Planetas descoñecidos no Sistema Solar?

No Sistema Solar podreía haber ao menos dous planetas situados máis alá de Plutón cuxa existencia pasou desapercibida ata o de agora. Así o suxiren os cálculos dun equipo internacional de investigadores, entre os que se contan expertos das universidades de Cambridge, no Reino unido, e Complutende de Madrid (UCM).

Segundo indican, a presenza destes corpos, permitiría explicar o extraño comportamento orbital dalgúns obxectos transneptunianos, isto é, aqueles cuxa órbita se encontra situada máis aló de Neptuno. “Ese exceso de obxectos con parámetros orbitais diferentes aos esperados, lévanos a pensar que algunhas forzas invisibles están alterando a distribución dos seus elementos orbitais.

A explicación máis probable é que existen planetas descoñecidos máis aló de Neptuno e Plutón”, indícanos o astrónomo Carlos de la Fuente Marcos, da UCM, coautor do traballo. “O seu número exacto e incerto, pois os nosos datos son limitados, pero apuntan a que polo menos hai dous planetas, e probablemente máis, nos confíns do noso sistema”, indica.

Aínda así, no seu estudo, publicado na revista Monthly Notices of the Royal Astronomical Society Letters, estes científicos recoñecen que os datos que aportan chocan co que predicen nos actuais modelos que tratan de explicar a formación do Sistema Solar, no que conciben a existencia dos planetas mais aló de Neptuno, e que a súa análise baséase nunha mostra moi pequena, de só trece obxectos, aínda que esperan ampliala nos próximos meses.

Autor: Nerea Porta Castro

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to Planetas descoñecidos no Sistema Solar?

  1. Victor di:

    Dise que estes novos planetas están máis alonxados ca Plutón; é Plutón un planeta?

    • faa-rubeniglesias di:

      Plutón, é un planeta anano do Sistema Solar, situado a continuación da órbita de Neptuno. Na Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional celebrada en Praga en 2006 creouse unha nova categoría chamada plutoide, na que se inclúe a Plutón. Foi descuberto en 1930 polo astrónomo estadounidense Clyde William Tombaugh en Flagstaff, Arizona, e foi considerado o noveno e máis pequeno planeta do Sistema Solar pola Unión Astronómica Internacional. Existiu a crenza de que Plutón era un satélite de Neptuno e que o deixou de ser polo feito de alcanzar unha segunda velocidade cósmica. Esta teoría foi rexeitada na década de 1970.

    • faa-alexfernandez di:

      Plutón non é un planeta xa que, tras un intenso debate na República Checa en 2006, Plutón empezou a ser considerado un planeta anano(aínda que sempre houbo problemas na aceptación de Plutón como planeta entre os científicos).

    • A clasificación dos obxetos do sistema solar ten tres categorías(planetas clásicos, planetas ananos e corpos menores do Sistema Solar).

      Plutón está na categoría de planeta anano xunto con Ceres ,Eris ,Makemake e Haumea(planetas ananos máis coñecidos).
      A diferenza entre os planetas e os planetas ananos é que estes últimos non limparon a veciñanza da súa órbita; esta característica suxire unha orixe distinta para os dous tipos de planeta.

    • faa-emiliolumbres di:

      Pluton é considerado como un planeta anano do Sistema Solar, situado a continuación da órbita de Neptuno. Plutón foi descuberto en 1930 por un astrónomo americano dende o observatorio Lowell en Arizona, e foi considerado o noveno e máis pequeno planeta do Sistema Solar pola Unión Astronómica Internacional e pola opinión pública dende entonces ata 2006.
      A pertenencia de Plutón ao grupo de planetas do Sistema Solar, foi sempre objeto de controversia entre os astrónomos. Durante moitos anos, alguns crían que Plutón era un satélite de Neptuno que deixou de ser un satélite polo feito de alcanzar unha segunda cósmica. Non obstante, esta teoría foi rexeitada na década de 1970.
      Tras un intenso debate, e coa proposta dun astrónomo uruguayo decidiuse por unanimidade reclasificar a Plutón como planeta anano.

