A marea do século

Hai uns 200 anos, os caldeos se percataron de que cada 223 lunacións completas (período que transcorre entre dúas fases iguais da Lúa) a Terra, o Sol e a Lúa se aliñaban, gardando entre eles a distancia mínima posible. Esas 223 lunacións completas equivalen a 18 anos e once días, e é o ciclo que durante séculos se utilizou para predicir os eclipses. Ademais dos eclipses, con esta mesma regularidade prodúcese outro fenómeno extraordinario, unha marea excepcionalmente elevada.

A chamada “Marea do século” rexístrase cada 18 anos e once días no Mont  Saint Michel, en Francia, e inunda todos os campos que rodean este peñón.

Ao amencer, o mar recorreu con pasmosa velocidade os máis de 10 km de distancia aos que se atopa cando a marea está baixa. Esperábase que a iso das 20:00 horas a marea acadase a súa cima máxima (119 puntos nunha cima de escala máxima de 120), que segundo os expertos podería chegar aos  14,5 metros, o equivalente a 14 pisos. Nesta zona, o nivel do mar subirá a unha velocidade de 3,60 metros nunha hora, uns 90 cm cada 15 minutos.

A última “ marea do século” ocorreu o 10 de marzo de 1997, e para contemplar o seguinte teremos que esperar ata o 3 de marzo de 2033.

Autora: Marian Galeano

 

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to A marea do século

  1. faa-tamaraparracho di:

    Unha eclipse é un acontecemento astronómico no que a luz procedente dun corpo celeste é bloqueada por outro (normalmente chamado corpo eclipsante), que se produce cando un corpo celeste se interpón entre outros dous e os tres se aliñan dun determinada xeito.
    Aínda que tamén poden ocorrer eclipses fóra do sistema Terra – Lúa, o certo é que, polo xeral, enténdese que os tres corpos implicados nunha eclipse son o Sol, a Terra e a Lúa.
    Así, distinguimos dous tipos de eclipses:
    – Eclipse lunar: ocorre cando a Terra se interpón entre o Sol e a Lúa, provocando que esta última entre no cono de sombra da Terra e que, en consecuencia, se oscurea. Para que esta eclipse ocorra os tres corpos celestes, a Terra, o Sol e a Lúa, deben estar exactamente aliñados, de tal modo que a Terra bloquee os raios solares que chegan ao satélite. Por mor disto, as eclipses lunares só poden ocorrer na fase de Lúa chea.
    Á súa vez, as eclipses lunares clasifícanse en parciais (só unha parte da Lúa é ocultada), totais (toda a superficie lunar entra no cono de sombra terrestre) e penumbrais (a Lúa entra no cono de penumbra da Terra).
    – Eclipse solar: A Lúa escurece o Sol, interpoñéndose entre a estrela e a Terra. Este fenómeno só se pode producir na fase de lúa nova.
    Á súa vez as eclipses solares divídense en parciais (soamente unha parte do Sol é ocultada polo disco lunar), totais (toda a luminosidade do Sol é escondida pola Lúa) e anulares (ocorren cando a Lúa encontra preto do apoxeo e o seu diámetro angular é menor ca o solar, de xeito na fase máxima da eclipese permanece visible un anel do disco do Sol).

  2. faa-laurachaves di:

    Un eclipse é o escurecemento dun corpo celeste producido por outro corpo celeste. Hai dúas clases de eclipases que implican á Terra:
    -Eclipse de Lúa,eclipses lunares: Suceden cando a Terra se interpón entre o Sol e a Lúa, provocando que esta última entre no cono de sombra da Terra e en consecuencia se escureza. Para que o eclipse ocurra os tres corpos celestes deben estar exactamente aliñados ou moi cerca de estalo, de tal modo que a Terra bloquee os raios solares que chegan ao satélite. É por esto que os eclipses lunares só poden ocorrer na fase de lúa chea.
    – Eclipse de Sol, eclipse solar: Ocorre cando a Lúa oculta ao Sol, dende a perspectiva da Terra. Esto só pode pasar durante a lúa nova. Existen catro tipos de eclipses solares: Parcial, semiparcial, total, anular, perigeo, apogeo.

  3. fab-miguelpineiro di:

    Caldea é o nome co que se coñeceu na Antigüidade á rexión situada na baixa Mesopotamia, ao establecerse nela os caldeos. Posteriormente esta denominación espallouse a toda a rexión de Babilonia, aínda que correctamente débese chamar Caldea á zona extrema sudoriental da parte meridional da cunca do Éufrates e o Tigris, próximo aos desertos de Arabia. O termo ‘caldea’ provén do latín Chaldaeus, e este á súa vez do grego antigo Χαλδαῖος, e este, finalmente, do acadio kaldû.

