A outra cara do ibuprofeno

ibuprofeno é un antiinflamatorio non esteroideo (AINE), utilizado frecuentemente como antipirético (fármaco que fai diminuír a febre) así como para o tratamento sintomático de procesos dolorosos de intensidade leve e moderada como poden ser a dor de cabeza (cefalea), dor dental (odontalxia), dor muscular, molestias da menstruación (dismenorrea), dor neurolóxica e dor postquirúrxica. Tamén se usa para tratar cadros inflamatorios e reumáticos, como os que se presentan en artrite, artrite reumatoide e artrite gotosa.
Este fármaco actúa mediante a inhibición non selectiva da cicloosixenasa (COX), reducindo así a síntese de prostaglandinas, un conxunto de substancias que regulan diversas funcións como a presión sanguínea, a coagulación do sangue, a resposta inflamatoria ou a contracción da musculatura lisa.
Dende hai uns anos, o ibuprofeno converteuse nun dos antiinflamatorios máis consumidos por parte da meirande parte da poboación española para mitigar o malestar xeral do organismo, debido sobre todo ao seu económico prezo e ao seu fácil acceso.

Porén, como calquera outro medicamento conta cunha serie de efectos adversos entre os que destaca a irritación do sistema dixestivo, provocando estrinximento, diarrea, gases ou distensión abdominal, mareos e vómitos, entre outros.
Pero isto non é todo, pois o Comité de Farmacovixilancia da Axencia Europea do Medicamento (EMA) acaba de finalizar a súa revisión sobre o ibuprofeno, concluíndo que o tratamento con altas doses de dito fármaco aumenta o risco de sufrir problemas cardiovasculares.
Concretamente, os datos procedentes dos ensaios clínicos e estudios observacionais realizados confirman que a administración de doses altas de ibuprofeno (iguais o superiores a 2.400 mg/día) se asocian cun maior risco de infarto e trombose arterial.
Este consumo tan elevado so se dá en casos moi excepcionais, pois segundo os datos do Ministerio de Sanidade, apenas un 2% dos pacientes que seguen un tratamento con este fármaco toman cantidades tan elevadas.
O consumo normal do ibuprofeno como analxésico ou antiinflamatorio sitúase en 1.200 mg ao día (os comprimidos soen ser de 400 mg ou 600 mg), doses que non están asociadas a un incremento do risco cardiovascular, é dicir, que o consumo normal e moderado que se fai no 90% dos fogares españois é seguro.

Trombose arterial (enfermidade cardiovascular)

O Comité de Farmacovixilancia conclúe que os beneficios do ibuprofeno son superiores aos seus riscos,  pero recomenda que se actualice a información do su prospecto sobre a relación da inxestión de doses altas do fármaco e os trastornos cardiovasculares.
Ademais, a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) publicou nos últimos días unha serie de recomendacións respecto ao consumo e a prescrición de ibuprofeno, onde  se recomenda, entre outras cousas, non receitar altas doses de ibuprofeno a pacientes con enfermidades cardiovasculares, considerar os factores de risco cardiovasculares do paciente antes de comezar un tratamento a longo prazo con ibuprofeno e utilizar a dose máis baixa  posible que permita controlar os síntomas durante o menor tempo posible.

Autora: Tamara Parracho

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to A outra cara do ibuprofeno

  1. faa-diegogarcia di:

    As prostaglandinas son un conxunto de substancias de carácter lipídico derivadas dos ácidos graxos de 20 carbonos (eicosanoides), que conteñen un anel ciclopentano e constitúen unha familia de mediadores celulares, con efectos diversos, a miúdo contrapostos. As prostaglandinas afectan e actúan sobre diferentes sistemas do organismo, incluíndo o sistema nervioso, o tecido liso, o sangue e o sistema reprodutor; xogan un papel importante en regular diversas funcións como a presión sanguínea, a coagulación do sangue, a resposta inflamatoria alérxica e a actividade do aparato dixestivo.

