Tremores en Madrid

 

Castela-A Mancha e a Comunidade de Madrid son as rexións do centro peninsular onde máis se notou o terremoto de magnitude 5,2 na escala de Ritcher rexistrado o pasado luns  23 de febreiro ás 17:16 horas, con epicentro no municipio de Ossa de Montiel, a 87 km de Albacete. Sacudindo dúas veces seguidas o epicentro de España, prolongándose ata medio minuto, este temblor rexistrouse como o máis intenso en España dende 2012, cando se produciu un seísmo de 5,6 graos na costa atlántica fronte a Lalín (Pontevedra).

En concreto, o sismo asentouse na latitude 39,04, cunha lonxitude de 2,65 e unha profundidade de 10 quilómetros.

O terremoto, “foi amplamente sentido” pola poboación, xa que se sentiu especialmente, con intensidade Mercalli 4, nas localidades de Alcantarilla (Murcia), Aranjuez, Coslada, San Fernando de Henares, Getafe e Ajalvir (Madrid). Ademais, foi cualificado como “excepcional” xa que na zona próxima a Madrid non é “algo habitual”.

Un terremoto afecta a Madrid y otras provincias del centro de España

Compárase este terremoto co de Lorca (Madrid) de 2011, xa que tivo lugar na mesma falla do movemento sísmico e este provocara 9 mortos, 324 feridos e numerosos danos materiais. O que máis lle sorprende ós investigadores é que se produciu nunha zona intraplacas, na placa euroasiática, onde apenas hai rexistros previos de terremotos. Aínda que tamén se podería haber producido nunha falla de desgarre, afirman. «Pode haber réplicas, pero serían inferiores e posiblemente non as percibamos», engade o presidente do ICOG.

Segundo a Rede Sísmica Española, cada ano prodúcense en torno a uns 2.500 terremotos no noso país, aínda que a maioría deles son tan leves que a poboación só detecta unha media de 2 ao mes. Estes tremores son provocados polo choque da placa tectónica euroasiática coa africana. Por iso o maior índice de perigo en territorio español concéntrase no sur e sueste da península, en torno a Granada, o sur de Alicante e as provincias de Almería e Murcia.


Autora: Sabela Fernández

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Tectónica de Placas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

43 Responses to Tremores en Madrid

  1. faa-martinbaulde di:

    Un terremoto é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de fallas xeolóxicas. Tamén poden acontecer por outras causas como, por exemplo, fricción no bordo de placas tectónicas, procesos volcánicos…
    O punto de orixe dun terremoto denomínase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da codia terrestre, corrementos de terras, maremotos ou actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empréganse diversas escalas, entre elas, a escala de Richter é a máis coñecida e utilizada nos medios de comunicación.
    A causa dos terremotos encóntrase na liberación de enerxía da codia terrestre acumulada a consecuencia de actividades volcánicas e tectónicas, que se orixinan principalmente nos bordos da placa.

  2. faa-manuelvilas di:

    A escala de Richter foi desenvolvida en 1935 polos sismólogos Charles Francis Richter e Beno Gutenberg, ambos membros do California Institute of Technology (Caltech), que estudaban sismos no sur da California.É unha escala logarítmica: a magnitude de Richter corresponde ao logaritmo da medida da amplitude das ondas sísmicas de tipo P e S a 100 km do epicentro.
    A fórmula utilizada é ML = logA – logA0 onde A representa a amplitude máxima medida no sismógrafo e A0 unha amplitude de referencia.
    Así, por exemplo, un sismo con magnitude 6 ten unha amplitude 10 veces maior que un sismo de magnitude 5. Sen embargo, o sismo de magnitude 6 libera preto de 31 veces máis enerxía que o de magnitude 5.
    Na práctica, a escala está graduada de 1 a 9, mais teoricamente é ilimitada.

    1. Detectado só por instrumentos científicos.
    2. Sentido por algunhas persoas e animais.
    3. Sentido por moitas persoas.
    4. Sentido por todas as persoas.
    5. Destrúe algunhas construcións
    6. As estruturas balancéanse
    7. Destrúe moitas construcións e mata xente.
    8. Un desastre.
    9. Destrución total. (Caos, morte e destrución)

    O sismo máis forte xamais rexistrado foi o Gran Terremoto do Chile, o 22 de maio de 1960, que acadou o valor de 9,5 nesta escala. Do outro lado da escala, a caída dunha tella dunha altura de 1 m. ten a magnitude -2.

  3. fab-alexcosta di:

    Un terremoto, sismo ou sismo é unha sacudida do terreo producida por forzas que actúan no interior do planeta.
    O tremor do terreo prodúcese co choque das placas tectónicas, que son fragmentos da litosfera (a capa máis superficial da Terra) que se desprazan como un bloque ríxido, sen que se presente unha deformación interna sobre a astenosfera (a capa inmediata á litosfera, que se encontra entre uns 100 e uns 240 quilómetros por debaixo da superficie)
    Outra causa dos terremotos é a reorganización dos compoñentes da codia terrestre que libera unha gran cantidade de enerxía, xa sexa por procesos volcánicos, movementos de aba ou a enerxía potencial elástica que se acumula coa deformación gradual das rochas que se encontran xunto a unha falla activa.

  4. fab-sabelafernandez di:

    A medición dos terremotos pódese facer seguindo varias escalas de terremotos, a máis coñecida delas é a escala Richter (escala de magnitude local, ML). Mide a magnitude do terremoto e consta de 9 graos, cada uns dos cales supón unha liberación de enerxía dez veces superior ao grao anterior. Por exemplo o terremoto de Chile de 1960 tivo 9,5 graos na escala Richter, sendo un dos peores terremotos na historia. Esta escala foi desenvolvida nos anos 30 por Charles Richter para medir o tamaño dos sismos que acontecían no sur de California. Pero a medida que se foron instalando máis sismógrafos no mundo fíxose evidente que a escala de Richter só era válida para certas frecuencias e se desenvolveron novas escalas de magnitude, como a magnitude de ondas de corpo (Mb) e a magnitude de ondas superficiais (Ms). Aínda así, seguían existindo limitacións e desenvolveuse outra escala, a escala sismolóxica de magnitude de momento (Mw). Para os terremotos máis grandes, esta escala é a que ofrece a estimación máis atinada do seu tamaño. As escalas de magnitude miden o tamaño do sismo na fonte, así que non dependen de onde se faga a medición.
    Un dos maiores problemas para a medición dun terremoto é a dificultade inicial para coordinar os rexistros obtidos por sismógrafos situados en diferentes puntos, de modo que non é inusual que as informacións preliminares sexan discordantes. Determinar a área total abranguida polo sismo pode tardar varias horas ou días de análise do movemento maior e das súas réplicas.

