Xeo baixo as colinas de Marte

Un complexo sistema xeolóxico duns 1.400 kilómetros formado por colinas ailladas, riscos e pequenas concas podería atesorar grandes cantidades de xeo de auga.

Segundo indica a Axencia Espacial Europea (ESA), os estudos realizados a partir dos datos aportados polas distintas sondas, como a Mars Reconnaissance Orbiter, da NASA, ou a Mars Express, da ESA, apuntan que a zona estivo cuberta por grandes glaciares hai centos de millóns de anos.

A acumulación de residuos rochosos ao redor de moitas elevacións parecen demostralo. De feito, algo simellante ocorre na Terra. Non obstante, esas mesmas investigacións suxiren que boa parte dese xeo segue alí na actualidade, quizais a só 20 metros baixo a superficie.

Segundo parece, o eixo polar do planeta vermello experimentou considerables cambios ao longo do tempo, o que á súa vez ocasionou profundas alteracións climáticas. Unha consecuencia diso é a aparición de glaciares no que hoxe son latitudes medias, como esta rexión, que dominan os montes Phlegra, orixinada hai máis de 3.600 millóns de anos debido á acción das forzas tectónicas.

 

Autora: Mari Blanco

 

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

47 Responses to Xeo baixo as colinas de Marte

  1. faa-manuelvilas di:

    A sonda Mars Express da ESA ten desde onte todos os seus “ollos” postos en Fobos, a lúa máis grande de Marte. O seu propósito é recoller novos datos da súa superficie para intentar desvelar o misterio das súas orixes. O próximo 3 de marzo, a investigación alcanzará o seu “punto culminante” cando a sonda sitúese a tan só 50 quilómetros da superficie de Fobos, a distancia máis próxima á que estivo un aparello da lúa marciana. A esta distancia, os instrumentos a bordo da Mars Express intentarán trazar un mapa do campo gravitatorio do satélite, que permitirá aos científicos inferir cal é a súa estrutura interna.

    Hai varios escenarios posibles para explicar a formación de Fobos. Nun deles, a lúa marciana sería en realidade un asteroide que foi atraído e “capturado” polo planeta vermello. Outra posibilidade é que se formase “in situ”, á vez que Marte. Tamén se baralla a opción de que Fobos xurdise despois que Marte, formado a partir dos escombros xerados polo choque dun gran meteorito contra o planeta.

  2. fab-miguelpineiro di:

    Un glaciar é unha grosa masa de xeos que se orixina na superficie terrestre por acumulación, compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posible cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se encontra en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas, en montañas. O proceso do crecemento e establecemento do glaciar chámase glaciación. Os glaciares do mundo son variados e poden clasificarse segundo a súa forma (de val, de nicho, campo de xeo etc.), réxime climático (tropical, temperado ou polar) ou condicións térmicas (base fría, base quente ou politermal).

    Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, e en tempos xeolóxicos recentes esa porcentaxe chegou ao 30%.

  3. fab-ivanportas di:

    Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Coñecido como o planeta vermello polos seus tons rosados, os romanos identificábano co sangue e puxéronlle o nome do seu deus da guerra.
    O planeta Marte ten unha atmosfera moi fina, formada principalmente por dióxido de carbono, que se conxela alternativamente en cada un dos polos. Contén só un 0,03% de auga, mil veces menos que a Terra.

    Os estudos demostran que Marte tivo unha atmosfera máis compacta, con nubes e precipitacións que formaban rios. Sobre a superficie adivíñanse sucos, illas e costas. As grandes diferenzas de temperatura provocan ventos fortes. A erosión do chan axuda a formar tempestades de po e area que degradan aínda máis a superficie.

  4. faa-martinbaulde di:

    Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar máis próximo ao Sol. Recibe ás veces o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dous satélites: Fobos e Deimos. Forma parte dos chamados planetas telúricos (de natureza rochosa, como a Terra) e é o planeta interior máis afastado do Sol. É, en moitos aspectos, o máis parecido á Terra.
    Aínda que en aparencia podería parecer un planeta morto, non o é. Os seus campos de dunas seguen sendo mexidos polo vento marciano, os seus casquetes polares cambian coas estacións e mesmo parece que hai algúns pequenos fluxos estacionais de auga.
    Forma parte dos planetas superiores á Terra, que son aqueles que nunca pasan entre o Sol e a Terra.

  5. faa-miriantrigo di:

    Mars Reconnaissance Orbiter (MSO) é unha nave espacial que foi lanzada o 12 de agosto de 2005 co obxectivo de aumentar os coñecementos que se teñen sobre Marte, a través da observación detallada, para lograr examinar potentes zonas de aterraxe para futuras misión na superficie e de realizar transmisións para as mesmas.
    Esta nave é o cuarto satélite artificial en Marte, uníndose a Mars Express, mencionada no artigo, Mars Odyssey e Mars Global Surveyor. Non foi ata o 10 de outubro de 2006 cando este satélite conseguiu comezar a adentrarse na órbita de Marte.
    Con esta misión, de dous anos de duración, o que se intentaba era obter mellores datos dos lugares das futuras aterraxes. Ademais, tamén proporcionou detalles sobre lugar de descenso do Ártico Marcino, ademáis de axudar a estudar o clima de Marte, a composición da súa atmosfera e xeoloxía, buscando tamén rastros de auga nas capas polares e no subsolo.

    • fab-sabelafernandez di:

      Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Coñecido como o planeta vermello polos seus tons rosados.
      O planeta Marte ten unha atmosfera moi fina, formada principalmente por dióxido de carbono, que se conxela alternativamente en cada un dos polos. Contén só un 0,03% de auga, mil veces menos que a Terra.

      Antes da exploración espacial, pensábase que podía haber vida neste planeta. As observacións demostran que non ten, aínda que podería tela tido no pasado.
      Nas condicións actuais, Marte é estéril, non pode ter vida. O seu chan é seco e oxidante, e recibe do Sol demasiados raios ultravioletas.
      Cando se atopa máis preto da Terra, a uns 55 millóns de quilómetros, Marte é, despois de Venus, o obxecto máis brillante no ceo nocturno.

