O Reino Unido baixa un 8% as emisons de CO2

As emisións de CO2 no Reino Unido baixaron un 8% no 2014, o maior descenso experimentado nas tres últimas décadas e en plena recuperación económica, segundo datos do Ministerio de Enerxía e Cambio Climático. As suaves temperaturas, a diminución do uso do carbón e o aumento das renovables son as tres principais razóns detrás do fito histórico.
O ministro de Enerxía e Cambio Climático, Ed Davey manifestou: “O noso plan para descarbonizar a economía está funcionando, as renovables creceron ata converterse nunha quinta parte da nosa forza enerxética. É esencial que sigamos estimulando as nosas fontes internas para garantir a nosa seguridade enerxética e para que a economía siga crecendo, ao tempo que reducimos as emisións“.


No último ano, a enerxía solar experimentou tamén un grande impulso no Reino Unido, e chegou a adiantar mesmo a España no “top ten” dos países con maior potencia instalada en fotovoltaica.

 

Este mapa representa as emisión contaminantes por países

Este mapa representa as emisión contaminantes por países

 

A espectacular caída das emisións pillou  por sorpresa ao propio Goberno británico. No 2009 rexistrouse tamén un notable descenso, superior ao 5%, causado directamente pola diminución da actividade económica en plena crise financeira. Seguíronlle cinco anos de estabilización das emisións, ata que a posta en marcha dos grandes proxectos de eólica mariña (London Array ou o West Of Duddon Sands) marcaron finalmente a diferenza. Os datos do 2014 servirán como “pasaporte” ao Reino Unido de cara á conferencia do clima que se celebra a finais de decembro en París. O 31 de marzo é a data límite na que os países participantes deberán presentar as súas propostas sobre como recortar as súas emisións para evitar que as temperaturas no planeta aumenten máis de 2 ºC, o límite fixado polos científicos para evitar un impacto catastrófico do cambio climático.



 

Autor: Iván Portas Rivas

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Enerxías renovables, Recursos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to O Reino Unido baixa un 8% as emisons de CO2

  1. fab-antonchaves di:

    As emisións de CO2 causadas polo home adoitan ter unhas fontes bastante obvias, sendo estas os medios de transporte que utilizan derivados do petróleo como combustible (como por exemplo automóbiles, camións, motocicletas, etc.), tamén están as grandes industrias e fábricas, aínda que se estima que a contaminación atmosférica que producen os vehículos é maior.
    Polo lado da natureza, as maiores emisións de CO2 danse cando hai incendios forestais, e tamén durante erupcións volcánicas, sobre todo as que tiveron certos volcáns hai millóns de anos, chegando a cambiar o clima da Terra. Obviamente todo isto carrexa consecuencias, que son principalmente dous:
    -Contaminación dos océanos, o que leva á acidificación do mar, afectando así moitas especies.
    -Contaminación atmosférica, o que deriva no efecto invernadoiro.

  2. faa-ivanlois di:

    As enerxías renovables son aquelas enerxías que proveñen de recursos naturais que non se esgotan e aos que se pode recorrer de xeito permanente. O seu impacto ambiental é nulo na emisión de gases de efecto invernadoiro como o CO2; ademais, polo seu carácter autóctono contribúen a diminuír a dependencia do país das subministracións externas, minoran o risco dun abastecemento pouco diversificado e favorecen o desenvolvemento tecnolóxico e a creación de emprego.
    Considéranse enerxías renovables a enerxía solar, a eólica, a xeotérmica, a hidráulica e a eléctrica e tamén poden incluírse neste grupo a biomasa e a enerxía mareomotriz.
    A expansión destas proxectadas na actualidade, teñen como obxectivo superar un cuarto da produción mundial total de electricidade para o 2020
    A enerxía hidroeléctrica é a fonte de enerxía renovable máis utilizada do mundo, cunha capacidade instalada mundial superior aos 1.000 GW, o que representa máis do 16% da produción neta de electricidade no mundo e máis do 65% da capacidade de xeración de enerxía mundial a partir de fontes renovables. O método máis común para o aproveitamento deste tipo de enerxía, implica a construción de represas nos ríos e a liberación de auga dende os encoros para accionar un conxunto de turbinas, sen esquecernos que, as plantas de tipo bombeo, tamén representan outro método de obtención de enerxía hidroeléctrica.
    China ten actualmente a capacidade de xeración hidroeléctrica máis grande do mundo, contando coa maior central hidroeléctrica do planeta, a presa das Tres Gargantas (de 22,5 GW). Ademais de China, Brasil, Estados Unidos, Canadá e Rusia tamén contan con algunhas das maiores centrais hidroeléctricas do mundo. Non obstante, os proxectos hidroeléctricos nos últimos anos levantaron controversia, debido aos impactos ambientais e sociais relacionados coa biodiversidade e o reasentamento humano.

