O coláxeno tamén se bebe

O coláxeno converteuse na palabra máxica cada vez que miramos ou buscamos os efectos dunha crema ou dun tratamento. Pero os expertos en estética aseguran que só é efectivo cando atravesa a primera parte da pel, é dicir, ou ben inxectado ou ben inxerido.

María Vives, unha das creadores  de Código 327, unha empresa de Barcelona que busca fóra de España as mellores iniciativas en estética para traelas ó noso país, tivo como último descrubrimento o coláxeno en líquido, o Gold Collagen.

O código 327 lanzou tres tipos de coláxeno bebido: Pure Gold Collagen, que está recomendado para calquer tipo de persona e actúa como antioxidante, proporcionando hidratación, elasticidade e firmeza da pel, reduce as enrrugas e as liñas de expresión, contribúe ó saneamento de unllas e cabelo e reduce o cansancio e a fatiga; Active Gold Collagen, especialmente indicado para homes e mulleres cun ritmo de vida moi activo, ou que practican deporte con frecuencia; e Gold Collagen Forte, ideal para mulleres maiores de 40 anos, constituíndo un reforzo de ósos e articulacións.

 

Autora : Nerea Betanzos Lois

Esta entrada foi publicada en Bioloxía celular, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to O coláxeno tamén se bebe

  1. faa-miriantrigo di:

    No artigo exposto, fálase sobre o coláxeno, pero que é?
    O coláxeno é unha proteína presente no corpo de todos os animais, constituíndo un compoñente fundamental nas nosas vidas, xa que sen el, o conxunto dos compoñentes do corpo non podería funcionar correctamente. Realiza así o coláxeno unha función de unión entre o conxunto dos tecidos conectivos.
    Esta substancia é a máis abundante no noso organismo e forma parte tanto dos ósos como dos músculos, dos ligamentos, dos tendóns, cos cartílagos, dos vasos sanguíneos…axudando na formación de fibras, a partir das cales se formarán as demais estruturas do organismo, dándolle solidez e resistencia a estas.
    Na pel, é un compoñente fundamental e representa o 70% do seu peso total.
    Está presente en gran abundancia cando somos pequenos, pero a medida que se envellece os niveis de coláxeno son menores, sendo a partir dos 25 anos cando esta substancia se ve reducida aproximadamente nun 1’5% cada ano. Esta perda de coláxeno ten graves consecuencias, como a falta de elasticidade e a perda de tersura da pel, cabelo, unllas…ademais do deterioro da visión, problemas nas articulacións e nos músculos, deficiencias na circulación…Polo que é recomendable tomar unha serie de alimentos ricos en coláxeno, e se fose necesario, axudarse de complementos alimenticios, pero graza a axuda de cosméticos e produtos de beleza, podemos axudar, principalmente, a manter unha pel en bo estado.

  2. faa-carmenvilanova di:

    O coláxeno é unha substancia natural que se encontra principalmente en cartilaxes, dentes e ósos e forma as chamadas fibras coláxenas. Estas son secretadas polas células do tecido conxuntivo como os fibroblastos, así como por outros tipos celulares. Ditas moléculas proteicas de coláxeno obtéñense da segunda capa da pel denominada derme, tanto dos humanos coma de bovinos e porcinos, aínda que nestes dous últimos casos é necesario facer os tests de alerxia pertinentes antes da aplicación.
    Esta substancia é a que dá soporte á estrutura da pel e foi o primeiro recheo utilizado para fins estéticos, especialmente para dar volume aos labios.
    Pódese combinar con microesferas de polimetilmetacrilato para encher as zonas desexadas e estimular á vez a produción natural de coláxeno. É utilizado tamén para modelar zonas que teñan engurras arredor dos labios e a fronte e rexuvenecer a pel allada polo sol.

  3. faa-iagopadin di:

    O coláxeno é unha proteína esencial producida en grandes cantidades polo organismo humano, indispensable para a elasticidade dos texidos e a súa rexeneración. Desta forma, identificamos que o coláxeno está presente na composición dos ósos, a pel, os ligamentos, os cartílagos e os tendones. Co paso do tempo, esta proteína natural vai resquebraxándose e perdiendo efectividade, sendo este o momento no que comeza a disminuir a densidade ósea, sufrimos dolor arterial e aparecen as tan odiadas arrugas.
    Nesta situación de envellecemento e deterioro da nosa saude, a única solución é administrar máis coláxeno ao noso corpo. Para iso, debemos introducilo na nosa dieta. Alimentos como polo, pavo, ovos, peixe, queixo, leite, iogur ou carnes vermellas non deben faltar para asegurar que se poida dar este aumento de coláxeno. Ademais, para a súa síntese adecuada, correcta absorción e partición, debemos consumir alimentos que o permitan, como os que conteñen vitaminas A, C e E (presentes en vexetais como o pepino ou frutas como o limón), e tamén os que conteñen zinc (mariscos), selenio (noces), silicio (avena) ou cobre (champiñons), entre outros.