    • faa-manuelvilas di:

      Os astrónomos do mundo levan dous anos de intensos debates para acordar unha definición, despois de que Brown descubrise en 2003 a UBS313, situado a 14.550 millóns de quilómetros da Terra, o cal suscitou o problema de si debía ser recoñecido ou non como planeta, dado que é máis grande que Plutón.Plutón, descuberto fai 76 anos polo científico estadounidense Clyde Tombaugh (1906-1997), foi obxecto de disputa desde fai décadas, sobre todo debido ao seu tamaño, que foi reducido ano tras ano e que foi establecido agora en 2.300 quilómetros de diámetro.Desta forma, Plutón é moito máis pequeno que a Terra (12.750 quilómetros), pero tamén que a Lúa terrestre (3.480 quilómetros) e, ata, que 2003-UB313 (uns 3.000 quilómetros), que con todo atópase moito máis lonxe do Sol.Outro argumento en contra de Plutón é a forma pouco ortodoxa da súa órbita, cuxa inclinación non é paralela á da Terra e aos outros sete planetas do Sistema Solar.

  2. faa-ariadnavazquez di:

    Plutón foi descuberto en 1930 por un astrónomo dos Estados Unidos. Plutón era coñecido como o planeta máis pequeno do sistema solar e o noveno planeta con respecto o sol.
    Hoxe en día, Plutón chámase “planeta anano “. Un planeta anano é un corpo celeste que cumpre as seguintes condicións: orbita arredor do Sol; posúe suficiente masa como para que a súa propia gravidade domine as forzas presentes como corpo ríxido, o que implica unha forma aproximadamente redondeada determinada polo equilibrio hidrostático; non limpou a súa órbita doutros obxectos; non é un satélite dun planeta. Así, Plutón pasa a ser planeta ananos. En particular, Plutón perde o seu status como planeta debido a que non cumpre unha das características que si presentan os oito planetas do Sistema Solar: non é o obxecto dominante na súa rexión do espazo ou, dito doutro modo, non logrou varrer a súa órbita, senón que comparte a zona con multitude doutros obxectos do mesmo tipo.

  3. faa-martinbaulde di:

    Plutón, é un planeta anano do Sistema Solar, situado a continuación da órbita de Neptuno. Posúe unha órbita excéntrica e altamente inclinada con respecto á eclíptica, que percorre achegándose no seu perihelio ata o interior da órbita de Neptuno. Plutón posúe cinco satélites: Caronte, Nix, Hidra, Cerbero e Estigia. Estes son corpos celestes que comparten a mesma categoría. Ata o momento non foi visitado por ningunha sonda espacial, aínda que se espera que a misión New Horizons da NASA o sobrevoe este ano.
    A súa gran distancia ao Sol e á Terra e o seu reducido tamaño, impide que brille por enriba da magnitude 13,8 nos seus mellores momentos polo cal só pode ser apreciado con telescopios a partir dos 200 mm de abertura.
    Plutón foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 polo astrónomo estadounidense Clyde William Tombaug. A súa órbita é moi excéntrica e, durante 20 dos 248 anos que tarda en percorrela, encóntrase máis preto do Sol que Neptuno.

  4. fab-nereaporta di:

    La comunidad internacional astronómica genero un acuerdo hace unos pocos años donde creó una nueva categoría especifica donde fue ubicado plutón. Esta categoría denominada Planetas ENANOS abarca aquellos cuerpos que como Plutón orbiten el sol pero que por sus características de tamaño no dan la jerarquía de planetas. Esto desbancó a Plutón como noveno plantean pero “beneficio” a algunos ahora ex asteroides como Ceres Palas y Juno al trasladarlos de asteroides comunes al rango de planetas enanos. Esta nueva categoría cierra de una vez por todas la posibilidad de encontrar nuevos planetas, pues se sabe que mas allá de Plutón pudiesen existir cuerpos semejantes al mismo pero ninguno con la posibilidad de ser planeta.

