Novo molusco na Ría de Arousa

A Ría de Arousa converteuse nos últimos tempos no escenario de especies ata o momento descoñecidas e que están a ser obxecto de estudo por distintos grupos de investigadores.

Simnia jacintoi

Un dos últimos achádegos é un gasterópodo duns 6,5 milímetros de lonxitude encontrado por membros do Grupo de Estudo do Medio Mariño de Riveira. O novo molusco foi denominado “Simnia jacintoi” bautizado como tal en honor á primeira persoa que observou esta especie e o actual presidente do GEMM.

Este é un  animal ata agora descoñecido para a ciencia e que foi atopado sobre colonias de corais brandos, coñecidos popularmente como “man de morto”, a uns 25 metros de profundidade. Os estudos leváronse a cabo en colaboración co “Zoological State Collection Munich” de Alemaña, os que encontraron exemplares desta mesma especie nas costas de Marrocos.

Con esta xa son seis as especies da familia Ovulidae que poden verse en Galicia, catro delas descubertas por membros do GEMM. Ata o 2010 tan só se coñecía a existencia de dúas especies desta familia nas nosas augas, pero nese mesmo ano localizáronse en diferentes puntos da Ría de Arousa varios exemplares de tres especies máis.
A importancia deste achádego está en que dúas delas, orixinarias do Mediterráneo, foron encontradas por primeira vez no Océano Atlántico, obténdose ademais fotografías dos exemplares vivos, feito inédito ata ese momento.

Autor: Miguel Piñeiro

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Novo molusco na Ría de Arousa

  1. fab-sabelafernandez di:

    Os gasterópodos, gastrópodos ou univalvos, nombrados no artículo anterior, constitúen a clase máis extensa do grupo dos Moluscos. Presentan área cefálica (cabeza), un pé musculoso ventral e unha cuncha dorsal (que pode reducirse ou ata perderse nos gasterópodos máis evolucionados); ademais, cando son larvas, sofren o fenómeno de torsión, que é o xiro da masa visceral sobre o pé e a cabeza. Isto permítelles esconder antes a cabeza na cuncha, dándolles unha clara vantaxe evolutiva. Os gasterópodos inclúen especies tan populares como caracois e babosas mariñas e terrestres, as lapas, as orellas e lebres de mar, etc.

    Existen aproximadamente máis de 75.000 especies vivas e 15.000 fósiles descritas. Pódense encontrar en case todo tipo de ambientes (inclusive desertos), pero maioritariamente en augas salgadas ou doces, aínda que uns poucos lograron colonizar o medio terrestre, sendo o único grupo de moluscos con representantes en terra firme.

  2. Rita Lage di:

    Os chaamados corales blandos e corales cuero ou pel, na mayoría de aspeto carnoso, teñen nos seus texidos uns cristais microscópicos de calcita chamados espículas, cuxa función e dar consistencia ao texido do animal, en ausencia de esqueleto. A forma e distribución das espículas son as principales características utilizadas na identificación de xéneros e especies de octocorales.

    Ademáis dos corales blandos, este orde inclue as gorgonias, que sustituen o esqueleto dos corales duros, orde Scleractinia, por estructuras semi ríxidas compostas de calcita e/ou unha substancia que xeneran chamada gorgonina.

  3. fab-raquelpan di:

    Os Gasterópodos,constituen a clase máis extensa do fio dos Moluscos.
    Teñen unha cabeza ben definida, con duas ou cuatro tentáculos sensoriales, unha pel ventral, de donde deriva o seu nome.
    Os ollos, que poden estar situados no extremo dos tentáculos retráctiles, varían de simples ocelos que solo detectan claridad e oscuridad, sin formar imaxen definida .
    Moitos gasterópodos poseen concha de unha peza e enrollada en espiral, que casualmente se abre hacia a dereita. Moitas especies poseen un opérculo que actúa como tapadeira para cerrar a concha, que en general e de material córneo, pero en algunhas especies e calcáreo.Nalguns grupos, como as babosas, a concha está reducida o completamente atrofiada e o corpo e alargado, con o que a torsión e poco evidente.
    O fenómeno da torsión, que sofren as larvas dos gasterópodos, consiste ni giro da masa visceral sobre a pel e a cabeza. Esto permitelles esconder antes a cabeza na concha, dándolles una clara ventaxa evolutiva.
    Existen máis de 70.000 especies vivas e 15.000 fósiles descritas.

