O quentamento goblal sobre os avións

Entre as numerosas consecuencias que pode acarrear o  quentameto global pode ter moitas consecuencias nos voos , porque segundo un estudio publicado na revista Weather, Climate and Society, o aumento das temperaturas podería dificultar incluso o despegue dos  avións.

O problema fundamental deste fenómeno sería a diminución de densidade no aire que restaría as ás a capacidade de elevarse. Por iso, os aparatos máis grandes necesitarían máis percorrido na pista de despegue e, se isto non fora posible, diminuir o peso a bordo. Os investigadores teñen en conta o peor escenario de temperatura estival e  calculouse que as restricións de carga e pasaxeiros para un Boeing 737-800 aumentarían dun 50% a un 200% en catro aeroportos de Estados Unidos entre as décadas de 2050 y 2070. A alternativa a estas medidas sería construír pistas máis dinámicas ou avións máis extraños.

Por outra parte, os avións tamén inflúen sobre o cambio climático como todas as actividades humanas involucrando combustión, moitas formas de aviación lanzan dióxido de carbono (CO2) á  atmósfera, e moi probable que contribúan a aceleración do quentamento global. Excepcions son: ala deltaparapente, guinche lanza-planeadores— se o  guinche non e potenciada por combustible fósil —  voos humanos- ou outros movementos non potenciados con combustión. Ademais do CO2 lanzado polas aeronaves no voo con combustible como o jet-A (de turbinas) ou Avgas (motor a pistóns), a industria aérea tamén contribúe as emisions de gas de invernadoiro, os vehículos do aeroporto e os usados polos pasaxeiros e staff , como así tamén a fabricación de avións e a construcción de infraestructuras aéreas. Esta situación  poténciase extraordinariamente na aviación militar, cos prácticas de disparo e bombardeo.

 

Autora: Rita Lage

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to O quentamento goblal sobre os avións

  1. Victor di:

    RECORDADE QUE O DÍA 13 SERÁ O ÚLTIMO PARA AVALIAR NESTA 2ª AVALIACIÓN.
    ADEMAIS ESTA SEMANA NON ESTAREI ENTRE OS DÍAS 3 E 7.

  2. faa-iagopadin di:

    No artigo fálase de cómo perxudica o quentamento global aos avións, pero como funciona este medio de transporte?
    O avión voa pola sustentacion que se produce nas ás, mentras mais grandes son estas, mais sustentacion se obten. A sustentacion é a diferencia de presión de aire que pasa polas ás. A parte de arriba da á polo regular é curva e a parte de abaixo é recta, entón, ao pasar o aire pola á tarda mais en pasar pola parte superior que pola parte inferior y isto crea unha diferenza de presión e o levantamento das alas creando a dita sustentacion. O movemento de empuxe ou tracción do avión produceo un ou varios motores. Os motores teñen caixas de accesorios e en estas van montados xeneradores eléctricos para abastecer o avión de corrente eléctrica. Tamén teñen bombas hidráulicas para mover os controles de voo e subir e baixar o tren de aterrizaxe ou producir aire quente para o aire acondicionado e outros sistemas. O movemento do avión en voo produceno as chamadas superficies primarias de controles de voo, estas son tableiros que son parte das as chamados alerones. Hai un en cada a e con movimentos contrarios suben ou baixan e fan que unha a suba e a outra baixe. Na cola do avión vai o timón horizontal que fai que o nariz do avión suba ou baixe; e o timón vertical que fai que o nariz do avión se mova cara a dereita ou esquerda. Todos isto movese en coordinación desde a cabina de pilotos por un bastón de mando e pedales, poden ser movidos por cables e actuadores hidráulicos ou eléctricos.

  3. faa-martinbaulde di:

    Un avión é un aerodino de á fixa, ou aeronave con maior densidade que o aire, dotado de ás e un espazo de carga capaz de voar, impulsado por ningún, un ou máis motores. Os aeroplanos inclúen os monoplanos, biplanos e triplanos. Os aeroplanos sen motor mantivéronse dende os inicios da aviación para aviación deportiva e na segunda guerra mundial para transporte de tropas, denomínanse planadores ou veleiros.

    Poden clasificarse polo seu uso como avións civís (que poden ser de carga, transporte de pasaxeiros, adestramento, sanitarios, contra incendios, etc.) e avións militares (carga, transporte de tropas, cazas, bombardeiros, de recoñecemento ou espías, de reabastecemento en voo, etc.).

    Tamén poden clasificarse en función da súa planta motora; avións propulsados por motores a pistón, motores a reacción (turborreactor, turborreactor de dobre fluxo, turbohélice, etc.) ou propulsores (foguetes).

