Holoturia como complemento nutricional

A holoturia trátase duna animal invertebrado que conforma o grupo dos holoturoideos; equinodermos que viven nos fondos dos mares. A súa aparencia é vermiforme cun corpo alongado e brando. Estas destacan pola súa interesante composición dende un punto de vista nutricional como veremos agora, xa que conteñen vitaminas como a tiamina (B1), riboflabina (B2) e Niacina (B3), minerais…

Polo dito anteriormente, hai uns días a holoturia pasaba a proba do gusto para facerse un gran alimento da gastronomía como produto galego xa que é capturado pola flota da comunidade. A empresa galega Ebiotec conseguiu atopar as propiedades proteicas, antioxidantes e cardiosaudables do coñecido como “carallote” ou “esparteña”, obténdose tamén por primeira vez no mundo, un nutracéutico, isto é, un complemento nutricional, a partir deste animal, a holoturia.

Este é outro dos logros do proxecto Holoturia, liderado pola Cooperativa de Armadores de Vigo no que están embarcados armadores, acuicultores, transformadores e farmacéuticos. Neste último campo atópase Ebiotec, con sede en Bergondo, que estudou as tres especies máis comúns  obtidas polos galegos. Analizou Parastichopus regalis, Parastichopus tremulus e a Holothuria forskali. Esta última foi a que mellor resultados bioactivos aportou, segundo o equipo liderado polo doctor Iván Carrera, que dirixe o departamento de Biotecnoloxía da Saúde.

O grupo Ebiotec, tras investigar as súas características organolépticas, toxicolóxicas e biofuncionais, descubriu os beneficios cardiosaludables da holoturia. Así naceu o Hol-15, nome comercial provisional dun produto que se poderá adquirir en pouco tempo en farmacias, parafarmacias, herboristerías. Virá en cápsulas ou en polbo para tomar coas principais comidas do día e con demostrados beneficios a nivel cardiovascular.

Autora: Alba Rodríguez

Esta entrada foi publicada en Medicina, Recursos naturais, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to Holoturia como complemento nutricional

  1. faa-diegogarcia di:

    Os equinodermos son un fío de animais deuteróstomos exclusivamente mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcáreos. Posúen simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.
    Existen aproximadamente unhas 7.000 especies actuales máis unhas 13.000 que xa se extinguiron, xa que a súa historia se remonta a principios do Cámbrico, sendo un dos grupos animais mellor representados no rexistro fósil.
    Os equinodermos son coñecidos dende a antigüidade. Aparecen en frescos cretenses de máis de 4.000 anos, pero non foron recoñecidos como taxón independente ata 1847.
    A ciencia que os estuda chámase equinodermología e o científico chámase un equinodermólogo.

  2. fab-raquelpan di:

    Os equinodermos contituen a un grupo de animales que, desde o punto de vista evolutivo, e a pesar do seu aspecto, se atopan, máis próximos aos vertebrados. Teñen simetría pentámera, e decir, consta de cinco partes idénticas, e todo son marinos.
    Poseen un esqueleto composto por gránulos ou placas calizas. Algunhas especies presentan, ademáis, puas.
    Outras teñen unha enorme capacidad de rexeneración, xa que poden formar aquelas partes do seu corpo que perdese.Caracterizanse pola existencia de un mecanismo de locomoción exclusivo, chamado Aparato Ambulacral. Consiste nun sistema hidráuilico de conductos que conten agua de mar e dos que salen unhas pequenas dilatacions ( Pes Ambulacrales ), que, ao encherse de auga, actúan como ventosas e permite o movemento do animal.
    A sua reproducción e sexual,externa, anque algunhas especies, como o caso de moitas estrelas de mar, teñen unha gran capacidad de rexeneración que lles permite reproducirse asexualmente a partir de un dos seus brazos, sempre que este conteña parte do disco central.
    Todos os equinodermos son mariños, xa que son incapaces de sobrevivir na agua dulce ou na terra porque a concentración salina do seu medio interno es igual a la del medio externo carece de estructuras respiratorias, órganos excretores e osmoreguladores.

  3. faa-emiliolumbres di:

    A vitamina coñecida como Tiamina (B1) atópase en moitos alimentos como a verdura, os grans de cereais, os frixoles, as noces e a carne. A menudo utilízase en combinación con otras vitaminas B.
    A tiamina tamén utilízase para solucionar problemas dixestivos, incluíndo a falta de apetito, a colitis ulcerosa (é unha afección na cal o revestimento do intestino groso (colon) e o recto resultan inflamados) e a diarrea crónica.
    Incluso algunhas persoas utilizan esta vitamina para manter unha actitude mental positiva; para auentar a súa capacidade de aprendizaxe, para aumentar a enerxía, para loitar contra o estrés e para previr a pérdida de memoria, incluindo a enfermidade do Alzheimer.