  3. faa-manuelvilas di:

    En 2012, preto de 17.000 MW fotovoltaica instaláronse na Unión Europea, de acordo con datos compilados pola Asociación de Industria Fotovoltaica Europea ( EPIA ), facendo esta tecnoloxía a fonte primaria de Europa pola capacidade instalada. En contraste, en España, foi instalada a menos de 1,5% do total continental, a uns 250 MW adxudicado en 2011, antes de que ou Goberno establecer unha moratoria ao réxime de premios.
    Enerxía solar fotovoltaica, máis tecnoloxía instalada de xeración en Europa en 2012
    “Ou éxito dá enerxía fotovoltaica en Europa é recurrente -Garanta vos empresarios españois UNEF un comunicado desde xa en 2011 tornouse a tecnoloxía de primeira xeración, cun volume total de preto de 22.000 MW. ” A crise económica e vos cambios regulatorias en varios países líderes, como Italia e Alemaña, reduciron ou mercado solar, pero aínda permanece robusta.

    Ecoando EPIA datos, UNEF explica que “ou alcance dá paridade dá reixa dá tecnoloxía solar nos países do sur de Europa, España, Italia, Portugal, Grecia … – ea súa proximidade con outros países do Norte é líder cambio de políticas de apoio e desenvolvemento de sistemas que favorezan a implantación de modelos de consumo adaptados ás normas e sistemas eléctricos de cada país “.

    En España, de novo, hai un contraste significativo entre ou que pasa aquí e que pasa nos nosos países veciños. Segundo a UNEF en tecnoloxía de España é xa rendíbel sen axuda e aínda un cadro claro para aplicacións de auto-consumo ou regulada polo saldo neto. Fóra de España apreciar este marco regulador Italia, Alemaña, Bélxica e Holanda.

  4. fab-alexcosta di:

    As emisións de CO2 causadas polo ser humano adoitan ter unhas fontes bastante obvias, sendo estas os medios de transporte que utilizan derivados do petróleo como combustible,como por exemplo os medios de transporte, tamén están as grandes industrias e fábricas, aínda que se estima que a contaminación atmosférica que producen os vehículos é maior.
    Polo lado da natureza, as maiores emisións de CO2 danse cando hai incendios forestais, e tamén durante erupcións volcánicas, sobre todo as que tiveron certos volcáns hai millóns de anos, chegando a cambiar o clima da Terra. Obviamente todo isto carrexa consecuencias, que son principalmente dous:
    -Contaminación dos océanos, o que leva á acidificación do mar, afectando así moitas especies.
    -Contaminación atmosférica, o que deriva no efecto invernadoiro.

  5. fab-ivanportas di:

    O fundamento da enerxía solar fotovoltaica é o efecto fotoeléctrico ou fotovoltaico, que consiste na conversión da luz en electricidade. Este proceso conséguese con algúns materiais que teñen a propiedade de absorber fotóns e emitir electróns. Cando estes electróns libres son capturados, o resultado é unha corrente eléctrica que pode ser utilizada como electricidade.
    Grazas a esta tecnoloxía podemos dispoñer de electricidade en lugares afastados da rede de distribución eléctrica. Deste xeito, podemos subministrar electricidade a casas de campo, refuxios de montaña…

    Nas instalacións de conexión á rede eléctrica de distribución a enerxía producida polos módulos é transformada a corrente alterna coa mesma tensión e frecuencia que a rede eléctrica para serlle inxectada. Neste caso a compañía deberá pagar toda a enerxía producida polo sistema fotovoltaico.
    En España e outros países permítense conexións a rede en ámbitos de prezo da enerxía a 0,06 €/kWh, e en poucos anos este tipo de enerxía será competitiva co resto de enerxías (grid parity).