  5. fab-antonchaves di:

    Plutón é un planeta anano do Sistema Solar. Foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 por Clyde William Tombaugh(1906-1997) dende o Observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona. Consideróuselle planeta ata que a Unión Astronómica Internacional modificou a definición de planeta o 24 de agosto de 2006.
    A súa órbita é moi excéntrica, e durante 20 dos 249 anos que tarda en percorrela, está máis cerca do Sol ca Neptuno.
    A órbita de Plutón tamén é a máis inclinada, 17º. Por iso non hai perigo de que se encontre con Neptuno. Cando as órbitas se cruzan, fano na proximidade dos seus extremos verticais, de xeito que hai unha grande distancia entre ambas.
    A máxima aproximación foi en setembro de 1989. Plutón estivo máis próximo do sol ca Neptuno ata o mes de marzo de 1999. Non volverá cruzar a órbita de Neptuno para estar máis próximo do sol ca este ata setembro do2226.

  6. fab-lauraozores di:

    En astronomía, Plutón, renomeado oficialmente (134340) Plutón, é un planeta anano do Sistema Solar, situado a continuación da órbita de Neptuno. Na Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional (UAI) celebrada en Praga o 24 de agosto de 2006 creouse unha nova categoría chamada plutoide, na que se inclúe a Plutón. É tamén o prototipo dunha categoría de obxectos transneptunianos denominada plutinos. Posúe unha órbita excéntrica e altamente inclinada con respecto á eclíptica, que percorre achegándose no seu perihelio ata o interior da órbita de Neptuno. Plutón posúe cinco satélites: Caronte, Nix, Hidra, Cerbero e Estigia. Estes son corpos celestes que comparten a mesma categoría.
    Plutón foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 polo astrónomo estadounidense Clyde William Tombaugh dende o Observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona, e foi considerado o noveno e máis pequeno planeta do Sistema Solar pola Unión Astronómica Internacional e pola opinión pública dende entón ata 2006, aínda que a súa pertenza ao grupo de planetas do Sistema Solar foi sempre obxecto de controversia entre os astrónomos. Mesmo, durante moitos anos existiu a crenza de que Plutón era un satélite de Neptuno que deixara de ser satélite polo feito de alcanzar unha segunda velocidade cósmica. Non obstante, esta teoría foi rexeitada na década de 1970.
    Tras un intenso debate, e coa proposta do astrónomo uruguaio Gonzalo Tancredi ante a Asemblea Xeneral da Unión Astronómica Internacional en Praga, República Checa, decidiuse por unanimidade reclasificar a Plutón como planeta anano, requirindo que un planeta debe ter dominancia orbital. Propúxose a súa clasificación como planeta no borrador de resolución, pero desapareceu da resolución final, aprobada pola Asemblea Xeral da UA.

  7. faa-diegogarcia di:

    En astronomía, Plutón, é un planeta anano do Sistema Solar, situado a continuación da órbita de Neptuno. Na Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional (UAI) celebrada en Praga o 24 de agosto de 2006 creouse unha nova categoría chamada plutoide, na que se inclúe a Plutón. É tamén o prototipo dunha categoría de obxectos transneptunianos denominada plutinos. Posúe unha órbita excéntrica e altamente inclinada con respecto á eclíptica, que percorre achegándose no seu perihelio ata o interior da órbita de Neptuno. Plutón posúe cinco satélites: Caronte, Nix, Hidra, Cerbero e Estigia. Estes son corpos celestes que comparten a mesma categoría.

  8. faa-albarodriguez di:

    Despois de 76 anos considerando un planeta do Sistema Solar, Plutón deixou de ser considerado así no 2006 e pasa a ser chamado “planeta anano”. Non reúne as características necesarias para ser chamado así, non cumpre coa definición tradicional de planeta.
    Un planeta é un corpo que non emite brillo propio, é opaco. Outra característica é que se trata de corpos esféricos e grandes en tamaño e “outra razón é que existen órbitas case circulares ao redor do Sol e estas están aproximadamente no mesmo plano”.
    Co paso do tempo e co análise de Plutón, tívose a certeza de que a súa órbita non é circular e está moi inclinada, e dicir, non está no plano dos demais planetas, ademais é de pequeno tamaño, razón suficientes para definilo doutra forma, planeta anano.

  9. fab-sabelafernandez di:

    No 2006 Plutón deixou de ser considerado un planeta, polo que o Sistema Solar pasa de nove a oito. A esta conclusión chegaron os case 2.500 científicos participantes na reunión da Unión Astronómica Internacional (IAU) convocada en Praga para consensuar unha definición de ‘planeta’.