  4. Victor di:

    NOVO FORO ABERTO POR 10 DÍAS

  5. faa-carmenvilanova di:

    Os equinodermos comprenden arredor dunhas 6.000 especies. Estas criaturas presentan simetría radial, é dicir, que as partes do seu corpo están situadas ao redor dun centro. Os equinodermos posúen placas calcáreas (de carbonato cálcico, CaCO3) articuladas entre si (estrelas de mar) ou soldadas formando unha cuncha (ourizos mariños). Sobre estas placas, nos ourizos, insírense as pugas ou espiñas que son as que dan o nome ao grupo: “equinodermo”, o que vén a significar “pel cuberta de espiñas”. Este grupo de animais vive exclusivamente no medio mariño.
    A forma do seu corpo é variable. Así pois, destacamos entre estrelada (estrelas e ofiuras), globosa (ourizos), alongada (holoturias, das cales fala o artigo) ou ramificada (lírios de mar). Todos os equinodermos posúen un sistema ambulacral, unha especie de sistema circulatorio cunhas prolongacións que saen ao exterior e que se denominan pés ambulacrais. Grazas a estes pés ambulacrais son capaces de desprazarse.
    En canto á reprodución, son organismos unisexuais e a fecundación é externa. E ademais, son ovíparos, é dicir que “nacen” a partir dun ovo.
    Un bo xeito de clasificar aos equinodermos é a traves da forma do seu corpo. Se estes teñen unha forma globosa, entón pertencen á clase equinoideos, pero se posúen unha forma ramificada (aspecto de planta), serán da clase crinoideos. Doutra banda, se presentan unha forma estrelada cun aspecto delgado e fráxil, serán ofiuroideos mais se o seu aspecto é robusto, serán asteroideos. Finalmente, se a súa forma é alargada, como a holoturia citada neste artigo, entón pertencerán á clase holoturoideos.

  6. faa-rubeniglesias di:

    A niacina, con fórmula química C6H5NO2 é soluble en auga. Actúa no metabolismo celular como grupo prostético de coenzimas ou precursora delas. É absorbida por difusión pasiva, non se almacena e os excedentes elimínanse nos ouriños. Os seus derivados, NADH e NAD+, e NADPH e NADP+, son esenciais no metabolismo enerxético da célula e na reparación do ADN.

    Foi descuberta por primeira vez pola oxidación da nicotina que forma o ácido nicotínico. Para evitar a percepción de que as vitaminas ou alimentos ricos en niacina contiñan nicotina, púxoselle o nome anteriormente dito, derivado de ácido nicotínico + vitamina.

    Algúns científicos que fixeron achegas de grande importancia foron Huber, Funk, Goldberg, Warburg e Christian, Euler…

    Por outra parte, a niacina tamén denominada Vitamina B3, foille adxudicado este número con base en que foi a terceira vitamina do complexo B en ser descuberta.

  7. faa-sarafalcon di:

    Neste artigo fálase sobre os animais invertebrados, pero cales son as súas carateríticas?
    Os animais invertebrados son os que non teñen un esqueleto interno con columna vertebral. Desprázanse utilizando os músculos. Algúns invertebrados, como as ostras ou os cangrexos, teñen cubertas duras que protexen o seu corpo. Estas cubertas poden ser cunchas ou caparazóns. Tamén hai invertebrados, como as medusas e as lombrigas, que non teñen cubertas protectoras. Todos os invertebrados son ovíparos. Para reproducirse, os invertebrados poñen moitos ovos pequeno. De cada ovo nace unha pequena larva que pouco a pouco se converte nun animal adulto. Hai diferentes grupos de invertebrados: as esponxas, os equinodermos, as medusas, os vermes, os moluscos e os artrópodos. Forman o 95% das especies de animais que existen actualmente

  8. fab-lauracaldas di:

    Os equinodermos son un grupo de metazoos exclusivamente mariños, tales como os ourizos ou as estrelas de mar.
    Trátase de animais triploblásticos, de simetría bilateral durante a fase larvaria e pentarradial cando alcanzan o estado adulto. Están formados por un exosqueleto externo de placas dérmicas calcáreas con espiñas ou acule vos (aguillóns); precisamente, o termo equinodermo significa pel con espiñas.Os equinodermos son animais bentónicos (que viven no fondo mariño). Presentan pouca mobilidade aínda que poden permanecer fixados ás rochas ou outras superficies, exemplo dos lirios de mar. As súas formas poden ser globosas, como o ourizo de mar; estreladas, como a estrela de mar e ofiura; plumosas, como a comátula (crinoideos dos xéneros antenodon e leptometra); e como un saco alongado ou sacciformes, como os holoturias.