  4. faa-tamaraparracho di:

    Coláxeno é a denominación que recibe un grupo de proteínas animais fibrosas e moi resistentes á tracción que son producidas por células especializadas chamadas fibroblastos e que son o principal compoñente do tecido conectivo. A súa forma aseméllase á dunha corda, xa que está constituído por pequenos filamentos entrelazados.
    A presencia de coláxeno no organismo humano é tan abundante que oscila entre o 25 y 30% do total de proteínas que hai no noso corpo .
    Así, algunhas das súas funcións son o fortalecemento dos ósos, as articulacións, as uñas e o pelo; mellorar a firmeza da pel, axudar a cicatrizar feridas, axudar ao corpo para recuperarse despois do exercicio físico…
    Porén, a súa presenza non é igual durante toda a vida, pois a partir dos 25 anos pérdese un 1,5 % de coláxeno cada ano. O seu deterioro pode ocorrer cando a alimentación é pobre en vitamina C, dando lugar a unha enfermidade chamada escorbuto. Mais, a causa principal da súa perda é o envellecemento, xa que a acción do tempo e os factores ambientais alteran a súa composición. O resultado disto é debilidade nas articulacións e ósos, uñas e cabelo quebradizos, ademais de que a pel perde tersura, se resquebraxa e presenta enrrugas.

  5. faa-uxiacasais di:

    O coláxeno é unha proteína moi abundante e estendida no corpo, aporta estrutura, resistencia e elasticidade a todos os tecidos do sistema osteoarticulas e a pel.
    A partir dos 25-30 anos as células que sintetizan o coláxeno relentizan a súa capacidade de sínteses, lo que ten importantes efectos sobre o noso organismo.
    O coláxeno é o pegamento que mantén unido o noso corpo, e que supón o 76% do tecido conxuntivo, pel e músculos.
    Sendo constituinte esencial dos osos, cartilaxe, tendóns, ligamentos e articulacións.
    A perdida de coláxeno é a principal causa das engurras , flaccidez e outros tormentos da idade.

  6. faa-laurachaves di:

    O coláxeno é unha molécula proteica que conforma as células máis estudados na comunidade científica. É o adhesivo que usa o corpo para manter xuntos todos os elementos que o compoñen.
    O coláxeno é a proteína máis abundante en organismos vivos, especialmente en vertebrados. Sen a súa presenza, o corpo humano non podería funcionar como un conxunto de compoñentes harmónica en conxunto, posto que o coláxeno é precisamente o que fai posible a unión de todos os tecidos conxuntivo: músculos, tendóns e ligamentos, ósos, cartilaxe, pel, tecido adiposo , tecidos e sangue, órganos e sistemas internos.

    O noso corpo non pode funcionar sen a enerxía de todos os seus compoñentes. Por exemplo,á hora de retención de líquidos (60-70% de auga), a nosa pel utiliza o coláxeno. Se non é así, toda esa auga, saldría do corpo e morreríamos.

  7. faa-ileniamartinez di:

    O coláxeno é unha proteína esencial na formación do tecido conectivo (tecido de soporte) .Presentase en forma de fibras que permiten unha certa resistencia á elasticidade dos tecidos cando se estiran; forma parte do tecido de sostén do corpo e que é moi abundante no noso organismo. As colagenosis, chamadas tamén conectivitis son enfermidades inflamatorias crónicas que se caracterizan por unha alteración do tejido conectivo.
    Algunhas das súas propiedades son:
    Intervención na reparación do tecido dos cartílagos. Fortalecemento dos osos, articulacións, uñas e pelo. Mellora a firmeza da pel. Axuda a cicatrizar feridas. Beneficia ao corpo para recuperarse despois do exercicio. Favorece que a pel se pegue aos músculos e así evitar a flacidez no corpo, especialmente en brazos, pernas e abdomen entre moitas outras.

