Catro estrelas e un planeta

No 2009 descubriuse un sitema solar triple con un so planeta 10 veces máis masivo ca Xupiter, ubicado na constelación de Aries, que se atopa a 136 anos luz da Terra. Pero recientemente, dende un observatorio en California, descubriuse que este sistema estaba formado por catro estrelas en realidade. As catro xiran en torno aun centro que e chamado  centro de masas, e duas estrelas xiran en torno a outras dúas máis grandes. A órbita do planeta está situada entre a órbita da estrela recén descuberta e a estrela central. O sistema é chamado 30 Ari, e ao mesmo tempo, dúas etrelas forman outros dous sistemas que orbitan entorno ao centro de masas e son chamados 30 Ari A e 30 Ari B. O planeta situase no 30 Ari B.

Estrutura do sistema 30 Ari

 

O extraño deste sistema é que a estrela máis cercana ao planeta non é entorno á que este orbita, e os cientificos non entenden por que a estrela máis cercana ao planeta non altera a orbita deste.

É curioso que este sea solo o segundo sistema solar cuadruple descuberto, o outro é o sistema KIC 4862625 que foi descuberto no 2013 por cientificos aficionados.

 

Autor: Xacobo Piñeiro Cacabelos

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Catro estrelas e un planeta

  1. faa-ileniamartinez di:

    Xúpiter é o quinto planeta do Sistema Solar. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Recibe o seu nome do deus romano Xúpiter (Zeus na mitoloxía grega).
    Trátase do planeta que ofrece un maior brillo ao longo do ano. É, ademais, o maior entre os planetas do Sistema Solar, cunha masa de máis de 310 veces a terrestre, e un diámetro unhas 11 veces máis grande.É un corpo masivo gasoso, formado principalmente por hidróxeno e helio, carente dunha superficie interior definida. Entre os detalles atmosféricos destácanse a estrutura de nubes en bandas e zonas, e a forte dinámica de ventos zonais con velocidades de ata 140 m/s.
    Xúpiter é o máis masivo dos planetas do Sistema Solar: a súa masa equivale a unhas 2,5 veces a suma das masas de todos os demais planetas xuntos. Máis dun centenar de planetas extrasolares foron descubertos con masas similares ou superiores á masa deste; tamén posúe a velocidade de rotación máis rápida dos planetas do Sistema Solar: xira sobre o seu eixe en pouco menos de 10 horas. Esta velocidade de rotación dedúcese a partir das medidas de campo magnético do planeta. A atmosfera encóntrase dividida en rexións con fortes ventos zonais con períodos de rotación que van dende as 9 h 50 m 30 s na zona ecuatorial ás 9 h 55 m 40 s no resto do planeta.
    O planeta é coñecido por unha enorme formación meteorolóxica, a Gran Mancha Vermella, doadamente vislumbrable por astrónomos afeccionados dado o seu gran tamaño, superior ao da Terra. A súa atmosfera está permanentemente cuberta de nubes que permiten trazar a dinámica atmosférica e mostran un alto grao de turbulencia.

  2. fab-mariangaleano di:

    A constelación de Aries é unha das constelacións do zodíaco, atópase entre as constelacións de Piscis ao oeste e Tauro ao este. É o astro máis brillante con magnitude 2.01. Entre as estrelas dobres cabe señalar a y Arietis.
    Aries tamén contén dúas enanas vermellas, a Estrela de Teegarden e TZ Arietis, que se contan entre as 40 estrelas máis próximas ao Sistema Solar. No momento do seu descubrimento, a paralaxe da Estrela de Teegarden foi medida como 0,43 ± 0,13 segundos de arco, o que a situaba a só 7,8 anos luz, sendo a terceira estrela máis cercana ao noso Sistema Solar. Sen embargo, estudos posteriores sitúan a esta tenue enana vermella a 12,5 anos luz de distancia, o que corresponde á 23º estrela máis cercana ao Sol. A variable TT Arietis é unha das máis peculiares do ceo nocturno.