  6. fab-mariangaleano di:

    Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar, coñecido como o planeta vermello polos seus tons rosados. O ton da súa superficie débese á oxidación ou corrosión. As zonas oscuras están formadas por rochas similares ao basalto terrestre, cuxa superficie se erosionou e se oxidou.
    O planeta Marte ten unha atmosfera moi fina, formada principalmente por dióxido de carbono, que se conxela alternativamente en cada un dos polos. Contén só un 0.03% de auga, mil veces menos que a terra.
    Antigamente, Marte tivo unha atmosfera máis compacta, con nubes e precipitacións que formaban ríos. Sobre a superficie adivíñanse surcos, illas e costas. As grandes diferencias de temperatura provocan ventos fortes. A erosión do solo axuda a formar tempestades de po e area que degradan aínda máis a superficie.
    A causa da inclinación do seu eixe e a excentricidade da súa órbita, os veráns son curtos e calurosos e os invernos largos e fríos. Enormes casquetes brillantes, en apariencia formados por escarcha ou xeo, señalan as rexións polares do planeta.

  7. faa-tamaraparracho di:

    Mars Express é unha sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzada o 2 de xuño de 2003 mediante un foguete Soyuz-FG dende o cosmódromo de Baikonur cuxo obxectivo é estudar Marte e fotografalo a alta resolución co fin de obter datos xeolóxicos e mineralóxicos e de caracterizar a composición da súa atmosfera, a estrutura da súa subsuperficie, os patróns de circulación atmosférica global así como a interacción entre a atmosfera e o subsolo.
    Para tales fins, Mars Express leva a bordo un total de sete experimentos cunha masa conxunta de 116 kg:
    – HRSC (High Resolution Stereoscopic Camera): é unha cámara capaz de obter imaxes estereoscópicas da superficie do planeta cunha resolución de 10 metros ou incluso de 2 metros en áreas seleccionadas.
    – OMEGA: é un espectrómetro cuxa misión é detectar o rango de luz visible cunha resolución de 100 metros co fin de obter datos mineralóxicos.
    – PFS: é un espectrómetro infravermello destinado ao estudo da composición da atmosfera marciana a partir das liñas de absorción detectadas na luz solar que atravesa dita atmosfera.
    – SPICAM: é un espectrómetro infravermello e ultravioleta cuxa finalidade é determinar a composición da atmosfera de forma similar a PFS, é dicir, detectando liñas de absorción no ultravioleta e o infravermello da luz solar que pasa a través da atmosfera.
    – ASPERA: é un detector de partículas na atmosfera superior cuxa misión é coñecer a cantidade de átomos de osíxeno e hidróxeno que interactúan co vento solar e as zonas onde se produce esa interacción, para así poder determinar a velocidade á que a atmosfera de Marte se perde no espazo.
    – MARSIS (radar subsuperficial e altímetro): estuda o subsuperficie ata profundidades de varios quilómetros mediante unha antena de 40 metros de longo que emite pulsos de radar. Estuda tamén a ionosfera mediante a reflexión das ondas de radar.
    – MaRS: experimento de radiociencia que emprega o enlace de comunicacións coa Terra para estudar a ionosfera marciana.

  8. faa-albaaller di:

    O noso planeta, ao que se coñece como planeta Terra, aínda que ten menos porcentaxe desta que de auga, é o terceiro planeta máis cercano ao Sol do Sistema Solar, desta maneira, o cuarto sería o que coñecemos como Marte. A este planeta tamén se lle denomina como ‘Planeta Vermello’ xa que a súa superficie posúe esta cor por mor do óxido de ferro. Este planeta podería considerarse como o máis parecido a Terra.
    Ten unha atmosfera moi delgada formada por dióxido de carbono (CO2). Posúe, ademais, dous satélites que se coñecen co nome de Fobos e Deimos.
    Hai que destacar que na súa superficie con dunas temos unha presenza de vento, os seus casquetes cambian coas estacións e o máis importante, parece ser que nalgúns puntos atopamos auga, o cal fai pensar que poida haber vida, xa que, a auga está relacionada coa aparición dos primeiros seres vivos na Terra.

  9. faa-ileniamartinez di:

    O concepto de glaciar ten seu orixe no francés glacier e da nome ao bloque ou estructura de xeo que se soe acumular en certas áreas das cordilleiras, xusto encima da línea que marca o límite das neves perpétuas. A parte inferior dun glaciar encóntrase en movemento, cun deslizamento moi lento e similar ao dun río.
    Cabe resaltar que os glaciares almacenan 33 millóns de km3 de auga doce e ocupan o 10% da superficie do noso planeta. Según os expertos, fórmanse a raíz da compactación e recristalización da neve, mentres que a súa conservación está determinada polos niveis de precipitación de neve. Por este motivo, os glaciares soen ubicarse cerca dos polos ou en territorios montañosos.
    Mentres a neve segue caendo e transfórmase en neviza, comeza a acumularse ,e as capas inferiores sufren unha presión cada vez máis forte. Pouco a pouco, o peso termina desarroiando cristaias de xeo máis grandes, con capa de varias decenas de metros. De esta forma, desarroiase o xeo glaciar e surxen os glaciares.

  10. faa-ileniamartinez di:

    O Sistema Solar está composto por oito planetas, Marte é o cuarto planeta mais cercano ao sol.
    Marte é bastante parecido a Terra, é o planeta máis similar. Marte ten unha superficie rochosa, posúe auga e a súa atmosfera é moi delgada, formada na súa maioría por dióxido de carbono, o que nos faría imposible respirar alí. Pese a isto, os astrónomos teñen como proxecto utilizar Marte para o primeiro asentamento humano no espazo. Este planeta a tamén é posúe a montaña mais alta do Sistema Solar cunha altura de 21 kilómetros por sobre o solo. O monte Everest, o máis alto da Terra, mide só 8,8 kilómetros. Pero o Olimpo non é un monte calquera, senón que se cree que tamén é un volcán e, os astrónomos creen que poría estar activo.
    A pesar do seu tamaño, Marte ten as tormentas de area e pó mais grandes, intensas e poderosas de todo o Sistema Solar. Como vimos anteriormente, a idea de colonizar Marte para que os seres humanos o habiten está mais cerca do que críamos, e este tema das tormentas é un dos maior retos que os enxeñeiros do proxecto Mars One enfrontan. Os científicos da Nasa constataron as aterradoras tormentas de area en Marte desde o 1971 e aínda que aínda hoxe en día non puideron determinar por qué duran tanto tempo (varios meses) e son tan intensas, supoñen que o feito de que as partículas de pó presentes na atmosfera de Marte absorban tanto a luz do Sol, eleven as temperaturas da atmosfera e provoquen fortes ventos, ten moito que ver o respecto.

