Proxecto Magallanes

O proxecto Magallanes naceu en 2007 en Redondela (Galicia, España) co reto de desenvolver unha tecnoloxía capaz de extraer enerxía a partir das correntes das mareas. Sete anos despois de iniciarse a súa concepción, o proxecto Magallanes  botará na ría na primeira plataforma flotante co fin de obter electricidade das mareas, cuxa construción se ultima no estaleiro Cardama.

Segundo as previsións, a plataforma-trimarán, de 40 metros de eslora e 25 de manga, podería empezar a comercializarse dentro de dous anos, aínda que os seus creadores prefiren non fixar prazos concretos, dado que o prototipo aínda ten que superar unha serie de probas, entre elas as obrigadas no Centro Europeo de Enerxías Mariñas (EMEC) das Orcadas (Escocia). O que si confirman dende Magallanes Renovables, é que o prototipo se botará en primavera e que as primeiras probas de mar se realizarán na ría. «É unha tarefa complexa que leva o seu tempo, xa que hai que axustar cada un dos compoñentes», aseguran.

Neste caso, o xerador de enerxía é flotante, o que permite unha instalación moi sinxela e, sobre todo, un baixo custo tanto de produción coma de mantemento. Malia a fase inicial na que aínda se encontra, xa foron varias as compañías eléctricas que se interesaron polo sistema que tería un importante retorno económico para o sector naval vigués, dende asteleiros a industrias auxiliares de compoñentes pasando por empresas de enxeñería e ciencias mariñas.
Cada plataforma maremotriz de 2 MW de potencia produce electricidade para abastecer 2.000 fogares. Así, para cubrir as necesidades dunha cidade como Vigo necesitaríanse 60. Segundo explica un voceiro de Magallanes Renovables «a electricidade das correntes é unha mina. É verde, inesgotable, constante e está sen explotar».

Enlace ao video da propia empresa explicando en que consiste todo o proxecto: https://vimeo.com/119547140

Autor: Iván Lois

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Novas tecnoloxías, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Proxecto Magallanes

  1. fab-lauracaldas di:

    As mareas son os cambios periódicos no nivel do mar. A marea alta prodúcese cando o nivel do mar sobe e as baixas cando este cae. Se estás nunha praia concorrida durante a marea baixa, deberías notar máis espazo para tender a túa toalla que durante a marea alta. Supón que escolles un lugar preto de onde rompen as ondas, instálate e deixa que o son rítmico das ondas che arrolen. Se aínda estás durmido cando comeza a marea alta, probablemente terás dous problemas: unha posible queimadura de sol e a perda da túa situación temporaria na praia. As ondas do mar durante a marea alta trepan gradualmente pola praia, cubrindo o lugar que reclamaches como propio.
    A forza gravitatoria da lúa causa este cambio no nivel do mar. As mareas altas prodúcense dúas veces ao día, nos puntos do planeta que están máis próximo e afastados da lúa. No punto máis próximo, o océano é atraído cara á lúa. No lado oposto do planeta, o punto máis afastado da lúa, o océano afástase desta, porque é nese punto onde a súa forza gravitatoria é máis débil.

  2. faa-iagopadin di:

    O Centro Europeo de Enerxía Mariña (Emec), sede dun dos laboratorios de enerxía marítima máis importante do mundo, está ubicado nun arquipélago de 70 illas no norte de Escocia con apenas 30.000 habitantes.
    As fortes olas e as correntes mariñas desas remotas illas producen unha das enerxías renovables con máis futuro, e Escocia propuxose convertir estas tranquilas illas do Mar do Norte, en referencia mundial da electricidadw xerada pola forza das olas e as mareas.
    En 2003, o Goberno británico puxo en marcha nas illas Orcadas o Centro Europeo de Enerxía Mariña, un laboratorio no que compañías de todo o mundo proban as súas tecnoloxías. Todo empezou con tres especialistas, agora traballan alí 45. A española Iberdrola, a través da súa filial escocesa, é unha das compañías que máis está invertendo nas illas.
    Scotrenewables, empresa escocesa de enerxías renovables, instalou xa alguns prototipos, na localidade de Kirkwall, que xa xeran electricidade a partir das corrientes. Estes prototipos contan con varias hélices que poden medir entre 30 e 80 metros, unha especie de muiños de vento xigantes e submarinos. Esta zona é perfecta para iso, pois ao haber moitas illas xuntas, as correntes marinas que pasan entre elas son moito máis fortes que en outros lugares. Espérase que no 2015 se poidan lograr granxas de muiños submarinos rentables e de ahí expandir a tecnoloxía internacionalmente.

