GPS para tremores

Investigadores estadounidenses descubriron que o GPS dos teléfonos móbiles pode utilizarse como un servizo de alerta temperá de terremotos de magnitude superior a sete na escala Richter. Este feito ocorre debido á que os datos cruzados dos smartphones viaxan máis rápido que as ondas sísmicas.

Este equipo liderado por científicos do Servizo Xeológico de Estados Unidos descubriu que os receptores GPS dos smartphones poden detectar o desprazamento de Terra causada polo movemento dunha falla xeológica en grandes terremotos. Agora, os investigadores deseñaron un método que permite enviar estes datos de desplazamento a un servidor central para que estime rápidamente a magnitude do terremoto.

Grazas ó descubrimento desta tecnoloxía poderíase axudar a zonas do mundo que non poden permitirse o luxo de ter sistemas de alerta de maior calidade ao ser demasiado custosos. É irónico que estas zonas constitúan a maior parte de zonas de actividade sísmica elevada. A autora principal do estudo, Sarah Minson afirma que “a maioría da poboación non recibe alertas de terremotos debido principalmente ao custo da construción das redes de vixilancia científicas necesarias“.

Autora: Mariña Busto Iglesias

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Novas tecnoloxías, Tectónica de Placas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to GPS para tremores

  1. faa-emiliolumbres di:

    As siglas GPS correspóndese co “Global Positioning System” que significa: Sistema de Posicionamento Global (aínda que a súas siglas GPS popularizaron o producto no mundo comercial)
    En síntesis podemos definir o GPS como un Sistema Global de Navegación por Satétile (GNSS) que nos permite fixar a escala mundial a posición dun obxecto, dunha persoa, dun vehículo ou dunha nave.
    A presición do GPS pode chegar a determinar os puntos de posicións con mínimos erros de centímetros, aínda que na práctica falemos de metros.
    Para fixar unha posición, o navegador GPS localiza automáticamente como mínimo catro satélites da rede, dos que recibe unhas sinais indicando a posición e o reloxo de cada satélite. O navegador GPS sincroniza o seu reloxo e calcula o retraso das sinais (que ven dado por distancia ao satélite), calculando así, a posición no que éste se atopa.

  2. fab-lauraozores di:

    A escala sismolóxica de Richter, tamén coñecida como escala de magnitude local (ML), é unha escala logarítmica arbitraria que asigna un número para cuantificar a enerxía que libera un terremoto, denominada así en honor do sismólogo estadounidense Charles Francis Richter (1900-1985).

    A sismoloxía mundial usa esta escala para determinar a magnitude de sismos dunha magnitude entre 2,0 e 6,9 e de 0 a 400 quilómetros de profundidade. Polo que dicir que un sismo foi de magnitude superior a 7,0 na escala de Richter se considera incorrecto, pois os sismos con intensidades superiores aos 6,9 mídense coa escala sismolóxica de magnitude de momento.
    Foi desenvolvida por Charles Francis Richter coa colaboración de Beno Gutenberg en 1935, ambos os dous investigadores do Instituto de Tecnoloxía de California, co propósito orixinal de separar o gran número de terremotos pequenos dos menos frecuentes terremotos maiores observados en California no seu tempo. A escala foi desenvolvida para estudar unicamente aqueles terremotos acontecidos dentro dunha área particular do sur de California cuxos sismogramas tivesen sido recollidos exclusivamente polo sismómetro de torsión de Wood-Anderson. Richter reportou inicialmente valores cunha precisión dun cuarto de unidade, non obstante, usou números decimais máis tarde.

  3. faa-tamaraparracho di:

    O Global Positioning System ou Sistema de Posicionamento Global (máis coñecido coas siglas GPS) é un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS), que permite determinar a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave en todo o mundo, cunha precisión duns poucos metros ( chegando incluso ata unha precisión de centímetros usando un GPS diferencial) . Aínda que a súa invención se lle atribúe aos gobernos francés e belga, o certo é que o sistema foi desenvolvido e instalado, e actualmente operado, polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos.
    O GPS funciona mediante unha rede de 27 satélites (24 operativos e 3 de respaldo) en órbita sobre o noso planeta a 20.200 km, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. Cando se desexa determinar a posición, o receptor que se utiliza para tal fin localiza automaticamente como mínimo tres satélites da rede, dos que recibe uns sinais indicando a posición e o reloxo de cada un deles. Baseándose nestas sinais, o aparato sincroniza o reloxo do GPS e calcula o tempo que tardan en chegar os sinais ao equipo, e de tal xeito mide a distancia ao satélite mediante o método de triangulación inversa. A triangulación no caso do GPS, a diferenza do caso 2-D que trata de detectar o ángulo respecto dos puntos coñecidos, consiste en determinar a distancia de cada satélite respecto ao punto de medición. Coñecidas ditas distancias, determínase facilmente a propia posición relativa respecto aos tres satélites. Coñecendo ademais as coordenadas ou posición de cada un deles grazas ao sinal que emiten, obtense a posición absoluta ou coordenadas reais do punto de medición. Tamén se consegue unha exactitude extrema no reloxo do GPS, similar a da os reloxos atómicos que levan a bordo cada un dos satélites.

  4. fab-tatianameis di:

    No artigo anterior falase sobre un novo método para alertar terremotos.