  3. fab-raquelpan di:

    Unha constelación, en astronomía, e unha agrupación convencional de estrelas, cuxa posición no ceo nocturno e aparentemente invariable. Pobos, xeneralmente de civilizacions antigas, decidiron vinculalas mediante trazos imaxinarios, creando así siluetas virtuales sobre a esfera celeste. Na inmensidad do espacio, en cambio, as estrellas de unha constelación non necesariamente están localmente asociadas; e poden encontrarse a centos de anos luz unhas de outras. Ademáis, ditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas idearon constelacions diferentes, incluso vinculando as mismas estrelas.
    Algunhas constelacions foron ideadas fai moitos siglos polos pobos que habitaban as rexiones do Medio Oriente e o Mediterráneo. Outras, as que están máis ao sur, recibiron o seu nome dos europeos en tempos más recentes ao explorar estos lugares hasta entonces descoñecidos por eles, anque os pobos que habitaban as rexions australes xa habían nombrado as suas propias constelacions de acordo as suas creencias.

  4. fab-lauracaldas di:

    Entendemos por constelación a aquel grupo de estrelas que teñen unha forma e características específicas. As constelacións son formas artificiais creadas polo ser humano para entender de mellor xeito un grupo particular de estrelas e se ben estas non están marcadas no espazo, a astronomía establece liñas e conexións entre elas formando diferentes figuras e símbolos (que polo xeral representan personaxes míticos).La constelación é, entón, unha forma que se establece simbolicamente sobre o ceo estrelado que observamos dende o noso punto no planeta Terra. Un detalle importante a ter en conta é que as estrelas ou corpos celestes que forman parte dunha constelación poden non estar preto unhas doutras a pesar de que a simple vista parezan todas iguais. Polo xeral, as constelacións contan con estrelas de diferente tamaño, sendo algunhas máis brillantes e notorias que outras.

  5. fab-ivanportas di:

    Unha estrela é un gran corpo celeste composto de gases quentes que emiten radiación electromagnética, en especial luz, como resultado das reaccións nucleares que teñen lugar no seu interior. O Sol é unha estrela. Coa única excepción do Sol, as estrelas parecen estar fixas, mantendo a mesma forma nos ceos ano tras ano. En realidade, as estrelas están en rápido movemento, pero a distancias tan grandes que os seus cambios relativos de posición se perciben só a través dos séculos.
    O número de estrelas visibles a simple vista dende a Terra calculouse nun total de 8.000, das cales 4.000 están no hemisferio norte do ceo e 4.000 no hemisferio sur. En calquera momento durante a noite, en ambos os dous hemisferios só son visibles unhas 2.000 estrelas. Ás demais ocúltanas a néboa atmosférica, sobre todo preto do horizonte, e a pálida luz do ceo. Os astrónomos calcularon que o número de estrelas da Vía Láctea, a galaxia á que pertence o Sol, ascende a centos de miles de millóns. Á súa vez, a Vía Láctea só é unha dos varios centos de millóns de galaxias visibles mediante os potentes telescopios modernos. As estrelas individuais visibles no ceo son as que están máis preto do sistema solar na Vía Láctea.

  6. faa-emiliolumbres di:

    O planeta Xupiter é o planeta máis grande do Sistema Solar, ten máis materia que todos os planetas xuntos e o seu volume é mil veces o da Terra.
    Xupiter posúe un tenue sistema de anelos, invisibles dende o noso planeta Terra, tamén posúe moitos satélites, os cales 4 de eles foron descubertos por Galileo en 1610, daquela era a primeira vez que alguén observaba o ceo cun telescopio.
    Este planeta ten unha composición semellante á do Sol, formada por hidróxeno, helio e pequenas cantidades de amoníaco, metano, vapor de auga e outros compostos.
    A súa rotación é a máis rápida entre tódolos planetas, incluso ten unha atmosfera complexa, con nubes e tempestades, por ello nótanse franxas de diversos cores e algunhas manchas.
    Destaca “A Gran Mancha Vermella”. Esta é unha tormenta maior que o diametro da Terra, dura dende fai 300 anos e provoca ventos de 400 km/h

  7. faa-iagopadin di:

    Xúpiter é o planeta máis grande do Sistema Solar, ten máis materia que todos os outros planetas xuntos e o seu volume é mil veces o da Terra. Ademais ten un tenue sistema de aneis, invisible dende a Terra. Tamén ten moitos satélites e catro deles foron descubertos por Galileo en 1610. Era a primeira vez que alguén observaba o ceo cun telescopio.
    Xúpiter ten unha composición semellante á do Sol, formada por hidróxeno, helio e pequenas cantidades de amoníaco, metano, vapor de auga e outros compostos. A súa rotación é a máis rápida entre todos os planetas e ten unha atmosfera complexa, con nubes e tempestades. Por iso mostra franxas de diversas cores e algunhas manchas.
    A Gran Mancha Vermella de Xupiter é unha tormenta maior que o diámetro da Terra e dura dende hai 300 anos provocando ventos de 400 Km/h. Os aneis do planeta son máis simples que os de Saturno. Están formados por partículas de po lanzadas ao espazo cando os meteoritos chocan coas lúas interiores de Júpiter. Tanto os aneis coma as lúas móvense dentro dun enorme globo de radiación atrapado na magnetosfera, o campo magnético do planeta. Este enorme campo magnético, que só alcanza entre os 3 e 7 millóns de km. en dirección ao Sol, proxéctase en dirección contraria máis de 750 millóns de km., ata chegar á órbita de Saturno.

  8. faa-miriantrigo di:

    Xúpiter é o planeta máis grande e o quinto do Sistema Solar e ten máis materia que todos os outros planetas xuntos, cun volume de 1000 veces o da Terra. Forma parte dos chamados planetas exteriores ou gasosos. A rotación deste planeta é a máis rápida de todos e ten unha atmosfera complexa, con nubes e tempestades, o que provoca a aparición de franxas de diversas cores e algunhas manchas na súa aparencia.
    Posúe un débil sistema de aneis, invisibles dende a Terra. Estes aneis son máis simples que os de Saturno e están formados por partículas de po lanzadas dende o espazo cando os meteoritos chocan coas lúas interiores de Xúpiter. Tanto os aneis como as lúas de Xúpiter móvense dentro dun enorme globo de radiación atrapado na magnetosfera, o campo magnético do planeta, que alcanza entre os 3 e 7 millóns de km en dirección ao Sol e se proxecta en dirección contraria máis de 750 millóns de km ata chegar á órbita de Saturno.
    Ten tamén numerosos satélites, dos cales catro foron descubertos por Galileo en 1610. Xúpiter ten unha composición semellante á do Sol, formada por hidróxeno, helio e pequenas cantidades de amoníaco, metano, vapor de auga e outros compostos.
    A chamada Gran Mancha Vermella de Xúpiter é unha tormenta de tamaño maior que o diámetro da Terra, que dura desde fai 300 anos e é a causante de ventos de 400km/h.

  9. fab-ivanportas di:

    Un planeta é un corpo que non emite luz e que orbita arredor do Sol ou outra estrela. Os planetas poden consistir en rocha e metal, como os planetas interiores do Sistema Solar, ou predominantemente de líquido e gas, como os planetas xigantes exteriores. Non están considerados planetas os cometas ou outros pequenos obxectos como os meteorides. Os asteroides, non obstante, son en ocasións denominados planetas menores. Un planeta pode ter unha masa de ata aproximadamente dez veces a de Júpiter, por enriba da cal se convertería nunha anana marrón.

    Os planetas denomínanse do seguinte xeito:

    – Planetas Xigantes: son planetas cunha masa e un diámetro moito maior que o da Terra, particularmente están formados maioritariamente por gas; tamén son coñecidos como xigantes gasosos. No Sistema Solar os planetas xigantes son Júpiter, Saturno, Urano, e Neptuno, aínda que hai cada vez máis evidencias de obxectos similares en torno a outras estrelas, son os planetas extrasolares.

    – Planetas inferiores: son planetas cuxa órbita é máis próxima ao Sol ou a outra estrela. No caso do noso Sistema Solar; cun raio menor ao da Terra, é dicir, como Mercurio ou Venus.

    – Planetas jovianos: calquera dos catro planetas xigantes do Sistema Solar: Júpiter, Saturno, Urano e Neptuno; Tamén coñecidos como xigantes gasosos. Os planetas jovianos teñen grosas atmosferas, baixas densidades, grandes diámetros e están constituídos principalmente por hidróxeno e helio.

    – Planeta menor: é un nome usado para denominar aos asteroides.

    – Planeta superior: Calquera planeta cuxa órbita se encontra máis afastada do Sol (e polo tanto de maior raio) que a da Terra; é dicir, Marte, Júpiter, Saturno e Neptuno.

    – Planeta terrestre: son pequenos planetas cunha alta densidade e cunha superficie sólida e rochosa. No Sistema Solar os planetas terrestres son Mercurio.

