Encontro cun ser estraño

As redes sociais dos afecionados ao mundo mariño en Galicia énchense estes días de fotografías de tiburóns. Vendo as imaxes e os comentarios, da a impresión que apareceron dous tiburóns en augas galegas, un en Porto do Son e outro no O Grove, da variedade máis primitiva, a dos tiburóns anguía –Chlamydoselachus anguineus-,que teñen 80 millóns de anos de historia ás súas cosas. Pero, tras consultar con expertos na materia, todo semella indicar que se trata dun único exemplar que foi capturado a mediados de este mes no Grove por un barco chamado “O Chapeliño”. Esta embarcación pertence ao patrón maior grovense, Antonio Otero, que ironizaba sobre o atopamento: «Eu prefería que fora un rape, que polo menos ten valor comercial».

O Chapeliño pescóu o tiburón a diez millas ao oeste da illa de Sálvora. O habitual é que este tipo de especies, sen valor comercial, non se traian á terra. Pero explicaba o patrón do barco que o exemplar tiña vida cando caeu na rede. Así que viñeron con él ao porto por se podían lograr que sobrevivise. Metérono nun viveiro, onde finalmente morreu. Antonio púxose en contacto coa Xunta para que enviasen a un biólogo.

Entre as persoas que acabaron viaxando ao Grove para ver o exemplar estaba Toño Maño, un profesor de letras de Ribeira afecionado aos tiburóns que plasmóu no seu  blog -Tiburones de Galicia- a emoción que lle producíu ver este animal, ao que popularmente se lle chama fósil vivinte porque se cre que o seu aspecto apenas evolucionou nos últimos 50 millóns de anos. Unha das súas  maiores peculiaridades é que non se parece casi a imaxen que temos actualmente dos tiburóns. «Ten unha cabeza de saurio encaixada nun corpo  anguiliforme», sinala Toño Maño. O seu cránio, sinalan voces expertas na materia, ten semellanzas con especies extintas que viviron hai unos 400 millóns de anos.

É moi difícil ver estes tiburóns en Galicia? A súa presenza nas augas galegas non éhabitual, pero tampoco extraordinaria. Aparecen uns dez exemplares cada ano. De feito, Antonio Otero sinala que xa pescou outro o ano pasado. O que acabou nas redes do Chapeliño en esa ocasión, unha femia de 111 centímetros, pasará a formar parte do Museo de Historia Natural de Santiago. Crese que pode haber una poboación estable de esta especie nas augas galegas. En xeral, é un peixe con distribución ampla en todos os mares do mundo.

Nas redes sociais, as historias do atopamento deste tiburón aumentou de comentario en comentario. Fálase de que son dos tiburóns, un aparecido no O Grove e outro en Porto do Son. Pero de este último ninguen logra tirar do fio  para saber en qué momento e  qué barco o pescóu. Todo cheira a que é o mesmo animal que o do Grove. A revista Espacio submarino tamén se fixo eco da aparición deste fósil vivinte nas augas galegas.

Nin se achega á costa, nin é perigoso

Vendo a imaxe do tiburón anguía, cualquera diría que topalo de frente  nun fondo mariño podería resultar extremadamente perigoso. Sen embargo, e segundo estudiosos do animal, non se trata dunha variedade especialmente violenta. Ao parecer, non adoita achegarse á osta, e non ataca a non ser que se estea defendendo.

Autora: Rita Lage

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución e etiquetada , . Garda o enlace permanente.