  5. fab-nereabetanzos di:

    Este artigo fala do terremoto producido en Madrid pero cales son as causas deste fenómeno?
    A causa dos terremotos encóntrase na liberación de enerxía da corteza terrestre acumulada a consecuencia de actividades valcánicas e tectónicas, que se orixinan principalmente nos bordes da placa.
    Aínda que as actividades tectónicas e valcánicas son as causas principais polas que se xeneran os terremotos hai outros factores que poden orixinalos:
    -Acumulación de sedimentos por desprendementos de rochas nas ladeiras das montañas, fundemento de cavernas.
    -Modificacións do réximen fluvial.
    -Variacións bruscas da presión atmosférica por ciclóns.
    Estos fenómenos xeneran eventos de baixa magnitude, que xeneralmente caen no rango de microsismos: temblores detectables só por sismógrafos.

  6. fab-miguelpineiro di:

    A zona deste terremoto produciuse na placa euroasiatica, una placa que apenas ten movementos.
    Esta é unha placa tectónica continental que abrangue Eurasia, exceptuando o subcontinente indio, Arabia e parte de Siberia ao Leste da cordilleira Verkhoyansk. Tamén inclúe a parte oriental do océano Atlántico Norte ata a dorsal mesoatlántica, totalizando un territorio duns 67.800.000 km². As placas coas que limita son:

    -Ao Norte a placa Norteamericana.
    -Ao Sur a placa Africana, a placa Arábica e a placa Indoaustraliana.
    -Ao Leste a placa Pacífica, a placa Filipina, a placa de Okhotsk e a placa Amuria.
    -Ao Oeste ten un bordo diverxente coa placa Norteamericana, que dá orixe á mencionada dorsal atlántica.

  7. fab-antonchaves di:

    A placa Euroasiática é unha placa tectónica continental que abrangue Eurasia, exceptuando o subcontinente indio, Arabia e parte de Siberia ao Leste da cordilleira Verkhoyansk. Tamén inclúe a parte oriental do océano Atlántico Norte ata a dorsal mesoatlántica, totalizando un territorio duns 67.800.000 km². As placas coas que limita son:

    -Ao Norte a placa Norteamericana.
    -Ao Sur a placa Africana, a placa Arábica e a placa Indoaustraliana.
    -Ao Leste a placa Pacífica, a placa Filipina, a placa de Okhotsk e a placa Amuria.
    -Ao Oeste ten un bordo diverxente coa placa Norteamericana, que dá orixe á mencionada dorsal atlántica.

  8. faa-carmenvilanova di:

    Sabemos que unha innumerable cantidade de sucesos acontecen todo o tempo baixo os nosos pés, entre estes: constantes movementos de terra e rochas xigantes que poden facer da superficie un lugar non tan seguro como se pode imaxinar. Eses movementos e deslizamentos baixo a superficie liberan grandes cantidades de enerxía que poden provocar terribles consecuencias, a grandes trazos, isto é o que coñecemos como terremotos.
    De acordo á súa ocorrencia en forma natural, todo se desenvolve cando a superficie na que se deslizan as placas, as mesmas se superpoñen ou chocan e el se coñece como falla ou plano de falla. Por outro lado, a situación dende a cal se orixina a falla é o chamado hipocentro e a que está exactamente enriba desta, é o epicentro. Na superficie, percibimos o terremoto como unha sacudida que, logo do choque das placas, libera enerxía (ondas sísmicas) no curso dunha reorganización brusca de materiais da codia terrestre, ao superar o estado de equilibrio mecánico.
    Xeralmente, o terremoto provoca un gran tremor no chan que, en ocasións, pode continuar cunha serie de moitos outros tremores de menor magnitude, estes chámanse réplicas, mentres que o máis forte se chama sismo principal. As réplicas son realmente curiosas, poden continuar desenvolvéndose durante semanas, meses e mesmo, ata máis dun ano despois do sismo principal!
    Dixeramos que tamén existen outras das causas dun terremoto, elas son: o desprendementos de rochas nas abas das montañas, o afundimento de cavernas, as variacións bruscas na presión atmosférica por ciclóns e a actividade subterránea orixinada por un volcán en proceso de erupción. Pero tamén pode ser ocasionado polas forzas externas provocadas polo home, sendo o resultado dos experimentos nucleares ou o poder que exercen os millóns de toneladas de auga acumuladas en represas e lagos artificiais, así como os accidentes de minaría e as escavacións petroleiras.

  9. faa-iagopadin di:

    A escala sismolóxica de Mercalli é unha escala de 12 grados desarrollada para evaluar a intensidade dos terremotos a través dos efectos e danos causados a distintas estructuras. Debe o seu nome ao físico italiano Giuseppe Mercalli.
    Os niveles baixos da escala están asociados pola forma en que as persoas sinten o temblor, mentras que os grados máis altos relacionanse co dano estructural observado. A escala divídese así:
    I. Moi débil, non se advirte
    II. Débil, percibese só por algunhas persoas en repouso, particularmente aquelas que se encontran ubicadas nos pisos superiores dos edificios.
    IV. Moderado, os obxetos colgantes oscilan visiblemente, a sensación percibida é semellante a que produciría o paso dun vehículo pesado. Os automóviles detidos movense.
    V. Forte, a maioría dos obxetos caen.
    VI. Bastante forte, percibeno todas as persoas
    VII. Moi forte, os obxetos de albañilería mal construidos ou mal proxectados resíntense. Dananse os mobles. É destructivo.
    IX. Ruinoso, pánico xeralizado. Todos os edificios sofren grandes danos, as casas sen cimentación desplazanse, a terra fisurase.
    X. Desastroso, destruense gran parte das casas.
    XI. Moi desastroso, moi poucas estructuras de albañilería quedan en pe, as cañerías subterráneas quedan totalmente fóra de servicio.
    XII. Apocalíptico, destrucción total con poucos sobrevivintes. Os obxetos saltan ao aire, os niveles e perspectivas quedan distorsionados.