  2. fab-rociovazquez di:

    As prostaglandinas son unhas substancias con funcións similares ás de unha hormona que están presentes en moitos texidos e fluidos do corpo (útero, pulmóns, semen, riñóns, cerebro, etc.), e que teñen moitas funcións, entre as que destacan:
    – Actuar como reguladoras do sistema inmunolóxico
    – Descenso da presión arterial
    – Inhibición da trombosis
    – Rexeneración celular
    – Mellora da transmisión nerviosa
    – Regulación dos efectos dos estróxenos e da proxesterona
    Tamén se emplean para provocar a contracción do útero e facilitar o parto. Existen tres tipos de prostangladinas, según a súa estructura química: PGE1, PGE2 y PGE3.

  3. fab-miguelleiro di:

    Hoxe en día existen no mercado innumerables tipos de fármacos que nos axudan a aliviar síntomas e a combater enfermidades.
    Un deses fármacos, que tamén é moi coñecido, é o ibuprofeno. É ese medicamento que a xente utiliza para “todo”. Nestas semanas están saíndo á luz as consecuncias de tomar cantidades elevadas deste medicamento. Os médicos recoemendan, como nomea o artigo, non tomar cantidades superiores a 2.400 mg deste fármaco, que cada pastilla contén ou 600 ou 400 mg. No artigo noméase que a inxesta elevada de ibuprofeno pode provocar diversos problemas, sobretodo cardiovasculares. Por desgraza, tendemos a botar a mán facilmente ao medicamento cando notamos unha leve dor ou calquera síntoma principalmente sin importancia, un erro que se pode pagar caro. Calquera médico recomenda non consumir medicamentos a non ser que sexa dunha necesidade real. Según outros estudos, ao consumir cantidades elevadas de ibuprofeno, auméntase o risco de sufrir un ictus, algo que pode producir a morte ou deixar secuelas importantes.

  4. faa-sarafalcon di:

    O ibuprofeno é un antiinflamatorio, utilizado frecuentemente como antipirético e para o alivio sintomático da dor de cabeza, dor dental, dor muscular ou mialxia, molestias da menstruación, dor neurolóxica de carácter leve e dor postcirúrxica. Tamén se usa para tratar cadros inflamatorios, como os que se presentan en artrite, artrite reumatoide e artrite gotosa. Xeralmente a dose recomendada para adultos é duns 1200 mg diarios, pero o seu uso excesivo pode ter consecuencias como insuficiencias hepáticas e renais ata pode provocar nas mulleres problemas de fertilidade

  5. fab-lauraozores di:

    A Cicloosixenase é unha encima que permite ao organismo producir unhas substancias chamadas prostaglandinas a partir do ácido araquidónico. Concretamente cataliza a reacción:

    Araquidonato + AH2 +2 O2 Prostaglandina-H2 + A + H2O

    Esta encima pode actuar como dioxigenasa ou como peroxidasa. Únese a un grupo hemo por cada subunidade que é un homodímero. É unha proteína de membrana periférica situada na membrana dos microsomas e do retículo endoplasmático. É inhibida polos antiinflamatorios non esteroideos (AINE) como a aspirina.
    Existen 3 tipos:
    – Cicloosixenase 1 (COX1)
    – Cicloosixenase 2 (COX2)
    – Cicloosixenase 3 (COX3)

  6. faa-albaaller di:

    Hoxe en día existen moitos tipos de medicamentos comercializados. Hainos que requiren receta médica e hainos que non. Entre estes últimos atopamos o ibuprofeno. O ibuprofeno é un antiinflamatorio, utilizado normalmente para as dores de cabeza, dores musculares, dor menstural, é decir, para o malestar xeral, xa que o calma. Tamén se atopa entre os seus usos para tratar casos de artrite.
    O que sexa un medicamento que pode obterse fácilmente e sen receta, fai que moita xente abuse deste medicamento e tome máis cantidade da recomendada, o que pode provocar insuficiencias renais ou diminución da fertilidade en mulleres.

