Un aceite diferente

O aceite de uva é un aceite usado dende hai centos de anos gracias as súas propiedades medicinais, e as investigacións contemporáneas corroboraron que este aceite en efecto contén propiedades que poden producir grandes beneficios á saúde grazas a súa gran cantidade de ácidos graxos esenciais e antioxidantes.

 

Este aceite provén da semente das uvas e, aínda que se desperdician en grandes cantidades ao facer o viño, o aceite e moi caro xa que se obtén moi pouco de cada semente.

A extracción do aceite das pebidas de uvas faise en grandes recipientes herméticos que conteñen diluíntes (Hexano, ou xileno). As pebidas móense en muíños especiais e déixanse unhas 2 horas en contacto con este diluínte, teñen un axitador, despois drénase a través dunha malla fina e vai aos tanques de destilación para separar o aceite do diluínte que ten un punto de ebulición baixo (uns 68ºC) e axúdase a súa separación por medio de baleiro e pode inxectarse vapor de auga total logo sepárase por diferenza de peso específico. Unha vez separado o diluínte é condensado e volve ao proceso de extracción mentres ca o aceite é purificado e controlada a súa acidez.

 

O aceite de uva ten usos moi variados e algúns deles son:

  • Combater o cancro: pode evitar o crecemento de células canceríxenas en certas partes do corpo e ademais, durante un tratamento de quimioterapia, pode diminuír o dano que sofren as células debido aos agresivos compostos químicos.
  • Curar o asma: xa que como ten propiedades antiinflamatorias axuda a reducir a inflamación dás vías respiratorias.
  • Na cocina: o seu principal virtude é que preserva o sabor dos alimentos pero tamén é usado porque ten un sabor lixeiro, fresco e moi rico.

 

 

Autor: Álex Fernández Martínez

Esta entrada foi publicada en Medicina, Recursos naturais, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.