  4. fab-mariangaleano di:

    Unha eclipse é un acontecemento astronómico consistente na interposición dun corpo celeste entre outros dous. En xeral, enténdese que os tres corpos implicados son o Sol, nun extremo, e a Terra ou a Lúa no outro da aliñación.
    As eclipses de Sol só son visible dende a zona da Terra que queda sombreada, mentras as eclipses de Lúa son visibles dende todos os puntos da Terra que nese momento están dirixidos cara á Lúa.
    As eclipses poden ser parciais, totais, e, as de Sol, anulares. Son totais cando un corpo se oculta totalmente detrás do outro. Son parciais en caso contrario; de calquera xeito, unha eclipse pasa por etapas de parciais antes de chegar á totalidade. As de Sol poden ser anulares, xa que a Lúa, a pesar de estar moito máis próxima que o Sol, é moito máis pequena, e o tamaño aparente en xeral é lixeiramente máis pequeno que o do Sol.

  5. Rita Lage di:

    Chamamoslle ecplipse a un acontecemento astronómico consistente na interposición dun corpo celeste entre outros dous. En xeral, enténdese que os tres corpos implicados son o Sol, nun extremo, e a Terra ou a Lúa no outro da aliñación.As eclipses poden ser parciais, totais, e, as de Sol, anulares. Son totais cando un corpo se oculta totalmente detrás do outro. Son parciais en caso contrario; de calquera xeito, unha eclipse pasa por etapas de parciais antes de chegar á totalidade. As de Sol poden ser anulares, xa que a Lúa, a pesar de estar moito máis próxima que o Sol, é moito máis pequena, e o tamaño aparente en xeral é lixeiramente máis pequeno que o do Sol.

  6. faa-tamaraparracho di:

    Definimos marea como o movemento periódico do nivel das augas dos mares e océanos (que soben e baixan alternamente dúas veces por día), provocado pola interferencia da Lúa e do Sol sobre o campo gravitatorio da Terra.
    A chamada “marea do século”, fenómeno do que trata o artigo, prodúcese cando as mareas fan que suba repentinamente o nivel do mar ao equivalente de 4 pisos (uns 14 metros) marcando un coeficiente de 119 nunha escala de 20 a 120.
    Este fenómenos está producido principalmente pola conxunción tres factores:
    En primeiro lugar, o Sol, a Lúa e a Terra encóntrase aliñados, polo que a atracción gravitacional que exercen o Sol e Lúa sobre a Terra aumenta notablemente. Así, a masa de auga é atraída aínda máis do habitual, é dicir, a atracción combinada do Sol e a Lúa sobre os océanos intensifica a marea.
    Mais dita aliñación non é suficiente por sí soa, pois son necesarios outros dous factores. Por unha banda, precísase unha especial inclinación da Terra con respecto ao Sol, unha inclinación que só se da no momento dos equinocios (momento do ano no que o Sol está situado na vertical do ecuador terrestre), o que reforza su influencia gravitacional. Por último, a Lúa tamén debe encontrarse preto da Terra, para que a súa influencia sexa máxima.

  7. faa-sarafalcon di:

    Neste artigo nomeanse aos caldeos pero quenes son?
    Os caldeos son unha poboación da rexión nomeada Caldea. Caldea é o nome con que se coñeceu na Antigüidade a rexión situada na media Mesopotamia, ao establecerse nela os caldeos. Posteriormente esta denominación estendeuse a toda a rexión de Babilonia, pero só debe chamarse Caldea á zona extrema sudoriental da parte meridional da conca do Éufrates e o Tigris, próximo aos desertos de Arabia.

  8. fab-miguelpineiro di:

    O termo eclipse provén do latín eclipsis, cuxa orixe é un vocábulo grego que significa “desaparición”. De todos os xeitos, o uso do concepto non se refire a unha desaparición, senón á ocultación transitoria, xa sexa total ou parcial, dun astro pola interposición doutro corpo celeste.
    Non obstante, non podemos esquecer que de xeito máis coloquial si se utiliza o termo eclipse como sinónimo de desaparición. En concreto, emprégase para reflectir que unha persoa ou un obxecto en concreto están ausentes ou desapareceron.
    As eclipses forman parte dos fenómenos coñecidos como sizixia, que acontecen cando un planeta ou a Lúa se encontran en liña coa Terra e o Sol. A sizixia da Lúa ten lugar coa lúa chea (plenilunio) e a lúa nova (novilunio).

  9. faa-ileniamartinez di:

    Un eclipse de Lua prodúcese cando esta pasa polo cono de sombra da Terra, estando os dous astros alineados co Sol.
    Necesariamente esta configuración prodúcese no momento da Lua chea e, en razón da inclinación da órbita lunar sobre a eclíptica, no momento no que a Lua se sitúa cerca dun dos seus nodos. En principio debería haber un eclipse en cada plenilunio, pero non é así debido a que a órbita lunar está inclinada respecto do plano da eclíptica, polo que normalmente, en cada lua chea o noso satélite encóntrase un pouco por encima ou por debaixo do plano da órbita terrestre, polo que sólo se producen de un a dous eclipses cada ano.
    Gracias á forma curvada da sombra terrestre proxectada sobre a Lua durante os eclipses, Aristóteles, no século IV antes de Cristo,chegou á conclusión de que a Terra era esférica, pois sólo unha esfera iluminada en ángulos diferentes pode proxectar sempre unha sombra de forma circular. Máis tarde, Hiparcos (século III antes de Cristo) propuxo determinar as dimensións relativas do sistema Lua-Terra-Sol coa axuda dos eclipses, o cal foi levado a cabo por Ptolomeo (século II antes de Cristo).