    Un terremoto, tamen denominado sismo, é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Son comunmente producidos pola ruptura de fallas xeolóxicas, pola fricción no bordo de placas tectónicas e por procesos volcánicos. Dependendo da súa intensidade e da súa orixe, un terremoto pode causar tanto desprazamentos de codia terrestre como corrementos de terra, maremotos ou actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada nun terremoto empreganse diversas escalas, entre elas a escala de Ritcher que é a máis coñecida e utilizada.

  5. faa-ileniamartinez di:

    A escala de Richter é unha graduación da magnitude dos sismos, deducida en 1935 polo xeofísico Charles Richter e desenvolvida despois por el e por Reno Gutemberg. A escala definiuse orixinalmente como o logaritmo da amplitude do movemento dun sismógrafo estándar situado a 100 km de distancia do epicentro dun sismo. É coñecida tamén como a escala de magnitude local, e é a escala máis utilizada polos sismólogos.

    Esta escala emprégase para avaliar os danos ocasionados polos sismos, e mide a cantidade de enerxía liberada dun tremor no seu centro ou foco, o rango da escala vai de 1 a 10 graos, e a intensidade crece de forma exponencial dun número ao seguinte.

    Como a escala de Richter é logarítmica, cada unidade de magnitude indica un aumento de 10 veces na amplitude da onda. Pero o incremento da enerxía correspondente a cada unidade é estimado polos sismólogos como de aprox. 30 veces; un terremoto de magnitude 2 é 30 veces máis potente que un de magnitude 1; un terremoto de magnitude 3 é 30 veces máis potente que unha de 2, e por conseguinte 900 veces máis potente que un terremoto de magnitude 1, e así sucesivamente.

  6. faa-rubeniglesias di:

    A escala sismolóxica de Richter é unha escala logarítmica arbitraria que asigna un número para cuantificar a enerxía que libera un terremoto, denominada así en honor do sismólogo estadounidense Charles Francis Richter (1900-1985).
    A sismoloxía mundial usa esta escala para determinar a magnitude de sismos dunha magnitude entre 2,0 e 6,9 e de 0 a 400 quilómetros de profundidade.
    Niveis:
    Menos de 2: Non son perceptibles
    2,0-2,9: Xeralmente non son perceptibles
    3,0-3,9: Perceptibles a miúdo pero rara vez provocan danos.
    4,0-4,9: Sismo significativo pero con dano pouco probable.
    5,0-5,9: Pode causar danos maiores en edificacións débiles; nas ben deseñadas os danos son leves.
    6,0-6,9: Poden chegar a destruír áreas poboadas, en ata uns 160 quilómetros á redonda.
    7,0-7,9: Pode causar serios danos en extensas zonas.
    8,0-8,9: Pode causar graves danos en zonas de varios centos de quilómetros.
    9,0-9,9: Desvastadores en zonas de varios miles de quilómetros.
    10,0+: Nunca rexistrado

  7. fab-miguelleiro di:

    En diversas partes do planeta, onde as placas tectónicas da terra se rozan co movemento, producen terremotos, en moitas zonas, constantemente.
    Para os científicos que estudan o tema, os sismos ou terremostos, son prácticamente impredecibles. Impredecibles no sentido de que, por exemplo, nunha zona hai un risco de producirse, pero non se sabe cando e iso, é un gran problema. En moitos lugares instálanse aparatos para medir os movementos e intentar predicir se se pode producir un terremote, pero segue a ser moi complicado. Con este descubrimento sobre os receptores dos GPS dos smartphone, ese problema non vai ser tan grave. Ao parecer, estos receptores poden detectar o movemento que fai a terra, algo relamente interesante, xa que cunha emisión destes datos a unha central, non só se poderan detectar posibles sismos, senon tamén a súa magnitude. Este método debería ser utilizado nas partes do mundo máis afectadas, xa que non tería un custo demasiado excesivo.

  8. Rita Lage di:

    O «Global Positioning System» que significa: Sistema de Posicionamento Global (aínda que a súas siglas GPS popularizaron o producto no mundo comercial)
    En síntesis podemos definir o GPS como un Sistema Global de Navegación por Satétile (GNSS) que nos permite fixar a escala mundial a posición dun obxecto, dunha persoa, dun vehículo ou dunha nave.
    A presición do GPS pode chegar a determinar os puntos de posicións con mínimos erros de centímetros, aínda que na práctica falemos de metros.
    Para fixar unha posición, o navegador GPS localiza automáticamente como mínimo catro satélites da rede, dos que recibe unhas sinais indicando a posición e o reloxo de cada satélite.

  9. fab-antonchaves di:

    O teléfono intelixente ou inteléfono é un tipo teléfono móbil construído sobre unha plataforma informática móbil, cunha maior capacidade de almacenar datos e realizar actividades, semellante á dunha minicomputadora, e cunha maior conectividade que un teléfono móbil convencional. O termo «intelixente», que se utiliza con fins comerciais, fai referencia á capacidade de usarse como un computador de peto, e chega mesmo a substituír a unha computadora persoal nalgúns casos.

    Xeralmente, os teléfonos con pantallas táctiles son os chamados “teléfonos intelixentes”, pero o soporte completo ao correo electrónico parece ser unha característica indispensable encontrada en todos os modelos existentes e anunciados dende 2007. Case todos os teléfonos intelixentes tamén permiten ao usuario instalar programas adicionais, habitualmente mesmo dende terceiros, feito que dota a estes teléfonos de moitas aplicacións en diferentes terreos; non obstante, algúns teléfonos son cualificados como intelixentes aínda cando non teñen esa característica.

