Parándolle os pés ao VIH

Para defendernos contra os axentes externos que poden poñer en perigo a nosa saúde, o organismo dedica unha gran cantidade de recursos: moitos tipos de células e moléculas diferentes que forman unha ampla rede de vixilancia e actuación que se coñece como sistema inmunolóxico ou inmune. Non obstante, a habilidade destrutora do VIH a longo prazo pode superar a resposta do sistema inmunitario, xa que este se está a replicar rapidamente, á parte de que se pode ver tamén debilitado por outro tipo infeccións. É por esta razón que o VIH ten unha grande eficacia infectiva.

Así e todo, esta situación pode comezar a revertirse con ensaios como o que publicou o pasado martes a revista Nature. Neste pequeno traballo participaron apenas 29 voluntarios, dos cales 17 tiñan o virus, ademais dos estudos previos en ratos e macacos. O obxectivo, explican no seu traballo, era determinar a seguridade da estratexia, buscar a dose máis eficaz, determinar o impacto sobre a viremia a curto e longo prazo, é dicir, a duración da resposta, e comprobar se se xeraban ou non variantes do virus resistentes aos anticorpos.

Logrouse así, por vez primeira, unha redución sostida (como mínimo 28 semanas) do número de virus circulante despois de aplicar un tratamento que consigue reforzar a resposta inmunitaria da persoa infectada. Este tratamento correspóndese cun anticorpo monoclonal, os cales son estudados, sobre todo, para o tratamento do cancro. Basicamente son moléculas que se unen ás células, bacterias ou virus que se deben eliminar e fanas máis visibles ao sistema inmune. Facendo unha comparación, é coma se se pegaran uns adhesivos fosforescentes a un comando invasor para que así as defensas poidan neutralizalo con máis facilidade. Dita abordaxe, a pesar de ser intentada con anterioridade, os produtos deseñados non conseguiran unha resposta o suficientemente forte (as pegatinas non se veían ben) ou duradeira (estas caíanse). E todo isto cando non causaba efectos adversos.

O equipo que dirixe Michel Nussenzweig, da Universidade de Rockefeller, identificou un produto, o 3BNC117, que ten unha gran afinidade pola parte superficial do VIH a cal se une aos receptores CD4 dos linfocitos. Estas últimas moléculas son o porto ao que se ancla o virus antes de empezar a súa infeción e o seu obxectivo prioritario, polo que actuar sobre esa ligazón resulta ser unha abordaxe moi específica. Os mesmos científicos que levaron adiante este traballo son quen de recoñecer que se trata dun estudo moi pequeno, pero que, aínda así, permite obter algunhas conclusións. A primeira delas, que o anticorpo era en xeral ben tolerado a todas as doses que se ensaiaron, xa en persoas co virus, xa en aquelas do grupo de control. O que todo ensaio en fase I (na primeira das probas que se fai con fármacos) busca é demostrar a seguridade do tratamento. Nese caso, mídense os efectos adversos e clasifícanse, segundo a súa gravidade, de 1 a 5. O sorprendente é que, durante o ensaio, non houbo efectos desfavorables de grao 3 ou superior. Pero o certo é que non se trata dun anticorpo totalmente de amplo espectro, xa que se observou que un dos pacientes non experimentara ningunha melloría. Isto era debido a que o seu virus logrou “escapar” do seu efecto e facerse resistente.

O máis probable será que o 3BNC117, como acontece con outros antirretrovirales, teña que ser utilizado en combinación con outros anticorpos ou fármacos para manter ou controlar a infección. Aínda que tería a vantaxe de que unha terapia de anticorpos podería requerir unha administración cada poucos meses e non todos os días (como cos antirretrovirales), os científicos conclúen que sería unha vía pouco factible hoxe en día.


Autora: Carmen Vilanova.

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina, Saúde e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Parándolle os pés ao VIH

  1. Victor di:

    NON VOS ESQUEZADES DO FORO

  2. fab-antonchaves di:

    O sistema inmunitario é o conxunto de mecanismos que no interior dun organismo teñen a finalidade de protexelo das doenzas, identificando e eliminando os axentes patóxenos. Debe detectar unha gran variedade de axentes, desde virus ata vermes parasitos, e precisa distinguilos das súas propias células e tecidos para ser eficaz, ademais os patóxenos adáptanse e evolucionan para infectaren con éxito o organismo hóspede.

    Para sobrevivir, diversos organismos desenvolveron mecanismos para recoñecer e neutralizar patóxenos. Mesmo os organismos unicelulares simples, como poden ser as bacterias, posúen un sistema de enzimas para protexerse das infeccións virais. Outros mecanismos inmunitarios básicos desenvolvéronse nas antigas células eucariotas permanecendo nos seus modernos descendentes, como plantas, peixes, réptiles e insectos. Entre eses mecanismos están os péptidos coñecidos como defensinas, a fagocitose e o sistema do complemento. Mecanismos máis sofisticados desenvolvéronse máis recentemente coa evolución dos vertebrados. Os sistemas inmunitarios dos vertebrados consisten en A varios tipos de proteínas, células, órganos e tecidos que interactúan nunha rede elaborada e dinámica. Como parte desta resposta máis complexa, os sistema dos vertebrados adáptanse para recoñeceren os patóxenos concretos con maior eficacia. O proceso de adaptación crea memorias inmunolóxicas e permite unha mellor protección en futuros encontros con eses patóxenos. Este proceso de adquirir inmunidade é a base da vacinación.