  4. fab-antonchaves di:

    A ría de Arousa é a maior das rías de Galicia. Forma parte das rías Baixas e está situada entre a ría de Muros e Noia ao norte e a ría de Pontevedra ao sur. As penínsulas do Barbanza (provincia Da Coruña) e do Salnés (provincia de Pontevedra) delimitan as súas costas polo norte e o sur, respectivamente.
    É a ría de maior extensión, aínda que non é a que alcanza maiores cotas batimétricas cos seus 69 metros de profundidade máxima na bocana. Ten numerosas illas e illotes entre as que destacan a illa de Aruosa, A Toxa, Sálvora na bocana e Cortegada na cabeceira. Os ríos principais que desembocan a ela son o río Ulla na súa cabeceira e o río Umia na enseada que forma a península Del grove coa costa de Cambados.
    A zona norte, correspondente á provincia Da coruña, é relativamente escarpada, coa serra do Barbanza próxima á costa. As praias toman profundidade aos poucos metros da ribeira, formándose bancos areentos nas enseadas interiores.
    A zona sur, correspondente á provincia de Pontevedra, é zona de aluvión, onde desemboca o río Umia. A característica da costa é de pouca profundidade, con formación de extensos bancos de area, onde se cultivan numerosos bivalvos arenícolas como a ameixa ou o berberecho. Os bancos máis coñecidos son o de Sarrido pertencente ao delta do río Umia e os Lombos do Ulla pertencentes ao delta do río homónimo.
    A súa configuración física permite unha elevada produción de fitoplancto, cun fluxo mariño característico, que fai que esta ría sexa famosa pola súa riqueza mariña, sendo a zona de maior produción de mexillón de todo o mundo, cultivado en viveiros flotantes carácterísticos chamados bateas.

  5. fab-miguelpineiro di:

    Os Gasterópodos,constituen a clase máis extensa de todos os molucos.
    Teñen unha cabeza ben definida, con duas ou cuatro tentáculos sensoriales, unha pel ventral, de donde deriva o seu nome.
    Os ollos, que poden estar situados no extremo dos tentáculos retráctiles, varían de simples ocelos que solo detectan claridad e oscuridad, sin formar imaxen definida .
    Moitos gasterópodos poseen concha de unha peza e enrollada en espiral, que casualmente se abre hacia a dereita. Moitas especies poseen un opérculo que actúa como tapadeira para cerrar a concha, que en general e de material córneo, pero en algunhas especies e calcáreo.Nalguns grupos, como as babosas, a concha está reducida o completamente atrofiada e o corpo e alargado, con o que a torsión e poco evidente.
    O fenómeno da torsión, que sofren as larvas dos gasterópodos, consiste ni giro da masa visceral sobre a pel e a cabeza. Esto permitelles esconder antes a cabeza na concha, dándolles una clara ventaxa evolutiva.
    Existen máis de 70.000 especies vivas e 15.000 fósiles descritas.

  6. fab-lauracaldas di:

    Os gasterópodos son os chamados “caracois”, “babosas” e “lebres de mar”, que habitan tanto no medio mariño, como terrestre e dulceacuícola. É a clase de moluscos máis abundante en especies.

    Caracterízanse por posuír unha cabeza provista de tentáculos sensoriais, un corpo xeralmente protexido por unha cuncha univalva, e un pé ventral moi desenvolvido que lles permite a locomoción por deslizamento. No seu desenvolvemento larvario tamén se distingue unha fase moi característica e curiosa, a chamada torsión, consistente en que a masa visceral sofre unha “torsión” de 180º con respecto ao resto do corpo, á vez que ambos os dous lados dereito e esquerdo crecen de forma asíncrona, de modo que a cuncha e masa visceral do interior van sufrindo un enrolamento (típico no caracol).