  9. faa-iagopadin di:

    Ebiotec é unha empresa española fundada no ano 2001, orientada á investigación e ao desenvolvemento de nutracéuticos innovadores e servizos de alta tecnoloxía aplicados á saúde e á alimentación humana, que permitan o diagnóstico precoz, a prevención de enfermidades e o seu tratamento individualizado. Ebiotec organízase en diferentes áreas especializadas co fin de obter sempre os mellores resultados:
    – Na ÁREA DE NUTRACÉUTICOS, dedicanse á investigación e desenvolvemento de complementos alimenticios de orixe mariña e vexetal, sendo os primeiros o resultado dunha extensa investigación en bioprospección mariña, cun amplo soporte científico avalado pola realización de varios estudos clínicos.
    – Nas áreas de XENÉTICA CLÍNICA, o seu interese céntrase na investigación e desenvolvemento da xenética de enfermidades complexas, probas de ADN con fins de identificación de parentesco e detección de fluídos biolóxicos.
    – Na división de XENÓMICA E FARMACOXENÓMICA, unha das súas áreas máis relevantes, realizan screening primario de novos produtos así como estudos de farmacoxenómica básica e clínica aplicada a problemas prioritarios en biomedicina.
    – Na ÁREA DE BIOTECNOLOXÍA centran o seu traballo no campo da inmunoloxía molecular, especialmente no campo das alerxias e as intolerancias alimentarias.

  10. fab-antonchaves di:

    A niacina é un tipo de vitamina do complexo B e é hidrosoluble, o cal significa que non se almacena no corpo. As vitaminas hidrosolubles disólvense en auga. As cantidades sobrantes da vitamina saen do corpo a través dos ouriños, o cal quere dicir que se necesita unha subministración continua de tales vitaminas na alimentación.
    A niacina axuda ao funcionamento do aparato dixestivo, a pel e os nervios. Tamén é importante para a conversión dos alimentos en enerxía.
    A niacina (coñecida tamén como vitamina B3) encóntrase en:
    . Os produtos lácteos
    . Os ovos
    . Os pans e cereais enriquecidos
    . O peixe
    . As carnes magras
    . Os legumes
    . As noces
    . A carne de aves

  11. faa-tamaraparracho di:

    As holoturias, coñecidas popularmente como cogombros de mar, carallos de mar ou carallotes, son unha clase do filo dos equinodermos que inclúe animais que viven nos fondos dos mares de todo o mundo e que se caracterizan por ter un corpo musculoso, en forma de cilindro, alongado e brando, cunha apertura bucal rodeada de tentáculos nun extremo e unha abertura anal no outro extremo,
    En Asia, algunhas das especies de holoturias utilízanse en comidas como o sushi, e tamén se comen, unha vez desecados e voltos a hidratar, en sopas, típicas especialmente en China en onde o trepang é considerado un caro manxar con fortes poderes afrodisíacos. Tamén é un marisco moi apreciado no Levante español, sobre todo no Norte de Castellón e Delta do Ebro coñecido como espardeña ou espardenya coa que se preparan arroces.
    Agora, grazas as propiedades cardiosaudables que presenta, a holoutira será comercializada como un complemento nutricional denominado Hol-15 que posuirá beneficios a nivel cardiovascular e que estará destinado para tomar coas principais comidas do día en forma de cápsulas ou pos.

  12. fab-miguelpineiro di:

    Os equinodermos son un grupo de animais deuteróstomos exclusivamente mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcáreos. Posúen simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.
    Existen aproximadamente unhas 7.000 especies actuales máis unhas 13.000 que xa se extinguiron, xa que a súa historia se remonta a principios do Cámbrico, sendo un dos grupos animais mellor representados no rexistro fósil.
    Os equinodermos son coñecidos dende a antigüidade. Aparecen en frescos cretenses de máis de 4.000 anos, pero non foron recoñecidos como taxón independente ata 1847.
    A ciencia que os estuda chámase equinodermología e o científico chámase un equinodermólogo.

  13. fab-ivanportas di:

    Os Equinodermos son animais con simetría radial é dicir, que as partes do corpo están situadas ao redor dun centro.
    Os equinodermos posúen placas calcáreas (de carbonato cálcico)
    articuladas entre se (estrelas de mar) ou soldadas formando unha CUNCHA (ourizos mariños).
    Sobre estas placas, nos ourizos, insírense as pugas ou espiñas que son as que dan o nome ao grupo: “equinodermo”, que significa pel cuberta de espiñas.
    Viven exclusivamente no medio mariño.

  14. faa-manuelvilas di:

    Os holoturoideos,coñecidos vulgarmente como pepinos, cohombros ou carajos de mar, son unha clase do filo Equinodermos que inclúe animais de corpo vermiforme alargado e brando que vive nos fondos dos mares de todo o mundo. Coñécense desde o Silúrico, fai uns 400 millóns de anos. Coñécense unhas 1.400 especies.Pertence ao mesmo grupo (Echinodermata) que os erizos de mar ou as estrelas de mar aínda que aparentemente non teñen a simetría pentarradial característica dos demais representantes deste grupo. Considéranse animais cunha simetría bilateral secundaria, xa que internamente os seus órganos e sistemas aparecen nun número múltiplo de 5, como no resto de equinodermos, pero externamente o seu corpo alargado dá a sensación de ter un só eixe de simetría. O corpo é musculoso, en forma de cilindro, e ten unha apertura bucal por un extremo que é rodeada por tentáculos. No outro extremo áchase a abertura anal.