  4. fab-miguelpineiro di:

    Neste artigo falase sobre os avións, que todos coñecemos o que son, pero pese a que son moi avanzados, so fai sobre uns 100 anos que se empezaron a construir como tal, de feito, o primeiro vo tripulado, foi en 1907, que durou pouco, nos anos posteriores, farianse novos diseños, que durarian mais no aire, de feito, en 1909, recorreu 37 km en 35 minutos. Os diseños dos avións, comezaron sendo moi simples, uns anos despois, na guerra mundial, xa estaban moito mais avanzados, e eran moito mais manexables, de feito, usabanse para a guerra.Pero non parou ahi,seguiron avanzando cos diseños, fixandose nos fallos de alguns que tiveron accidentes, e pensando moito, actualmente temos 2 tipos de avións, os civis, e os militares, cada un ca sua función, e os dous, sendo dos transportes mais seguros, tendo so, sobre uns poucos mais de 100 anos de vida.Polo que se pode decir, que o ritmo de creacion e inovaccion dos avións foi impresionante.

  5. faa-manuelvilas di:

    O primeiro avión propiamente devandito foi creado por Clément Ader, o 9 de outubro de 1890 consegue despegar e voar 50 m. co seu Éole. Posteriormente repite a fazaña co Avión II que voa 200 m en 1892 e o Avión III que en 1897 voa unha distancia de máis de 300 m. O voo do Éole foi o primeiro voo autopropulsado da historia da humanidade, e é considerado como a data de inicio da aviación en Europa.Segundo a Fédération Aéronautique Internationale (FAI), o 17 de decembro de 1903, os irmáns Wright realizaron «o primeiro voo sostido e controlado dun aerodino impulsado por un motor»3 durante 12 segundos e no que percorreron uns 36,5 metros.Uns anos máis tarde, o 23 de novembro de 1906, o brasileiro Santos Dumont foi o primeiro home en despegar a bordo dun avión impulsado por un motor aeronáutico, establecendo así o primeiro récord mundial recoñecido polo Aéro-Club de France5 ao voar 220 m en menos de 22 segundos. Voou unha altura de 2 a 3 metros do chan co seu 14-bis, no campo de Bagatelle en Parides. Santos Dumont foi así a primeira persoa en realizar un voo nunha aeronave máis pesada que o aire por medios propios, xa que o Kitty Hawk dos irmáns Wright necesitou dunha catapulta ata 1908.
    En 1911 aparece o primeiro hidroavión grazas ao estadounidense Glen H. Curtiss; en 1913 o primeiro cuatrimotor, o «Lle Grand», deseñado polo ruso Ígor Sikorski e en 1912, Juan Guillermo Villasana crea a hélice Anáhuac, fabricada de madeira.
    Trala Primeira Guerra Mundial, os enxeñeiros entenderon, que o rendemento da hélice tiña o seu límite e comezaron a buscar un novo método de propulsión para alcanzar maiores velocidades. En 1930, Frank Whittle patenta os seus primeiros motores de turbina de compresor centrífugo e Hans von Ohain fai o propio en 1935 cos seus motores de compresor axial de turbina. En Alemania, o 27 de agosto de 1939 despega o HEI-178 de Heinkel que montaba un motor de Ohain, realizando o primeiro voo a reacción pura da historia.

  6. faa-carmenvilanova di:

    Ao abordar un avión, quizais o último que pensamos é nos efectos que este ten sobre o medio ambiente. Os avións utilizan combustibles de alta densidade enerxética e emiten gases de efecto invernadoiro que contribúen directamente ao fenómeno coñecido como quentamento global. Non obstante xa se están tomando accións ao respecto.

    Entón, viaxar contamina?
    Si, pois os avións emiten gases como CO2, dióxido de carbono, metano (CH4) e óxidos de nitróxeno, e inxéctanos directamente ás capas máis sensibles da atmosfera.
    Ademais, a contaminación comeza dende os aeroportos, pois os avións acenden as súas turbinas moito tempo antes de despegar, e en casos como o da Cidade de México, contribúen á deterioración da calidade do aire a nivel superficie.
    Aínda así, non todo está perdido. Desafortunadamente non existen alternativas viables no que a combustibles se refire para que os avións deixen de emitir gases de efecto invernadoiro, pero si hai accións por facer para mellorar a situación. Existen aeroliñas que uniformaron a súa frota e utilizan só aeronaves de modelo recente e que emiten menos gases contaminantes. Por exemplo Air France e KLM.

  7. faa-diegogarcia di:

    A aviación civil produce impactos sobre o ambiente debido ás emisións dos motores aeronáuticos, con contaminación acústica, partículas, gases, contribuíndo ao cambio climático e o escurecemento global. A pesar das reducións nas emisións de automóbiles e a máis eficientes en consumo de combustible e menos contaminantes motores de turbofán e turboprop, o rápido crecemento do tráfico aéreo en recentes anos contribuyedo ao incremento na total contaminación atribuíble á aviación. Na UE, as emisións de gas de invernadoiro da aviación incrementouse nun 87% entre 1990 e 2006.