  7. faa-tamaraparracho di:

    Os gasterópodos son un grupo de animais pertencentes ao filo dos moluscos que xurdiron a comezos do cámbrico e que hoxe en día están estendidos por todos os continentes e océanos, pois, a pesar de que os gasterópodos máis coñecidos son os terrestres, máis de dous terzos das especies viven no mar.
    Os gasterópodos teñen unha cabeza ben definida, con dous ou catro tentáculos sensoriales e un pé ventral. Os ollos, que poden estar situados no extremo de tentáculos retráctiles, varían de simples ocelos que só detectan claridade e escuridade, sen formar imaxe definida, a complexos ollos con lentes. Ademais, moitos gasterópodos posúen cuncha dunha peza enrolada en espiral, que usualmente se abre cara a dereita.
    Mais, a principal característica deste grupo de moluscos é a torsión, un proceso no que a masa visceral xira sobre o pé e a cabeza durante o desenvolvemento, é dicir, mentres son larvas. Esta torsión produce un drástico cambio na disposición das estruturas no interior do corpo. Así, antes da torsión, a cavidade paleal que contén as branquias e o ano, é posterior, pero logo da torsión pasa a ser anterior.
    As razóns polas que se produce a torsión son complexas e aínda non existe unha explicación totalmente satisfactoria, pero probablemente este xiro supón unha vantaxe para estes animais xa que así poden retraer o velo dentro da cuncha e deixarse caer ao fondo se son perseguidos por algún depredador.
    Por outra banda, a torsión, tamén supón desvantaxes como o feito de que o ano é levado xusto enriba da cabeza, con que o animal corre o risco de contaminar os órganos respiratorios e algúns dos órganos dos sentidos que hai nela.

  8. faa-ariadnavazquez di:

    Os gasterópodos, máis comunmente coñecidos como caracois e babosas, son unha gran clase taxonómica dentro dos moluscos. Esta clase inclúe caracois e babosas de todo tipo e de todos os tamaños dende microscópicas a grandes. Hai moitos miles de especies de caracois de mar e as babosas de mar, así como caracois de auga doce, de auga doce lapas, caracois de terra e babosas terrestres.
    A clase dos gasterópodos contén un gran número de especies citadas, só superada polos insectos en número global. Hai 611 familias de gasterópodos coñecidos, dos cales 202 están extintos e só aparecen no rexistro fósil.
    A anatomía, o comportamento, a alimentación, e as adaptacións reprodutivas dos gasterópodos varían significativamente dun tipo de especia ou grupo a outro tipo de especie ou grupo. Polo tanto, podemos dicir que é difícil afirmar moitas xeneralidades para todos os gasterópodos.

  9. faa-iagopadin di:

    Os corais blandos están formados por fragmentos diminutos parecidos ao vidrio que ademáis de soster aos corales, protéxenos, xa que se un peixe ou outra criatura trata de comelo, cortará a boca e o aparato dixestivo. Os pólipos e corais blandos son o grupo de invertebrados sésiles máis popular entre todos os afeccionados á acuariofilia mariña.
    Cando os largos e delgados pólipos ou corales diminutos se encontran féra teñen unha apariencia case espinosa, pola contra, cando se encontran dentro, a súa apariencia é lisa como o cuero. As colonias de coral blando poden medir ata 1m de ancho e viven tan xuntas que parece como se se tratara dunha soa colonia de moitos metros. Ademais, as colonias individuales parecen fungos enormes.
    Os corais blandos viven en áreas protexidas do arrecife, como pendentes pronunciadas e paredes arrecifales onde as olas e as correntes levan a comida directamente e estas son as rexions cálidas do Océano Pacífico e o Mar Vermello.
    Para alimentarse, os corales blandos extenden os seus largos e delgados pólipos para atrapar zooplancton ou animais microscópicos e o fitoplancton ou plantas microscópicas, que flotan nas correntes mariñas. A maior parte da súa dieta consiste en zooxantelas ou algas que viven debaixo da pel transparente dun animal, así pois, os corales blandos teñen unha relación simbiótica con estas zooxantelas, é decir, as algas elaboran alimento para os corales coa enerxía solar e alimentanse dos desechos do coral, mentres que os corales lles suministran osíxeno e un lugar seguro para vivir.