  15. faa-ariadnavazquez di:

    Os equinodermos é un filo de animais mariños. Os adultos son recoñecibles pola súa (xeralmente de cinco) simetría radial, como estrelas de mar, ourizos de mar, ourizos e pepinos de mar, así como os lírios do mar. Os equinodermos son atopados en todas as profundidades do océano O grupo contén preto de 7000 especies de seres vivos, o que o fai un dos maiores grupos de animais.
    Os equinodermos son importantes tanto biolóxicamente como geológicamente. Bioloxicamente, hai poucos outras agrupacións tan abundantes no deserto biótico do mar profundo, así como océanos rasos. A característica máis distinguida en particular, a cal teñen casi todos os equinodermos, é súas potencias notables de rexeneración de tecidos, órganos, partes, e de reprodución asexuada, e, nalgúns casos, a rexeneración completa dun único membro. Xeoloxicamente, o valor dos equinodermos está nos seus esqueletos esclerosadas, que son os principais contribuíntes de moitas formacións calcarias.

  16. faa-laurachaves di:

    A holoturia, como indica este artigo, é un animal invertebrado que pertence ao grupo dos holoturoideos, coñecidos vulgarmente como cogombros, coombros ou carallos de mar, son unha clase de Equinodermos que inclúe animais de corpo vermiforme alongado e brando que vive nos fondos dos mares de todo o mundo. Coñécense dende o Silúrico, hai uns 400 millóns de anos. Coñécense unhas 1.400 especies.

    Pertence ao mesmo grupo que os ourizos de mar ou as estrelas de mar aínda que aparentemente non teñen a simetría pentarradial característica dos demais representantes deste grupo. Considéranse animais cunha simetría bilateral secundaria, xa que internamente os seus órganos e sistemas aparecen nun número múltiplo de 5, como no resto de equinodermos, pero externamente o seu corpo alongado dá a sensación de ter un só eixe de simetría. O corpo é musculoso, en forma de cilindro, e ten unha apertura bucal por un extremo que é rodeada por tentáculos. No outro extremo áchase a abertura anal

    Moitas especies roldan os 20 cm de lonxitude; as holoturias máis pequenas non exceden o centímetro, mentres que as de maior tamaño alcanzan lonxitudes de 5 metros.
    Son animais de aspecto vermiforme, adaptados á reptación e co corpo de forma prismática pentagonal. As zonas radiais van provistas de pés ambulacrais, estando máis desenvolvidos os inferiores, que teñen función locomotora, mentres que os que se sitúan nos dous raios dorsais teñen unha función sensitiva.

  17. fab-sabelafernandez di:

    Equinodermo é o nome común dunhas 6.000 especies vivas que constitúen un fío de animais mariños, no que se inclúen a estrela de mar, a ofiura, o ourizo de mar, o dólar de area, o lirio de mar e os cogombros de mar (holoturias ou coombros).
    Superficialmente adoitan presentar unha simetría radial pentámera e polo xeral presentan unhas expansións da parede do corpo denominadas pés ambulacrais. O nome do fío fai referencia á súa cuberta espiñenta.

    Aínda que presentan simetría radial, derivan de antecesores bilaterais e as súas larvas manteñen a simetría bilateral. Durante o seu desenvolvemento sofren unha metamorfose e orixinan un adulto radial.

  18. faa-martinbaulde di:

    Os equinodermos son animais con corpo ten forma esférica e rodeado de pugas ou espiñas, distribuídas por filas. Na cara oral ou inferior da cuncha, ten a boca, con cinco pequenos dentes radiais que forman o aparato mastigador, chamado lanterna de Aristóteles.

    A súa cuncha ten dez filas de placas calcarias, cinco ambulacrais e cinco interambulacrais. O aparato ambulacral é moi parecido ao da estrela de mar. Os pés ambulacrais son moi finos e saen polas filas de orificios que hai nas placas correspondentes da cuncha. Son mariños, adoitan ter forma estrelada e teñen pés ambulacrais, é dicir aparato circulatorio e locomotor á vez.

    Vive entre as rochas da costa, en cavidades que escava na rocha por friccionamento. Aliméntase de algas e pequenos crustáceos.

    Os equinodermos reprodúcense sexual e algunhas clases asexualmente. A reprodución sexual é externa, con fecundación no mar. Aínda que moitas especies son incubadoras. A reprodución asexual pode ser por fisión como por autotomía dunha porción do corpo.