    Os astrónomos do mundo levan dous anos de intensos debates para acordar unha definición, despois de que Brown descubrise en 2003 UBS313, situado a 14.550 millóns de quilómetros da Terra, o cal formulou o problema de se debía ser recoñecido ou non como planeta, dado que é máis grande que Plutón.

    Plutón, descuberto hai 76 anos polo científico estadounidense Clyde Tombaugh, foi obxecto de disputa dende hai décadas, sobre todo debido ao seu tamaño, que foi reducido ano tras ano e que foi establecido agora en 2.300 quilómetros de diámetro.

    Desta forma, Plutón é moito máis pequeno que a Terra (12.750 quilómetros).

  10. faa-miriantrigo di:

    Actualmente Plutón é considerado un planeta anano, despois de 76 anos sendo considerado un planeta, o que significa que é un corpo celeste que está en órbita ao redor do Sol, formando así parte do Sistema Solar. Ademais, ten suficiente masa como para ter gravidade propia para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é dicir, redonda, e tampouco é un satélite.
    Así, Plutón non pode ser considera planeta, entre outras cousas, porque a súa órbita non é circular e non está no plano dos demais planetas, xa que está moi inclinada, e ademais é demasiado pequeno, pois ben, un planeta é un corpo esférico e moi grande en tamaño, con órbitas case circulares arredor do sol e no mesmo plano.
    Para que un corpo sexa considerado planeta ten que cumprir unha serie de requisitos: estar en órbita arredor do Sol, ter suficiente gravidade para darse forma a sí mesmo e, o máis importante, o planeta ten que ter despexadas as inmediacións da súa órbita, é dicir, ter limpado os seus arredores; a medida que un planeta se forma, convértese no corpo gravitacional dominante da súa órbita no Sistema Solar, e vai interactuando con outros obxectos de menor tamaño, absorbéndoos coa súa gravidade ou expulsándoos.
    Así, todo corpo que non cumpra esa última condición será considerado un planeta anano, como é o caso de Plutón, que tan só cumpre as tres primeiras.

  11. fab-miguelpineiro di:

    Plutón é un “planeta” anano do Sistema Solar. Foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 por Clyde William. Consideróuselle planeta ata que a Unión Astronómica Internacional modificou a definición de planeta o 24 de agosto de 2006.
    A súa órbita é moi excéntrica, e durante 20 dos 249 anos que tarda en percorrela, está máis cerca do Sol ca Neptuno.
    A órbita de Plutón tamén é a máis inclinada, 17º. Por iso non hai perigo de que se encontre con Neptuno. Cando as órbitas se cruzan, fano na proximidade dos seus extremos verticais, de xeito que hai unha grande distancia entre ambas.
    A máxima aproximación foi en setembro de 1989. Plutón estivo máis próximo do sol ca Neptuno ata o mes de marzo de 1999. Non volverá cruzar a órbita de Neptuno para estar máis próximo do sol ca este ata setembro do 2226.

  12. fab-alexcosta di:

    Plutón, era considerado un planeta anano do Sistema Solar, situado a continuación da órbita de Neptuno. Na(UAI),Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional, celebrada en Praga o 24 de agosto de 2006, Plutón deixou de ser considerado un planeta, e creouse unha nova categoría chamada plutoide, na que se inclúe a Plutón. Plutón é tamén o prototipo dunha categoría de obxectos transneptunianos denominada plutinos. Posúe unha órbita excéntrica e altamente inclinada con respecto á eclíptica, que percorre achegándose no seu perihelio ata o interior da órbita de Neptuno. Plutón , pese a ser un planeta anano,posúe cinco satélites: Caronte, Nix, Cerbero,Estigia e Hidra. Estes son corpos celestes que comparten a mesma categoría.