  10. Xacobo Piñeiro Cacabelos di:

    Os gasterópodos (Gastropoda do grego gastḗr, γαστήρ, ‘cavidade’, ‘ventre’, e mais pod(o), ποῦς ποδός, ‘pé’, latinizado por Cuvier en 1795 como Gasteropoda: ‘que teñen o pé no ventre’) son un grupo de animais pertencentes ao filo dos moluscos que xurdiron a comezos do cámbrico e que hoxe están estendidos por tódolos continentes e océanos ocupando tamén charcas, correntes de auga doce e lugares onde hai unha cantidade suficiente de humidade.

    Este filo conten cerca dunhas 15.000 especies fósiles e arredor de 40.000 especies vivas das cales as máis coñecidas son: as bucinas, as lapas, as lesmas, as patelas, os caracois, as lebres de mar, os caramuxos, as peneiras, as costureiras, os corniños e os nudibranquios.

    Os gasterópodos presentan simetría bilateral, pero na fase de larva velixer estes animais sofren unha torsión e a súa masa visceral convertese en asimétrica. O tamaño dos membros deste grupo é moi variable xa que vai dende formas microscópicas ate especies de gran tamaño como Pleuroploca gigantea duns 60 centímetros de longo, ou algúns dos individuos do xénero Aplysia que poden chegar a acadar 1 metro de lonxitude. A meirande parte dos gasterópodos miden entre 1 e 8 cm de lonxitude, e existen fósiles que acadan os 2 metros de longo

  11. fab-lauraozores di:

    Os gasterópodos constitúen a clase máis extensa do fío dos Moluscos.
    Teñen unha cabeza ben definida, con dous ou catro tentáculos sensoriais, e un pé ventral, de onde deriva o seu nome. Os ollos, que poden estar situados no extremos de tentáculos retráctiles, varían de simples ocelos que só detectan claridade e escuridade, sen formar imaxe definida, a complexos ollos con lentes.
    Moitos gasterópodos posúen cuncha dunha peza e enrolada en espiral, que usualmente se abre cara á dereita
    Nalgúns grupos, como as babosas, a cuncha está reducida ou completamente atrofiada e o corpo é alongado, co que a torsión é pouco evidente.
    O fenómeno da torsión, que sofren as larvas dos gasterópodos, consiste no xiro da masa visceral sobre o pé e a cabeza. Isto permítelles esconder antes a cabeza na cuncha, dándolles unha clara vantaxe evolutiva.
    Existen máis de 70.000 especies vivas e 15.000 fósiles descritas. Pódense encontrar en case todo tipo de ambientes (inclusive desertos), pero maioritariamente en augas salgadas ou doce, aínda que uns poucos lograron colonizar o medio terrestre, sendo o único grupo de moluscos con representantes en terra firme.
    Os primeiros gaterópodos foron exclusivamente mariños, e apareceron a finais do Cámbricoormas máis primitivas, do Cámbrico inferior, como Helcionella e Scenella non son considerados xa como gasterópodos, e a diminuta e espiralada Aldanella, tamén do Cámbrico inferior, probablemente non sexa nin tan sequera un molusco.

  12. fab-sabelafernandez di:

    O océano Atlántico é o océano que separa América, ao oeste, de Europa e África, ao leste. Esténdese dende o océano Glacial Ártico, no norte, ata o océano Antártico, no sur. É o segundo océano máis extenso da Terra tras o Pacífico. Ocupa o 16% da superficie do planeta, e o 26% do total de terras mergulladas. É ademais o océano máis novo do planeta, formado fai 200 millóns de años pola división do supercontinente Pangea.

    O océano Atlántico é un axente de importancia global no referente ao clima, xa que das súas correntes depende en boa medida o clima dos continentes ribeiráns. Ao longo da historia supuxo unha barreira cultural que separou os chamados Vello e Novo Mundo, ata a chegada da Era dos Descubrimentos o que supuxo para o océano converterse nun punto de intercambio comercial e cultural. Non perdeu a súa importancia geoestratégica converténdose en escenario de grandes batallas dende o século XIX ata ser escenario de conflitos na Guerra Fría.

