Unha dor muda

Neste artigo gustaríame contribuír con  moitas organizacións, como PETA, para loitar para que se cumplan os dereitos que teñen os animais. Voume centrar na explotación que sofren os coellos angora para que nós teñamos abrigos de pelo de angora e abrigos de pel de coello, xerséis….

O 90% da lá de coellos angora procede de China, onde nos existen regulacións nin sancións por maltrato animal de ningún tipo.

PETA examinou as condicións de 10 granxas en distintas rexións de China, atopando condicións semellantes en cada unha delas. A ONG (PETA) acepta que cando se realiza unha produción a escala  pequena é posible ter un trato ético aos coellos, que en condicións normais chegan a vivir 10 años, pero nestas condicións nefastas non superan os 5 años de vida. Non os superan debido a que cando pasan 5 anos o exemplar se rexeita como productor e se sacrifica. Antes disto, o coello sen pelaxe introdúcese en gaiolas sen ningún tipo de proteción, a que lle produce laceracións que terminan en moitos casos coa morte por infección ou estrés.

Granxa en china, na rexión de Angora

No verán do ano pasado, PETA denuncia a Zara por empregar a pelaxe e a pel que procede de maltratar animais para facer as súas peles. Segundo publica un diario británico, a rexión china de angora está dedicada á explotación de coellos que serve a, ademáis de Zara, marcas como H&M, GAP y Marks & Spencer, entre outras. PETA e outras organizacións denuncian que nestas granxas a palabra ‘explotación’ é literal. Aseguran que tratan de maneira cruel aos coellos e empregan métodos inhumanos para crialos, conservalos e quitarlles as peles para confecionar roupa. Nalgúns casos, denuncian, os coellos seguen con vida cando lles quitan a pel.

Finalmente, despois dunha recollida de case 300.000 firmas, Zara e GAP anunciaron que prohibian a rexión de angora como porveedor das súas peles. Ademais Zara,  no seu comunicado, asegura que deixará de facer pedidos de pel de angora ata que se verifique que  ‘todas as fincas estean en cumprimento cos requisitos da empresa.’

Moitos prefiren nin ollar, xa que este vídeo grabado clandestinamente por PETA pon os cabelos de punta. Este foi o detonante de que moitas marcas internacionais revocaran as ordes de compra de lá de coello de angora. Neste vídeo móstrase como estes animais son estirados e atados para logo proceder a arrincarlle a súa pelaxe dunha maneira totalmente brutal, sen ningún tipo de sedante, sen atender aos berros de dor do pobre animal.


Recentemente, o pasado 10 de febreiro, lín outra noticia sobre este tema. Esta noticia publicada nun xornal galego (La Voz de Galicia) anunciaba ‘ Inditex renuncia a lá de angora porque os coellos sofren tortura’. Unha noticia onde relataban como PETA consigue unhas imaxes que conmocionaron a moitas empresas que descoñecían este trato cara os coellos ( vídeo anterior) . Moitas empresas do sector textil súmanse á renuncia a elaborar moda con coellos matratados. Como é o caso desta marca galega ( Inditex), Gap, H&M,Tommy Hilfiger o Calvin Klein.

Penso que hay moitas alternativas e que, podemos seguir empregando isto pero, sempre respetando os dereitos dos animais.

Autora: Nerea Eiras

Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Unha dor muda

  1. faa-laurachaves di:

    A maioría das granxas de peles encóntranse en Europa, producindo o 70% da pel mundial de visón e un 63% da pel de zorro. Estes dous, son os máis demandados, seguidos pola Chinchilla, marta, mapache, furón, londra, e o que se ve neste artigo, o coello.
    As condicións de vida das grandes granxas son desastrosas, onde os animais permanecen aislados ou en estreitas xaulas metálicas e sucias, como se mostra no artigo. Os animais estrésanse, e coa falta de estímulos, fai que se automutilen (mordéndose as súas patas ou rabos), ou incluso cheguen ao canibalismo.
    Como o que importa é a pel, o alimento e os coidados son en vista para esta finalidade, e cando alcanzan o peso-talla ideal, asasínanos.
    Estas granxas, están prohibidas en Austria, Croacia e Reino Unido. En Suíza a regulación das granxas é moi estricta, polo que o resultado é non ter granxas.