  19. fab-lauraozores di:

    Os equinodermos son un fío de animais deuteróstomos exclusivamente mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcáreos. Posúen simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.
    Existen aproximadamente unhas 7.000 especies actualesmás unhas 13.000 que xa se extinguiron, xa que a súa historia se remonta a principios do Cámbrico, sendo un dos grupos animais mellor representados no rexistro fósil.
    Os equinodermos son coñecidos dende a antigüidade. Aparecen en frescos cretenses de máis de 4.000 anos, pero non foron recoñecidos como taxón independente ata 1847.
    A ciencia que os estuda chámase equinodermoloxía e o científico chámase un equinodermólogo.

    Reprodución: os equinodermos reprodúcense sexual e algunhas clases asexualmente. A reprodución sexual é externa, con fecundación no mar. Aínda que moitas especies son incubadoras. A reprodución asexual xa sexa por fisión como por autotomía dunha porción do corpo sucede en holoturoideos e asteroideos, en ofiuros algunhas especies reprodúcense asexualmente por fisión.

    Hábitat: todos os equinodermos son mariños, xa que son incapaces de sobrevivir en auga doce ou en terra porque a concentración salina do seu medio interno é igual á do medio externo e carecen de estruturas respiratorias, órganos excretores e osmorreguladores. Non obstante, no mar están distribuídos en todos os océanos e profundidades. Con escasas excepcións, todos os equinodermos son bentónicos e nalgunhas rexións de augas profundas poden chegar a representar o 95% da biomasa.

  20. faa-emiliolumbres di:

    Un animal invertebrado é aquel animal que carece dun esqueleto interno con columna vertebral. Se trasladan por medio dos seus músculos.
    Alguns invertebrados teñen cubertas duras que protexe o seu corpo. Estas cubertas poden ser ou ben cunchas ou ben caparazóns. Así tamén existen invertebrados que non posúen estas cubertas, como as medusas, as miñocas, etc. Un dato interesante é que aredor do 95% dos animais son invertebrados.
    O termo invertebrados foi introducido por Lamarck, ao que se lle considera o fundador da zooloxía dos invertebrados. Por unha parte nunha clasificación que fixo Carlos Limeo (científico naturalista, e zoólogo sueco) os animais non vertebrados repartíanse en insectos e gusanos, referindose respectivamente aos artrópodos e aos anélidos.
    E por otra parte, en 1794, Lamarck subdivide a os invertebrados en moluscos, insectos, gusanos e equinodermos. E máis tarde engadiría máis clases de invertevrados.

  21. fab-antonchaves di:

    A riboflavina (vitamina B2) é un tipo de vitamina B. É hidrosoluble, o cal significa que non se almacena no corpo. Vostede debe repoñer a vitamina no seu corpo todos os días.
    Traballa con outras vitaminas do complexo B e é importante para o crecemento corporal e a produción de glóbulos vermellos e igualmente axuda na liberación de enerxía dos carbohidratos.
    Os seguintes alimentos subministran riboflavina na dieta:
    . Produtos lácteos.
    . Ovos.
    . Hortalizas de folla verde.
    . Carnes magras.
    . Legumes.
    . Leite.
    . Noces.
    A deficiencia de riboflavina non é común nos Estados Unidos debido a que esta vitamina é abundante na subministración de alimentos. Os síntomas dunha deficiencia grave abranguen:
    . Anemia.
    . Úlceras bucais ou labiais.
    . Trastornos da pel.
    . Dor de garganta.
    . Inflamación das membranas mucosas.

  22. fab-miguelleiro di:

    En Galicia temos a gran sorte, de ter unha gran variedade de alimentos que proveñen, en moito casos, exclusivamente das nosas rías.
    Percebes, ameixas, polbo, nécoras, berberechos … innumerables manxares posúen as nosas rías. O gran descubrimento das vantaxes que a holoturia nos proporciona para a nosa saúde son magníficas. É un animal que non se pode consumir como outro calquera, senon que as vitaminas e nutrientes que contén, comericializaranse no ámbito farmaceutico para acompañar as comidas con pastillas ou en polvo. O aporte nutricional que ten, axuda moito a non padecer problemas cardiovasculares e aportanco beneficios no mesmo tereo. Hoxe en día, atopamos en calquera farmacia aportes nutricionais e vitaminicos para diferentes persoas e de diverasas idades, para manter un bo nivel de enerxía ou aportar suficientes nutrientes esenciais.