  8. fab-lauraozores di:

    A combustión é unha reacción química de oxidación, na cal xeralmente se desprende unha gran cantidade de puntos en forma de calor e luz, manifestándose visualmente grazas ao lume, ou outros.
    En toda combustión existe un elemento que arde (combustible) e outro que produce a combustión (comburente), xeralmente o osíxeno en forma de O2 gasoso. Os explosivos teñen osíxeno ligado quimicamente, polo que non necesitan o osíxeno do aire para realizar a combustión.
    Os tipos máis frecuentes de combustible son as materias orgánicas que conteñen carbono e hidróxeno (ver hidrocarburos). Nunha reacción completa todos os elementos que forman o combustible se oxidan completamente. Os produtos que se forman son o dióxido de carbono (CO2) e a auga, o dióxido de xofre (SO2) (se o combustible contén xofre) e poden aparecer óxidos de nitróxeno (NOx), dependendo da temperatura, a cantidade de osíxeno na reacción e, sobre todo da presión.
    Na combustión incompleta os produtos que se queiman poden non reaccionar co maior estado de oxidación, debido a que o comburente e o combustible non están na proporción axeitada, dando como resultado compostos como o monóxido de carbono (CO). Ademais, pode xerarse carbón.
    O proceso de destruír materiais por combustión coñécese como incineración.
    Para iniciar a combustión de calquera combustible, é necesario alcanzar unha temperatura mínima, chamada temperatura de ignición, que se define como a temperatura, en °C e a 1 atm (1013 hPa) de presión, á que os vapores dun combustible arden espontaneamente.
    A temperatura de inflamación, en °C e a 1 atm, é aquela á que, unha vez acendidos os vapores do combustible, estes continúan por si mesmos o proceso de combustión.
    Ecuación química: Combustible + O2 H2O + CO2 + enerxía

  9. fab-nereaporta di:

    As emisións de CO2 das aeronaves son as máis significativas e os mellores elementos coñecidos da aviación coa súa contribución ao cambio climático. O nivel dos efectos das emisións de CO2 normalmente creese que a grandes rasgos e a mesma, independientemente da altitude( e é que teñen os mesmos efectos atmosféricos coma as emisións terrestres). No 1992, as emisións de CO2 das aeronaves estimabanse ao redor dun 2% de todas as emisións antropoxénicas, aínda que a concentración de CO2 atribuíble a aviación en 1992 foi de 1% do total do incremento antropoxénico, isto debese a que as emisións ocurriron solo nos últimos 50 anos.

  10. faa-rubeniglesias di:

    No artigo fálase do quentamento global, pero, que é?
    O quentamento global é o aumento observado nos últimos séculos da temperatura media do sistema climático da Terra. O 90% do incremento enerxético almacenouse nos océanos, principalmente nos primeiros 700 metros superficiais. O termo quentamento global tamén se usa para referirse aos incrementos na temperatura media do aire e mar da superficie da Terra. Dende principios do século XX, esta temperatura global aumentou ao redor de 0,8 °C, dos cales dous terzos aconteceu dende 1980. Cada unha das últimas tres décadas foi sucesivamente máis cálida
    O Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático informou que a maior parte do quentamento global estaba sendo causado polas concentracións de gases de efecto invernadoiro producidos polas actividades humanas. O maior impulsor do quentamento global son as emisións de dióxido de carbono (CO2).

  11. fab-sabelafernandez di:

    Como podemos observar no artigo anterior, entre as numerosas consecuencias que pode carrexar o quentamento global, hai unha que ata agora pasou desapercibida. Porque, segundo un estudo recente, o aumento das temperaturas podería dificultar mesmo o despegue dos avións.
    O problema deberíase ao aumento de densidade no aire, que restaría ás capacidade de elevarse. Por iso, os aparatos máis grandes necesitarían aínda máis percorrido na pista de despegue ou, se isto non fose posible, diminuír o peso a bordo.

    Os investigadores tiveron en conta o peor escenario de temperaturas estivais e calcularon que as restricións de carga e pasaxeiros para un Boeing (compañía aérea)737-800 aumentarían dun 50% a un 200% en catro aeroportos de Estados Unidos entre as décadas de 2050 e 2070. A alternativa a estas medidas sería construír pistas máis longas ou avións máis aerodinámicos.