  10. fab-miguelpineiro di:

    En primeiro lugar, o Monte Saint-Michel é un municipio francés situado ao sueste do departamento da Mancha na rexión de Baixa Normandía. A súa arquitectura e a súa localización convertérono no terceiro lugar turístico máis visitado de Francia.
    O Monte Saint-Michel álzase no centro dunha inmensa baía bañada polas maiores mareas de Europa. No límite entre Normandía e Bretaña, entre Cancale e Granville, a baía do Monte Saint-Michel, cunha superficie aproximada de 500 km2, é a maior superficie francesa de prados salgados e de pólders. Destaca polas enormes diferenzas que presenta entre a marea baixa e a marea alta (ata 15 metros en período de marea viva). Ofrece unha gran diversidade de medios naturais e conta cunha fauna, unha flora e unha luminosidade excepcionais.
    As mareas da baía do Monte Saint-Michel impresionan e non sen motivo: cunha amplitude de preto de trece metros os días de maior coeficiente, o mar retírase a gran velocidade nunha decena de quilómetros pero regresa coa mesma velocidade.Cubrindo asi a isla, e facendo del un acontecemento impresionante.

  11. faa-martinbaulde di:

    Denominamos eclipse de Sol ao fenómeno polo cal a luz do Sol é total ou parcialmente ocultada ao interpoñerse un astro entre o Sol e o observador. Nas eclipses de Sol vistas dende a Terra, o astro que oculta o Sol é a Lúa.
    Dende o punto de vista do observador, as eclipses de Sol clasifícanse en: totais, anulares e parciais. O devandito observador dirá que viu unha eclipse total cando ve a Lúa cubrir enteiramente o disco do Sol. Non obstante, outro observador situado centenares de quilómetros máis ao norte ou máis ao sur que o primeiro verá a Lúa cubrir só unha parte do Sol, de maneira que para el a eclipse será parcial.
    Outro tipo común de eclipses é a eclipse anular. Estes danse cando o observador ve que o disco da Lúa non chega a cubrir o disco do Sol, aínda que os seus centros estean ben aliñados. Isto é debido a que a Lúa se encontra ese día máis lonxe da Terra que no caso dunha eclipse total, de modo que o seu disco se ve máis pequeno que o do Sol. En tal caso obsérvase un anel brillante rodeando o disco lunar.

  12. faa-marinabusto di:

    Monte Saint-Michel é unha comuna francesa situada na rexión de Baixa Normandía. Situado sobre unha prominente masa rochosa nunha illa mareal do esteiro do río Couesnon, debe o seu nome á abadía consagrada ao culto do arcanxo San Miguel.
    A arquitectura prodixiosa do monte Saint-Michel e a súa baía fano o sitio turístico máis concorrido de Normandía e un dos primeiros de Francia, cuns 3,2 millóns de visitantes cada ano. Os numerosos edificios do lugar están individualmente clasificados como monumentos históricos e o conxunto está declarado como un gran sitio de Francia.
    Declarado monumento histórico en 1862, o monte Saint-Michel figura dende 1979 na lista do patrimonio da humanidade da Unesco.

  13. fab-sabelafernandez di:

    Unha eclipse solar consiste no escurecemento total ou parcial do Sol que se observa dende un planeta polo paso dun satélite, como por exemplo o paso da Lúa entre o Sol e a Terra. Unha eclipse de Sol só é visible nunha estreita franxa da superficie da Terra. Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra, proxecta sombra nunha determinada parte da superficie terrestre, e un determinado punto da Terra pode estar inmerso no cono de sombra ou no cono de penumbra.

    Basicamente hai dúas clases de eclipses: A eclipse de lúa e a eclipse de sol, pero tamén hai eclipses de asteroides binarios por exemplo.

  14. faa-laurachaves di:

    Como este artigo di, a marea do século separou durante unhas horas e por primeira vez neste milenio o monte Sint Michele do continente europeo. As augas creceron o equivalente a catro pisos, máis de catorce metros nalgúns momentos, provocando un fenómeno que se repite en ciclos duns dezaoito anos. O Monte Saint-Michel é un municipio francés situado ao sureste do departamento da Mancha na rexión de Baixa Normandía. A súa arquitectura e a súa localización convertérono no terceiro lugar turístico máis visitado de Francia (por detrás da torreEiffel e do castelo de Versalles) con preto de 3,5 millóns de visitantes cada ano. Ademais, está clasificado no Patrimonio mundial da Unesco. Este monte elévase no centro dunha inmensa bahía bañada polas maiores mareas de Europa cunha superficie aproximada de 500 km2. Na estatua de San Miguel Arcangel sitúase a igrexa de 170 metros. Os numerosos edificios do lugar están individualmente clasificados como monumentos históricos ou inscritos no inventario suplementario dos monumentos históricos.