  10. faa-ariadnavazquez di:

    Un terremoto (tamén coñecido como tremor) é o resultado dunha presentación repentina de enerxía na codia da Terra que crea ondas sísmicas. A actividade sísmica dunha área refírese á frecuencia, tipo e tamaño do terremoto experimentado sobre un período de tempo. Os terremotos son medidos utilizando observacións de sismómetros e clasifícanse dependendo dos resultados nunha escala, chamada a escala de magnitude Richter. A magnitude 3 ou terremotos máis baixos son na súa maioría case imperceptibles ou débiles e, sen embargo, cando a magnitude 7 e máis alto, o temor é moi grande e causa danos serios sobre áreas máis grandes, dependendo da súa profundidade. Os terremotos máis grandes de tempos históricos foron dunha magnitude de 9 nesta escala, aínda que non hai ningún límite á posible magnitude. O terremoto grande máis recente de magnitude 9.0 ou máis era o famoso terremoto de magnitude de 9.0 en Xapón en 2011 e era, ademáis o terremoto xaponés máis grande dende que os rexistros empezaban.
    Na superficie da Terra, os terremotos maniféstanse de diferentes maneiras e ás veces poden chegar a producir un desprazamento do chan. Cando o epicentro dun terremoto grande é localizado preto da costa, pode ser desprazado para suficientemente causar un tsunami. Ademáis, os terremotos tamén poden chegar a producir actividade volcánica.

  11. fab-nereabetanzos di:

    A escala de Richter é unha graduación da magnitude dos sismos, deducida en 1935 polo xeofísico Charles Richter e desenvolvida despois por el e por Reno Gutemberg. A escala definiuse orixinalmente como o logaritmo da amplitude do movemento dun sismógrafo estándar situado a 100 km de distancia do epicentro dun sismo. É coñecida tamén como a escala de magnitude local, e é a escala máis utilizada polos sismólogos.
    Esta escala emprégase para avaliar os danos ocasionados polos sismos, e mide a cantidade de enerxía liberada dun tremor no seu centro ou foco, o rango da escala vai de 1 a 10 graos, e a intensidade crece de forma exponencial dun número ao seguinte.
    Como a escala de Richter é logarítmica, cada unidade de magnitude indica un aumento de 10 veces na amplitude da onda. Pero o incremento da enerxía correspondente a cada unidade é estimado polos sismólogos como de aprox. 30 veces; un terremoto de magnitude 2 é 30 veces máis potente que un de magnitude 1; un terremoto de magnitude 3 é 30 veces máis potente que unha de 2, e por conseguinte 900 veces máis potente que un terremoto de magnitude 1, e así sucesivamente.

  12. faa-martinbaulde di:

    A escala sismolóxica de Richter ou escala de magnitude local (ML), é unha escala logarítmica arbitraria que asigna un número para cuantificar a enerxía liberada nun terremoto, denominada así en honor do sismólogo estadounidenseCharles Richter (1900-1985).

    Esta escala está comprendida entre o grao 1,5 ata o grao 12.
    Realmente, ata que non chega ao grao 2 non se adoita falar de terremotos, xa que son microterremotos que non son percibidos polos seres humanos. Diariamente rexístranse ata uns 8000 movementos. A partir do grao 4 considéranse terremotos, pequenos, que se adoitan gravar no sismógrafo pero non se perciben e moi raramente produciron danos. Unha magnitude 4 non é o dobre de 2, senón que 100 veces maior.

    O terremoto máis intenso detectado ata a data produciuse no ano 1960 en Valdivia, Chile, con 9,6 graos.

  13. faa-manuelvilas di:

    Un terremoto tamén chamado seísmo ou sismo é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da cortiza terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de fallas geológicas. Tamén poden ocorrer por outras causas como, por exemplo, fricción no bordo de placas tectónicas, procesos volcánicos ou ata poden ser producidas polo home ao realizar probas de detonacións nucleares subterráneas.

    O punto de orixe dun terremoto denomínase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da cortiza terrestre, corrimientos de terras, maremotos (ou tamén chamados tsunamis) ou a actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empréganse diversas escalas, entre elas, a escala de Richter é a máis coñecida e utilizada nos medios de comunicación.

  14. faa-albaaller di:

    Un terremoto ou sismo é o resultado dunha enerxía na codia da Terra que da lugar a ondas sísmicas.
    Os terremotos son medidos utilizando uns aparellos chamados sismómetros e clasifícanse segunda a Escala de Ritcher, a cal vai dando valores numéricos máis elevados, dende o 3 ata o 9, segundo aumenta a intensidade de dito terremoto. Na magnitude 3 estarían aqueles tremores case imperceptibles. Ao pasar do 7 xa se considera un terremoto de gran dimensión que causa graves efectos na superficie terrestre. O valor numérico máis alto, como xa dixen, é o 9 e este foi alcanzado non hai moito na catástrofe de Xapón.
    Se un terremoto ten o seu epicentro no mar, entón chamaráselle maremoto e o seu producto será un tsunami.

