coñece o inverno.
    Este clima localízase na rexións que están entre os 5º de latitude sur ata os 23º latitude sur (trópico decapricornio) e dende os 10º de latitude Norte ata los25º de latitude norte (trópico de cancro)
    Na zona tropical prodúcese un movemento ascendentedel aire debido ao seu quentamento. Esta ascensión do aire orixina as chuvias de convención, as precipitacións oscilan entre os 400 e os 1000 mm anuais e hai alguns meses secos.
    Os doce meses teñen temperaturas medias superiores aos18º, nunca chegan as temperaturas a baixo 0º, sen importar si é árido ou húmido. Os 18º graos son a temperatura media-mínima e a temperatura máxima é entre 23º e 24º.
    A vexetación dominante é arbórea, con exemplares de 20 ata 40 metros de altura. -Hai bosques tropicais que son aqueles bosquessituados na zona intertropical, o súa vexetación predominante é de folla ancha, arbores de folla caduca, e perenne, herbáceas e matogueiras.
    O chan dos climas tropicais son con periodos húmedos, deste xeito dáse unha lixiviación non moi intensa durante a estación de chuvias e una scenso da humidade e dos ións capilaridade.
    Os animais selváticos viven nos distintos estratos ou faixas de vexetación, adaptados ás súas características.

  46. faa-ariadnavazquez di:

    Gran parte do cinto ecuatorial son zonas cun clima tropical, é dicir, clima quente e húmido. Unha das súas características e que hai choivas abundantes debido á convección de aire de alí, e durante certos períodos, poden darse trevoadas durante todos os días. Con todo, este cinto aínda recibe unha luz considerable por parte do sol, que proporciona unhas condicións ideais de crecemento para a vexetación. As principais rexións do clima tropical son a Conca Amazónica no Brasil, a Conca do Congo en África Occidental e en Indonesia. As temperaturas nos trópicos raramente superan os 35 ° C; pero un máximo durante o día de 32 ° C é máis común. Á noite, a cobertura de nubes abundante restrinxe a perda de calor e as temperaturas mínimas non son inferiores a 22 ° C. Este alto nivel de temperatura mantense con pequena variación ao longo do ano. As estacións do ano, son períodos que non teñen moito contraste de temperaturas . No ecuador as estacións húmidas teñen lugar en marzo e en setembro, mentras que as outras son estacións secas. No hemisferio norte, se embargo, a estación chuviosa ten lugar de maio a xullo, e no hemisferio sur de novembro a febreiro.

  47. faa-miguelotero di:

    Denomínase tropical a aquilo que está vinculado aos trópicos. Os trópicos están, por outra parte, a ambos os dous paralelos da Terra que teñen correspondencia cos paralelos da esfera celeste e que se sitúan a 23º 27′ ao norte e ao sur do Ecuador.
    No hemisferio norte, encóntrase o Trópico de Cancro, mentres que no hemisferio sur se sitúa o Trópico de Capricornio. México, Bahamas, Brasil e Australia son algúns dos países que son atravesados por estes trópicos.
    A rexión que se sitúa entre os dous trópicos recibe o nome de zona intertropical. A noción de clima tropical, pola súa banda, alude ás condicións climatolóxicas que caracterizan á zona intertropical.
    O clima tropical caracterízase por presentar unha temperatura media de 18 graos centígrados, cunha oscilación térmica reducida ao longo do ano. Por iso adoita dicirse que nas zonas tropicais non existe o inverno, xa que o frío intenso non se rexistra e nunca se producen xeadas ou nevadas.

  48. fab-lauracaldas di:

    A migración é un fenómeno biolóxico, instintivo, e periódico. Moitas especies de aves realizan desprazamentos predicibles e regulares que involucran poboacións enteiras.
    Para que unha viaxe sexa migratoria require polo menos varios días consecutivos, é dicir un mínimo lapso onde se manifeste a vontade de continuar voando despois de cada noite. Outra característica é o antagonismo entre as residencias alternativas, é dicir que exista un contraste entre as dúas áreas que ocupan unha ave migratoria, entre a residencia natal que coincide coa área de cría e a área de repouso ou invernada. Existen aves que nidifican no hemisferio norte (área de cría) e que voan a latitudes austrais na primavera e verán de países que ofrecen mellores condicións climáticas (área de invernada). A migración é un proceso evolutivo complexo onde o funcionamento das glándulas de secreción interna, xunto coa incidencia da luz solar e as condicións climáticas cumpren un papel fundamental. A razón principal de por que as aves migran ten que ver co cambio de estacións e a busca do alimento, pero isto non sería posible se non estivesen preparadas para facelo.

  49. Pingback: Freando o inevitable desde o IES Francisco Asorey | Blog Guia