  2. faa-miriantrigo di:

    Sempre estiven en contra do maltrato animal e sobre todo de que estes fosen utilizados co fin de que a xente empregue roupa procedente destes.
    Ao ler este artigo, doume conta de que o no noso mundo en vez de avanzar imos cara atrás, xa que me parece incríble que existan persoas que fagan este tipo de cousas e vivan deso, de facer sufrir os animais, que ao fin e ao cabo, son coma nós e merecen os mesmos dereitos.
    Penso que deberían existir moitas máis organizacións como PETA que buscan acabar con este maltrato e darlle aos animais o respeto e o dereito que se merecen, e que se produza o peche destas granxas onde as persoas sacrifican e fan sufrir aos animais para vender as súas peles e as súas pelaxes.
    O que aínda é moito peor, é que entre nós exista xente que sempre busque roupa e abrigos caros procedentes de peles de animais como os coellos, xa que tan só con pensar no proceso polo que estes pasaron para logo poder lucir esas prendas, debería facer pensar máis á hora do que se compra.
    Sen dúbida, a pesar de que este vídeo é moi impactante e conmovedor, recomendó que a xente o mire e faga o posible por contribuir con organizacións como a mencionada no artigo, xa que polo que se loita vale a pena.

  3. faa-carmenvilanova di:

    As primeiras granxas peleteiras de Norteamérica apareceron na década de 1860. Historicamente, o comercio de peles xogara un importante papel económico nos Estados Unidos. Trampeiros e peleteiros exploraron extensos territorios de Norteamérica, e a moda dos sombreiros de castor provocou unha intensa demanda e competencia no mercado das peles. Dende a segunda metade do século XX, vendedores e consumidores de peles foron criticados, e debido tamén á dispoñibilidade doutras fibras naturais e sintéticas que substitúen ás peles de animais.
    Así e todo, a demanda de peles caeu a finais da década de 1980 e na década de 1990 debido a varios factores, entre eles a incapacidade dos deseñadores de proporcionar novos modelos atractivos e tamén aos esforzos dos defensores dos dereitos dos animais. Non obstante, dende o ano 2000 as vendas de peles volveron aumentar en todo o mundo, debido á aparición de novas técnicas de deseño e o incremento da demanda en China e Rusia. Esta crecente demanda levou á aparición de numerosas granxas peleteiras como en China, onde grupos activistas como Persoas polo Trato Ético dos Animais (PETA), denunciaron o maltrato dos animais criados nestas instalacións (que en ocasións son esfolados vivos) e a natureza dalgunhas métodos de matanza.

  4. faa-tamaraparracho di:

    O coello de angora trátase dunha especie moi antiga, de principios do século XVIII, aínda que non foi descrita como tal ata finais do século XIX.
    Descoñécense a súa procedencia exacta, aínda que se cree que provén de granxas de crianza en Ankara (Turquía), dende onde foi traído a Europa e a Estados Unidos e é posible que o seu nome proveña do seu parecido co gato de Angora.
    A característica principal desta especie é o seu chamativo pelaxe, que é o único explotado comercialmetne a nivel mundial. O escaso diámetro e a lonxitude dos seus pelos son factores moi atraentes para a industria téxtil, xa que as prendas confeccionadas con este tipo de fiados pesan menos que as tecidas con la e dan moito máis abrigo ao non deixar escapar o aire que se encontra entre o corpo e a vestimenta.
    Existen catro especies do coello angora, cada unha coas súas características particulares de tamaño, color e pelaxe:
    – O Angora Inglés conta cun espeso e sedoso pelaxe que lle tapa os oídos, a cara e as patas. É a especie máis pequena das catro, pois soe pesar entre 2,5 e 4 Kg na ideade madura.
    – O Angora Francés ten a cara e as orellas tupidas de cabelos lisos. O seu parecido co coello común é maior que nas outras especies. O seu corpo é de lonxitude media e de forma oval e o seu peso varía entre 4 e 5 kgs.
    – Todos os exemplares de Angora Xigante teñen o cabelo branco. Non mudan o pelo, polo que non poden ser esquilados. Son os máis grandes das catro especies e o seu peso na súa madurez é de aproximadamente de 4,5 a 6 Kg.
    – O coello Angora Satén leva ese nome polo brillo particular do seu pelaxe. Non soe posuír unha cabeleira abundante e o o seu pelaxe soe ser máis corto que o das outras especies pero tamén máis suave. O seu peso ideal é de 4 Kg na súa madurez.