  3. faa-albaaller di:

    Este artigo céntrase no virus do VIH (Virus de Inmunodeficiencia Humana). Este é un lentivirus que provoca o síndrome de inmunodeficiencia adquirida, coñecido como sida.
    A característica principal destes virus é que logo de penetrar no corpo humano, realizan unha incubación prolongada nas células que acaba por desembocar nunha enfermidade despois de varios anos. Durante a sua incubación comezan a transformación do ácido desoxirribonucleico (ADN) da célula hospedadora, desta maneira o ARN do virus fusiónase co ADN da célula é así esta queda totalmente infectada. A partir de aquí poden ocorrer dúas cousas: ou ben que a célula siga coas súas funcións, desta maneira moitas persoas teñen o virus do VIH pero este non da lugar ao sida, ou que o virus comece a replicarse e infectar outras células, provocando a enfermidade.
    Diferenciamos entre dous tipos de VIH chamados, VIH-1 e VIH-2.
    O primeiro deles corresponde o virus descuberto na primeira metade da década de 1980. O VIH-1 é o máis infecioso e virulento e, é o causante da maioría das infecións no mundo.
    O segundo, o VIH-2, é menos infecioso e encóntrase en países de África Occidental principalmente.
    A única forma de contraer esta enfermidade é por contaxio, e este lévase a cabo polo contacto de fluídos corporales como a saliva, as lágrimas, a orina, o sangue, o semen, etc.
    As tres principales formas de transmisión son:
    Sexual: polo contacto sexual sen protección, o que produce o contacto de fluídos corporales.
    Contacto sanguíneo: normalmente dase no ámbito das drogas, por compartir xeringuillas, inda que tamén algún material sanitario de países pobres pode estar contaminado, xa que non se esteriliza. Tamén na realización de piercings, tatuaxes ou escarificacións.
    Perinatal: esta é a transmisión de nai a fillo, aínda que pode evitarse cun tratamento que a nai comezaría a tomar ao principio do embarazo, no caso de que coñecera que é portadora deste virus.

  4. faa-carmenvilanova di:

    O virus do SIDA pode infectar distintos tipos de células. No entanto, ten especial atracción polos linfocitos CD4 (ou T4), que dirixen o funcionamento do sistema inmunolóxico. Son un tipo de glóbulo branco que combate as infeccións.
    Dende o primeiro momento en que se produce a infección polo VIH, o virus se encontra activo replicándose así constantemente xerando novos virus. Os linfocitos CD4 loitan contra esta proliferación viral, producíndose unha auténtica guerra entre o VIH e ditos linfocitos. Como resultado o número de linfocitos CD4 vai ir diminuíndo progresivamente e, se non se interviñese co tratamento, tras unha media de 8-10 anos a cifra de linfocitos tería descendido de tal maneira que o paciente podería sufrir graves infeccións e tumores. Finalmente, ao reducirse a cantidade de células CD4, o sistema inmune debilítase.
    Un dos indicadores para medir as defensas é precisamente o reconto de CD4 por mm3.

  5. faa-ivanlois di:

    O sistema inmunolóxico é a defensa natural do corpo contra as infeccións. Por medio dunha serie de pasos, o corpo combate e destrúe organismos infecciosos invasores antes de que causen dano. Cando o seu sistema inmunolóxico está a funcionar axeitadamente, protéxenos de infeccións que nos causan enfermidades.
    O proceso inmunolóxico funciona así: un axente infeccioso entra no corpo. O sistema inmunolóxico está sempre alerta para detectar e atacar o axente infeccioso antes de que cause dano. Sexa cal sexa o axente, o sistema inmunolóxico recoñéceo como un corpo alleo.
    A primeira liña de defensa do corpo é un grupo de células chamadas macrófagos. Estas células circulan pola corrente sanguínea e nos tecidos do corpo, vixiantes dos antíxenos.
    Cando un invasor entra, un macrófago rapidamente detéctao e captúrao dentro da célula. Encimas no interior do macrófago destrúen ao antíxeno procesándoo en pedaciños pequenos chamados péptidos antixénicos. Na maioría dos casos, outras células do sistema inmunolóxico deben unirse á loita.
    Pero antes de que outras células poidan empezar o seu traballo, os péptidos antixénicos dentro do macrófago únense a moléculas chamadas antíxenos de leucocitos humanos ou HLA.
    Células chamadas linfocitos da clase T, poden entón recoñecer e interactuar co complexo péptido antixénico-HLA que se encontra na superficie do macrófago.
    Unha vez que o devandito complexo é recoñecido, os linfocitos T envían sinais químicos chamados citocinas. Estas citocinas atraen máis linfocitos T. Tamén alertan a outros linfocitos, da clase B, para que produzan anticorpos.
    Estes anticorpos libéranse á circulación sanguínea para encontrar e unir máis antíxenos, de tal forma que os invasores non se poidan multiplicar e enfermalo. No último paso deste proceso, unha célula chamada fagocito encárgase de remover o antíxeno do corpo.

  6. fab-lauracaldas di:

    O Sistema Inmune é o sistema de defensas do corpo, a palabra “Inmune” vén do latín e significa “libre de” polo que o sistema inmune é o encargado de manter o organismo libre de axentes externos ou internos capaces de producir alteracións ou enfermidades. Pola súa banda, Inmunitario e Inmunolóxico comparten orixe no latín e grego en canto a unha forma que se engloba conxuntamente nun marco de saúde que abordamos nesta análise. para que este sistema funcione require de sinais químicos, sobre a membrana celular de todas e cada unha das células do corpo existen unhas substancias do tipo proteínas que son lidas polas células do sistema inmune e actúan como unha especie de marca persoal, isto permite recoñecelas como propias; toda célula, microorganismo, virus, batería, parasito ou fungo que non teña esta marca é recoñecido como estraño e pasa a ser un antíxeno, todo antíxeno por ser estraño é recoñecido como potencialmente perigoso polo que é capaz de iniciar unha serie de eventos que constitúen a resposta inmunolóxica que ten como fin eliminalo.