  7. faa-tamaraparracho di:

    No artigo coméntase que a administración de doses altas de ibuprofeno (iguais ou superiores a 2.400 mg/día) se asocian cun maior risco de infarto e trombose arterial.
    Denomínase trombose á formación dun coágulo ou trombo (masa que se presenta cando o sangue se endurece pasando de líquido a sólido) no interior dun vaso sanguíneo (arteria ou vena), impide a circulación do sangue cara os tecidos.
    Os mecanismos que favorecen a formación dun trombo son as alteracións do fluxo sanguíneo (que poden deberse a repouso excesivo na cama), a densidade dos compoñentes do sangue (cando a sangue é máis densa diminúen os líquidos e aumentan los elementos sólidos), as lesións na parede interna dun vaso sanguíneo, a diminución da velocidade da circulación sanguínea, alteracións nos propios elementos que regulan a fluidez do sangue ou incluso a entrada de elementos estraños no torrente sanguíneo (fundamentalmente o líquido amniótico).
    Coñecemos co nome de infarto á necrose isquémica dun órgano (morte de un tecido por falta de sangue e posteriormente osíxeno), xeralmente provocada pola obstrución das arterias que o irrigan, xa sexa por mor de elementos que se encontran no interior do vaso obstruíndo o paso de sangue, por exemplo placas de ateroma ou trombos, ou por elementos externos (tumores que comprimen o vaso, torsión dun órgano…)

  8. faa-laurachaves di:

    O ibuprofeno, tratado neste artigo é un fármaco. Aos fármacos tamén se lles pode chamar menciña ou medicamento é toda substancia química purificada empregada na prevención, diagnóstico, tratamento, mitigación ou cura dunha doenza para evitar a aparición dun proceso fisiolóxico non desexado ou ben para modificar condicións fisiolóxicas con fins específicos.
    Os fármacos divídense en cinco grupos:
    -Especialidade farmacéutica: É o medicamento de composición e información definidas, de forma farmacéutica e dosificación determinadas, preparado para o seu uso medicinal inmediato, disposto para a súa dispensación ao público.
    -Fórmula maxistral: Destinado a un paciente individualizado, preparado polo farmacéutico, ou baixo a súa dirección, para cumprimentar expresamente unha prescripción facultativa detallada das sustancias medicinais que inclúe,.
    -Preparado ou fórmula oficinal: É aquel medicamento elaborado e garantido por un farmacéutico ou baixo a súa dirección, dispensado na súa oficina de farmacia ou servizo farmacéutico, destinado á entrega directa aos enfermos aos que abastece dita farmacia ou servizo farmacéutico.
    -Medicamento prefabricado: Non se axusta á definición de especialidade farmacéutica e pode utilizarse sen necesidade de tratamento industrial.
    -Medicamento en investigación: Forma farmacéutica dunha sustancia activa ou placebo, que se investiga ou se utiliza como referencia nun ensaio clínico.

  9. faa-ariadnavazquez di:

    No artigo dise que o ibuprofeno pode chegar a convertirse nun problema e acabar nunha enfermidade cardiovascular. Estas son unha clase de enfermidades que implican o corazón ou os vasos sanguíneos Existen diferentes enfermidades cardiovasulares, as comúns inclúen:. unha enfermidade isquémica do corazón , un accidente cerebrovascular, unha cardiopatía hipertensiva, unha cardiopatía reumática , aneurismas aórticos, unha cardiomiopatía, unha fibrilación auricular, unha cardiopatía conxénita, un endocardite e ata unha enfermidade arterial periférica , entre outras.

    Os mecanismos subxacentes varían en función da enfermidade en cuestión. Por exemplo, un accidente cerebrovascular implica a aterosclerosis. Isto pode ser causado pola hipertensión arterial, o tabaquismo, a diabete, a falta de exercicio, a obesidade, o colesterol alto, a mala alimentación e o exceso de alcohol, entre outros ( onde se incluiría o consumo excesivo de ibuprofeno)
    Estímase que o 90% das enfermidades cardiovasculares se poden previr. A prevención da aterosclerosis é pola diminución dos factores de risco a través de:.. Unha alimentación sa, exercicio, evitar o fume do tabaco e limitar o consumo de alcohol ; ademáis isto para tratar a presión arterial alta e a diabete tamén é beneficioso.