  5. faa-ariadnavazquez di:

    Neste artigo fálase sobre unha labor que levou a cabo PETA, e polo tanto gustaríame falar sobre esta organización. Estas siglas refírese ao nome completo, que é Persoas polo Trato Ético dos Animais, esta organización consta con máis de 2 millóns de membros e simpatizantes, e ademais, é a organización máis grande de dereitos dos animais no mundo.
    PETA centra a atención nas catro áreas nas que o maior número de animais sofren máis intensamente e durante os períodos máis longos de tempo: as granxas industriais, como no caso do artigo, os laboratorios, o comercio de pezas de vestir, como é o caso de Zara, e a industria do entretemento. PETA tamén traballa nunha variedade doutros temas, nestes temas inclúen o asasinato brutal dos castores, aves, e outras “pragas ” e o abuso dos cans .
    Por último, decir que PETA traballa incuso a educación pública -a través, Investigacións sobre a crueldade, a investigación, a rescate de animais, a lexislación, eventos especiais, a participación de celebridades e para finalizar campañas de protesta.

  6. faa-iagopadin di:

    A fundación das Personas polo Trato Ético dos Animais (PETA) é unha organización benéfica do Reino Unido adicada a establecer e protexer os dereitos de todos os animais.
    Como os humanos, os animais son capaces de sufrir e ter intereses na conducción das súas propias vidas, polo tanto, non son nosos para usar para a comida, a roupa, a experimentación, entretemento ou calquer outra razón. PETA e os seus afiliados en todo o mundo informan aos responsables políticos e ao público acerca da crueldade cos animais e promove a comprensión dos dereitos de todos os animais a ser tratados con respeto.
    PETA traballa a través da educación pública, a investigación, a lexislación, eventos especiais, participación de celebridades e campañas de protesta. PETA cree na non violencia e non defende nin apoia accions nas que calquer persona, humano ou non humano, se ve perxudicada. PETA é unha organización benéfica que traballa para educar ao público sobre os horrores da crueldade aos animais a través de medios pacíficos.
    Dependendo do contexto, a fundación das Personas polo Trato Ético dos Animales podese denominar como a “Fundación PETA”, “PETA Reino Unido”, ou “PETA”. As referencias a actividades de campaña que ocurriron antes de outubro de 2009 refíerense a actividades emprendidas por PETA Europa.

  7. fab-antonchaves di:

    A organización PETA (Persoas polo Trato Ético dos Animais) é unha organización por losderechos dos animais. Con base nos Estados Unidos, e con dous millóns de membros e partidarios, PETA é o maior grupo polos dereitos dos animais no mundo.
    Fundada en 1980 e con base en Norfolk, Virxinia, a organización é unha corporación sen ánimo de lucro con 187 empregados, financiada case exclusivamente polos seus membros. Fóra dos EUA, ten oficinas afiliadas en Canadá, Francia, Alemania,India, Italia, o Países Baixos, España, Sudáfrica, República de China (Taiwán), e o Reino Unido.
    O slogan de PETA é “os animais non son nosos para comer, vestir, experimentar ou usar para entretemento”. A organización céntrase en catro cuestións básicas: granxas factoría, granxas peleteiras, experimentación con animais e o uso de animais como entretemento. Tamén realiza campañas contra a pesca, matar animais cualificados de praga, o abuso dos cans de patio traseiro encadeados, as pelexas de galos, a tauromaquia e o consumo de carne. O seu obxectivo é informar o público da súa posición a través de anuncios publicitarios, investigacións encubertas, rescate de animais, e grupos de presión.