  13. fab-miguelpineiro di:

    A ría de Arousa na cal se atopou este animal, é a maior das rías de Galicia.As penínsulas do Barbanza e do Salnés delimitan as súas costas polo norte e o sur, respectivamente.
    É a ría de maior extensión, aínda que non é a que alcanza maiores cotas batimétricas cos seus 69 metros de profundidade máxima na bocana. Ten numerosas illas e illotes entre as que destacan a illa de Aruosa, A Toxa, Sálvora na bocana e Cortegada na cabeceira. Os ríos principais que desembocan a ela son o río Ulla na súa cabeceira e o río Umia na enseada que forma a península Del grove coa costa de Cambados.
    A zona norte, correspondente á provincia Da coruña, é relativamente escarpada, coa serra do Barbanza próxima á costa. As praias toman profundidade aos poucos metros da ribeira, formándose bancos areentos nas enseadas interiores.
    A zona sur, correspondente á provincia de Pontevedra, é zona de aluvión, onde desemboca o río Umia. A característica da costa é de pouca profundidade, con formación de extensos bancos de area, onde se cultivan numerosos bivalvos arenícolas como a ameixa ou o berberecho. Os bancos máis coñecidos son o de Sarrido pertencente ao delta do río Umia e os Lombos do Ulla pertencentes ao delta do río homónimo.
    A súa configuración física permite unha elevada produción de fitoplancto, cun fluxo mariño característico, que fai que esta ría sexa famosa pola súa riqueza mariña, sendo a zona de maior produción de mexillón de todo o mundo, cultivado en viveiros flotantes carácterísticos chamados bateas.

  14. faa-ariadnavazquez di:

    O Océano Atlántico é o segundo máis grande das divisións oceánicas do mundo, seguindo o Océano Pacífico. Cunha superficie total duns 106,4 millóns de quilómetros cadrados cobre aproximadamente o 20 por cento da superficie da Terra e arredor do 29 por cento da súa superficie de auga. A primeira parte do seu nome fai referencia ao Atlas da mitoloxía grega, polo que o Atlántico correspodnde ao “Mar de Atlas”.

    O Océano Atlántico ocupa unha conca alongada, en forma de S que se estende lonxitudinalmente entre Eurasia e África, ao leste, e a América cara ao oeste. Como un dos compoñentes do océano global interconectado, conéctase no norte ata o océano Ártico, ata o Océano Pacífico no sudoeste, o Océano Índico no sueste, e o Océano Austral no sur . O ecuador subdivide no Océano Atlántico Norte e o Océano Atlántico Sur. O termo “Atlántico Centro” refírese á área entre América do Sur e África ao norte do Ecuador; mentres que xeograficamente parte do Atlántico Norte, o seu carácter é moi diferente ás augas ao norte entre América do Norte e Europa.

  15. fab-alexcosta di:

    Os gasterópodos, constitúen a clase máis extensa do grupo dos Moluscos. Estes presentan cabeza, un pé musculoso ventral e unha cuncha dorsal,ademais, cando son larvas, sofren o fenómeno de torsión, que é o xiro da masa visceral sobre o pé e a cabeza. Isto permítelles esconder antes a cabeza na cuncha, dándolles unha clara vantaxe evolutiva. Os gasterópodos inclúen especies tan populares como caracois e babosas mariñas e terrestres, as lapas, as orellas e lebres de mar, etc.

    Descubrironse máis de 75.000 especies vivas e 15.000 fósiles. Pódense encontrar en case todo tipo de ambientes ,pero sobretodo en augas salgadas ou doces, aínda que uns poucos lograron colonizar o medio terrestre, sendo o único grupo de moluscos con representantes en terra firme.

  16. fab-ivanportas di:

    A familia dos gasterópodos ou clase gastropoda son o grupo de moluscos máis numeroso incluíndo 100.000 especies. É tamén o máis variado en canto á forma das cunchas: en espiral, convicta, cónica, globosa, plana e turriculada. Os seus individuos presentan, do modo máis claro, a típica división do brando corpo na cabeza, pé, masa visceral e manto.
    A cuncha dos gasterópodos componse das mesmas capas que se describiron nos moluscos en xeral, pero a súa superficie, a miúdo polícroma, só adoita revelar a súa beleza despois de quitarlle o periostraco. No caso máis simple a cuncha está disposta como un tubo arrastrado en espiral que se ensancha continuamente. Cando as espirais, chamadas tamén voltas, se xuntan no eixe, formando un fuso sólido, columella, que dá, na boca ao bordo columelar: se as voltas non se tocan, orixínase un oco cónico, chamado embigo, visible na base da cuncha. As voltas contactan arriba e abaixo nunha sutura. O comezo das voltas, coa espiral embrionaria, constitúe o ápice. No extremo oposto da cuncha está a base, bordo inferior da cuncha ou peristomo, que en moitas especies se prolonga en forma de canle ou sifón, suco por onde saen os tubos respiratorios. O burato terminal da cuncha, por onde asoma o brando corpo do molusco, denomínase estoma, e pode ser redondo, oval ou fendido. O labio externo do estoma pode ser afiado ou de forma labial, liso ou dentado por dentro e revestido por fóra con tubérculos ou espiñas. A superficie da cuncha é lisa e brillante, ou ben está provista de costelas, tubérculos, espiñas ou sedas; as costelas poden ser paralelas ao eixe (escultura axial) ou seguir os xiros (escultura espiral). Cando as esculturas se entrecruzan cun relevo do mesmo tipo, prodúcese un reticulado, que ás veces presenta nódulos nos puntos de intersección. Algúns grupos teñen na, parte superior do pé un disco córneo ou calcificado, o opérculo, que encaixa exactamente no estoma, pechándoo ao ocultarse o animal.

  17. faa-miriantrigo di:

    Os gasterópodos son o grupo máis diverso de moluscos, formado por unhas 35000 especies vivas e uns 15000 fósiles.
    O seu tamaño varía entre rangos microscópicos ata varios decímetros que alcanzan algunhas caracolas tropicais, aínda que o tamaño normal oscila entre 1 e 8 cm de lonxitude. Os gasterópodos son moluscos de corpo asimétrico, protexidos case sempre por unha concha dorsal que presenta unha torsión espiral característica que fai que a masa visceral se enrole sobre sí mesma 180 graos á dereita. Posúen unha boca con rádula, que é un órgano raspante con dentes que empregan para raspar os vexetais e as rochas. Os representantes máis típicos de gasterópodos son os caracois e as babosas.
    A gran adaptación desta especie permitiu que colonizasen latitudes polares, bosques, zonas musgosas, árbores, o solo e incluso o corpo doutros animais de forma parásita.

  18. fab-lauracaldas di:

    Corais brandas (Sarcophyton sp) están formadas por fragmentos diminutos parecidos ao vidro. Ademais de soster as corais, estes fragmentos protéxenos. Cando os longos e delgados pólipos, ou animais corais diminutos, se encontran fóra, a coral ten unha aparencia case espiñenta; pero cando se encontran dentro, a súa aparencia é muxe como o coiro. As colonias de coral branda poden medir ata 1 m (3 pés) de ancho e viven tan xuntas que parece coma se se tratase dunha soa colonia de centos de pés. As colonias individuais parecen fungos enormes. As corais brandas viven en áreas protexidas do arrecife, como pendentes pronunciadas e paredes arrecifales onde as ondas e as correntes levan a comida directamente aos seus pólipos.
    As corais brandas viven nas rexións cálidas do Océano Pacífico e o Mar Vermello.
    As corais brandas estenden os seus longos e delgados pólipos para atrapar o zooplancto, ou animais microscópicos, e o fitoplancto, ou plantas microscópicas, que flotan, nas correntes mariñas. A maior parte da súa dieta consiste en zooxantelas ou algas que viven debaixo da pel transparente do animal. As corais brandas teñen unha relación simbiótica, ou relación de supervivencia, con estas zooxantelas. As algas elaboran alimento para as corais coa enerxía solar e aliméntanse dos refugallos da coral. A cambio, as corais subminístranlles osíxeno e un lugar seguro para vivir.

  19. fab-nereabetanzos di:

    No artigo anterior fálase do achazgo dun novo gasterópodo os cales se podrían denominar un grupo de animais pertencentes ao filo dos moluscos que xurdiron a comezos do cámbrico e que hoxe están estendidos por tódolos continentes e océanos ocupando tamén charcas, correntes de auga doce e lugares onde hai unha cantidade suficiente de humidade.
    Este filo contén cerca dunhas 15.000 especies fósiles e arredor de 40.000 especies vivas das cales as máis coñecidas son: as bucinas, as lapas, as lesmas, as patelas, os caracois, as lebres de mar, os caramuxos, as peneiras, as costureiras, os corniños e os nudibranquios…Pero cabe destacar a existencia de especies aínda non descubertas como ocurre no exemplo nomeado no artigo,o descubrimento do novo molusco chamado Simnia Jacinto.Os gasterópodos caracterízanse pola simetría bilateral, pero na fase de larva velixer estes animais sofren unha torsión e a súa masa visceral convértese en asimétrica.Presentan cefalización cunha verdadeira cabeza, un pé musculoso ventral e unha cuncha dorsal, polo miúdo polícroma que pode reducirse ou ate perderse nos gasterópodos máis evolucionados.

