O alieníxena das profundidades

Unha criatura mariña de corpo brando e rosado, fociño carnoso e dentes como cravos foi encontrada preto da costa australiana. Os pescadores coñéceno como ‘o alien das profundidades’ pola súa viscosa aparencia. Non obstante, non é máis que a estraña quenlla duende (Mitsukurina owstoni) á que os científicos riscan de ‘fósil vivinte’, pois cren que se trata dunha especie duns 125 millóns de anos de antigüidade e da que sabe moi pouco, salvo que adoita frecuentar o Pacífico, o Atlántico e o Índico.

O exemplar foi doado ao Museo Australiano, onde se mostrou á criatura ao público. “É bastante impresionante, non é horrible, é fermoso“, declarou o administrador da colección de peixes, Mark McGrouther, quen asegurou que estas quenllas son “terriblemente difíciles de encontrar“. De feito, segundo contou McGrouther, “este só é o cuarto que adquire o museo, e os dous primeiros recolléronse na década de 1980“.

Este último ‘alien das profundidades’ foi achado preto de Eden, na zona sueste da costa de Australia, a unha profundidade de 200 metros. Foi entregado a un acuario local, que o mantivo en “excelentes condicións” para o museo. McGrouther, quen se mostrou “emocionado” de poder encargarse da quenlla, explicou que a mandíbula está feita de “pequenos puñais” que se disparan cara adiante cando detecta algunha presa para logo volver a recollerse baixo o seu fociño en forma de pa.

Este último exemplar de quenlla duende, do que tomaron mostras de tecido para realizar análises xenéticas, será preservado polo museo e posto a disposición para a investigación.

Autor: Diego García

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

39 Responses to O alieníxena das profundidades

  1. faa-manuelvilas di:

    O tiburón duende (Mitsukurina owstoni) é unha especie de elasmobranquio lamniforme da familia Mitsukurinidae.1 É bastante inusual en canto ao seu morfología, pois presenta unha notoria prolongación a modo de morro que sobresae do seu hocico, unhas mandíbulas de libre desprazamento (é dicir, móvense cara a adiante cando abre a boca), e unha cor moi estraña, rosado ou avermellado co dorso gris. O tiburón duende é o único membro vivo da familia Mitsukurinidae, dos cales, Scapanorhynchus e Anomotodon, son os seus parentes extintos.O primeiro espécime coñecido foi capturado por un pescador na corrente de Kuroshio, preto da costa de Yokohama en 1898. Devandito pescador puxo o nome de tenguzame a este peixe, que no xaponés significa, “tiburón duende” ou “tiburón tengu”. A criatura medía un metro e medio.Outro espécime foi capturado e mantido en cautiverio na universidade de Tokai Xapón. Morreu logo dunha semana.Mide entre 2 e 3 metros, cun máximo de 6 metros, e poden pesar ata 700 kg. O hocico ten forma de lámina, moi alargado e aplanado, os seus ollos son pequenos e presenta numerosos dentes frontales longos e puntiagudos. A mandíbula é longa, estreita e pode proxectarse ostensiblemente cara ao exterior, pero polo común está en perfecto alineamiento co perfil da cabeza. As aletas dorsales son pequenas e redondeadas, do mesmo xeito que as pectorales. A aleta anal e as aletas pélvicas son máis grandes que as dorsales. O corpo é alargado e comprimido lateralmente. O seu coloración é branca, con matices rosados no tronco e azulados nas aletas; pero vólvese rápidamente amarronada nos exemplares sacados do auga.

  2. faa-martinbaulde di:

    A quenlla duende é unha especie de elasmobranquio lamniforme da familia Mitsukurinidae.1É bastante inusual en canto á súa morfoloxía, pois presenta unha notoria prolongación a xeito de morro que sobresae do seu fociño, unhas mandíbulas de libre desprazamento (é dicir, móvense cara a adiante cando abre a boca), e unha cor moi estraña, rosada ou avermellada co dorso gris. A quenlla duende é o único membro vivo da familia Mitsukurinidae, dos cuales,Scapanorhynchus e Anomotodon, son os seus parentes extintos.

    Mide entre 2 e 3 metros, cun máximo de 6 metros, e poden pesar ata 700 kg. O fociño ten forma de lámina, moi alongado e aplanado, os seus ollos son pequenos e presenta numerosos dentes frontais longos e puntiagudos. A mandíbula é longa, estreita e pode proxectarse ostensiblemente cara ao exterior, pero polo común está en perfecto aliñamento co perfil da cabeza.

    A quenlla duende é unha especie limitada ás augas profundas, arredor dos 1400 metros, e aínda hoxe pouco coñecida. Aliméntase de peces,crustáceos e cefalópodos, en cuxa busca sen dúbida lle resulta moi útil o longo fociño.

  3. fab-laracores di:

    Como é este extraño ser, “fósil vivinte”, podemosnos atopar con moitos fósiles mariños no noso solo, que anteriormente, viñan sendo auga, ou sexa mar. Uns máis semellantes ao “alien da profundidades” outros moi diferenntes. Pero si seres antiquisimos, grazas os cales agora podemos ter información que nunca chegaríamos a obter se non fose pola súa petrificación.
    Podemolos atopar en calqueira parte, ben enterrados na terra como petrificados en pedra. Son seres que grazas a estos fósiles poden seguir vivindo e estando no noso presente.
    Aqui falanos desta quenlla duende, unha criatura case prehistorica que ainda se encontra entre nos. Temos varias especies prehistoricas, que se encontran no mesmo caso. Asi é o caso de moitos tiburóns , as tortugas entre moitas.