  15. faa-ivanlois di:

    As siglas GPS correspóndense con “Global Positioning System” que significa Sistema de Posicionamento Global.

    Podemos definir o GPS como un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS) que nos permite fixar a escala mundial a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave.

    A precisión do GPS pode chegar a determinar os punto de posición con erros mínimos de cms, aínda que na práctica falemos de metros.
    Para fixar unha posición, o navegador GPS localiza automaticamente como mínimo 4 satélites da rede, dos que recibe uns sinais indicando a posición e o reloxo de cada satélite. O navegador GPS sincroniza o seu reloxo e calcula o atraso dos sinais (que vén dado por distancia ao satélite), calculando a posición en que este se acha.

    Estimadas as distancias, fíxase con facilidade a propia posición relativa do GPS respecto aos tres satélites. Coñecendo ademais as coordenadas ou posición de cada un deles polo sinal que emiten, obtense a posición absoluta ou coordenadas reais do punto de medición.

  16. faa-martinbaulde di:

    Un terremoto é o movemento brusco da Terra, causado pola liberación de enerxía acumulada durante un longo tempo. A codia da Terra está conformada por unha ducia de placas de aproximadamente 70 km de grosor, cada unha con diferentes características físicas e químicas. Estas placas estanse a acomodar nun proceso que leva millóns de anos e foron dando a forma que hoxe coñecemos á superficie do noso planeta, orixinando os continentes e os relevos xeográficos. Habitualmente estes movementos son lentos e imperceptibles, pero nalgúns casos estas placas chocan entre si como xigantescos carambelos de terra sobre un océano de magma presente nas profundidades da Terra, impedindo o seu desprazamento. Entón unha placa comeza a desprazarse sobre ou baixo a outra orixinando lentos cambios na topografía. Pero se o desprazamento é dificultado comeza a acumularse unha enerxía de tensión que nalgún momento se liberará e unha das placas moverase bruscamente contra a outra rompéndoa e liberándose entón unha cantidade variable de enerxía que orixina o Terremoto.
    As zonas en que as placas exercen esta forza entre elas denomínanse fallas e son os puntos en que con máis probabilidade se orixinen fenómenos sísmicos.

  17. faa-ariadnavazquez di:

    O Sistema de Posicionamento Global (GPS) é un sistema de navegación por satélite baseado no espazo que ofrece a localización e tempo de información en todas as condicións de tempo, en calquera lugar ou preto da terra onde hai unha liña de visión clara para catro ou máis satélites GPS. O sistema ofrece recursos críticos para usuarios militares, civís e comerciais en todo o mundo. O goberno dos Estados Unidos creou o sistema e fai que sexa libremente accesible a calquera persoa cun receptor GPS. En EEUU comezaron o proxecto do GPS en 1973 para superar as limitacións dos sistemas de navegación anteriores. O Departamento de Defensa dos Estados Unidos desenvolveu o sistema, que orixinalmente presisaba ser usado por 24 satélites. Tornouse plenamente o operativo en 1995.

  18. faa-laurachaves di:

    Un terremoto ou sismo é un fenómeno de vibración brusca e pasaxeira da codia da Terra, orixinado por movementos subterráneos de placas rochosas, de actividade volcánica, ou por movemento de gases no interior da Terra, principalmente metano. O movemento asociado é causado pola liberación rápida de grandes cantidades de enerxía na forma de ondas sísmicas.
    A maior parte dos terremotos ocorren nas fronteiras entre placas tectónicas ou en fallas entre dous bloques rochosos. A lonxitude dunha falla pode variar dalgúns centímetros ata milleiros de quilómetros.
    Entre os efectos dos terremotos están a vibración do solo, abertura de fallas, deslizamentos de terra, tsunamis, mudanzas na rotación da Terra, alén de efectos destrutivos en construcións feitas polo home, resultando en perda de vidas, feridos e altos prexuízos financeiros e sociais (como o desabrigo de poboacións enteiras, facilitando a proliferación de doenzas, fame etc).
    O maior terremoto rexistrado foi o Gran Terremoto do Chile en 1960 chegando a 9,5 na escala de Richter, seguido polo Terremoto do Océano Índico 2004, que rexistrou 9,1 na mesma escala.

  19. faa-carmenvilanova di:

    Un terremoto, tamén chamado sismo ou sismo é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de fallas xeolóxicas. Tamén poden acontecer por outras causas como, por exemplo, fricción no bordo de placas tectónicas, procesos volcánicos ou mesmo poden ser producidas polo home ao realizar probas de detonacións nucleares subterráneas.
    O punto de orixe dun terremoto denomínase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da codia terrestre, corrementos de terras, maremotos (ou tamén chamados tsunamis) ou a actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empréganse diversas escalas, entre elas, a escala de Richter é a máis coñecida e utilizada nos medios de comunicación.
    A causa dos terremotos encóntrase na liberación de enerxía da codia terrestre acumulada a consecuencia de actividades volcánicas e tectónicas, que se orixinan principalmente nos bordos da placa.
    Aínda que as actividades tectónicas e volcánicas son as causas principais polas que se xeran os terremotos hai outros factores que poden orixinalos:
    -Acumulación de sedimentos por desprendementos de rochas nas abas das montañas, afundimento de cavernas.
    -Modificacións do réxime fluvial.
    -Variacións bruscas da presión atmosférica por ciclóns.
    Estes fenómenos xeran eventos de baixa magnitude, que xeralmente caen no rango de microsismos: tremores detectables só por sismógrafos.