  23. faa-albaaller di:

    Os equinodermos son animais cun corpo esférico rodeado de filas de espiñas ou pugas. Estes viven entre rochas nas costas, en cavidades que ou ben escava ou ben xa están feitas por fricionamento, e aliméntanse de algas e tamén de crustáceos pequenos.
    A súa reprodución é sexual normalmente, aínda que algúns deles reprodúcense de forma asexual. Na sexual realízase a fecundación no mar, aínda que moitos deles son incubadores.
    En canto ás súas características, no lado inferior da cuncha ten a boca con cinco dentes pequenos que realizan a dixestión mecánica, ou o que é o mesmo, mastigan. Na súa cuncha podemos atopar dez filas de placas calcarias, cinco ambulacrais e cinco interambulacrais. O aparello ambulacral é ben parecido ó das estrelas de mar, os pés ambulacrais son finos e saen polos orificios que hai nas cunchas. Adoitan ter forma estrelada, e teñen aparello circulatorio e locomotor.

  24. fab-nereabetanzos di:

    Os equinodermos son un grupo de metazoos exclusivamente mariños, tales como os ourizos ou as estrelas de mar.
    Trátase de animais triploblásticos, de simetría bilateral durante a fase larvaria e pentarradial cando alcanzan o estado adulto. Están formados por un exosqueleto externo de placas dérmicas calcáreas con espiñas ou acule vos :(aguillóns) precisamente, o termo equinodermo significa pel con espiñas.Os equinodermos son animais bentónicos (que viven no fondo mariño). Presentan pouca mobilidade aínda que poden permanecer fixados ás rochas ou outras superficies, exemplo dos lirios de mar. As súas formas poden ser globosas, como o ourizo de mar: estreladas, como a estrela de mar e ofiura; plumosas, como a comátula (crinoideos dos xéneros antenodon e leptometra); e como un saco alongado ou sacciformes, como os holoturias.

  25. fab-lauracaldas di:

    A holoturias son Equinodermos. O tipo Equinodermos pódese dividir en dous subtipos. Os máis primitivos son os Pelmatozoos, animais fixos e pedunculados nos que a boca está sempre na mesma cara que no ano. Os únicos representantes vivos son os Crinoideos ou lirios de mar. Os Eleuterozoos son libres. Neles o ano está xeralmente oposto á boca. Comprenden catro clases: os Holoturoideos, os Asteroideos, os Ofiuroideos e os Equinoideos.En a parte anterior encóntrase a boca, sen aparato mastigador e formada por un labio circular rodeado por un penacho de dez a trinta tentáculos. A forma destes tentáculos permite unha separación das holoturias en dous grupos: dendroquirotas e aspidoquirotas.Además do home, as holoturias teñen poucos inimigos, só as estrela de mar. Cando son inquietadas por elas emiten uns fíos brancos e pegañentos que envolven os agresores. Estes fíos, unha vez expulsados, non poden ser reabsorbidos e vólvenos desenvolver no interior do seu corpo.

  26. faa-sarafalcon di:

    Os equinodermos, son un dos grupos animais máis coñecidos dos invertebrados mariños, ata tal punto que as estrelas de mar se empregaron como un símbolo da vida mariña. Os ourizos, as estrelas, as o figuras e os cogombros de mar, xunto coa única especie de crinoideo da nosa costa, e a pesar do seu aparentes diferenzas, forman parte dun mesmo grupo cuxa principal característica é a simetría pentámera.

  27. faa-miriantrigo di:

    Un nutracéutico é un producto natural con acción terapéutica, é dicir, está a medio camiño entre os fármacos, que se obteñen maioritariamente por síntese química, e os productos de herboristería. É como un suplemento dietético que se presenta en formato natural, como cápsulas, píldoras, viales… pero de substancias naturais bioactivas altamente concentradas, que ainda que se encontran presentes en alimentos, están procesadas para eliminar o sobrante e deixar a parte útil e beneficiosa. Ao estar concentradas, en dosis superiores ao alimento natural, teñen un efecto favorable sobre a saúde, moito maior do que ten o alimento tal e como se da na natureza.
    Estes productos de orixe natural con propiedades biolóxicas activas para a saúde, son illados e purificados por métodos non desnaturalizantes, aportando finalmente beneficios como: mellora dunha ou máis función fisiolóxicas, acción preventiva ou curativa, mellora da calidade de vida…ademáis de aportar estabilidade temporal.
    Algúns exemplos de alimentos que teñen propiedades nutracéuticas son a uva vermella, os productos solubles en fibra, o brócoli, a soja, o viño tinto, a froita, o leite de cabra…ademáis de antioxidantes flanovonoides, como o ácido alfa-linolenico do liño ou das semillas da salvia, betacaroteno dos pétalos da maravilla, antocianinas de bayas, Omega 3 e o licopeno.