  15. fab-nereabetanzos di:

    Que é exactamente unha eclipse ? Unha eclipse é un acontecemento astronómico que consistente na interposición dun corpo celeste entre outros dous. En xeral, enténdese que os tres corpos implicados son o Sol, nun extremo, e a Terra ou a Lúa no outro da aliñación. Dende a Terra pódense observar dous tipos de eclipses: de Sol e de Lúa.As eclipses de Sol só son visible dende a zona da Terra que queda sombreada, mentras as eclipses de Lúa son visibles dende todos os puntos da Terra que nese momento están dirixidos cara á Lúa.
    As eclipses poden ser parciais, totais, e, as de Sol, anulares. Son totais cando un corpo se oculta totalmente detrás do outro. Son parciais en caso contrario; de calquera xeito, unha eclipse pasa por etapas de parciais antes de chegar á totalidade. As de Sol poden ser anulares, xa que a Lúa, a pesar de estar moito máis próxima que o Sol, é moito máis pequena, e o tamaño aparente en xeral é lixeiramente máis pequeno que o do Sol.
    Outras efemérides poden ser consideradas eclipses, se ben se distinguen normalmente co devandito nome de efemérides.Como consecuencia os eclipses poden producir:existe unha creencia de que afecta no comportamento de algunhas persoas e animais,forzas de marea,a penumbra, a umbra…

  16. fab-rociovazquez di:

    Unha eclipse é un feito no que a luz procedente dun corpo celeste é bloqueada por outro. Existen eclipses do Sol e da Lúa, que ocorren soamente cando o Sol e a Lúa se aliñan coa Terra dunha maneira determinada.
    – Eclipse lunar: A Terra interponse entre o Sol e a Lúa, oscurecendo á Lúa. A Lúa entra na zona de sombra da Terra. Esto solo pode ocurrir na lúa chea. Los eclipses lunares divídense en totais, parciais e penumbrais, dependendo de si a Lúa pasa na súa totalidade ou en parte polo cono de sombra proxectado pola Terra, ou só únicamente o fai pola zona de penumbra.
    – Eclipse solar: A Lúa oscurece o Sol, interpoñéndose entre él e a Terra. Esto só pode pasar na Lúa Nova. Os eclipses solares divídense en totais, parciais e anulares.

  17. Rita Lage di:

    Un eclipse solar consiste no escurecemento total ou parcial do Sol que se observa dende un planeta polo paso dun satélite, como por exemplo o paso da Lúa entre o Sol e a Terra. Unha eclipse de Sol só é visible nunha estreita franxa da superficie da Terra. Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra, proxecta sombra nunha determinada parte da superficie terrestre, e un determinado punto da Terra pode estar inmerso no cono de sombra ou no cono de penumbra.
    – Eclipse lunar: A Terra interponse entre o Sol e a Lúa, oscurecendo á Lúa. A Lúa entra na zona de sombra da Terra. Esto solo pode ocurrir na lúa chea. Los eclipses lunares divídense en totais, parciais e penumbrais, dependendo de si a Lúa pasa na súa totalidade ou en parte polo cono de sombra proxectado pola Terra, ou só únicamente o fai pola zona de penumbra.
    – Eclipse solar: A Lúa oscurece o Sol, interpoñéndose entre él e a Terra. Esto só pode pasar na Lúa Nova. Os eclipses solares divídense en totais, parciais e anulares.

  18. faa-miriantrigo di:

    O feito no que a luz procedente dun corpo celeste é bloqueada por outro (corpo eclipsante) denomínase eclipse. Este fenómeno ten lugar cando o Sol, a Lúa e a Terra se aliñan nunha determinada maneira, o que sucede durante algunhas lúas novas ou cheas.
    Dentro do Sistema Solar podemos encontrar dous tipos de eclipses: por un lado, o eclipse lunar, que ten lugar cando a Terra se interpón entre o Sol e a lúa, provocando que esta se escureza. Neste eclipse, a Lúa entra na zona de sombra da Terra e só se pode producir cando hai lúa chea. Ao mesmo tempo, estes eclipses poden dividirse en tres subgrupos: totais, parciais e penumbrais, en función de si a Lúa pasa na súa totalidade ou en parte polo cono da sombra proxectado pola Terra, ou se simplemente o fai pola zona de penumbra. Por outro lado, temos o eclipse solar, no cal a Lúa escurece o Sol, interpoñéndose entre el e a Terra. Este eclipse só pode ter lugar en lúa nova, e tamén se dividen, ao mesmo tempo, en totais, parciais e anulares.
    Como de forma xeral un eclipse prodúcese cando un obxecto bloquea toda ou parte da luz emitida por outro, isto tamén pode ter lugar fóra do sistema Terra-Lúa, por exemplo, cando a sombra dun satélite se proxecta sobre a superficie dun planeta, cando un satélite pasa pola sombra dun planeta ou ben cando a sobra dun satélite é proxectada sobre outro satélite.