  3. fab-antonchaves di:

    A enerxía mariña ou enerxía dos mares (tamén denominada ás veces enerxía dos océanos ou enerxía oceánica) refírese á enerxía renovable producida polas ondas do mar, as mareas, a salinidade e as diferenzas de temperatura do océano. O movemento da auga nos océanos do mundo crea un vasto almacén de enerxía cinética ou enerxía en movemento. Esta enerxía pódese aproveitar para xerar electricidade que alimente as casas, o transporte e a industria. Os principais tipos son:

    – Enerxía das ondas, olamotriz ou undimotriz.

    – Enerxía das mareas ou enerxía mareomotora.

    – Enerxía das correntes: consiste no aproveitamento da enerxía cinética contida nas correntes mariñas. O proceso de captación baséase en convertedores de enerxía cinética similares aos aeroxeradores empregando neste caso instalacións submarinas para correntes de auga.
    – Maremotérmica: fundaméntase no aproveitamento da enerxía térmica do mar baseado na diferenza de temperaturas entre a superficie do mar e as augas profundas. O aproveitamento deste tipo de enerxía require que elgradiente térmico sexa de polo menos 20º. As plantas maremotérmicas transforman a enerxía térmica en enerxía eléctrica utilizando o ciclo termodinámico denominado “ciclo de Rankine” para producir enerxía eléctrica cuxo foco quente é a auga da superficie do mar e o foco frío a auga das profundidades.
    – Enerxía osmótica: é a enerxía dos gradientes de salinidade.

  4. faa-carmenvilanova di:

    A enerxía mareomotora é a que se obtén aproveitando as mareas: mediante o seu empalme a un alternador pódese utilizar o sistema para a xeración de electricidade, transformando así a enerxía mareomotora en enerxía eléctrica, unha forma enerxética máis segura e aproveitable. É un tipo de enerxía renovable, en tanto que a fonte de enerxía primaria non se esgota pola súa explotación, e é limpa xa que na transformación enerxética non se producen subprodutos contaminantes gasosos, líquidos ou sólidos. Non obstante, a relación entre a cantidade de enerxía que se pode obter cos medios actuais e o custo económico e ambiental de instalar os dispositivos para o seu proceso impediron unha penetración notable deste tipo de enerxía.
    Outras formas de extraer enerxía do mar son: as ondas (enerxía undimotriz), da diferenza de temperatura entre a superficie e as augas profundas do océano, o gradiente térmico oceánico; da salinidade, das correntes mariñas ou a enerxía eólica mariña.
    Os métodos de xeración mediante enerxía de marea poden clasificarse nestas tres:
    -Xerador da corrente de marea: os xeradores de corrente de marea tidal stream generators (ou TSG polas súas iniciais inglés) fan uso da enerxía cinética da auga en movemento ás turbinas da enerxía, de xeito similar ao vento (aire en movemento) que utilizan as turbinas eólicas.
    -Presa de marea: as presas de marea fan uso da enerxía potencial que existe na diferenza de altura (ou perda de carga) entre as mareas altas e baixas.
    -Enerxía mareomotora dinámica: a enerxía mareomotora dinámica (Dynamic tidal power ou DTP) é unha tecnoloxía de xeración teórica que explota a interacción entre as enerxías cinética e potencial nas correntes de marea.

  5. faa-glopez di:

    E actualmente a única empresa en España que está traballando no desarrollo da plataforma flotante capaz de xerar enerxía eléctrica a partir das correntes mariñas. A empresa foi recoñecida polo EMEC como o primeiro proxecto español de correntes mariñas. Calculase que España foi capaz de producir o equivalente a cinco centrais nucleares de enerxía grazas as favorables correntes que bañan as suas costas. Este proxecto supondra un gran avance para o uso de fontes renovables e enerxias a partir do uso da natureza, despois habra que conseguir que se produza para distribuila as cidades e sexa favorable, asi desta maneira disminuira o uso de enerxias esgotables e quedaran recursos ainda

  6. fab-mariangaleano di:

    O Centro Europeo de Enerxía Mariña(EMEC), é a sede dun dos laboratorios de enerxía marítima máis importante do mundo, está ubicado nun arquipélago de 70 illas no norte de Escocia con apenas 30.000 habitantes.
    As fortes olas e as correntes mariñas desas remotas illas producen unha das enerxías renovables con máis futuro, e Escocia propúxose converter estas tranquilas illas do Mar do Norte, en referencia mundial da electricidade xerada pola forza das olas e as mareas.
    En 2003, o Goberno británico puxo en marcha nas illas Orcadas o Centro Europeo de Enerxía Mariña, un laboratorio no que compañías de todo o mundo proban as súas tecnoloxías. Todo empezou con tres especialistas, agora traballan alí 45. A española Iberdrola, a través da súa filial escocesa, é unha das compañías que máis está a invertir nas illas.