  4. fab-antonchaves di:

    A quenlla encanto (Mitsukurina owstoni) é unha especie de elasmobranquio lamniforme da familia Mitsukurinidae. É bastante inusual en canto á súa morfoloxía, pois presenta unha notoria prolongación a xeito de morro que sobresae do seu fociño, unhas mandíbulas de libre desprazamento (é dicir, móvense cara a adiante cando abre a boca), e unha cor moi estraña, rosada ou avermellada co dorso gris. A quenlla encanto é o único membro vivo da familia Mitsukurinidae, dos cuales,Scapanorhynchus e Anomotodon, son os seus parentes extintos.
    O primeiro espécime coñecido foi capturado por un pescador na corrente de Kuroshio, preto da costa de Yokohama en 1898. O devandito pescador puxo o nome de tenguzame a este peixe, que no xaponés significa, “quenlla encanto”. A criatura medía un metro e medio.
    Mide entre 2 e 3 metros, cun máximo de 6 metros, e poden pesar ata 700 kg O fociño ten forma de lámina, moi alongado e aplanado, os seus ollos son pequenos e presenta numerosos dentes frontais longos e puntiagudos. A mandíbula é longa, estreita e pode proxectarse ostensiblemente cara ao exterior, pero polo común está en perfecto aliñamento co perfil da cabeza. As aletas dorsais son pequenas e redondeadas, ao igual que as pectorais. A aleta anal e as aletas pélvicas son máis grandes que as dorsais. O corpo é alongado e comprimido lateralmente. A súa coloración é branca, con matices rosados no madeiro e azulados nas aletas; pero vólvese rapidamente amarronada nos exemplares sacados da auga.
    A quenlla encanto é unha especie limitada ás augas profundas, arredor dos 1400 metros habita no Océano Atlántico occidental e oriental, océano Índico occidental, e océano Pacífico occidental dende Xapón ata Australia. Tamén habita en América. Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos.

  5. faa-iagopadin di:

    O tiburón duende é unha das especies de tiburón máis extrañas que existen. O seu descubrimento non sucedeu ata 1898 principalmente porque vive en augas profundas, a partir dos 200 metros.
    A súa característica máis chamativa é a forma da súa cabeza, que conta cun prolongado hocico e unhas mandíbulas capaces de desplazarse fóra da súa boca. Isto é de enorme utilidade en augas tan profundas xa que este tiburón orientase por electro receptores situados na súa cabeza que lle serven para capturar presas como calamares ou polbos antes de ser detectados.
    Aínda que o seu hábitat está asociado ao mar de Xapón, onde foi descuberto, e Australia, tamén foi encontrado nas nosas costas, en Galicia e podería habitar en profundidades das costas de Sudáfrica y California.
    Pouco se sabe do tiburón duende debido as dificultades de chegar ao seu hábitat, e as poucas especies que foron recollidas deberonse a súa aparición en redes de pesca de profundidade xa mortos ou que sobreviviron poucas horas. Esta especie pode chegar aos 3 metros de lonxitud e pesar ao redor dos 150 quilos como máximo.

  6. faa-carmenvilanova di:

    A quenlla duende (Mitsukurina owstoni) é unha especie de elasmobranquio (subclase dentro dos peixes cartilaxinosos) lamniforme da familia Mitsukurinidae. É bastante inusual no que á súa morfoloxía se refire, pois presenta unha notoria prolongación a xeito de morro que sobresae do seu fociño, unhas mandíbulas de libre desprazamento (é dicir, móvense cara a adiante cando abre a boca), e unha cor moi estraña, rosada ou avermellada co dorso gris. A quenlla duende é o único membro vivo da familia Mitsukurinidae, dos cales, Scapanorhynchus e Anomotodon, son os seus parentes extintos.
    No tocante ao seu descubrimento podemos dicir que o primeiro espécime coñecido foi capturado por un pescador na corrente de Kuroshio, preto da costa de Yokohama en 1898. O devandito pescador puxo o nome de tenguzame a este peixe, que no xaponés significa, “quenlla duende” ou “quenlla tengu” (Tengu é un demo do folclore e mitoloxía xaponesas que adoita ter forma animaloide). A criatura medía un metro e medio.
    Outro espécime foi capturado e mantido en cativerio na universidade de Tokai Japón. Morreu despois dunha semana.
    Esta especie mide entre 2 e 3 metros, cun máximo de 6 metros, e poden pesar ata 700 kg e é limitada ás augas profundas, arredor dos 1400 metros. Aínda hoxe é pouco coñecida. Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos, en cuxa busca sen dúbida lle resulta moi útil o longo fociño

  7. fab-miguelleiro di:

    Nun artigo anterior, falábase do tiburón anguia, un ser bastante extraño que se capturou no Grove.
    Observar outra das quenllas máis extrañas do mundo, como é a quenlla duende, é realmente curioso. Ao meu parecer é un ser bastante impresionante, xa que a súa mandíbula e totalmente diferente a de outros tiburóns. Comezando pola dentadura, que como di no artigo son “pequenos puñais” e non lle falta razón. Dentes moi finos e afiados. E acabando pola mandíbula retráctil. Creo que xa escoitara falar dalgún outro animal mariño que tivera este tipo de mandíbula, pero algo similar que me ven á mente é unha das tortugas máis grandes do mundo, que captura a súa presa desplazando o seu pescozo completamente fóra do caparazón a unha velocidade moi grande.
    Polo resto este tipo de quenlla é moi difícil de capturar xa que se trata dun animal que habita en augas moi profundas.

