Medicamentos con marihuana

Que despois de fumar marihuana apetece tragar unha bolsa de patacas fritas ou algo doce é un efecto coñecido pero, por que? Os científicos non souperon explicar a razón.

Na universidade de Yale (Estados Unidos), cren ter encontrado a resposta. Segundo o estudo que publicaron este mércores na revista Nature, son as neuronas do cerebro encargadas de inhibir o apetito, as que xogan o papel principal. Ao contrario do que se espera delas, ao encontrarse coa marihuana, estas células nerviosas fan que o consumidor teña moita fame. “A marihuana engana o sistema central de alimentación do cerebro” “As neuronas responsables da falta de apetito actívanse de súpeto para promover a fame mesmo cando se está saciado” sinalou o profesor de Yale, Tamas Horvath.

Uns investigadores xaponeses concluíron que a marihuana afectaba aos receptores do gusto, potenciando o sabor doce, aumentan os antollos. Tamén, o pasado ano o equipo liderado polo investigador Giovanni Marsicano, da Universidade de Burdeos, demostrou que o THC, intervén nos receptores do lóbulo olfactivo no cerebro, incrementando a habilidade de ulir alimentos e aumentando o apetito.

Isto fai que que os científicos estean a preparar un novo medicamento coas propiedades da marihuana, para abrir o apetito aos enfermos de cancro que a perdesen. Isto trouxo un pouco de polémica, xa que os máis conservadores din que non se pode utilizar unha droga para intentar que os enfermos de cancro coman, argumentan que é algo inmoral e que hai outros medios. O outro bando, di que o importante é a saúde e a alimentación do paciente, e que a marihuana non é unha droga tan perigosa coma outras. Son moitos os partidos europeos que están a debatir a legalización desta sustancia.

Autor: Rubén Iglesias

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.