  7. faa-tamaraparracho di:

    A enerxía mareomotriz obtense a través das enerxías cinética e/ou potencial das mareas, é dicir, aproveita a forza das olas do mar e dos cambios entre as mareas alta e baixa, convertendo a súa variación en enerxía eléctrica.
    A enerxía xerada polo movemento das mareas é aproveitada por unhas turbinas, as cales moven, á súa vez, un alternador capaz de xerar enerxía eléctrica. Finalmente, este último está conectado cunha central en terra que distribúe a enerxía cara a comunidade e as industrias.
    Así, encontramos tres métodos de xeración mediante enerxía de marea:
    – Xeradores de corrente de marea: utilizan a enerxía cinética da agua en movemento que pasa polas turbinas, de xeito similar ao que ocorre co vento nas turbinas eólicas.
    – As presas de marea: fan uso da enerxía potencial que existe na diferenza de altura (ou perda de carga) entre as mareas altas e baixas.
    – Energía mareomotriz dinámica: é unha tecnoloxía de xeración teórica que explota a interacción entre as enerxías cinética e potencial nas correntes de marea.
    A enerxía mareomotriz é un tipo de enerxía renovable, xa que a fonte de enerxía primaria non se esgota pola súa explotación e tamén unha enerxía limpa, pois na transformación enerxética non se non se producen subproductos contaminantes nin gases de efecto invernadoiro.

  8. faa-albaaller di:

    As enerxías renovables son aquelas de fonte inesgotable que non xeran ningún tipo de residuo contaminante para o medio ambiente. Existen moitos tipos de enerxías renovables, aínda que non son tan utilizadas como as enerxías non renovables, tentase aumentar o seu uso. Entre elas atópase a enerxía mareomotriz, da cal se fala no artigo.
    Coñecemos como enerxía mareomotriz, a aquela corrente eléctrica xerada a partir do movemento das mareas, aproveitando así a forza do movemento das ondas e tamén dos cambios de marea. Esta enerxía xerada pola marea fai mover unhas turbinas xerando desta maneira corrente eléctrica, que se dirixirá a unha central e de ahí será repartida as cidades e pobos.
    Atopamos tres métodos para a xeración de enerxía a través do aproveitamento da forza marítima:
    -Xeradores de corrente de marea: aproveitan a enerxía cinética do movemento da auga.
    -As presas de marea: utilizan a enerxía que existe na diferenza de altura entre a marea alta e a baixa.
    -Enerxía mareomotriz dinámica: é aquela que explota a interacción entre as enerxías cinética e potencial da marea.

  9. fab-miguelleiro di:

    Na actualidade, é difícil abandonar o que son as enerxías non renovables e contaminantes, non solo polos simple xeito de que non podemos por agora, senon tamén por que sae máis barato.
    Este proxecto é outro paso adiante das enerxías renovables nesta época. As forzas do mar son inesgotables completamente limpas, e a súa explotación pode ter grandes vantaxes. Saber que só un destas plataformas, poida alimentar de enerxía a 2000 fogares e fantástico. Por sorte para este tipo de proxectos, as costas galegas son perfectas. Que as primeiras probas se realicen nas nosas costas, dende o meu punto de vista, é un luxo, xa que estmos poñendo o noso gran de area nun proxecto contra o cambio climático. En Galicia contamos tamen, con diversos parques eólicos, que cada día crecen mais e mais, facendo desta zona unha pioneira de tales enerxías.