  8. faa-andreaperez di:

    A quenlla duende é unha especie de elasmobranquio lamniforme da familia Mitsukurinidae. É bastante inusual en canto a súa morfoloxía, unhas mandíbulas de libre desprazamento e unha cor moi estrana, rosado co dorso gris. A quenlla duende é o único membro vivo da familia Mitsukurinidae, dos cales,Scapanorhynchus e Anomotodon, son os seus parentes extintos.
    Mide entre 2 e 3 metros, con un máximo de 6 metros, e poden pesar ata 700 kg. O morro teno con forma de lámina, moi alargado e aplanado, os seus ollos son pequenos e teñen numerosos dentes frontales longos e puntiagudos. A mandíbula é grande e estreita. As aletas dorsais son pequenas e redondeadas. Ten cores brancas, con toques rosados no tronco e azulados nas aletas.As quenllas duendes viven en augas de 3.000 a 4.000 metros de profundidade

  9. faa-tamaraparracho di:

    No artigo coméntase que a criatura mariña atopada en Autralia é a estraña quenlla duende (Mitsukurina owstoni) á que os científicos riscan de ‘fósil vivente’.
    “Fósil vivente” é unha expresión utilizada para calificar especies non extintas que son extremadamente parecidas a especies identificadas só a través de fósiles.
    É de notar o feito de que a expresión “fósil vivente” é un termno informal e non científico, pois un “fósil viviente” non é un fósil. De feito, é erróneo crer que este tipo de especies non evolucionaron, xa que sí o fixeron, mais tal vez non sufriron tantos cambios como outras especies e xéneros debido o seu hábitat cambiou pouco.
    Así, este termo utilízase para designar a animais ou plantas dos que, ata o descubrimento de individuos vivos, só se tiña constancia da súa existencia polo rexistro fósil, como os peixes celacanto ou a metasecuoia, unha árbore descuberta en 1943 nun remoto val de China ou ben especies vivas ailladas superviventes de grupos máis amplos que floreceron fai millóns de anos e coñecidos principalmente polos seus fósiles, como por exemplo a árbore ginkgo ou os tuátaras de Nova Zelanda, únicos representantes actuais dunha orde de réptiles, os esfenodontios, que abundaron fai 200 millóns de años.
    Outros exemplos de fósiles viventes son a iguana rosada, o Okapi, un mamífero bastante raro, parecido a unha xirafa, só que con pescozo non longo ou o tapir, un animal cun longo fociño que case se mantén como os seus primitivos antecesores de fai 55 millóns de anos.

  10. faa-diegogarcia di:

    A quenlla duende é unha das especies de quenlla máis estrañas que existen. O seu descubrimento non sucedeu ata 1898 principalmente porque vive en augas profundas, a partir dos 200 metros. A súa característica máis rechamante é a forma da súa cabeza, que conta cun prolongado fociño e unhas mandíbulas capaces de desprazarse fóra da súa boca. Esta capacidade é de enorme utilidade en augas tan profundas xa que esta quenlla se orienta por electro receptores situados na súa cabeza e sérvelle para capturar presas como luras ou polbos antes que ser detectado. Quizais esta particularidade que tanto nos chama a atención fose a que o levou a ser a única especie da familia de Mitsukurinidae que chegou aos nosos días.

  11. faa-albaaller di:

    Nós os humanos, coñecemos moitas especies, entre ellas a especie dos tiburóns. Entre os tiburóns atopamos moitos tipos, os máis coñecidos son aqueles que vemos nos acuarios, tamén o tiburón branco ou o tiburón toro ou martillo; pero cando nos falan destas especies marítimas nunca se nos ven a cabeza o tiburón duende.
    O tiburón duende é unha das especies de tiburón máis estranas que se coñecen. Estes tiburóns descubríronse fai relativamente pouco tempo debido a que habitan en augas profundas. O seu hábitat natural encóntrase nos mares que bañan Australia, onde foi descuberto. Inda así, pénsase que pode recorrer as costas de Sudáfrica, California, e incluso Galicia.
    Este tiburón presenta unha serie de características peculiares: ten un hocico prolongado e uhas mandíbulas que poden desprazarse fóra da súa boca. Pode chegar a medir uns 3 metros e pesar uns 150 kg.
    Entre as súas presas atopamos os calamares e os polbos, que a súa presa poida ser un polbo é un indicio de que podemos atópalo nas costas galegas.

  12. faa-ileniamartinez di:

    A quenlla duende é unha das especies de tiburón máis extrnas que existen. O seu descubrimento non sucedeu ata 1898 principalmente porque vive en augas profundas, a partir dos 200 metros.
    A súa característica máis chamativa é a forma da sua cabeza, que conta cun prolongado morro e unhas mandíbulas capaces de desplazarse fora da súa boca. Esta característica é de enorme utilidade en augas tan profundas xa que este tiburón orientase por electro receptores situados na súa cabeza e sírvelle para capturar presas como calamares ou polbos antes de ser detectado.
    Quizais esta útil particularidade que tanto nos chama a atención foi a que lle levou a ser a única especie da familia Mitsukurinidae que chegou aos nosos días.
    Pouco se sabe da quenlla duende debido ás dificultades para chegar ao seu hábitat e as poucas especies que se recolleron debido a súa aparición en redes de pesca de profundidade xa mortos ou que sobreviviron poucas horas. Esta especie pode chegar aos 3 metros de lonxitude e pesar ao rededor dos 150 kilos como máximo.