  10. faa-albarodriguez di:

    Las prostaglandinas son eicosanoides derivados dos lípidos da membrana. Intervieñen nos procesos inflamatorios e noutras funcións claves relacionadas coa resorción do óso, a agregación plaquetaria, a febre ou a modulación da secreción gástrica. Son unha importante diana terapéutica de moitas patoloxías relacionadas cos procesos nos que participan. Debido a súa participación en procesos inflamatorios que producen dano no ADN demostrouse a súa vinculación co cáncer e as enfermidades neurodexenerativas.
    Proceden do ácido araquidónico por acción da encima cicloosixenasa. O ácido araquidónico procede dun fosfolípido da membrana. Hai varios tipos de prostaglandinas. Cada unha presenta células diana e funcións diferentes. a función más importante é ser mediador da inflamación, especialmente a prostaglandina D2 que actúa sobre as células endoteliales de vasos sanguíneos, provocando vasodilatación e aumento de permeabilidade cunha chegada de maior fluxo de sangue á zona. Produce quimiotaxis de eosinófilos, basófilos y linfocitos T. Tamén actúa sobre células musculares lisas estimulando a súa contracción. Todas estas células diana presentan receptores para as prostaglandinas. Isto conduce a unha resposta inflamatoria con rubor, calor, hiperalgesia, chegada doutras células e edema, entre outros signos, na zona afectada. os procesos inflamatorios, a través de prostaglandinas, citoquinas e especies reactivas de osíxeno, entre outros mediadores da inflamación, poden producir mutacións no ADN. isto vincula ás prostaglandinas con algúns procesos cancerosos e neurodexenerativos.

  11. faa-carmenvilanova di:

    As enfermidades cardiovasculares (ECV), é dicir, do corazón e dos vasos sanguíneos, son:

    -A cardiopatía coronaria -enfermidade dos vasos sanguíneos que irrigan o músculo cardíaco (miocardio);
    -As enfermidades cerebrovasculares -enfermidades dos vasos sanguíneos que irrigan o cerebro;
    As arteriopatías periféricas -enfermidades dos vasos sanguíneos que irrigan os membros superiores e inferiores;
    -A cardiopatía reumática -lesións do miocardio e das válvulas cardíacas debidas á febre reumática, unha enfermidade causada por bacterias denominadas estreptococos;
    -As cardiopatías conxénitas -malformacións do corazón presentes dende o nacemento; y
    -As tromboses venosas profundas e embolias pulmonares – coágulos de sangue (trombos) nas veas das pernas, que poden desprenderse (émbolos) e aloxarse nos vasos do corazón e os pulmóns.

    As causas máis importantes de cardiopatía e AVC (accidentes vasculares cerebrales) son unha dieta malsá, a inactividade física, o consumo de tabaco e o consumo nocivo de alcohol. Os principais factores de risco modificables son responsables de aproximadamente un 80% dos casos de cardiopatía coronaria e enfermidade cerebrovascular.

  12. faa-miriantrigo di:

    Os antiinflamatorios non esteroideos (AINE) son un grupo de fármacos principalmente antiinflamatorios, analxésicos e antipiréticos, que se empregan para tratar tanto a dor como a inflamación e a febre, axudando a bloquear as acción das substancias químicas do corpo que se encargan de mediar a inflamación asociado a moitas formas de artrite, sempre e cando se empregue en doses completas de maneira regular.
    Aínda que estes fármacos son moi eficaces, existen varios efectos secundarios. Como ben se di no artigo, o ibruprofeno úsase para tratar a febre, as dores menstruais, as enfermedades inflamatorias, artrites e dor leve ou moderado causado por lesións. Ademais, tamén se está probando para o tratamento da migraña, fibrose quística e a artritre da columna vertebral, pero o ibuprofeno ten posibles efectos secundarios, que incúen mareos, sangrado gastrointestinal, dor de cabeza, nerviosismo, inchazón, picores, zumbido nos oídos, erupcións cutáneas, náuseas, estreñimento, diarrea, vómitos, dor abdominal, ardor e dor de estómago e perda do apetito.

  13. faa-emiliolumbres di:

    O termo enfermidades cardiovasculares é usado para referirse a todo tipo de enfermidades relacionadas co corazón ou cos vasos sanguíneos, é dicir, as veas e as arterias.
    A maioría dos países lidian con altas e crecentes tasas de enfermidades cardiovasculares. Cada año máis habitantes de Estados Unidos morren por causas destas enfermidades do corazón que de cancro.
    Estas enfermidades son tratadas por cardiólogos, cirujanos vasculares, neurólogos, radiólogos.
    Estas enfermidades son tratables e reversibles, incluso cando se leva un longo tempo coa efermidade. O tratamento está enfocado na dieta e a redución de estrés. Pero se a enfermidade é moi grave pode llegar a unha cirugía e en casos extremos pode levar á morte.