  6. fab-lauracaldas di:

    Denomínase enerxía renovable á enerxía que se obtén de fontes naturais virtualmente inesgotables unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, e outras porque son capaces de rexenerarse por medios naturais.

    Clasificación das Enerxías Renovables

    As fontes renovables de enerxía poden dividirse en dúas categorías: non contaminantes ou limpas e contaminantes. Entre as primeiras:

    O Sol: enerxía solar.
    O vento: enerxía eólica.
    Os ríos e correntes de auga doce: enerxía hidráulica.
    Os mares e océanos: enerxía mareomotora.
    A calor da Terra: enerxía xeotérmica.
    As ondas: enerxía undimotriz.
    As contaminantes (que son as realmente renovables, é dicir, que se renovan) obtéñense a partir da materia orgánica ou biomasa, e pódense utilizar directamente como combustible (madeira ou outra materia vexetal sólida), ben convertida en bioetanol ou biogás mediante procesos de fermentación orgánica ou en biodiésel, mediante reaccións de transesterificación e dos residuos urbanos.

    As enerxías de fontes renovables contaminantes teñen o mesmo problema que a enerxía producida por combustibles fósiles: na combustión emiten dióxido de carbono, gas de efecto invernadoiro, e a miúdo son aínda máis contaminantes posto que a combustión non é tan limpa, emitindo hollines e outras partículas sólidas. Non obstante encádranse dentro das enerxías renovables porque o dióxido de carbono emitido será utilizado pola seguinte xeración de materia orgánica.

    Tamén se pode obter enerxía a partir dos residuos sólidos urbanos, que tamén é contaminante.

  7. fab-miguelleiro di:

    Gran Bretaña esta a ser o país mais destacado loitando contra o cambio climático, con grandes propostas que se acaban levando a cabo e moitas por realizar.
    Un descenso dun 8% de CO2 é un gran logro. Diminuir estas emisións axuda dunha forma directa a combater contra o cambio climático. A utilización das enerxías renovables é o mellor camiño para deter este impacto contra o planeta, pero non só é o único. Como xa se falaba en artigos anteriores, formulouse unha proposta, concretamente na cidade de Londres, de evitar que haxa tráfico nas rúas desta cidade os domingos, algo mais que interesante. O Reino Unido está sacando partido coas enerxías renovables nun momento onde a economía non está no seu auxe. Como se mostra no mapa exposto no artigo, as grandes potencias, EEUU e China entre outras, son as máis contaminantes do planeta.
    Se todos os países conseguiran reducir dunha maneira notable tales emisións, aplacariamos o cambio climático.

  8. fab-sabelafernandez di:

    A enerxía solar fotovoltaica é unha fonte de enerxía que produce electricidade de orixe renovable, obtida directamente a partir da radiación solar mediante un dispositivo semicondutor denominado célula fotovoltaica, ou ben mediante unha deposición de metais sobre un substrato denominada célula solar de película fina.

    Este tipo de enerxía úsase para alimentar innumerables aplicacións e aparatos autónomos, para abastecer refuxios ou vivendas illadas da rede eléctrica e para producir electricidade a grande escala a través de redes de distribución.
    Debido á crecente demanda de enerxías renovables, a fabricación de células solares e instalacións fotovoltaicas avanzou considerablemente nos últimos años. Entre os anos 2001 e 2015 produciuse un crecemento exponencial da produción de enerxía fotovoltaica, dobrándose aproximadamente cada dous anos.
    Grazas a iso a enerxía solar fotovoltaica converteuse na terceira fonte de enerxía renovable máis importante en termos de capacidade instalada a nivel global, despois das enerxías hidroeléctrica e eólica.