  8. faa-martinbaulde di:

    Neste artigo podemos ver a gran importancia que teñen as organizacións que loitan polos dereitos dos animais, e é que, se os humans somos libres, por qué non o son tamén os animais?
    Unha destas organizacións que loitan para que os animais vivan libremente no seu hábitat é a organización PETA.

    PETA é unha organización polos dereitos dos animais. Con base nos Estados Unidos, e con dous millóns de membros e partidarios.

    Fundada en 1980 e con base en Norfolk, Virxinia, a organización é unha corporación sen ánimo de lucro con 187 empregados, financiada case exclusivamente polos seus membros. Fóra dos EUA, ten oficinas afiliadas en Canadá, Francia, Alemania,India, Italia, Países Baixos, España, Sudáfrica, República de China (Taiwán), e o Reino Unido. Tamén ten o peta2 Street Team (Equipo de Rúa) para activistas de instituto e idade colexial e a Foundation to Support Animal Protection, que manexa os activos de PETA.

    O slogan de PETA é “os animais non son nosos para comer, vestir, experimentar ou usar para entretemento.

    A organización céntrase en catro cuestións básicas: granxas factoría, granxas peleteiras, experimentación con animais e o uso de animais como entretemento. Tamén realiza campañas contra a pesca, matar animais cualificados de praga, o abuso dos cans de patio traseiro encadeados, as pelexa de galos, a tauromaquia e o consumo de carne.

  9. faa-ariadnavazquez di:

    O coello Angora é unha variedade de coello doméstico criado pola súa longa la e suave. O angora é un dos tipos máis antigos de coello doméstico, orixinario de Ankara , a actual Turquía, xunto co gato de Angora e cabras de Angora. Os coellos son animais domésticos populares coa realeza francesa no século 18, e estendeuse a outras partes de Europa a finais do século. Apareceron por primeira vez en Estados Unidos no século XX. Eles son criados en boa medida pola súa longa la que se pode eliminar por corte, peiteado, ou desplume. Hai moitas razas individuais de coellos de Angora. Cando se fala desta clase de coellos moita xente pensa inmediatamente en roupa, posto que últimamente gran cantidade de pezas de roupa están feitas coa súa la.

    Como vemos no artigo, moitas granxas industriais incumplen os coidados básicos de estes animais. A parte máis importante sobre os coidados dos coellos de angora é a alimentación. Os angoras necesitan moitas proteínas para apoiar a produción de la constante, de feito un d 18% da súa almentación son proteínas.

  10. faa-manuelvilas di:

    Como ven recollida na declaración universal dos dereitos dos animais, no artigo 10-a,ningún animal debe ser explotado para esparcimiento do home. Ademáis en pleno siglo XXI hai outras alternativas como o son as fibras sintéticas, que próven de diversos productos derivados do petróleo. Eu creo que a matanza de animais só pode exister para explotacións con fins alimentarios, porque é algo ancestral que se leva facendo dende que o propio home existe, e xa que a pesar de que existen vías como ser vexetariano ou begano, para unha alimentación completa fai falta tamén carne e pesacado. Pero para fins de moda non ten que estar permitido porque non é unha necesidade primaria e, con estas fibras sintéticas, pódense obter igualmente abrigos a última moda.

  11. faa-alexfernandez di:

    Na miña opinión o trato a estes coellos é bastante salvaxe e si unha empresa sabendo isto(o que ocorre no vídeo) segue subministrándose de estes lugares me parece horrible. O consumismo do ser humano esta facendo sufrir ao medio que nos rodea e a xente que consume moito deviría ser consciente do que hai detrás do seu consumismo. En conclusión creo que devirían pechar este tipo de granxas.