  7. faa-tamaraparracho di:

    Definimos sistema inmunitario ou inmunolóxico como un conxunto de estruturas e procesos biolóxicos no interior dun organismo que o protexen contra enfermiades identificando e atacando a axentes patóxenos e cancerosos.
    O sistema inmunitario está composto principalmente por leucocitos, linfocitos, anticorpos, células T, citoquinas, macrófagos, neutrófilos… que axudan ao seu funcionamento.
    Grazas a estas células, este sistema pode detectar unha ampla variedade de axentes, dende virus ata parásitos intestinais, para o que precisa distinguilos das propias células e tecidos sans do organismo.
    Esta detección é complicada, xa que os patóxenos poden evolucionar rapidamente, producindo adaptacións que evitan o sistema inmunitario e lles permiten infectar con éxito as células do noso organismo. Esta situación agrávase considerablemente no caso de enfermidades coma o sida.
    Cando o VIH, o lentivirus que provoca esta enfermidade, se encontra dentro do noso organismo, non pode sobrevivir de forma independente, senón que precisa habitar no interior dunha célula. As células elixidas para aloxarse son os linfocitos T4 nas que implanta o seu código xenético. Cando isto ocorre, ditos glóbulos brancos deixan de cumprir as súas funcións normais e o VIH comeza a multiplicarse e expandirse a partir deles. Neste proceso, os linfocitos T4 van sendo destruídos gradualmente.
    A diminución das células T4 é especialmente importante, porque elas son os linfocitos reguladores necesarios para activar gran parte das respostas inmunitarias. A medida que o número destas células vai diminuíndo, o sistema inmunolóxico humano vai perdendo progresivamente as súas capacidades de protección contra as infeccións, permitindo que se produzan infeccións oportunistas que ameacen a vida e favorezan a formación de cancros.

  8. faa-sarafalcon di:

    O VIH ten un ciclo vital que pode ser tan curto como 1,5 días, dende o ensamblado nunha célula infectada ata a infección dunha nova célula. O VIH utiliza a transcriptasa reversa para mediar a súa conversión de ARN a ADN. Esta encima non corrixe erros, e proporciona variabilidade de copias. Dado que a vida media do virus é curta e as copias de ADN son altamente variadas, pola alta cantidade de erros de transcrición, existe unha alta taxa de mutación. Moitas das mutacións son inferiores ao virus orixinal (frecuentemente perden a habilidade de reproducirse) ou non implican ningunha vantaxe, pero algunhas son superiores ao virus base e poden habilitar o virus para resistir o tratamento antirretroviral. A mellor defensa contra a resistencia é a supresión máxima do virus, xa que reducindo a cantidade de copias activas se reduce a taxa de mutación.

    As combinacións de antirretrovirales actúan incrementando o número de obstáculos para a mutación viral, e manteñen baixo o número de copias virais. Os axentes antirretrovirales individualmente non suprimen a infección por VIH a longo prazo, polo cal deben usarse en combinacións.

  9. faa-diegogarcia di:

    Os medicamentos antirretrovirales, que impiden a multiplicación do virus no organismo, xurdiron na década dos oitenta. Non matan o VIH -o virus causante da sida-, pero axudan a evitar o debilitamento do sistema inmunitario. Por iso, o seu uso é fundamental para aumentar o tempo e a calidade de vida dos pacientes de sida.
    Dende 1996, Brasil distribúe gratuitamente o coctel antisida para todos os que necesitan tratamento. Segundo datos do Ministerio de Saúde, preto de 200.000 persoas reciben regularmente os medicamentos para tratar esta enfermidade. Actualmente, existen 18 medicamentos divididos en cinco tipos.

  10. fab-mariangaleano di:

    El virus de la inmunodeficiencia humana causa la infección por el VIH y el SIDA. El virus ataca el sistema inmunitario. A medida que el sistema inmunitario se debilita, el cuerpo queda en riesgo de contraer cánceres e infecciones que pueden ser mortales. Una vez que una persona tiene el virus, éste permanece dentro del cuerpo de por vida.
    O virus da inmunodeficiencia humana causa a infección polo VIH e o SIDA. O virus ataca o sistema inmunitario. A medida que o sistema inmunitario se debilita, o corpo queda en risco de contraer cancros e infeccións que poden ser mortais. Unha vez que unha persoa ten o virus, éste permanece dentro do corpo de por vida.
    O virus propágase dunha persoa a outra. Pódese transmitir dos seguintes xeitos:
    – A través do contacto sexual: incluído o sexo oral, vaxinal e anal.
    – A través do sangue: por transfusións de sangue ou con moita frecuencia por compartir agullas.
    – Da nai ao fillo: unha muller embaraza pode transmitirlle o virus ao seu feto a través da circulación sanguínea compartida, ou unha nai lactante pode pasarllo ao seu bebé por medio do leite materno.

