Efectos secundarios

Un amplo estudo, desenvolvido durante máis de sete anos pola Universidade de Washington (EE.UU.) e publicado na revista Archives of Internal Medicine, pon de manifiesto que algúns medicamentos que utilizamos de forma habitual poden provocar un efecto secundario moi perigoso de tomarse en exceso ou  consumen durante moito tempo.

A investigación contou coa participación de 3.500 persoas cun obxectivo de analizar a posibilidade de asociación entre o consumo destes medicamentos comúns e un aumento no risco de demencia. As conclusións son claras: a maior consumo de fármacos anticolinérxicos (que bloquean o neurotransmisor chamado acetilcolina no cerebro e no organismo e poden provocar somnolencia, dolor de garganta, retención de ouriños e sequidade na boca e nos ollos) como os antidepresivos ou os indicados para a alerxia ou o control da vexiga, incrementan o risco de desenvolver demencia, incluíndo o Alzheimer. Ademais este risco pode non ser reversible  aínda que se deixe a medicación e pasen os anos. A ameaza segue persistindo.

“As persoas maiores deben ser conscientes de que moitos dos medicamentos, entre os que se adquiren sen receita médica, posúen importantes efectos anticolinérxicos. Pero ninguén debería deixar de tomar calquera tratamento sen consultar ao seu médico”, explica Shelly Gray,  líder do estudo.

Como fan falta máis investigacións para determinar se o deterioro cognitivo causado polos efectos secundarios dos medicamentos pode ser reversible, esta investigación continuará cando os voluntarios morran. Todos eles deron o seu consentimento para que os científicos analicen o seu cerebro para comprobar se efectivamente aquelas persoas que consumiron estes medicamentos teñen patoloxía asociada ao alzhéimer no seu cerebro ou non, en comparación cos que consumiron outros fármacos.

Autora: Mari Blanco Salgueiro

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

41 Responses to Efectos secundarios

  1. Victor di:

    Neurotransmisor, acetilcolina; explicade estes dous conceptos.

    • faa-rubeniglesias di:

      Un neurotransmisor é unha biomolécula que transmite información dunha neurona a outra neurona consecutiva, unidas mediante unha sinapse. O neurotransmisor libérase polas vesículas na extremidade da neurona presináptica durante a propagación do impulso nervioso, atravesa o espazo sináptico e actúa cambiando o potencial de acción na neurona seguinte.

      A acetilcolina (ACh ou ACo) é un neurotransmisor que foi illado e caracterizado farmacológicamente por Henry Hallett Dale en 1914, e despois confirmado como un neurotransmisor por Otto Loewi.

    • faa-ritalage di:

      Os neurotransmisores son substancias químicas endóxenas, que transmiten sinais a través dunha sinapse dunha neurona (célula nerviosa) a outra neurona «obxectivo». Os neurotransmisores son liberados das vesículas sinápticas nas sinapses na fenda sináptica, onde son recibidos polos receptores noutras sinapses. Moitos neurotransmisores sintetízanse a partir de precursores abundantes e simples, tales como aminoácidos, que son doadamente dispoñibles a partir da dieta e só requiren un pequeno número de pasos biosintéticos para convertelos. Os neurotransmisores xogan un papel importante na conformación da vida e as funcións de todos os días.
      acetilcolina (ACh a miúdo abreviado) é o neurotransmisor máis común. Encóntrase tanto no sistema nervioso central (SNC) e o sistema nervioso periférico (SNP).
      A acetilcolina foi o primeiro neurotransmisor pode ser identificado. Foi descuberto por Henry Hallett Dale en 1914 e a súa existencia foi confirmada posteriormente por Otto Loewi. Ambos os dous individuos foron galardoados co Premio Nobel de Fisiología / Medicina en 1936 polo seu descubrimento.

  2. faa-ariadnavazquez di:

    Os neurotransmisores son substancias químicas endóxenas, que transmiten sinais a través dunha sinapse dunha neurona (célula nerviosa) a outra neurona “obxectivo”. Os neurotransmisores son liberados das vesículas sinápticas nas sinapses na fenda sináptica, onde son recibidos polos receptores noutras sinapses. Moitos neurotransmisores sintetízanse a partir de precursores abundantes e simples, tales como aminoácidos, que son doadamente dispoñibles a partir da dieta e só requiren un pequeno número de pasos biosintéticos para convertelos. Os neurotransmisores xogan un papel importante na conformación da vida e as funcións de todos os días.
    acetilcolina (ACh a miúdo abreviado) é o neurotransmisor máis común. Encóntrase tanto no sistema nervioso central (SNC) e o sistema nervioso periférico (SNP).