  20. fab-mariangaleano di:

    Un terremoto, tamén chamado sismo, é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da corteza terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de faias xeolóxicas. Tamén poden ocurrir por outras causas como, por exemplo, fricción no borde de placas tectónicas, procesos volcánicos ou incluso poden ser producidas polo home ao realizar probas de detonacións nucleares subterráneas.
    O punto de orixe dun terremoto denomínase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da corteza terrestre, corrementos de terras, maremotos ou actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empléanse diversas escalas, entre elas, a escala de Richter éa máis coñecida e utilizada nos medios de comunicación.

  21. fab-lauracaldas di:

    A escala de Richter é unha graduación da magnitude dos sismos, deducida en 1935 polo xeofísico Charles Richter e desenvolvida despois por el e por Reno Gutemberg. A escala definiuse orixinalmente como o logaritmo da amplitude do movemento dun sismógrafo estándar situado a 100 km de distancia do epicentro dun sismo. É coñecida tamén como a escala de magnitude local, e é a escala máis utilizada polos sismólogos.
    Esta escala emprégase para avaliar os danos ocasionados polos sismos, e mide a cantidade de enerxía liberada dun tremor no seu centro ou foco, o rango da escala vai de 1 a 10 graos, e a intensidade crece de forma exponencial dun número ao seguinte.Como a escala de Richter é logarítmica, cada unidade de magnitude indica un aumento de 10 veces na amplitude da onda. Pero o incremento da enerxía correspondente a cada unidade é estimado polos sismólogos como de aprox. 30 veces; un terremoto de magnitude 2 é 30 veces máis potente que un de magnitude 1; un terremoto de magnitude 3 é 30 veces máis potente que unha de 2, e por conseguinte 900 veces máis potente que un terremoto de magnitude 1, e así sucesivamente.
    Cando a terra empeza a tremer, o sismógrafo inmediatamente rexistra as ondas sísmicas xeradas e represéntaas en forma de sismogramas, que permiten a mediación da magnitude ou cantidade de enerxía liberada baixo os parámetros de Richter.

  22. faa-miriantrigo di:

    Un terremoto é un movemento brusco da Terra, causado pola repentina liberación de enerxía acumulada durante un largo tempo.
    A codia da Terra está formada por unha ducia de placas de aproximadamente 70km de groso, cada unha con diferentes características físicas e químicas. Estas placas tectónicas estanse acomodando nun proceso que leva millóns de anos e foron adoptando a forma que hoxe en día coñecemos na superficie do noso planeta, orixinando os continentes e os relevos xeográficos. Habitualmente estes movementos son lentos e imperceptibles, pero en algúns casos estas placas chocan entre si sobre o magma presente nas profundidades da Terra, impedindo o seu desprazamento. É entón cando a placa comeza a desprazarse sobre ou baixo a outra orixinando lentos cambios na topografía, pero se o desprazamento é dificultado comeza a acumularse unha enerxía de tensión que nalgúns momento se liberará e unha das placas moverase bruscamente contra a outra rompéndoa e liberando así unha cantidade variable de enerxía que dá lugar ao terremoto.
    Estas zonas onde as placas exercen forza entre elas son chamadas fallas, e son os puntos con maior probabilidade de que se orixinen fenómenos físicos. Tan só un 10% dos terremotos ocorren aloxados dos límites destas placas.

  23. fab-sabelafernandez di:

    As magnitudes dos terremotos son reportados usando unha escala logarítmica, que mide a fortaleza e a enerxía do terremoto e que é determinada por observacións sismográficas.

    Xeralmente magnitudes son entre 0 e 10. Terremotos no rango de 0 ata 4 pasan con relativa frecuencia no mundo, máis de ~M6 considéranse importante, e máis de ~M8 son raros e poden ser destrutivos. Pero calquera terremoto pode ser destrutivo se sucede nun lugar poboado ou vulnerable. Igualmente, terremotos grandes poden acontecer en sitios remotos sen destrución. Terremotos en calquera lugar en ou preto do mar, poden causar tsunamis.
    O último terremoto rexistrado con miles de mortos e cunha magnitude de 7,8 na escala de Ritcher foi o pasado luns 27 de abril en Nepal.

  24. faa-sarafalcon di:

    O sistema de posicionamento global (GPS) é un obxecto que permite a unha persoa determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa ou un vehículo cunha precisión ata de centímetros (se se utiliza GPS diferencial), aínda que o habitual son uns poucos metros de precisión. O sistema foi desenvolvido, instalado e empregado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. O sistema GPS está constituído por 24 satélites e utiliza a trilateración para determinar en todo o globo a posición cunha precisión de máis ou menos metros.
    Outros sistemas que se estan diseñando poden ser:
    -A antiga Unión Soviética construíu un sistema similar chamado GLONASS, agora xestionado pola Federación Rusa.

    -Actualmente a Unión Europea está a desenvolver o seu propio sistema de posicionamento por satélite, denominado Galileo.

  25. faa-rubeniglesias di:

    Un terremoto é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de fallas xeolóxicas. Tamén poden acontecer por fricción no bordo de placas tectónicas, procesos volcánicos ou producidas polo home.
    O punto de orixe dun terremoto denomínase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da codia terrestre, corrementos de terras, maremotos ou a actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empréganse diversas escalas, entre elas, a escala de Richter.