  8. fab-antonchaves di:

    Por definición, o coláxeno representa o “adhesivo” do corpo. Así, poderiamos dicir que o coláxeno é o adhesivo que mantén unido todo o noso corpo, a través dos diferentes tipos de tecidos conectivos. Estes son os ósos, cartilaxes, músculos, tendóns, ligamentos e pel, tecido adiposo, así como os órganos e sistemas internos. Definitivamente, sen a presenza da matriz de coláxeno, o noso corpo non podería funcionar como continente de todos os seus compoñentes, tanto internamente, coma externamente, pola nosa pel, á hora de reter os nosos líquidos, polo que nos converteriamos, practicamente, nun charco de líquido.
    É a proteína máis abundante no reino animal, especialmente nos vertebrados, de xeito que ao redor dunha de cada catro proteínas do noso corpo é coláxeno. O coláxeno é unha proteína esencial, que se encontra en todo o noso corpo. Representa o 80% dos nosos tecidos conectivos, constituíndo o 30% da masa total de proteínas nos mamíferos ou o 7% do peso corporal. Polo cal, é a proteína máis estudada na comunidade científica.
    O coláxeno é esencial para a elasticidade e flexibilidade dos órganos e tecidos, e é responsable da firmeza, elasticidade e integridade das estruturas, influíndo na hidratación do corpo. A fibra de coláxeno mestúrase cunha ampla gama de substancias e minerais, tanto mecánica coma quimicamente, o que produce notables efectos sobre a arquitectura tisular, sendo o seu diámetro e a súa organización nos diferentes tecidos moi variable.

  9. fab-lauraozores di:

    O coláxeno é unha molécula proteica ou proteína que forma fibras, as fibras coláxenas. Estas encóntranse en todos os animais. Son secretadas polas células do tecido conxuntivo como os fibroblastos, así como por outros tipos celulares. É o compoñente máis abundante da pel e dos ósos, cubrindo un 25% da masa total de proteínas nos mamíferos.
    As fibras coláxenas son flexibles, pero ofrecen gran resistencia á tracción. O punto de rotura das fibras coláxenas dos tendóns humanos alcánzase cunha forza de varios centos de quilogramos por centímetro cadrado. A esta tensión soamente se alongaron unha pequena porcentaxe da súa lonxitude orixinal.
    Cando o coláxeno se desnaturaliza por ebulición e se deixa arrefriar, manténdoo nunha solución acuosa, convértese nunha substancia moi coñecida, a xelatina.

  10. Coláxeno é a denominación dun grupo de proteínas animais, que abundan especialmente na carne e tecido conectivo dos vertebrados. É o principal compoñente do tecido conectivo, e é a proteína máis abundante nos animais, xa que supón aproximadamente entre o 25% e o 35% do total das proteínas corporais. O coláxeno en forma de fibrilas alongadas, é abundante nos tecidos fibrosos como tendóns, ligamentos e pel, e tamén na córnea, cartilaxe, óso, vasos sanguíneos, intestinos, discos intervertebrais, etc.

  11. faa-ariadnavazquez di:

    O coláxeno é a principal proteína fibrosa insoluble na matriz extracelular e no tecido conectivo. De feito, é a proteína máis abundante única no reino animal. Hai polo menos 16 tipos de coláxeno, pero o 80-90 por cento do coláxeno no corpo Consisten en tres tipos diferentes. Nun momento pensouse que eran todos os coláxenos secretadas polos fibroblastos no tecido conectivo, pero agora sabemos que numerosas células epiteliais secretan distintos tipos de coláxenos. Os diversos coláxenos e as estruturas que todos teñen o mesmo propósito forma, para axudar a soportar os tecidos de estiramento.

    O coláxeno ten moitos usos médicos. Como podemos ver no artigo ten moito uso no tratamento das complicacións da pel. Tamén é utilizado frecuentemente en tratamentos para os ósos. Ademñais, a xelatina, que se utiliza nos alimentos e a industria, é un coláxeno que foi alterado irreversiblemente

  12. fab-sabelafernandez di:

    O coláxeno é o elemento que conforma ás células máis estudado na comunidade científica, tratándose dunha molécula proteica. Pódese dicir que é o adhesivo que utiliza o corpo para manter unido a todos os elementos que o conforman.
    O coláxeno tamén é a proteína que máis abunda nos organismos vivos, especialmente nos vertebrados. Sen a súa presenza, o corpo humano non podería funcionar como conxunto de compoñentes harmónicos entre si, xa que é precisamente o coláxeno o que fai posible a unión do conxunto de tecidos conectivos: músculos, tendóns e ligamentos, ósos, cartilaxes, pel, tecido adiposo, tecido sanguíneo e, tamén órganos e sistemas internos.
    O noso corpo non podería funcionar sen a sinerxía de todos os seus compoñentes.