  14. faa-iagopadin di:

    A Axencia Europea de Medicamentos ou EMA (a súa sigla en inglés), trátase dunha axencia da Unión Europea que se encarga da evaluación das solicitudes de autorización de comercialización de medicamentos na Unión Europea e a súa supervisión. O seu obxetivo é contribuir á protección da saude pública e animal asegurando que os medicamentos para uso humano e veterinario sexan seguros, eficaces e de alta calidade.
    A EMA funciona como unha rede que aglutina os recursos científicos dos Estados membros da Unión Europea, e de máis de 40 autoridades nacionais competentes; e coordina a evaluación e supervisión dos medicamentos en toda a Unión Europea.
    A Axencia está gobernada por un Consello de Xestión independente. O Consello de Xestión consiste en 35 membros, que son nomeados a actuar no interese público e non representan ningún goberno, organización ou sector. O Consello establece o presuposto da Axencia, aproba o programa de traballo anual e é responsable de asegurar que a Axencia traballa eficazmente e coopera satisfactoriamente con organizacións de socio a través da UE e máis alá. Ademais, esíxese que todos os membros de Consello fagan unha declaración anual de calquera intereses directos ou indirectos que teñen na industria farmacéutica. A Axencia publica estas declaracións de interese en liña.

  15. fab-lauracaldas di:

    As prostaglandinas (ácido prostanóico) fórmanse por transformación de ácidos graxos non saturados, algunhas delas son investigadas polo seu papel na maduración do folículo ovárico, sendo por iso potenciais anticonceptivos naturais, a substancia orixinal é unha mestura de substancias lipídicas achadas en seme de carneiro e de home. Teñen efectos directos na relaxación e estiramento de músculos lisos non vasculares (útero). O mecanismo polo cal se produce a luteolisis mediada por PGs non se coñece. Pero pode deberse a un efecto local relacionado coa diminución do fluxo vascular lúteo ou por inhibición directa da síntese da proxesterona. As prostaglandinas teñen un papel activo en identificación de enfermidades de próstata e riles. Son activas na asma bronquial, na ovulación, en artrite, glaucoma e ten efectos no sistema inmunolóxico. A aspirina e a indometacina inhiben a acción das PG’s. Os tromboxanos son prostaglandinas.

  16. Rita Lage di:

    O ibuprofeno,ese medicamento que a xente utiliza para «todo», nestas semanas están saíndo á luz as consecuncias de tomar cantidades elevadas deste medicamento. Os médicos recoemendan, como nomea o artigo, non tomar cantidades superiores a 2.400 mg deste fármaco, que cada pastilla contén ou 600 ou 400 mg. No artigo noméase que a inxesta elevada de ibuprofeno pode provocar diversos problemas, sobretodo cardiovasculares. Por desgraza, tendemos a botar a mán facilmente ao medicamento cando notamos unha leve dor ou calquera síntoma principalmente sin importancia, un erro que se pode pagar caro.

  17. faa-carmenvilanova di:

    A Cicloosixenasa (COX) ou prostaglandina-endoperóxido sintasa, EC 1.14.99.1, é unha enzima que permite ao organismo producir unhas substancias chamadas prostaglandinas a partir do ácido araquidónico.
    Esta encima pode actuar como diosixenasa (enzima que oxida un substrato mediante a transferencia de osíxeno presente no osíxeno molecular) ou como peroxidasa. Únese a un grupo hemo por cada subunidade que é un homodímero. É unha proteína de membrana periférica situada na membrana dos microsomas e do retículo endoplasmático. É inhibida polos antiinflamatorios non esteroideos (AINE) como a aspirina.
    Entre 1989 e 1992 levouse a cabo a investigación, que conduciu ao descubrimento das dúas isoformas da cicloosixenasa: a COX-1 e a COX-2, encimas con ao redor de 600 aminoácidos cada unha. Agora sábese que a COX-1 e a COX-2 difiren nun só aminoácido aínda que os sitios activos das encimas son idénticos. Para algúns autores podería existir unha terceira isoforma: a COX-3, radicada no cerebro, mentres que para outros non sería máis que a COX-2 pero con funcións máis propias da COX-1.
    A COX1 ten como función a regulación da proliferación das células normais ou neoplásticamente transformadas. A COX2 Ten como función mediar nos procesos de inflamación e na sinalización por prostanoides. E a COX3 é isoforma (outra forma dunha mesma proteína, que difiren na secuencia de aminoácidos pero presentan grande homoloxía) da COX1, observouse en humanos unha abundante expresión do RNA mensaxeiro desta no cortex cerebral e o corazón.

