Os cans distinguen sentimentos

Por primeira vez, un experimento afirma que os cans distinguen as expresións emocionais dos rostros humanos, en concreto, as caras de alegría e enfado.

Desde hai tempo xa se podía sospeitar que os cans tiñan sentimentos, sexa por alguna das súas accións ou por calquera xesto que nos fixese sospeitar. A revista Current Biology sacou un traballo no que informa de que isto é verdade, que os cans si distinguen sentimentos. Sendo así os primeiros animais dos que se pode afirmar que distinguen as expresións das caras humanas. Isto é sorprendente, xa que nin chimpancés, nin orangutáns nin gorilas demostraron ser capaces de distinguir as expresións faciais, tendo moito máis en común cos humanos ca os cans.

Para chegar a estas conclusións, os investigadores fixeron un experimento con cans de diferentes razas. Na fase previa, mostráronlle 15 pares de imaxes dunha mesma persona representadas solo polas metades dunha cara, nas que se vían os ollos ou a boca en expresión de enfado ou alegría, e para os cans “unicamente una emoción foi un estímulo de recompensa”

Na proba, os cans tocaban a imaxe na cal obtendrían una resposta

No experimento, os cans tocaban a pantalla táctil na parte do rostro na cal obterían unha recompensa.

No test, someteron aos cans a catro probas diferentes: incluiuse a mesma metade das caras ca dos entrenamentos, pero contando con novos rostros; outras partes das mesmas caras que se usaron para os entrenamentos; otras partes da cara, pero en personas distintas, e as metades esquerdas dos rostros dos entrenamentos. Os resultados definitivos demostran que os cans non so poden aprender a identificar as expresións faciais, senón que tamén son capaces de trasladar o que aprenderon nos entrenamentos a novas situacións e caras, “incluso sen ver ese rostro nunca antes”, declaran os investigadores, que engaden que os cans saben que esas dúas expresións teñen diferentes significados; é dicir, que asocian un rostro sorrinte a un significado positivo e un rostro enfadado a un negativo.

Autor: Miguel Piñeiro

Esta entrada foi publicada en Evolución e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to Os cans distinguen sentimentos

  1. Victor di:

    RECORDADE QUE O DÍA 13 SERÁ O ÚLTIMO PARA AVALIAR NESTA 2ª AVALIACIÓN.
    ADEMAIS ESTA SEMANA NON ESTAREI ENTRE OS DÍAS 3 E 7.

  2. fab-antonchaves di:

    A visión do can parece adaptada para a caza: Non ten grande agudeza visual de detalles, pero teñen excelente percepción de movementos. Ten excelente visión nocturna ou crepuscular, debido ao o uso do tapetum lucidum (unha pantalla reflectiva dentro do ollo). O campo visual do can encóntrase entre os 240 -250 graos, moito maior que o humano que é de aproximadamente 180 graos.
    Teñen unha forma de visión dicromática chamada deuteranopia que nos humanos se considera unha forma de daltonismo que afecta o vermello e o verde. Os cans perciben tonalidades de amarelas e de azul, pero ao vermello percíbeno amarelo e ao verde veno gris.
    O seu sistema visual desenvolveuse para axudarlles na caza. Como cazadores crepusculares dependen da súa visión en condicións de pouca iluminación. Para axudarlles a ver na escuridade teñen pupilas moi grandes, unha maior densidade de bastonciños na fóvea óptica, unha maior velocidade de pestanexo e un tapetum lucidum refractivo. O tapetum é unha superficie refractiva situada detrás da retina que reflicte a luz para dar aos fotorreceptores unha segunda oportunidade de captar os fotóns. Aínda que estas adaptacións serven para mellorar a visión na escuridade, tamén reducen a agudeza visual dos cans.