  13. faa-laurachaves di:

    A primeira quenlla encanto vista no Golfo de México foi encontrada no ano 2000; antes, o último observado foi detectado na Bahamas nos anos 70.

    É de cor gris rosácea pero o máis destacable deste animal é o seu fociño que sobresae moito da súa cabeza. Ademais as súas mandíbulas deslízanse cara a adiante cando abre a súa boca (mandúbulas de libre desprazamento), polo tanto o seu aspecto é aínda máis rechamante.

    As quenllas teñen uns órganos sensoriais na cabeza chamados ampollas de Lorenzini, que lles permiten detectar os sinais eléctricos dos animais que os rodean. A peculiar forma da cabeza das quenllas duende pode supoñer unha vantaxe nas profundidades, pois é posible que a distribución dos sensores no morro alongado da quenlla permita ampliar o raio de detección das presas do animal.
    Unha vez localiza a súa presa, entran en xogo os seus ameazantes dentes, que actúan como coitelos nos corpos brandos de peixes e luras.

  14. faa-emiliolumbres di:

    Os tiburóns sempre foron obxecto de fascinación e medo, pola súa natureza perigosa e á mesma vez perigosa que desperte o noso interese. De todas as especies de tiburóns, da que se sabe moi pouco é a do tiburón duende rosado. O seu nome é debido basicamente a cor da súa pel. Aparte da súa cor, outra característica que chama a atención é a da súa boca alargada e aplanada que sobresae do seu rostro e que contén cantidades de órganos sensitivos, que lle serveron para evolucionar e sobrevivir en condicións tan extremas a grandes profundidades, asegurando a búsqueda efectiva de alimentos como peixes, cefalópodos e crustáceos propios do seu entorno.
    O primeiro tiburón duende capturado foi cerca de Yokohama(Xapón) no ano 1898.

  15. Victor di:

    COMO SABEDES, MAÑÁ DÍA 13, REMATA O PRAZO PARA TRABALLOS NO BLOG NESTA AVALIACIÓN. ESTE SERÁ O ÚLTIMO ARTIGO DESTA AVALIACIÓN E O PRÓXIMO DOMINGO EDITAREI O PRIMEIRO ARTIGO DA 3ª AVALIACIÓN.

  16. fab-alexcosta di:

    A quenlla duende que sale neste artigo é unha das especies de quenlla máis estrañas que existen. O seu descubrimento non sucedeu ata 1898 esto e debido a que vive en aguas profundas, a partir dos 200 metros. A súa característica máis rechamante é a forma da súa cabeza, que conta cun prolongado fociño e unhas mandíbulas capaces de desprazarse fóra da súa boca. Esta capacidade é de enorme utilidade en augas tan profundas xa que esta quenlla se orienta por electro receptores situados na súa cabeza e sérvelle para capturar presas como luras ou polbos antes que ser detectado. Quizais esta particularidade que tanto nos chama a atención fose a que o levou a ser a única especie da familia de Mitsukurinidae que chegou aos nosos días.

  17. faa-ariadnavazquez di:

    A quenlla duende (Mitsukurina owstoni) é unha rara especie de quenlla en alta mar. É o único representante existente da familia Mitsukurinidae, despois unha liñaxe uns 125 millóns de anos. Este animal de pel rosada ten un perfil característico cun fociño aplanado alongado, e as mandíbulas conteñen dentes como uñas. Mide polo xeral entre 3 e 4 m (10 e 13 pés) de longo cando está na súa etapa madura, aínda que pode crecer e ser considerablemente maior. As quenllas duende habitan nas augas superiores continentais, canóns submarinos e montes submarinos en todo o mundo a profundidades maiores de 100 m (330 pés), sendo os adultos os que se atopan a profundidades maiores.
    Varias características anatómicas da quenlla duende , como o seu corpo flácido e pequenas aletas, suxiren que é lento na natureza. Esta especie caza peixes teleósteos, cefalópodos e crustáceos tanto no fondo do mar coma no medio. O seu fociño longo está cubert de ampolas de Lorenzini que lle permiten detectar campos eléctricos producidos pola próxima presa, a cal pode arrebatar estendendo rapidamente as súas mandíbulas.

  18. Xacobo Piñeiro Cacabelos di:

    No 2011 arrastreiro capturou en augas galegas un raro exemplar de quenlla duende rosada

    Unha quenlla duende rosada –de denominación taxonómica Mitsukurina owstoni–, e que constitúe unha especie que, malia que habita en todos os océanos, só foi pescado en 73 ocasións, foi capturado por un arrastreiro en augas galegas.

  19. faa-manuelvilas di:

    O Museo Australiano atópase situado na cidade de Sídney e é o museo máis antigo de Australia.

    Posse unha reputación internacional nos ámbitos de historia natural e antropología. Conta con coleccións de vertebrados e invertebrados, así como mineralogía, paleontología e antropología. Ademais de exposicións, o museo tamén está involucrado na investigación de estudos e programas das comunidades aborígenes australianas.