  10. faa-ariadnavazquez di:

    O Sistema Solar formouse 4,6 millóns de anos a partir do colapso gravitacional dunha nube molecular interestelar xigante. A gran maioría da masa do sistema está no Sol, coa maior parte da masa residual contida Xúpiter. Os catro planetas internos menores, Mercurio, Venus, Terra e Marte, tamén chamados de planetas terrestres, están principalmente compostos de rocha e metal. Os catro planetas exteriores, os planetas xigantes, son substancialmente máis macizos que os terrestres. Os dous maiores, os xigantes gasosos Xúpiter e Saturno, están compostas principalmente de hidróxeno e helio; os dous planetas máis distantes, os xigantes de xeo Urano e Neptuno, están compostas en gran parte das substancias con puntos de fusión relativamente altos en comparación con hidróxeno e helio, tales como auga, amoníaco e metano. Todos os planetas teñen órbitas case circulares que se atopan dentro dun disco case liso chamado a eclípse.

    O Sistema Solar tamén contén obxectos menores. Unha das cousas que contén pode ser un cinto de asteroides. Tamén hai unha serie de planetas ananos como sería Plutón.Ademáis, seis dos planetas, polo menos, tres dos planetas ananos, e moitos dos corpos menores son orbitados por satélites naturais, como a Lúa e a Terra. Cada un dos planetas exteriores están rodeado por aneis planetarios do po e outros pequenos obxectos.

  11. faa-laurachaves di:

    Xúpiter é o planeta máis grande do Sistema Solar, ten máis materia que todos os outros planetas xuntos e o seu volume é mil veces o da Terra.

    Xúpiter ten un tenue sistema de aneis, invisible dende a Terra. Tamén ten moitos satélites. Catro deles foron descubertos por Galileo en 1610. Era a primeira vez que alguén observaba o ceo cun telescopio.

    Ten unha composición semellante á do Sol, formada por hidróxeno, helio e pequenas cantidades de amoníaco, metano, vapor de auga e outros compostos.

    A rotación de Xupiter é a máis rápida entre todos os planetas e ten unha atmosfera complexa, con nubes e tempestades. Por iso mostra franxas de diversas cores e algunhas manchas.

    Ao contrario que os aneis de Saturno,Xúpiter posúe un único sistema sinxelo de aneis composto por un halo interno, un anel principal e un anel Gossamer. Os aneis son moi tenues e están compostos por partículas de po lanzadas ao espazo cando as meteoroides interplanetarias chocan coas catro lúas interiores de Xúpiter.

  12. faa-martinbaulde di:

    O Sistema Solar é un conxunto formado polo Sol e os corpos celestes que orbitan ao seu arredor.
    Está integrado o Sol, oito grandes planetas (Mercurio, Venus, Terra, Marte, Júpiter, Saturno, Urano e Neptuno), xunto cos seus satélites, planetas menores e asteroides, cometas, po e gas interestelar.
    Pertence á galaxia chamada Vía Láctea, que esta formada por centos de miles de millóns de estrelas situadas ao longo dun disco plano de 100.000 anos luz.

    Os astrónomos clasifican os planetas e outros corpos no noso Sistema Solar en tres categorías:

    -Un planeta é un corpo celeste que está en órbita arredor do Sol, que ten suficiente masa para ter gravidade propia para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é dicir, redonda, e que despexou as inmediacións da súa órbita.
    -Un planeta anano é un corpo celeste que está en órbita arredor do Sol, que ten suficiente masa para ter gravidade propia para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma redonda; que non despexou as inmediacións da súa órbita e que non é un satélite.
    -Tódolos demais obxectos que orbitan arredor do Sol son considerados colectivamente como “corpos pequenos do Sistema Solar”.

  13. faa-sarafalcon di:

    No artigo fálase das estrelas pero que son as estrelas?
    Unha estrela é unha enorme esfera de gas moi quente e brillante. As estrelas producen a súa propia luz e enerxía mediante un proceso chamado fusión nuclear. A fusión sucede cando os elementos máis lixeiros son forzados para converterse en elementos máis pesados. Cando isto sucede, unha tremenda cantidade de enerxía é creada causando que a estrela se quente e brille. Ás estrelas encóntraselles nunha variedade de tamaños e cores. O noso Sol é unha estrela amarelenta de tamaño media. As estrelas que son máis pequenas que o noso Sol son avermelladas e as que son máis grandes que este son azuis.