  28. faa-javiergonzalez di:

    Os equinodermos son un fío de animais deuteróstomos exclusivamente mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcáreos. Posúen simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.
    Existen aproximadamente unhas 7.000 especies actuales máis unhas 13.000 que xa se extinguiron, xa que a súa historia se remonta a principios do Cámbrico, sendo un dos grupos animais mellor representados no rexistro fósil.
    Os equinodermos son coñecidos dende a antigüidade. Aparecen en frescos cretenses de máis de 4.000 anos, pero non foron recoñecidos como taxón independente ata 1847.A ciencia que os estuda chámase equinodermología e o científico chámase un equinodermólogo.
    Inicie a sesión para responder

  29. faa-marinabusto di:

    Neste artigo, obxecto de comentario, faise referencia aos alimentos nutracéuticos. Nutracéutico, palabra derivada de nutrición e farmacéutico, fai referencia a todos aqueles alimentos que se proclaman como posuidores dun efecto beneficioso sobre a saúde humana. Do mesmo modo, o termo pode aplicarse a compostos químicos individuais presentes en comidas comúns.
    Exemplos de alimentos aos que se lles atribúen propiedades nutracéuticas son, a uva vermella que contén o resveratrol como antioxidante, os produtos solubles de fibra, tales como a casca da semente do plantago para reducir a hipercolesterolemia, o brócoli como preventivo do cancro, a soia ou trevo (isoflavonoide) para mellorar a saúde arterial, o viño tinto, a froita, o leite de cabra, etc. Así, moitos extractos botánicos e herbales tales como o ginseng, aceite de allo, etc. se desenvolveron como nutraceuticos. Os nutraceuticos son de uso frecuente en mesturas nutricionais ou sistemas de nutrientes para a industria alimentaria e farmacéutica.

  30. fab-alexcosta di:

    Os animais invertebrados son aqueles que non teñen un esqueleto interno con columna vertebral. Desprázanse utilizando os músculos. Algúns invertebrados, como as ostras ou os cangrexos, teñen cubertas duras que protexen o seu corpo. Estas cubertas poden ser cunchas ou caparazóns. Tamén hai invertebrados, como as medusas e as lombrigas, que non teñen cubertas protectoras. Todos os invertebrados son ovíparos. Para reproducirse, os invertebrados poñen moitos ovos pequeno. De cada ovo nace unha pequena larva que pouco a pouco se converte nun animal adulto. Hai diferentes grupos de invertebrados: as esponxas, os equinodermos, as medusas, os vermes, os moluscos e os artrópodos. Forman o 95% das especies de animais que existen actualmente.

  31. fab-laurafalcon di:

    O produto principal é o cogombro eviscerado, fervido, salgado e secado, o chamado “Trepang” ou ” Beche-de-mer”. Tamén é habitual o consumo da holoturia crua ou en diversas preparacións culinarias específicas de cada zona, así como o procesado de certas partes específicas para a elaboración de produtos delicatessen.
    Dada a composición e propiedades do cogombro de mar, cada vez é máis común a incorporación de extractos e compostos bioactivos presentes neste animal a produtos médicos ou farmacéuticos tan diversos como nutracéuticos, antihipertensivos, córneas artificiais ou complementos para o tratamento da artrite e fortalecemento do tecido articular.

    Do mesmo modo, tamén se poden encontrar no mercado produtos cosméticos e de hixiene con extractos de holoturias como dentífricos ou cremas hidratantes.
    Un novo estudo demostrou que o extracto de holoturia ou coombro de mar mata ata un 95% das células de cancro de peito, o 90% das células de melanoma, o 95% das células de cancro de fígado e o 88% das células de cancro de pulmón ” in vitro “. O extracto tamén estimula ao sistema inmune fronte ao cancro e impide os procesos clave requiridos para a metástase. Aínda que a ciencia tras isto é moi nova no mundo de Occidente, usouse na medicina chinesa durante séculos.

    Extracto de holoturia mata potentemente múltiples variantes de células de cancro

  32. fab-nereabetanzos di:

    A Niacina (B3) participa no metabolismo de hidratos de carbono, proteínas e graxas, na circulación sanguínea e na cadea respiratoria.Encóntrase en carnes, fígado e ril, lácteos, ovos, cereais integrais, fermento e legumes.A súa carencia produce alteracións do sistema nervioso, trastornos dixestivos, fatiga constante, problemas de pel, ulceras bucais, problemas en enxivas e/ou lingua, e padecemento de pelagra (problemas de pel ante exposición á luz, inflamación de mucosas, diarrea e alteracións psíquicas).A deficiencia de niacina afecta a todas as células do corpo.Algunhas das súas funcións poden ser:
    -Intervén xunto a outras vitaminas do complexo B na obtención de enerxía a partir dos glícidos ou hidratos de carbono.
    -Mantén o bo estado do sistema nervioso xunto a outras vitaminas do mesmo complexo, a piridoxina (B6) e a riboflavina (B2).
    -Mellora o sistema circulatorio, permite o perfecto fluído sanguíneo, xa que relaxa os vasos sanguíneos outorgándolles elasticidade a estes.
    -Mantén a pel sa, xunto con outras vitaminas do complexo B, ao igual que mantén sas as mucosas dixestivas.
    -Estabiliza a glicosa en sangue.