  20. faa-miriantrigo di:

    A quenlla duende é o único tiburón vivinte representante da familia Mitsukurinidae, e como ben se di no artigo, é considerado un fósil vivinte.
    Este tiburón de apariencia tan estrana foi descuberto en 1898. Vive en augas profundas, a partir dos 200 metros, e caracterízase principalmente pola capacidade de desprazar a súa mandíbula hacia dentro e hacia fóra. Esta capacidade é de gran utilidade dado a que vive en augas profundas, polo que se oriente grazas a uns electrorreceptores situados encima da cabeza e que lle serven para capturar as presas antes de ser detectado. Esta especie conta tamén cunha gran cantidade de dentes e cinco pares de pequenas aberturas branquiais.

  21. faa-ivanlois di:

    Esta quenlla duende que como no artigo se di vive a unha profundidade de máis ou menos 200 metros. Buscando información sobre especies que viven xunto a quenlla duende atopei que un estudo que leva dende o 2000 e investigan as especies que viven baixo a auga salgada. Ate o de agora rexistráronse unhas 17.650 especies que viven a máis de 200 metros de profundidade e outras 5.722 que habitan a máis de un Km de profundidade, onde case non chega a luz do sol.
    O que os estudosos definen como a “zona de crepúsculo”, o lugar onde a ausencia de luz impide o proceso de fotosíntese e, polo tanto, a existencia dunha flora activa. Os investigadores expresaron a súa sorpresa pola diversidade da vida mesmo nas profundidades abisais, onde se poden encontrar numerosos organismos vivos, xa que moitas destas especies chegan a vivir a profundidades de ata 5 quilómetros.

  22. fab-nereabetanzos di:

    O tiburón duende (Mitsukurina owstoni) é unha especie de elasmobranquio lamniforme da familia Mitsukurinidae.É bastante inusual en canto a súa morfoloxía,xa que presenta unha notoria prolongación a modo de morro que sobresae do seu fociño, unhas mandíbulas de libre desplazamento (é dicir, móvese hacia adiante cando abre a boca),e unha cor moi extraña, rosado ou rojizo co dorso gris. O tiburón duende é o único membro vivo da familia Mitsukurinidae, dos cales, Scapanorhynchus e Anomotodon, son os seus parentes extintos.Mide entre 2 e 3 metros, cun máximo de 6 metros, e poden pesar ata 700 kg1 .O fociño ten forma de lámina, moi alargado e aplanado, os seus ollos son pequenos e presenta numerosos dentes frontais largos e puntiagudos.A mandíbula é larga, estreita e pode proxectarse ostensiblemente hacia ó exterior, pero polo común está en perfecto alineamento co perfil da cabeza.As aletas dorsais son pequenas e redondeadas,igual cás pectorais.A aleta anal e as aletas pélvicas son máis grandes cás dorsais.O corpo é alargado e comprimido lateralmente.A súa coloración é branca, con matices rosados no tronco e azulados nas aletas; pero vólvese rápidamente amarronada nos exemplares sacados da agua.

  23. faa-rubeniglesias di:

    A quenlla encanto é unha especie de elasmobranquio lamniforme da familia Mitsukurinidae. É bastante inusual en canto á súa morfoloxía. A quenlla encanto é o único membro vivo da familia Mitsukurinidae.
    Mide entre 2 e 3 metros, e poden pesar ata 700 kg O fociño ten forma de lámina, alongado e aplanado, os seus ollos son pequenos e presenta numerosos dentes longos e puntiagudos. A mandíbula é longa, estreita está en perfecto aliñamento co perfil da cabeza. As aletas dorsais son pequenas e redondeadas, ao igual que as pectorais. A aleta anal e as aletas pélvicas son máis grandes que as dorsais. O corpo é alongado e comprimido lateralmente. A súa coloración é branca, con matices rosados no madeiro e azulados nas aletas.
    É unha especie limitada ás augas profundas, arredor dos 1400 metros, e aínda hoxe pouco coñecida. Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos, en cuxa busca sen dúbida lle resulta moi útil o longo fociño, dotado de sensibles electrorreceptores.

  24. faa-afeijoo di:

    A quenlla duende, que aparece no astigo, é unha especie rara que habitaen alta mar. A pesar de que esta quenllahabita en todos os océanos só foron capturadas en 73 ocasións porun arrastreen augas galegas.
    Esta especie de quenlla está caracterizada polo seu fuciño alongadoen forma de espada e pola súa boca protáctil, que é propia das quenllas primitivas e tamén a relacionan coas especies fósiles do período Cretácico.
    Esta quenlla vive a uns 200 metros de profundidade, debido a que vive en unha gran profundidade, esta quenlla tamén é destacable pola capacidade que ten de mover a mandíbula de dentro a fora. Para capturar as súas presas empregan uns electrorreceptores que teñen encima da cabeza.

  25. fab-sabelafernandez di:

    A quenlla é unha especie de elasmobranquio da orde dos carcarriniformes.
    É un tiburón peláxico e cosmopolita, que se distribúe por todos os océanos e mares do mundo.
    A quenlla é un tiburón de corpo alongado e estilizado, cun fociño comprimido, longo e cónico. Ten os ollos grandes que, ao igual que todos os carcarriniformes, están provistos dunha membrana nictitante, unnha pálpebra semitransparente que se move de arriba a abaixo e protexe os globos oculares cando o animal loita coa súa presa.

