Cerebro=Internet

Un grupo de especialistas da EPFL de Suíza, trataron de afondar no funcionamento do cerebro baseándose na súa estrutura, descubriron que, sorprendentemente, as conexións cerebrais funcionan e organízanse dun modo moi parecido a como o fai Internet.

O cerebro pasa dun estado de centros illados, con malas conexións con outros centros, a converterse nunha rede completamente integrada. Isto é o que revela o estudo, no que se elaboraron os mapas das conexións neuronais de persoas de entre 2 e 18 anos. Para o desenvolvemento desta cartografía creouse un programa informático especial que axudará a comprender mellor a esquizofrenia e a epilepsia, entre outras aplicacións.

O director da investigación,  creou unha base de datos a partir de máis de 16.000 informes de conexións neuronais e que ten en conta tanto a forza da conexión coma a fiabilidade da metodoloxía utilizada para descubrila. O proceso levou máis de 4.000 horas de traballo.

Outro investigador, esta vez da Universidade de Indiana, levou a cabo as análises de todas as conexións neuronais recompiladas. E o resultado é que, ademais das «redes de área local « os investigadores encontraron tamén «nodos»(centros de tráfico neuronal de vital importancia, fortemente interconectados e que manteñen unidas as distintas redes locais). Algunhas investigacións xa demostraran que cando estes «nodos» resultaban danados dalgunha forma, podían provocar enfermidades neurodexenerativas e epilepsia.

O equipo de científicos decidiu usar estudos de cerebros de rata debido ao enorme volume de información detallada dispoñible. Este grupo de científicos cre que a súa base de datos pode chegar a ser un importante vínculo entre os estudos realizados sobre cerebros humanos. No futuro, esperan ser capaces de extender o seu mapa de conexións neurais máis alá da codia cerebral, ata abranguer o sistema nervioso completo.


Autora: Sara Falcón Fariña

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

66 Responses to Cerebro=Internet

  1. fab-antonchaves di:

    O cerebro humano é o centro do sistema nervioso, é un órgano moi complexo e realiza complexas e importantes funcións. Encerrado no cranio, ten a mesma estrutura xeral que os cerebros doutros mamíferos, pero é máis de tres veces maior que o cerebro doutros mamíferos cun tamaño corporal equivalente. A maior parte constitúea lacorteza cerebral, unha capa de tecido neuronal pregado que cobre a superficie do prosencéfalo. Especialmente amplos son loslóbulos frontais, que están asociados con funcións executivas, tales como o autocontrol, a planificación, o razoamento e o pensamento abstracto. A parte do cerebro asociada á visión está tamén moi agrandado nos seres humanos.
    O cerebro humano realiza unha gran cantidade de funcións, de xeito xeral pódese afirmar que se encarga tanto de regular e manter as funcións do corpo coma de ser o órgano onde reside a mente e a conciencia do individuo.
    O cerebro controla e regula as accións e reaccións do corpo. Recibe continuamente información sensorial, rapidamente analiza estes datos e logo responde, controlando as accións e funcións corporais. O madeiro encefálico controla a respiración, o ritmo cardíaco, e outros procesos autónomos. O neocórtex é o centro do pensamento de orde superior, da aprendizaxe e da memoria. O cerebelo é responsable do equilibrio corporal, coordinando a postura e o movemento.
    Aínda que está protexido polos espesos ósos do cranio, suspendido en líquido cefalorraquídeo, e illado do sangue por labarrera hematoencefálica, a delicada natureza do cerebro humano faino susceptible a moitos tipos de danos e enfermidades. As formas máis comúns de dano físico son os danos internos por un golpe na cabeza, un accidente cerebrovascular, ou unha intoxicación por inxerir diversas substancias químicas que poden actuar como neurotoxinas.

  2. faa-miriantrigo di:

    A codia ou córtex cerebral é a parte máis voluminosa do encéfalo e encóntrase dividida en dous hemisferios por una fendedura. É una fina lámina de neuronas interconectadas que forman unha capa duns milímetros de grosor e que recobre a superficie irregular dos hemisferios cerebrais, alcanzando o seu máximo desenvolvemento nos primates. Nesta parte é onde teñen lugar a percepción, a imaxinación, o pensamento, o xuízo e a decisión.
    Dado a que a superficie de cada hemisferio presenta un conxunto de prominencias e fisuras ou surcos, a codia cerebral está aparentemente pregada, de tal forma que só un terzo desta queda exposta á superficie.
    Cada hemisferio está dividido en catro lóbulos: frontal, parietal, temporal e occipital, e están situados xeralmente por debaixo dos ósos do seu respectivo nome. As fisuras actúan como estruturas limítrofes entre algúns lóbulos centrais. O surco central localízase entre os lóbulos frontal e parietal, o surco lateral separa o lóbulo temporal e o surco parietooccipital visualízase na superficie central do cerebro.

  3. fab-sabelafernandez di:

    A esquizofrenia é un diagnóstico psiquiátrico que se utiliza para persoas cun grupo de trastornos mentais crónicos e graves, caracterizado a miúdo por condutas que resultan anómalas para a comunidade, falta de percepción da realidade, ou na expresión da alteración da realidade. A esquizofrenia causa ademais un cambio mantido en varios aspectos do funcionamento psíquico do individuo, principalmente da conciencia de realidade, e unha desorganización neuropsicolóxica máis ou menos complexa, en especial das funcións executivas, que leva a unha dificultade para manter condutas motivadas e dirixidas a metas, e unha significativa disfunción social.
    Entre os síntomas frecuentes están as falsas crenzas, un pensamento pouco definido ou confuso, alucinacións auditivas, redución das actividades de relación e da expresión de emocións, e inactividade.

    Según un estudo, realizado por científicos de Taiwán, comprobou que existe unha relación bidireccional entre a esquizofrenia e a epilepsia. Segundo este estudo os pacientes con epilepsia teñen case oito veces máis posibilidades de desenvolver esquizofrenia, mentres que nos individuos con esquizofrenia as probabilidades de desenvolver epilepsia multiplícanse por seis.

  4. faa-albarodriguez di:

    O cerebro é a parte do sistema nervioso central dos vertebrados e atópase dentro do cranio. En estrito rigor o cranio alberga ao encéfalo, polo que comunmente fanse sinónimos cerebro e encéfalo.
    En todo caso o cerebro como tal é o órgano máis voluminoso do encéfalo. O seu peso oscila entre 1150 gramos no home e 1000 gramos na muller.
    Está formado por dous hemisferios cerebrais, divididos po un surco medio, é unha masa de tecido gris-rosáceo composto por uns 100.000 millóns de células nerviosas, conectadas unas con outras e responsables do control de todas as funcións mentais.
    Ademais das células nerviosas, o cerebro contén células da glía, vasos saguíneos e órganos secretores.
    O cerebro é o control do movemento, do sono, da fame, da sede e de case todas as actividades vitais necesarias para a supervivencia. Todas as emocións humanas como o amor, u odio, o medo, a ira, a alegría e a tristeza están controladas polo cerebro. Tamén encárgase de recibir e interpretar as innumerables sinais que se envían dende o organismo e o exterior.

  5. faa-alexfernandez di:

    A epilepsia é un grupo de trastornos neurolóxicos caracterizados por episodios que poden variar dun breve e case indetectable a longos períodos de axitación vigorosa.Na epilepsia,as convulsións tenden a repetirse, e non teñen causa subxacente inmediata.

    A causa da maioría dos casos de epilepsia descoñécese, aínda que algunhas persoas desenvolven epilepsia como resultado dunha lesión cerebral, derramo cerebral, tumor cerebral, e abuso de drogas e alcohol. As mutacións xenéticas están vinculadas a unha pequena proporción da enfermidade. As crises epilépticas son o resultado da actividade excesiva e anormal das células nerviosas cortical no cerebro. O diagnóstico xeralmente implica descartar outras condicións que poden causar síntomas similares, como o desmaio. Ademais, o diagnóstico consiste en determinar se calquera outra causa de convulsións está presente como o síndrome de abstinencia do alcohol ou problemas cos electrólitos.

  6. faa-martinbaulde di:

    O sistema nervioso é unha rede de tecidos de orixe ectodérmica nos animais diblásticos e triblásticos cuxa unidade básica son as neuronas. A súa función primordial é a de captar e procesar rapidamente os sinais exercendo control e coordinación sobre os demais órganos para lograr unha axeitada interacción co medio cambiante. Esta rapidez de respostas que proporciona a presenza do sistema nervioso diferenza a maioría dos animais doutros seres pluricelulares de resposta motil lenta como os vexetais, fungos…
    As neuronas son células especializadas, cuxa función é coordinar as accións dos animais por medio de sinais químicos e eléctricos enviados dun extremo ao outro do organismo. Para o seu estudo o sistema nervioso dividiuse en central e periférico, non obstante para afondar o seu coñecemento adoita dividirse en somático e autónomo.
    O Sistema Nervioso Central está formado polo Encéfalo (Hemisferios Cerebrais + Cerebelo + Madeiro Encefálico) e a Medula Espiñal.
    O SNC integra e relaciona a información sensitiva aferente, nel xéranse os pensamentos e emocións e fórmase e almacena a memoria.
    A maioría dos impulsos nerviosos, que estimulan a contracción muscular e as secrecións glandulares, orixínanse no SNC.
    Sistema Nervioso Periférico está formado polos nervios craniais e nervios espiñais. Os 12 nervios craniais que nacen no encéfalo e os 31 nervios espiñais, que nacen na medula espiñal.