  33. fab-luciameis di:

    Equinodermos son un filo de animais deuteróstomos bentónica exclusivamente mariña. O seu nome fai alusión ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calizos. Con simetría secundario pentarradial, única no reino animal, e un sistema vascular de auga característica.

    Hai aproximadamente 7.000 especies actuales máis de 13.000 xa extinguidas, como a súa historia remóntase ao inicio do Cambriano, sendo un dos mellores grupos de animais representados no rexistro fósil.

    Os equinodermos son coñecidos desde a antigüidade. Aparecen en frescos cretenses hai máis de 4000 anos, pero non foron recoñecidos como un taxón separado ata 1847.

  34. fab-mariaoubina di:

    Os equinodermos caracterízanse porque teñen púas e placas que forman un caparazón e todos eles son mariños. No interior do caparazón teñen todos os elementos do seu corpo. Teñen simetria radiada e un aparato ambulucral que lles sirve para desplazarse. Son unisexuales e nacen en estado de larva, polo que teñen metamorfosis. Alcanzaron gran importancia en outras épocas xeolóxicas dando lugar os seus restos a rocas sedimentarias.

  35. faa-emiliolumbres di:

    A niacina e a niaciamida son formas de vitamina B3, atópase en moitos alimentos incluíndo a levadura, a carne de vacuno, o leite, os ovos, as verduras verdes, e grans de cereais.
    Esta vitamina ultilízase para o colesterol alto. Tamén úsase xunto con outros tratamentos para os problemas da circulación, para os dores de cabeza, de migraña e para disminuir a diarrea relacionada co cólera. Unha curiosidade de esta vitamina é que tamén é utilizada pola xente que utiliza drogas ilegales para evitar mostrar un resultado positivo de drogas na orina.
    Algunhas persoas usan la niacina para o acné, a lepra, o trastorno de déficit de atención e hiperactividad, a pérdida da memoria, a artrite, a prevención dos dores de cabeza premenstruales, para mellorar a dixestión, e para la prevención das cataratas.

  36. faa-albaaller di:

    O nome de holoturias viría a ser o mesmo que o coñecemos nós popularmente como cogombros de mar, carallos ou carallotes. Estes son un tipo de equinodermos que inclúe a animais que viven en fondos mariños. O seu corpo é musculoso e cilíndrico, alongado e brando. Posúen unha apertura bucal rodeada de tentáculos e unha abertura anal noutro extremo.
    A holutoria é ben utilizada no sector culinario. Por exemplo en Asia, utilízase na preparación do sushi e tamén en China como condimento para sopas, etc.
    Sen ir tan lexos, en España, especialmente en Castellón e no Delta do Ebro é moi apreciado e utilizado como acompañante do arroz.
    Actualmente debido as propiedades cardiosaudables descubertas neste alimento, este comezará a ser comercializado, para tomar nas principais comidas do día en forma de cápsula ou pó para xente que teña problemas cardiovasculares.

  37. fab-mariblanco di:

    Os holoturoideos (Holothuroidea, do grego ὁλοθύριον holothurion, “que se axita totalmente”,[1]) ou holoturias, coñecidos popularmente como cogombros de mar, carallos de mar ou carallotes,[2] son unha clase do filo dos equinodermos que inclúe animais de corpo vermiforme, alongado e brando, que viven nos fondos dos mares de todo o mundo. Coñécense dende o silúrico, hai uns 400 millóns de anos, e están descritas unhas 1.400 especies viventes.[3]

    Pertencen ao mesmo grupo (Echinodermata) que os ourizos de mar ou as estrelas de mar aínda que aparentemente non teñen a simetría pentarradial característica dos demais representantes deste grupo. Considéranse animais cunha simetría bilateral secundaria, xa que internamente os seus órganos e sistemas aparecen nun número múltiplo de 5, como no resto de equinodermos, pero externamente o seu corpo alongado dá a sensación de ter un só eixe de simetría. O corpo é musculoso, en forma de cilindro, e ten unha apertura bucal por un extremo que está rodeada de tentáculos. No outro extremo áchase a abertura anal.

  38. fab-mariangaleano di:

    Os equinodermos son un filo de animais deureróstomos exclusivamente mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por oscículos calcáreos. Posúen simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.
    Existen aproxiadamente unhas 7.000 especies actuais máis unhas 13.000 que xa se extinguiron, xa que a súa historia se remonta a principios do Cámbrico, sendo un dos grupos animais mellor representados no rexistro fósil.
    Os equinodermos son coñecidos dende a antigüidade. Aparecen en frescos cretenses de máis de 4.000 anos, pero non foron recoñecidos como taxón independente ata 1847.
    Viven en augas de todo o planeta, teñen simetría pentarradial, na que o corpo está divido en cinco partes iguais que se dispoñen arredor dun eixe. Posúen un esqueleto interno, todo o animal está atópase cuberto por unha capa de tecido epidérmico, baixo o cal se atopa a dermis.