  11. fab-alexcosta di:

    Marte é o cuarto planeta do noso Sistema Solar. Ten o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dous satélites: Fobos e Deimos. Forma parte dos chamados planetas telúricos e é o planeta interior máis afastado do Sol. É, en moitos aspectos, o máis parecido á Terra.
    Aínda que en aparencia podería parecer un planeta morto, non o é. Os seus campos de dunas seguen sendo mexidos polo vento marciano, os seus casquetes polares cambian coas estacións e mesmo parece que hai algúns pequenos fluxos estacionais de auga.

  12. faa-iagopadin di:

    Un glaciar é unha capa de xeo moi grosa que está formada pola acumulación de cantidades enormes de neve durante períodos moi largos de tempo, entón, a cantidade de neve caída excede a que se derrete e logo, polo peso da mesma, as capas inferiores fanse compactas e forman as grandes masas de xeo. No caso da Terra, na actualidade os glaciares representan unha superficie de máis de 10 millons de quilómetros cadrados, dos cales a maioría encontranse nos polos e o resto esparcidos nas montañas.
    Cando a neve que cae persiste por un período de tempo, producense cambios nas estruturas cristalinas que causan unha compactación progresiva. O mesmo peso da neve actúa como forza formadora, convertendo a neve en gotas de xeo, formándose o nevero, que é a neve compactada. O nevero aumenta se as condicions son favorables e cae máis nieve da que se derrete. O peso é cada vez maior e vaise formando xeo. Todo o proceso pode durar ata 300 anos e logo diso, formase o glaciar.
    Nun glaciar típico distinguense tres partes: a cabeceira, que é a zona de alimentación, constituida por un ou máis circos, lugar onde a neve se transforma en xeo; a lingua, a parte central, que é o río de xeo que se move con gran lentitude cara o valle e a parte terminal, onde o xeo se funde e se depositan materiais que arrastra o glaciar. Tamén se desprenden trozos de xeo que se coñecen como icebergs.

  13. faa-tamaraparracho di:

    A ciencia que estuda a superficie de Marte é denominada areografía, nome que provén de Ares, o deus grego da guerra.
    Marte é un planeta notablemente máis pequeno que a Terra. A súas principais características, en relación coas do noso planeta, son as seguintes: diámetro 53 % , superficie 28 % e masa 11 %, pois o planeta vermello conta cun diámetro de 6,794.4 km, unha área superficial de 144 millóns km² e unha masa de 6,4185 × 1023 kg.
    Grazas ás imaxes tomadas pola cámara HiRISE, que viaxa a bordo da sonda Mars Reconaissance Orbiter, a cal se atopa en órbita de Marte dende marzo de 2006, puidemos coñecer moitas das principais características morfolóxicas da súa superficie. Así, a superficie de Marte presenta características morfolóxicas comúns tanto coa Terra como coa Lúa, como por exemplo, cráteres de impacto, campos de lava, volcáns, cauces secos de ríos ou dunas de area. A súa composición é fundamentalmente basalto volcánico cun alto contido en óxidos de ferro, os cales lle proporcionan a característica cor vermella da superficie. De feito, así como nas codias da Terra e da Lúa predominan os silicatos e os aluminatos, no solo de Marte son preponderantes os ferrosilicatos.
    Ademais, a superficie do planeta presenta diversos tipos de formacións permanentes, entre as que destacan dúas grandes manchas brancas situadas nas rexións polares, unha especie de casquetes polares do planeta. Así pois, estes casquetes polares están formados por unha capa moi delgada de xeo de CO2 (“xeo seco”), aínda que cabe a posibilidade de que debaixo do casquete Sur haxa xeo de auga, como ben se comenta no artigo.

  14. faa-martinbaulde di:

    O Sistema Solar é o sistema planetario no que se encontra a Terra. Consiste nun grupo de obxectos astronómicos que xiran nunha órbita, por efectos da gravidade, ao redor dunha única estrela coñecida como o Sol da cal obtén o seu nome. A devandita estrela, que concentra o 99,75% da masa do mismo,es o único corpo celeste que emite luz propia, a cal é producida pola combustión de hidróxeno e a súa transformación en helio pola fusión nuclear.El sistema solar se formou hai 4568 millóns de anos a partir do colapso dunha nube molecular que o creou. O material residual orixinou un disco circumestelar protoplanetario no que aconteceron os procesos físicos que levaron á formación dos planetas.El Sistema solar sitúase na actualidade na Nube Interestelar Local que se acha na Burbulla Local do Brazo de Orión, da galaxia espiral Vía Láctea, a uns 28 000 anos luz do centro desta.

    O Sistema Solar é tamén o fogar de varias rexións compostas por obxectos pequenos. O Cinto de asteroides, situado entre Marte e Júpiter, é similar aos planetas terrestres xa que está constituído principalmente por rocha e metal, neste encóntrase o planeta anano Ceres. Máis alá da órbita de Neptuno está o Cinto de Kuiper e o Disco disperso, formados por auga, amoníaco e metano principalmente. Neste lugar existen catro planetas ananos Haumea, Makemake, Eris e Plutón.