  11. fab-miguelpineiro di:

    O virus do SIDA pode infectar distintos tipos de células. Pero especialmente, ten especial atracción polos linfocitos CD4 ou T4, que son aqueles que dirixen o funcionamento do sistema inmunolóxico. Son un tipo de glóbulo branco que combate as infeccións.
    Dende o primeiro momento en que se produce a infección polo VIH, o virus se encontra activo replicándose así constantemente xerando novos virus. Os linfocitos CD4 loitan contra esta proliferación viral, producíndose unha auténtica guerra entre o VIH e ditos linfocitos. Como resultado o número de linfocitos CD4 vai ir diminuíndo progresivamente e, se non se interviñese co tratamento, tras unha media de 8-10 anos a cifra de linfocitos tería descendido de tal maneira que o paciente podería sufrir graves infeccións e tumores. Finalmente, ao reducirse a cantidade de células CD4, o sistema inmune debilítase.
    Un dos indicadores para medir as defensas é precisamente o reconto de CD4 por mm3.

  12. fab-ivanportas di:

    A función do sistema inmunolóxico principalmente é manter os microorganismos infecciosos como determinadas bacterias, virus e fungos, fose do noso corpo, e destruír calquera microorganismo infeccioso que logre invadir o noso organismo. Este sistema está formado por unha rede complexa e vital de células e órganos que protexen ao corpo das infeccións.

    Aos órganos que forman parte do sistema inmunolóxico chámaselles órganos linfoides, os cales afectan o crecemento, o desenvolvemento e a liberación de linfocitos (un tipo de glóbulos brancos). Os vasos sanguíneos e os vasos linfáticos son partes importantes dos órganos linfoides debido a que son os encargados de transportar os linfocitos cara a e dende diferentes áreas do corpo. Cada órgano linfoide desempeña un papel na produción e activación dos linfocitos. Os órganos linfoides inclúen:

    – As adeniodes (dúas glándulas que se encontran na parte posterior da pasaxe nasal).
    – Os vasos sanguíneos (as arterias, as veas e os capilares a través dos cales flúe o sangue).
    – A medula ósea (tecido suave e esponxoso que se encontra nas cavidades óseas).
    – Os nódulos linfáticos (pequenos órganos con forma de feixón que se encontran en todo o corpo e se conectan mediante os vasos linfáticos).
    – Os vasos linfáticos (unha rede de canles que se estende a través de todo o corpo e que transporta os linfocitos aos órganos linfoides e ao torrente sanguíneo).
    – A placa de Peyer (tecido linfoide no intestino delgado).
    – O bazo (órgano do tamaño dun puño, que se encontra na cavidade abdominal).
    – O engano (dous lóbulos que se unen en fronte da traquea, detrás do esterno).
    – As amígdalas palatinas (dúas masas ovais na parte posterior da garganta).

  13. faa-manuelvilas di:

    Un anticorpo monoclonal é un anticorpo homogéneo producido por unha célula híbrida produto da fusión dun clon de linfocitos B descendiente dunha soa e única célula nai e unha célula plasmática tumoral.
    Os anticorpos monoclonales son anticorpos idénticos porque son producidos por un só tipo de célula do sistema inmune, é dicir, todos os clones proceden dunha soa célula nai. É posible producir anticorpos monoclonales que se unan específicamente con calquera molécula con carácter antigénico. Este fenómeno é de gran utilidade en bioquímica, biología molecular e medicina.
    Unha vez que vos anticorpos monoclonais foron producidos, que se ligan a substancias específicas, lestes poden ser utilizados para detectar a presenza e cantidade desta sustancia por medio do exame de Western blot , a detección dunha sustancia en solución ou unha proba de imunofluorescência que detecta unha sustancia nunha célula enteira. Vos anticorpos monoclonais son tamén utilizados para purificar unha sustancia chamada técnicas de imunoprecipitaçãou e cromatografía .

  14. faa-rubeniglesias di:

    A síndrome da sida é un conxunto de enfermidades de moi diverso tipo que resultan da infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH). O uso de medicamentos combinados pode controlar a replicación do virus e fortalecer o sistema inmunitario.
    Clinicamente, a sida é declarada cando un paciente seropositivo presenta un conteo de linfocitos inferior a 200 células por mililitro cúbico de sangue. O sistema inmune queda gravemente deteriorado, de modo que o paciente queda exposto a infeccións oportunistas. Cando as condicións dos servizos médicos non permiten a realización de probas de laboratorio, declárase que un paciente desenvolveu sida cando presenta enfermidades que se consideran definitorias da síndrome.
    A infección por VIH adquírese a través do intercambio de fluídos como o sangue, o seme, a mucosa vaxinal e a mucosa anal. Outros fluídos como as bágoas e a saliva conteñen o virus en menores cantidades, de maneira que a probabilidade de adquirir o VIH a través deles é practicamente nula. As formas máis frecuentes de contraer o VIH son a través do coito sen condón, as xiringas e outros instrumentos punzocortantes infectados, a transfusión de sangue…
    Aínda que non se manifesten síntomas graves da infección por VIH, o sistema inmune do paciente estará exposto a un proceso de deterioración causada pola reprodución do virus.