  7. faa-carmenvilanova di:

    A epilepsia é un trastorno provocado por un desequilibrio na actividade eléctrica das neuronas dalgunha zona do cerebro. Caracterízase por un ou varios trastornos neurolóxicos que deixan unha predisposición no cerebro a padecer convulsións recorrentes, que adoitan dar lugar a consecuencias neurobiolóxicas, cognitivas e psicolóxicas.
    Unha convulsión ou crise epiléptica ou comicial é un evento súbito e de curta duración, caracterizado por unha anormal e excesiva ou ben sincrónica actividade neuronal no cerebro. As crises epilépticas adoitan ser transitorias, con ou sen diminución do nivel de consciencia, movementos convulsivos e outras manifestacións clínicas.
    A epilepsia pode ter moitas causas. Pode ter orixe en lesións cerebrais de calquera tipo (traumatismos craniais, secuelas de meninxite, tumores, etc.) pero en moitos casos non hai ningunha lesión, senón unicamente unha predisposición de orixe xenética a padecer as crises. Cando non hai unha causa xenética ou traumática identificada chámase Epilepsia idiopática e os xenes desempeñan un papel de modulación do risco de que aconteza un episodio e tamén na resposta ao tratamento. As benzodiazepinas teñen bo prognóstico no control desta enfermidade.
    Para diagnosticar un paciente epiléptico requírese coñecer os antecedentes persoais e familiares e, polo xeral, corrobórase cun electroencefalograma. Tamén forman parte do diagnóstico estudos de imaxenoloxía, mentres que se reservan os procedementos diagnósticos máis especializados para casos moi puntuais. O tratamento consiste na administración de medicamentos anticonvulsivos. Nos casos refractarios, apélase a outros métodos incluíndo a cirurxía. A epilepsia causa múltiples efectos na vida cotiá do paciente, de maneira que o tratamento debe incluír a abordaxe destes efectos.
    Esta enfermidade tamén afecta aos animais, especialmente aos domésticos, sexan gatos ou cans, os síntomas son os mesmos descritos para o ser humano.

  8. faa-andreaperez di:

    A esquizofrenia é un trastorno mental que dificulta: Establecer a diferencia entre o que é real e irreal, pensar de maneira clara, ter respostas emocionais normais, actuar normalmente en situaciones sociais.
    A esquizofrenia é unha enfermidade complexa. Os expertos en saúde mental non están seguros de cal é a súa causa. Os xenes poden xogar un papel importante.
    Preséntase por igual en homes e mulleres. Xeralmente comeza nos anos de adolescencia ou a principios da idade adulta, pero pode empezar máis tarde na vida. Tende a empezar máis tarde nas mulleres e é unha afección máis leve.
    A esquizofrenia nos nenos polo xeral comeza despois dos 5 anos de idade. É pouco común na infancia e pode ser difícil diferenciala de outros problemas, como o autismo.
    Os síntomas xeralmente vánse presentando lentamente ao longo de meses e anos. Algunhas veces, a persoa pode ter moitos síntomas e outras veces só uns poucos.
    As persoas con esquizofrenia poden ter dificultade para conservar amigos e para traballar. Tamén poden ter problemas de ansiedade, depresión e pensamentos ou comportamentos suicidas.

  9. faa-ivanlois di:

    O cerebro humano encóntrase dividido en: Talo cerebral, cerebelo e o cerebro propiamente dito.

    – Talo encefálico: o cal se encontra na base do cerebro. Controla funcións vitais como o ritmo cardíaco, dixestión, respiración, presión arterial. Ademais comunica ou conecta o cerebro co resto do corpo por medio da medula espiñal. O talo encefálico divídese en: bulbo raquídeo, protuberancia e mesencéfalo.

    – Cerebelo: o cerebelo encárgase de manter o equilibrio, a postura e está implicado no movemento de todo o corpo. Encárgase de que os movementos sexan realizados de xeito coordinada e precisa.

    – Cerebro: O cerebro está relacionado cos sentidos, as emocións, os recordos, as reaccións. En poucas palabras é o xefe do noso corpo, encárgase de recibir sinais e devolvelas en forma de resposta

  10. fab-ivanportas di:

    A codia cerebral é a parte máis voluminosa do encéfalo. Unha fenda profunda, denominada greta lonxitudinal, divídeo en dous hemisferios, dereito e esquerdo.
    A codia é unha fina lámina de neuronas interconectadas que forma unha capa duns milímetros de grosor e que recobre a superficie irregular dos hemisferios cerebrais. A superficie de cada hemisferio presenta un conxunto de prominencias e sucos (ou gretas) que proporcionan á codia unha aparencia pregada, de tal forma que só un terzo desta queda exposta á superficie.
    Tres destas gretas serven para delimitar certas áreas do cerebro. Son: 1) suco central ou greta de Rolando, 2) suco lateral ou greta de Silvio, e 3) suco parietooccipital. As eminencias situadas entre os sucos reciben o nome de circunvolucións ou dobras. A circunvolución central anterior sitúase por diante do suco central, e a circunvolución central posterior colócase inmediatamente detrás do suco central.
    Cada hemisferio divídese en catro grandes lóbulos: frontal, parietal, temporal e occipital. En xeral, os lóbulos sitúanse debaixo dos ósos que levan o mesmo nome. Así, o lóbulo frontal descansa nas profundidades do óso frontal, o lóbulo parietal debaixo do óso parietal, o lóbulo temporal debaixo do óso temporal e o lóbulo occipital debaixo da rexión correspondente á protuberancia do occipital.
    Os sucos ou gretas mencionadas anteriormente actúan como estruturas limítrofes entre algúns dos lóbulos cerebrais. O suco central localízase entre os lóbulos frontal e parietal. O suco lateral separa o lóbulo temporal situado debaixo dos lóbulos frontal e parietal situados enriba. O suco parietooccipital pode visualizarse na superficie central do cerebro.

  11. faa-ariadnavazquez di:

    A codia cerebral é a capa externa de tecido neural do cerebro nos seres humanos e outros mamíferos. Divídese en dúas codias, ao longo do plano saxital: os hemisferios cerebrais esquerdo e dereito divididos pola fisura lonxitudinal medial. A codia cerebral xoga un papel clave na memoria, a atención, a conciencia perceptiva, o pensamento, a linguaxe e a conciencia. A codia cerebral humana ten de 2 a 4 milímetros de espesor.
    No cerebro humano de máis de dúas terceiras partes da codia cerebral está enterrada nos sucos. A codia cerebral é materia gris, que consiste principalmente nos corpos celulares e capilares. Contrasta coa substancia branca subxacente. A parte máis recente da codia cerebral, diferénciase en seis capas horizontais; a parte máis antiga da codia cerebral, o hipocampo, ten como máximo tres capas celulares. As neuronas que se atopan en diversas capas conéctanse verticalmente para formar pequenos microcircuítos, chamados columnas corticais. As diferentes rexións neocorticais coñecidas como áreas de Brodmann distínguense por variacións, pola cognición e polo comportamento.

  12. fab-mariangaleano di:

    Coñécese como enfermidade neurodexenerativas ao tipo de enfermidades que agrupa a un xénero de desórdenes cognitivos. Estos trastornos cognitivos débense a un aumento nos procesos de morte celular, reducindo o número de neuronas e xerando cambios na conducta.A forma na que se altera a viabilidade de estas neuronas non foron dilucidadas aínda, e actualmente revísanse diversas hipóteses.
    As enfermidades neurodexenerativas afectan varias actividades que o corpo realiza, como o equilibrio, movemento, a fala, a respiración e funcións do corazón. Moitas destas enfermidades son xenéticas.
    As causas poden ser o alcoholismo, un tumor ou un ataque cerebrovascular(ACV). Outras causas inclúen toxinas, químicos e virus. Outras veces, as causas descoñécense.

  13. faa-manuelvilas di:

    A esquizofrenia é un diagnóstico psiquiátrico que se utiliza para persoas cun grupo de trastornos mentais crónicos e graves, caracterizado a miúdo por condutas que resultan anómalas para a comunidade, falta de percepción da realidade, alteracións na percepción ou na expresión da alteración da realidade.1 A esquizofrenia causa ademais un cambio mantido en varios aspectos do funcionamento psíquico do individuo, principalmente da conciencia de realidade, e unha desorganización neuropsicológica máis ou menos complexa, en especial das funcións executivas, que leva a unha dificultade para manter condutas motivadas e dirixidas a metas, e unha significativa disfunción social. Entre os síntomas frecuentes están as crenzas falsas, un pensamento pouco definido ou confuso, alucinaciones auditivas, redución das actividades de relación e da expresión de emocións, e inactividad.
    Os síntomas da esquizofrenia adoitan comezar en adultos novos e aproximadamente 0,4-0,6% da poboación vese afectada.Unha persoa con esquizofrenia, polo xeral, mostra unha linguaxe e pensamentos desorganizados, delirios, alucinaciones, trastornos afectivos e conduta inadecuada.7 O diagnóstico baséase nas experiencias que relata o propio paciente e a conduta vista polo examinador. Adóitase considerar que todo tipo de exploración ou proba psicométrica ou de psicopatología precisa unha información detallada do seu alcance e obxectivos, e a obtención previa dun consentimento por parte do paciente. Non existen actualmente probas de laboratorio diagnósticas da esquizofrenia e ningún dos síntomas é patognomónico ou exclusivo desta enfermidade, o que dificulta o diagnóstico certo.

  14. faa-iagopadin di:

    A epilepsia está provocada por anormalidades na actividade eléctrica do cerebro. Este órgano é incapaz de frear ou inhibir os impulsos eléctricos entre neuronas e cando ten lugar unha descarga excesiva producese unha crise ou ataque epiléptico. Defínese a epilepsia como unha descarga súbita, rápida e excesiva das células cerebrais.
    A localización do trastorno varía según o tipo de epilepsia, que puede ser focal ou xeralizada. As causas desta doencia son do máis variadas: pode ser o resultado de anomalías conxénitas, enfermidades vasculares como o infarto cerebral, infeccions, tumores, enfermidades dexenerativas ou lesiones. En moitas ocasions non se descubre unha causa concreta e denominanse epilepsias idiopáticas e outras veces son só fruto dunha incorrecta maduración cerebral e desaparecen ao concluir o desarrollo do cerebro.
    Aínda que as tres cuartas partes da epilepsia comenzan antes dos 18 anos, esta enfermidade afecta a persoas de calquer idade, raza, sexo e clase social. Hai 50 millons de afectados en todo o mundo e en España calculase que a padecen cerca de 400.000 personas e que cada ano aparecen 20.000 novos casos.