  12. faa-carmenvilanova di:

    Crese que o coello de angora é orixinario de Turquía. Posteriormente foi evolucionando na Europa Mediterránea, sendo Francia a fixadora dos seus carácteres e sendo perfeccionada en Inglaterra. O seu nome provén probablemente do seu parecido co gato angora; o coello angora ten unha abundante pelaxe, o cal é explotado a nivel mundial. O escaso diámetro e a lonxitude dos pelos son factores moi rechamantes para a industria téxtil, xa que as pezas confeccionadas con este tipo de fiados pesan menos que a la e dan moito máis abrigo. É unha raza moi antiga, orixinada arredor do século XVIII. O seu carácter extremadamente manso faino un bo animal de compañía. Pola súa abundante pelaxe débeselle cepillar de 2 a 3 veces por semana.
    Os coellos de angora teñen unha longa historia tras de si: son parte da loucura da humanidade. O nazi Hitler creou habitáculos climatizados e nas mellores condicións –de alimentación e mimos– para lograr a mellor produción. En paralelo, era máximo responsable do holocausto xudeu.
    Na actualidade isto pasouse ao extremo oposto. Torturándoos como non se vira nunca. Carne viva, sangue, tremores, berros… Ata a súa morte.

  13. faa-albarodriguez di:

    Neste artigo coméntase o que sofren os coellos de angora. Estes coellos créese que se orixinaron en Turquía e que foron evolucionando na Europa Mediterránea, en Francia e Inglaterra. O seu nome ven polo parecido do seu pelaxe co do gato angora. O conexo angora caracterízase por un pelaxe largo e sedoso, como si fora un peluche. Necesita moitos coidados polo tipo de pelo que ten.
    Este conexo contén abundante pelaxe, que é explotado a nivel mundial como se di no artigo, na industria téxtil, isto ocorre por que este pelo pesa menos que a la e da máis abrigo. Aquelas persoas que teñan un conexo angora de mascota deben cepillarlle o pelo dúas ou tres veces á semana.

  14. Coñécese como dereitos dos animais ás ideas postuladas por correntes de pensamento e á subcorrente do movemento de liberación animal que sosteñen que a natureza animal, independentemente da especie, é un suxeito de dereito, cuxa novidade reside en que esta categoría só pertenceu a persoas naturais e xurídicas, é dicir, ao ser humano,1 aínda que historicamente se privou de dereitos a algúns grupos de humanos.

    Os humanos sempre recoñeceron a certos animais unha consideración especial (ex. domesticación), que varía moito segundo o ámbito cultural ou o lugar, dende apoiar que se poida utilizar aos animais segundo praza ou sirva o home, pasando polo trato ético ou o benestar animal, ata considerar que os animais merecen dereitos tradicionalmente recoñecido só nos humanos.

    Non debe confundirse co dereito de animais como doutrina xurídica, marco xurídico dalgúns países onde o obxecto de Dereito é a liberdade de conduta dos animais no seu ambiente natural e o trato que reciben nun hábitat humano.

  15. faa-javiergonzalez di:

    As condicións de vida das grandes granxas son desastrosas, onde os animais permanecen aislados ou en estreitas xaulas metálicas e sucias, como se mostra no artigo. Os animais estrésanse, e coa falta de estímulos, fai que se automutilen (mordéndose as súas patas ou rabos), ou incluso cheguen ao canibalismo.
    Como o que importa é a pel, o alimento e os coidados son en vista para esta finalidade, e cando alcanzan o peso-talla ideal, asasínanos.
    Estas granxas, están prohibidas en Austria, Croacia e Reino Unido. En Suíza a regulación das granxas é moi estricta, polo que o resultado é non ter granxas.
    Como vemos no artigo, moitas granxas industriais incumplen os coidados básicos de estes animais. A parte máis importante sobre os coidados dos coellos de angora é a alimentación. Os angoras necesitan moitas proteínas para apoiar a produción de la constante, de feito un d 18% da súa almentación son proteínas.