  12. fab-lauracaldas di:

    O Quentamento Global é un aumento da temperatura media da superficie terrestre, considerado como un síntoma e unha consecuencia do cambio climático.
    Efectos de Quentamento Global:
    .A media mundial de temperatura entre os anos 1850 e 2005 aumentou en aproximadamente 0,76ºC. Proxéctase un aumento adicional de 1,4°C a 5,8°C no ano 2100.O espesor do xeo ártico ao final do verán/principio do outono diminuíu en
    aproximadamente un 40%.A media mundial do nivel do mar aumento de 12 a 22 cm durante o último século.
    Que provoca o Quentamento Global?
    Destacados científicos coinciden en que o incremento da concentración de gases efecto invernadoiro na atmosfera terrestre está a provocar alteracións no clima. Os gases de efecto invernadoiro principais son:vapor de auga, dióxido de carbono (CO2), ozono troposférico e metano.
    O gases de efecto invernadoiro actúan de xeito similar ao teito de vidro dun invernadoiro, atrapando a calor e requentando o planeta. O aumento das temperaturas conduce ao cambio climático que inclúe efectos tales como o aumento do nivel do mar, cambios nos modelos de precipitación que producen que producen inundacións e secas, e a diseminación de enfermidades transmitidas por vectores tales como a malaria.

  13. fab-alexcosta di:

    Os avións son uns novos medios de transporte, que son capaces de funcionar grazas a un gran deseño, con gran aerodinamica, e grazas a una gran potencia que lle dan os motores, que fan capaces de que o avión poida despegar, que poida manterse a flote, e que poida aterrizar sin moito problema. O mais dificil, o meu parecer, e o despegue, no cal afectan bastantes factores, una delas e a velocidade aerodinamica,esta é unha medida do rápido que o aire flúe sobre o avión, non unha medida do rápido que o avión está a viaxar.Outro factor e o Efecto Bernoulli,a velocidade aerodinámica crea ascenso a través das ás. As ás teñen unha curvatura ou ángulo de caída, que aumenta a distancia, que o aire ten que viaxar a través da parte superior da á. Ésto crea o efecto Bernoulli, outro importante e a aceleracion, no cal os motores do avión aceléranse ata unha determinada porcentaxe da potencia total.
    E tras alcannzar una velocidade determinada, o morro do avion subirase, facendo asi o seu despegue.

  14. fab-antonchaves di:

    O calentamento global é un incremento no tempo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do calentamento global postula que a temperatura se elevou desde finais do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.
    Frecuentemente a discusión se centra na temperatura, pero o calentamento global ou calquera tipo de cambio climático implican cambios noutras variables: as precipitacións globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e todos os demais elementos do noso sistema atmosférico veránse afectados pola diminución da emisión de radiación infravermella cara ó espazo, debido ós cambios nas concentracións de gases de efecto invernadoiro no ambiente.
    O corpo multigobernamental e científico encargado da súa análise global é o IPCC (Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático). Unha das súas liñas de acción máis visibles é o Protocolo de Kyoto, que promove unha redución de emisións contaminantes (principalmente gases de invernadoiro) por parte dos países industrializados.

  15. fab-miguelleiro di:

    É incrible ver como as subidas das temperaturas pode poñer en “Jaque” os voos comerciais do mundo.
    O artigo é realmente interesante vendo como as consecuencias do cambio climático pode afectar ao medio de trasnporte máis seguro do mundo. Os avións e a aviación en xeral, contamina como a maioría de medios de transporte do mundo, con gases coma o CO2 e o metano entre outros. Cada día hai centos de voos en todo o mundo, polo que contribúen de gran forma ao quentamento global. Nesta época moderna é un medio de transporte imprescindible, seguro e rápido, como xa é sabido. O combustible dos avións chámase queroseno. Se percorres a M40 de Madrid, por exemplo, ao observar a zona do aeorporto, o ceo ten un ton amarillento e grisáceo en ocasións producido polos avións. Unha clara visión do que contamina este transporte.

  16. fab-ivanportas di:

    Neste artigo fálase de cómo perxudica o quentamento global aos avións, un avión voa pola sustentacion ( é a diferencia de presión de aire que pasa polas ás) que se produce nas ás. A parte de arriba da á polo regular é curva e a parte de abaixo é recta, por iso ao pasar o aire pola á tarda mais en pasar pola parte superior que pola parte inferior e por iso crea unha diferenza de presión e o levantamento das alas creando a dita sustentacion. O movemento de empuxe ou tracción do avión produceo uns motores. nos motores van tamén os chmados xeneradores eléctricos, que serven basicamente para abastecer o avión de corrente eléctrica, a enerxía que xera estes xeneradores e moita, porque o avión tamén a gasta e gran cantidade.

  17. fab-nereabetanzos di:

    Coñecemos realmente o significado de quentamento global? O quentamento global é un incremento no tempo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do quecemento global postula que a temperatura elevouse dende finais do siglo XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.A denominación “quecemento global” xeralmente implica a actividade humana. Unha denominación máis neutral, cambio climático, utilízase normalmente para designar calquera cambio no clima, sen entrar en discusións sobre a súa causa. En cambio para indicar a existencia de influencia humana, ás veces emprégase o termo cambio climático antropoxénico.Frecuentemente a discusión céntrase na temperatura, pero o quentamento global ou calquera tipo de cambio climático implican cambios noutras variables: as precipitacións globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e todos os demais elementos do noso sistema atmosférico veránse afectados pola diminución da emisión de radiación infravermella cara ó espazo, debido ós cambios nas concentracións de gases de efecto invernadoiro no ambiente.