  15. faa-laurachaves di:

    Neste artigo noméase a enfermidade da esquizofrenia, pero, en qué consiste?
    A esquizofrenia é unha enfermidade mental grave. Trátase dunha desorde cerebral que deteriora a capacidade das persoas en moi diversos aspectos, tanto psicolóxicos como o pensamento, a percepción, as emocións ou a vontade. Calquer persoa pode padecer esquizofrenia, preséntase por igual en homes e mulleres. Xeralmente comeza nos anos de adolescencia ou a principios da adultez, pero pode empezar máis tarde na vida. Tende a empezar máis tarde nas mulleres e é unha afección máis leve.
    A esquizofrenia nos nenos polo xeral comeza despois dos 5 anos de idade. É pouco común na nenez e pode ser difícil diferenciala doutros problemas do desenvolvemento, como o autismo.
    Os síntomas xeralmente vanse presentando lentamente ao longo de meses ou anos. Algunhas veces, a persoa pode ter moitos síntomas e outras veces só uns poucos.
    Os síntomas poden abranguer entre: ter problemas co pensamento, as emocións e o comportamento, como: escoitar ou ver cousas que non existen alucinacións, illamento. diminución da emoción, problemas para poñer atención, crenzas fortemente sostidas que non son reais, falar dunha forma que non ten sentido etc.
    Aínda non se coñece o que provocaesta enfermidade, pero as investigacións indican que ten que ver cunha combinación de factores xenéticos e ambientais que crean un estado de vulnerabilidade na persoa e unha predisposición a desenvolver o trastorno se se dan circunstancias facilitadoras para iso.
    Precisamente polo seu carácter deteriorante, e porque se observou que se iniciaba en idades moi temperás, denominoulla «demencia precoz» durante un tempo. Logo substituíuse esta denominación pola de esquizofrenia, como a chamamos actualmente

  16. fab-miguelleiro di:

    Nin nós mesmos nos decatamos da complexidade do noso corpo e especialmente do noso cerebro.
    Sabemos que o cerebro humano é o centro do sistema nervioso. Este sistema esta interconectado por todo o noso corpo, de ahí que poidamos sentir, moverse e demais. O descubrimento do que fala o artigo é máis que sorprendente. Ver que as conexións cerebrais dos humanos sexa tan parecido a internet é realmente fantástico. É certo que non coñecemos todas e cada unha das conexións que temos, pero sabemos que son moitas, distribuidas en diferentes áreas, e algunhas mellores que outras. Investigando sobre o cerebro en sí, atopo un caso interesante. Alguen que sofre calquera tipo de problema a nivel cerebral e precisase abrir e realizar unha operación, é mellor ou máis adecuado realizalo co paciente esperto, xa que coa anestesia correse un risco. Ao estar o paciente esperto, poden observar as reaccións que ten o mesmo ao palpar en diferentes zonas do órgano. Persoas que sufren tics ou temblores, pódeselle atopar o foco dese problema só palpando.

  17. faa-manuelvilas di:

    A epilepsia é un trastorno provocado por un desequilibrio na actividade eléctrica das neuronas dalgunha zona do cerebro. Caracterízase por un ou varios trastornos neurológicos que deixan unha predisposición no cerebro a padecer convulsiones recurrentes, que adoitan dar lugar a consecuencias neurobiológicas, cognitivas e psicolóxicas.Unha convulsión ou crise epiléptica ou comicial é un evento súbito e de curta duración,caracterizado por unha anormal e excesiva ou ben sincrónica actividade neuronal no cerebro. As crises epilépticas adoitan ser transitorias, con ou sen disminución do nivel de consciencia,movementos convulsivos e outras manifestacións clínicas.A epilepsia pode ter moitas causas. Pode ter orixe en lesións cerebrais de calquera tipo (traumatismos craneales, secuelas de meningitis, tumores, etc.) pero en moitos casos non hai ningunha lesión, senón únicamente unha predisposición de orixe xenética a padecer as crises. Cando non hai unha causa xenética ou traumática identificada chámase Epilepsia idiopática e os xenes desempeñan un papel de modulación do risco de que ocorra un episodio e tamén na resposta ao tratamento.As benzodiazepinas teñen bo pronóstico no control desta enfermidade.Para diagnosticar un paciente epiléptico requírese coñecer os antecedentes persoais e familiares e, polo xeral, corrobórase cun electroencefalograma (EEG). Tamén forman parte do diagnóstico estudos de imagenología, mentres que se reservan os procedementos diagnósticos máis especializados para casos moi puntuales. O tratamento consiste na administración de medicamentos anticonvulsivos. Nos casos refractarios, se apela a outros métodos incluíndo a cirugía. A epilepsia causa múltiples efectos na vida cotiá do paciente, de maneira que o tratamento debe incluír o abordaje destes efectos.Esta enfermidade tamén afecta aos animais, especialmente aos domésticos, sexan gatos ou cans, os síntomas son os mesmos descritos para o ser humano.En España, o Día Nacional da Epilepsia celébrase o 24 de maio que se empezou a conmemorar no ano 2006.

  18. faa-carmenvilanova di:

    O Sistema Nervioso (SN) é, xunto co Sistema Endócrino, o reitor e coordinador de todas as actividades conscientes e inconscientes do noso organismo. Está formado polo sistema nervioso central ou SNC (encéfalo e medula espiñal) e polo sistema nervioso periférico ou SNP (conxunto de nervios). É ademais, un dos sistemas máis complexos e importantes do noso organismo. Está constituído por un conxunto de organos e unha rede de tecidos nerviosos cuxa unidade básica son as neuronas. As neuronas dispóñense dentro dunha armazón con células non nerviosas, as que en conxunto se chaman neuroglia.
    O sistema nervioso ten tres funcións básicas: a sensitiva, a integradora e a motora.
    A función sensitiva permítelle reaccionar ante estímulos provenientes tanto dende o interior do organismo coma dende o medio exterior. Logo, a información sensitiva analízase, almacénanse algúns aspectos desta e toma decisións con respecto á conduta a seguir; esta é a función integradora. Por último, pode responder aos estímulos iniciando contraccións musculares ou secrecións glandulares, e estaríamos a falar enton da función motora.
    O SNC está conectado cos receptores sensitivos, os músculos e as glándulas das zonas periféricas do organismo a través do SNP. Este último está formado polos nervios craniais, que nacen no encéfalo e os nervios raquídeos ou medulares, que nacen na medula espiñal. Unha parte destes nervios leva impulsos nerviosos ata o SNC, mentres que outras partes transportan os impulsos que saen do SNC. O compoñente aferente do SNP son células nerviosas chamadas neuronas sensitivas ou aferentes. Conducen os impulsos nerviosos dende os receptores sensitivos de varias partes do organismo ata o SNC e rematan no interior deste. Doutra banda, o compoñente eferente son células nerviosas chamadas neuronas motoras ou eferentes. Estas orixínanse no interior do SNC e conducen os impulsos nerviosos dende este aos músculos e as glándulas.

  19. faa-ariadnavazquez di:

    A epilepsia é un trastorno cerebral que fai que as persoas teñan convulsións recorrentes. As convulsións acontecen cando certos grupos de células nerviosas, ou grupos de neuronas, no cerebro envían sinais equivocadas. As persoas, como consecuencia deses erros, poden ter sensacións estrañas e emocións ou comportarse de forma estraña. Incluso poden ter espasmos musculares violentos ou perder o coñecemento.

    A epilepsia ten moitas causas posibles, incluíndo nestas posibilidades unha enfermidade, unha lesión cerebral, ou polo desenvolvemento anormal do cerebro. A pesar de todas estas posibles causas, en realidade, descoñécese cal é a verdadeira causa.

    Os médicos utilizan escáneres cerebrais e outras probas para diagnosticar a epilepsia. É importante iniciar o tratamento de inmediato. Non hai cura para a epilepsia, pero os medicamentos poden controlar os ataques na maioría da xente. Cando os medicamentos non están funcionando ben, dispositivos de cirurxía ou implantes poden axudar.

  20. fab-antonchaves di:

    A esquizofrenia é un trastorno mental que se encontra dentro do grupo dos chamados trastornos psicóticos. As persoas afectadas de esquizofrenia poden presentar unha grave distorsión no pensamento, a percepción e as emocións, manifestan perda de contacto coa realidade e experimentan alucinacións (fenómeno no que as persoas escoitan e/ou senten cousas que os outros non escoitan nin senten).
    As persoas que padecen esquizofrenia tamén manifestan outros síntomas, como os delirios, en que se teñen ideas estrañas que non se axustan á realidade ou ao consenso social. Ademais, as súas emocións vense afectadas con perda de hábitos e interese, illamento social, depresión e/ou irritabilidade.
    Non hai ningún síntoma que, por si mesmo, sexa característico deste trastorno, nin todas as persoas afectadas mostran todos e cada un dos síntomas descritos.
    Calquera persoa pode padecer esquizofrenia, e dáse de xeito similar en homes e mulleres.
    O inicio do trastorno prodúcese a miúdo durante a adolescencia (mesmo na infancia) ou ao principio da idade adulta. Nos homes parece que empeza a unha idade máis precoz.

  21. faa-ileniamartinez di:

    A esquiofrenia é unha enfermidade mental grave. Trátase dunha desorde cerebral que deteriora a capacidade das persoas en moi diversos aspectos psicolóxicos como o pensamento, a percepción, as emocións ou a vontade, é dicir, perda de contacto coa realidade, alucinacións, delirios, pensamento anormal e alteración do funcionamento social e laboral.
    A orixe da esquizofrenia non se coñece con certeza. Non obstante, nos últimos anos lográronse algúns avances que permiten sinalar a diversos factores responsables do trastorno:
    -Alteracións precoces do desenvolvemento do cerebro. Estudos mediante técnicas histopatológicas modernas e outros mediante técnicas de neuroimaxe, como a resonancia magnética nuclear, detectaron anomalías na estrutura de determinadas rexións cerebrais. Outras técnicas, como a tomografía de emisión de positróns, permitiron observar algunhas alteracións no funcionamento do cerebro destes enfermos, en comparación co de persoas sas. Conxuntamente, estes achados apoian a teoría de que a esquizofrenia pode ter a súa orixe en alteracións do desenvolvemento cerebral moi precozmente, en concreto, durante o desenvolvemento do cerebro embrionario.
    -Predisposición xenética. Aínda que o mecanismo de transmisión non se coñece, si se sabe que o risco de padecer a enfermidade é maior cando existen antecedentes familiares desta, que se tales antecedentes non están presentes. Non obstante, a presenza de antecedentes non é unha condición necesaria nin suficiente; moitos pacientes non os presentan e moitos sans, si. Isto indica que outros factores non xenéticos tamén xogan un papel importante na xénese do trastorno.
    -Alteracións en substancias do cerebro: Descubriuse que diversas substancias chamadas neurotransmisores, que se encargan de que as neuronas se comuniquen axeitadamente, poden estar desequilibrados na esquizofrenia. Os estudos sobre estas substancias están a ser moi importantes para o deseño de fármacos cada vez máis efectivos.
    -Infeccións do embarazo e complicacións do parto: Está en estudo se algunhas infeccións por virus que padeza a nai durante o embarazo, poden ser responsables de alteracións do desenvolvemento cerebral normal do feto e que, a certa idade, provoquen a enfermidade. Por outra parte, relacionouse este trastorno con complicacións durante o parto (traumatismos, anoxia cerebral).