  15. fab-alexcosta di:

    O virus da inmunodeficiencia humana causa a infección polo VIH e a SIDA. O virus ataca o sistema inmunitario. A medida que o sistema inmunitario se debilita, o corpo queda en risco de contraer cancros e infeccións que poden ser mortais. Unha vez que unha persoa ten o virus, este permanece dentro do corpo de por vida.
    O virus do VIH pode ser encontrado en líquidos e secrecións corporais (sangre, seme, líquido preseminal, secreción vaxinal e leite materno). Calquera práctica que permita o contacto deses líquidos e secrecións corporais coas mucosas e o torrente sanguíneo (unha ferida aberta, por exemplo) doutra persoa pode causar infección por VIH.
    Transmítese:
    – Por ter relacións sexuais anais, vaxinais ou orais sen preservativo xa que pode pasar a través do fluxo vaxinal, o líquido preseminal ou o seme en contacto cos fluídos ou as mucosas doutra persoa.
    – Por compartir agullas, xiringas, máquinas de afeitar, alicates, piercings, agullas para tatuar ou calquera outro elemento cortante ou punzante en xeral; compartir canudos que conteñan sangue dunha persoa infectada tamén transmíteo.
    – Por transmisión de nai a fillo. En caso de mulleres embarazadas con VIH pódenllo transmitir ao bebé durante o embarazo, no momento do parto ou durante a lactación. É o que se chama transmisión vertical.

  16. fab-sabelafernandez di:

    Os fármacos antirretrovirales ou antirretrovíricos(TAR de Terapia AntirRetroviral)son medicamentos antivirais específicos para o tratamento de infeccións por retrovirus como, por exemplo, o virus da inmunodeficiencia humana (VIH), causante da síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA).

    Diferentes antirretrovirales utilízanse en varias etapas do ciclo vital do VIH. O conxunto de varias combinacións de tres ou catro fármacos coñécese como Terapia Antirretroviral de Gran Actividad (TARGA).

    O VIH ten un ciclo vital que pode ser tan curto como 1,5 días, dende o ensamblado nunha célula infectada ata a infección dunha nova célula. O VIH utiliza a transcriptasa reversa para mediar a súa conversión de ARN a ADN. Esta encima non corrixe erros, e proporciona variabilidade de copias. Dado que a vida media do virus é curta e as copias de ADN son altamente variadas, pola alta cantidade de erros de transcrición, existe unha alta taxa de mutación. Moitas das mutacións son inferiores ao virus orixinal (frecuentemente perden a habilidade de reproducirse) ou non implican ningunha vantaxe, pero algunhas son superiores ao virus base e poden habilitar o virus para resistir o tratamento antirretroviral. A mellor defensa contra a resistencia é a supresión máxima do virus, xa que reducindo a cantidade de copias activas se reduce a taxa de mutación.

  17. fab-miguelleiro di:

    Existen diferentes tipos de fármacos para tratar a infección polo VIH. Esos medicamentos atacan diversos aspectos do proceso que utiliza o virus para reproducirse. Como o VIH muta rápidamente vólvese resistente a todos os medicamentos administrados en forma aislada, os pacientes deben tomar unha combinación de fármacos para lograr a máxima supresión do VIH.
    A terapia de combinación contra o VIH é coñecida como terapia antirretroviral de gran actividade ou TARGA. A TARGA, cambia o curso natural da infección polo VIH e prolonga significativamente o periodo entre la infección inicial e o desarrollo de síntomas. Para alcanzar estos resultados é importante comezar o tratamento antes de que se manifesten os síntomas do SIDA, pero aquel tamen ten beneficios importantes e duraderos para a saúde dos pacientes que o comezan despois do diagnóstico do SIDA.

  18. fab-mariaoubina di:

    O virus da inmunodeficienza humana (VIH) é un lentivirus, causante do síndrome de inmunodeficienza adquirida (SIDA). O VIH debilita o sistema inmunolóxico, volvéndonos máis vulnerables a contraer enfermidades. A única forma de detectar o virus é realizándose a proba do VIH.

    Non existen síntomas específicos do VIH. A única forma de confirmar a existencia de infección polo VIH é a través da proba de detección do VIH nunha mostra de sangue.

    O virus propágase (transmítese) dunha persoa a outra de calquera das seguintes maneiras:

    -A través do contacto sexual.
    -A través da sangre: por transfusiones de sangue (agora moi infrecuente nos Estados Unidos) o con moita frecuencia por compartir agullas
    -Da nai ao fillo: unha muller embarazada pode transmitirlle o virus ao seu feto a través da circulación sanguínea compartida, ou unha nai lactante pode pasarllo ao seu bebé por medio da leite materna.

  19. fab-antonchaves di:

    Cando o ser humano enferma comeza a loita interna contra os organismos externos que producen a enfermidade, o sistema inmunolóxico ponse en marcha e segrega os anticorpos específicos para combater e eliminar as bacterias, parasitos ou virus que provoca o malestar. Tamén coñecidos como inmunoglobulinas, os anticorpos son glicoproteínas que circulan polo sangue á busca e captura dos antíxenos que danan o organismo. O coñecemento do mecanismo de resposta do corpo humano fronte aos antíxenos que causan as enfermidades deu lugar ás vacinas, que fan que o corpo se adiante a un posible contaxio facéndoo inmune.
    A función básica dos anticorpos é a de neutralizar elementos externos, antíxenos, como bacterias, parasitos e virus. Ademais, cada inmunoglobulina é única e específica para cada tipo de antíxeno.
    Os anticorpos, unha vez producidos, permanecen circulando polo sangue durante meses, o que xera a inmunidade durante longos períodos a certo antíxeno. Esta é a base das vacinas: crear a devandita inmunidade a certos organismos patóxenos externos tras provocar a segregación por parte do sistema inmunitario das inmunoglobulinas correspondentes.

  20. fab-raquelpan di:

    O sistema inmunológico humano e esencial para a nosa supervivencia nun mundo cheo de microbios potencialmente peligrosos, e un deterioro grave, incluso dunha rama deste sistema, pode facernos susceptibles a infeccions graves que poñen en peligro a vida.