  26. fab-laurafalcon di:

    Un terremoto é o movemento brusco da Terra (con maiúsculas, xa que nos referimos ao planeta), causado pola brusca liberación de enerxía acumulada durante un longo tempo.

    Representa a enerxía sísmica liberada en cada terremoto e baséase no rexistro sismográfico.
    É unha escala que crece en forma potencial ou semilogarítmica, de maneira que cada punto de aumento pode significar un aumento dez ou máis veces maior da magnitude das ondas (vibración da terra), pero a enerxía liberada aumenta 32 veces. Unha magnitude 4 non é o dobre de 2, senón que 100 veces maior.

    O Doutor en física da Universidade de Barcelona, Sr. Josep Vila, achéganos que entre magnitude 2 e magnitude 4, o que aumenta 100 veces sería a amplitude das ondas e non a enerxía. A enerxía aumentaría un factor 33 cada grao de magnitude, co cal sería 1000 veces cada dous unidades

  27. Rita Lage di:

    Un terremoto é un movemento brusco da Terra, causado pola repentina liberación de enerxía acumulada durante un largo tempo.
    A codia da Terra está formada por unha ducia de placas de aproximadamente 70km de groso, cada unha con diferentes características físicas e químicas. Estas placas tectónicas estanse acomodando nun proceso que leva millóns de anos e foron adoptando a forma que hoxe en día coñecemos na superficie do noso planeta, orixinando os continentes e os relevos xeográficos.

    Habitualmente estes movementos son lentos e imperceptibles, pero en algúns casos estas placas chocan entre si sobre o magma presente nas profundidades da Terra, impedindo o seu desprazamento. É entón cando a placa comeza a desprazarse sobre ou baixo a outra orixinando lentos cambios na topografía, pero se o desprazamento é dificultado comeza a acumularse unha enerxía de tensión que nalgúns momento se liberará e unha das placas moverase bruscamente contra a outra rompéndoa e liberando así unha cantidade variable de enerxía que dá lugar ao terremoto.

  28. fab-ivanportas di:

    Un tremor (ou terremoto) é unha sacudida do terreo producida por forzas que actúan no interior do planeta.
    O tremor do terreo prodúcese co choque das placas tectónicas, que son fragmentos da litosfera (a capa máis superficial da Terra) que se desprazan, sen que se presente unha deformación interna sobre a astenosfera (a capa inmediata á litosfera (que se encontra entre uns 100 e uns 240 quilómetros por debaixo da superficie).
    Outra causa dos terremotos é a reorganización dos compoñentes da codia terrestre que libera unha gran cantidade de enerxía, xa sexa por procesos volcánicos, movementos de laba ou a enerxía potencial elástica que se acumula coa deformación gradual das rochas que se encontran xunto a unha falla activa.
    O punto interior do planeta onde ten lugar o terremoto é o chamado foco sísmico ou hipocentro. Por outra parte, o punto da superficie que se encontra na vertical do hipocentro recibe o nome de epicentro.
    Os movementos sísmicos propáganse a través de ondas elásticas a partir do hipocentro.
    Existen tres grandes tipos de ondas sísmicas:

    – ondas primarias: propáganse no mesmo sentido que a vibración das partículas.

    – ondas secundarias: propáganse de forma perpendicular ao sentido de vibración das partículas.

    – ondas superficiais: prodúcense na superficie terrestre como resultado da interacción entre as ondas primarias e as secundarias.

  29. faa-emiliolumbres di:

    Un terremoto, sismo ou seísmo é unha sacudida do terreo producida por forzas que actúan no interior do planeta. A palabra terremoto proven do latín terraemotus, mentras que seísmo deriva dun vocablo grego que significa “sacudida”.
    O temblor do terremoto prodúcese co choque das placas tectónicas, que son fragmentos da litosfera (a capa máis superficial da Terra) que desprázanse como un bloque ríxido, sen que se presente unha deformación interna sobre a astenosfera (a capa inmediata á litosfera, que se atopa entre uns 100 e unos 240km por debaixo da superficie)

    Os movementos sísmicos propáganse a través de ondas elásticas a partir do hipocentro (punto interior do planeta onde ten lugar o terremoto). Existen tres grandes tipos de ondas sísmicas: As ondas primarias, lonxitudinales ou P (propáganse no mesmo sentido ca vibración das partículas), as ondas secundarias, transversales ou S (propáganse de forma perpendicular ao sentido da vibración das partículas), e as ondas superficiais (prodúcense na superficie terrestre como resultado da interacción entre as ondas primarias e as secundarias)

  30. fab-mariblanco di:

    O Global Positioning System ou Sistema de Posicionamento Global (máis coñecido coas siglas GPS aínda que o seu nome e correcto é NAVSTAR-GPS1) é un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS) o cal permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros. Aínda que a súa invención se lle atribúe aos gobernos francés e belga, o sistema foi desenvolvido e instalado, e actualmente operado, polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos.