  10. faa-miriantrigo di:

    A enerxía que obtemos aproveitando as mareas é a enerxía mareomotora, transformando esta en enerxía eléctrica. Pertence ao grupo de enerxías renovables e obtense a través da enerxía cinética e da enerxía potencial das mareas, aproveitando as ondas do mar e dos cambios das mareas altas e baixas, convertendo esta variación en enerxía eléctrica.
    As mareas, é dicir, o movemento das augas no mar, producen una enerxia que se transforma en electricidade nas centrais mareomotoras. Aprovéitase a enerxía liberada pola auga do mar nos seus movementos de ascenso e descenso e das mareas, tanto do fluxo coma do refluxo. Aprisionando a auga no momento da marea alta e liberándoa, oblígase a que esta pase por unas turbinas durante a baixamar, e cando a marea sube, o nivel do mar é superior ao da auga anterior. Abrindo as comportas, a auga pasa dun lado a outro do dique, e os seus movementos fan que tamén se movan as turbinas duns xenerados de correntes situados xuntos aos conductos polos que circula a auga.
    Cando polo contrario, a marea baixa, o nivel da auga é inferior porque o movementos desta é en sentido contrario que o anterior, pero tamén se aproveita para producir electricidade.

  11. faa-ileniamartinez di:

    As mareas son unha flutuación do nivel das augas dos océanos producidas pola atracción gravitatoria da Lúa, o Sol, e a rotación da Terra. Preto da costa, os niveis da auga poden variar ata 15 metros entre preamar e baixamar. A enerxía mareomotora é aquela que se obtén a partir do aproveitamento dos movementos das masas de augas costeiras ocasionadas polas mareas. Unha das principais vantaxes da enerxía mareomotora é que se presenta de modo mais constante e predicible que a enerxía eólica e a enerxía solar. Só é necesario asegurar que a costa teña unha amplitude de marea non menor a 4 metros para asegurar unha boa e económica produción de enerxía eléctrica.
    A infraestrutura necesaria para xerar electricidade a partir das mareas comunmente involucra a construción dunha presa ou barreira mediante a cal se pode obrigar á auga en ascenso ou descenso a circular por condutos especialmente deseñados para mover turbinas hidráulicas similares ás das presas hidroeléctricas.
    Unha das vantaxes deste tipo de sistema é que funciona de forma bi-direccional, é dicir, pódese producir electricidade tanto coa entrada de auga en ciclo de ingreso de auga (fluxo) coma en ciclo de egreso (refluxo).
    Existe actualmente outro sistema de aproveitamento de mareas que non necesita procesar e conter grandes masas de auga detrás de barreiras ou diques. O sistema é similar aos muíños eólicos pero neste caso dimensionados para xirar somerxidos en auga. As turbinas emprázanse no fondo do mar ou lixeiramente mergullados e tenden a xirar co paso das correntes mariñas xeradas polas mareas.
    Un dato a ter en conta cando se analiza este tipo de sistemas de xeración que involucran auga é que se se lles compara con aqueles que funcionan obtendo a enerxía que transporta o aire en movemento, a auga como fluído é 800 veces mais densa e por conseguinte transporta moita mais enerxía. Isto implica que as construcións e mecanismos deben ser mais robustos para soportar esforzos, pero compénsase amplamente coa enerxía obtida tras o seu paso.

  12. fab-ivanportas di:

    A orixe de fórzas de marea débese a que a Terra é un corpo extenso e o campo gravitatorio producido pola Lúa ou polo Sol non é homoxéneo en todos os seus puntos, xa que hai uns puntos que están máis próximos e outros máis afastados dos corpos celestes. Supoñamos que a Terra é un corpo ríxido de forma esférica de raio R, que está cuberta por unha capa de auga de espesor uniforme e de pequena profundidade. O corpo perturbador, a Lúa ou o Sol suponse que está no plano ecuatorial da Terra.

    Aínda que o Sol e a Lúa se moven, considérase que a auga está en todo momento en equilibrio, a velocidade e a aceleración de calquera elemento de líquido respecto da Terra suponse desprezable.

  13. fab-miguelpineiro di:

    A enerxía mareomotora é aquela que se obtén aproveitando as mareas: mediante o seu enlace a un alternador pódese utilizar o sistema para a xeración de electricidade, transformando así a enerxía mareomotora en enerxía eléctrica, unha forma enerxética máis segura e aproveitable. É un tipo de enerxía renovable, en tanto que a fonte de enerxía primaria non se esgota pola súa explotación, e é limpa xa que na transformación enerxética non se producen subprodutos contaminantes gasosos, líquidos ou sólidos. Non obstante, a relación entre a cantidade de enerxía que se pode obter cos medios actuais e o custo económico e ambiental de instalar os dispositivos para o seu proceso impediron unha penetración notable deste tipo de enerxía.
    Outras formas de extraer enerxía do mar son: as ondas, da diferenza de temperatura entre a superficie e as augas profundas do océano, o gradiente térmico oceánico; da salinidade, das correntes mariñas ou a enerxía eólica mariña.