    Inmunidad non específica (innata)

    O sistema inmunolóxico humano ten dous niveis de inmunidad: específica e non específica. A través da inmunidad non específica, tamén chamada inmunidad innata, o corpo humano protexese en contra de corpos extraños que percibe como nocivos. Puedese atacar a microbios tan pequenos como os virus e as bacterias, ao igual que os organismos máis grandes como os gusanos. Colectivamente, a estos organismos chamaselles patóxenos cando poden provocar enfermedades no huésped.

    Todos os animales teñen defensas inmunolóxicas innatas en contra dos patóxenos comuns; as primeras líneas de defensa incluen barreiras exteriores, como a pel e as membranas mucosas. Cando os patóxenos penetran as barreiras exteriores, por exemplo, a través de un corte na pel, ou cando son inhalados e entran aos pulmons, poden provocar daños serios.

    Alguns glóbulos blancos (fagocitos) combaten os patóxenos que logran atravesar as defensas exteriores; un fagocito envolve a un patóxeno, absorbeo e neutralizao

    Inmunidad específica

    Anque os fagocitos saludables son vitales para a boa salude, non poden enfrentar certas amenazas infecciosas. A inmunidade específica e un complemento da función dos fagocitos e outros elementos do sistema inmunolóxico innato.

    En contraste coa inmunidade innata, a específica permite unha resposta dirixida en contra dun patóxeno concreto; solamente os vertebrados teñen respostas inmunolóxicas específicas.

    Os tipos de glóbulos blancos, chamados linfocitos, son vitales para a resposta inmunolóxica específica. Os linfocitos producense na médula espiñal, e maduran para convertirse nun de diversos subtipos, os dos máis comunes son las células T e as células B

  21. faa-ileniamartinez di:

    O proceso inmunolóxico funciona así: un axente infeccioso entra no corpo.O seu sistema inmunolóxico está sempre alerta para detectar e atacar o axente infeccioso antes de que cause dano. Sexa cal fora o axente, o sistema inmunolóxico recoñéceo como un corpo alleo. Estes corpos externos chámanse antíxenos. E os antíxenos deben ser eliminados.
    A primeira liña de defensa do corpo é un grupo de células chamadas macrófagos. Estas células circulan pola corrente sanguínea e nos tecidos do corpo, vixiantes dos antíxenos. Cando un invasor entra, un macrófago rapidamente detéctao e captúrao dentro da célula. Encimas no interior do macrófago destrúen ao antíxeno procesándoo en anacos pequenos chamados péptidos antixénicos. Ás veces este proceso por si só é suficiente para eliminar o invasor. Non obstante, na maioría dos casos, outras células do sistema inmunolóxico deben unirse á loita.
    Pero antes de que outras células poidan empezar o seu traballo, os péptidos antixénicos dentro do macrófago únense a moléculas chamadas antíxenos de leucocitos humanos ou HLA. A molécula de HLA unida a ao péptido, agora chamada complexo antixénico, é liberada do macrófago.
    Células chamadas linfocitos da clase T, poden entón recoñecer e interactuar co complexo péptido antixénico-HLA que se encontra na superficie do macrófago. Unha vez que o devandito complexo é recoñecido, os linfocitos T envían sinais químicos chamados citocinas. Estas citocinas atraen máis linfocitos T. Tamén alertan a outros linfocitos, da clase B, para que produzan anticorpos.
    Estes anticorpos libéranse á circulación sanguínea para encontrar e unir máis antíxenos, de tal forma que os invasores non se poidan multiplicar e enfermalo. No último paso deste proceso, unha célula chamada fagocito encárgase de remover o antíxeno do corpo.

  22. faa-emiliolumbres di:

    Enténdese por sistema inmunoloxico a defensa natural do corpo contra as infección como as bacterias e os virus. A través dunha reacción ben organizada, o noso corpo ataca e destrúe os organismos infecciosos que o invaden. Estes corpos extraños chámanse antíxenos.
    A inflamación é a resposta do sistema inmunolóxico aos antíxenos. Como resposta á infección ou á lesión, diversas clases de glóbulos brancos transpórtanse polo torrente sanguíneo ata o lugar da infección e solicitan máis glóbulos brancos. Cando a ameaza desaparece, a inflamación cede. Un exemplo é, cando una persona córtase ou ten gripe, a inflamación úsase para matar a bacteria ou o virus que invade o corpo.

  23. faa-iagopadin di:

    Os linfocitos T colaboradores ou linfocitos T cooperadores (do inglés “T helper cells”), tamén coñecidos como linfocitos T efectores ou simplemente linfocitos Th, son un subgrupo de linfocitos (á súa vez un tipo de leucocito) que teñen un papel moi importante en establecer e maximizar as capacidades de defensa do sistema inmunitario. A actividade destas células é inusual, en tanto non son capaces de producir efectos citotóxico ou fagocitarios, é dicir, non poden aniquilar a célula hóspede (tamén coñecidas como células somáticas) ou patóxenos. Sen a axuda doutras células inmunitarias considéranse inútiles contra unha infección. Os linfocitos Th están involucrados na activación e dirección doutras células inmunitarias, e son particularmente importantes na resposta inmune adaptativa. Son esenciais no proceso de conmutación para a posterior formación de anticorpos por parte dos linfocitos B, na activación e crecemento dos linfocitos T citotóxico, e no aumento da actividade bactericida de fagocitos como os macrófagos. É esta diversidade na súa función e o seu papel na influencia doutras células o que lles dá aos linfocitos T “colaboradores” o seu nome.