    O GPS funciona mediante unha rede de 27 satélites (24 operativos e 3 de respaldo) en órbita sobre o globo a 20.200 km con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. Cando se desexa determinar a posición, o aparato que se utiliza para iso localízase automaticamente como mínimo tres satélites da rede, dos que recibe unhas sinais indicando a posición e o reloxo de cada un deles. Con base nestas sinais, o aparato sincroniza o reloxo do GPS e calcula o atraso das sinais, é dicir, a distancia do satélite. Por “triangulación” calcula a posición no que este se atopa. A triangulación no caso do GPS, a diferencia do caso 2-D que consiste en detectar o ángulo respecto dos puntos coñecidos, se basea en determinar a distancia de cada satélite respecto o punto de medición. Coñecidas ditas distancias, determinase facilmente a propia posición relativa respecto os tres satélites. Coñecendo ademais as coordenadas a posición de cada un deles polo sinal que emiten, obtense a posición absoluta o coordenadas reais do punto de medición. Tamén se consigue unha exactitude extrema no reloxo do GPS, similar a da os reloxos atómicos que levan a bordo cada un dos satélites.

  31. faa-andreaperez di:

    O Global Positioning System ou Sistema de Posicionamento Global (máis coñecido coas siglas GPS aínda que o seu nome e correcto é NAVSTAR-GPS1) é un Sistema Global de Navegación por Satélite o cal permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros. Aínda que a súa invención se lle atribúe aos gobernos francés e belga, o sistema foi desenvolvido e instalado, polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos.

    O GPS funciona mediante unha rede de 27 satélites (24 operativos e 3 de respaldo) en órbita sobre o globo a 20.200 km con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. Cando se desexa determinar a posición, o aparato que se utiliza para iso localízase automaticamente como mínimo tres satélites da rede, dos que recibe unhas sinais indicando a posición e o reloxo de cada un deles. Con base nestas sinais, o aparato sincroniza o reloxo do GPS e calcula a distancia do satélite.

  32. fab-lauracaldas di:

    Os terremotos, sismos, seismos, tremores de terra… son reaxustes da codia terrestre causados polos movementos de grandes fragmentos. Por si mesmos, son fenómenos naturais que non afectan demasiado ao home. O movemento da superficie terrestre que provoca un terremoto non representa un risco, salvo en casos excepcionais, pero si nos afectan as súas consecuencias, ocasionando catástrofes: caída de construcións, incendio de cidades, avalanchas e tsunamis.
    Aínda que todos os días se rexistran unha boa cantidade de terremotos no mundo, a inmensa maioría son de pouca magnitude. Non obstante, adóitanse producir dous ou tres terremotos de garn magnitude cada ano, con consecuencias imprevisibles.

  33. fab-laurafalcon di:

    Un terremoto (do latín terra ‘terra’, e motus ‘movemento’), tamén chamado sismo ou sismo (do grego [seismós] tremor ou tremor de terra) é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de fallas xeolóxicas. Tamén poden acontecer por outras causas como, por exemplo, fricción no bordo de placas tectónicas, procesos volcánicos ou mesmo poden ser producidas polo home ao realizar probas de detonacións nucleares subterráneas.

    A escala Richter
    Representa a enerxía sísmica liberada en cada terremoto e baséase no rexistro sismográfico.
    É unha escala que crece en forma potencial ou semilogarítmica, de maneira que cada punto de aumento pode significar un aumento dez ou máis veces maior da magnitude das ondas (vibración da terra), pero a enerxía liberada aumenta 32 veces. Unha magnitude 4 non é o dobre de 2, senón que 100 veces maior.

  34. faa-marinabusto di:

    Un terremoto, tamén chamado sismo ou sismo é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de fallas xeolóxicas. Tamén poden acontecer por outras causas como, por exemplo, fricción no bordo de placas tectónicas, procesos volcánicos ou mesmo poden ser producidas polo home ao realizar probas de detonacións nucleares subterráneas.
    O punto de orixe dun terremoto denomínase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da codia terrestre, corrementos de terras, maremotos (ou tamén chamados tsunamis) ou a actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empréganse diversas escalas, entre elas, a escala de Richter é a máis coñecida e utilizada nos medios de comunicación.

  35. faa-diegogarcia di:

    O sistema de posicionamento global (GPS) é un obxecto que permite a unha persoa determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa ou un vehículo cunha precisión ata de centímetros (se se utiliza GPS diferencial), aínda que o habitual son uns poucos metros de precisión. O sistema foi desenvolvido, instalado e empregado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. O sistema GPS está constituído por 24 satélites e utiliza a trilateración para determinar en todo o globo a posición cunha precisión de máis ou menos metros.
    O GPS funciona mediante unha rede de 24 satélites en órbita sobre o planeta terra, a 20 200 km de altura, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. Cando se desexa determinar a posición, o receptor que se utiliza para iso localiza automaticamente como mínimo catro satélites da rede, dos que recibe uns sinais indicando a identificación e a hora do reloxo de cada un deles. Con base nestes sinais, o aparato sincroniza o reloxo do GPS e calcula o tempo que tardan en chegar os sinais ao equipo, e de tal modo mide a distancia ao satélite mediante o método de trilateración inversa, a cal se basea en determinar a distancia de cada satélite respecto ao punto de medición.