  16. fab-raquelpan di:

    (PETA) (People for the Ethical Treatment of Animals) e unha organización polos dereitos dos animais. Con base nos Estados Unidos, e con dous millons de membros e partidarios,PETA e o maior grupo polos dereitos dos animais no mundo
    Fundada en 1980 e con base en Norfolk, Virginia, a organización e unha corporación sen ánimo de lucro con 187 empleados, financiada casi exclusivamente polos seus membros.
    Crese que o coello de angora e orixinario de Turquía. Posteriormente foi evolucionando na Europa Mediterránea, sendo Francia a fixadora dos seus caracteres e sendo perfeccionada en Inglaterra. O seu nome proven probablemente o seu parecido co gato angora.O coello angora ten un abundante pelaxe, o cal e explotado a nivel mundial. O escaso diámetro e a lonxitude dos pelos son factores moi chamativos para a industria textil, xa que as prendas confeccionadas con este tipo de hilados pesan menos que a lá e dan moito máis abrigo. E unha raza moi antiga, originada alrededor do siglo XVIII.

  17. faa-albaaller di:

    Neste artigo falasenos da labor da fundación PETA, unha fundación que está en contra do maltrato animal.
    Na miña opinión facer sufrir a un animal, sexa cal sexa, é terrible polo tanto destaco a labor desta fundación. Pareceme increíble que a xente sexa capaz de maltratar e matar a certos animais só para conseguir diñeiro ao utilizar as súas peles para a industria téxtil por exemplo; pero o que me sorprende máis e que haxa xente que compre esas prendas, inda sendo conscientes de onde proceden. Eu penso que neste sentido, a humanidade, e polo tanto o ser humano, non terminou de evolucionar.
    Ademais hai que ter en conta que estos animais son cazados, as veces de forma furtiva, o que acabará con esa especie que probablemente arrastrará a que outras se extingan; e isto tamén nos acabará afectando a nós.
    Polo tanto e como conclusión agradezo a existencia desta asociación (PETA) e doutras moitas que hai para que miren polo ben dos animais, e tamén como dixen antes que esto nos afectará directamente, polo noso.

  18. faa-marinabusto di:

    PETA é unha organización polos dereitos dos animais, o que quere dicir, que ademais de centrarse no benestar animal e cuestións relativas á protección destes, rexeita a idea dos animais como propiedade, e se opón a todas as formas de especismo, os ensaios con animais, o consumo de produtos de orixe animal, as granxas factoría, así como o uso de animais como entretemento ou vestimenta, adorno ou decoración. Neste comentario, voume referir ó maltrato animal no uso de vestimentas. A explotación de animais para usalos como vestimenta é unha práctica moi estendida en todo o planeta, e supón millóns de mortes ao ano e a escravitude de moitos animais, obrigados a vivir en condicións absolutamente deplorables, en granxas e gaiolas. Animais que rematarán as súas vidas moi posiblemente sen ver a luz do sol nin sentido a liberdade, entre terribles sufrimentos.

    A súa pel e pelo é para moitos un prezado ben, moito máis prezado que as súas vidas, que para a industria non teñen máis valor que o que obterán ao vender os seus corpos. Esa mesma industria emprega métodos dunha crueldade extrema, como as electrocucións, que garanten que a pel e o pelo dos animais non sofren grandes danos. Iso pode implicar que os animais sexan esfolados estando aínda vivos, como se pode ver no vídeo mostrado no artigo.

  19. faa-rubeniglesias di:

    Persoas polo Trato Ético dos Animais (PETA) é unha organización polos dereitos dos animais. Con base nos Estados Unidos, e con dous millóns de membros e partidarios, PETA é o maior grupo polos dereitos dos animais no mundo.

    Fundada en 1980, a organización é unha corporación sen ánimo de lucro con 187 empregados, financiada case exclusivamente polos seus membros.
    Céntrase en cuestións básicas: granxas factoría, granxas peleteiras, experimentación con animais e o uso de animais como entretemento. Tamén realiza campañas contra a pesca, o abuso dos cans de patio traseiro encadeados, as pelexa de galos, a tauromaquia e o consumo de carne.