  19. faa-ariadnavazquez di:

    Existen dous tipos de eclipses, lunar e solar.
    Unha eclipse lunar acontece cando a Lúa pasa directamente detrás da Terra no seu umbro (sombra). Isto só pode acontecer cando o Sol, a Terra e a Lúa están aliñados (en “sicixia”) exactamente, ou moi preto. Polo tanto, unha eclipse lunar só pode acontecer da noite da lúa chea. O tipo e a duración dunha eclipse dependen da situación da lúa con respecto aos seus orbitais.
    A diferenza dunha eclipse solar, que só pode ser vista dende certa e pequena zona das Nacións Unidas do mundo, unha eclipse de Lúa pódese ver dende calquera lugar no lado nocturno da Terra. Unha eclipse lunar ten unha duración dunhas poucas horas, mentres que unha eclipse solar total ten unha duración de só uns poucos minutos nun lugar dado, debido ao menor tamaño da sombra da Lúa. Tamén a diferenza das eclipses solares, as eclipses lunares son seguras para ver sen ningún tipo de protección para os ollos ou precaucións especiais, xa que son máis débiles que a Lúa chea.

  20. fab-ivanportas di:

    As eclipses son a ocultación dun astro por interposición doutro. Os movementos da Terra e da Lúa en torno do Sol orixinan as eclipses de Sol ou de Lúa, segundo sexa o astro escurecido. Para que haxa eclipse é mester que a Terra, o Sol e a Lúa estean en liña recta e case no mesmo plano, e que a Terra ou a Lúa penetre no cono de sombra producido polo outro astro.
    A natureza das eclipses de Sol e de Lúa difire moito. Nunha eclipse solar a Lúa poderá ocultar todo ou parte do astro para certos lugares da Terra, pero xamais para toda ela. Así haberá zonas en que o Sol quedará completamente escurecido, ou parcialmente, ou non se observará fase ningunha da eclipse. A pesar de que os tres astros se encontran en liña recta adoita acontecer que, dada a súa distancia relativa, a Lúa estea de tal maneira que no máximo da eclipse o disco solar non quede de todo oculto, senón que arredor do disco lunar poida verse unha parte daquel. Entón prodúcese unha eclipse anular.
    A lúa pode pasar dentro do cono de sombra que proxecta a Terra no espazo no momento do plenilunio. Así queda interceptada para a Lúa a luz do Sol e acontece unha eclipse total ou parcial, segundo que se sumise total ou parcialmente na sombra.

  21. faa-albarodriguez di:

    Un eclipse solar é un fenómeno que se produce cando a Lúa oculta o Sol, dende a perspectiva de Terra. Isto só pode pasar cando hai lúa nova.
    Existen catro tipos de eclipse solar:
    -Parcial: cando a Lúa non cobre por completo o disco solar que aparece como un crecente.
    -Semi Parcial: cando a Lúa case cobre por completo o Sol, pero non o consegue.
    -Total: cando dende unha franxa na superficie da Terra, a Lúa cobre totalmente o Sol. Fora da banda de totalidade o eclipse é parcial. Verase un eclipse total para os observadores situados na Terra que se atopan dentro do cono de sombra lunar, onde o diámetro máximo sobre a superficie da Terra non supera os 270 km, e que se despraza en dirección este a uns 3.200 km/h. a duración da fase de totalidade pode durar varios minutos, entre 2 e 7,5 alcanzando algo máis de 2h todo o fenómeno, se ben nos eclipses anulares a máxima duración alcanza os 12 minutos e chega a máis de 4h nos parciais, tendo esta zona de totalidade unha anchura máxima de 272 km e unha lonxitude de 15.000 km.
    -Anular: ocorre cando a Lúa encóntrase preto do apoxeo e o seu diámetro angular é menor ca o solar, de forma que na fase máxima permanece visible un anelo do disco do Sol. Isto ocorre na banda de anularidade: fora dela o eclipse é parcial.

  22. faa-iagopadin di:

    O Monte Saint-Michel, levantado sobre un islote de granito situado no centro dunha inmensa bahía bañada polas maiores mareas de Europa, desafía ao paso dos séculos e converteuse nun lugar emblemático da historia.
    O Monte Saint-Michel é un municipio francés situado ao suroeste do departamento da Mancha na rexión de Baixa Normandía. A súa arquitectura e o seu emplazamento convertirono no terceiro lugar turístico máis visitado de Francia por detrás da torre Eiffel e do castelo de Versalles, con cerca de 3,5 millons de visitantes cada ano. Ademáis, está clasificado no Patrimonio mundial da Unesco.
    Por outra banda, o monte alzase no centro dunha inmensa bahía bañada polas maiores mareas de Europa. No límite entre Normandía e Bretaña, entre Cancale e Granville, a bahía do Monte Saint-Michel, cunha superficie aproximada de 500 km2, é a maior superficie francesa de prados salgados e de pólders. Destaca polas enormes diferencias que presenta entre a marea baixa e a alta (ata 15 metros en período de marea viva). Ofrece unha gran diversidade de medios naturais e conta cunha fauna, unha flora e unha luminosidade excepcionais.
    Por último, na ladeira sur do peñasco, protexido por unhas murallas erixidas entre os séculos XII e XV, o pobo conta cun gran número de edificios clasificados como monumentos históricos, pequenos museos locais e comercios turísticos.