  15. fab-mariaoubina di:

    Un glaciar é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación. Consta de tres partes: cabeceira, lingua e val.
    Existen varias formas de clasificar aos glaciares. Respecto aos glaciares de rocha existe unha disputa en si deben ser considerados glaciares ou no. Poden ser clasificados según a temperatura (glaciar temperado, subpolar e polar) e tamén poden ser clasificados según a morfoloxía (mantos de xeo e casquetes de xeo, glaciares controlados pola topografía e glaciares marinos).

  16. fab-nereaporta di:

    As forzas tectónicas son os movementos das placas tectónicas (capas da terra) ao acomodarse, son coñecidos como sismos cando se manifestan na cortiza terrestre. A forza liberada é tan grande que pode facer vibrar grandes porcións de terra; o movemento pode ser trepilatorio ou osilatorio( nesta orde: na forma vertical ou en forma horizontal) e existen dous escalas para medilos: a de Richer e a de Mercalli; a primeira basease na enerxía liberada e a segunda basease nos danos causados.

  17. fab-luciameis di:

    Un glaciar é unha grosa masa de xeos que se orixina na superficie terrestre por acumulación, compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posible cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se encontra en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas, en montañas. O proceso do crecemento e establecemento do glaciar chámase glaciación. Os glaciares do mundo son variados e poden clasificarse segundo a súa forma (de val, de nicho, campo de xeo etc.), réxime climático (tropical, temperado ou polar) ou condicións térmicas (base fría, base quente ou politermal).

  18. faa-afeijoo di:

    Mars Express é unha sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzada o 2 de xuño de 2003, a súa misión é o estudo do cuarto máis cercano ao sol planeta do noso sistema Solar, Marte. Este é o planeta que máis se semella a Terra.
    Ten o alcume de planeta vermello debido a aparencia roxiza que lle dá o óxido de ferro que denomina a súa superficie. É un dos poucos planetas que posúe unha atmosfera, esta é delgada e formada por dióxido de carbono, ten unha natureza rochosa ao igual que a Terra.
    Marte forma parte dos planetas superiores á Terra, son aqueles que nunca pasan entre o Sol e a Terra. é un planeta bastante máis pequeno que a Terra, a pesar desto, como Marte non ten océanos como a Terra, ambos teñen a mesma superficie pola que se podería camiñar.
    Grazas as imaxes tomadas pola cámara HiRISE, que viaxa a bordo da Mars Reconaissence Orbiter, en órbita do planeta roxo dende marzo do 2006, puxéronse de manifesto moitas das principais características morfolóxicas da súa superficie.
    Unha das características do hemisferio norte, é a existencia dun enorme abultamento que conten o complexo volcánico de Tharsis, nel encontrase o monte olimpo, o maior volcán do Sistema Solar. Algúns cráteres mostran señais que o volcán estivo activo recentemente e conten lava petrificada nas súas ladeiras

  19. Rita Lage di:

    Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Coñecido como o planeta vermello polos seus tons rosados, os romanos identificábano co sangue e puxéronlle o nome do seu deus da guerra.O planeta Marte ten unha atmosfera moi fina, formada principalmente por dióxido de carbono, que se conxela alternativamente en cada un dos polos. Contén só un 0,03% de auga, mil veces menos que a Terra.
    Os estudos demostran que Marte tivo unha atmosfera máis compacta, con nubes e precipitacións que formaban rios. Sobre a superficie adivíñanse sucos, illas e costas. As grandes diferenzas de temperatura provocan ventos fortes

  20. fab-antonchaves di:

    A ESA, acrónimo en inglés da Axencia Espacial Europea (European Space Agency), formouse en 1975 como unha organización intergobernamental dedicada á exploración do espazo. En 2012 contaba con 20 estados membros. As súas oficinas centrais están en París.
    Os 20 estados membros da ESA son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia,Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.
    Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medio do “Tratado Marco ESA/UE”.
    En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenvolver unha política espacial conxunta.

  21. faa-andreaperez di:

    O glaciar é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posible cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación. Consta de tres partes: cabeceira, lingua e val.
    Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce.

  22. fab-lauraozores di:

    Un glaciar é un corpo permanente de xeo, unha grosa masa de xeo formada na superficie terrestre pola acumulación, a compactación e a recristalización da neve, mostrando sinais de movemento por acción da gravidade e evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade.
    Os glaciares son produto do clima. Cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán fórmase un glaciar. A maioría dos glaciares encóntrase en zonas próximas aos polos, como nos países de Arxentina (o glaciar Perito Moreno), Chile, Noruega, Rusia, Alasca (o glaciar Hubbard), Canadá, aínda que existen noutras zonas, por exemplo en montañas de Francia, Bolivia, Perú.
    A glaciación é o proceso do crecemento e establecemento dun glaciar. Os glaciares están feitos principalmente de xeo pero a neve, o aire, a auga e os restos de rocha ou detritos ou sedimentos contidos ou transportados polo xeo tamén forman parte do corpo dun glaciar. Os glaciares do mundo son variados e poden clasificarse segundo a súa forma (de val, de nicho, campo de xeo, etc.), segundo o seu réxime climático (tropical, temperado ou polar), ou segundo as súas condicións térmicas (base fría, base quente ou politermal).

    Actualmente, aproximadamente un 10% da Terra está cuberta de glaciares. En tempos xeolóxicos recentes esa porcentaxe chegou ao 30%. As enormes extensións de xeo que cobren o Polo Norte no Océano Ártico non son glaciares, non obstante, Groenlandia é un glaciar que comprende o 8% do volume e o 14% da área total dos glaciares do mundo. A Antártida comprende o 91% do volume e o 84% da área total dos glaciares do mundo, e todos os glaciares acumulan aproximadamente o 70% da auga doce do mundo. O resto dos glaciares comprenden menos do 1% do volume e un 4% da área total dos glaciares do mundo.
    O quentamento global, que é o aumento da temperatura media global, está a producir un cambio climático a escala global, facendo que os océanos aumenten a súa capacidade debido ao derretemento do xeo dos glaciares entre outras causas.