  10. faa-albaaller di:

    Un terremoto é un movemento da superficie terrestre producido principalmente nas zonas de bordos continentais nas que dúas placas tectónicas se aproximan, chegando a de maior densidade a subducir por debaixo da outra; estas zonas son coñecidas como zonas de subducción. Tamén se producen en zonas onde as placas tectónicas non subducen, esto é o que se coñece como faia.
    Nun terremoto distinguímos unha serie de elementos:
    Hipocentro: é o lugar do interior terrestre onde se orixina o terremoto.
    Epicentro: é o lugar situado xusto enrriba do hipocentro, na superficie terrestre. Este punto é onde o terremoto presenta as consecuencias máis graves.
    Ondas P e S: son un tipo de ondas que se desprazan polo interior terrestre, é dicir, polas capas nas que se divide a Terra. Estas ondas axudaron e seguen axudando a coñecer datos sobre o interior do noso planeta.
    Ondas L e R: son as causantes dos efectos máis devastadores deste movemento de placas na superficie terrestre.
    Por sorte para nós, España sitúase nun lugar libre de terremotos, xa que se atopa no interior da placa Euroasiática, non nos bordos; aínda así cabe destacar que a placa Africana se nos está a aproximar e dentro de millóns de anos rematará por producirse un choque entre estas dúas placas.

  11. faa-tamaraparracho di:

    No artigo coméntase que o terremoto, «foi amplamente sentido» pola poboación, xa que se sentiu especialmente, con intensidade Mercalli 4.
    A escala sismolóxica de Mercalli é unha escala de 12 graos desenvolvida para evaluar a intensidade dos terremotos a través dos efectos e danos causados a distintas estruturas. Foi creada no ano 1883 polo físico italiano Giuseppe Mercalli e foi revisada e modificada varias veces ata chegar á versión actual.
    Os niveis baixos da escala están asociados pola forma na que as persoas senten o tremor, mentras que os grados máis altos se relacionan co dano estrutural observado.
    Así, establécense os seguintes graos:
    Grado I (moi débil): Imperceptible para a maioría das persoas.
    Grao II (débil): Perceptible só por algunhas persoas en repouso, particularmente aquelas que se encontran nos pisos superiores dos edificios.
    Grao III (leve): Non se percibe como un terremoto, senón como una vibración debida ao paso dun camión pequeno.
    Grao IV (moderado): Perceptible pola maioría das persoas dentro dos edificios pero por poucas persoas no exterior.
    Grao V (pouco forte): Sacudida sentida case por todo o país ou zona, algúns cristais de ventás rompen.
    Grao VI (forte): Sacudida forte sentida por todo o país ou zona, algúns mobles pesados cambian de sitio.
    Grao VII (moi forte): mobles danados, daños moderados nas estruturas.
    Grao VIII (destructivo): Danos importantes nas estruturas, posibles derrumbes.
    Grao IX (moi destructivo): Grandes danos nas estruturas, derrumbes parciais, edficios desprazados das bases.
    Grao X (desastroso): A maioría das estructuras derrúmbanse.
    Grao XI (moi desastroso): ningunha ou case ningunha estructura se mantén en pé, derríbanse as pontes.
    Grao XII (Catastrófico) : Destrucción total con poucos supervivintes.

  12. faa-manuelvilas di:

    A Rede Sísmica do Instituto Xeográfico Nacional é a responsable da planificación e xestión de sistemas de detección e comunicación dos movementos sísmicos ocorridos en territorio nacional e os seus posibles efectos sobre as costas, así como a realización de traballos e estudos sobre sismicidad e a coordinación da normativa sismorresistente.Así mesmo, a Rede é un dos dous Centros Nodales do Centro Sismológico Euro-Mediterráneo (CSEM), realizando localizaciones e notificaciones daqueles terremotos en Europa e o Mediterráneo de magnitude igual ou superior a 5.5 e de magnitude alta en calquera lugar do mundo.A Rede Sísmica Nacional (RSN) conta actualmente con 62 estacións permanentes e unha decena de estacións portátiles destinadas ao estudo temporal de actividade sísmica ou volcánica relevante. As estacións que conforman a rede han evolucionado grazas ao desenvolvemento da electrónica e da informática. Desde o inicio dos grandes observatorios, con sismómetros de 1.000 quilos de masa, ata estacións de tamaño moi reducido, moi alta amplificación e pouco mantemento. As conexións actuais en tempo real a un centro de recepción de datos situado na sé central do Instituto Xeográfico Nacional, permiten detectar, localizar e cuantificar os terremotos moi poucos minutos logo da súa ocorrencia. Así mesmo, proporciona un mellor coñecemento da sismicidad rexional e a realización de numerosos estudos de carácter científico.

  13. faa-rubeniglesias di:

    Un terremoto é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en FORMA de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de fallas xeolóxicas. Tamén poden acontecer POR outras causas COMO, por exemplo, fricción no bordo de placas tectónicas, procesos volcánicos ou producidas polo home ao realizar probas de detonacións nucleares subterráneas.

    O punto de orixe dun terremoto denomínase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto PODE causar desprazamentos da codia terrestre, corrementos de terras, maremotos ou actividade volcánica. PARA medir a enerxía liberada por un terremoto EMPRÉGANSE diversas escalas, entre elas, a escala de Richter é a máis coñecida e utilizada nos medios de comunicación.
    A causa dos terremotos encóntrase na liberación de enerxía da codia terrestre acumulada a consecuencia de ACTIVIDADES volcánicas e tectónicas, que se orixinan principalmente nos bordos da placa.

    Aínda que as actividades tectónicas e volcánicas son as causas principais polas que se xeran os terremotos hai outros factores que poden orixinalos:

    Acumulación de sedimentos.
    Modificacións do réxime fluvial.
    Variacións bruscas da presión atmosférica por ciclóns.
    Estes fenómenos xeran microsismos: tremores detectables SÓ por sismógrafos.