  18. fab-lauracaldas di:

    Calquera reacción química que combine osíxeno ou algún outro axente oxidante, xunto coa emisión de enerxía en forma de calor, coñéceselle como reacción de combustión. Esta é a idea química, pero en palabras menos rebuscadas calquera cousa que estea en calor preséntase como combustión.

    As substancias que poden entrar en estado de combustión coñéceselles como combustibles. Vense flamas ou luz cando estes funcionan porque é parte da enerxía e sempre dependerá da cantidade de calor. Por exemplo, se fas unha fogata tes unha combustión grazas a madeira seca que é o combustible neste caso. Se engades máis pois se crearán máis chamas, máis calor e máis luz.

    No estudo da química hai moitas reaccións deste tipo e de feito o lume feito por unha fogata é unha combinación básica.

  19. fab-miguelpineiro di:

    Como se pode ver neste artigo, o quentamento globar afectalle aos avións, pero tamen hai que decir que os avións son tamen responsables deste quentamento global, xa que son miles de avións os que viaxan polos ceos, deixando un rastro no planeta, porque coma todo, un avión pode que non afecte demasiado, pero moitos, si fan, e esto a diario, ao cabo do tempo, eles acaban contaminando moitoo, xa que consumen moita gasolina,por exemplo, un Boing 747, consume 12kg de gasolina cada km, esto e moita gasolina, xuntandose con todos os avións que viaxan cada dia, acaban sendo tamen un responsable do quentamento global.

  20. fab-sabelafernandez di:

    Como vimos anteriormente, a industria aérea tamén contribúe ás emisións de gas de invernadoiro. Pero que son realmente ese tipo de gases?
    Os gases de efecto invernadoiro son os gases que atrapan a calor na atmosfera, deste xeito contribuíndo ao quentamento global.

    Normalmente cando a radiación solar chega á superficie da Terra, unha parte se reflicte, pasa de novo pola atmosfera e sae ao espazo. Os gases de efecto invernadoiro permiten que esta radiación entre á atmosfera pero xa non deixan que saia, é dicir, atrapan a calor dentro da atmosfera.

    Algúns dos gases de efecto invernadoiro acontecen na natureza (vapor da auga, dióxido de carbono, metano e óxido nitroso) e outros son producidos exclusivamente polo home. Os procesos naturais absorben un parte dos gases de efecto invernadoiro, pero as actividades industriais resultan nunha sobrecarga para os mecanismos naturais. Sobre todo dende a revolución industrial, fai aproximadamente 150 anos, os niveis de varios gases invernadoiro subiron un 25 por cento.

  21. fab-antonchaves di:

    Denomínanse gases de efecto invernadoiro (GEI) ou gases de invernadoiro aos gases cuxa presenza na atmosfera contribúen para o efecto invernadoiro. Os máis importantes están presentes na atmosfera de xeito natural, aínda que a súa concentración pode verse modificada pola actividade humana, pero tamén entran neste concepto algúns gases artificiais, produto da industria. Eses gases contribúen máis ou menos de forma neta para o efecto invernadoiro pola estrutura das súas moléculas e, de forma substancial, pola cantidade de moléculas do gas presentes na atmosfera.

  22. fab-nereabetanzos di:

    A frase:”a industria aérea tamén contribúe as emisións de gas de invernadoiro”,qué significado ten gas de invernadoiro?
    Denomínase gases de efecto invernadoiro (GEI) aos gases que dita presenza na atmosfera contribúen ó efecto invernadoiro.Os máis importantes están presentes na atmosfera de maneira natural, aínda que a súa concentración pode verse modificada pola actividade humana, pero tamén entran en este concepto algúns gases artificiais, produto da industria. Esos gases contribúen máis ou menos de forma neta ó efecto invernadoiro pola estrutura das súas moléculas e, de forma sustancial, pola cantidade de moléculas do gas presentes na atmosfera. De ahí que por exemplo, o SF6, sea unha eficaz molécula de EI, pero a súa contribución é absolutamente ínfima ó EI.