  3. faa-diegogarcia di:

    O feito de que cando cheguemos á casa do traballo e veña ou non o noso can a saudarnos xa ten unha explicación científica. Por primeira vez, un experimento con cans comprobou que os canes son capaces de diferenciar entre as distintas expresións emocionais do rostro humano, podendo discriminar con facilidade entre as caras de enfado e as de alegría. A investigación, levada a cabo polo Instituto de Investigación Messerli de la Universidad de Medicina Veterinaria de Viena (Austria), foi publicada na revista Current Biology.

  4. fab-alexcosta di:

    Este artigo pareceme interesante, sobre todo o dato de que esta caracteristica se dea nos cans, e non nos chimpances ou nos orangutans, que son animais con mais comun con nos.Pero esto sera porque os temos acostumbrados, cando estamos felices,somos mais cariñosos, e eles danse conta, e cando estamos enfadados, pasamos deles, e eles ca evolucion e co paso do tempo dase tempo, por eso penso que esto pode ser así, e tamen penso que si tuveramos monos na casa, tamen teria esta habilidade.

  5. fab-miguelpineiro di:

    O dato de que os cans teñen esta caracteristica, pareceme moi interesante e curioso, xa que nin nos chimpances ou nos orangutans, que son animais con mais comun con nos, teñen esta peculiar habilidade demostrada polo momento.
    Seguramente esta habilidade darase nos cans porque os temos acostumbrados, cando estamos felices,somos mais cariñosos, e eles danse conta, e cando estamos enfadados, nos lles facemos tanto caso como eles queren, e eles ca evolucion e co paso do tempo danse conta diso, e pasan de intentalo,porque sabe que non obtera a resposta que eles esperan,por eso penso que esto pode ser así.
    E para acabar, eu penso que esta e unha habilidade que teria calquera animal domesticado co paso do tempo, polos motivos que antes dixen.

  6. faa-emiliolumbres di:

    A visión dun can parece adaptada para a caza: Non ten agudeza visual de detalles, pero tienen moi boa percepción de movementos. Ten excelente visión nocturna debido ao uso de tapetum lucidum (capa de tecido situada na parte posterior do ollo de moitos animais vertebrados) O seu campo visual atópase entre os 240-250 grados.
    De todos os sentidos que ten un can, o da vista é o máis descoñecido. Existe a creencia de que os perros ven en branco e negro, ou só distinguen tons de gris. Pero non é así. Os cans poden ver en color pero de forma diferente ás persoas. As cores que mellor distinguen son os máis cercanos ao azul e violeta. Os tons verdes e vermellos veno de cor gris, e os tons naranxas veno de cor amarelo. Por eso, para xogar con eles é mellor utilizar unha pelota azul que vermella porque o can atoparana mellor, xa que o vermello é gris para el.

  7. fab-sabelafernandez di:

    A etoloxía é a rama da bioloxía e da psicoloxía experimental que estuda o comportamento dos animais no medio no que se encontran, xa sexa en situación de liberdade ou en condicións de laboratorio, aínda que son máis coñecidos os estudos de campo. Ao estudar especialmente o comportamento no medio natural, a investigación etolóxica distínguese da conductual, centrada no medio artificial ou de laboratorio.

    Os científicos dedicados á etoloxía denomínanse etólogos e estudan as características conductuales distintivas dun grupo determinado e como estas evolucionan para a supervivencia deste nun ambiente determinado. O seu obxecto de estudo é o comportamento animal na súa interacción co medio. Os seres humanos, tamén animais, forman parte do campo de estudo da etoloxía. Esta especialización coñécese co nome de etoloxía humana.

  8. fab-nereabetanzos di:

    Está claro que a raza animal sempre tivo detrás o interés científico xa que trátase dunha especie moi ampla e de interés para moitas persoas.Os cans son moi intelixentes e teñen moi desenvolvidos algúns dos sentidos.O sentido da vista :a visión do can parece adaptada para a caza:non ten gran agudeza visual de detalles, pero teñen excelente percepción de movementos asi como visión nocturna ou crepuscular.Outro dos sentidos excelentes é o oído: teñen un grado de movilidade das orellas que lles permite determinar rápidamente o orixe exacto dun son.Dezaoito ou máis músculos poden inclinar, rotar, levantar ou baixar as orellas dun can. Ademáis, pode localizar o orixe dun son moito máis rápido que un humano e detectalos a unha distancia ata catro veces maior que os humanos.Só con estas garndes características non nos pode extrañar os seus comportamentos con nos ou respeto a algo xa que son de gran intelixencia.