  14. faa-martinbaulde di:

    A medición dos terremotos pódese facer seguindo varias escalas de terremotos, a máis coñecida delas é a escala Richter (escala de magnitude local, ML). Mide a magnitude do terremoto e consta de 9 graos, cada uns dos cales supón unha liberación de enerxía dez veces superior ao grao anterior. Esta escala foi desenvolvida nos anos 30 por Charles Richter para medir o tamaño dos sismos que acontecían no sur de California. Pero a medida que se foron instalando máis sismógrafos no mundo fíxose evidente que a escala de Richter só era válida para certas frecuencias e se desenvolveron novas escalas de magnitude, como a magnitude de ondas de corpo (Mb) e a magnitude de ondas superficiais (Ms). Aínda así, seguían existindo limitacións e desenvolveuse outra escala, a escala sismolóxica de magnitude de momento (Mw). Para os terremotos máis grandes, esta escala é a que ofrece a estimación máis atinada do seu tamaño. As escalas de magnitude miden o tamaño do sismo na fonte, así que non dependen de onde se faga a medición.

  15. faa-ariadnavazquez di:

    Cada vez que un gran terremoto sae nas noticias, é probable que destaque na cualificación na escala Richter. Tamén se pode escoitar acerca da súa cualificación en escala de Mercalli, aínda que isto non se discute con tanta frecuencia. Estas dúas clasificacións describen a forza do terremoto dende dúas perspectivas diferentes.

    O estándar máis común de medición para un terremoto é a escala de Richter, desenvolvida en 1935 por Charles F. Richter do Instituto de Tecnología de California. A escala de Richter utilízase para avaliar a magnitude dun terremoto – a cantidade de enerxía que se libera. Isto calcúlase utilizando a información recollida por un sismógrafo.
    A escala de Richter é logarítmica, o que significa que os saltos de números enteiros indican un aumento de dez veces. Neste caso, o aumento é en amplitude da onda. É dicir, a amplitude da onda nun terremoto de nivel 6 é 10 veces maior que nun terremoto de nivel 5, e a amplitude aumenta 100 veces entre un terremoto de nivel 7 e un terremoto de nivel 9.

  16. faa-albarodriguez di:

    Este artigo que trata sobre os terremotos, especialmente sobre o terremoto producido en España fai uns días, precisa de saber o que é un terremoto para entendelo con maior precisión.
    Os terremotos, sismos, son reaxustes da cortiza terrestre causados polos movementos de grandes fragmentos. Pro sí mesmos, son fenómenos naturais que non detectan demasiado ao home. O movemento da superficie terrestre que provoca un terremoto non presenta un risco, salvo en casos excepcionais, pero sí nos afectan as súas consecuencias, ocasionando catástrofes: caída de construción, incendio de cidades, avalanchas e tsunamis.
    Aínda que todos os días rexístranse unha boa cantidade de terremotos no mundo, a inmensa maioría son de pouca magnitude. Sen embargo, sólense producir dous ou tres terremotos de gran magnitude cada ano, con enormes consecuencias.

  17. faa-ileniamartinez di:

    Un terremoto é o movemento brusco da Terra. causado pola brusca liberación de energxa acumulada durante un longo tempo. A corteza da Terra está conformada por unHa docena de placas de aproximadamente 70 km de grosor, cada unha con diferentes características físicas e químicas. Estas placas (“tectónicas”) estánse acomodando nun proceso que leva millóns de anos e foron dando a forma que hoxe conocemos á superficie do noso planeta, orixinando os continentes e os relieves xeográficos nun proceso que está lexos de completarse. Habitualmente estos movementos son lentos e imperceptibles, pero nalgúns casos estas placas chocan entre sí como xigantescos témpanos de terra sobre un océano de magma presente nas profundidades da Terra, impedindo o seu desplazamento. Entón unha placa comenza a desplazarse sobre ou baixo outra orixinando lentos cambios na topografía. Pero si o desplazamento é dificultado comeza a acumularse unha enerxía de tensión que nalgún momento se liberará e unhna das placas moverase bruscamente contra a outra rompéndoa e liberándose entón unha cantidade variable de enerxía que orixina o Terremoto.
    As zonas na que as placas exercen esta forza entre elas denominanse fallas. Sólo o 10% dos
    terremotos ocurren alexados dos límites destas placas.

  18. faa-miriantrigo di:

    A escala sismolóxica de Mercalli é unha escala desenvolta para calificar a intensidade dos terremotos a través dos efectos e dos danos que estes causan nas diferentes estruturas. É considerada unha escala subxectiva, xa que valora a percepción humana do sismo.
    Nesta escala, os niveis baixos están asociados pola forma en que as persoas senten o temblor, mentres que os graos máis altos están relacionados cos danos estruturais. Así, os diferentes grados están caracterizados por seren:
    Grao I: moi débil. Practicamente imposible de perceptir
    Grao II: débil. Perceptible só por algunhas persoas acostadas, sentadas…
    Grao III: leve. Perceptible para algunhas persoas dentro de edificios
    Grao IV: moderado. A maior parte das persoas a perciben dentro de edificios, pero poucas no exterior
    Grao V: pouco forte. Os obxectos caen e séntese a sacudida
    Grao VI: forte. Perceptible por todas as persoas. Provoca danos leves
    Grao VII: moi forte. Dificultade para manterse en pé e danos graves nos obxectos pero insignificantes en boas estruturas
    Grao VIII: destrutivo. Danos leves nas estruturas especializadas e considerables nas ordinarias ben construidas
    Grao IX: moi destrutivo. Danos considerables nas estruturas especializadas
    Grao X: desastroso. Poden manterse algunhas estruturas de madeira ben construidas
    Grao XI: moi desastroso. Practicamente ningunha estrutura se mantén en pé, pontes derribadas…
    Grao XII: catastrófico. Total destrución, escasos supervivintes.