  22. fab-ivanportas di:

    A epilepsia é un trastorno cerebral no cal unha persoa ten crises epilépticas repetidas durante un tempo. As crises epilépticas son episodios de alteración da actividade cerebral que producen cambios na atención ou o comportamento.

    A epilepsia acontece cando os cambios permanentes no tecido cerebral fan que o cerebro estea demasiado excitable ou irritable. Como resultado disto, o cerebro envía sinais anormais, o cal ocasiona convulsións repetitivas e impredicibles. (Unha soa convulsión que non sucede de novo non é epilepsia).

    A epilepsia pode deberse a un trastorno médico ou a unha lesión que afecte o cerebro ou a causa pode ser descoñecida (idiopática).
    As causas comúns de epilepsia abranguen:

    – Accidente cerebrovascular ou accidente isquémico transitorio (AIT)
    – Demencia, como o mal de Alzhéimer
    – Lesión cerebral traumática
    – Infeccións, como absceso cerebral, meninxite, encefalite e SIDA
    – Problemas cerebrais presentes ao nacer (anomalía cerebral conxénita)
    – Lesión cerebral que acontece durante ou preto do momento do nacemento
    – Trastornos metabólicos presentes ao nacer
    – Tumor cerebral
    – Vasos sanguíneos anormais no cerebro
    – Outra enfermidade que dane ou destrúa o tecido cerebral

    As crises epilépticas polo regular empezan entre as idades de 5 e 20, pero poden suceder a calquera idade. Pode haber un antecedente familiar de convulsións ou epilepsia.

  23. faa-iagopadin di:

    A causa das enfermidades neurodexenerativas é a morte progresiva de neuronas en diferentes rexions do sistema nervioso. Esta perda progresiva das células nerviosas é o que orixina os signos e síntomas neurolóxicos e neuropsicolóxicos característicos de cada unha delas. Nestes casos, a intervención adecuada é a estimulación cognitiva, xa que o progreso deste tipo de enfermidades é inevitable, pero o que sí se pode conseguir é ralentizar o deterioro cognitivo y funcional. Algunhas das máis importantes son:
    – Esclerose múltiple: É unha enfermidade desmielinizante que afecta á sustancia blanca que recubre os axons. Durante moito tempo considerouse que as súas manifestacions clínicas eran exclusivamente neurolóxicas (debilidade motora, dificultades visuales, diplopía, disartria, ataxia, etc.). Sen embargo, durante as últimas décadas un número crecente de investigacions mostraron que pode asociarse tamén a déficits cognitivos que afectan principalmente á atención, concentración, velocidade de procesamento da información, memoria e funcions executivas.
    – Alzheimer: A súa causa é a formación progresiva de placas seniles e ovillos neurofibrilares na corteza cerebral, así como a perda neuronal e sináptica. A demencia que causa, implica o desarrollo de múltiples déficits cognitivos, entre os que se encontran un deterioro da memoria e ao menos a alteración dunha das seguintes áreas: linguaxe, praxias, gnosias ou funcions executivas.
    – Parkinson: Débese á morte progresiva de neuronas nunha parte do cerebro denominada sustancia negra e máis concretamente, nunha porción deste núcleo que se denomina a parte compacta. Isto provoca unha diminución na síntese de dopamina, o que orixina unha disfunción na regulación das principais estructuras cerebrais implicadas no control do movemento.

  24. faa-miguelotero di:

    Neste artigo falásenos da epilepsia, a epilepsia é un trastorno provocado polo aumento da actividade eléctrica das neuronas en algunha zona do cerebro. A persoa afectada pode sufrir unha serie de convulsións ou movementos corporais incontrolados de forma repetitiva. A isto se lle chama “ataque epiléptico”.
    Cando consideramos epiléptico a alguén, estes ataques que sofre deben repetirse con certa frecuencia (ataques recorrentes). A epilepsia ten a súa orixe nuns cambios breves e repentinos do funcionamento do cerebro; por esta razón, tratase dunha afección neurolóxica. Dita afección neurolóxica non é contaxiosa, nin está causada por ningunha enfermidade ou retraso mental. Algunhas persoas con retraso mental poden experimentar ataques epilépticos, pero estes ataques non implican necesariamente o desenrolo dunha deficiencia mental.
    A epilepsia pode aparecer a causa dunha lesión ou cicatriz cerebral, en moitos casos producidas durante o nacemento ou despois de nacer. Outro tipo de epilepsia denomínase idiopática( de orixe descoñecida) e non ten ningunha sinal cerebral e que, polo tanto, non pode, non pode coñecer a causa dos seus ataques epilépticos. A pesar de todo, e posible que sexa provocada por algún tumor ou malformación, como a meninxite e a encefalite,etc.

  25. faa-tamaraparracho di:

    Baixo o nome de enfermidades neurodexenerativas agrúpanse unha serie de enfermidades que afectan ao sistema nervioso, provocando desordes cognitivos, alteracións de conduta e cambios na regulación do organismo.
    Este tipo de enfermidades están provocadas por un aumento no proceso de morte das neuronas en diferentes rexións do sistema nervioso e o conseguinte deterioro funcional das partes afectadas. En xeral, este feito provoca alteracións en moitas actividades e funcións corporais como son o equilibrio, a mobilidade, a fala, a respiración ou a función cardíaca, entre outras.
    Algúns exemplos de enfermidades neurodexenerativas son:
    – Enfermidade de Alzheimer: maniféstase como un deterioro cognitivo acompañado por trastornos de conduta e caracterízase pola perda da memoria e outras capacidades mentais a longo prazo. É incurable e terminal e aparece con maior frecuencia en persoas maiores de 65 anos de idade.
    – Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA): orixínase cando unhas células do sistema nervioso chamadas motoneuronas diminúen gradualmente o seu funcionamento e morren, provocando unha parálise muscular progresiva.
    – Enfermidade de Parkinson: consiste nun desorde crónico e dexenerativo dunha das partes do cerebro que controla o sistema motor e maniféstase cunha perda progresiva da capacidade de coordinar os movementos. Prodúcese cando as células nerviosas da substancia negra do mesencéfalo, área cerebral que controla o movemento, morren ou sofren algún deterioro.

  26. fab-laurafalcon di:

    As enfermidades neurodexenerativas afectan varias actividades que o corpo realiza, como o equilibrio, movemento, falar, respirar e funcións do corazón. Moitas destas enfermidades son xenéticas. As causas poden ser alcoholismo, un tumor ou un ataque cerebrovascular (ACV). Outras causas inclúen toxinas, químicos e virus. Outras veces, as causas descoñécense.

    Algunhas enfermidades neurodexenerativas son:

    -Enfermidade de Alzheimer
    -Esclerose lateral amiotrófica
    -Ataxia de Friedreich
    -Enfermidade de Huntington
    -Demencia con corpos de Lewy
    -Enfermidade de Parkinson
    -Atrofia muscular espiñal

    As enfermidades neurodexenerativas poden ser serias ou poñer a vida en perigo. Depende do tipo. A maioría delas non ten cura. O tratamento pode axudar a mellorar os síntomas, aliviar a dor e aumentar a mobilidade.

  27. faa-martinbaulde di:

    A epilepsia é un trastorno provocado polo aumento da actividade eléctrica das neuronas nalgunha zona do cerebro. A persoa afectada pode sufrir movementos corporais incontrolados de forma repetitiva. A isto chámaselle “ataque epiléptico”.

    A epilepsia pode aparecer a causa dunha lesión ou unha cicatriz cerebral, en moitos casos producidas durante o nacemento ou inmediatamente despois de nacer. Outro tipo de epilepsia denomínase idiopática (de orixe descoñecida) e non ten ningún sinal cerebral e que, polo tanto, non pode coñecer a causa dos seus ataques epilépticos.

    É un trastorno con moitas causas posibles. Calquera cousa que impida ou distorsione o patrón de actividade neuronal normal pode conducir á aparición dunha crise epiléptica. Entre as máis comúns están:

    -Predisposición hereditaria. É máis probable que unha persoa teña convulsións se os seus pais padeceron crises convulsivas.
    -Estado de maduración do cerebro. Na etapa prenatal o albor é moi alto e as crises pouco frecuentes; no recén nacido (primeiros 30 días) o albor é baixo e as crises frecuentes. Entre os dous e cinco anos o albor vai aumentando ata que alcanza o nivel máximo aos cinco anos.
    -Existencia de lesión cerebral. O cerebro pode sufrir lesións durante o embarazo, o nacemento ou máis adiante. As lesións poden deberse a tumores cerebrais, alcoholismo ou outras drogas,Alzheimer, meninxite, encefalite, SIDA, certas alerxias, etc

  28. fab-sabelafernandez di:

    As enfermidades neurodexenerativas caracterízanse pola morte de neuronas en diferentes rexións do sistema nervioso e a conseguinte deterioración funcional das partes afectadas.
    A súa causa é a morte progresiva de neuronas en diferentes rexións do sistema nervioso. Esta perda progresiva das células nerviosas é o que orixina os signos e síntomas neurolóxicos e neuropsicolóxicos característicos de cada unha delas.

    A intervención adecuada nestes casos é a estimulación cognitiva, xa que o progreso deste tipo de enfermidades é inevitable, pero o que si se pode conseguir é retardar a deterioración cognitiva e funcional.

    Algunhas das máis importantes son:
    -Esclerose múltiple
    -Enfermidade de Alzheimer
    -Enfermidade de Parkinson
    -Enfermidade de Hungtinton

  29. fab-raquelpan di:

    O cerebro humano e o centro do sistema nervioso, e un órgano moi complexo e realiza complexas e importantes funcions. Encerrado no cráneo, ten a misma estructura xeneral que os cerebros de outros mamíferos, pero e máis de tres veces maior que o cerebro de otros mamíferos con un tamaño corporal equivalente. A maior parte constituea a corteza cerebral, unha capa de texido neuronal plegado que cubre a superficie do prosencéfalo. Especialmente amplios son os lóbulos frontales, que están asociados con funcions executivas, tales como o autocontrol, a planificación, o razonamento e o pensamento abstracto. A parte do cerebro asociada a visión está tamén moi agrandada nos seres humanos.