    Ten cinco fendeduras branquiais, dúas aletas dorsais, dúas pectorais, dúas anais e unha caudal. As aletas pectorais son moi longas e estreitas, en forma de gadaña, a primeira dorsal está situada moi atrasada e a aleta caudal está provista dun lóbulo superior moi alongado, presentando unha crista dérmica delgada nos lados do pedúnculo.

    Os dentes, que caen e son substituídos constantemente, son triangulares, serrados nos bordos, recurvados no maxilar superior e máis estreitos no inferior.

  26. faa-uxiacasais di:

    O tiburón duende nun promedio alcanza os 210 kiligramos, dos cales aproximadamente 50 só corresponden o seu hígado. É decir que soamente o seu hígado representa un 25% do seu peso total. O espécimen máis grande alguna vez visto media 3.84 metros de lonxitude, ainda que o seu tamaño promedio é entre 2 e 3 metros nada máis.Esta especie de tiburón que vive en augas de 3.000 a 4.000 metros de profundidade, deixou de evolucionar fai uns 70 millons de anos.
    O tiburón duende co seu “hocico” provisto de centos de pequeños sensores, esta especie de tiburón detecta os campos eléctricos que producen os crustáceos e cefalópodos dos que se alimenta.
    O exemplar do tiburón duende será conservado no Australian Museum en Sidney.

  27. fab-mariaoubina di:

    Este “alieníxena” chamado quenlla duende é unha especie de elasmobranquio lamniforme da familia Mitsukurinidae.É bastante inusual en canto a súa morfoloxía, pois presenta unha prolongación a modo de morro que sobresae do seu fociño, unhas mandíbulas de libre desprazamento, e un cor moi extrano, rosado ou vermello co dorso gris.A quenlla duende é o único membro vivo da familia Mitsukurinidae, dos cales, Scapanorhynchus e Anomotodon, son os seus parientes extintos.
    Mide entre 2 e 3 metros, cun máximo de 6 metros, e poden pesar hasta 700 kg.O fociño ten forma de lámina, moi alargado e aplanado, os seus ollos son pequenos e presenta numerosos dentes frontales largos e puntiagudos.A mandíbula é larga e estreita.

  28. faa-albarodriguez di:

    A quenlla duende é unha das especies de quenlla máis estrañas que existen. O seu descubrimento non sucedeu ata 1898 principalmente porque vive en augas profundas, a partir dos 200 metros. A súa característica máis chamativa é a forma da súa cabeza, que conta cun prolongado hocico e unas mandíbulas capaces de desprazarse fora da súa boca. Esta capacidade é de enorme utilidade en augas tan profundas xa que este quenlla oriéntase por electro receptores situados na súa cabeza que lle serven para capturas presas como calamares ou polbos antes de ser detectado. Quizais esta particularidade que tanto nos chama a atención foi a que levou a ser a única especie da familia de Mitsukurinidae que chegou aos nosos días.
    Pouco se sabe da quenlla duende debido ás dificultades de chegar a súa hábitat e as poucas especies que foron recollidas debeuse a súa aparición en redes de pesca de profundidade xa mortos ou que sobreviviron poucas horas. Esta especie pode chegar aos 3 metros de lonxitude e pesar arredor de 150 kilos como máximo.

  29. fab-miguelpineiro di:

    A quenlla duende é o único tiburón vivinte representante da familia Mitsukurinidae,é considerado un fósil vivinte.
    Este tiburón de apariencia foi descuberto en 1898. Vive en augas profundas, a partir dos 200 metros, e caracterízase principalmente pola capacidade de desprazar a súa mandíbula hacia dentro e hacia fóra. Esta capacidade é de gran utilidade dado a que vive en augas profundas, polo que se oriente grazas a uns electrorreceptores situados encima da cabeza e que lle serven para capturar as presas antes de ser detectado. Esta especie conta tamén cunha gran cantidade de dentes e cinco pares de pequenas aberturas branquiais.

  30. faa-manuelvilas di:

    O tiburón duende é unha das especies de tiburón máis estrañas que existen. O seu descubrimento non sucedeu ata 1898 principalmente porque vive en augas profundas, a partir dos 200 metros. A súa característica máis rechamante é a forma da súa cabeza, que conta cun prolongado hocico e unhas mandíbulas capaces de desprazarse fóra da súa boca. Esta capacidade é de enorme utilidade en augas tan profundas xa que este tiburón oriéntase por electro receptores situados na súa cabeza e sérvelle para capturar presas como calamares ou pulpos antes que ser detectado. Quizá esta particularidade que tanto nos chama a atención sexa a que lle levou a ser a única especie da familia de Mitsukurinidae que chegou aos nosos días.O primeiro tiburón duende capturado foi preto de Yokohama en Xapón, cara ao ano 1898. Polo seu impactante aspecto chamou moito a atención dos seus pescadores, que en efecto descubriran unha especie nunca antes vista. Foi nomeado como tenguzame que en xaponés significa peixe duende. O animal morreu unha semana despois. Da clasificación familiar Mitsukurinidae é o único membro vivo, os outros xa están extintos.Separadamente da súa cor, a característica que máis chama a atención desta especie, é o hocico alargado e aplanado que sobresae do seu rostro e que contén numerosos órganos sensitivos electro-receptores, que lle serviron para evolucionar e sobrevivir en condicións tan extremas a grandes profundidades, asegurando a procura efectiva de alimentos como peixes, cefalópodos e crustáceos propios da súa contorna.