  23. faa-miriantrigo di:

    Chamamos glaciar a un corpo permanente formado principalmente por xeo, aínda que tamén forman parte del a neve, o aire, a auga e restos de rochas que son transportadas polo xeo. Os glaciares fórmanse na superficie terrestre pola acumulación, compactación e recristalización da neve, que mostra sinais de movemento pola acción da gravidade. Este proceso de crecemento do glaciar denomínase glaciación. Aínda que teñen a súa orixe na superficie terrestre, posteriormente poden extenderse ao mar ou outros corpos de auga. Estas masas poden chegar a medir centos de quilómetros.
    Para clasificar aos glaciares, baseámonos na súa temperatura e na súa morfoloxía. Así, segundo a temperatura, distinguimos entre glaciares temperados, glaciares subpolares e glaciares polares, mentres que segundo a morfoloxía encontramos os mantos de xeo e casquetes de xeo, os glaciares controlados pola topografía e os glaciares mariños.
    Para considerar un corpo como un glaciar, este ten que mostrar algún tipo de movemento, o que ocorre só se o corpo alcanza un tamaño e un espesor determinados.
    Na actualidade, un 10% da Terra está cuberta por glaciares, e en tempos xeolóxicos recentes ese porcentaxe ascendeu ata o 30%. O 75% da auga doce do mundo está contida nestes glaciares, e a día de hoxe o 91% do volumen e o 84% da área total de glaciares encóntrase na Antártida, mentres que o 8% do volumen e o 14% da área en Groenladia.

  24. faa-laurachaves di:

    O planeta vermello, Marte, é o cuarto planeta do Sistema Solar, e é chamado así polos seus tons rosados. Este planeta ten unha atmósfera moi fina, formada principalmente por CO2 que se conxela alternativamente en cada un dos polos, e que só contén 0.03% de auga (mil veces menos que a Terra).
    Os estudos demostran que Marte tivo unha atmósfera máis compacta con nubes e precipitacións que formaban ríos. Sobre a superficie podemos ver surcos, islas e costas. As grandes diferencias de temperatura provocan ventos fortes, e a erosión do solo axudan a formar tempestades de pó e area que degradan aínda máis a superficie.
    Cando se encontra máis cerca da Terra, a uns 55 millóns de kilómetros, Marte é despois de Venus, o obxecto máis brillante no ceo nocturno.

  25. fab-alexcosta di:

    Mars Reconnaissance Orbiter é unha nave espacial que foi lanzada o 12 de agosto de 2005 co obxectivo de aumentar os coñecementos que se teñen sobre Marte, a través da observación detallada, para lograr examinar potentes zonas de aterraxe para futuras misión na superficie e de realizar transmisións para as mesmas.
    Esta nave é o cuarto satélite artificial en Marte. Non foi ata o 10 de outubro de 2006 cando este satélite conseguiu comezar a adentrarse na órbita de Marte.
    Con esta misión, de dous anos de duración, o que se intentaba era obter mellores datos dos lugares das futuras aterraxes. Ademais, tamén proporcionou detalles sobre lugar de descenso do Ártico Marciano, ademáis de axudar a estudar o clima de Marte, a composición da súa atmosfera e xeoloxía, buscando tamén rastros de auga nas capas polares e no subsolo.

  26. faa-laurachaves di:

    Os glaciares son masas de xeo que se desprazan, por efecto da gravidade, dende os niveis elevados a niveis de altura inferior. O movemento dos glaciares orixina procesos de erosión, transporte e sedimentación. Estes proceso prodúcense de forma diferenciada nas distintas partes do glaciar.

    As partes que se distinguen nun glaciar de tipo alpino son:

    -Circo glaciar: É unha gran depresión rodeada de montañas onde se acumulou gran cantidade de xeo. Nesta zona a neve compáctase e transfórmase en xeo (neve) por efecto da presión das capas superiores. O xeo erosiona o terreo que o contén, formando paredes verticais, abruptas, con picos moi pronunciados e arestas que orixinan formas de montañas afiadas.

    -Lingua glaciar: É unha gran masa de xeo que descende polo lado da montaña movida por acción da gravidade. A velocidade é maior na zona central e superior da lingua glaciar, sendo máis lenta nos laterais e no fondo, debido ao rozamento que sofre contra o terreo.
    O movemento do xeo produce unha escavación na rocha. A lingua vaise encaixando no terreo e, cando o xeo se retire, aparecerá un val con forma de “U”..
    -Zona de ablación: Nesta zona o xeo fóndese, xurdindo da lingua, con forza, un torrente ou un río, como o caso do Ródano.

    Cada glaciar móvese coa súa propia velocidade. Por exemplo, o glaciar máis rápido encóntrase na Himalaia, cunha velocidade na zona lateral de 25 mm por hora e na zona central de 1,25 metros por hora.

  27. faa-sarafalcon di:

    O Mars Express é unha misión de exploración de Marte de la Agencia Espacial Europea e a primeira misión interplanetaria europea. O termo “Express” acuñouse orixinalmente pola relativa curta traxectoria interplanetaria Terra-Marte, pois o lanzamento da nave se produciu cando as órbitas da Terra e Marte estaban máis próximos nos últimos 60.000 anos.
    Mars Express consiste de dúas partes, o Mars Express Orbiter e o Beagle 2, un aterrizador deseñado para investigar exobioloxía e xeoquímica in situ na superficie marciana. O Beagle 2 fallou ao intentar aterrar na superficie de Marte, pero o orbitador estivo a realizar investigacións científicas satisfactoriamente dende entón. Beagle tería facilitado información acerca da posible vida de organismos no pasado marciano.

  28. fab-laracores di:

    Marte, tamén chamado o planeta vermello (polos seus tons rosados)é o cuarto planeta do noso sistema Solar. A súa atmosfera está composta por dióxido de carbono, e dous sátelites. Encóntranselle moitos parecidos co noso planeta Terra. Aínda que asemella un planeta “morto”, pois non o é, xa que ten uns casquetes polares, que cambian coas estacións e parece ser que hai unhas pequenas correntes estacionais de auga.
    Non se atopan probas difinitivas da existencia de auga en Marte, pero un estudo de 2013 afirma que atopou entre 1’5 e 3% de auga. Ao longo deste tempo, fixéronse moitos descubrimentos que suxiren a existencia de auga no pasado e plantéxase a existencia dun océano no emisferio sur.
    Moitas investigacións andan na búsqueda de auga e vida neste planeta vermello, e coa posibilidade de auga, esto acercarase máis a que sexa posible.