    O cerebro humano realiza unha gran cantidad de funcions, de maneira xeneral podese afirmar que se encarga tanto de regular e manter as funcions do corpo como a de ser o órgano donde reside a mente e a conciencia do individuo.

  30. fab-lauraozores di:

    A esquizofrenia é un diagnóstico psiquiátrico que se utiliza para persoas cun grupo de trastornos mentais crónicos e graves, caracterizado a miúdo por condutas que resultan anómalas para a comunidade, falta de percepción da realidade, alteracións na percepción ou na expresión da alteración da realidad. A esquizofrenia causa ademais un cambio mantido en varios aspectos do funcionamento psíquico do individuo, principalmente da conciencia de realidade, e unha desorganización neuropsicolóxica máis ou menos complexa, en especial das funcións executivas, que leva a unha dificultade para manter condutas motivadas e dirixidas a metas, e unha significativa disfunción social. Entre os síntomas frecuentes están as crenzas falsas, un pensamento pouco definido ou confuso, alucinacións auditivas, redución das actividades de relación e da expresión de emocións, e inactividade.
    A esquizofrenia é un proceso crónico, pero con boa resposta ao tratamento. Dado que é un trastorno complexo, o tratamento debera ser multifacético. Existe certo consenso no uso simultáneo de fármacos antipsicóticos, e de terapias psicolóxicas como o modelo cognitivo-conductual e psicoanalítica, e outros, e un enfoque psicosocial de redes asistenciais, fogares e talleres protexidos, que evitan as hospitalizacións prolongadas. Nestas condicións, a esquizofrenia mellorou considerablemente de prognóstico nos últimos 20 anos.

  31. fab-nereabetanzos di:

    Cal é a función do cerebro? O cerebro procesa a información sensorial, controla e coordina o movemento, o comportamento, os sentimentos e pode chegar a dar prioridade ás funcións corporais homeostáticas, como os latexos do corazón, a presión sanguínea, o balance de fluídos e a temperatura corporal. Non obstante, o encargado de levar o proceso automático é o bulbo raquídeo. O cerebro é responsable da cognición, as emocións, a memoria e a aprendizaxe.A capacidade de procesamento e almacenamento dun cerebro humano estándar supera aínda ás mellores computadoras hoxe en día así como no artigo a tratar compara o cerebro coa internet.Ata non hai moitos anos, pensábase que o cerebro tiña zonas exclusivas de funcionamento ata que por medio de imagenología se puido determinar que cando se realiza unha función, o cerebro actúa de xeito semellante a unha orquestra sinfónica interactuar varias áreas entre si. Ademais púidose establecer que cando unha área cerebral, é danada, outra área pode realizar unha substitución parcial das súas funcións.

  32. faa-miguelotero di:

    A esquizofrenia é un trastorno serio que afecta como pensa unha persoa, sinte ou actúa. Alguén que teña esquizofrenia pode que teña dificultade distinguindo entre o real e o imaxinario; pode que se sinta cohibido ou se sinta alienado; e pode que teña dificultades distinguindo entre o real e o imaxinario; pode que teña dificultades expresando emocións normais en situación.
    Contrario ó que o público cree, a esquizofrenia non é un desdobramento da personalidade ou múltiples personalidades. A maioría das persoas coa esquizofrenia non son violentas e non son causa de perigo para outros. A esquizofrenia no é causada polas experiencias da nenez, falta de crianza adecuada ou falta de forza de vontade, nin tampouco son os síntomas iguais para cada persoa.
    Non respeta raza, culturas ou fronteiras económicas. Os síntomas usualmente aparecen entre las idades de 13 a 25 anos, pero frecuentemente aparecen máis temperá, máis nos homes que nas mulleres.

  33. faa-nereaeiras di:

    A epilepsia está provocada por anormalidades na actividade eléctrica do cerebro. Consiste en que este órgano é incapaz de frear ou inhibir os impulsos eléctricos entre neuronas.Cando ten lugar unha descarga excesiva ten lugar unha descarga excesiva prodúcese unha crisis ou ataque epiléptico.
    Na maior parte das ocasións,as crisis aparecen de forma súbita. Son breves , duran uns segundos ou como moito uns minutos. As mais llamativas incluen convulsións, e perdida de conocimiento.
    Existen dous tipos fundamentais de crisis epilépticas: as xeneralizadas, que afectan a toda a superficie do cerebro, e as crisis parciales ou focales, donde a descarga comeza nunha zona concreta que, en ocasions, se propaga polo resto da corteza.

  34. fab-ivanportas di:

    O sistema nervioso cumpre con tres grandes funcións.
    A función sensitiva está dada pola capacidade de sentir os estímulos (internos e externos), mentres que a función integradora se encarga de analizar os devanditos estímulos, almacenar información e impulsar unha decisión ao respecto. A función motora, por último, é a resposta aos estímulos a través dun movemento muscular, unha secreción dunha glándula, etc.
    Non obstante, no funcionamento correcto do sistema nervioso exerce un papel primordial o cerebro. O cerebro é o encargado de procesar a información que recibe no que sería a codia cerebral e, a partir de aí, cotexala e posteriormente transformala en material real.

  35. faa-miriantrigo di:

    A epilepsia é unha enfermidade cerebral crónica durante a cal unha persoa sofre crises epilépticas repetidas durante un tempo, é dicir, episodios de alteración da actividade cerebral que producen cambios na atención e no comportamento. Estas convulsións poden afectar a unha parte do corpo (convulsións parciais) ou á súa totalidade (convulsións xeneralizadas), que poden vir acompañadas pola perda da consciencia e do control dos esfínteres.
    Segundo a sintomatoloxía que presenten as crises epilépticas, diferéncianse varios tipos: crises xeneralizadas, crises parciais ou focais e síndromes epilépticos especiais.
    Estes episodios débense a descargas eléctricas excesivas de grupos de células cerebrais, que poden producirse en diferentes partes do cerebro. Entre as causas máis comúns da epilepsia están: accidente cerebrovascular ou accidente isquémico transitorio, demencia, lesión cerebral traumática, infeccións, problemas cerebrais presentes ao nacer, lesión cerebral que ocorre durante ou cerca do momento do nacemento, trastornos metabólicos, tumor cerebral, vasos sanguíneos anormais no cerebro, enfermidades que danan o tecido cerebral…

  36. fab-lauracaldas di:

    A epilepsia é unha enfermidade Neurolóxica que afecta ao Sistema Nervioso Central. Consiste nunha repetición de crises epilépticas sen un claro factor desencadeante e sen un motivo aparente. É a enfermidade neurolóxica máis frecuente, por detrás das cefaleas. Cando se recibe o diagnóstico da enfermidade, é quizais o peor momento para o paciente e os familiares, en parte, polo descoñecemento que hai sobre esta. Son moitos os que pensan que un paciente con epilepsia non poderá facer unha “vida normal”, estudar, ter fillos, etc. Cales son os primeiros síntomas dunha epilepsia? As crises epilépticas. Se non hai crise hai enfermidade de epilepsia. As crises poden ser moi variables en canto ás súas manifestacións clínicas (o que imos ver) dependendo da zona da codia cerebral afectada. A crise máis coñecida é a crise convulsiva, pero hai moitas outras como as ausencias (consistentes na desconexión momentánea do ámbito), crises mioclónicas (que consisten en sacudidas bruscas, localizadas ou xeneralizadas) – podes ler mais no apartado-. O que é común en todas é a duración en xeral breve, de menos dun par de minutos, con inicio e final brusco.

  37. faa-sarafalcon di:

    O Sistema Nervioso é un dos sistemas máis complexos e versátiles. Cada pensamento, cada emoción, cada acción, é o resultado da actividade deste sistema. A través das súas diferentes estruturas, este sistema capta a información do medio externo e interno e procésaa para decidir a forma en que o organismo debe responder.

    O Sistema Nervioso Central está formado por 2 zonas: o Encéfalo e a Medula Espiñal, das cales saen todos os nervios do noso organismo, que constitúen o Sistema Nervioso Periférico. Estas dúas zonas pódense diferenciar polos ósos que as protexen, o Encéfalo está contido polos ósos do cranio, mentres que a medula espiñal o está polas vértebras (columna vertebral).
    Tanto o encéfalo coma a medula espiñal están cubertos por membranas, as meninxes, que conteñen o líquido cerebrospinal, que actúa como un protector do sistema nervioso. E están suspendidos no líquido cerebrospinal.

  38. faa-albarodriguez di:

    A epilepsia é unha enfermidade cerebral crónica que afecta a persoas de todos os países e caracterízase por convulsións recorrentes. As convulsións son episodios breves de contracción musculares que poden afectar a unha parte do corpo (conclusións parciais) ou a súa totalidade (convulsións xeneralizadas) e a veces acompáñanse da pérdida da consciencia e do control dos esfínteres.
    No mundo hai aproximadamente 50 millóns de persoas con epilepsia. Cerca do 80% dos pacientes proceden de rexión en desenvolvemento. A epilepsia responde ao tratamento en aproximadamente un70% dos casos, pero ao redor das tres cuartas partes dos afectados en países en desenvolvemento non reciben o tratamento que necesitan. Os pacientes e as súas familias poden ser vítimas da estigmatización e a discriminación en moitas partes do mundo.

  39. faa-uxiacasais di:

    Neste texto falase sobre a esquizofrenia e a epilepsia dúas enfermidades cerebrais.
    A esquizofrenia é un diagnóstico psiquiátrico que se utiliza para persoas cun grupo de trastornos mentais crónicos e graves, caracterizado a miudo por conductas que resultan anómalas para a comunidade, falta de percepción da realidade , alteracións na percepción da realidade ou na expresión da alteración da realidade. A esquizofrenia causa ademáis un cambio en varios aspectos do funcionamento psíquico do individuo, principalmente da conciencia da realidade, e unha desorganización neuropsicolóxica máis ou menos complexa, en especial nas funcións executivas, que leva a unha dificultade para manter conductas motivadas e dirixidas a metas, e unha significativa disfunción social. Entre os síntomas frecuentes están as falsas creenzas, un pensamento pouco definido ou confuso, alucinacións auditivas, reducción das actividades de relación e da expresión de emocións, e inactividade.
    A epilepsia é un trastorno provocado polo desequilibrio na actividade eléctrica das neuronas de algunha zona do cerebro. Caracterizase por un ou varios trastornos neurolóxicos que deixan unha predisposición no cerebro ao padecer convulsións recurrintes, que soen dar lugar a consecuencias neurobiológicas, cognitivas e psicolóxicas.