  14. faa-manuelvilas di:

    A alianza entre a empresa redondelana Magallanes Renovables, o astillero vigués Cardama e a tamén viguesa ingeniería CNV Naval Architech para producir enerxía mariña a través das correntes dará un substancial paso adiante en abril. Será entón cando se inicie a construción do prototipo de plataforma flotante en forma de trimarán.
    Marta García Rivas, unha das enxeñeiras do proxecto, sinala que as probas realizadas ata agora co prototipo a escala 1:10 «responderon ás expectativas». Engade que pese a atoparse en fase experimental xa foron varias as industrias eléctricas que se interesaron pola idea e que están á expectativa.
    En todo caso, a plataforma-trimarán terá que estar rematada antes do 31 de decembro, xa que o proxecto, cun investimento de tres millóns de euros, está financiado con fondos europeos de I D i a través do programa Innterconecta. A partir desa data iniciaranse as probas en escenario real. Aínda que en principio estaba previsto comprobar o sistema no estreito Gibraltar -son as únicas da península nas que as correntes mariñas alcanzan a velocidade mínima requirida-, finalmente levaranse a cabo en augas escocesas, en concreto no arquipélago das Orcadas.
    As rápidas correntes entre o Atlántico e o Mar do Norte que alí se xeran convertéronas en escenario idóneo para instalar o Centro Europeo de Enerxía Mariña, un laboratorio puntero no mundo para perfeccionar a tecnoloxía de conversión en enerxía tanto das correntes como das olas. Compañías de todo o mundo proban alí os seus deseños.
    As Orcadas non só ofrecen as condicións naturais máis adecuadas para este tipo de probas de rendemento, senón que contan coa vantaxe engadida de que as infraestructuras xa están feitas, isto é, dispoñen da instalación necesaria para enchufar o cable e comprobar si, en efecto, chega enerxía e en que cantidade. En Gibraltar non existe tal estrutura e habería que montala.
    Marta García non se atreve a poñer data para a fabricación industrial da plataforma, pero en todo caso non antes de dous anos. Cunha eslora de 40 metros e unha manga de 25, a principal diferenza en relación con outros proxectos que tamén perseguen a xeración de enerxía mariña a través das correntes é que a plataforma deseñada por Magallanes Renovables é flotante o que, ademais de posibilitar o acceso ao seu interior con facilidade, abarata custos en relación coa instalación de estruturas fixas no fondo do mar. Da plataforma pende un mástil que é o que suxeita os rotores que están mergullados. Unha especie de molino investido.

  15. fab-nereabetanzos di:

    A enerxía das correntes mariñas é aquela enerxía que se xera a partir do proceso coñecido co nome de «Marea» que é o cambio periódico do nivel do mar producido principalmente polas forzas gravitacionais que exercen a Lúa e o Sol, aínda que tamén inflúe a temperatura e a salinidade das augas. As principais vantaxes da enerxía das correntes mariñas son as seguintes:
    -Enerxía totalmente renovable,principal obxetivo do proxecto Magallanes.
    -Posibilidade de predicir a súa dispoñibilidade.
    -Factores de rendemento do 40 ao 60% (o dobre do doutras fontes renovables intermitentes).
    -Impacto ambiental mínimo. Non producen contaminación visual, polución ou ruído xa que os seus rotores son lentos…

  16. fab-raquelpan di:

    Chamaselle marea a o cambio periódico do nivel do mar producido principalmente por unha forza de atracción que exercen o Sol e a Lua sobre a Terra. Anque dita atracción exercese sobre todo o planeta, tanto na sua parte sólida como líquida e gaseosa, referiremonos a atracción da Luna e o Sol, xuntos ou por separado, sobre as aguas dos mares e océanos. Sen embargo, debemos indicar que as mareas da litosfera son prácticamente insignificantes, con respecto as que ocurren no mar ou océano (que poden modificar o seu nivel en varios metros) e, sobre todo, na atmósfera, donde pode variar en varios km de altura, anque neste caso, e moito maior o aumento do espesor da atmósfera producido pola forza centrífuga do movemento de rotación na zona ecuatorial que a modificación introducida polas mareas en dita zona ecuatorial.
    Outros fenómenos ocasionales, como os ventos, as chuvias, o desborde de ríos e os tsunamis provocan variacions do nivel do mar, tamén ocasionales, pero non poden ser calificados de mareas.