  36. fab-alexcosta di:

    A escala sismolóxica de Richter, tamén coñecida como escala de magnitude local (ML), é unha escala logarítmica arbitraria que asigna un número para cuantificar a enerxía que libera un terremoto, denominada así en honor do sismólogo estadounidense Charles Francis Richter (1900-1985).
    A sismoloxía mundial usa esta escala para determinar a magnitude de sismos dunha magnitude entre 2,0 e 6,9 e de 0 a 400 quilómetros de profundidade. Polo que dicir que un sismo foi de magnitude superior a 7,0 na escala de Richter se considera incorrecto, pois os sismos con intensidades superiores aos 6,9 mídense coa escala sismolóxica de magnitude de momento.
    Foi desenvolvida por Charles Francis Richter coa colaboración de Beno Gutenberg en 1935, ambos os dous investigadores do Instituto de Tecnoloxía de California, co propósito orixinal de separar o gran número de terremotos pequenos dos menos frecuentes terremotos maiores observados en California no seu tempo. A escala foi desenvolvida para estudar unicamente aqueles terremotos acontecidos dentro dunha área particular do sur de California cuxos sismogramas tivesen sido recollidos exclusivamente polo sismómetro de torsión de Wood-Anderson. Richter reportou inicialmente valores cunha precisión dun cuarto de unidade, non obstante, usou números decimais máis tarde.

  37. fab-miguelleiro di:

    A escala de Richter é unha graduación da magnitude dos sismos, deducida en 1935 polo xeofísico Charles Richter e desenvolvida despois por el e por Reno Gutemberg. A escala definiuse orixinalmente como o logaritmo da amplitude do movemento dun sismógrafo estándar situado a 100 km de distancia do epicentro dun sismo. É coñecida tamén como a escala de magnitude local, e é a escala máis utilizada polos sismólogos.
    Esta escala emprégase para avaliar os danos ocasionados polos sismos, e mide a cantidade de enerxía liberada dun tremor no seu centro ou foco, o rango da escala vai de 1 a 10 graos, e a intensidade crece de forma exponencial dun número ao seguinte.
    O punto de orixe dun terremoto denomínase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da corteza terrestre, corrementos de terras, maremotos ou actividade volcánica.

  38. fab-sabelafernandez di:

    O sistema de posicionamento global (GPS) é un obxecto que permite a unha persoa determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa ou un vehículo cunha precisión ata de centímetros (se se utiliza GPS diferencial), aínda que o habitual son uns poucos metros de precisión. O sistema foi desenvolvido, instalado e empregado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. O sistema GPS está constituído por 24 satélites e utiliza a trilateración para determinar en todo o globo a posición cunha precisión de máis ou menos metros.

    O GPS funciona mediante unha rede de 24 satélites en órbita sobre o planeta terra, a 20 200 km de altura, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. Cando se desexa determinar a posición, o receptor que se utiliza para iso localiza automaticamente como mínimo catro satélites da rede, dos que recibe uns sinais indicando a identificación e a hora do reloxo de cada un deles. Con base nestes sinais, o aparato sincroniza o reloxo do GPS e calcula o tempo que tardan en chegar os sinais ao equipo, e de tal modo mide a distancia ao satélite mediante o método de trilateración inversa, a cal se basea en determinar a distancia de cada satélite respecto ao punto de medición. Coñecidas as distancias, determínase doadamente a propia posición relativa respecto aos satélites. Coñecendo ademais as coordenadas ou posición de cada un deles polo sinal que emiten, obtense a posición absoluta ou coordenadas reais do punto de medición. Tamén se consegue unha exactitude extrema no reloxo do GPS, similar á dos reloxos atómicos que levan a bordo cada un dos satélites.

  39. faa-martinbaulde di:

    Existe un puñado de placas principais e ducias secundarias. Seis das principais reciben o nome do continente no que se encontran. As placas secundarias son máis pequenas, pero non menos importantes en canto á súa influencia sobre a estrutura do planeta.

    As placas conforman a litosfera, a capa superficial da Terra (inclúe a codia e a parte superior do manto). As correntes das rochas máis brandas que teñen debaixo impúlsanas coma se se tratase dunha fita transportadora en mal estado. A actividade xeolóxica provén da interacción das placas cando estas se achegan ou separan.

    O movemento das placas crea tres tipos de límites tectónicos: límites converxentes, onde as placas se achegan unhas a outras, límites diverxentes, onde se separan, e límites transformantes, onde as placas se moven de lado en relación unhas con outras.

  40. fab-rociovazquez di:

    Un terremoto é o movemoento brusco da Terra, causado pola brusca liberación de enerxía acumulada durante un largo tempo. A corteza da Terra está conformada por unha docena de placas de aproximadamente 70 km de grosor, cada unha con diferentes características físicas e químicas. Estas placas (“tectónicas”) estánse acomodando nun proceso que leva millóns de anos e foron dando a forma que hoxe coñecemos á superficie do noso planeta, orixinando os continentes e os relieves xeográficos nun proceso que está lexos de completarse. Habitualmente estos movementos son lentos e imperceptibles, pero en algúns casos estas placas chocan entre sí como xigantescos témpanos de tierra sobre un océano de magma presente nas profundidades da Terra, impedindo su desplazamiento. Entonces una placa comienza a desprazarse sobre o baixo a outra orixinando lentos cambios na topografía. Pero si o desplazamento é dificultado comenza a acumularse unha enerxía de tensión que en algún momento se liberará e unha das pracas moverase bruscamente contra a outra rompéndoa e liberándose entonces unha cantidade variable de enerxía que orixina o Terremoto.