  40. fab-miguelpineiro di:

    A codia ou tamen chamada córtex cerebral é a parte máis voluminosa do encéfalo e encóntrase dividida en dous hemisferios por una fendedura. É una fina lámina de neuronas interconectadas que forman unha capa duns milímetros de grosor e que recobre a superficie irregular dos hemisferios cerebrais, alcanzando o seu máximo desenvolvemento nos primates. Nesta parte é ten lugar a percepción, a imaxinación, o pensamento, o xuízo e a decisión.
    Dado a que a superficie de cada hemisferio presenta un conxunto de prominencias e fisuras ou surcos, a codia cerebral está aparentemente pregada, de tal forma que só un terzo desta queda exposta á superficie.
    Cada hemisferio está dividido en catro lóbulos: frontal, parietal, temporal e occipital, e están situados xeralmente por debaixo dos ósos do seu respectivo nome. As fisuras actúan como estruturas limítrofes entre algúns lóbulos centrais. O surco central localízase entre os lóbulos frontal e parietal, o surco lateral separa o lóbulo temporal e o surco parietooccipital visualízase na superficie central do cerebro.

  41. faa-laurachaves di:

    Os elementos que permiten a coordinación nerviosa son os receptores, os centros nerviosos e os efectores.

    O encéfalo e a medula espiñal son centros nerviosos e forman o sistema nervioso central. Os nervios levan os impulsos nerviosos dende o sistema nervioso central a todas as partes do corpo e fan que os músculos se contraian ou que as glándulas produzan encimas ou hormonas. Tanto os músculos coma as glándulas son órganos efectores.

    Esteas impulsos chámanse sensitivos e viaxan polos nervios ata os órganos elaboradores de respostas aos centros nerviosos, o encéfalo e a medula espiñal son os que elaboran a resposta correcta.

    Esta resposta pode esixir un movemento para que houbese que contraer os músculos correspondentes. Xa que despois a orde de contracción por medio dos nervios, agora llamados,motores ata os músculos. Noutros casos deberá reaccionar unha glándula secretora de hormonas ou outras substancias: músculos e glándulas chámanse efectores, porque executan ordénelas dos centros nerviosos.

    Os nervios que conectan as distintas partes do corpo co sistema nervioso central forman o chamado sistema nervioso periférico.

  42. fab-ivanportas di:

    Enfermidades neurodexenerativas, neste tipo de enfermidades resultan máis típicos e evidentes os problemas de control de movementos: tremores de repouso, rixidez muscular (hipertonía), lentitude na execución de movementos (bradicinesia) e no inicio do movemento (acinesia), alteración de reflexos posturais e do equilibrio con posibles caídas, parálise da marcha ocasionales(congelaciones). Tamén son propios os problemas mentais cognitivos que se coñecen como “demencia”: deterioración de memoria ata amnesia, déficit de xuízo e pensamento, desorientación persoal e témporo-espacial, e a síndrome clásica de agnosia-apraxia-afasia: deficiencias na capacidade intelectiva de recoñecemento de obxectos, perda de capacidade mental para realizar actividades, e déficit da linguaxe.
    Aparecen con frecuencia nestas enfermidades outros síntomas secundarios: insomnio, trastornos da alimentación, trastornos para a comunicación, problemas urinarios, estrinximento, dificultades da deglutición, trastornos visuais, dores neuropáticos, depresión e angustia, síntomas psicóticos, problemas de conduta, que poden ser tan graves e interfirientes cunha aceptable calidade de vida como os síntomas principais de cada enfermidade.

  43. fab-lauracaldas di:

    A esquizofrenia é un trastorno fundamental da personalidade, unha distorsión do pensamento. Os que a padecen teñen frecuentemente o sentimento de estar controlados por forzas estrañas. Posúen ideas delirantes que poden ser extravagantes, con alteración da percepción, afecto anormal sen relación coa situación e autismo entendido como illamento.A deterioración da función mental nestes enfermos alcanzou un grao tal que interfire marcadamente coa súa capacidade para afrontar algunhas das demandas ordinarias da vida ou manter un axeitado contacto coa realidade. O psicótico non vive neste mundo (disociación entre a realidade e o seu mundo), xa que existe unha negación da realidade de forma inconsciente. Non é consciente da súa enfermidade.
    A actividade cognitiva do esquizofrénico non é normal, hai incoherencias, desconexións e existe unha gran repercusión na linguaxe, pois non pensa nin razoa de forma normal.O comezo da enfermidade pode ser agudo, é dicir, pode comezar dun momento para outro cunha crise delirante, un estado maníaco, un cadro depresivo con contidos psicóticos ou un estado confuso onírico. Tamén pode xurdir de xeito insidioso ou progresivo.
    A idade de inicio media é nos homes entre os 15 e os 25 anos, e nas mulleres entre os 25 e os 35 anos. Non obstante pode aparecer antes ou despois, aínda que é pouco frecuente que xurda antes dos 10 anos ou despois dos 50 anos.

  44. faa-martinbaulde di:

    O cerebro humano é o centro do sistema nervioso e ao mesmo tempo un órgano moi complexo. Ten a mesma estrutura xeral que os cerebros doutros mamíferos, pero é máis de tres veces maior que o cerebro doutros mamíferos co mesmo tamaño corporal. A maior parte constitúea a codia cerebral, que cobre a superficie do prosencéfalo. Especialmente amplos son os lóbulos frontais, que están asociados con funcións executivas, tales como o autocontrol, a planificación, o razoamento…. A parte do cerebro asociada á visión está tamén moi agrandado nos seres humanos.
    O cerebro humano realiza unha gran cantidade de funcións, encárgase tanto de regular e manter as funcións do corpo coma de ser o órgano onde reside a mente e a conciencia do individuo.
    O cerebro controla e regula as accións e reaccións do corpo. Recibe continuamente información sensorial, rapidamente analiza estes datos e logo responde, controlando as accións e funcións corporais
    Tamén é susceptible de padecer enfermidades dexenerativas, como a enfermidade de Parkinson, a esclerose múltiple, o Alzheimer…

  45. fab-jonathansalgueiro di:

    A esquizofrenia é un diagnóstico psiquiátrico que se utiliza para persoas cun grupo de trastornos mentais crónicos e graves, caracterizado a miúdo por condutas que resultan anómalas para a comunidade, falta de percepción da realidade, ou na expresión da alteración da realidade. A esquizofrenia causa ademais un cambio mantido en varios aspectos do funcionamento psíquico do individuo, principalmente da conciencia de realidade, e unha desorganización neuropsicolóxica máis ou menos complexa, en especial das funcións executivas, que leva a unha dificultade para manter condutas motivadas e dirixidas a metas, e unha significativa disfunción social.
    Entre os síntomas frecuentes están as falsas crenzas, un pensamento pouco definido ou confuso, alucinacións auditivas, redución das actividades de relación e da expresión de emocións, e inactividade.

  46. fab-raquelpan di:

    A epilepsia e unha enfermidade cerebral crónica que afecta a persoas de todos os países e se caracteriza por convulsions reñcurrentes. As convulsions son episodios breves de contraccions musculares que poden afectar a unha parte do corpo (convulsions parciales) ou a sua totalidade (convulsions xeneralizadas) que as veces se acompañan de pérdidas da consciencia e do control dos esfínteres.
    Esos episodios debense a descargas eléctricas excesivas de grupos de células cerebrales. As descargas poden producirse en diferentes partes do cerebro. As convulsions poden ir desde episodios moi breves de ausencia ou de contraccions musculares hasta convulsions prolongadas e graves. A sua frecuencia tamén pode variar desde menos de unha ao ano hasta varias ao día.
    Unha sola convulsión non significa epilepsia (hasta un 10% da población mundial sufre una convulsión ao largo da sua vida). A epilepsia definese por dous ou máis convulsions non provocadas.
    Signos e síntomas
    As características dos ataques son variables e dependen da zona do cerebro na que empeza o transtorno, así como da sua propagación. Poden producirse síntomas transitorios, como ausencias ou pérdidas de coñecemento, ou trastornos de movemento, dos sentidos (en particular a visión, a audición e o gusto), do humor ou da función mental.
    As personas con convulsions tenden a padecer máis problemas físicos, tales como fracturas e hematomas, a maiores tasas de outras enfermidades ou problemas psicosociales e de trastornos tales como a ansiedade ou a depresión.

  47. Xacobo Piñeiro Cacabelos di:

    A esquizofrenia (do grego, “schizo”: división e “phrenos”: mente) é unha enfermidade mental, caracterizada por unha perda de xuízo da realidade e unha desorganización ampla da personalidade, con imposibilidad de motivar a conduta e establecer propositividade vital adecuada, debida probablemente a un defecto bioquímico ou microestrutural cerebral aínda non ben aclarado. Existe unha gran variedade de síntomas indicadores de esquizofrenia, entre os que se atopan alteracións do pensamento, alucinacións, movementos anormais e alteracións na motivación. Ningún destes síntomas é patognomónico da enfermidade, o cal xera dificultades para o diagnóstico. A súa causa, como xa se dixo, é descoñecida, aínda que se postula que varios factores interveñen na súa aparición, entre eles a herdanza xenética, alteracións da migración de poboacións celulares durante o desenvolvemento embrionario, o uso de drogas e o estrés ambiental. É unha enfermidade crónica, pero mellora co tratamento, especialmente con fármacos antipsicóticos.

  48. faa-diegogarcia di:

    Coñécese como enfermidade neurodexenerativa ao tipo de enfermidades que agrupa a un xénero de desordes cognitivas, tales como, enfermidade de Alzheimer, de Parkinson, de Creutzfeldt-Jakob e esclerose múltiple. Estes trastornos cognitivos débense a un aumento nos procesos de morte celular, reducindo o número de neuronas e xerando cambios na conduta.
    As enfermidades neurodexenerativas poden ser serias ou poñer a vida en perigo. Depende do tipo. A maioría delas non ten cura. O tratamento pode axudar a mellorar os síntomas, aliviar a dor e aumentar a mobilidade.