  23. fab-laracores di:

    Saint-Michel é unha comuna francesa do departamento da Mancha. Debe seu nome o arcanxo San Miguel. Esta é un gran centro natural , debido as suas grandes particularidades. Por esxemplo, podemos destacar as súas expectaculares mareas, que chegan a 14’5 metros de altura 2 veces o día.
    Antigamente deciase que esta comuna elevabase no medio do monte Siciossy. Probablemente sexa un mito, xa que non consta ningunha proba deste feito. Pode darse a posibilidade de que o nivel do solo cercano o mellor afundiuse, levando consigo a este monte a partirdo século III. Tamen según un manuscrito do séc. XV a marea equinoccio do 709 foi moi violenta e fixo desaparecer totalmente o monte.

  24. fab-alexcosta di:

    Un eclipse é un acontecemento astronómico consistente na interposición dun corpo celeste entre outros dous. En xeral, enténdese que os tres corpos implicados son o Sol,a Terra e a Lúa.
    As eclipses de Sol só son visible dende a zona da Terra que queda sombreada, mentras as eclipses de Lúa son visibles dende todos os puntos da Terra que nese momento están dirixidos cara á Lúa.
    As eclipses poden ser parciais, totais, e, as de Sol, anulares. Son totais cando un corpo se oculta totalmente detrás do outro. Son parciais en caso contrario; de calquera xeito, unha eclipse pasa por etapas de parciais antes de chegar á totalidade. As de Sol poden ser anulares, xa que a Lúa, a pesar de estar moito máis próxima que o Sol, é moito máis pequena, e o tamaño aparente en xeral é lixeiramente máis pequeno que o do Sol.

  25. faa-miriantrigo di:

    A marea é o cambio periódico do nivel do mar producido principalmente pola forza de atracción que exercen o Sol e a Lúa sobre a Terra, en concreto á atracción que estes exercen sobre as augas dos mares e dos océanos.
    No momento en que a auga do mar alcanza a súa máxima altura dentro do ciclo das mareas denomínase marea alta ou preamar, mentres que o momento no que alcanza a súa menor atura chámase marea baixa ou baixamar. O tempo, aproximado, entre unha preamar e unha baixar é dunhas 6 horas, completando así un ciclo de 24 horas e 50 minutos.
    O proceso no que a marea ascende lenta e continuamente, a causa do progresivo incremento da atracción lunar, solar ou ambas, denomínase fluxo, mentres que chamamos refluxo ao proceso no que a marea descende, tamén lenta e progresivamente, debido á diminución das forzas atractivas tanto do sol como da lúa.
    Cando hai lúa nova, a marea é máis alto dado a que, unha vez ao mes, o Sol e a Lúa están aliñados, polo que os océanos están atraídos polas forzas combinadas de ambos os astros, o que fai que a marea sexa máis forte. Referímonos a este fenómeno como marea viva.

  26. fab-mariangaleano di:

    A marea é o cambio periódico do nivel do mar producido principalmente pola forza de atracción que exercen o Sol e a Lúa sobre a Terra. Aínda que dita atracción se exerce sobre todo o planeta, tanto na súa parte sólida como líquida e gaseosa, referímonos nese artículo á atracción da Lúa e o Sol, xuntos ou por separado, sobre as augas dos mares e océanos.
    Os principais términos empleados na descripción das mareas:
    -Marea alta ou pleamer: momento no que a auga do mar alcanza su máxima altura dentro do ciclo das mareas.
    -Marea baixa ou baixamar, momento opuesto, no que o mar alcanza a súa menor altura.

  27. fab-ivanportas di:

    As mareas son oscilacións periódicas, en grandes extensións, do nivel do mar, orixinadas pola atracción que exerce a Lúa sobre as augas. A Lúa, a medida que efectúa a revolución arredor do noso planeta, levanta coa súa forza de atracción as masas de auga dirixidas cara a ela, mentres que as que se achan nas antípodas soben case o mesmo debido á forza centrífuga da rotación terrestre.
    Neste fenómeno inflúe tamén a atracción solar. Cando as dúas forzas se unen, dan orixe a mareas vivas, e cando as liñas que unen os seus centros cos da Terra forman un ángulo recto, acontece o contrario, pois as forzas se compensan anulándose, co que producen as mareas mortas. Este movemento é visible e algunhas veces espectacular.
    O movemento ascendente do nivel do mar chámase fluxo, e o descendente, refluxo. O nivel máis alto denomínase preamar, e o máis baixo, baixamar. Na actualidade as mareas contrólanse e miden con aparatos chamados mareógrafos. As correntes de mareas coinciden co fluxo e refluxo, os que causan efectos erosivos nas desembocaduras fluviais.

  28. faa-sarafalcon di:

    a explicación que aceptamos actualmente é a que provén de Isaac Newton, quen ao formular a súa teoría da gravidade determinou con exactitude que o nivel do mar se alteraba debido á influencia producida polo campo gravitacional da Lúa e do Sol sobre o noso planeta. Sabemos que existen dous tipos de mareas: solares e lunares, ambas as dúas consisten nunha variación do nivel do mar que oscila entre Marea Alta ou Preamar e Marea Baixa ou Baixamar, sendo a primeira o máximo nivel e a segunda o máis baixo.