  14. Rita Lage di:

    Xúpiter é o planeta máis grande e o quinto do Sistema Solar e ten máis materia que todos os outros planetas xuntos, cun volume de 1000 veces o da Terra. Forma parte dos chamados planetas exteriores ou gasosos. A rotación deste planeta é a máis rápida de todos e ten unha atmosfera complexa, con nubes e tempestades, o que provoca a aparición de franxas de diversas cores e algunhas manchas na súa aparencia.
    Posúe un débil sistema de aneis, invisibles dende a Terra. Estes aneis son máis simples que os de Saturno e están formados por partículas de po lanzadas dende o espazo cando os meteoritos chocan coas lúas interiores de Xúpiter. Tanto os aneis como as lúas de Xúpiter móvense dentro dun enorme globo de radiación atrapado na magnetosfera, o campo magnético do planeta, que alcanza entre os 3 e 7 millóns de km en dirección ao Sol e se proxecta en dirección contraria máis de 750 millóns de km ata chegar á órbita de Saturno.
    Ten tamén numerosos satélites, dos cales catro foron descubertos por Galileo en 1610

  15. faa-emiliolumbres di:

    Unha estrela é todo obxeto astronómico que brilla con luz propia, aínda que en termos máis técnicos e precisos pódese dicir que trátase dunha esfera de plasma que mantén a súa forma grazas a un equilibrio hidrostático de forzas. Este equilibrio prodúcese principalmente entre a forza de gravidade, que empuxa a materia cara ao centro da estrela, e a presión que exerce o plasma cara afora, que tende a expandirlo.
    Estas esferas de gas emiten tres formas de enerxía cara ao espacio que son: A radiación electromagnética (é un tipo de campo electromagnético variable, é dicir, unha combinación de campos eléctricos e magnéticos oscilantes, que se propagan a través do espacio transportando energía dun lugar a outro), os neutrinos (son partículas subatómicas de tipo fermiónico, sin carga y espín 1/2) e o vento estelar, e isto é o que nos permite observar a apariencia das estrelas no ceo nocturno como puntos luminosos.

  16. Victor di:

    NOVO FORO ABERTO POR 10 DÍAS

  17. fab-miguelleiro di:

    Nesta época na que vivimos cos grande avances tecnolóxicos e tamén na investigación estapacial, descubrimos diversos sistemas solares, moitos moi peculiares como o que nomea o artigo.
    Só se descubriron dous sistemas con catro soles, dos cales se coñece pouca información. Este sistema en concreto, non ten como epicentro unha desas estrelas, senon que ten un centro de masas. Despois está o planeta, que ten a súa órbita entre dúas estrelas. Cóñencense diversos sistemas descubertos máis aló do noso. Un deles que me chamou a atención porque contén un planeta, apodado Kepler-22b, que é moi similar á terra, tanto que foi confirmado como habitable. O único é que se atopa a 600 anos luz. A exploración espacial leva a cabo estos grandes descubrimentos, nos que nun futuro, optar pola colonización doutros planetas é mais que viable.

  18. faa-marinabusto di:

    Neste comentario faise referencia a un planeta 10 veces máis masivo ca Xupiter, pero ¿qué se entende como planeta? Un planeta é un corpo celeste que orbita ao redor dunha estrela ou remanente dela.
    Ademais, ten suficiente masa para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido, de maneira que asuma unha forma en equilibrio hidrostático.
    Segundo esta definición de planeta, o Sistema Solar consta de oito planetas: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Júpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Plutón, que ata 2006 se consideraba un planeta, pasou a clasificarse como planeta anano.
    Os corpos que xiran en torno a outras estrelas denomínanse xeralmente planetas extrasolares ou exoplanetas. As condicións que han de cumprir para ser considerados como tales son as mesmas que sinala a definición de planeta para o Sistema Solar, se ben xiran en torno ás súas respectivas estrelas.

  19. fab-lauracaldas di:

    As estrelas son un dos principais obxectos de estudo para a autonomía. Unha estrela defínese como un corpo de celeste de gas inserto no espazo que produce enerxía no seu interior, a que é irradiada cara ao exterior como luz visible para o home; a estrela máis coñecida por nós é o noso sol, as estrelas teñen luz propia mentres que os planetas só reflicten a luz das estrelas. Polo tanto os puntos luminosos que podemos percibir a simple vista pola noite corresponden tanto a estrelas coma a planetas, e estes últimos só reflicten a luz.