  17. faa-ivanlois di:

    A enerxía das correntes mariñas unha forma de enerxía mariña obtida do aproveitamento da enerxía cinética das correntes mariñas, como a corrente do Golfo. Aínda que non se utiliza todo o amplamente que se poida, as correntes mariñas teñen un potencial importante para a futura xeración de electricidade. As correntes mariñas son máis predicibles que a enerxía eólica e a enerxía solar.
    Cabe citar as vantaxes que podemos obter destes aproveitamentos, entre elas:
    -As correntes mariñas contan cunha alta predictibilidad xa que tanto as correntes provocadas por causas inerciais como as mareas, manteñen os seus caudais coñecidos e practicamente constantes segundo a época do ano.
    -Factores de capacidade do 40 ao 60%, chegando a ser o dobre que outras enerxías renovables. O factor de capacidade, tamén chamado factor de planta ou factor de carga, é o empregado para cualificar a calidade dun xerador.
    -Impacto ambiental mínimo; non producen contaminación visual, polución ou ruído xa que os seus rotores, son o suficientemente lentos, así que case non afectan á vida mariña.
    -Posúen unha alta capacidade enerxética pois a densidade da auga do mar ten de media o valor de 1.012 Kg/m3, maior que o aire. Unha corrente de auga mariña a unha velocidade de 2 m/s posúe por cada m2 de área perpendicular ao seu fluxo, a mesma enerxía que unha corrente eólica de 18 m/s.
    -As condicións baixo o mar durante unha tormenta son relativamente benignas; pódese dicir que esta tecnoloxía é inmune ás tormentas, ao contrario que os sistemas situados na costa ou os que aproveitan a enerxía das ondas.
    -Menores custos de construción e mantemento.

  18. faa-nereaeiras di:

    A enerxía mareomotriz é a que se obtén aproveitando as mareas, transofrmando a enerxía mareomotriz en enerxía eléctrica. Cunha media aproximada de catro quilómetros de profundidadel os océanos recobren as tres cuartas partes da Terra, formando así un enorme depósito de enerxía sempre en movemento.
    Aprobéitase a enerxía liberada pola auga do mar nos seus movementos de ascenso e descenso das mareas. O sistema consiste en aprisionar a auga no momento de alta marea e liberala, facendoa pasar polas turbinas, durante a baixamar.

    Vantaxes:
    -Trátase de una enerxía renovable, non contaminante.
    -Ten un baixo costo de materia prima.
    -Está disponible en calqueira clima e época do ano.

    Desvantaxes:
    -Forte impacto visual é estructural sobre a paisaxe costeira.
    -Precisa dunha gran inversión inicial e se tardan varios anos en construír as instalacións.
    -Efectos negativos sobre a flora e a fauna.

  19. fab-sabelafernandez di:

    A enerxía mareomotora prodúcese grazas ao movemento xerado polas mareas, esta enerxía é aproveitada por turbinas, as cales á súa vez moven a mecánica dun alternador que xera enerxía eléctrica, finalmente este último esta conectado cunha central en terra que distribúe a enerxía cara á comunidade e as industrias.
    Ao non consumir elementos fósiles nin tampouco producir gases que axudan para o efecto invernadoiro. Considéraselle unha enerxía limpa e renovable. Dentro das súas vantaxes o ser predicible e ter unha subministración segura con potencial que non varia de forma transcendental anualmente, só se limita aos ciclos de marea e correntes.

    A instalación deste tipo de enerxía realízase en ríos profundos, desembocaduras de río cara ao océano e debaixo deste ultimo aproveitando as correntes mariñas. Participante deste efecto son o sol, a lúa e a terra. Sendo a mais importante nesta acción a lúa, pola súa proximidade.
    A lúa e a Terra exercen unha forza que atrae aos corpos cara a elas: esta forza de gravidade fai que a Lúa e a Terra se atraian mutuamente e permanezan unidas. Como a forza de gravidade é maior canto máis preto se encontren as masas, a forza de atracción que exerce a Lúa sobre a Terra é máis forte nas zonas máis próximas que nas que están máis lonxe.
    Esta desigual atracción que produce a Lúa sobre a Terra é a que provoca as Mareas no mar. Como a Terra é sólida, a atracción da Lúa afecta máis ás augas que aos continentes, e por iso son as augas as que sofren variacións notorias de acordo á proximidade da Lúa.
    Existen tres métodos de xeración:
    -Xerador da corrente de marea
    -Presa de marea
    -Enerxía mareomotriz dinámica