  23. fab-antonchaves di:

    O sono de voar remóntase á prehistoria. Moitas lendas e mitos da antigüidade contan historias de voos como o caso grego do voo de Ícaro. Leonardo dá Vinci, entre outros inventores visionarios, deseñou un Avión, no século XV.
    O primeiro avión propiamente dito foi creado por Clément Ader, o 9 de outubro de 1890 consegue despegar e voar 50 m. co seu Éole. Posteriormente repite a fazaña co Avión II que voa 200 m en 1892 e o Avión III que en 1897 voa unha distancia de máis de 300 m. O voo do Éole foi o primeiro voo autopropulsado da historia da humanidade, e é considerado como a data de inicio da aviación en Europa.
    Segundo a Fédération Aéronautique Internationale (FAI), o 17 de decembro de 1903, os irmáns Wright realizaron «o primeiro voo sostido e controlado dun aerodino impulsado por un motor» durante 12 segundos e no que percorreron uns 36,5 metros.
    Uns anos máis tarde, o 23 de novembro de 1906, o brasileiro Santos Dumont foi o primeiro home en despegar a bordo dun avión impulsado por un motor aeronáutico, establecendo así o primeiro récord mundial recoñecido polo Aéro-Club de France ao voar 220 m en menos de 22 segundos. Voou unha altura de 2 a 3 metros do chan coa seu 14-bis, no campo de Bagatelle enParís. Santos Dumont foi así a primeira persoa en realizar un voo nunha aeronave máis pesada que o aire por medios propios, xa que o Kitty Hawk dos irmáns Wright necesitou dunha catapulta ata 1908.
    En 1911 aparece o primeiro hidroavión grazas ao estadounidense Glen H. Curtiss; en 1913 o primeiro cuadrimotor, o «Le Grand», deseñado polo ruso Ígor Sikorski e en 1912, Juan Guillermo Villasana crea a hélice Anáhuac, fabricada de madeira.
    Tras a Primeira Guerra Mundial, os enxeñeiros entenderon, que o rendemento da hélice tiña o seu límite e comezaron a buscar un novo método de propulsión para alcanzar maiores velocidades. En 1930, Frank Whittle patenta os seus primeiros motores de turbina de compresor centrífugo e Hans von Ohain fai o propio en 1935 cos seus motores de compresor axial de turbina. En Alemaña, o 27 de agosto de 1939 despega o TEÑO-178 de Heinkel que montaba un motor de Ohain, realizando o primeiro voo a reacción pura da historia.

  24. fab-tatianameis di:

    No artigo anterior falase sobre os problemas que podería causar o quentamento global ós vóos. Expecficamente nunha frase do exto fala das consecuencias que tería sobre as ás dos avións “O problema fundamental deste fenómeno sería a diminución de densidade no aire que restaría as ás a capacidade de elevarse.” Pero, como funcionan as ás dos avións, para que serven?

    As ás dos avións estan construidas de modo aerodinámico.A forma curva das ás proporciona sustención o avión.Esto é debido a que o aire que pasa por enriba da superficie aerodinámica diminua súa presión, e o aire que pasa por debaixo das ás mantenga a súa presión. Esto cntrarresta a forza da gravidade.

  25. fab-lauracaldas di:

    A sustentación ou levantamento é a forza que ’empurra’ o avión cara a arriba. A forma das ás, un pouco curva pola parte superior, fai que o aire se mova máis rápido por arriba, o que xera maior pulo por abaixo.A isto coñéceselle tamén como Principio de Bernoulli que di que “a presión exercida por un fluído é inversamente proporcional á súa velocidade de fluxo. “O deseño aerodinámico dos avións fai que o aire que ten que moverse por enriba da á deba percorrer unha traxectoria maior a gran velocidade, e polo tanto exerce menor presión na aeronave.Pola contra, o aire que circula debaixo da á vai máis lento porque percorre menos distancia. Isto fai que se xere unha maior presión que levanta as ás.
    Outra forza importante é o pulo ou tracción que é o que move o avión cara a adiante grazas aos motores.
    O peso é a forza que “tira” polo avión cara á Terra. Estas aeronaves están deseñadas para que o peso se distribúa de xeito equitativo para que se manteña estable no aire.
    Por último e en oposición ao pulo, está a resistencia. Esta forza é a que trata de deter o avión e se xera pola dificultade que todo obxecto ten para moverse nun fluído como o aire.

    Para que un avión avanzar nos ceos, o pulo debe ser igual ou maior que a resistencia.

  26. fab-jonathansalgueiro di:

    Neste texto fálase sobre os efectos negativos dos avións pero que sabemos sobre o seu funcionamento? O avión é un tipo de aeronave cuxa contextura impoñente o fai moito máis pesado que o aire mesmo e as súas características físicas máis saíntes resultan ser as ás que ten dispostas aos seus costados e a propulsión exercida por un só motor, ou varios, que lle permite voar.
    O funcionamento do avión dáse grazas ás bondades da forza aerodinámica que se produce a instancias das súas ás, nun sentido ascendente e que se denomina como sustentación (forza provocada sobre un determinado corpo que se traslada a través dun fluído e en dirección perpendicular á da velocidade que presenta a corrente preeminente). Cabe destacar, que a sustentación é plausible como consecuencia da diferenza de presións que se provocará entre a parte superior e inferior da á e a raíz da forma que ten o perfil aerodinámico.
    Non todos os avións son idénticos en materia de estrutura, aínda que iso si, comparten elementos comúns. Os avións de transporte de pasaxeiros son o tipo de avión máis popular do mundo.