  13. faa-tamaraparracho di:

    Plutón foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 por Clyde William Tombaugh dende o Observatorio Lowell en Flagstaff ( Arizona) e foi considerado o noveno e o máis pequeno planeta do Sistema Solar pola Unión Astronómica Internacional (UAI) dende entón ata 2006, ano no que a UAI estableceu unha nova definición de planeta que serviu para catalogar a calquera novo corpo que puidera ser encontrado no Sistema Solar.
    Así, a partir dese momento, un planeta é un corpo celeste que está en órbita ao redor do Sol, que ten suficiente masa para ter gravidade propia para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é dicir, redonda, e que despexara as inmediacións da súa órbita.
    Por esa razón, a Plutón, de pequeno tamaño e unha órbita moi alonxada do plano orbital do resto dos planetas, foille retirada a catalogación de planeta e pasou a ser considerado un planeta anano, denominación que reciben aqueles corpos que orbitan ao Sol e teñen suficiente tamaño como para adquirir equilibrio hidrostático pero que non limparon as inmediacións da súa órbita doutros corpos menores.

  14. fab-raquelpan di:

    Na astronomía, Plutón, renombrado oficialmente (134340) Plutón, e un planeta enano do Sistema Solar, situado a continuación da órbita de Neptuno. Na Asamblea General da Unión Astronómica Internacional (UAI) celebrada en Praga o 24 de agosto de 2006 creouse unha nova categoría chamada plutoide, na que se incluye a Plutón. E tamén o prototipo dunha categoría de obxetos transneptunianos denominados plutinos.

  15. faa-carmenvilanova di:

    Existe moita controversia en canto ao tema de si Pluton é ou non é un planeta.
    Plutón, renomeado oficialmente (134340) Plutón, é un planeta anano do Sistema Solar, situado a continuación da órbita de Neptuno. Está situado a 9.000 millóns de km de distancia, na última fronteira do Sistema Solar e posúe 5 satélites.
    Plutón foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 por un astrónomo estadounidense, e foi considerado o noveno e máis pequeno planeta do Sistema Solar pola Unión Astronómica Internacional e pola opinión pública dende entón ata 2006, aínda que a súa pertenza ao grupo de planetas do Sistema Solar foi sempre obxecto de discrepancia entre os astrónomos. Mesmo, durante moitos anos existiu a crenza de que Plutón era un satélite de Neptuno que deixara de ser satélite polo feito de alcanzar unha segunda velocidade cósmica. Non obstante, esta teoría foi rexeitada na década de 1970.
    Tras un intenso debate, e coa proposta dun astrónomo uruguaio ante a Asemblea Xeneral da Unión Astronómica Internacional en Praga, República Checa, decidiuse por unanimidade reclasificar a Plutón como planeta enano.5, requirindo que un planeta debe ter dominancia orbital. Propúxose a súa clasificación como planeta no borrador de resolución, pero desapareceu da resolución final, aprobada pola Asemblea Xeral da UAI. Dende o 7 de setembro de 2006 ten o número 134340, outorgado polo Minor Planet Center.

  16. faa-laurachaves di:

    Plutón, descuberto hai 76 anos polo científico estadounidense Clyde Tombaugh, foi foi obxecto de dúbida durante décadas, principalmente debido ao seu tamaño, que foi reducido ano tras ano e agora foi establecido en 2.300 quilómetros de diámetro.

    Así, Plutón é moito menor que a Terra (12.750 quilómetros), pero tamén que a Lúa (3.480 quilómetros)

    Outro argumento contra Plutón é a forma pouco ortodoxa da súa órbita, cuxa inclinación non é paralela á da Terra e os outros sete planetas do Sistema Solar.
    Polo tanto, na Unión Astronómica Internacional (IAU) convocada en Praga, decidiu que Plutón non sexa considerado un planeta, polo que o Sistema Solar pasa a ter nove planetas.

  17. faa-iagopadin di:

    En astronomía, Plutón, renomeado oficialmente (134340) Plutón, é un planeta anano do Sistema Solar, situado a continuación da órbita de Neptuno. Na Asamblea Xeral da Unión Astronómica Internacional (UAI) celebrada en 2006 creouse unha nova categoría chamada plutoide, na que se inclúe a Plutón. Ademais, é o prototipo dunha categoría de obxetos transneptunianos denominada plutinos. Posúe unha órbita excéntrica e altamente inclinada que pasa polo interior da órbita de Neptuno. Plutón ten cinco satélites: Caronte, Nix, Hidra, Cerbero e Estigia, que son corpos celestes que comparten a mesma categoría. Ata agora non foi visitado, aínda que se espera que a misión New Horizons da NASA o sobrevoe este ano.
    A súa gran distancia ao Sol e a Terra, máis o seu reducido tamaño, impide que brile por encima da magnitude 13,8 nos seus mellores momentos, polo cal só pode ser apreciado con telescopios a partir dos 200 mm de abertura, fotográficamente ou con cámara CCD.
    Plutón foi descuberto o 18 de febreuro de 1930 polo astrónomo estadounidense Clyde William Tombaugh desde o Observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona, e foi considerado o noveno e máis pequeno planeta do Sistema Solar pola Unión Astronómica Internacional e pola opinión pública ata 2006, aínda que a súa pertenencia ao grupo de planetas do Sistema Solar foi sempre obxeto de controversia entre os astrónomos.