  29. fab-miguelpineiro di:

    Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Tamen se lle chama “o planeta vermello” debido aos seus tons rosados.
    O planeta Marte ten unha atmosfera moi fina, formada principalmente por dióxido de carbono, que se conxela alternativamente en cada un dos polos. Contén só un 0,03% de auga, mil veces menos que a Terra.
    Antes da exploración espacial, pensábase que podía haber vida neste planeta. As observacións demostran que non a ten, pero que igual si a hubo no pasado.
    Nas condicións actuais, Marte é estéril, non pode ter vida. O seu chan é seco e oxidante, e recibe do Sol demasiados raios ultravioletas.
    Cando se atopa máis preto da Terra, a uns 55 millóns de quilómetros, Marte é, despois de Venus, o obxecto máis brillante no ceo nocturno.

  30. faa-albarodriguez di:

    Neste artigo fálase sobre as forzas tectónicas que se producen en Marte, pero que entendemos por forzas tectónicas?
    Pois as forzas tectónicas son o produto dos movementos das placas tectónicas (capas da terra, neste caso de Marte) ao acomodarse, son coñecidos como sismos cando se manifestan na corteza terrestre. A forza liberada é tan grande que pode vibrar grandes porcións de terreo. O movemento pode ser trepilatorio ou osilatorio ( nese orde: en forma verticais ou en forma horizontal) e existen dúas escalas para medilos: a escala de Richter e a de Mercalli, a primeira básase na enerxía liberada e a segunda básase nos danos causados.

  31. fab-jonathansalgueiro di:

    Un glaciar é unha grosa masa de xeos que se orixina na superficie terrestre por acumulación, compactación e recristalización da neve. Os glaciares son produto do clima e están permanentemente a intercambiar masa con outras partes do sistema hidrolóxico. Os glaciares crecen coa adición de neve e outros tipos de xeo e perden masa por fusión de xeo en auga e o desmembramento de carambelos de xeo. As principais formas de acumulación son a precipitación directa de neve, o congelamiento de auga líquida, neve transportada por ventos, neve e xeo traídos por avalanchas, cencelladas e o congelamiento de auga nas capas basais. Nos lugares dun glaciar onde a acumulación de neve é maior á ablación vaise acumulando neve de ano a ano e as capas máis profundas da neve vanse transformando en xeo glaciar.

  32. faa-laurachaves di:

    Mars Express é unha sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzada o 2 de xuño de 2003 mediante un foguete Soyuz-FG desde o cosmódromo de Baikonur para estudar Marte.[1][3][2]e fotografalo a alta resolución co fin de obter datos xeolóxicos e mineralóxicos e de caracterizar a composición da súa atmosfera, a estrutura da súa subsuperficie, os patróns de circulación atmosférica global e a interacción entre a atmosfera e o subsolo.
    A estrutura principal da nave é de aluminio e ten forma de cubo. Desta estrutura sobresaen os paneis solares e varios instrumentos e antenas. A masa total da nave é de 1123 kg. Nun dos lados do cubo atópase unha antena parabólica de alta ganancia e 1,8 m de diámetro. Doutro dos lados sobresae unha antena tubular de baixa ganancia e 4 m de longo. A nave estabilízase nos tres eixos e o control e coñecemento da actitude corren a cargo de dúas unidades de referencia inercial, dous seguidores de estrelas, dous sensores solares, varios xiroscopios e acelerómetros e catro
    As comunicacións teñen lugar mediante a antena de alta ganancia e dúas antenas omminidireccionais traballando en banda S e banda X.

  33. fab-sabelafernandez di:

    O Mars Express, pertencente á primeira misión europea a Marte, lanzado en xuño de 2003, chegou á órbita do planeta preto de seis meses máis tarde, despois de percorrer 400 millóns de quilómetros polo espazo.

    O obxectivo primordial do Mars Express é o de explorar o subsolo, a superficie e a atmosfera marcianas en busca de pegadas de auga, que é o requisito fundamental para a vida tal e como nós a entendemos. O conxunto de sete instrumentos que leva a bordo o Mars Express permite aos científicos analizar a composición da atmosfera e a circulación global do planeta. Proporciona, ademais, informacións acerca da composición mineral da súa superficie e da estrutura do subsolo ata unha profundidade de varios quilómetros. A estéreo cámara HRSC transmitiu, xa en xaneiro de 2004, as primeiras imaxes da superficie de Marte. As súas espectaculares vistas tridimensionais cunha resolución inédita ata a data e os datos captados na misión confirman a presenza de auga e de dióxido de carbono conxelados no casquete polar do Planeta Vermello.

  34. fab-sabelafernandez di:

    O término glaciar denomina a unha grosa masa de xeos que se orixina na superficie terrestre por acumulación, compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posible cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se encontra en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas, en montañas. O proceso do crecemento e establecemento do glaciar chámase glaciación. Os glaciares do mundo son variados e poden clasificarse segundo a súa forma, réxime climático ou condicións térmicas.

    Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, e en tempos xeolóxicos recentes esa porcentaxe chegou ao 30 %. Os glaciares do mundo acumulan máis do 75% da auga doce.

