Cheiro da chuvia

Un grupo de investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts cren haber atopado o mecanismo polo cal se libera o cheiro tan característico a chuvia e terra mollada que queda no ambiente despois de chover, coñecido co nome de petricor.

Empregando cámaras de alta velocidade, os investigadores descubriron que, cando unha pinga de chuvia choca contra unha superficie porosa, atrapa burbullas de aire moi pequenas no punto de contacto. As burbullas viaxan cara arriba a través da pinga para estoupar unha vez chegan á superficie, liberando así unha pequena cantidade de aerois, ou nubes de partículas en suspensión, procedentes do chan.

No seu estudo, o profesor Cullen R. Bruie e o investigador post doctoral Youngsoo Joung, foron capaces de predecir a cantidade de aerosois que se liberan dependendo de variables como a velocidade de caída das pingas e a permeabilidade e porosidade da superficie de contacto.

Para elo, grabaron con cámaras de alta velocidade pingas de “chuvia artificial” xeradas no seu laboratorio a medida que chocaban cunha serie de superficies, segundo iban variando a velocidade das pingas ao deixalas caír dende alturas diferentes. A partir deste experimento concluíron en que os aerosois parecen liberarse en maior cantidade durante chuvias lixeiras ou moderadas, tras o que poden ser transportados polo vento.

Os investigadores pensan que, no medio natural, estes aerosois poden arrastrar no só aceites vexetais e outros elementos aromáticos almacenados no chan, senon tamén bacrterias e virus.

Estes investigadores realizaron ata 600 experimentos con 28 tipos de superficies: 12 materiais sintéticos e 16 mostras de solo. Despois, contruíron un sistema de cámaras de alta velocidade para capturar o impacto das pingas. Ao poder observar a caída dunha pinga 250 veces máis despacio ca súa velocidade real, as secuencias obtidas revelaron un mecanismo que niguén observara antes: cando a pinga choca contra a superficie comeza a aplastarse e, simultaneamente, créanse pequenas burbullas no punto de contacto co chan, atravesan a pinga e son lanzadas ó aire. Dependendo da velocidade de caída da pinga e das propiedades da superficie sobre a que cae, dispérsase unha nube de “aerosois frenéticos”.

Segundo Joung, chámanos frenéticos porque se poden xerar centos de pingas de aerosol nun periodo curto de tempo. Ademais, tamén descubriron que se pode controlar a velocidade de xeración de aerosois variando as propiedades do chan e a velocidade de impacto.

Ata agora non se sabía o que podería xerar aerosois de pingas de chuvia caendo no chan“, di Joung. “Este descubrimento pode ser un excelente punto de partida para o traballo futuro que revela como os microbios e produtos químicos atopados no so poden ser liberados no medio ambiente e mesmo acadar os seres humanos“. “Este é un fenómeno moi común e é raro que alguén teña visto este mecanismo antes“, di Bruie.


Autora: Laura Ozores

Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.