  49. faa-manuelvilas di:

    A cortiza ou córtex cerebral é o manto de tecido nervioso que cobre a superficie dos hemisferios cerebrais, alcanzando o seu máximo desenvolvemento nos primates. É aquí onde ocorre a percepción, a imaxinación, o pensamento, o xuízo e a decisión. É ante todo unha delgada capa da materia gris ?normalmente de 8 capas de espesor?, de feito, por encima dunha ampla colección de vías de materia branca. A delgada capa está fuertemente circunvolucionada, polo que si estendésese, ocuparía uns 2500 cm². Esta capa inclúe uns 10.000 millóns de neuronas, con preto de 50 trillones de sinapsis. Tales redes neuronais na cortiza macroscópicamente (a primeira ollada) obsérvanse como materia gris. Tanto desde o punto de vista estructural como filogenético, distínguense tres tipos básicos de cortiza:
    -Isocorteza (ou neocorteza), que é o último en aparecer na evolución do cerebro, é o encargado dos procesos de raciocinio, é, por así dicilo a parte do cerebro consciente.
    -Paleocorteza, orixínase na cortiza olfativa.
    -Arquicorteza, constituído pola formación do hipocampo, esta é a parte “animal” ou instintiva, a parte do cerebro que se encarga da supervivencia, as reaccións automáticas e os procesos fisiológicos.

  50. fab-mariblanco di:

    O cerebro é a parte antesuperior do encéfalo e o centro supervisor do sistema nervioso. Consta da materia gris (parte superficial chamada codia e o núcleo) e a materia branca (partes profundas a excepción do núcleo). Controla e coordina o comportamento, a homeostase (funcións corporais coma o latexo do corazón, a presión do sangue, o balance de fluídos e a temperatura do corpo) e as funcións mentais (a emoción, a memoria, a aprendizaxe etc.).

    Na maior parte dos animais o cerebro atópase na cabeza. Nos vertebrados, o cerebro está protexido polo cranio.

    Estímase que no interior do córtex cerebral hai uns 22.000 millóns de neuronas, aínda que hai estudos que chegan a reducir esa cifra aos 10.000 millóns e outros a ampliala ata os 100.000 millóns. O número de neuronas tende a diminuír coa idade. Ademais, en recentes estudos antropolóxicos concluiuse que máis que o número de neuronas, importa o número de conexións entre elas. Por outra banda, o cerebro é o único órgano completamente protexido por unha bóveda ósea e aloxado na cavidade cranial.

  51. faa-iagopadin di:

    A codia cerebral a través do hipotálamo dirixe o funcionamento da hipofise. Determinadas células neurosecretoras do hipotálamo liberan as súas hormonas hipotalamicas a unha rede de capilares que alcanza a células diana do adenohipofise. Como consecuencia, as glándulas endocrinas do lóbulo anterior verten a súa secreción ao sangue. Outras células neurosecretoras do hipotálamo penetran polo talo hipofisario e os seus extremos chegan á neurohipofise onde liberan as suas hormonas. Xa que logo as hormonas que saen da neurohipofise cara o torrente circulatorio son fabricadas polo hipotálamo e regula as contracciones uterinas.
    Ademais, a codia cerebral forma un revestimento completo do hemisferio cerebral. Está composta por sustancia gris e conten aproximadamente 10.000 millons de neuronas. A área de superficie da codia está aumentada polo seu plegamento en circunvolucions separadas por cisuras ou surcos. O espesor varía de 1,5 a 4,5 mm e é máis grosa sobre a cresta dunha circunvolución e máis delgada na profundidade do surco. A codia cerebral ao igual que a sustancia gris de calquera outro sitio do SNC consiste nunha mezcla de células nerviosas, fibras nerviosas, neuroglia e vasos sanguíneos.

  52. faa-albaaller di:

    Neste artigo fálasenos sobre as enfermidades neurolóxicas, é decir, aquelas que afectan ao noso sistema nervioso. En concreto noméansenos e explícansenos dúas: a esquizofrenia e a epilepsia.
    A esquizofrenia é unha enfermidade que afecta as persoas producíndolles trastornos mentais graves. A menudo vai ligada a conductas anómalas ou incluso violentas. Tamén se caracteriza pola falta de percepción da realidade.
    Este trastorno causa un cambio no funcionamento psíquico do individuo, da conciencia e da realidad, e tamén unha desorganización neuropsicolóxica.
    Os sintomas máis frecuentes son falsas creenzas, pensamento confuso, alucinacións auditivas, pouca actividade social e pouca expresión de emocións.
    A epilepsia coñécese como un trastorno provocado polo desequilibrio da actividade neurolóxica nalgunha zona do cerebro. Caracterízase por trastornos neurolóxicos que desembocan en convulsións que traen consigo consecuencias tanto psicolóxicas como cognitivas.

  53. fab-mariangaleano di:

    A epilepsia é un trastorno provocado por un desequilibrio na actividade eléctrica das neuronas dalgunha zona do cerebro. Caracterízase por un ou varios trastornos neurolóxicos que deixan unha predisposición no cerebro a padecer convulsións recurrentes, que dan lugar a consecuencias neurobiolóxicas, cognitivas e psicolóxicas.
    A epilepsia pode ter moitas causas. Pode ter orixe en lesións cerebrais de calquera tipo, pero en moitos casos non hai ningunha lesión, senón únicamente unha predispoción de orixe xenético a padecer as crises. Cando non hai unha causa xenética ou traumática identificada chámase Epilepsia idiopática e os xens desempeñan un papel de modulación do risco de que ocurra un episodio e tamén na resposta ao tratamento.

  54. fab-nereabetanzos di:

    A epilepsia é un trastorno cerebral no cal unha persoa ten crises epilépticas repetidas durante un tempo. As crises epilépticas son episodios de alteración da actividade cerebral que producen cambios na atención ou o comportamento.
    As causas comúns de epilepsia abranguen:
    -Accidente cerebrovascular ou accidente isquémico transitorio (AIT).
    -Demencia, como o mal de Alzheimer.
    -Lesión cerebral traumática.
    -Infeccións, como absceso cerebral, meninxite, encefalite e SIDA.
    -Problemas cerebrais presentes ao nacer (anomalía cerebral conxénita).
    -Lesión cerebral que acontece durante ou preto do momento do nacemento.
    -Trastornos metabólicos presentes ao nacer (como fenilcetonuria).
    -Tumor cerebral.
    -Vasos sanguíneos anormais no cerebro…
    As crises epilépticas polo regular empezan entre as idades de 5 e 20, pero poden suceder a calquera idade. Pode haber un antecedente familiar de convulsións ou epilepsia.

  55. faa-ileniamartinez di:

    A epilepsia é un trastorno provocado polo aumento da actividade eléctrica das neuronas nalgunha zona do cerebro. A persoa afectada pode sufrir unha serie de convulsións ou movementos corporais incontrolados de forma repetitiva. A isto chámaselle “ataque epiléptico”.
    A epilepsia pode aparecer a causa dunha lesión ou unha cicatriz cerebral, en moitos casos producidas durante o nacemento ou inmediatamente despois de nacer. Outro tipo de epilepsia denomínase idiopática (de orixe descoñecida) e non ten ningún sinal cerebral e que, polo tanto, non pode coñecer a causa dos seus ataques epilépticos. A pesar diso, é posible que estea provocada por algún tumor ou malformación cerebrais, por outras enfermidades como a meninxite e a encefalite, etc.
    As persoas que teñen epilepsia sen indicios acostuman a ter o seu primeiro ataque entre os 2 e os 14 anos de idade. A epilepsia é un trastorno con moitas causas posibles. Calquera cousa que impida ou distorsione o patrón de actividade neuronal normal pode conducir á aparición dunha crise epiléptica. Observouse que algunhas persoas epilépticas teñen unha cantidade máis alta de neurotransmisores activos, o cal incrementa a actividade neuronal. Noutros observouse unha cantidade baixa de inhibidores dos devanditos neurotransmisores, o cal tamén aumenta a actividade neuronal. En ambos os dous casos aparece a epilepsia. As causas son moi diversas, entre elas encontramos:
    -Predisposición hereditaria. É máis probable que unha persoa teña convulsións se os seus pais padeceron crises convulsivas. Actualmente estase a tratar de localizar o xene responsable das crises convulsivas.
    -Estado de maduración do cerebro. Aínda entre as diferentes idades pediátricas, hai unha enorme diferenza na frecuencia de convulsións infantís. Na etapa prenatal o albor é moi alto e as crises pouco frecuentes; no recén nacido (primeiros 30 días) o albor é baixo e as crises frecuentes. Entre os dous e cinco anos o albor vai aumentando ata que alcanza o nivel máximo aos cinco anos. Disto poderíase deducir que a maduración cerebral por si soa modifica a frecuencia das crises convulsivas. Tamén se pode pensar que as síndromes epilépticas en nenos son completamente diferentes aos dos adultos.
    -Existencia de lesión cerebral. O cerebro pode estar programado para desenvolverse normalmente, pero pode sufrir lesións durante o embarazo, o nacemento ou máis adiante. As lesións poden deberse a tumores cerebrais, alcoholismo ou outras drogas, Alzheimer, meninxite, encefalite, SIDA, certas alerxias, etc., porque todo iso altera o normal funcionamento do cerebro. Os ataques ao corazón, infartos e enfermidades cardiovasculares tamén inflúen na aparición dun ataque epiléptico porque privan ao cerebro de osíxeno.
    -Reparacións incorrectas. Nalgúns casos, o cerebro intenta reparar os danos causados, pero pode xerar conexións neuronais anormais que poderían conducir á epilepsia.

  56. fab-miguelleiro di:

    Cada persoa é única, ninguén será absolutamente igual a outra persoa e nunha das cousas onde se pode comprobar é nas conexións cerebrais.
    Diversos estudos comprobaron que as estructuras das conexións cerebrais nas persoas de xénero masculino son diferentes ás do xénero feminino. Por parte dos homes, teñen máis conexións en cada un dos hemisferios do cerebro. En cambio, nas mulleres teñen distintas conexións entre ambos. Por outro lado, ao realizar este estudo en menores de trece anos, existían mínimas diferenzas pero a partir da adolescencia, esas diferenzas acentuáronse de maneira significativa. Demostrouse ademais, que os cerebros dos homes están estructurados para facilitar a conectividade da percepción e a cordinación mentres polo lado das mulleres están diseñados para facilitar os modos de comunicación, destacando o analítico e o intuitivo.
    Son diferenzas que explican parte de como somos.