  18. faa-marinabusto di:

    Plutón foi descuberto en 1930 polo astrónomo estadounidense Clyde William Tombaugh e foi considerado o noveno e máis pequeno planeta do Sistema Solar pola Unión Astronómica Internacional, aínda que a súa pertenza ao grupo de planetas do Sistema Solar foi sempre obxecto de controversia entre os astrónomos. Mesmo, durante moitos anos existiu a crenza de que Plutón era un satélite de Neptuno. Poteriormente tras un intenso debate, e coa proposta do astrónomo uruguaio Gonzalo Tancredi ante a Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional en Praga, República Checa, decidiuse por unanimidade reclasificar a Plutón como planeta anano, é dicir, que non se considera a Plutón como planeta, senón como outra clase de corpo celeste.

  19. fab-tatianameis di:

    Plutón foi descuberto en febrero de 1930 polo astrónomo Clyde William Tobaugh.
    Dende o seu decubrimento ata o 2006 Plutón foi denominado cómo planeta.Sen embargo, o seu reducido tamaño e a órbita tan alonxada fixo que se dubidara.
    En xullo de 2005 encontraronse obxectos transneptunianos do meso tamaño e máis grandes que plutón.

    En agosto de 2006 a Unión Astronómica Internacional publicou unha nova definición de planeta, debido a esto Plutón cambiou a súa categoría de planeta a planeta enano.

  20. faa-ileniamartinez di:

    Un planeta é un corpo celeste que está en órbita alrededor do Sol, que ten suficiente masa para ter gravidade propia, para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é decir, redonda, e que despexou as inmediacións da súa órbita.
    Plutón deixou de ser considerado un planeta, a esta conclusión chegouse na reunión da Unión Astronómica Internacional donde se definiu planeta e planeta anano.
    Plutón, descuberto en 1930, perde así a súa condición de planeta, e continúa integrando el Sistema Solar como ‘planeta anano’: Un planeta anano é un corpo celeste que está en órbita alrededor do Sol, que ten suficiente masa para ter gravidade propia, para superar as forzas ríxidas dun corpo de maneira que asuma unha forma equilibrada hidrostática, é dicir, redonda; que non despexara as inmediacions da súa órbita e que non é un satélite.

  21. faa-nereaeiras di:

    Plutón foi descuberto o 18 de febrero de 1930 polo astrónomo estadounidense Clyde William Tombaugh e foi considerado o noveno planeta do Sistema Solar pola Unión Astronómica Internacional . A súa pertenencia ao grupo de planetas do Sistema Solar foi siempre obxecto de controversia entre os astrónomos. Incluso, durante moitos anos pensouse que Plutón era un satélite de Neptuno que deixara de ser satélite por alcanzar unha segunda velocidade cósmica. Sin embargo, esta teoría foi rexeitada.

    Tras un intenso debate, e coa proposta do astrónomo uruguayo Gonzalo Tancredi, decideuse por unanimidade reclasificar a Plutón como planeta enano.

  22. fab-miguelleiro di:

    Plutón era considerado un planeta mais do sistema solar ata o 26 de agosto de 2006, onde lle quitaron o “título” de planeta, quedando en planeta anano, entrando así nun selecto grupo.
    A decisión foi clave cando descubriron obxetos transneptunianos que era do mesmo tamaño ou incluso maiores. Así se zanxou un dos temas de maior controversia entre os astrónomos.