    Aparentemente as estrelas vense todas igual para o home. Así o creron en tempos de antano; estes corpo ao non presentar cambios deu orixe á conclusión de que todas as estrelas se terían creado ao mesmo tempo, pero con distintos graos de brillo. Ao pasar o tempo, esta afirmación foi refutada, pois os astrónomos comprobaron que as estrelas se poden clasificar, polo tanto non todas son iguais: difiren en anos, tamaño, temperatura, etc.
    As estrelas poden ter diversas dimensións, hai unhas moi grandes e outras moi pequenas. Da súa dimensión dependerá o brillo que irradien, as máis grandes son máis brillantes que as de menor tamaño. Isto débese pois que ao ter maiores dimensións, a masa tamén é máis, polo tanto xérase maior cantidade de enerxía interna. Non obstante estas estrelas máis luminosas gastan os seus recursos enerxéticos moito máis rápido que as outras, o que significa que o seu tempo de vida é menor. Pola contra as estrelas de menor tamaño poden vivir millóns e millóns de anos, son de pouca luz, e por ende gastan moito menos enerxía.

  20. fab-antonchaves di:

    O Sistema Solar é un conxunto formado polo Sol e os corpos celestes que orbitan ao seu arredor. Está integrado o Sol e unha serie de corpos que están ligados gravitacionalmente con este astro: oito grandes planetas (Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno), xunto cos seus satélites, planetas menores (entre eles, o ex-planeta Plutón) e asteroides, os cometas, po e gas interestelar.

    Pertence á galaxia chamada Vía Láctea, que esta formada por centos de miles de millóns de estrelas situadas ao longo dun disco plano de 100.000 anos luz.
    O Sistema Solar está situado nun dos tres brazos en espiral desta galaxia chamado Orión, a uns 32.000 anos luz do núcleo, arredor do cal xira á velocidade de 250 km por segundo, empregando 225 millóns de anos en dar unha volta completa, o que se denomina ano cósmico.
    Os astronomos clasifican os planetas e outros corpos no noso Sistema Solar en tres categorías:
    Primeira categoría: Un planeta é un corpo celeste que está en órbita arredor do Sol, que ten suficiente masa para ter gravidade propia para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é dicir, redonda, e que despexou as inmediacións da súa órbita.
    Segunda categoría: Un planeta anano é un corpo celeste que está en órbita arredor do Sol, que ten suficiente masa para ter gravidade propia para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é dicir, redonda; que non despexou as inmediacións da súa órbita e que non é un satélite.
    Terceira categoría: Todos os demais obxectos que orbitan arredor do Sol son considerados colectivamente como “corpos pequenos do Sistema Solar”.

  21. faa-ileniamartinez di:

    Unha estrela é unha enorme esfera de gas, illada no espazo, que produce enerxía no seu interior, a cal é transportada á súa superficie e irradiada dende alí ao espazo, en todas direccións.
    As dimensións das estrelas son bastante variadas: hai as moito maiores que o Sol e, no outro extremo, varias veces máis pequenas; deste modo, en termos de tamaños, o Sol sitúase nun punto medio, cun raio de 700.000 km.
    As estrelas de maiores dimensións son extremadamente brillantes. Ao ser tan grandes teñen maior masa e xeran máis enerxía: dise que estas estrelas “gastan” os seus recursos enerxéticos moito máis rápido que as outras, máis pequenas. Por esta causa, as estrelas xigantescas viven pouco tempo, non máis dalgúns millóns de anos. En cambio, estrelas pequenas logran existir ao redor dunha decena de miles de millóns de anos, xa que consumen poucos recursos e, por conseguinte, producen pouca enerxía.

  22. faa-albaaller di:

    Este artigo fálanos do planeta máis grande do Sistema Solar, estamos a falar de Xúpiter. Este ten máis materia que todos os demais planetas xuntos e o seu volume supera mil veces ó da Terra. Posúe un sistema de aneis, os cales son máis simples que os de Saturno e están formados por partículas de pó lanzadas ao espazo cando os meteoritos chocan coas lúas de Xúpiter. Tamén ten moitos satélites, catro deles descubertos por Galileo Galilei que reciben o nome de: Ío, Europa, Ganímedes e Calisto.
    A composición de Xúpiter é ben similar á do Sol. Está formado por hidróxeno, helio e un pouco amoníaco, o que constitúe unha atmosfera ben complexa con nubes e tempestades.
    Coñecemos como a Gran Mancha Vermella de Xúpiter a unha tormenta de maior diámetro que a Terra que dende hai uns 300 anos provoca ventos de ata 400 Km/h.
    O enorme campo magnético de Xúpiter alcanza a órbita doutro planeta, Saturno.