    A acetilcolina foi o primeiro neurotransmisor pode ser identificado. Foi descuberto por Henry Hallett Dale en 1914 e a súa existencia foi confirmada posteriormente por Otto Loewi. Ambos os dous individuos foron galardoados co Premio Nobel de Fisiología / Medicina en 1936 polo seu descubrimento.

    A acetilcolina actúa como un neuromodulador no SNC e SNP. En lugar de participar na transmisión sináptica directa entre neuronas específicas, os neuromoduladores actúan nunha variedade de neuronas en todo o sistema nervioso. No sistema nervioso central, a acetilcolina actúa como parte dun sistema neurotransmisor e desempeña un papel na atención e a excitación. No sistema nervioso periférico, este neurotransmisor é unha parte importante do sistema nervioso autónomo e funciona para activar o músculo.

  3. faa-martinbaulde di:

    Un neurotransmisor é unha biomolécula que transmite información dunha neurona a outra neurona consecutiva, unidas mediante unha sinapse. O neurotransmisor libérase polas vesículas na extremidade da neurona presináptica durante a propagación do impulso nervioso, atravesa o espazo sináptico e actúa cambiando o potencial de acción na neurona seguinte fixándose en puntos precisos da súa membrana plasmática
    A diferencia que ten un neurotransmisor cunha hormona é que un neurotransmisor ao ser liberado só comunica a unha célula (neurona) próxima, mediante sinapse. En cambio unha hormona comunícase con outra célula sen importar o lonxe que estea, viaxando a través do torrente sanguíneo.
    A acetilcolina (ACh ou ACo) é un neurotransmisor que foi illado e caracterizado farmacológicamente por Henry Hallett Dale en 1914, e despois confirmado como un neurotransmisor (o primeiro en ser identificado) por Otto Loewi; polo seu traballo recibiron en 1936 o premio Nobel en fisioloxía e medicina.
    A función da acetilcolina, ao igual que outros neurotransmisores, é mediar na actividade sináptica do sistema nervioso.

  4. faa-miriantrigo di:

    Os neurotransmisores, ou tamén chamados neuromediadores, son biomoléculas liberadas ao espazo sináptico por neuronas (neuronas presinápticas), para chegar á membrana postináptica e unirse a un recepto, que poden ser unha célula muscular, glandular, ou incluso outra neurona. Así, estes neurotransmisores encárganse da transmisión de sinais dende unha neurona a un receptor a través da sinapse, e son elementos clave na transmisión dos estímulos nerviosos.
    Segundo o seu tamaño, diferenciamos entre neurotransmisores pequenos, que son aminoácidos e derivados, a acetilcolina e o ATP; e por outro lado temos os neuropéptidos, compostos por máis de tres aminoácidos, e algúns actúan como tamén hormonas.
    Os principais neurotransmisores son a Dopamina, a Noradrenalina, a Serotonina, a Glicina, o Glutamato, o GABA e a Acetilcolina. Esta última é o primeiro neurotransmisor descuberto, tendo funcións tanto no sistema nervioso periférico e no sistema nervioso central como un neuromodulador, o que quere dicir que regula as diferentes poboacións de neuronas. Mentres que no sistema nervioso periférico a acetilcolina se encarga de activar os músculos, no sistema nervioso central forma un sistema neurotransmisor, xunto coas neuronas.

  5. faa-carmenvilanova di:

    O neurotransmisor, tamén coñecido como neuromediador, é unha substancia química cuxa principal función é a transmisión de información dunha neurona a outra a travesando aquel espazo denominado como sináptico que separa dúas neuronas consecutivas. De todas as maneiras, a información que transmite o neurotransmisor tamén pode levarse a outras células como ser as musculares ou glandulares; trátase dunha peza clave á hora da transmisión dos estímulos nerviosos. O neurotransmisor comeza actuar liberándose na extremidade dunha neurona, mentres se desenvolve a propagación do influxo nervioso, fixándose nos puntos precisos da membrana da neurona seguinte.
    Ao neurotransmisor, ademais, pódello considerar como unha bio molécula, sintetizada na maioría dos casos polas neuronas e a partir de vesículas existentes na neurona pre sináptica liberaranse a través do espazo sináptico. Como consecuencia desta situación os neurotransmisores resultan ser as substancias máis importantes da sinapse.