  23. faa-uxiacasais di:

    Plutón, descuberto fai 76 anos polo científico estadounidense Clyde Tombaugh (1906-1997), foi obxecto de disputa dende fai décadas, sobre todo debido o seu tamaño.
    Desta forma, Plutón é moito máis pequeno ca Terra, a Lúa e, incluso que o planeta anano 2003-UB313, que sen embargo encontrase moito máis lonxe do sol. Outro argumento na contra de Plutón é a forma pouco ortodoxa da súa orbita, cuxa inclinación non é paralela a Terra nin os outros sete planetas do Sistema Solar.
    Por estas razón Plutón deixa de ser considerado planeta, polo que o Sistema Solar pasa de nove a oito planetas. A esta conclusión han chegado os case 2.500 científicos participantes na reunión da Unión Astronómica Internacionais (IAU) convocada en Praga para establecer unha definición de “planeta”.

  24. fab-lauracaldas di:

    Plutón deixouse de considerar un planeta, polo que o Sistema Solar pasa de nove a oito.Despois de que Brown descubrise en 2003 a UBS313, situado a 14.500 millóns de kilómetros da Terra, plantwxou o problema de si debrría ser recoñecido ou non como planeta, pois é máis grande que Plutón. Plutón foi obxecto de disputa dende fai décadas debido ao seu tamaño, que se foi reducindo ano tras ano e que se estableceu en 2.300 kilómetros de diámetro. Outro argumento en contra de Plutón é a forma pouco ortodoxa da súa órbita, pois a súa inclinación non é paralela á da Terra e aos outros sete planetas do Sistemas Solar.

  25. fab-laurafalcon di:

    Plutón deixou de ser considerado un planeta, polo que o Sistema Solar pasa de nove a oito. A esta conclusión chegaron os case 2.500 científicos participantes na reunión da Unión Astronómica Internacional (IAU) convocada en Praga para consensuar unha definición de ‘planeta’.

    Os astrónomos do mundo levan dous anos de intensos debates para acordar unha definición, despois de que Brown descubrise en 2003 UBS313, situado a 14.550 millóns de quilómetros da Terra, o cal formulou o problema de se debía ser recoñecido ou non como planeta, dado que é máis grande que Plutón.

    Plutón, descuberto hai 76 anos polo científico estadounidense Clyde Tombaugh (1906-1997), foi obxecto de disputa dende hai décadas, sobre todo debido ao seu tamaño, que foi reducido ano tras ano e que foi establecido agora en 2.300 quilómetros de diámetro.

    Desta forma, Plutón é moito máis pequeno que a Terra (12.750 quilómetros), pero tamén que a Lúa terrestre (3.480 quilómetros) e, mesmo, que 2003-UB313 (uns 3.000 quilómetros), que non obstante se encontra moito máis lonxe do Sol.

    Outro argumento en contra de Plutón é a forma pouco ortodoxa da súa órbita, cuxa inclinación non é paralela á da Terra e aos outros sete planetas do Sistema Solar.

  26. fab-mariblanco di:

    Plutón é un planeta anano do Sistema Solar. Foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 por Clyde William Tombaugh (1906-1997) dende o Observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona. Consideróuselle planeta ata que a Unión Astronómica Internacional modificou a definición de planeta o 24 de agosto de 2006.

    A súa órbita é moi excéntrica, e durante 20 dos 249 anos que tarda en percorrela, está máis cerca do Sol ca Neptuno.

    A órbita de Plutón tamén é a máis inclinada, 17º. Por iso non hai perigo de que se encontre con Neptuno. Cando as órbitas se cruzan, fano na proximidade dos seus extremos verticais, de xeito que hai unha grande distancia entre ambas.

    A máxima aproximación (perihelio) foi en setembro de 1989. Plutón estivo máis próximo do sol ca Neptuno ata o mes de marzo de 1999. Non volverá cruzar a órbita de Neptuno para estar máis próximo do sol ca este ata setembro do 2226.

    Plutón ten actualmente 5 lúas: Hydra, Cérbero, Nix, Estigia (lúa) e Caronte, esta última a máis grande das cinco e a máis interior. Caronte ten 1.192 km de diámetro e está a 19.640 km do planeta.

    Co tempo, a gravidade freou as rotacións de Caronte e Plutón, polo que agora se presentan sempre a mesma cara mutuamente (rotación sincrónica. A rotación desta parella é única no Sistema Solar. O seu centro de masas está nun punto no espazo entre ambos corpos, máis achegado a Plutón, que ten 7 veces máis masa ca Caronte. Adoita dicirse que constitúen un planeta dobre.