  23. faa-miguelotero di:

    Xúpiter é o planeta de maior masa no Sistema Solar: equivalente a uns 2,48 veces a suma das masas de todos os outros planetas xuntos. Con todo, non é o planeta de maior masa coñecida: máis dun centenar de planetas extra-solares que foron descubertos teñen similar ou superior á masa de Xúpiter. Xúpiter tamén ten a maior velocidade de rotación dos planetas do Sistema Solar: Excursión en menos de 10 horas no seu eixe. Esta velocidade de rotación é deducida a partir de medicións do campo magnético do planeta. A atmosfera é dividida en rexións con fortes ventos zonais con períodos de rotación que van desde 9h 50m 30s na zona ecuatorial, en 40s 9h 55m no resto do planeta. O planeta é coñecido por unha enorme formación meteorolóxica, a Gran Mancha Vermella, facilmente visible para astrónomos afeccionados debido ao seu gran tamaño, superior á da Terra. Súa atmosfera é permanentemente cuberto de nubes que permiten dinámica atmosférica de seguimento e mostran un alto grao de turbulencia. Facendo referencia a distancia do Sol, Xúpiter é o quinto planeta do Sistema Solar. Súa órbita é de aproximadamente 5 AU, preto de 750 millóns de quilómetros do sol.

  24. faa-rubeniglesias di:

    Júpiter é o quinto planeta do Sistema Solar. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Recibe o seu nome do deus romano Júpiter.
    Trátase do planeta que ofrece un maior brillo ao longo do ano dependendo da súa fase. É despois do Sol, o maior corpo celeste do Sistema Solar, cunha masa case dúas veces e media a dos demais planetas xuntos.
    Júpiter está formado por hidróxeno e helio. Entre os detalles atmosféricos destacan a Grande mancha vermella, un enorme anticiclón situado nas latitudes tropicais do hemisferio sur, a estrutura de nubes en bandas escuras e zonas brillantes, e a dinámica atmosférica global determinada por intensos ventos con velocidades de ata 504 km/h.

  25. faa-iagopadin di:

    PH1 (abreviatura de “Planet Hunters 1”), ou a súa designación oficial da NASA Kepler-64b, é un planeta extrasolar encontrado nunha órbita circumbinaria no sistema estelar cuádruple Kepler-64. O planeta foi descuberto por dous astrónomos afeccionados pertencentes ao proxecto Planet Hunters, quenes utilizaron información suministrada polo telescopio espacial Kepler, contando coa asistencia dun equipo de astrónomos internacionales da Universidade de Yale. O descubrimento foi anunciado o 15 de outubro de 2012 e este é o primeiro tránsito planetario coñecido nun sistema estelar cuádruple, o primeiro planeta descuberto nun sistema estelar das mencionadas características e o primeiro planeta confirmado descubierto por PlanetHunters.org.
    O planeta xigante é similar a Neptuno en tamaño, ao redor de 20-55 masas terrestres e posúe un radio 6.2 veces o da terra. O sistema estelar encontrase a unha distancia de 5000 años luz e o planeta orbita a unha estrela binaria, acompañado dun par máis distante, conformando así o sistema estelar cuádruple que figura no catálogo Kepler baixo a denominación KIC 4862625, tamén coñecido baixo a designación Kepler-64.

  26. fab-nereabetanzos di:

    Unha constelación, en astronomía, é unha agrupación convencional de estrelas, cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente invariable. Pobos, xeralmente de civilizacións antigas, decidiron vinculalas mediante trazos imaxinarios, creando así siluetas virtuais sobre a esfera celeste. Na inmensidade do espazo, en cambio, as estrelas dunha constelación non necesariamente están localmente asociadas; e poden encontrarse a centos de anos luz unhas doutras. Ademais, os devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas idearon constelacións diferentes, mesmo vinculando as mesmas estrelas.Acostúmase a separar as constelacións en dous grupos, dependendo o hemisferio celeste onde se encontren:
    -constelacións setentrionais, as situadas ao norte do ecuador celeste.
    -constelacións austrais, ao sur.