  9. fab-antonchaves di:

    A expresión facial é, xunto coa mirada, o medio máis rico e importante para expresar emocións e estados de ánimo. A través do coñecemento e da observación das expresións faciais (é dicir, a cara en movemento e non como un obxecto estático) podemos conseguir unha mellor comprensión do que nos comunican os demais.

    Ademais de manifestar as emocións, a expresión facial úsase principalmente para:

    1. Regular a interacción.
    2. Reforzar o receptor.

    Tamén facemos xuízos sobre a personalidade e outros trazos da xente en función do que vemos nas súas caras. Por exemplo, ás persoas con faccións atractivas adóitaselles atribuír determinadas calidades que poden ou non posuír en realidade.

    Non toda a comunicación que se transmite a través da expresión facial é susceptible de ser percibida conscientemente polo interlocutor; non obstante, si se sabe que as impresións que obtemos dos outros tamén están influídas polos movementos imperceptibles da súa comunicación verbal.

  10. fab-mariblanco di:

    Teñen unha forma de visión dicromática chamada deuteranopia que nos humanos considérase unha forma de daltonismo que afecta eo vermello e ao verde. Os cans perciben tonalidades de amarelo e de azul, pero ao vermello percíbenno amarelo e ao verde venno gris.

    O seu sistema visual desarrollouse para axudarlles na caza. Aunque é difícil de medir, a agudeza visual dos caniches foi estimada como equivalente a unha puntuación no test de Snellen de 20/75. Sen embargo, a discriminación visual é moi superior cando se trata de obxetos en movemento. Demostrouse que os cans son capaces de distinguir ao seu dono de outras personas a distancias de máis de un kilómetro e medio.

  11. fab-miguelpineiro di:

    Como dixeron algun dos meus compañeiros, esta caracteristica dos cans tamen e sorprendente porque a visión do can parece adaptada para a caza: Non ten grande agudeza visual de detalles, pero teñen excelente percepción de movementos.
    Eu quedome co dos detalles, xa que eles poden ver que depende o noso comportamento, faremos una cousa ou outra con eles. Esto ten loxica co paso do tempo, pero o paso do tempo tamen fixo que una caracteristica propia dos cans, o de fixarse pouco dos detalles, queda demostrado que si se fixan nos detalles, na forma que ten a nosa cara, e que dependendo da forma da nosa cara, comportaremonos de una maneira ou de outra. Sendo esto un gran achazgo innovador que podemos descubrir nos cans.

  12. fab-antonchaves di:

    Os cans son apreciados pola súa intelixencia. A intelixencia canina refírese á habilidade dun can de procesar a información que recibe a través dos seus sentidos para aprender, adaptarse e resolver problemas.
    A habilidade de aprender rápido foi utilizada como un dos parámetros para medir a intelixencia entre as razas caninas, outras probas teñen que ver co desexo e a habilidade de responder ante diversas situacións. Os cans guías, por exemplo, deben aprender un número enorme de ordes, entender como comportarse nunha gran variedade de situacións e recoñecer riscos ou perigos o seu compañeiro humano actuando mesmo baixo o comportamento coñecido como desobediencia intelixente que significa que o animal de asistencia irá en contra do desexo do seu dono para evitar unha decisión equivocada.
    Certas razas foron continuamente seleccionadas ao longo de centos ou miles de anos pola súa capacidade de rápida aprendizaxe, mentres que noutras razas, esta calidade foi relegada en favor doutras características, como son: a habilidade de correr, perseguir, cazar ou de pelexar con outros animais.