    Segundo os científicos, a proporción de coláxeno no corpo empeza a reducirse de forma paulatina a partir de certa idade. Dos 20 aos 30 anos, pérdese aproximadamente un 1,5% de coláxeno por ano de idade. Isto acelérase sensiblemente a partir dos 45 anos, chegando a sufrir unha redución do 35% na fabricación de coláxeno polo corpo a partir dos 60 anos. A este feito responsabilízaselle do envellecemento: perda de elasticidade e tersura na pel, cabelos e uñas; dores nas articulacións e nos músculos; deterioración na vista, deficiencias circulatorias e linfáticas, molestias en dentes e enxivas, etcétera.

  13. faa-albarodriguez di:

    Aínda que se coñece pola súa utilización en cremas ou tratamentos de beleza, o coláxeno é a proteína máis abundante do noso corpo e o compoñente básico da pel, oso, ligamentos, tendóns e cartílagos, incluídos os que protexen as articulacións. Tamén forma parte da parede dos vasos sanguíneos, córnea ocular, dentina, encías e coiro cabeludo, así como do tecido conxuntivo que envolve os nosos músculos e órganos vitais. Como todas as proteínas, o coláxeno está constituído por largas cadeas de aminoácidos. No coláxeno, estas cadeas enrólanse entre si orixinando grosos cordóns chamados fibras. Estas fibras formas as maias tridimensionais o faces de fibras que aportan resistencia e flexibilidade a os nosos tecidos.

  14. faa-albaaller di:

    O noso organismo produce unha proteína esencial para a elasticidade e rexeneración dos tecidos do noso corpo, esta proteína chamase coláxeno. A presenza desta proteína no noso corpo é moi alta mais, co paso dos anos esta proteína debilítase, é dicir, debilítase co envellecemento, e así comezamos a perder densidade ósea, aparece a flaxidez da pel e comezan a aparecer as arrugas, chegado este momento o noso organismo xa non produce tanto coláxeno coma antes, por iso debemos introducilo no noso corpo a través da nosa alimentación. Hai moitos alimentos que conteñen esta proteína, e tamén son importantes os alimentos que conteñen vitaminas A C e E.

  15. faa-emiliolumbres di:

    O coláxeno é unha moléluca proteica ou proteína que forma fibras, denominadas fibras coláxenas (son flexibles, pero ofrecen grande resistencia á tracción), estas atópanse en todos os animais. É o componente máis abundante da pel e tamén dos ósos, cubrindo un 25% da masa total de proteínas nos mamíferos.
    Esta proteína atópase no tecido conxuntivo ou conectivo (conxunto heteroxéneos de tecidos orgánicos que comparten unha orixe común), tecido óseo e no tecido cartilaxinoso, e que pola acción do calor convértese en xelatina.

  16. faa-sarafalcon di:

    O coláxeno é unha molécula protéica e o elemento que conforma ás células máis estudado na comunidade científica. Pódese dicir que é o adhesivo que utiliza o corpo para manter unido a todos os elementos que o conforman.
    O coláxeno tamén é a proteína que máis abunda nos organismos vivos, especialmente nos vertebrados. Sen a súa presenza, o corpo humano non podería funcionar como conxunto de compoñentes harmónicos entre si, xa que é precisamente o coláxeno o que fai posible a unión do conxunto de tecidos conectivos: músculos, tendóns e ligamentos, ósos, cartilaxes, pel, tecido adiposo, tecido sanguíneo e, tamén órganos e sistemas internos.

  17. Victor di:

    NOVO FORO ABERTO; ESTARÁ ACTIVO DURANTE 10 DÍAS.

  18. fab-rociovazquez di:

    O coláxeno é unha proteína atopada en todos os animais, responsable de asignar elasticidade aos tecidos do corpo. Ela forma parte da constitución da matriz extracelular do tecido conxuntivo e é responsable de manter as células firmes e unidas.
    O coláxeno serve para manter a firmeza e a elasticidade da pel, a integridade dos músculos, dos ligamentos, dos tendóns e das articulacións.