  20. faa-ileniamartinez di:

    PETA fundouse no 1980, captou inicialmente a atención pública en 1981 durante o que foi coñecido como o caso dos “Monos de Silver Spring”. Dirixiu unha investigación encuberta no verán de 1981 dentro dun laboratorio de investigación con primates no Instituto da princesa Tami, en Silver Spring, Maryland. O investigador, doctor Edward Taub cortara o ganglio espiñal que soporta os nervios dos dedos dos monos, mans, brazos e pernas, nun proceso chamado “desaferenciación,”, de modo que non poideran sentilos; con alguns, desaferenciou a súa columna espiñal enteira. A continuación, utilizaba con moderación descargas eléctricas, e provocando a retención de auga e alimentos para obrigar aos monos a usar as partes desaferentadas dos seus corpos.O obxetivo da investigación era determinar si os monos poeden ser obrigados a utilizar as extremidades, e si esto tiña un efecto sobre a estructura dos seus cerebros. A investigación conduxo, en parte, ao desarroio do concepto de plasticidade neuronal e a unha nova terapia física para as víctimas de accidente chamado limitación inducida por terapia do movemento.
    Bien Pacheco visitou o laboratorio pola noite e tomou fotografías que mostraban a situacións destes monos. El entregoulle as evidencias á policía, que detuvo a Taub e foi declarado culpable de seis cargos de crueldade animal, ainda que maís tarde foi revocada en apelación.

  21. faa-ivanlois di:

    Neste artigo fálase de PETA (Persoas polo Trato Ético dos Animais), é unha organización sen ánimo de lucro que loita polos dereitos dos animais. A súa base reside en Estados Unidos, e conta con dous millóns de membros e partidarios, isto fai que PETA sexa o maior grupo, que loita polos dereitos dos animais, do mundo.

    A organización céntrase nestes puntos:
    -A cría intensiva de animais de granxa.
    -A vivisección ou os experimentos con animais.
    -A cría de animais para obter a súa pel e os animais utilizados en espectáculos (circos, etc.)
    -O exterminio dos animais considerados unha plaga, o maltrato e as pelexas hacia ou entre animais.
    -O trato ético aos animais sendo tratados como iguais como seres humanos.

  22. faa-manuelvilas di:

    Crese que o coello de angora é orixinario de Turquía. Posteriormente foi evolucionando na Europa Mediterránea, sendo Francia a fijadora dos seus carácteres e sendo perfeccionada en Inglaterra. O seu nome provén probablemente do seu parecido co gato angora; o coello angora ten un abundante pelaje, o cal é explotado a nivel mundial. O escaso diámetro e a lonxitude dos pelos son factores moi rechamantes para a industria textil, xa que as pezas confeccionadas con este tipo de hilados pesan menos que a la e dan moito máis abrigo. É unha raza moi antiga, orixinada ao redor do século XVIII. O seu carácter extremadamente manso faio un bo animal de compañía. Polo seu abundante pelaje débeselle cepillar de 2 a 3 veces por semana.
    Son animais herbívoros e aliméntanse de: forrajes, verduras e froitas, ademais das súas subproductos. Hai que darlles cada día unha mestura de penso, forraje verde e heno.O mellor é proporcionar os alimentos frescos en forma de ensaladas mesturadas. De cando en vez pódense ofrecer pequenas cantidades de hortalizas e froitas. Como moito 2-3 veces á semana. Cunha dieta deste tipo manteranse sans e vitais.A alimentación do coello angora é moi parecida ao dos coellos domésticos pero hai que ter máis coidado co que lles damos.Provén de granjas de crianza en Ankara, Turquía; desde onde foi traído a Europa e a Estados Unidos. É aconsejable, si convive nunha casa, que teña unha gaiola grande, xa que polo seu tamaño necesita espazos grandes. Os franceses utilizan conejeras de cemento acondicionadas con restos de palla. A palla absorbe ouríñaa e mantén acogedor o hábitat do animal. En Turquía criaron estes coellos con éxito cubrindo as súas gaiolas con teas de malla. Os coellos angora non aguantan as temperaturas que superan os 30ºC nin as temperaturas que baixan dos 10ºC. Necesitan estar nun lugar cunha boa ventilación, para evitar os problemas pola abundante ouriña deste animal.

  23. Victor di:

    VENRES 13 DE MARZO, ÚLTIMO DÍA DE TRABALLO NO BLOG PARA A 2ª AVALIACIÓN