  13. faa-alexfernandez di:

    Na miña opinión que un can poida diferenciar o estado de animo dun humano polas súas expresións humanas non é tan incrible xa que os cans son animais domésticos dende hai moitos anos e isto fai que a convivencia entre o ser humano e o can faga que ambos se dean conta do estado de animo do seu compañeiro gracias a o seu comportamento, ton de voz, as expresións da súa cara, etc. En conclusión non é moi difícil facer que un can se de conta do estado de animo dun ser o cal leva domesticando a súa raza desde fai moito tempo.

  14. faa-carmenvilanova di:

    Unha crenza popular moi estendida é que os cans son animais moi intelixentes. Pero en que se basea esta crenza popular?
    Para a maioría de nós, que unha persoa sexa intelixente significa ter gran capacidade para aprender, pensar e resolver problemas. Esta claro que os cans poden aprender, pensar e resolver problemas, só hai que ver como un can aprende a abrir o armario das galletas.
    Pero ademais dos cans, outros animais, como os gatos, poden facer iso. Non obstante, consideramos aos cans por regra xeral máis intelixente que os gatos. A que se debe iso? Probablemente a que os cans mostran unha maior disposición a aprender novos trucos, mentres que os gatos unha maior independencia, xa que é dito que os animais sociais adoitan ser máis intelixentes, debido a que necesitan resolver problemas relacionados coa convivencia e a comunicación.
    Por outra banda, non debemos esquecer que os cans nacen cuns instintos que lles axudan integrar na nosa familia, na nosa sociedade e a realizar certo tipo de tarefas. Nos seus “xenes” esta vivir en manda cunha estrutura social. De cachorro xa aprenden como comportarse con outros membros do grupo. Os cans adultos adestran os seus cachorros mediante correccións cando non se comportan da forma esperada (gruñido, ladrido alto, etc.) e recompénsanos por comportamentos aceptables (xogando con eles, alimentándoos, limpándoos). Isto fai que a capacidade de aprender obediencia básica -e eventualmente comportamentos complexos- é inherente en todos os cans.
    Pero ademais disto, os humanos dedicáronse durante séculos a seleccionar e potenciar os instintos caninos.

  15. faa-albaaller di:

    Este artigo e realmente sorprendente, xa que, entre os sentidos máis destacados do can poderíamos ter o oído ou o olfacto pero non tanto a vista. Na miña opinión creo que os cans, ao estaren tan familiarizados con nós ou ser o amigo do home, como soe decirse, saben recoñecer os nosos comportamentos. É dicir, os cans conviven co home máis que outros animais, por iso saben recoñecer os nosos sentimentos según o noso comportamento e os nosos movementos.
    Por esta razón creo que calquera animal domesticado acabaría por ter esta habilidade e darse conta dos sentimentos do seu dono.

  16. faa-iagopadin di:

    O campo de visión dos cans é moito máis amplio que o dos humanos,pero non ven tantos detalles nin con tanta precisiòn coma nos. Poderìase decir que teñen unha visiòn moi parecida á do ollo miope,é decir,ven ben nun plano xeral pero non son capaces de distinguir detalles.
    As cores suelen velas en escala de grises,aínda que distinguen alguns tonos,e a súa visiòn é màis eficaz con luz deficiente.Esto é unha consecuencia do antecesor do can domèstico,que tiña que cazar na penumbra,polo que se guiaba polo olfato e o oìdo. Podese decir que a retina do ollo do can està composta principalmente por fotorreceptores en forma de bastòn,que traballan moi bien en condicions de pouca luminosidade,como asi teñen poucos fotorreceptores en forma de cono,que son os responsables de captar toda a gama de cores..
    En canto as colores,o espectro visual dos cans dividese en dúas tonalidades: unha no rango violeta-azul e outra no rango amarelo-verdoso. Este problema visual,naturalmente,está compensado,posto que distinguen moitos màis matices de gris que nos, o que fai que vexan con gran claridade a pesar de non percibir certas cores. Por ese motivo cando lle compramos xoguetes fixaranse no movemiento, olor ou son ao caer ao chan antes que na cor.