  57. fab-sabelafernandez di:

    Para que un conxunto tan complicado como o corpo humano funcione axeitadamente requírese un sistema coordinador de proporcionada complexidade: o sistema nervioso, o cal ao poñer en relación as actividades de todo o organismo, sen dúbida é o máis intricado de todos os sistemas. Os músculos e as glándulas dun ser vivo chámanse colectivamente efectores, en tanto que os ollos, oídos e outros órganos dos sentidos chámanse receptores. O sistema nervioso composto de encéfalo, medula espiñal e madeiros nerviosos, relaciona receptores con efectores ao transmitir impulsos duns a outros.

    Conségueo de modo que ao ser estimulado un receptor especial responde debidamente ao efector que lle corresponde. As principais funcións do sistema nervioso son a condución de impulsos e a integración das actividades das diversas partes da economía. Integración significa unificar cousas, xeralmente disimilares, para lograr unidade a partir da diverxencia. As actividades coordinadas dos sistemas nervioso e endócrino e a regulación intrinseca dos sistemas de encimas en cada célula (estimulación e inhibición da actividade enzimática) son os factores clave da homeostasia ou conservación da constancia.

  58. faa-laurachaves di:

    O Sistema Nervioso (SN) é, xunto co Sistema Endócrino, o reitor e coordinador de todas as actividades conscientes e inconscientes do organismo. Está formado polo sistema nervioso central ou SNC (encéfalo e medula espiñal) e os nervios (o conxunto de nervios é o SNP ou sistema nervioso periférico)

    É un dos máis complexos e importantes do noso organismo, é un conxunto de organos e unha rede de tecidos nerviosos cuxa unidade básica son as neuronas. As neuronas dispóñense dentro dunha armazón con células non nerviosas, as que en conxunto se chaman neuroglia.
    O sistema nervioso ten tres funcións básicas: a sensitiva, a integradora e a motora.
    A función sensitiva permítelle reaccionar ante estímulos provenientes tanto dende o interior do organismo coma dende o medio exterior.
    Logo, a información sensitiva analízase, almacénanse algúns aspectos desta e toma decisións con respecto á conduta a seguir; esta é a función integradora.
    Por último, pode responder aos estímulos iniciando contraccións musculares ou secrecións glandulares; é a función motora.

  59. faa-albarodriguez di:

    As enfermidades neurodexenerativas caracterízanse pola morte de neuronas en diferentes rexións do sistema nervioso e o conseguinte deterioro funcional das partes afectadas. En xeral provocan alteracións en moitas actividades e funcións corporais como é o equilibrio, a movilidade, a fala, a respiración e a función cardíaca entre outras. Moitas destas enfermidades son xenéticas, o que significa que son hederitarias ou que existe unha mutación xenética. Algúns cadros clínicos, poden ser o alcoholismo, un tumor ou un derrame, poden causar outros tipos. Existen todavía outros tipos que poden ser causados por toxinas, substancias químicas ou virus.
    Algúns exemplos de enfermidades neurodexenerativas son:
    -enfermidade do Alzheimer
    -esclerosis Lateral Akiotrófica
    -Ataxia de Friedreich
    -Demencia de corpos de Lewy
    -Parkinson
    -Atrofia Muscular Espinal

  60. fab-ivanportas di:

    As neuronas non se tocan fisicamente unhas con outras. O espazo entre os transmisores dunha e as antenas doutra denomínase sinapse. A recepción dunha molécula mensaxeira (neurotransmisor) na antena desencadea unha secuencia de actividade celular que resulta noutra molécula mensaxeira que se transmite dende o extremo oposto da célula. Estas moléculas atravesan a sinapse cara á seguinte antena e así sucesivamente, como unha ondada de dominós. As moléculas mensaxeiras degrádanse ou reabsórbense, e a neurona queda novamente en repouso, lista para a seguinte ondada.

    Miles de neuronas pódense interconectar a través destes dedos, non só en serie, senón tamén en practicamente unha infinita variedade de redes ramificadas. Cada célula convértese nun centro con raios que dirixen a outras áreas do cerebro.

  61. faa-martinbaulde di:

    A esquizofrenia é unha enfermidade complexa. Os expertos en saúde mental non están seguros de cal é a súa causa. Preséntase por igual en homes e mulleres. Xeralmente comeza nos anos de adolescencia ou a principios da adultez, pero pode empezar máis tarde na vida. Tende a empezar máis tarde nas mulleres.

    A esquizofrenia nos nenos polo xeral comeza despois dos 5 anos de idade. É pouco común na nenez e pode ser difícil diferenciala doutros problemas do desenvolvemento, como o autismo.

    Os síntomas xeralmente vanse presentando lentamente ao longo de meses ou anos. Algunhas veces, a persoa pode ter moitos síntomas e outras veces só uns poucos.
    As persoas con esquizofrenia poden ter problemas de ansiedade, depresión e pensamentos…
    A medida que a enfermidade continúa, a persoa pode ter problemas co pensamento, as emocións e o comportamento, como:

    -Escoitar ou ver cousas que non existen (alucinacións).
    -Illamento.
    -Diminución da emoción.

  62. fab-lauracaldas di:

    As enfermidades neurodexenerativas caracterízanse pola morte de neuronas en diferentes rexións do sistema nervioso e a conseguinte deterioración funcional das partes afectadas. Esta perda progresiva das células nerviosas é o que orixina os signos e síntomas neurolóxicos e neuropsicolóxicos característicos de cada unha delas. Todas presentan como característica a súa cronicidade e a súa evolución progresiva. Son enfermidades que non só afectan a quen as sofre senón tamén ao seu ámbito máis próximo. En xeral, provocan alteracións en moitas actividades e funcións corporais como é o equilibrio, a mobilidade, o fala, a respiración e a función cardíaca entre outras. Así, lesionan áreas físicas vinculadas coa esencia humana: a memoria, a percepción, os sentimentos, a capacidade de tomar decisións. Aspectos tan vitais da vida humana que xeran efectos moi desvastadores e un especial sufrimento.

  63. fab-alexcosta di:

    O córtex cerebral é a parte máis voluminosa do encéfalo, encóntrase dividida en dous hemisferios por una fendedura. É una fina lámina de neuronas interconectadas que forman unha capa duns milímetros de grosor e que recobre a superficie irregular dos hemisferios cerebrais, alcanzando o seu máximo desenvolvemento nos primates. Nesta parte é onde teñen lugar a percepción, a imaxinación, o pensamento, o xuízo e a decisión.
    Dado a que a superficie de cada hemisferio presenta un conxunto de prominencias e fisuras ou surcos, a codia cerebral está aparentemente pregada, de tal forma que só un terzo desta queda exposta á superficie.
    Cada hemisferio está dividido en catro lóbulos: frontal, parietal, temporal e occipital, e están situados xeralmente por debaixo dos ósos do seu respectivo nome. As fisuras actúan como estruturas limítrofes entre algúns lóbulos centrais. O surco central localízase entre os lóbulos frontal e parietal, o surco lateral separa o lóbulo temporal e o surco parietooccipital visualízase na superficie central do cerebro.

  64. faa-albaaller di:

    Este artigo esta centrado no sistema nervioso, no cal distinguimos tres tipos:
    -Un sistema nervioso central, formado polo encéfalo e pola médula espiñal.
    -Un sistema nervioso periférico, formado polo conxunto de todos os nervios do noso corpo.
    -Un sistema nervioso autónomo ou vexetativo, que se caracteriza por ocuparse das función involuntarias. Neste distinguimos dous tipos: un sistema nervioso simpático e outro parasimpático.
    A función que realiza o sistema nervioso do noso corpo é, encárgarse do envío de información sobre un determinado estímulo exterior ata o cerebro. Este proceso é o que coñecemos como sinapse.
    A sinapse caracterízase polo envío da información mediante impulsos eléctricos de neurona a neurona. Estos impulsos eléctricos “saltan” dunha célula a outra xa que non se produce ningún contacto entre elas. Así, mediante este proceso a información pasa dos nervios a médula espiñal e de ahí ao noso cerebro, o cal elabora unha resposta que se transmitira logo en forma de impulsos eléctricos hacia o lugar do estímulo ou porá en funcionamento calquer parte do noso corpo.
    O máis extraordinario é que este proceso de sinapse tan só dura, por exemplo, o que tardas en retirar a man do lume cando notas a calor, ou o que tardas en retirar o dedo cando te pinchas cunha agulla.

  65. faa-marinabusto di:

    Neste artigo obxecto de comentario faise referencia á espilepsia, que é un trastorno provocado por un desequilibrio na actividade eléctrica das neuronas dalgunha zona do cerebro. Caracterízase por un ou varios trastornos neurolóxicos que deixan unha predisposición no cerebro a padecer convulsións recorrentes, que adoitan dar lugar a consecuencias neurobiolóxicas, cognitivas e psicológicas.
    Unha convulsión ou crise epiléptica ou comicial é un evento súbito e de curta duración, caracterizado por unha anormal e excesiva ou ben sincrónica actividade neuronal no cerebro. As crises epilépticas adoitan ser transitorias, con ou sen diminución do nivel de consciencia, movementos convulsivos e outras manifestacións clínicas.
    A epilepsia pode ter moitas causas. Pode ter orixe en lesións cerebrais de calquera tipo, pero en moitos casos non hai ningunha lesión, senón unicamente unha predisposición de orixe xenética a padecer as crises.

  66. faa-miriantrigo di:

    A esquizofrenia é un trastorno mental que se encontra dentro do grupo dos denominados trastorno psicóticos. As persoas que a padecen, poden presentar unha grave distorsión no pensamentos, das percepción e das emocións, manifestando perda de contacto coa realidade e experimentando alucinacións. Ademais, tamén poden darse outros síntomas, como os delirios, que son ideas estrañas que non se axustan á realidade.
    Tamén se poden ver afectadas as emocións con perda de hábitos e interese, illamento social, depresión ou irritabilidade, polo que este trastorno mental dificulta establecer a diferenza entre o que é real do que non, pensar de maneira clara, ter respostas emocionais normais e actuar con normalidade en situacións sociais.
    A esquizofrenia e unha enfermidade complexa e as causas que dan lugar a esta enfermidade poden ter que ver cunha combinación de factores xenéticos e ambientais que crean un estado de vulnerabilidade na persoas e predisposición a desenvolver o trastorno se se dan circunstancias que o faciliten.