  18. faa-laurachaves di:

    O ibuprofeno é un antiinflamatorio, pero qué significa este termo?. Un antinflamatorio é o medicamento ou procedemento médico usado para previr ou diminuír a inflamación dos tecidos.

    No caso dos medicamentos, xeralmente o mecanismo polo cal actúan é o de impedir ou inhibir a biosíntese dos seus axentes mediadores, principalmente os denominados eicosanoides ou derivados do ácido araquidónico.

    Os procedementos antinflamatorios son en xeral medidas físicas como repouso e inmobilización, hipotermia ou crioterapia localizada, elevación e compresión da extremidade afectada, e que xeralmente se recomendan aplicar en forma primaria e inmediata e de uso moi común para tratamentos de lesións en deportistas.
    Hai dous grandes grupos de antiinflamatorios:
    – Esteroideos: Son as corticoides, que son hormonas producidas pola codia adrenal ou corticosteroides naturais, e os corticosteroides semisintéticos, compostos análogos estruturais dos corticosteroides naturais e en particular dos glucocorticoides.
    – Non esteroideos (AINES): Polo seu mecanismo de acción pódense agrupar en inhibidores non selectivos da cicloosixenase e inhibidores selectivos, é dicir segundo a súa acción fronte á síntese de prostaglandinas e tromboxanos.
    O AINE prototipo é o ácido acetilsalicílico, máis coñecido co seu nome comercial aspirina.
    Ademais de ser antinflamatorios, analxésicos e antipiréticos, teñen outros efectos como ser antiagregantes plaquetarios, e por iso se usan na profilaxe do infarto de miocardio.
    Tamén existe o grupo de fármacos antirreumatoides modificadores da enfermidade (FARME) e algúns outros fármacos con propiedades leves antinflamatorias como certos antihistamínicos e os usados para tratamento da gota aínda que non son estritamente antiinflamatorios.

  19. faa-iagopadin di:

    A cicloosixenasa ou COX é unha enzima capaz de convertir o ácido araquidónico, que participa na formación das membranas celulares, en prostaglandina H2, responsable de moitas funcions fisiolóxicas, especialmente a nivel muscular. As COX tamén son, en parte, responsables de fenómenos inflamatorios. Así, a cicloosixenasa pode ser contrarrestada polos fármacos antiinflamatorios non esteroideos (AINS), do tipo aspirina ou ibuprofeno, que os inhiben.
    Esta é unha enzima responsable da formación de mediadores biolóxicos importantes chamados prostanoides, que inclúe a prostaglandina, a prostaciclina, e os tromboxanos, a partir do ácido araquidónico. A inhibición farmacolóxica da ciclooxigenasa alivia os síntomas da inflamación. Os medicamentos antiinflamatorios non esteroides (AINEs), como o diclofenac e a nimesulida, exercen os seus efectos a través da inhibición da cicloosixenasa.

  20. faa-manuelvilas di:

    O uso desmedido dos medicamentos casi sempre trae consigo efectos secundarios, non só nos ibuprofenos. Por exemplo, a cortisona que é usada con persoas con alerxia ata persoas con leucemia, trae consigo os seguintes efectos secundarios:hiperglucemia, resistencia á insulina, diabetes mellitus, osteoporosis, ansiedade, depresión, gastritis, colitis, hipertensión, ictus, disfunción eréctil, hipogonadismo, hipotiroidismo, lesións digestivas perforantes, accidentes tromboembólicos, choques, hinchazón xeral, amenorrea e retinopatía entre outros problemas os dentes vólvense amarelos.Por estes motivos, desde os anos sesenta estableceuse que a corticoterapia debíase reservar para as afecciones graves. Con todo, nos tratamentos temporais, a maioría da xente non experimenta efectos secundarios severos. Os efectos secundarios adoitan ser predecibles, case sempre son reversibles e márchanse unha vez terminado o tratamento.