    Debaixo do seu descomunal nariz, atópase unha mandíbula longa e estreita particularmente retráctil ou extensible. Funciona desprazándose libremente cara a adiante cando necesita capturar as súas presas. Outras particularidades do tiburón duende son os seus pequenos ollos e os numerosos dentes frontales puntiagudos. A súa lonxitude media está entre os dous e tres metros, alcanzando un peso de 210 kilogramos. As aletas pectorales e dorsales son redondeadas e máis ben pequenas. O aspecto xeral do seu corpo é alargado e achatado lateralmente.O seu hábitat submarino ten lugar entre os 200 e 1.200 metros de profundidade, moi probablemente esta sexa unha das principais causas da pouca información que se ten del. Incluso os poucos exemplares capturados, foron por botes pesqueros que lanzan as súas redes a estas profundidades. Da súa reprodución non se teñen tampouco datos exactos nin documentados científicamente. Por esta información xeral, reducida e insuficiente, non se ten clasificada como especie ameazada ou en perigo de extinción.A distribución xeográfica desta incrible especie de tiburón é prácticamente en todo o mundo. Con maior frecuencia en Xapón, Golfo de México, Nova Zelanda, Francia e Surinam. En Galicia foron peixes dous exemplares casualmente polo mesmo buque: o Gonzacove Un con sé en Marín.
    O primeiro caso rexistrouse en 2003 onde foi capturado un de 122 centímetros de lonxitude e o segundo en marzo deste ano, cun tamaño de 161 centímetros. Ambos son exhibidos no Museo dá Natureza de Ferrol, a cargo da Sociedade Galega de Historia Natural.

  31. faa-miguelotero di:

    O decubrimento do tiburón duende sucedeu no 1898, un pouco tardío, iesto foi debido a que vive en augas moi profundas, a prtir dos 200 metros. É considerada unha especie non moi frecuente, porque conta cun nariz prolongado e unas mandíbulas que casi poden chegar a desencaixarse. Esta capacidade é de moita utlidade en aguas tan profundas a que este tiburón oriéntase por electroreceptores na cabeza e lle serve para capturar presas, como, calamares ou polvo, sen que sexa detectado. A particularidade que tanto nos chama a atención quizá foi a que levou a ser a única especie da familia Mitsukurinidae, o que lles permitiu chegar tan lonxe, ata os nosos días.

  32. faa-miguelotero di:

    O descubrimento do tiburón duende sucedeu no 1898, un pouco tardío, isto foi debido a que vive en augas moi profundas, a partir dos 200 metros.
    É considerada unha especie non moi frecuente, porque conta cun nariz prolongado e unhas mandíbulas que case poden chegar a desencaixarse. Esta capacidade é de moita utilidade en augas tan profundas, xa que este tiburón oriéntase por electroreceptores na cabeza, tamén lle serve para capturar presas, como, calamares ou polbo, sen que sexa detectado. Esta
    particularidade que tanto nos chama a atención quizá foi a que levou a ser a única especie da familia Mitsukurinidae, que lles permitiu chegar tan lonxe, ata os nosos días.

  33. faa-iagopadin di:

    O museo onde se amosou esta quenlla ao público foi o Museo Australiano. Durante máis de 180 anos este museo foi a vangarda da investigación científica de Australia, a recolección e a educación.
    O primeiro museo público de Australia estableceuse en Sydney en 1827 co obxetivo de procurar moitos especímenes raros e curiosos da Historia Natural. Inicialmente coñecido como o Museo de Sydney ou Museo Colonial, esta institución foi nomeada oficialmente o Museo de Australia en 1836.
    Nun principio, as coleccións encontrabanse en varios edificios ao redor de Sydney, ata que o arquitecto colonial Mortimer Lewis diseñou o edificio do museo. A construcción comenzou en 1846 nun solar cerca de Hyde Park, e o novo museo abreu as súass portas en 1857 cunha soa sala. Desde enton, o sitio foi modificado moitas veces para dar cabida as necesidades crecentes de exposicions, coleccions e personal. En 2008 unha nova ala ao este do sitio foi construida para albergar ao personal científico e coleccions.
    Hoxe en día o Museo de Australia continúa a súa doble función na investigación e a educación e o museo convertiuse nunha colección recoñecida internacionalmente de máis de 18 millons de obxetos culturales e científicos.

  34. fab-luciameis di:

    O tiburón-duende (Goblin quenlla) é unha especie de lamniforme familia elasmobranch Mitsukurinidae.1 é bastante inusual na súa morfoloxía, xa que presenta unha extensión de punta-like visible saíndo da súa boca, maxilares libre circulación (é é dicir, avanzar cando abrir a boca), e un estraño, rosa ou avermellada con cinza de volta. O tiburón-duende é o único membro vivo da familia Mitsukurinidae, dos cales Scapanorhynchus e Anomotodon son os seus parentes extinguidos.
    É entre 2 e 3 metros, cun máximo de 6 metros e pode pesar ata 700 Kg1 O fociño é lámina en forma, moi alongadas e achatadas, os ollos son pequenos e ten moitos dentes de diante longos e afiados. A mandíbula é longo, estreito e pode proxectar ostensivamente para fóra, pero normalmente está perfecto aliñamento co perfil da cabeza. As aletas dorsais son pequenos e redondeados, como o peitoral. As aletas pélvicas e nadadeira anal son maiores do que o dorsal. O corpo é alargado e comprimido lateralmente. A súa cor é o branco, con rosa no tronco e aletas tons azulados; pero axiña se torna marrón en mostras retiradas da auga.