    As órbitas das lúas de Plutón son practicamente circulares e planas, “perfectamente aniñadas … un pouco coma as bonecas rusas”,[1] e as catro lúas máis pequenas, Hydra, Estigia, Nix e Cérbero, forma parte dunha secuencia notable de quasi-resonancias de 1:3:4:5:6.

  27. faa-albaaller di:

    Plutón, nun principio, definíuse como un planeta do Sistema Solar, mais fai uns anos decideuse consideralo un planeta anano debido a que non cumpre todas as condicións que debe cumplir un corpo celeste para ser considerado planeta.
    Para ser considerado planeta un corpo celeste debe cumplir as seguintes condicións: ten que estar en órbita ao redor do Sol, ademais esta órbita de formar algo parecido a un círculo; ademais debe de ter suficiente gravidade, e debe absorber ou expulsar aos obxectos de menor tamaño que estean ao seu redor coa axuda desta gravidade.
    Plutón non é considerado planeta polos seguintes factores: é un planeta cun tamaño moi pequeno, ademais está demasiado lonxe do Sol, e a orbita ao redor deste non é circular, por iso fai uns anos decidiuse catalogalo como planeta anano.

  28. faa-iagopadin di:

    No artigo fálase de obxectos transneptunianos, é dicir que a súa orbita está máis alá de Neptuno, pero de que se tratan estes obxectos?
    Os obxectos transneptunianos, TNOs, do ingles “trans-neptunian objects” son os corpos que poblan a rexión chamada cinturón transneptuniano (tamén coñecido como cinturón de Kuiper ou de Edgeworth-Kuiper). Tratanse de corpos de ata uns 2000 km de diámetro compostos básicamente de xeo, de agua e de outros volátiles como metano (CH4) e nitróxeno (N2), e silicatos.
    Cando a nube de gas e polvo que orixinou o Sistema Solar se condensou no disco, as partículas xeadas e de silicatos que estaban na rexión foron colisionando y agregándose ata formar millons de obxectos xeados que quedaron orbitando ao redor do Sol. Moitos foron absorbidos polos planetas, pero a maioría foron exectados cara zonas máis alonxadas do Sistema Solar. Entón, considerando o alonxados que sempre estiveron do Sol, e os seus pequenos tamaños, o material que os forma é o menos modificado e posúen por tanto, información única sobre a orixe e evolución do Sistema Solar.

  29. Victor di:

    NOVO FORO ABERTO; ESTARÁ ACTIVO DURANTE 10 DÍAS.

  30. faa-miguelotero di:

    A definición dun planeta pasou por varios cambios ao longo dos milenios en que os humanos foron conscientes da existencia doutros planetas no noso Sistema Solar. .
    A IAU (International Astronomical Union) decidiu clasificar Plutón e outros corpos pequenos como “planetas ananos”, un planeta anano é aquel corpo celeste que está en órbita arredor do sol. Debe ter suficiente masa para que a súa propia gravidade supere a forza dun corpo ríxido, de maneira que adquira un equilibrio hidrostático ( forma de esfera). É último non é un satélite dun planeta ou outro corpo estelar.

  31. fab-ivanportas di:

    Plutón foi descuberto en 1930 por uns estadounidenses. Plutón nos seus principios de ser descubertos era englobado na categoría de planeta coñecido como o planeta máis pequeno do sistema solar.
    Pero máis adiante Plutón foi considerado un planeta anano, un planeta anano é un corpo celeste que ten as seguintes condicións:

    -Orbita arredor do Sol;
    -Ten suficiente masa como para que a súa propia gravidade domine as forzas presentes como corpo ríxido, (isto implica unha forma aproximadamente redondeada determinada polo equilibrio)
    -Non limpou a súa órbita doutros obxectos;
    -Non é un satélite dun planeta.

    Así foi como Plutón perdeu a categoría de planeta debido a que non cumpre unha das características que si presentan os oito planetas do Sistema Solar:

    -non logrou varrer a súa órbita, senón que comparte a zona con multitude doutros obxectos do mesmo tipo.