  21. faa-albaaller di:

    Coñecemos co nome de cicloosixenasa (COX) a unha encima que fai posible a producción de prostaglandina a partir do ácido araquidónico. Esta encima tamén forma parte dos procesos de inflamación. Ademais esta encima, tamén é responsable de mediadores biolóxicos coñecidos co nome de prostanoides, nos que se inclúen a prostaglandina, a porstacidina e os tromboxanos.
    Existen varios tipos de medicamentos para contrarrestar ou inhibir a cicloosixenasa, entre eles temos as aspirinas ou o ibuprofeno, os cales a contrarrestan; os inhibidores son os denominados antinflamatorios non esteroideos. A inhibición desta encima reduce os síntomas da inflamación.

  22. fab-raquelpan di:

    As Ciclooxigenasas son enzimas que permite que o organismo produza unhas sustancias chamadas prostaglandinas a partir do ácido araquidónico. Concretamente cataliza a reacción:
    Araquidonato + AH2 + 2 O2 ↔ Prostaglandina H2 + A + H2O
    Esta enzima pode actuar como dioxigenasa ou como peroxidasa. Unese a un grupo hemo por cada subunidad que e un homodímero. E unha proteína de membrana periférica situada na membrana dos microsomas e do retículo endoplasmático. E inhibida polos antiinflamatorios non esteroideos (AINE) como la aspirina.
    Conocense duas isoformas das ciclooxigenasas: a COX-1 e a COX-2, con arededor de 600 aminoácidos cada unha. Conocese que a COX-1 e COX-2 difieren nun solo aminoácido anque os sitios activos das enzimas son idénticos. Para alguns autores podría existir unha tercera isoforma: a COX-3, radicada no cerebro, mentras que para outros nob sería más que a COX-2 pero con funcions máis propias da COX-1.

    Ciclooxigenasa 1: Ten como función. a regulación da proliferación das células normales ou neoplásticamente transformadas.

    Ciclooxigenasa 2: Ten como función mediar nos procesos inflamatorios na señalización por prostanoides.

    Ciclooxigenasas 3: Isoforma da COX1, a inhibición desta isoforma podría estar relacionada con efecto antipirético de moitos AINE.

  23. fab-antonchaves di:

    Os antiinflamatorios son medicamentos que se utilizan para previr ou diminuír a inflamación dos tecidos. O mecanismo mediante o cal actúan é o de impedir -ou inhibir- a biosíntese dos seus axentes mediadores, coñecidos como eicosanoides ou derivados do ácido araquidónico.
    Fundamentalmente existen dous grandes grupos de fármacos ou medicamentos antiinflamatorios: os esteroides e os non esteroides.
    . Antiinflamatorios esteroideos: son os fármacos corticoides, hormonas producidas pola codia adrenal, ou corticosteroides naturais ou semisintéticos, compostos análogos estruturais dos corticosteroides naturais (abrigo dos glucocorticoides). A súa utilización é limitado, principalmente polos seus efectos adversos ou secundarios, en especial cando son administrados por vía oral ou parenteral.
    . Antiinflamatorios non esteroideos: coñecidos como AINES, pódense agrupar segundo a súa acción fronte á síntese de prostaglandinas e tromboxanos. O máis popular é o ácido acetilsalicílico, coñecido habitualmente co nome de aspirina.

  24. faa-ivanlois di:

    Dáselle o nome de infarto á necrose isquémica ou morte dun tecido nun órgano, acontece polo produto da obstrución das arterias que interrompen a chegada de sangue osixenado a dito órgano.
    As variables que ocasionan o infarto por obstrución poden estar dadas por elementos como placas de ateroma ou tumores e, noutros casos, torsión ou hernia do órgano.

    Para os médicos existen tres aspectos neste tipo de episodios:
    -Isquemia: é a falta de irrigación sanguínea e, polo tanto, de osíxeno ao órgano.
    -Lesión: prodúcese cando determinado órgano estivo privado de osíxeno e o tecido comeza a necrotizarse ou morrer.
    -O infarto: dáse cando o tecido efectivamente morreu e deixa de funcionar esa porción do órgano.