  35. fab-raquelpan di:

    As grandes masas de xeo que cubren os polos do planeta e as zonas altas de grandes cadenas montañosas do mundo chamaselles glaciares, a pesar de que poden see de dous tipos distintos.
    Os glaciares son os restos da gran cobertura de xeo que se extendeu sobre unha boa parte das latitudes altas da Terra durante as últimas glaciacions do cuaternario. Teñen unha gran importancia como axentes erosivos de primeiro orden e constituen unha gran reserva de agua dulce do planeta.
    Os glaciares formanse o acumularse a neve caída nos fondos e ladeiras dos valles, en zonas de alta montaña. Os espesores poden alcanzar grandes proporcions, si a neve perdida nos deshielos e inferior a que se acumula durante as nevadas. A sua masa compacta producese porque cada nevada comprime as neves caídas con anterioridade. Si o calor no logran fusionar o xeo, vai aumentando de grosor e comeza a desplazarse hacia o fondo do valle.
    A densidad da neve aumenta coa profundidade. Na base do glaciar producese a maior densidade por efecto do peso do xeo que ten que soportar.O centro del glaciar movese máis rápidamente que as masas laterales, por eso se producen roturas, tensions e estiramentos que se manifestan en enormes e profundas grietas nas capas superiores.
    Cando o glaciar se vai desplazando e arrancando as rocas salientes que se encontra o seu paso. A estes fragmentos de rocas chamaselles Morrenas. Na zona final do glaciar, donde se produce o desxeo, formanse pequenas colinas cuxo coxunto recibe o nome de Morreina terminal.

  36. fab-mariangaleano di:

    Un glaciar é unha grosa masa de xeos que se orixina na superficie terrestre por acumulación, compactación e recristalización da neve, amosando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posible cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría atópase en zonas cercanas aos polos, aínda que existen en outras zonas, en montañas. O proceso de crecemento e establecemento do glaciar chámase glaciación. Os glaciares do mundo son variados e poden clasificarse segundo a súa forma, réxime climático ou condicións térmicas.

  37. faa-miriantrigo di:

    Os Montes Phelgra son un macizo montañoso que se extende nas terras baixas do norte de Marte como un largo saínte lixeiramente curvado. Esta aliñación de montañas, outeiros e cristas conta cunha extensión de centos de quilómetros e está situada no este do volcán Hecates Tholus.
    Esta formación xeolóxica proporciona información detallada sobre a metamorfose dunha paisaxe marcada polos cambios climáticos rexistrados en Marte fai millóns de anos. Estes montes aséntanse nas latitudes temperadas de Marte, entre os 30 e 50 graos norte, o que na Terra sería comparable a unha cadea montañosa que se expandise dende o norte de África ata Frankfurt (Alemaña).
    As características que presentan actualmente estes montes son o resultado das condicións ás que están sometidos, ao cambio climático e os seus consecuentes efectos.
    Baseándose nas medicións de frecuencia dos cráteres, a idade dos Montes Phelgra limitouse a 3910-3610 millóns de anos, o que implica que o macizo é moito máis antigo que as terras baixas circundantes.

  38. fab-miguelpineiro di:

    O macizo montañoso de Phlegra Montes esténdese nas terras baixas do norte de Marte como un longo saínte, lixeiramente curvado. Estendida por centos de quilómetros, esta aliñación de numerosas montañas, outeiros e cristas encóntrase ao leste do volcán Hecates Tholus, na rexión volcánica de Elysium. Esta formación xeolóxica proporciona información detallada sobre a metamorfose dunha paisaxe marcada polos cambios climáticos rexistrados en Marte hai millóns de anos.

  39. faa-tamaraparracho di:

    Un glaciar é un grosa masa de xeo que se orixina na superficie do noso planeta por acumulación, compactación e recristalización da neve. Os glaciares son produto do clima e están permanentemente intercambiando masa con outras partes do sistema hidrolóxico. A súa existencia é posible cando a precipitación anual de neve supera á evaporada no verán. Así, nos lugares onde a acumulación de neve é maior que a evaporación, vaise acumulando neve de ano en ano, polo que as capas máis profundas da neve se van transformando en xeo glaciar debido a dous procesos fundamentais, un de compactación e outro de metamorfismo. O proceso de crecemento e establecemento dun glaciar denomínase glaciación.
    A maioría dos glaciares encóntrase en zonas preto dos polos, aínda que existen en outras zonas, como por exemplo en montañas. Os glaciares que atopamos ao redor do mundo son variados e poden clasificarse segundo a súa forma (de val, de nicho, campo de xeo etc.), réxime climático (tropical, temperado ou polar) ou condicións térmicas (base fría, base quente ou politermal).

  40. faa-albarodriguez di:

    Un glaciar é un corpo permanente de xeo formada na superficie terrestre pola acumulación, compactación e a recristalización da neve, mostrando señais de movemento pola acción da gravidade e evidencias de fluxo no pasado o una actualidade.
    Os glaciares son produtos do clima. Cando a precipitación anual de neve supera a vaporizada no verán fórmase un glaciar. A maioría dos glaciares encóntranse nas zonas cercanas aos polos, como nos países de Arxentina, Chile, Noruega…
    A glaciación é o proceso de crecemento e establecemento dun glaciar. Os glaciares están feitos parcialmente de xeo pero a neve, o aire, a auga e os restos de roca ou sedimentos transportados polo xeo tamén forman parte do corpo dun glaciar. Os glaciares do mundo son variados e poden clasificarse segundo a súa forma, o seu réxime ou segundo as condicións térmicas.
    Actualmente, aproximadamente un 10% da Terra está cuberta de glaciares. As enormes extensións de xeo que cobren o Polo Norte no Océano Ártico non son glaciares, sen embargo, Grenlandia é un glaciar que comprende o 8% do volume e o 14% da área total dos glaciares do mundo.
    O quentamento global, que é o aumento da temperatura media global, está producindo un cambio climático a escala global, facendo que os océanos aumenten a súa capacidade debido ao derretemento do xeo dos glaciares entre outras causas.

  41. faa-sarafalcon di:

    OS GLACIARES

    Os glaciares son masas de xeo que se desprazan, por efecto da gravidade, dende os niveis elevados a niveis de altura inferior. O movemento dos glaciares orixina procesos de erosión, transporte e sedimentación. Estes proceso prodúcense de forma diferenciada nas distintas partes do glaciar.
    As partes que se distinguen nun glaciar de tipo alpino son:

    Circo glaciar

    É unha gran depresión rodeada de montañas onde se acumulou gran cantidade de xeo. Nesta zona a neve compáctase e transfórmase en xeo (neve) por efecto da presión das capas superiores. O xeo erosiona o terreo que o contén, formando paredes verticais, abruptas, con picos moi pronunciados e arestas que orixinan formas de montañas afiadas.