  27. faa-ritalage di:

    A combustión é unha reacción química de oxidación, na cal xeralmente se desprende unha gran cantidade de puntos en forma de calor e luz, manifestándose visualmente grazas ao lume, ou outros.
    En toda combustión existe un elemento que arde (combustible) e outro que produce a combustión (comburente), xeralmente o osíxeno en forma de O2 gasoso. Os explosivos teñen osíxeno ligado quimicamente, polo que non necesitan o osíxeno do aire para realizar a combustión.
    Os tipos máis frecuentes de combustible son as materias orgánicas que conteñen carbono e hidróxeno (ver hidrocarburos). Nunha reacción completa todos os elementos que forman o combustible se oxidan completamente. Os produtos que se forman son o dióxido de carbono (CO2) e a auga, o dióxido de xofre (SO2) (se o combustible contén xofre) e poden aparecer óxidos de nitróxeno (NOx), dependendo da temperatura, a cantidade de osíxeno na reacción e, sobre todo da presión.
    Na combustión incompleta os produtos que se queiman poden non reaccionar co maior estado de oxidación, debido a que o comburente e o combustible non están na proporción axeitada, dando como resultado compostos como o monóxido de carbono (CO). Ademais, pode xerarse carbón.

  28. fab-dariovazquez di:

    Se ben é certo que viaxar en avión produce moita contaminación, se a comparamos ás outras opcións non parece tan esaxerado, se non se puidese viaxar de forma aerea, para traslar xente ou mercancia dun continente a outro faria falta unha combinacion de transporte terrestre, coma o tren e transporte maritimo coma os barcos, na miña opinion, o uso de dous metodos distintos de transporte, aparte de ser máis lento é mais contaminante, aparte de ser mais caro para o consumidor, xa que os gastos de envio dos productos serian moito mais elevados, e viaxar a paises distantes máis complicado en incomodo. De todas formas da igual a maneira na que se viaxe, sempre se vai contaminar moito, se se usan os barcos, sempre hai algun tipo de fuga que fai que se tire combustible ao mar.

  29. faa-albaaller di:

    A combustión é unha reacción química de oxidación que se manifesta visualmente gracias principalmente ao lume.
    Para que se produza unha combustión necesitamos un combustible, elemento que arde durante o proceso de combustión, e un comburente, elemento que produce a combustión.
    O comburente máis utilizado xeralmente é o osíxeno en estado gas (O2); entre os combustibles destacan as materias orgánicas e sobretodo os hidrocarburos, compostos que conteñen carbono (C) e hidróxeno (H).
    En toda combustión se necesita polo tanto osíxeno para que esta se produza xunto con un combustible, estes serían os reactivos; e entre os productos teríamos sempre o dióxido de carbono (CO2) e a auga (H2O).
    Tamén existen combustións incompletas que serían aquelas na que os reactivos non están na proporción axeitada, e polo tanto un deles sería o reactivo limitante e o outro o reactivo en exceso.

  30. faa-sarafalcon di:

    Que tipo de motores pode ter un avion, para poder elevar tantas toneladas no aire?
    Os motores convencionais de avións accionados por pistón divídense en dúas categorías: motores horizontalmente opostos e radiais. Os motores non accionados por pistón ou motores a reacción tamén se dividen en dúas categorías distintas: motores con turbo eixe e convencionais a reacción.

    Os motores a reacción son motores de turbo-eixe ou de pulo. Estes motores son moito máis fiables e duradeiros que un motor de pistón convencional. Un motor a reacción produce máis potencia e é capaz de operar a altitudes moi superiores ás do motor convencional. Os motores a reacción refírense á acción producida por unha reacción á expulsión de materia. Este motor utiliza unha serie de paletas do ventilador para controlar a admisión e escape dos gases. O aire entra na parte dianteira do motor a través das penlas do impulsor e pasa a través dunha serie de coitelas mentres a cámara se fai máis pequena. Este comprime o aire a unha presión alta. Dende o compresor, entra nunha cámara de combustión onde se mestura co combustible e se acende. A presión aumenta enormemente dentro da cámara de combustión, axudado por unha turbina, que xera resistencia á expulsión dos gases. Logo, o gas sae do escape a unha velocidade extremadamente alta en comparación coa velocidade de admisión, proporcionando así o pulo para propulsar a aeronave cara a adiante. O turbo hélice ou motor de eixe funciona igual, coa excepción de que o pulo producido fai xirar a turbina cara a atrás. A turbina xira unha hélice mentres que o resto dos gases de escape sae pola borda.