  19. fab-alexcosta di:

    O coláxeno é unha proteína dos seres vivos, que se atopa en todos os animais,esta e a responsable de asignar elasticidade aos tecidos do corpo. Ela forma parte da constitución da matriz extracelular do tecido conxuntivo e é responsable de manter as células firmes e unidas.Polo que se pode decir que ten bastante importancia.
    O coláxeno tamen serve para manter a elasticidade e a firmeza da pel, a integridade dos músculos, dos ligamentos, dos tendóns e das articulacións. Polo que se pode afirmar que e una proteina moi importante para os seres vivos.

  20. fab-miguelpineiro di:

    O coláxeno,do que se fala neste articulo,é unha proteína esencial producida en grandes cantidades por todos os animais que existen,e algo indispensable para a elasticidade dos texidos e a súa rexeneración. Desta forma, identificamos que o coláxeno está presente na composición dos ósos, na pel, nos ligamentos, nos cartílagos e nos tendons. Co paso do tempo, esta proteína natural vai resquebraxándose e perdendo efectividade, sendo este o momento no que comeza a disminuir a densidade ósea, no que sufrimos dor arterial e é cando as arrugas fan acto de presencia.
    Nesta situación de envellecemento e deterioro da nosa saude, a única solución é administrar máis coláxeno ao noso corpo. Para iso, debemos introducilo na nosa dieta. Alimentos como peixe,leite,polo,pavo,ovos e carnes vermellas non deben faltar na nosa alimentación para asegurar que se poida dar este aumento de coláxeno.

  21. faa-rubeniglesias di:

    O coláxeno é unha proteína que forma as fibras colágenas. Estas encóntranse en todos os animais. Son secretadas polas células do tecido conxuntivo. É o compoñente máis abundante da pel e dos ósos, cubrindo un 25% da masa total de proteínas nos mamíferos.

    As fibras colágenas son flexibles, pero ofrecen gran resistencia á tracción. O punto de rotura das fibras colágenas dos tendóns humanos alcánzase cunha forza de varios centos de quilogramos por centímetro cadrado. A esta tensión soamente se alongaron unha pequena porcentaxe da súa lonxitude orixinal.

    Cando o coláxeno se desnaturaliza por ebulición e se deixa arrefriar, manténdoo nunha solución acuosa, convértese nunha substancia moi coñecida, a xelatina.

  22. faa-rubeniglesias di:

    O coláxeno é unha proteína que forma as fibras colágenas. Estas encóntranse en todos os animais. Son secretadas polas células do tecido conxuntivo. É o compoñente máis abundante da pel e dos ósos, cubrindo un 25% da masa total de proteínas nos mamíferos.

    As fibras colágenas son flexibles, pero ofrecen gran resistencia á tracción. O punto de rotura das fibras colágenas dos tendóns humanos alcánzase cunha forza de varios centos de quilogramos por centímetro cadrado. A esta tensión soamente se alongaron unha pequena porcentaxe da súa lonxitude orixinal.

    Cando o coláxeno se desnaturaliza por ebulición e se deixa arrefriar, manténdoo nunha solución acuosa, convértese nunha substancia moi coñecida,a xelatina.

  23. faa-laurachaves di:

    O efecto do coláxeno é dose dependente, é dicir non fai efecto a doses baixas. Recoméndase a inxestión de 10 gramos de coláxeno ao día, necesítase unha concentracion minima de peptidos de coláxeno para estimular o proceso rexenerativo e unha cantidade mínima de CH inxerido para percibir beneficios de saúde nun prazo de tempo razoable (3 meses para diminución da dor articular de desgaste).
    Esta dose en cápsulas implicaría polo menos 10-15 cápsulas ao día cousa que incomodaría ao consumidor, por iso preséntase en po.Estudos dérmicos demostraron que a toma de 10 gr de coláxeno hidrolizado diario, reduce a profundidade das engurras dérmicas.
    Carece de efectos secundarios e contraindicacións agás aquelas persoas con problemas de renais ou hepáticos graves e que deban seguir unha dieta baixa en proteínas.

    É un complemento que pode consumirse por un longo prazo de tempo. Recoméndanse períodos de descanso tras tres meses de tratamento de polo menos dun mes.

    Os beneficios nótanse a partir dos 15 días e se se deixa de tomar o efecto desaparace.