  20. faa-carmenvilanova di:

    Unha corrente oceánica ou corrente mariña é un movemento superficial das augas dos océanos e en menor grao, dos mares máis extensos. Estas correntes teñen multitude de causas, principalmente, o movemento de rotación terrestre (que actúa de xeito distinto e ata oposto no fondo do océano e na superficie) e polos ventos constantes ou planetarios, así como a configuración das costas e a situación dos continentes.
    Distinguimos diferentes tipos de correntes oceánicas, en función da súa temperatura ou ben das súas características. Unha clasificación suxerida destes movementos provén da temperatura das masas de auga que se desprazan en cada un dos devanditos movementos:
    -Cálida: fluxo das augas superficiais dos océanos que ten a súa orixe na Zona Intertropical e se dirixe, a partir das costas orientais dos continentes (América do Norte e Asia) cara ás latitudes medias e altas en dirección contraria á rotación terrestre, como por exemplo a Corrente do Golfo ou a da Kuroshio ou Corrente do Xapón.
    -Fría: fluxo de augas frías que se moven como consecuencia do movemento de rotación terrestre, é dicir de leste a oeste, a partir das costas occidentais dos continentes polo ascenso de augas frías de grandes profundidades na zona intertropical e subtropical.

    Unha segunda clasificación inclúe o tipo de corrente á cal se asocia o desprazamento de masas de augas en calquera medio. Asóciase segundo o fenómeno que permite o movemento.
    -Correntes de marea: son correntes periódicas con ciclo diario que son producidas pola atracción lunar e en menor grao, do sol. Son correntes superficiais das augas do mar e, polo tanto, involucran na súa maior parte, augas cálidas.
    -Correntes de ondada: son as que modifican en gran parte o litoral e son producidas polos ventos, en especial, polas tempestades ou furacáns que se asocian ao movemento das masas de aire tanto de orixe continental como marítimo.
    -Correntes de densidade, preséntanse nas zonas de contacto de dúas masas de auga con distinta densidade, polo xeral debido ao encontro de augas de distinta temperatura.

  21. fab-lauracaldas di:

    A enerxía mariña é a explotación, uso ou aplicación da enerxía que leva a auga en todas as súas formas (oceános, mares, ríos, mareas, correntes mariñas, gradiente salino, gradiente térmico, etc.). Chámanse tamén enerxías oceánicas ou enerxías mariñas. Este tipo de enerxía transfórmase en electricidade que pode ser utilizada nas casas, negocios e industrias. A idea de utilizar a enerxía do mar e dos oceános non é nova. Ata agora o uso rendible destes tipos de enerxías foi moi baixo, hai pouca potencia instalada no mundo, basicamente concentrada en só uns poucos países, como Canada, Francia, EUA, Reino Unido, China, India, Indonesia, Corea do Sur, Australia ou Nova Zelanda.Una das características das enerxías mariñas é a súa densidade, máis alta que a doutras enerxías renovables, aínda que a súa explotación presenta grandes dificultades debido ás adversidades do mar. Os primeiros intentos de extraer enerxía do mar e os oceános remóntanse a tempo atrás, ao mesmo tempo que se experimentaba con outras enerxías sostibles (solar fotovoltaica, eólica, etc.).
    Pódese considerar que as enerxías mariñas se encontran nunha fase de diverxencia tecnolóxica na que existen moitos conceptos en desenvolvemento pero ningún demostrou o seu liderado comercial. As enerxías mariñas son unha das áreas de maior crecemento dentro das enerxías renovables, existen moitos proxectos piloto en marcha, outros en fase de investigación e desenvolvemento xa que os oceános representan unha vasta e enorme fonte de enerxía aínda sen explotar en forma de ondas, correntes mariñas, gradientes salinos, gradientes térmicos, etc.

  22. faa-diegogarcia di:

    A construción do trimarán ideado pola firma redondelana Magallanes Renovables, co que se busca a obtención de enerxía eléctrica a través da forza das mareas, continúa vento en popa. Onte, o estaleiro Cardama (socio accionista do consorcio xunto a CNV Naval Architects) comezou a montaxe das máis de 300 pezas que forman o prototipo a escala real durante un acto de presentación no que se anunciou que durante os meses de xuño e xullo comezarán os test na ría de Vigo. A botadura deste gran trimarán de 350 toneladas de peso, 42 metros de eslora e 25 metros de calado chegará tras uns oito anos de investigación, financiados con 7,72 millóns de euros ata a data.