  35. faa-albaaller di:

    Os selacimorfos son uns peixes de tecido cartilaxinoso, coñecidos comúnmente como tiburóns.
    Existen diversos tipos de tiburóns, caracterizados sobre todo polo seu tamaño. O máis grande deles é o tiburón ballena, que pode chegar a medir uns 18 metros, non obstante, inda que o seu tamaño poida chegar a impresionar, este tiburón só se alimenta de plancton.
    Os depredadores máis perigosos serían o tiburón blanco, o tiburón toro e o tiburón tigre.
    A pesar da lenda urbana sobre o tiburón blanco, orixinada sobre todo polo cine, é raro nestes tiburóns un ataque a seres humanos. De feito, no Méditerraneo producíronse tan só 31 ataques en 200 anos. Cabe destacar, ademais, que a maioría deles non remataron coa morto dunha persoa.
    Como di o biólogo Douglas Long, é máis probable morrer dun infarto no medio do océano que morrer por mor dun ataque dalgún destes animais mariños.
    Destaca ademais, que son máis perigosas as serpes mariñas ou cocodrilos, os cales son responsables dun maior número de mortes. Tamén serían perigosos os ataques das abellas, que resultan ser insignificantes ao carón dun tiburón.
    Remata dicindo, que hai máis mortes provocadas por ataques de cans que de tiburóns, polo tanto, en contra da lenda urbana xeneralizada, os tiburóns non resultan ser tan perigosos para os seres humanos.

  36. faa-ritalage di:

    A quenlla duende é unha das especies de tiburón máis extrnas que existen. O seu descubrimento non sucedeu ata 1898 principalmente porque vive en augas profundas, a partir dos 200 metros.
    A súa característica máis chamativa é a forma da sua cabeza, que conta cun prolongado morro e unhas mandíbulas capaces de desplazarse fora da súa boca. Esta característica é de enorme utilidade en augas tan profundas xa que este tiburón orientase por electro receptores situados na súa cabeza e sírvelle para capturar presas como calamares ou polbos antes de ser detectado.
    Quizais esta útil particularidade que tanto nos chama a atención foi a que lle levou a ser a única especie da familia Mitsukurinidae que chegou aos nosos días.
    Pouco se sabe da quenlla duende debido ás dificultades para chegar ao seu hábitat e as poucas especies que se recolleron debido a súa aparición en redes de pesca de profundidade xa mortos ou que sobreviviron poucas horas.

  37. fab-raquelpan di:

    O mundo marino é asombroso, e a bioloxía mariña non para de sorprendernos con especies animais que parecen de otro planeta. Como por exemplo o tiburón duende, o peixe máis feo do mundo.
    Único membro vivo da familia
    Mitsukurinidae e foi visto por primeira vez en Xapón, anque se localizou tamén nas costas de América, África e Australia. E un tiburón de aguas profundas que habita baixo os 200 metros de superficie do mar, anque en ocasions registraronse tiburons duende baixo os 1300 metros.
    E de cor gris rosáceo, algo bastante pouco normal para un tiburón. Pero o máis sobresalinte de este animal e o se hocico que, valga la redundancia, sobresale moito da sua cabeza. Ademáis as suas mandíbulas deslizanse hacia adiante cando abre a sua boca (mandíbulas de libre desplazamento)

  38. fab-mariangaleano di:

    O tiburón duende é unha especie de elasmobranquio da familia Mitsukurinidae. É bastante inusual en canto a súa morfoloxía, pois presenta unha notaria pronlogación a modo de morro que sobresale do seu hocico, unhas mandíbulas de libre desprazamento e unha cor moi estraño, rosado co dorso gris. O tiburón duende é unha especie limitada ás augas profundas, arredor dos 1400 metros, e aínda hoxe pouco coñecida. Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos, en cuxa búsqueda sen dúbida resúltalle moi útil o largo hocico, dotado de sensibles electrorreceptores. Mide entre 2 e 3 metros cun máximo de 6 metros, e poden pesar ata 700Kg. O hocico ten forma de lámina, moi alargado e aplanado, os seus ollos son pequenos e presenta numerosos dentes frontais largos e puntiagudos. A mandíbula é larga, estreita e pode proxectarse ostensiblemente cara o exterior, pero polo común está en perfecto alineamento co perfil da cabeza. As aletas dorsais son pequenas, redondeadas, ao igual que as pectorais. A aleta anal e as aletas pélvicas son máis grandes que as dorsais. O corpo é alargado e comprimido lateralmente. A súa coloración é branca, con matices rosados no tronco e azulados nas aletas, pero vólvese amarronada nos exemplares sacados da auga.

  39. fab-sabelafernandez di:

    Un monstro mariño é o termo usado para referirse a unha hipotética criatura acuática descoñecida para a ciencia; xeralmente de grandes proporcións, das cales dise que existiron supostamente unha infinidade de posibles avistamentos e testemuños en todo o mundo. A partir da súa popularidade, formáronse cantidade de lendas sobre varias destas criaturas dende as épocas máis antigas.
    As hipotéticas criaturas chamadas popularmente monstros mariños e que son os máis coñecidas no mundo, serían os seguintes:
    -Kraken
    -Morgawr
    -Serpe mariña
    -Leviatán
    -Medusa xigante
    -Nessie
    -Cthulhu
    -Jörmundgander
    -Ryujin