    Para realizar unha explicación máis completa deberiamos involucrar numerosas ecuacións matemáticas en extremo complexas e non accesibles para a maioría de nós, polo que presentarei unha versión simplificada nos seus termos máis xerais. Entre a Preamar e a Baixamar existe un período aproximado de 6 horas con 12 minutos, completando un ciclo que dura 24 horas con 50 minutos. A Lúa, ao encontrarse a unha distancia moito menor da Terra que o Sol, é a principal causa das mareas. Isto foi verificado por Newton cando demostrou que a atracción gravitatoria entre dous corpos depende das masas destes e da distancia que os separa.

  29. faa-albarodriguez di:

    O Monte Saint-Michel, é unha comuna francesa do departamento da Mancha, na rexión de Baja Normandía. Atópase situado sobre unha illa mareal do estuario do río Coueson. Esta illa é o centro natural, a parte de ser o centro xeográfico, do pobo de Monte Saint-Michel, que pertence o departamento francés da Mancha.
    A súa arquitectura e a súa baía fan que este sitio sexa un lugar turístico máis concorrido de Normandía e un dos primeiros de Francia, cuns 3,2 millóns de visitantes cada ano. Unha estatua de San Miguel Arcángel colocada na cumbre da igrexa abacial encóntrase a 170 metros por enriba da orilla. Os numerosos edificios do lugar están individualmente clasificados como monumento históricos ou inscritos no inventario suplementario dos monumentos históricos. O conxunto está declarado como un gran lugar de Francia.
    Declarado monumento histórico en 1862, o monte Saint-Michel figura dende 1979 ma lista do patrimonio da humanidade da Unesco, onde encontramos incluídos na declaración tamén a baía e o antigo molino de Moidrey.

  30. faa-ariadnavazquez di:

    O Mont-Saint-Michel é un dos lugares máis inesquecibles e fascinantes de Europa. Situado na baía onde se fusionan Normandía e Bretaña, a illa atrae a mirada dende grandes distancias.
    A historia de como o monte se converteu nun gran lugar de peregrinación cristiá é colorido. Aubert, bispo da cidade outeiro preto de Avranches a principios do século oitavo, afirmou que o propio Miguel Arcángel o premeu en ter unha igrexa construída no cume da illa que acaba de saír ao mar.
    Os duques de Normandía seguidos dos reis de Francia, apoiaron o desenvolvemento dunha importante abadía beneditina no Mont-Saint-Michel. Magníficos edificios monásticos engadíronse a través da época medieval, unha sección vertixinosa sendo alcumado El Marvel. A abadía converteuse nun renomeado centro de aprendizaxe, que atrae algunhas das mentes máis brillantes de manuscritos en Europa. Un gran número de peregrinos visitaron, a pesar da realeza en guerra pola Canle. Por outro lado, as murallas na base da illa foron construídas para manter ás forzas inglesas a cabo. Outros edificios finos subiron ao longo da rúa do pobo empinado, agora convertidas en museos, hoteis, restaurantes e boutiques para turistas de hoxe en día.

  31. fab-alexcosta di:

    A illa de Saint-Michel é unha comuna francesa do departamento da Mancha. Debe seu nome o arcanxo San Miguel. Esta é un gran centro natural , debido as suas grandes particularidades. Por exemplo, podemos destacar as súas expectaculares mareas, que chegan a 14’5 metros de altura 2 veces o día.
    Antigamente deciase que esta comuna elevabase no medio do monte Siciossy. Probablemente sexa un mito, xa que non consta ningunha proba deste feito. Pode darse a posibilidade de que o nivel do solo cercano o mellor afundiuse, levando consigo a este monte a partirdo século III. Tamen según un manuscrito do século XV a marea equinoccio do 709 foi moi violenta e fixo desaparecer totalmente o monte.

  32. faa-uxiacasais di:

    A marea, na baía onde se alza o peñón, é unha das máis fortes do mundo. A súa amplitude, é decir, a diferenza de nivel entre a marea baixa e a marea alta nun mismo lugar, sobrepasa os doce metros. Por otra parte, as playas son case totalmente llanas. Para alcanzar o nivel de marea alta, o mar debe recorrer nuhas poucas horas varios kilómetros: a súa velocidades é fabulosa. Por usar unha imaxen plástica, é coma un “cabalo a galope” que pode poñer en perigo ao pescador de camaróns ou o paseante imprudente.

  33. faa-albarodriguez di:

    Entendemos por marea o ascenso e descenso periódico de todas as augas oceánicas, incluindo as do mar aberto, os golfos e as baías. Estes movementos débense á atracción gravitatoria da Lúa e o Sol sobre a auga e a propia Terra.
    Esta forza de atracción gravitatoria que exerce o Sol e a Lúa sobre as masas de auga na Terra, provoca unha oscilación rítmica destas mareas de auga debido á orbitación da Terra ao redor do Sol e da Lúa ao redor da Terra. Existen , polo tanto, mareas causadas tanto polo Sol como pola Lúa.