    O circo glaciar ten unha zona de saída, por onde o río de xeo descende a cotas máis baixas. A diferenza de pendente entre a depresión do circo e a aba da montaña por onde descende provoca que o xeo rompa, formándose grandes gretas denominadas crevasses.

    Lingua glaciar

    É unha gran masa de xeo que descende pola aba da montaña movida por acción da gravidade. A velocidade é maior na zona central e superior da lingua glaciar, sendo máis lenta nos laterais e no fondo, debido ao rozamento que sofre contra o terreo.

    O movemento do xeo produce unha escavación na rocha. A lingua vaise encaixando no terreo e, cando o xeo se retire, aparecerá un val con forma de “U”.

  42. faa-ariadnavazquez di:

    Os glaciares compóñense da neve caída que, durante moitos anos, se foi comprimindo en grandes masas de xeo, engrosadas. Os glaciares fórmanse cando a neve se mantén nun lugar o tempo suficiente como para transformarse en xeo. O que fai que os glaciares sexan únicos é a súa capacidade para moverse xa que debido á enorme masa, os glaciares flúen como ríos moi lentos. Algúns glaciares son tan pequenos como campos de fútbol, mentres que outros crecen a ter decenas ou mesmo centos de quilómetros de longo.
    Actualmente, os glaciares ocupan arredor do 10 por cento da superficie total do mundo, coa maior parte localizados en rexións polares como a Antártida, Groenlandia e o Ártico canadense. A maioría dos glaciares encóntranse dentro das cadeas montañosas.

  43. faa-iagopadin di:

    A Axencia Espacial Europea é unha organización internacional adicada á exploración espacial e conta con 20 estados membros. A ESA foi constituida o 31 de maio de 1975 e emprega unhas 2000 personas, excluíndo subcontratados. En 3013 tivo un presuposto de 4.282 millons de euros.
    A sede principal da ESA está en París, Francia, aínda que as súas estruturas están moi descentralizadas. O centro principal de tecnoloxía (ESTEC) encontrase en Noordwijk, Países Baixos; as misions de observación do noso planeta (ESRIN) teñen base en Frascati, Italia; o control de misions da ESA (ESOC) localizase en Darmstadt, Alemania; o Centro Europeo de Astronautas (EAC) está situado en Colonia, Alemania e o Centro Europeo de Astronomía Espacial (ESAC) en Madrid, España.
    A misión da ESA consiste en elaborar o programa espacial europeo e levalo a cabo. Os programas da Axencia deseñanse co fin de coñecer máis a fondo a Tierra, o entorno espacial que a rodea, o Sistema Solar e o Universo, así como para desarrollar tecnoloxías e servicios baseados en satélites e fomentar a industria europea. A ESA tamén traballa en estreita colaboración con organizacions espaciais non europeas.

  44. fab-miguelpineiro di:

    A Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo, máis coñecida como NASA (polas súas siglas en inglés: National Aeronautics and Space Administration), é a axencia do goberno estadounidense responsable do programa espacial civil, así como tamén da investigación aeronáutica e aeroespacial.
    A ciencia que emprega a NASA céntrase nunha mellor comprensión da Terra a través do Sistema de Observación da Terra (EOS, polas súas siglas en inglés),8 avanzar na heliofísica mediante os esforzos do Programa de Investigación en Heliofísica de la Dirección de Misiones Científicas,9 explorar corpos por todo o Sistema Solar con misións robóticas avanzadas como a New Horizons10 e investigar cuestións de astrofísica como o Big Bang a través dos Grandes Observatorios e programas asociados.

  45. fab-alexcosta di:

    Os Montes Phelgra son un macizo montañoso que se extende nas terras baixas do norte de Marte. Esta aliñación de montañas, outeiros e cristas conta cunha extensión de centos de quilómetros e está situada no este do volcán Hecates Tholus.
    Esta formación xeolóxica proporciona información detallada sobre a metamorfose dunha paisaxe marcada polos cambios climáticos rexistrados en Marte fai millóns de anos. Estes montes aséntanse nas latitudes temperadas de Marte, entre os 30 e 50 graos norte, o que na Terra sería comparable a unha cadea montañosa que se expandise dende o norte de África ata Frankfurt.
    As características que presentan actualmente estes montes son o resultado das condicións ás que están sometidos, ao cambio climático e os seus consecuentes efectos.

  46. fab-sabelafernandez di:

    Os glaciares fórmanse en sitios onde a cantidade de neve que se acumula é maior que a cantidade de neve que se derrete ao longo dos anos. Para que isto aconteza, tense que dar unha combinación específica de factores topográficos e climáticos que permitan que a neve acumulada poida sobrevivir por períodos prolongados de tempo. En xeral esta combinación de factores cúmprese en rexións polares e/ou zonas montañosas onde imperan as baixas temperaturas e onde existen precipitacións abondo como para non perderse completamente durante o verán. A nivel local e en zonas montañosas sobre todo, o relevo e aspecto das abas tamén é importante xa que poden propiciar a formación de glaciares en sitios fríos e sombríos protexidos da radiación solar ou en sitios onde normalmente o vento ou as pendentes acumulan maior cantidade de neve logo das tormentas.

    Co paso do tempo, o peso da neve acumulada vai compactando a neve de anos anteriores a que gradualmente se vai transformando nunha masa de neve densa e de textura granular ata alcanzar o estado de xeo glaciar.

    Este proceso de densificación da neve ata converterse en xeo glaciar pode durar poucos anos ou varias décadas, dependendo das condicións ambientais de cada sitio, pero xeralmente acontece na parte alta do glaciar, na chamada zona de acumulación. Unha vez que o xeo alcanza certo espesor (ao redor de 30-50 m) na zona de acumulación, a presión que exerce o seu propio peso fai que comece a deformarse e fluír lentamente cara á parte baixa ou zona de ablación do glaciar. Na zona de ablación o glaciar perde masa por derretemento e evaporación de neve e xeo, e tamén por desprendementos de icebergs se a fronte do glaciar remata nun lago ou no mar.