  24. fab-lauraozores di:

    Un fármaco, específico, é unha molécula bioactiva, que en virtude da súa estrutura e configuración química, pode interactuar con macromoléculas proteicas, xeralmente, denominadas receptores localizadas na membrana, citoplasma ou núcleo dunha célula, dando lugar a unha acción e un efecto evidenciable, as encimas tamén llas considera receptores catalíticos pois, están en condicións de interactuar con ligandos, neste caso os fármacos (agonistas), nesa unión fármaco receptor, interveñen case sempre unións supramoleculares, é dicir non de carácter covalente de alta enerxía, ao redor de 60 Kcal mol, senón máis ben, unións máis débiles e reversibles como hidrofóbicas, de Van der Walls ou pontes hidróxeno. Modernamente no deseño de novos fármacos se utilizan, descritores, que categorizar unha molécula por aspectos electrónicos, xeométricos, cuánticos, termodinámicos e de conectividade, iso viabilizar a utilización de ferramentas informáticas no deseño de estruturas referenciais ou cabezas de serie.

    O termo fármaco non se lle debe confundir co termo droga, pois este erro provén dunha equívoca tradución de -drug- do Inglés, por iso -droga- non necesariamente é un sinónimo de fármaco e este erro aínda obsérvase en moitos textos de Farmacoloxía.
    Cando o fármaco, que é o principio activo, llo presenta como unha forma farmacéutica determinada, llo denomina medicamento, aquí xa se inclúen continxentes tecnolóxicos de fabricación, que determinarán unha biodisponibilidad e estabilidade axeitada desa presentación. É dicir boa absorción nun lapso de tempo, e non degradación química ou físico química que afecten o seu funcionamento nun organismo vivo, é dicir sen menoscabar unha axeitada absorción, pasen da fase biofarmacéutica á fase farmacocinética que determina a chegada exitosa dunha molécula bioactiva á biofase ou sitio de acción, en niveis de concentración que garantan un efecto. Hoxe o tremendo avance en proteonómica e as conseguintes alteracións que poden sufrir as proteínas nas súas estruturas terciarias principalmente, abren novos e suxestivos andariveis na investigación de moléculas bioactivas para combater perigosos axentes infecciosos como virus, bacterias e o cancro.
    Os fármacos poden ser substancias creadas polo home ou producidas por outros organismos e utilizadas por aquel. Desta forma, hormonas, anticorpos, interleucinas e vacinas son considerados fármacos ao ser administrados en forma farmacéutica. En resumo, para que unha substancia bioloxicamente activa se clasifique como fármaco, debe administrarse ao corpo de xeito exóxeno e con fins médicos.

  25. faa-carmenvilanova di:

    O tratamento contra o virus do SIDA levado a cabo polos científicos da Universidade de Rockefeller correspóndese cun anticorpo monoclonal.
    Un anticorpo monoclonal é un anticorpo homoxéneo producido por unha célula híbrida produto da fusión dun clon de linfocitos B descendente dunha soa e única célula nai e unha célula plasmática tumoral.
    Os anticorpos monoclonais, son anticorpos idénticos porque son producidos por un só tipo de célula do sistema inmune, é dicir, todos os clons proceden dunha soa célula nai. É posible producir anticorpos monoclonais que se unan especificamente con calquera molécula con carácter antixénico. Este fenómeno é de grande utilidade en bioquímica, bioloxía molecular e medicina.
    Unha vez que se produciron anticorpos monoclonais que se unen a determinadas substancias, estes poden ser usados para detectar a presenza e cantidade desta substancia, grazas á proba de Western blot, que detecta unha substancia nunha solución ou cunha proba de inmunofluorescencia, que detecta unha substancia nunha célula enteira. Os anticorpos monoclonais tamén son usados para purificar unha substancia con técnicas chamadas inmunoprecipitación e cromatografía.
    Os anticorpos monoclonais mostran unha serie de vantaxes sobre os anticorpos policlonais como por exemplo maior homoxeneidade, reproductibilidade dos seus efectos (como consecuencia da súa homoxeneidade) ou maior capacidade potencial de seleccionar os mellores anticorpos en afinidade.
    Os anticorpos monoclonais utilízanse en moitos campos como investigación (aislantes de proteínas, activadores de enzimas), diagnóstico, como catalizadores de reaccións químicas ou como detectores de moléculas tanto orgánicas como inorgánicas.

  26. faa-tamaraparracho di:

    Os fármacos antirretrovirais son medicamentos antivirais específicos para o tratamento de infeccións por retrovirus como, por exemplo, o VIH, causante da síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA).
    Estes fármacos non matan ao VIH, senón que impiden a multiplicación do virus no organismo, axudando a evitar o debilitación do sistema inmunitario.
    Existen diferentes clases de medicamentos antirretrovirais, entre os que destacan os seguintes:

    – Inhibidores nucleosídicos da transcriptasa inversa: Actúan sobre a encima transcriptasa inversa, incorporándoa á cadea de ADN que crea o virus. Con isto, conséguese que cadea se volva defectuosa, impedindo que o virus se reproduza.
    – Inhibidores non nucleósidos da transcriptasa inversa. Bloquean directamente a acción da encima e a multiplicación do virus.
    – Inhibidores da proteasa: Actúan sobre a encima proteasa, bloqueando a súa acción e impedindo produción de novas copias de células infectadas polo VIH.
    – Inhibidores da fusión: Impiden a entrada do virus á célula, co que este non pode reproducirse.
    – Inhibidores da integrasa: Bloquean a actividade da encima integrasa, responsable da inserción do ADN do VIH no ADN humano. Deste xeito, inhíbese a replicación do virus e a súa capacidade de infectar novas células.