  19. fab-lauracaldas di:

    Os terremotos, sismos, seismos, tremores de terra… son reaxustes da codia terrestre causados polos movementos de grandes fragmentos. Por si mesmos, son fenómenos naturais que non afectan demasiado ao home. O movemento da superficie terrestre que provoca un terremoto non representa un risco, salvo en casos excepcionais, pero si nos afectan as súas consecuencias, ocasionando catástrofes: caída de construcións, incendio de cidades, avalanchas e tsunamis.

    Aínda que todos os días se rexistran unha boa cantidade de terremotos no mundo, a inmensa maioría son de pouca magnitude. Non obstante, adóitanse producir dous ou tres terremotos de gran magnitude cada ano, con consecuencias imprevisibles.

  20. fab-miguelpineiro di:

    Un terremoto é un movemento natural da superficie terrestre producido principalmente nas zonas de bordos continentais nas que dúas placas tectónicas se aproximan, chegando a de maior densidade a subducir por debaixo da outra,que e cando chocan entre elas, estas zonas son coñecidas como zonas de subducción. Tamén se producen en zonas onde as placas tectónicas non subducen, esto é o que se coñece como faia.
    Nun terremoto distinguímos unha serie de elementos:
    Hipocentro: é o lugar do interior terrestre onde se orixina o terremoto.
    Epicentro: é o lugar situado xusto enrriba do hipocentro, na superficie terrestre. Este punto é onde o terremoto presenta as consecuencias máis graves.
    Ondas P e S: son un tipo de ondas que se desprazan polo interior terrestre, é dicir, polas capas nas que se divide a Terra. Estas ondas axudaron e seguen axudando a coñecer datos sobre o interior do noso planeta.
    Ondas L e R: son as causantes dos efectos máis devastadores deste movemento de placas na superficie terrestre.

  21. fab-antonchaves di:

    Coñécense decenas de terremotos destrutores que causaron grandes danos en persoas e bens, na Península Ibérica, nos últimos séculos. Habitualmente transcorren longos lapsos de tempo entre terremoto e terremoto o que fai que a poboación non teña conciencia viva deste perigo e, cando se producen, non hai unha preparación adecuada nin nos comportamentos nin na calidade e o tipo de construcións.
    As zonas con máis probabilidade de padecer sismos son o sur e sueste e o Pireneo.
    a. Zona Pirenaica. – Corresponde a unha das áreas sísmicas máis activas da Península. Os sismos concéntranse principalmente en dúas rexións: unha ao oeste e outra ao leste. Nos Pireneos occidentais, o último terremoto destrutor rexistrado durante o século actual aconteceu o 13.8.1967 na localidade de Arette (Francia), que alcanzou unha intensidade de VIII e unha magnitude de 5,5. A zona sísmica dos Pireneos orientais é a rexión de Olot, onde se rexistraron importantes sismos en 1427 e 1428, con intensidades maiores de X, que produciron a destrución de amplas zonas, dende Puigcerdá ata Xirona. En total, na cadea Pirenaica, producíronse dende o século XV, 17 terremotos de intensidade maior que VIII e catro superiores a IX.
    b. Cordilleira Bética. – O Sistema Bético constitúe unha das áreas de maior sismicidade da Península Algunos dos terremotos históricos importantes acontecidos na Península, localizáronse nesta área, como os de Beira (1518), Almería (1522), Torrevieja (1829) e Areas do Rei (1884). Todos eles con intensidades superiores a IX.
    c. Depresión do Guadalquivir. – Corresponde a unha área de sismicidade moderada, aínda que se produciron algúns terremotos fortes como o de Carmona (Sevilla) en 1504, un dos maiores terremotos de todos os acontecidos na Península.
    d. Sistema Central e zona asturleonesa.- Toda a zona é de moi baixa sismicidade, aínda que se rexistraron algúns sismos de mediana intensidade.
    e. Cuenca do Douro, foxa do Texo e campo de Montiel.- Son as áreas sísmicamente menos perigosas da península Ibérica, e rexistráronse algúns terremotos de escasa importancia na zona de contacto co Macizo Ibérico. As máximas intensidades sentidas foron entre IV e V (M.S.K.), coincidindo coas isosistas do terremoto de Lisboa (1755).

  22. fab-miguelleiro di:

    Ao parecer, a placa euroasiática non é común que produza terremotos ou que simplemente se desplace.
    Este terremoto ou sismo produciuse a 87 km de albacete e afectou a todo o centro peninsular. Os terremotos prdúcense cando as placas tectónicas se desplazan e se rozan. Non é común que se produzan sismos nesa zona. A zona de maior risco e a sudoeste da península, arredor de Granada e demais. Que o epicentro fora lonxe de Madrid por exemplo, non quere dicir que non se vaia a notar. Ocorre en Galicia tamén, xa que anos atrás, Santiago sufriu un pequeno sismo, dunha magnitude aproximada de 3,5. Este pequeno temblor notouse aqui en Cambados, onde se podía ver como os cristais se movían levemente e pruducían un tintineo. Moitos dos temblores que se producen na península ibérica apenas se aprecian ou se notan. A última catástrofe foi a de Lorca, que ao parecer foi dunha magnitude semellante a o do propio artigo.

  23. faa-andreaperez di:

    Un terremoto tamén chamado seísmo é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da corteza terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de fallas xeolóxicas. Tamén poden ocurrir por outras causas como, por exemplo, fricción no borde de placas tectónicas, procesos volcánicos ou incluso poden ser producidas polo home ao realizar probas de detonacións nucleares subterráneas.
    O punto de orixe dun terremoto denominase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desplazamentos da corteza terrestre, corrementos de terras, maremotos ou actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empleanse diversas escalas, entre elas, a escala de Richter é a máis coñecida é utilizada nos medios de comunicación.

  24. faa-diegogarcia di:

    Madrid é unha zona cunha actividade sísmica baixa. Esta frecuencia «non» é usual pero tampouco inusual. Un tremor desta magnitude pode producirse en calquera punto de España», explica José Manuel Martínez Solares, xefe de área xeográfica no Instituto Xeográfico Nacional. Pode asustar un pouco porque en Madrid non estamos afeitos. Pero non hai que preocupar porque non irá a máis», engade.
    Sempre que se produce un tremor hai unha falla asociada. No caso de Madrid, non é visible na superficie, polo que non está identificado, pero debe de ser moi pequena,» aclara Martínez Solares. Os datos referéndano. O maior terremoto na Comunidade do que se ten constancia data do ano 1954, produciuse en San Martín de la Vega e alcanzou unha magnitude de 4 graos na escala de Richter.