  34. faa-ileniamartinez di:

    De acordo á fase lunar, distinguimos dous tipos de marea:
    – Mareas mortas ou de cuadratura: durante as fases de cuarto crecente e cuarto minguante, pola contra, os efectos réstanse, obténdose mareas de menor amplitude (coeficiente de mareas máis baixo), denominadas mareas mortas.
    O movemento nos fondos mariños adoita ser menor e normalmente resultan días menos propicios para a pesca que os días con mareas vivas.
    – Mareas vivas ou sicixia: Durante as fases de lúa chea e lúa nova, a Lúa e o Sol están aliñados e os seus efectos súmanse, trátase das mareas vivas.
    Existe un comprobado aumento na actividade dos peixes cando se producen mareas vivas, sobre todo se estas coinciden co amañecer ou o ocaso, sendo estes os días máis propicios para a pesca.

  35. faa-andreaperez di:

    O Monte Saint-Michel está no centro dunha inmensa bahía bañada polas maiores mareas de Europa. No límite entre Normandía e Bretaña, a bahía do Monte Saint-Michel, cunha superficie aproximada de 500 km2, é a maior superficie francesa de campos salgados. Destaca polas enormes diferencias que presenta entre a marea baixa e a marea alta (chega ata os 15 metros cando hai marea viva). Ofrece una gran diversidade de medios naturais e conta cunha fauna e flora excepcionais.
    A día de hoxe, o Monte Saint-Michel só queda rodeado polas aguas nas grandes mareas de equinoccio, é decir, 53 días cada ano, tan só durante unhas horas.

  36. fab-tatianameis di:

    O monte Saint-Michel é unha comuna francesa que debe o seu nome a abadía consagrada ó culto ó arcanxel San Miguel. En 1862 o monte Saint-Michel foi declarado monumento histórico, e en 1917 introduciuse na lista do patrimonio da humanidade da UNESCO.

    Actualmente podese acceder á abadía en todo momento grazas a unha carretera, sen embargo as espectaculares mareas da baía que chegan ata 14’5 m dúas veces ó día contibuiron a facer do monte unha fortaleza inexpugnable. Antes da construcción da ponte sóamente se podía acceder por vía terrestre cando a marea estaba baixa e por vía maritima cando a marea era alta.

  37. fab-raquelpan di:

    Neste artigo falase da palabra eclipse pero en que consiste?.
    A palabra eclipse pode significar ‘desaparición’ou ‘abandono’) é un feito no que a luz procedente dun corpo celeste e bloqueada por otro, normalmente chamado corpo eclipsante. Existen eclipses del Sol e de Lua, que ocurren soamente cando o Sol e a Lua se alinean coa Terra dunha maneira determinada. Esto sucede durante algunhas luas novas e luas cheas.
    Un eclipse, o igual que os tránsitos e as ocultacions, é un tipo de sizigia

  38. fab-laurafalcon di:

    Un eclipse lunar (do latín, eclipsis) é un evento astronómico que sucede cando a Terra se interpón entre o Sol e a Lúa, provocando que esta última entre no cono de sombra da Terra e en consecuencia se escureza. Para que a eclipse aconteza os tres corpos celestes, a Terra, o Sol e a Lúa, deben estar exactamente aliñados ou moi preto de estalo, de modo que a Terra bloquee os raios solares que chegan ao satélite. É por isto que as eclipses lunares só poden acontecer na fase de lúa chea.
    As eclipses lunares clasifícanse en parciais (só unha parte da Lúa é ocultada), totais (toda a superficie lunar entra no cono de sombra terrestre) e penumbrales (a Lúa entra no cono de penumbra da Terra). A duración e o tipo de eclipse depende da localización da Lúa respecto dos seus nodos orbitais.

  39. fab-raquelpan di:

    Neste artigo falase do Monte Saint pero onde se situa?.O Monte Saint-Michel e unha comuna francesa do departamento da Mancha, na rexión de Baja Normandía. Situado sobre un promontorio rocoso nunha isla mareal do estuario do río Couesnon, debese o seu nome a abadía consagrada o culto do arcángel San Miguel . Esta isla e igualmente o centro natural, a falta de ser un centro xeográfico, do pobo de Monte Saint-Michel, pertenecente a cantón de Pontorson, no departamento francés de la Mancha.

  40. faa-miguelotero di:

    O termino eclipse provén do latín eclipsis, onde a súa orixe do vocablo grego significa, “desaparición”. No seu uso non se refire a desaparición, senón á ocultación parcial ou total dun astro por interposición de outro corpo celeste.
    Os eclipses forman parte dos fenómenos coñecidos como sizigia, que ocorre cando un planeta ou a Lúa encóntrase en alineación coa Terra e o Sol. A sigizia ten lugar cando hai lúa chea ou nova.
    Entre os eclipses existen dous tipos que chegan máis alá do vínculo Terra-Lúa- Sol . Estes son:
    Eclipses lunares: a terra escurece á lúa o interpoñerse entre esta e o Sol. Pode distinguir entre os eclipses lunares totais, parciais ou penumbras, según o porcentaxe do satélite que queda dentro do cono da sombra proxectada polo noso planeta.
    Eclipses solares , a Lúa interponse entre o Sol e Terra, escurecendo á estrela. Tamén é posible diferenciar entre eclipses solares totais, parciais ou anulares.
    Por outra parte, os eclipses grazas a cálculos das órbitas da Terra e a Lúa , que permite precisar posición exactas das sombras. Por outra parte, os eclipses son fenómenos cíclicos, unha característica que tamén permite a súa posición.