  31. faa-martinbaulde di:

    Os avións supoñen un 3% das emisións de dióxido de carbono (CO2) na UE, segundo un informe do Panel Intergobernamental de Cambio Climático. Hai que ter en conta que aumentará de forma considerable nos próximos 50 anos ata representar, segundo algunhas previsións, o 15% do total de emisións. Ademais, o CO2 pode permanecer na atmosfera durante centenares de anos. Por todo iso, a contaminación xerada polo tráfico aéreo pode facer que os esforzos de redución de emisións noutros sectores non servisen para nada.
    Ademais do CO2, os avións emiten outros gases de efecto invernadoiro que non se inclúe nese 3%. Dous destes gases son o óxido nítrico e o dióxido de nitróxeno, que aumentan as concentracións de ozono na troposfera (as capas máis baixas da atmosfera), o que axuda ao quentamento global. Os avións tamén emiten vapor de auga, que axuda á formación dos ronseis de condensación que deixan os avións tras de si e á formación de “nubes cirrus”. Ambos os dous, ronseis e “nubes cirrus”, favorecen o quentamento do planeta. Outros contaminantes emitidos son pequenas partículas de sulfato e feluxe, que inciden así mesmo na formación de nubes.

  32. faa-tamaraparracho di:

    No artigo coméntase que o aumento das temperaturas provocado polo cambio climático podería dificultar o despegue dos avións.
    O despegue é a fase inicial dun voo, que ten como obxectivo lograr o efecto aerodinámico da sustentación provocado polo fluxo, a unha determinada velocidade, do aire sobre as ás.
    Para conseguir un despegue, considéranse tres factores: terra, aparato e aire.
    O primeiro, o factor terra, baséase en que se require rodar cara a pista usando as rúas de rodaxe, contar cunha superficie apta para despegar e solicitar ao ATC o permiso de despegue para iniciar co factor aparato, no cal inflúen todas as partes do avión, pois libéranse os freos, mantense o avión centrado na pista e por último acelérase a máxima potencia a planta motriz da aeronave para alcanzar durante la carreira de despegue a velocidade requirida para obter sustentación.
    Entón comeza o factor aire: a través dos efectos aerodinámicos sobre a á, a fuselaxe e o resto das partes e das superficies de control do avión, alcánzase a sustentación suficiente para levantar a aeronave do chan.
    Por último, mantense a potencia máxima nos motores do aparato, móvense os elevadores ou timóns de profundidade e parte dos flaps, o que provoca que se levante o morro e, tras a separación das rodas dos trens de aterraxe do chan, o avión inicie o voo.
    O despegue considerarase finalizado unha vez que os trens de aterraxe queden gardados.

  33. faa-laurachaves di:

    Este é un de moitos artigos que nomean os combustibles fósiles, pero qué son os combustibles fósiles? Un combustible fósil é un combustible formado por procesos naturais como a descomposición anaeróbica dos organismos mortos enterrados. En xeral acéptase que se formaron a partir das restos fosilizados (de aí a súa denominación) de plantas mortas, pola súa exposición a calor e presión na codia da Terra durante millóns de anos. Os combustibles fósiles son recursos non renovables, xa que tardan millóns de anos en formarse, e as reservas se están a esgotar máis rápido que as que se están a encontrar. A produción e o uso de combustibles fósiles formula problemas ambientais e están relacionados co cambio climático e os seus negativos efectos.
    Os combustibles fósiles inclúen o carbón, o petróleo e gas natural. Estimouse pola Administración de Información Enerxética que en 2007 as fontes primarias de enerxía consistiron nun 36,0% en petróleo, un 27,4% de carbón, un 23,0% gas natural, equivalente a unha cota de 86,4% para os combustibles fósiles no consumo de enerxía primaria no mundo.

  34. fab-miguelpineiro di:

    Acabo de ver una noticia na Voz de Galicia a cal me parece moi interesante para este artigo, a noticia consiste en que despegou en Abu Dabi o primer avión solar do mundo, e que dara a volta o mundo, sendo este o primer avión solar que o fara,pareceme curioso, xa que este tipo de avións non contaminan nada, e fan a misma funcion que outros avións, sen contaminar nada, sendo un gran avance para acabar ca contaminacion que os avións producen.

  35. faa-miguelotero di:

    Poñerlle freo a contaminación dos avión foi un gran problema, xa que as emisións dos voos internacionais quedaron expresamente fora dos obxectivos do Protocolo Kyoto, que establece redución nas emisións en cada país.
    Grazas a Comisión Europea que propuxo controlar as emisións dos avións. Esta estableceu un control sobre os voos comunitarios, sobre todo os voos internacionais que despeguen ou aterrecen na UE. As compañías aéreas, deberán pagar se contaminan máis do permitido. Iso implica que terán uns dereitos de emisións de CO2 limitados que recibirán de forma gratuíta. As compañías que superen ese límite, ou ben deberán pagar unha multa ou ben poderán comprar os dereitos “extra” de emisión en subastas, como sucede con outros sectores económicos nos que se aplican medidas para la redución de emisión de gases.