  25. faa-marinabusto di:

    A escala sismolóxica de Richter, tamén coñecida como escala de magnitude local (ML), é unha escala logarítmica arbitraria que asigna un número para cuantificar a enerxía que libera un terremoto, denominada así en honor do sismólogo estadounidense Charles Richter (1900-1985).
    A sismoloxía mundial usa esta escala para determinar a magnitude de sismos dunha magnitude entre 2,0 e 6,9 e de 0 a 400 quilómetros de profundidade. Polo que dicir que un sismo foi de magnitude superior a 7,0 na escala de Richter se considera incorrecto, pois os sismos con intensidades superiores aos 6,9 mídense coa escala sismolóxica de magnitude de momento. Foi desenvolvida por Charles Richter, co propósito orixinal de separar o gran número de terremotos pequenos dos menos frecuentes terremotos maiores observados en California no seu tempo.

  26. Victor di:

    COMO SABEDES, MAÑÁ DÍA 13, REMATA O PRAZO PARA TRABALLOS NO BLOG NESTA AVALIACIÓN.O PRÓXIMO DOMINGO EDITAREI O PRIMEIRO ARTIGO DA 3ª AVALIACIÓN.

  27. fab-ivanportas di:

    A medición dos terremotos faise seguindo varias escalas de terremotos, a máis coñecida delas é a escala Richter. Mide a magnitude do terremoto e consta de 9 graos, cada uns dos cales supón unha liberación de enerxía dez veces superior ao grao anterior. Pero a medida que se foron instalando máis sismógrafos no mundo terminou demostrabdo que a escala de Richter só era válida para certas frecuencias e se desenvolveron novas escalas de magnitude, como a magnitude de ondas de corpo (Mb). Aínda así, seguían existindo limitacións e desenvolveuse outra escala, a escala sismolóxica de magnitude de momento (Mw). Para os terremotos máis grandes, esta escala é a que ofrece a estimación máis atinada do seu tamaño. As escalas de magnitude miden o tamaño do sismo na fonte, así que non dependen de onde se faga a medición.

  28. fab-miguelpineiro di:

    Neste artigo faise referencia ao terremoto de lorca ocurrido no 2011.
    Os efectos deste terremoto sentíronse en toda a Rexión de Murcia. Tivo unha magnitude de 5,1 graos,na escala de magnitude de momento; foi precedido por un sismo premonitorio de 4,5 sucedido ás 17:05 hora local dese mesmo día.
    Múltiples réplicas producíronse despois do principal das 18:47, aínda que a das 22:37, hora local, foi a de maior magnitude, con 3,9 na escala de magnitude de momento, e que puido sentirse.
    Este terremoto deixou un balance de 9 mortos, uns 324 feridos e notables danos en edificios e outras construcións.

  29. faa-carmenvilanova di:

    Os danos ocasionados polos terremotos non son sempre os mesmos, nin a intensidade nin a repercusión tampouco. Aínda que o rexistro nas distintas escalas é por si só un factor determinante da gravidade e das consecuencias daniñas dun terremoto deben terse en conta outros factores como a duración das sacudidas, o desprazamento e agretamento do terreo, así como o propio contexto arquitectónico, urbanístico, rural e socio-económico ou poboacional onde se produce. Como se pode ver nas seguintes fotos de terremotos, non é o mesmo un terremoto que se produce en pleno deserto que aquel cuxo epicentro se sitúa nos arredores dunha concorrida cidade, ao igual que un mesmo terremoto non produce iguais consecuencias nos barrios máis desfavorecidos dunha cidade (construcións deficientes, materiais febles, etc) que nas zonas cuxas edificacións contan cos últimos adiantos para previr desastres deste tipo.
    Un sismo pode deber o seu efecto destrutivo a outros fenómenos asociados a este e non propiamente aos tremores de terra. Así, por exemplo, un terremoto que mediu 9.5 na escala Richter sacudiu Valdivia e Concepción, en Chile en 1960, desatando ondas xigantescas e erupcións volcánicas. Unhas 1.700 persoas morreron e 2 millóns quedaron sen fogar.
    É conveniente saber se vivimos nunha zona sísmica e se é así debemos saber que facer en caso de terremotos.

  30. faa-emiliolumbres di:

    Un terremoto, sismo ou seísmo é unha vibración intensa ocurrida na corteza terrestre, nunca por debaixo dos 700 km, que ocorre por unha liberación abrupta de enerxía en forma de ondas sísmicas, producido en lugares donde as rochas se alteraron ou romperon.
    O punto de orixe do terremoto denomínase hipocentro, e o epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da corteza terrestre, corrementos de terras, maremotos ou actividade volcánica.

  31. faa-albaaller di:

    Os terremotos, movementos das placas tectónicas da superficie terrestre, hoxe en día poden ser medidos segundo a intensidade coa axuda dos sismógrafos, que son aparellos que rexistran a propagación das ondas dos terremotos. Existen varias escalas para a medición dos sismos, a máis coñecida e a escala de Ritcher.
    A escala de Ritcher mide a magnitude do terremoto. Está dividido en 9 graos que van de menor a maior enerxía liberada. Esta escala foi desenvolta durante os anos 30 gracias a Charles Ritcher que se propuxo medir unha serie de sismos que tiñan lugar na zona sur californiana.
    Hoxe en día, está demostrado que a escala de Ritcher só ten validez en certas frecuencias dos terremotos, por iso se foi desenvolvendo outra escala chamada escala sismolóxica, a cal nos serve para a medición de terremotos de maior intensidade e propagación que os da escala Ritcher.