  24. fab-raquelpan di:

    coláxeno e. unha molécula protéica e o elemento que conforma as células máis estudiadad na comunidade científica. Podese decir que e o adhesivo que utiliza o corpo para manter unido a todos os elementos que a conforman.
    O colágeno tamén e a proteína que máis abunda nos organismos vivos, especialmente nos vertebrados. Sin a sua presencia, o corpo humano podría funcionar como conxunto de compoñentes armónicos entre sí,xa que é precisamente o colágeno o que fai posible na unión do conxunto de texidos conectivos: músculos, tendones e ligamentos, huesos, cartílagos, pel, texido adiposo, texido sanguíneo e tamén, órganos e sistemas internos

  25. faa-marinabusto di:

    O coláxeno é a substancia que dá soporte á estrutura da pel e foi o primeiro recheo utilizado para fins estéticos, especialmente para dar volume aos labios. É unha substancia natural que se encontra principalmente en cartilaxes, dentes e ósos. Obtense da segunda capa da pel denominada derme, tanto dos humanos coma de bovinos e porcinos, aínda que nestes dous últimos casos é necesario facer os tests de alerxia pertinentes antes da aplicación.

  26. faa-martinbaulde di:

    Como ben se dí neste artigo, o coláxeno é moi coñecido polo seu uso en cosméticos e cremas, pero cando ao mesmo tempo tamén é o compoñente máis abundante da pel e os ósos cubrindo un 25% da masa total de proteínas nos mamíferos.
    As fibras de coláxeno forman estruturas que resisten as forzas de tracción. O seu diámetro nos diferentes tecidos é moi variable e a súa organización tamén; na pel dos mamíferos están organizadas como cestos de vimbio, o que permite a oposición ás traccións exercidas dende múltiples direccións. Nos tendóns o están en fas paralelos que se aliñan ao longo do eixe principal de tracción. No tecido óseo adulto e na córnea dispóñense en láminas delgadas e superpostas, paralelas entre si, mentres as fibras forman ángulo recto coas das capas adxacentes.

    As células interactuar coa matriz extracelular tanto mecánica coma quimicamente, o que produce notables efectos sobre a arquitectura tisular. Así, distintas forzas actúan sobre as fibras de coláxeno que se secretaron, exercendo traccións e desprazamentos sobre elas, o que provoca a súa compactación e o seu estiramento.

  27. faa-nereaeiras di:

    O coláxeno é unha proteína que forma fibras (as fibras coláxenas). Está presente en todos os animais e son secretadas por células do texido conxuntivo. É o compoñente máis abundante da pel e dos osos.
    Estas fibras caracterízanse por ser flexibles.
    Tamén coñecemos, como característica físico-química desta proteína, que cando se desnaturaliza por ebullición e se deixa arrefriar mantendoo nunha solución acuosa, da lugar a unha substancia moi coñecida, a xelatina.

  28. faa-manuelvilas di:

    O coláxeno é unha molécula proteica ou proteína que forma fibras, as fibras colágenas. Estas encóntranse en todos os animais. Son secretadas polas células do tecido conxuntivo como os fibroblastos, así como por outros tipos celulares. É o compoñente máis abundante da pel e dos ósos, cubrindo un 25% da masa total de proteínas nos mamíferos.As fibras colágenas son flexibles, pero ofrecen gran resistencia á tracción. O punto de rotura das fibras colágenas dos tendóns humanos alcánzase cunha forza de varios centos de quilogramos por centímetro cadrado. A esta tensión soamente se alongaron unha pequena porcentaxe da súa lonxitude orixinal.Cando o coláxeno se desnaturaliza por ebulición e se deixa arrefriar, manténdoo nunha solución acuosa, convértese nunha substancia moi coñecida, a xelatina.Cada unha das cadeas polipeptídicas é sintetizada polos ribosomas unidos á membrana do retículo endoplásmico e logo son traslocadas ao lumen deste en forma de grandes precursores (procadeas ), presentando aminoácidos adicionais nos extremos amino e carboxilo terminais. No retículo endoplásmico os residuos de prolina e lisina son hidroxilados para logo algúns ser glucosilados no aparato de Golgi; parece ser que estas hidroxilaciones son útiles para a formación de pontes de hidróxeno intercatenarias que axudan á estabilidade da superhélice.Tras a súa secreción, os propéptidos das moléculas de procoláxeno son degradados mediante proteasas converténdoas en moléculas de tropocolágeno asociándose no espazo extracelular formando as fibras de coláxeno.A formación de fibras está dirixida, en parte, pola tendencia das moléculas de procoláxeno a autoensamblarse mediante enlaces covalentes entre os residuos de lisina, formando un empaquetamiento graduado e periódico das moléculas de coláxeno individuais na fibra.