  9. Rita Lage di:

    As enerxías renovables son aquelas enerxías que proveñen de recursos naturais que non se esgotan e aos que se pode recorrer de xeito permanente.A enerxía hidroeléctrica é a fonte de enerxía renovable máis utilizada do mundo, cunha capacidade instalada mundial superior aos 1.000 GW, o que representa máis do 16% da produción neta de electricidade no mundo e máis do 65% da capacidade de xeración de enerxía mundial a partir de fontes renovables. O método máis común para o aproveitamento deste tipo de enerxía, implica a construción de represas nos ríos e a liberación de auga dende os encoros para accionar un conxunto de turbinas, sen esquecernos que, as plantas de tipo bombeo, tamén representan outro método de obtención de enerxía hidroeléctrica.
    China ten actualmente a capacidade de xeración hidroeléctrica máis grande do mundo, contando coa maior central hidroeléctrica do planeta, a presa das Tres Gargantas (de 22,5 GW). Ademais de China, Brasil, Estados Unidos, Canadá e Rusia tamén contan con algunhas das maiores centrais hidroeléctricas do mundo. Non obstante, os proxectos hidroeléctricos nos últimos anos levantaron controversia, debido aos impactos ambientais e sociais relacionados coa biodiversidade e o reasentamento humano.

  10. Xacobo Piñeiro Cacabelos di:

    Denomínase efecto invernadoiro á absorción, por parte da atmosfera, de emisións infravermellas impedindo que escapen ó espazo exterior aumentando polo tanto as temperaturas medias do planeta.

    O efecto invernadoiro evita que a calor do Sol deixe a atmosfera e volva ó espazo. Isto quenta a superficie da terra co cal se produce o efecto de invernadoiro. Existe unha certa cantidade de gases de efecto de invernadoiro na atmosfera necesaria para quentar a terra. Actividades como a queima de combustible fósil emiten gases (especialmente, dióxido de carbono, CO2) que actúan impedindo que escape a calor. Moitos científicos consideran que como consecuencia se está producindo o quentamento global. Outros gases que contribúen ó problema inclúen os clorofluorocarburos (CFC), o metano, os óxidos nitrosos e o ozono.

  11. fab-nereaporta di:

    Podemos definir as enerexías renovables como recursos abundantes e limpos que non producen gases de efecto invernadero nin outras emisions daninas para o medio ambiente como as emisións de CO2 , algo que sí ocorre coas enerxías non renovables como os combustibles fósiles. Unha das súas principais desventaxas, é que a producción de algunhas enerxías renovables é intermitente xa que depende das condicións climatolóxicas, como por exemplo a enerxía eólica. Con todo , polo seu carácter autóctono , este tipo de enerxías “verdes” contibuen a disminuir a dependencia dos países de outros suministros externos, aminoran o risco dun abastecemento pouco diversificado e favorecen o desenrolo tecnolóxico e a creación de empleo.

  12. fab-lauracaldas di:

    A enerxía solar fotovoltaica é aquela que se obtén a través da transformación directa da enerxía do sol en enerxía eléctrica. As súas células, fotovoltaicas, están formadas por unha ou varias láminas de material semicondutor e recubertas dun vidro transparente que deixa pasar a radiación solar e que minimiza as perdas de calor.
    As células solares fotovoltaicas convencionais fabrícanse de silicio. Para a súa obtención,a luz do sol (que está composta por fotóns) incide nas células fotovoltaicas da placa, creándose desta forma un campo de electricidade entre as capas. Así se xera un circuíto eléctrico.Logo, as células fotoeléctricas transforman a enerxía solar en electricidade en forma de corrente continua, e esta adoita transformarse a corrente alterna para poder utilizar os equipos electrónicos que adoitamos ter nas nosas casas.

    O dispositivo que se encarga desta transformación denomínase investidor. O investidor transforma a corrente continua en corrente alterna coas mesmas características que a da Rede eléctrica á que vai verterse, controlando a uniformidade e calidade do sinal.