  32. faa-miguelotero di:

    Que entendemos cando falamos de falla? En xeoloxía una falla é una fractura no terreo ao longo do cal houbo movemento de un dos lados da placa conforme ao outro.
    As fallas fórmanse por esforzos tectónicos ou gravitatorios que actúan na codia terrestre. A zona de ruptura, ten unha superficie ampla, ben definida denominada plano de falla, pero pode falarse de banda de falla cando a fractura e a deformación asociada teñen una certa anchura.
    Cando as fallas alcanzan una profundidade na que se sobrepasa o dominio de deformación fráxil transfórmanse en bandas de cizalla, o seu equivalente no dominio dúctil. A formación de fallas é un dos procesos xeolóxicos importantes na formación de montañas. Así, os bordes das placas tectónicas están formados por fallas de ata miles de kilómetros de lonxitude. E nalgúns casos poden orixinar o efecto de terremotos.

  33. faa-andreaperez di:

    Richter desarrollou a súa escala na década de 1930. Calculou que a magnitude dun terremoto ou sismo pode ser medida coñecendo o tempo transcorrido entre a aparición das ondas P e as ondas S, e a amplitude de éstas.
    Características:
    Esta escala está comprendida entre o grado 1,5 ata o grado 12.
    Realmente, ata que non chega ao grado 2 non se soe falar de terremotos, xa que son microterremotos que non son percibidos polos seres humanos. Diariamente rexistranse ata uns 8000 movementos. A partir do grado 4 consideranse terremotos, pequenos.
    Os danos maiores poden producirse a partir do grado 4. A partir do grado 5, o terremoto considerase moderado e de este tipo prodúcense uns 800 cada ano. Este tipo de terremoto soe causar desfeitas en edificios mal construídos.
    O grado 6 é considerado como forte e pode provocar destrucción nunha área de diámetro de 160 kilómetros. Para comprender a gravidade de este grado, basta con recordar o terremoto de Italia de escala 6,9, que causou 294 mortos mentras que 50.000 personas perderon as súas casas.

  34. faa-ileniamartinez di:

    A escala de Richter foi creada en 1935 por Charles Francis Richter, sismólogo nacido en 1900. Richter e Beno Gutenberg querían desarroiar unha maneira cuantitativa de comparar terremotos, que non dependera da localización do observador. Decidiron “tomar prestada” a idea de magnitude dos astrónomos, quenes a usaban para clasificar a brillantez das estrelas, e extrapolala aos fenómenos terrestres. A diferencia da escala de Mercalli, a de Richter mide a forza dos terremotos de acordo a súa magnitude, é dicir, á cantidade de enerxía liberada durante o sismo. Esta medición realizase utilizando os datos que entregan os sismógrafos, que rexistran as ondas sísmicas. Polo mesmo, nno ten un límite de grados. Ata o momento, a maior magnitude rexistrada no mundo corresponde a 9,5 grados, para o terremoto que ocurriu en Valdivia, Chile, en 1960. Esta é unha escala que utiliza datos científicos e non percepcións da xente. Podemos determinar alguns posibles efectos esperados, de acordo á magnitude rexistrada.
    A escala de Mercalli toma o seu nombre do físico italiano Giuseppe Mercalli, quen a desarriou no siglo XIX. É unha escala subxetiva, porque evalúa a percepción humana do sismo. Servev para recolectar información en zonas donde non existen aparatos detectores, ou instrumentos de medición. Basase no que sentiron as personas que viviron o sismo, ou nos danos ocasionados. Cando se utiliza esta escala, fálase de grados de intensidade.

  35. faa-iagopadin di:

    As placas tectónicas son xigantescas placas ou bloques que forman a capa externa da terra sólida. Estos bloques están en constante movemento e poden formar zonas de converxencia de placas, coalición de diferentes placas, e zonas de diverxencia das placas, as placas separanse unhas de outras. Estos procesos son os responsables de fenómenos como os terremotos e a expansión dos océanos.
    Neste caso, o terremoto produciuse na placa euroasiática. Esta placa comeza polo oeste na cordilleira mesoatlántica norte e abarca toda Eurasia. Polo sur, o seu límite é o cinturón alpino- himalaio e no este, a zona de subdución da Pacífica. O comportamento do mar Mediterráneo é complicado de explicar coa teoría das placas tectónicas.

  36. faa-ritalage di:

    Os terremotos,tremores de terra… son reaxustes da codia terrestre causados polos movementos de grandes fragmentos. Por si mesmos, son fenómenos naturais que non afectan demasiado ao home. O movemento da superficie terrestre que provoca un terremoto non representa un risco, salvo en casos excepcionais, pero si nos afectan as súas consecuencias, ocasionando catástrofes: caída de construcións, incendio de cidades, avalanchas …Aínda que todos os días se rexistran unha boa cantidade de terremotos no mundo, a inmensa maioría son de pouca magnitude. Non obstante, adóitanse producir dous ou tres terremotos de gran magnitude cada ano, con consecuencias imprevisibles.

  37. fab-sabelafernandez di:

    A Placa Euroasiática é unha placa tectónica continental que abrangue Eurasia,exceptuando o subcontinente indio, Arabia e a parte de Siberia ao Leste da Cordilleira Verkhoyansk. También inclúe a parte oriental do océano Atlántico Norte ata a dorsal mesoatlántica,totalizando un territorio duns 67.800.000 km². As placas coas que limita son:

    -Ao Norte a Placa Norteamericana.
    -Ao Sur a Placa Africana,la Placa Arábica e a Placa Indoaustraliana.
    -Ao Leste a Placa Pacífica, a Placa Filipina, a Placa de Okhotsk e a Placa Amuria.
    -Ao Oeste ten un bordo diverxente coa Placa Norteamericana, que dá orixe á mencionada dorsal atlántica.

  38. fab-lauraozores di:

    Un terremoto é un fenómeno de sacudida brusca e pasaxeira da codia terrestre producida pola liberación de enerxía acumulada en forma de ondas sísmicas. Os máis comúns prodúcense pola ruptura de fallas xeolóxicas. Tamén poden acontecer por outras causas como, por exemplo, fricción no bordo de placas tectónicas, procesos volcánicos ou mesmo poden ser producidas polo home ao realizar probas de detonacións nucleares subterráneas.
    O punto de orixe dun terremoto denomínase hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da codia terrestre, corrementos de terras, maremotos ou actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empréganse diversas escalas, entre elas, a escala de Richter é a máis coñecida.
    A causa dos terremotos encóntrase na liberación de enerxía da codia terrestre acumulada a consecuencia de actividades volcánicas e tectónicas, que se orixinan principalmente nos bordos da placa.
    Aínda que as actividades tectónicas e volcánicas son as causas principais polas que se xeran os terremotos hai outros factores que poden orixinalos:
    – Acumulación de sedimentos por desprendementos de rochas nas abas das montañas, afundimento de cavernas.
    – Modificacións do réxime fluvial.
    – Variacións bruscas da presión atmosférica por ciclóns.
    Estes fenómenos xeran eventos de baixa magnitude, que xeralmente caen no rango de microsismos: tremores detectables só por sismógrafos.