  20. fab-mariangaleano di:

    Os gasterópodos son moluscos co corpo asimétrico, protexido case sempre por unha concha dorsal que presenta unha torsión espiral característica que fai que a masa visceral se arrolle sobre si mesma 180º á dereita. Os gasterópodos posúen unha boca con rádula. Que é un órgano raspante con dentes quitinosos que emplean para raspar os vexetais e ata as rochas. É a clase dos moluscos máis numerosa dos que existen formas terrestres, de auga doce e mariñas. Os representantes máis típicos son caracois e babosas. Teñen unha alimentación moi variada.
    Divídense en pulmonados e mariños, os pulmonados viven en terra ou augas doces. As babosas son tamén gasterópodos que poden ser terrestres ou mariños, e que desarrollaron pulmón ou branquias.

  21. faa-miguelotero di:

    Os gatorópodos, univalvos ou criaturas dunha soa cuncha, son os máis coñecidos, numerosos e variados en canto a forma das súas cunchas, por exemplo: convexas, globosa, plana, turriculada, cónica, arrallada en espirais etc… Tamén en canto as cores e esculturas. Actualmente coñécense a lo menos unhas 30000 especies mariñas, dulceacuícolas e terrestres o que converte os Gastorópodos na clase máis importante dentro so filo dos moluscos.
    Sólense encontrar na costa rochosa, onde moitas especies de moluscos prefiren habitar a pesar de ser un lugar inhóspito, pois alí precisamente onde as ondas rompen coas rochas.
    En resumo, algún gastorópodos distribúense desde a zona intermareal das profundidades abisais, pero existen tamén especies nadadoras e flotantes. En cambio outras abandonan as augas salgadas do mar para adaptarse as augas doces dos ríos, lagos, etc; e aquelas que conseguiron conquistar a terra firme.

  22. faa-sarafalcon di:

    Neste artigo, aínda que tamen se nomee aos gasterópodos, fálase sobre os moluscos, que son?

    Os moluscos son animais invertebrados mariños que se clasifican en función das súas características morfolóxicas. Todos eles teñen en común un corpo brando que pode estar cuberto (cunha ou dúas cunchas) ou poden non o estar. Deste modo identifícanse tres grupos: bivalvos -dúas cunchas- (mexillón, vieira, ostra…), univalvos ou gasterópodos -unha cuncha- (como o caracol), e cefalópodos -sen cuncha- (polbo, lura, sepia…). A diferenza dos crustáceos, o seu corpo é menos consistente e non se encontra segmentado.

  23. faa-miguelotero di:

    O infarto de miocardio é o cadro clínico producido pola morte dunha porción do músculo cardíaco que se produce cando se obstrúe completamente unha arteria coronaria. Cando se produce a obstrución suprímese o aporte sanguíneo. Se o músculo cardíaco carece de oxíxeno durante demasiado tempo, o tecido de esa zona morre e non se xenera. Para que o corazón funcione correctamente o sangue debe circular a través das arterias coronarias. Sen embargo, estas arterias poden estreitarse dificultando a circulación. Se o corazón exponse a un sobreesforzo poden aparecer trastornos e formarse un coágulo que a súa vez pode tapar a arteria semiobstruída. Esta obstrución, interrompe o suministro do sangue as fibras do músculo cardíaco. Ao deixar de recibir sangue estas fibras morren de forma irreversible. O infarto de miocardio ocorre cando un coágulo de sangue obstrúe a arteria estreitada. Normalmente o infarto de miocardio non sucede de forma repentina. Normalmente o infarto de miocardio non sucede de forma repentina. Pode chegar causado pola arterioesclerosis, un proceso prologado que estreita os vasos coronarios.