Planta invasora na Antártida

Un grupo de científicos españois, coa colaboración de arxentinos e ingleses, lideraron unha acción na Antártida para erradicar unha colonia da chamada ¨pranta de pasto azul europeo, tamén coñecida como herba de Kentucky¨ (Poa pratensis).

 

Esta actuación realizase despois do redescubrimento da persistencia xunto a base Arxentina Primavera, despois de ser introducida nos anos cincuenta nese mesmo lugar accidentalmente debido a experimentos de repoboación con outras plantas, que non sobreviviron as duras condicións climáticas. O terrón no cal viñan esas plantas contiñan outras herbáceas con forte potencial invasor, polo que nos últimos sesenta anos establecéronse como unha colonia e aumentaron cuantitativamente a súa distribución. O tema non tendría maior importancia se non fora porque esta especie ten a capacidade de desprazar as plantas e herbas autóctonas. Ademais de ser extremadamente competitiva, adaptase mellor ao resto das transformacións provocadas polo cambio climático na Antártida.

 

A actuación da erradicación realizouse no marco do proxecto ALIENANT, financiado polo ministerio de Economía e Competitividade a través da convocatoria de proxectos de I+D de Excelencia e dirixido pola Universidade Rei Juan Carlos polo profesor Miguel Ángel Olalla e a estratexia deseñouse co apoio do comité Polar Español e os responsables dos programas de investigación científica da Antártida de España, Arxentina e Inglaterra.

Este proxecto plantéxase tamén explorar a dúas escalas, local e xeográfica, os posibles riscos de introdución, establecemento e expansión de especies invasoras nos ecosistemas terrestres antárticos, tendo en conta os efectos do cambio climático e os impactos locais asociados ao crecente movemento de científicos e turistas no territorio.

Aínda que a erradicación foi un éxito, non se pode garantir que se lograse unha remodelación completa ata que transcorra un tempo de vixilancia. As futuras actividades de investigación do proxecto ALIENANT centraranse en mellorar o coñecemento sobre a distribución e a fauna do solo dominada polos insectos colémbolos.


Autora: Ilenia Martínez

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.