  39. faa-manuelvilas di:

    O movemento sísmico propágase mediante ondas elásticas (similares ás do son) a partir do hipocentro. As ondas sísmicas son de tres tipos principais:

    -Ondas lonxitudinais, primarias ou P. Ondas de corpo que se propagan a velocidades de 8 a 13 km/s no mesmo sentido que a vibración das partículas. Circulan polo interior da Terra, onde atravesan líquidos e sólidos. Son as primeiras que rexistran os aparellos de medición ou sismógrafos. De aí o seu nome «P».[cita requirida].
    -Ondas transversais, secundarias ou S. Son ondas de corpo máis lentas que as anteriores (entre 4 e 8 km/s). Propáganse perpendicularmente no sentido de vibración das partículas. Atravesan únicamente sólidos. Nos sismógrafos rexístranse en segundo lugar.
    -Ondas superficiais. Son as máis lentas: 3,5 km/s. Resultan de interacción das ondas P e S ao longo da superficie terrestre. Son as que causan máis danos. Propáganse a partir do epicentro. Son similares ás ondas (olas) que se forman sobre a superficie do mar. Nos sismógrafos rexístranse en último lugar.

  40. faa-ileniamartinez di:

    Un sismo intraplaca é un que ocorre dentro dunha placa tectónica, mentres que os terremotos interplaca ocorren nos límites de duas placas tectónicas.
    Os sismos intraplaca son moi raros; os interplaca son os máis comúns. Sen embargo, os intraplaca de grandes magnitudes poden xerar graves danos, sobre todo porque esas zonas non están acostumbradas aos sisos e os edificios non soen estar adaptados sísmicamente. Exemplos notables de sismos intraplaca con grandes danos son o terremoto de Guyarat de 2001, os de 1811-1812 en New Madrid, Missouri, e o de Nicaragua de abril de 2014 e o de 1886 en Charleston, Carolina do Sur.
    De acordo coa teoría da tectónica de placas, a superficie da Terra está formada por unha docena de grandes placas tectónicas. Estas placas móvense moi lentamente, debido ás correntes de convección dentro do manto debaixo da corteza. Debido a que no todas se moven na mesma dirección, as placas a menudo directamente chocan ou móvense lateralmente ao longo de unhas a outras, un ambiente tectónico que fai terremotos frecuentes. Son relativamente poucos os terremotos que ocorren en ambientes intraplaca, a maooría ocorren nas fallas cerca dos marxes das placas. Por definición, os sismos intraplaca no se producen cerca dos límites de placa

  41. faa-manuelvilas di:

    O terremoto de Lorca do 11 de maio de 2011 sacudiu principalmente á localidade de Lorca, na Rexión de Murcia, España, ás 18:47 hora local (16:47 UTC). Os seus efectos sentíronse en toda a Rexión de Murcia. Tivo unha magnitude de 5,1 na escala de magnitude de momento; foi precedido por un seísmo premonitorio de 4,5 sucedido ás 17:05 hora local dese mesmo día. O movemento sísmico foi sentido tamén nas provincias de Almería, Albacete, Granada, Jaén, Málaga, Alacante, Cidade Real e algunhas zonas da cidade de Madrid, onde o tipo de chan amplifica os movementos en certos barrios.

    Múltiples réplicas producíronse despois do principal das 18:47, aínda que a das 22:37, hora local, foi a de maior magnitude, con 3,9 na escala de magnitude de momento, e que puido sentirse.

    Localización do municipio de Lorca na rexión de Murcia.
    A Rexión de Murcia, na que se atopa Lorca, é a zona sismológica máis activa de España, aínda que esta localidade, concretamente, non está entre as de maior peligrosidad dela.

  42. faa-manuelvilas di:

    Un terremoto intraplaca é un terremoto que ocorre dentro dunha placa tectónica, mentres que os terremotos interplaca ocorren nos límites de dúas placas tectónicas.

    Os terremotos intraplaca son moi raros; os interplaca son os máis comúns. Con todo, os terremotos intraplaca de grandes magnitudes poden xerar graves danos, sobre todo porque esas zonas non están afeitas aos terremotos e os edificios non adoitan estar adaptados sísmicamente. Exemplos notables de terremotos intraplaca con grandes danos son o terremoto de Guyarat de 2001, os terremotos de 1811-1812 en New Madrid, Missouri, o Terremoto de Nicaragua de abril de 2014 e o terremoto de 1886 en Charleston, Carolina do Sur.

  43. faa-miguelotero di:

    Un terremoto, sismo ou seísmo é unha sacudida do terreo producida polas forzas que actúan no interior do planeta. A palabra terremoto provén do latín terraemotus, mentres que o seísmo deriva dun vocablo grego que significa, “sacudida”.

    O temblor do terreno prodúcese polo choque das placas tectónicas, que son fragmentos da litosfera (capa máis superficial da Terra) que se desplazan como un bloque ríxido, sen que se presente unha deformación interna sobre a astenosfera (capa inmediata á litosfera, que se encontra entre uns 100 e 240 kilómetros por debaixo da superficie).
    Outra causa dos terremotos é a reorganización dos compoñentes da codia terrestre que libera unha gran cantidade de enerxía, xa sexa por procesos volcánicos, movementos de ladeira ou a enerxía potencial elástica que se acumula coa deformación gradual das rochas que se encontran xunto a unha faia activa.
    No punto interior do planeta onde ten lugar o terremoto, coñécese como foco sísmico ou hipocentro. Por outra parte, o punto da superficie que se encontra na vertical do hipocentro (é dicir, ubícase de maneira perpendicular a éste) recibe o nome de epicentro.