  29. faa-andreaperez di:

    O coláxeno é unha proteína que forma fibras, as fibras coláxenas. Estas encóntranse en todos os animais. Son secretadas polas células do tecido conxuntivo. É o compoñente máis abundante da pel e dos ósos.
    Según os científicos, a proporción de coláxeno no corpo empeza a reducirse de forma paulatina a partir de certa idade. Dos 20 aos 30 anos, perdese aproximadamente un 1,5% de coláxeno por ano de idade. Esto acelerase sensiblemente a partir dos 45 anos, chegando a sufrir unha reducción do 35% na fabricación do coláxeno polo corpo a partir dos 60 anos. A este feito acúsaselle: a pérdida de elasticidade e tersura na pel, pelo e unllas; dolores nas articulacións e nos músculos, etc…

  30. fab-mariangaleano di:

    O coláxeno é unha molécula proteica ou proteína que forma fibras, as fibras coláxenas. É o elemento que conforma ás células máis estudado na comunidade científica. Atópase en todos os animais. Son secretadas polas células do texido conxuntivo como os fibroblastos, así como polos outros tipos celulares. É o componente máis abundante da pel e dos ósos, recobre un 25 % da masa total de proteínas nos mamíferos. Pódese dicir que é o adhesivo que utiliza o corpo para ,manter unido a todos os elementos que o conforman. O coláxeno tamén é a proteína que máis abunda nos organismos vivos, especialmente nos vertebrados. Sin a súa presencia, o corpo humano non podería funcionar como conxunto de componentes armónicos entre sí, xa que é precisamente o coláxeno o que fai posible a unión do conxunto de tecidos conectivos( músculos, tendóns, ligamentos, ósos, cartílagos, pel, tecido adiposo, tecido sanguíneo e tamén, órganos e sistemas internos)

  31. faa-ritalage di:

    O coláxeno é unha proteína que forma as fibras colágenas. Estas encóntranse en todos os animais. Son secretadas polas células do tecido conxuntivo. É o compoñente máis abundante da pel e dos ósos, cubrindo un 25% da masa total de proteínas nos mamíferos.
    As fibras colágenas son flexibles, pero ofrecen gran resistencia á tracción. O punto de rotura das fibras colágenas dos tendóns humanos alcánzase cunha forza de varios centos de quilogramos por centímetro cadrado. A esta tensión soamente se alongaron unha pequena porcentaxe da súa lonxitude orixinal.
    Cando o coláxeno se desnaturaliza por ebulición e se deixa arrefriar, manténdoo nunha solución acuosa, convértese nunha substancia moi coñecida,a xelatina.

  32. fab-lauracaldas di:

    O coláxeno é a proteína máis abundante do noso corpo.como todas as proteínas o coláxeno está constituido por cadenas de aminoácidos que aportan resistencia e flexibilidade aos nosos texidos.Este é un componente moi importante dos osos,tendóns,ligamentos,cartílagos e pel.Tamén protexe os nosos músculos e órganos vitais e forma parte das paredes dos vasos sanguíneos,córnea,dentes,encías…

  33. fab-jonathansalgueiro di:

    O coláxeno é unha molécula protéica e o elemento que conforma ás células máis estudado na comunidade científica. Pódese dicir que é o adhesivo que utiliza o corpo para manter unido a todos os elementos que o conforman.
    O coláxeno tamén é a proteína que máis abunda nos organismos vivos, especialmente nos vertebrados. Sen a súa presenza, o corpo humano non podería funcionar como conxunto de compoñentes harmónicos entre si, xa que é precisamente o coláxeno o que fai posible a unión do conxunto de tecidos conectivos: músculos, tendóns e ligamentos, ósos, cartilaxes, pel, tecido adiposo, tecido sanguíneo e, tamén órganos e sistemas internos. O noso corpo non podería funcionar sen a sinerxía de todos os seus compoñentes. Por exemplo, á hora de reter líquidos (60 -70% de auga), a nosa pel fai uso do coláxeno para conseguilo. De non ser así, toda esa auga, sairíase do corpo e morreriamos. Acontece cos órganos internos e externos: se imos dar un paso, o cerebro conecta cos músculos e tendóns e estes á súa vez cos ósos para executar a orde do cerebro de dar un paso e manterse en equilibrio ao mesmo tempo. Esa conexión entre as partes implicadas en perfecta harmonía, conséguese a través do coláxeno.