    A medicina desenvolveu ao día de hoxe diversas técnicas para tratar este padecemento. Entre elas, unha das máis comúns é o by-pass, unha técnica cirúrxica de derivación cardíaca que permite que o sangue sexa irrigado sen obstrucións mediante a creación dun novo conduto.

  25. fab-nereabetanzos di:

    O ibuprofeno é un antiinflamatorio non esteroideo (AINE), utilizado frecuentemente como antipirético e para o alivio sintomático da dor de cabeza (cefalea), dor dental (odontalxia), dor muscular ou mialxia, molestias da menstruación (dismenorrea), dor neurolóxica de carácter leve e dor postcirúrxica. Tamén se usa para tratar cadros inflamatorios, como os que se presentan en artrite, artrite reumatoide (AR) e artrite gotosa.Pero no artigo dise que o tratamento con altas doses de dito fármaco aumenta o risco de sufrir problemas cardiovasculares.
    As enfermidades cardiovasculares débense a trastornos do corazón e os vasos sanguíneos, entre eles as cardiopatías coronarias (ataques cardíacos), as enfermidades cerebrovasculares (apoplexía), o aumento da tensión arterial (hipertensión), as vasculopatías periféricas, as cardiopatías reumáticas, as cardiopatías conxénitas e a insuficiencia cardíaca.
    As principais causas de enfermidade vascular son o consumo de tabaco, a falta de actividade física e unha alimentación pouco saudable.

  26. faa-diegogarcia di:

    A trombose arterial ou venosa é unha enfermidade potencialmente grave polas súas características que comportan un risco vital e, en particular, polas súas consecuencias que deixan un lastre importante nas persoas que a sofren. Sabemos, por exemplo, que, en España, de embolia pulmonar, unha das consecuencias dunha trombose venosa, morren ao ano, entre 10.000 e 20.000 persoas.
    A trombose arterial afecta as arterias ou circulación de saída do corazón, mentres que a venosa afecta as veas ou circulación de retorno.

  27. faa-emiliolumbres di:

    O ibuprofeno é un medicamento amplamente usado para o tratamento da dor, a inflamación e a febre, tamén é coñecido como “ibuprofen”
    O ibuprofeno é un medicamento do tipo AINE, é dicir, Anti Inflamatorios No Esteroideos, este é un grupo de fármacos capaces de eliminar a inflación sin ser esteroides, o cal lles confire grandes vantaxes ao non producir a grande cantidade de efectos adversos propios de este tipo de medicamentos.
    Os principales usos do ibuprofeno son o tratamento da inflamación asociada con traumatismos, este medicamento alcanza bos niveis en tecidos como o óseo polo que é moi usado en procedimentos e tratamiento odontolóxicos. É usado tamén en caso de dor e inflamación de orixe músculo-esquelético como o que acompaña a trastornos como a tendinitis, artritis, esguinces, desgarros musculares e inflamación muscular.

  28. fab-sabelafernandez di:

    As enfermidades cardiovasculares débense a trastornos do corazón e os vasos sanguíneos, entre eles as cardiopatías coronarias (ataques cardíacos), as enfermidades cerebrovasculares (apoplexía), o aumento da tensión arterial (hipertensión), as vasculopatías periféricas, as cardiopatías reumáticas, as cardiopatías conxénitas e a insuficiencia cardíaca.
    As principais causas de enfermidade vascular son o consumo de tabaco, a falta de actividade física e unha alimentación pouco saudable.

    A diferenza das outras condicións médicas crónicas, as enfermidades cardiovasculares son tratables e reversibles, mesmo despois de levar un longo tempo coa enfermidade. O tratamento está enfocado na dieta e a redución do estrés. Se a enfermidade é moi grave pode chegar a unha cirurxía, e en extremo á morte.

    A maioría dos países lidan con altas e crecentes taxas de enfermidades cardiovasculares. Cada ano máis estadounidenses morren de enfermidades do corazón que de cancro. Esta é a causa número un de morte e minusvalidez en Estados Unidos e da maioría de países europeos.