  23. Rita Lage di:

    A enerxía mareomotora prodúcese grazas ao movemento xerado polas mareas, esta enerxía é aproveitada por turbinas, as cales á súa vez moven a mecánica dun alternador que xera enerxía eléctrica, finalmente este último esta conectado cunha central en terra que distribúe a enerxía cara á comunidade e as industrias.Ao non consumir elementos fósiles nin tampouco producir gases que axudan para o efecto invernadoiro. Considéraselle unha enerxía limpa e renovable. Dentro das súas vantaxes o ser predicible e ter unha subministración segura con potencial que non varia de forma transcendental anualmente, só se limita aos ciclos de marea e correntes.A instalación deste tipo de enerxía realízase en ríos profundos, desembocaduras de río cara ao océano e debaixo deste ultimo aproveitando as correntes mariñas. Participante deste efecto son o sol, a lúa e a terra.

  24. fab-alexcosta di:

    O Centro Europeo de Enerxía Mariña(EMEC), é a sede dun dos laboratorios de enerxía marítima máis importante do mundo, está ubicado nun arquipélago de 70 illas no norte de Escocia con apenas 30.000 habitantes.
    As fortes olas e as correntes mariñas desas remotas illas producen unha das enerxías renovables con máis futuro, e Escocia propúxose converter estas tranquilas illas do Mar do Norte, en referencia mundial da electricidade xerada pola forza das olas e as mareas.
    En 2003, o Goberno británico puxo en marcha nas illas Orcadas o Centro Europeo de Enerxía Mariña, un laboratorio no que compañías de todo o mundo proban as súas tecnoloxías. Todo empezou con tres especialistas, agora traballan alí 45. A española Iberdrola, a través da súa filial escocesa, é unha das compañías que máis está a invertir nas illas.

  25. faa-sarafalcon di:

    A enerxía mareomotora é a que se obtén aproveitando as mareas: mediante o seu empalme a un alternador pódese utilizar o sistema para a xeración de electricidade, transformando así a enerxía mareomotora en enerxía eléctrica, unha forma enerxética máis segura e aproveitable. É un tipo de enerxía renovable, en tanto que a fonte de enerxía primaria non se esgota pola súa explotación, e é limpa xa que na transformación enerxética non se producen subprodutos contaminantes gasosos, líquidos ou sólidos. Non obstante, a relación entre a cantidade de enerxía que se pode obter cos medios actuais e o custo económico e ambiental de instalar os dispositivos para o seu proceso impediron unha penetración notable deste tipo de enerxía.

  26. faa-marinabusto di:

    Neste comentario faise referencia á enerxía mareomotora. Este tipo de enerxía renovable é a que se obtén aproveitando as mareas: mediante o seu empalme a un alternador pódese utilizar o sistema para a xeración de electricidade, transformando así a enerxía mareomotora en enerxía eléctrica, unha forma enerxética máis segura e aproveitable. É un tipo de enerxía renovable, en tanto que a fonte de enerxía primaria non se esgota pola súa explotación, e é limpa xa que na transformación enerxética non se producen subprodutos contaminantes gasosos, líquidos ou sólidos. Non obstante, a relación entre a cantidade de enerxía que se pode obter cos medios actuais e o custo económico e ambiental de instalar os dispositivos para o seu proceso impediron unha penetración notable deste tipo de enerxía.

  27. faa-miguelotero di:

    A enerxía mareamotriz defínese como aquela enerxía sostible que aproveita o movemento que se produce na auga debido a forza que xera o vento sobre ela. O funcionamento da enerxía mareomotriz é moi básico, xa que a enerxía sostense mediante o acoplamento dunha turbina que xera electricidade que provén de este movemento natural. Para aproveitar esta enerxía renovable o que se fai é que se constrúen embalses cerca da costa para permitir o almacenamento da auga cando sube a marea, para cando a marea baixe, liberala ao mar facendo pasar por unha turbina que produce electricidade con este movemento da auga.
    Unha das principais vantaxes que se pode obter dela e que se poden obter grandes cantidades de enerxía, que polo de agora non se aproveitan o suficiente. Como desvantaxe é que as súas instalación, as veces, pode danar o medionatural onde se constrúan, como tamén que ten algunhas limitacións como por exemplo, que as mareas deben ser suficientemente grandes para que a inversión e infraestruturas sexan xustificables, polo que as veces non é factible.