  13. fab-nereabetanzos di:

    As emisións de CO2 na atmosfera pode ter graves efectos nos organismos vivos :
    -En animais de sangue quente: CO2, ao contrario do monóxido de carbono (CO), non é tóxico en doses baixas,pero mata por asfixia a partir dun certo umbral e dunha certa duración á exposición.As súas propiedades químicas fano capaz de atravesar rápidamente moitos tipos de membranas biolóxicas. Polo tanto, produce efectos rápidos no sistema nervioso central.
    -Nos seres humanos: CO2 é só tóxico en altas concentraciónss.O noso sistema circulatorio e respiratorio é moi sensible ao CO2: un pequeno aumento na concentración de CO2 no aire inspirado, case inmediatamente acelera a taxa de respiración, que é, típicamente, de 7 litros por minuto (con 0,03% de CO2 no aire inspirado), e pasar 26 litros / minuto (con 5% de CO2 no aire inspirado).
    -En plantas: unha dose baixa, CO2 estimula o crecemento, pero experimentos nos invernadoiros de vexetación e nun contorno natural enriquecido en CO2 demostraron que isto é certo só ata un certo límite, ademais do cal o crecemento mantense relativamente estable ou diminúe. Este limiar varía coa especie de plantas consideradas. Non se sabe se este efecto é duradeiro. Despois duns anos, os fenómenos de acidificación do ambiente podería actuar no sentido opuesta.

  14. faa-sarafalcon di:

    A Enerxía solar é a que chega á Terra en forma de radiación electromagnética (luz, calor e raios ultravioleta principalmente) procedente do Sol, onde foi xerada por un proceso de fusión nuclear. O aproveitamento da enerxía solar pódese realizar de dúas formas: por conversión térmica de alta temperatura (sistema fototérmico) e por conversión fotovoltaica (sistema fotovoltaico).

    A conversión térmica de alta temperatura consiste en transformar a enerxía solar en enerxía térmica almacenada nun fluído. Para quentar o líquido empréganse uns dispositivos chamados colectores.

    A conversión fotovoltaica consiste na transformación directa da enerxía luminosa en enerxía eléctrica. Utilízanse para iso unhas placas solares formadas por células fotovoltaicas (de silicio ou de xermanio).

  15. faa-laurachaves di:

    A enerxía solar é unha fonte de enerxía renovable que se obtén do sol e coa que se poden xerar calor e electricidade. É unha das chamadas enerxías renovables ou enerxías limpas, que poderían axudar a resolver algún dos problemas máis urxentes que afronta a humanidade.
    Existen varias maneiras de recoller e aproveitar os raios do sol para xerar enerxía que dan lugar aos distintos tipos de enerxía solar:
    – Fotovoltaica: transforma os raios en electricidade mediante o uso de paneis solares.
    – Fototérmica: aproveita a calor a través dos colectores solares.
    – Termoeléctrica: transforma a calor en enerxía eléctrica de forma indirecta.
    As diferentes tecnoloxías solares pódense clasificar en pasivas ou activas segundo como capturan, converten e distribúen a enerxía solar.
    As tecnoloxías activas inclúen o uso de paneis fotovoltaicos e colectores solar térmicos para recoller a enerxía. Entre as técnicas pasivas, encóntranse diferentes técnicas enmarcadas na arquitectura bioclimática: a orientación dos edificios ao Sol, a selección de materiais cunha masa térmica favorable ou que teñan propiedades para a dispersión de luz, así como o deseño de espazos mediante ventilación natural.

  16. fab-raquelpan di:

    A enerxía solar fotovoltaica e aquéla que se obten a través da transformación directa da energía do sol en enerxía eléctrica.
    Cando pensamos neste tipo de enerxía unha das primeras imáxenes que nos chegan e a de unha placa solar. Estas placas están formadas por módulos e éstos a sua vez por células fotovoltaicas. As suas células están formadas por unha o varias láminas de material semiconductor e recubertas dun vidrio transparente que deixa pasar a radiación solar e minimiza as pérdidas de calor.
    O proceso de obtención de enerxía do sol e sencillo.
    A luz do sol (que está composta por fotons) incide nas células fotovoltaicas da placa, creándose de esta forma un campo de electricidad entre as capas. Así se xenera un circuito eléctrico. Canto máis intensa sexa a luz, maior será o fluxo de electricidade. Ademáis, non é necesario que haxa luz directa, xa que en días nublados tamén funciona.
    As células fotoeléctricas transforman a enerxía solar en electricidad en forma de corriente continua, e ésta suele transformar a corriente alterna para poder utilizar os equipos electrónicos que tendemos a ter nas nosas casas.