    Para combater o VIH é necesario utilizar un mínimo de tres antirretrovirais combinados, dous deles de clases diferentes. O tratamento é complexo e require seguimento médico para avaliar as adaptacións do organismo ao tratamento, os seus efectos secundarios e as posibles dificultades.

  27. faa-albaaller di:

    Coñecemos co nome de anticorpo monoclonal a aquel anticorpo homoxéneo que foi producido por unha célula híbrida produto da fusión dun clon de linfocitos B e unha célula plasmática tumoral. Estes compoñen o tratamento contra o virus do sida.
    Son idénticos entre eles posto que foron producidos por unha mesma célula nai do sistema inmunolóxico.
    Mostran vantaxes sobre os anticorpos policlonais, as máis destacadas son a maior homoxeneidade, reproductibilidade dos efectos, maior capacidade potencial de seleccionar os mellores anticorpos.
    Son utilizados en moitos campos da ciencia, como a investigación, como catizadores de reaccións químicas, ou como detectores de diferentes tipos de substancias, tanto orgánicas como inorgánicas. Esta detección de substancias ven dada grazas a Western Blot, e consiste en que unha vez producidos se unen a determinadas substancias e poden detectar os diferentes compostos e a súa cantidade.

  28. faa-martinbaulde di:

    Un anticorpo monoclonal é un anticorpo homoxéneo producido por unha célula híbrida que resulta da fusión dun clon de linfocitos Bdescendente dunha soa e única célula nai e unha célula plasmática tumoral.

    Os anticorpos monoclonais son anticorpos idénticos porque son producidos por un só tipo de célula do sistema inmune, é dicir, todos os clons proceden dunha soa célula nai.

    Para producir anticorpos monoclonais, primeiro extráense células B do bazo dun animal que foi exposto a unha substancia estraña. Estas células B son fusionadas en presenza de polietilenglicol con células tumorais de mieloma múltiple (tipo de cancro) que poden crecer indefinidamente en cultivo celular. Esta fusión fai ás membranas celulares máis permeables. Estas células fusionadas híbridas, chamadas hibridomas poden multiplicarse rápida e indefinidamente producir gran cantidade de anticorpos.

  29. faa-laurachaves di:

    Un virus é un axente infeccioso microscópico acelular que só pode multiplicarse dentro das células doutros organismos.

    Os virus infectan todos os tipos de organismos, dende animais e plantas, ata bacterias e arqueas. Son demasiado pequenos para poder ser observados coa axuda dun microscopio óptico, polo que se di que son submicroscópicos; aínda que existen excepcións.
    Compóñense de dous ou tres partes: o seu material xenético, que porta a información hereditaria, que pode ser ADN ou de ARN; unha cuberta proteica que protexe a estes xenes -chamada cápside- e nalgúns tamén se pode encontrar unha bicapa lipídica que os rodea cando se encontran fóra da célula -denominada envoltura vírica-. Os virus varían na súa forma, dende simples helicoides ou icosaedros ata estruturas máis complexas.
    O virus da inmunodeficiencia humana (VIH) é un lentivirus que ataca ao Sistema Inmune das persoas, debilitándoo e facéndoos vulnerables ante unha serie de infeccións, algunhas das cales poden poñer en perigo a vida.

    A Síndrome da Inmunodeficiencia Adquirida ou sida, é o estado da infección polo VIH caracterizado por baixos niveis de defensas e a aparición de infeccións oportunistas. É esférico, dotado dunha envoltura e cunha cápside proteica. O seu xenoma é unha cadea de ARN monocatenario que debe copiarse provisionalmente ao ADN para poder multiplicarse e integrarse no xenoma da célula que infecta.

  30. fab-mariblanco di:

    O sistema inmunitario é o conxunto de mecanismos que no interior dun organismo teñen a finalidade de protexelo das doenzas, identificando e eliminando os axentes patóxenos. Debe detectar unha gran variedade de axentes, desde virus ata vermes parasitos, e precisa distinguilos das súas propias células e tecidos para ser eficaz, ademais os patóxenos adáptanse e evolucionan para infectaren con éxito o organismo hóspede.

    Para sobrevivir, diversos organismos desenvolveron mecanismos para recoñecer e neutralizar patóxenos. Mesmo os organismos unicelulares simples, como poden ser as bacterias, posúen un sistema de enzimas para protexerse das infeccións virais. Outros mecanismos inmunitarios básicos desenvolvéronse nas antigas células eucariotas permanecendo nos seus modernos descendentes, como plantas, peixes, réptiles e insectos. Entre eses mecanismos están os péptidos coñecidos como defensinas, a fagocitose e o sistema do complemento. Mecanismos máis sofisticados desenvolvéronse máis recentemente coa evolución dos vertebrados. Os sistemas inmunitarios dos vertebrados consisten en A varios tipos de proteínas, células, órganos e tecidos que interactúan nunha rede elaborada e dinámica. Como parte desta resposta máis complexa, os sistema dos vertebrados adáptanse para recoñeceren os patóxenos concretos con maior eficacia. O proceso de adaptación crea memorias inmunolóxicas e permite unha mellor protección en futuros encontros con eses patóxenos. Este proceso de adquirir inmunidade é a base da vacinación.