  34. fab-nereaporta di:

    Coláxeno é a denominación dun grupo de proteínas animais, que abundan especialmente na carne e tecido conectivo dos vertebrados. É o principal compoñente do tecido conectivo, e é a proteína máis abundante nos animais, xa que supón aproximadamente entre o 25% e o 35% do total das proteínas corporais. O coláxeno en forma de fibrilas alongadas, é abundante nos tecidos fibrosos como tendóns, ligamentos e pel, e tamén na córnea, cartilaxe, óso, vasos sanguíneos, intestinos, discos intervertebrais, etc. No tecido muscular o coláxeno é un dos principais compoñentes do endomisio. O coláxeno constitúe o 1 ou 2 % do tecido muscular, e supón o 6% do peso dos músculos tendinosos fortes (pero non ten nada que ver coas proteínas que causan a contracción muscular, actina e miosina).
    Os coláxenos máis abundantes son os que forman fibras, pero tamén os hai que forman mallas ou conexións entre moléculas da matriz extracelular.

    A principal célula que fabrica coláxeno é o fibroblasto. A xelatina, que se usa na alimentación e na industria, está feita de coláxeno irreversiblemente hidrolizado.

  35. faa-tamaraparracho di:

    No artigo menciónase que un dos tres tipos de coláxeno bebido lanzados pola empresa Código 327, o Pure Gold Collagen, está recomendado para calquera tipo de persoa e actúa como antioxidante, proporcionándolle hidratación, elasticidade e firmeza á pel, reducindo as engurras e as liñas de expresión, contribuíndo ao saneamento de unllas e cabelo e reducindo o cansazo e a fatiga.
    Un antioxidante é calquera molécula capaz de retardar ou evitar a oxidación doutras moléculas. Nos organismos vivos, as reaccións de oxidación e redución son cruciais para a vida e forman parte do metabolismo normal, pero o certo é que dan lugar a radicais libres (especies químicas que posúen un ou máis electróns desapareados), os cales comezan reaccións en cadea que poden danar as células, polo que o propio organismo produce (en forma de enzimas) ou inxire cos alimentos (en forma de vitaminas e outros elementos) substancias antioxidantes que controlan estas reaccións e evitan eses efectos prexudiciais.
    As substancias con efecto antioxidante son moi diversas: vitaminas, minerais, pigmentos naturais e outros compostos vexetais, así como certas enzimas e, agora, tamén o coláxeno.

  36. fab-laurafalcon di:

    Por definición, o coláxeno representa o “adhesivo” do corpo. Así, poderiamos dicir que o coláxeno é o adhesivo que mantén unido todo o noso corpo, a través dos diferentes tipos de tecidos conectivos. Estes son os ósos, cartilaxes, músculos, tendóns, ligamentos e pel, tecido adiposo, así como os órganos e sistemas internos. Definitivamente, sen a presenza da matriz de coláxeno, o noso corpo non podería funcionar como continente de todos os seus compoñentes, tanto internamente, coma externamente, pola nosa pel, á hora de reter os nosos líquidos (60-70%-70 de auga), polo que nos converteriamos, practicamente, nun charco de líquido.

    É a proteína máis abundante no reino animal, especialmente nos vertebrados, de xeito que ao redor dunha de cada catro proteínas do noso corpo é coláxeno. O coláxeno é unha proteína esencial, que se encontra en todo o noso corpo. Representa o 80% dos nosos tecidos conectivos, constituíndo o 30% da masa total de proteínas nos mamíferos ou o 7% do peso corporal. Polo cal, é a proteína

  37. faa-albarodriguez di:

    Cómo funciona o coláxeno na nosa pel, cando o votamos coas cremas?
    O coláxeno axuda a minimizar os efectos que os nosos xestos producen no rostro. A súa acción hidratante suaviza e alisa a pel de forma eficaz con resultados sorprendentes. Pero para que estas cremas fagan efecto tes que usalas a miúdo xa que o túa pel xa non produce coláxeno como cando eras máis nova.
    O coláxeno permitirá actuar sobre as fibras da dermis e recuperar a pel, aportando volume e elasticidade. Pero para que estes produtos fagan efecto tes que aplicar tamén outros e coidar máis a pel.