    A acetilcolina é sintetizada a partir de Colina e Acetil CoA, derivados do metabolismo da glicosa a través da encima Colina acetiltransferasa. É o neurotransmisor máis amplamente distribuído no sistema nervioso. A súa función, ao igual que outros neurotransmisores, é mediar na actividade sináptica do sistema nervioso.
    As fibras musculares posúen gran cantidade de receptores. A acetilcolina abunda tamén no cerebro, onde tende a provocar excitación.
    Tamén intervén sobre as glándulas que reciben impulsos da parte parasimpática do sistema nervioso autónomo, polo que un incremento de acetilcolina causa unha redución da frecuencia cardíaca e un incremento da produción de saliva.

  6. fab-alexcosta di:

    Os neurotransmisores son un grupo de substancias químicas cuxa descarga, a partir de vesículas existentes na neurona presináptica, cara á brecha sináptica, produce un cambio no potencial de acción da neurona post-sináptica.Calquera dos compostos químicos que se liberan na superficie presináptica e se ligan aos correspondentes receptores da superficie postsináptica. Son numerosos os xa descubertos e de natureza química moi distinta duns a outros. Os primeiros coñecidos foron a adrenalina e a acetilcolina.
    A acetilcolina é un neurotransmisor que foi illado e caracterizado farmacológicamente por Henry Hallett en 1914, e despois confirmado como un neurotransmisor por Otto Loewi, destacar que este foi o primer neurotransmisor confirmado.
    A función da acetilcolina, ao igual que outros neurotransmisores, é mediar na actividade sináptica do sistema nervioso.

  7. faa-tamaraparracho di:

    Un neurotransmisor ou neuromediador é unha substancia química que transmite información dunha neurona (célula do sistema nervioso) a outra neurona consecutiva, á que se encontra mediante sinapse . O neurotransmisor é liberado polas vesículas na extremidade da neurona presináptica durante a propagación do impulso nervioso. A continuación, atravesa o espacio sináptico e actúa cambiando o potencial de acción na neurona seguinte (denominada postsináptica) fixándose en puntos precisos da súa membrana plasmática. O seu efecto pode ser de excitación se despolariza a membrana ou inhibitorio se a repolariza. Tamén se encontran na terminal axónica das neuronas motoras, onde estimulan as fibras musculares para contraelas.
    A acetilcolina foi descuberta por Henry Hallett Daleen 1914 e despois confirmada como un neurotransmisor (o primeiro en ser identificado) por Otto Loewi, os que polo seu traballo recibiron en 1936 o premio Nobel en fisioloxía e medicina.
    A acetilcolina está formada por dous compoñentes, acetato e colina, os cales se unen mediante a acción da acetilcolina transferasa, tendo lugar esta reacción nos terminais nerviosos.
    Este neurotransmisor ten moitas funcións: é o responsable da estimulación dos músculos, incluíndo os do sistema gastro-intestinal. Tamén se encontra nas neuronas sensoriais , no sistema nervioso autónomo e participa na programación do sono REM.

  8. Victor di:

    Existen sinapses que non utilicen neurotransmisores?

  9. faa-ileniamartinez di:

    La acetilcolina es un neurotransmisor, es decir esta la sustancia permite transmitir la información de una neurona a otra . Se almacena en vesículas en el extremo de una neurona primero, y es secretada a partir de un impulso eléctrico en la sinapsis (espacio entre dos neuronas). A continuación, se unirá a los receptores de la extremidad de la segunda neurona para propagar el impulso antes de ser recaptada por su extremidad de origen. Permite así la propagación de un potencial de acción (impulsos eléctricos) en el sistema nervioso

  10. faa-ileniamartinez di:

    Un neurotransmisor é unha molécula liberada polas neuronas ao espazo sináptico. A estas neuronas chamanselle pre-sinápticas e conteñen grande cantidade de neurotransmisores en vesículas sinápticas. Unha vez liberado ao espazo sináptico e o neurotransmisor difunde e chega á membrana postsináptica onde exerce a súa función ao unirse ao seu receptor. Os receptores para neurotransmisores poden encontrase en outras neuronas, en células musculares ou en células glandulares. As células que portan os receptores chamanse células post-sinápticas. Os receptores de estas células poden ser canles iónicas abertas por ligando ou receptores acoplados a proteínas G. A función do neurotransmisor é transmitir unha señal desde a célula pre-sináptica á célula post-sináptica.
    A acetilcolina é un neurotransmisor, é decir esta sustancia permite transmitir a información dunha neurona a outra.almacenas en vesículas no extremo dunha neurona primeiro , e é secretada a partir dun impulso eléctrico na sinapsis (espacio entre duas neuronas). A continuación, unense aos receptores da extremidade da segunda neurona para propagar o impulso antes de ser recaptada pola sua extremidade de orixe. Permite así a propagación dun potencial de acción (impulsos eléctricos) no sistema nervioso

  11. faa-diegogarcia di:

    Un neurotransmisor (ou neuromediador) é unha biomolécula que transmite información dunha neurona (un tipo de célula do sistema nervioso) a outra neurona consecutiva, unidas mediante unha sinapse. O neurotransmisor libérase polas vesículas na extremidade da neurona presináptica durante a propagación do impulso nervioso, atravesa o espazo sináptico e actúa cambiando o potencial de acción na neurona seguinte (denominada postsináptica) fixándose en puntos precisos da súa membrana plasmática.
    A acetilcolina (ACh ou ACo) é un neurotransmisor que foi illado e caracterizado farmacológicamente por Henry Hallett Dale en 1914, e despois confirmado como un neurotransmisor (o primeiro en ser identificado) por Otto Loewi; polo seu traballo recibiron en 1936 o premio Nobel en fisioloxía e medicina.

  12. Victor di:

    Non respondedes á pregunta de sinapses sen neurotransmisor. Farei a pregunta doutro xeito: que son as sinapses eléctricas?

    • fab-dariovazquez di:

      Unha sinapse eléctrica é unha sinapse na cal a tránsmisión entre a primeira e a segunda neurona non se produce por unha secreción de un neurotransmisor, como sucede nas sinapse químicas, senon polo paso de ións dunha celula á outra a través de “conexións gap”. As unións gap son pequenos canais formados polo acoplamento de complexos proteicos, baseados nas proteinas chamadas conexinas, atopadas en células estreitamente adheridas. As neuronas participantes neste tipo de sinapse atopanse a unha distancia de entre 2 e 3 nanómetros. As zonas contíguas das neuronas comunicanse polos canais proteicos chamados conexones, formados por un anel de proteínas integradas nas membranas chamadas conexinas, tratanse de unións gap dun tipo particular. Os inos desta maneira podense mover no citoplasma dunha neurona a outra contigua, transmitindo directamente a acción, sen necesidade dun neurotransmisor que provoque o potencial na segunda célula ó ser alcanzado pola primeira.

    • faa-emiliolumbres di:

      Unha sinapse eléctrica é unha sinapse (unión funcional intercelular especializada entre neuronas ou entre unha neurona e unha célula efectora glandular ou muscular) na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción dun neurotransmisor, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través de unións gaps. As unións gaps son pequenos canles formados polo acoplamento de complexos proteicos, basados en proteínas chamadas conexinas (familia de proteínas estructurales transmembranais que únense para formar unións gaps nos vertebrados) en células estreitamente adheridas.

    • fab-mariangaleano di:

      A sinapses eléctrica é outra forma de comunicación entre as células no sistema nervioso. Estas sinapses son zonas de contacto entre membranas plasmáticas das células que se comunican, nas cales se organiza unha estructura, a unión en hendidura. Corresponden a unións de comunicación entre as membranas plasmáticas dos terminales presináptico e postsinápticos, as que ao adoptar a configuración aberta permiten o libre fluxo de ions dende o citoplasma do terminal presináptio cara o citoplasma do terminal postsináptico. Na unión en hendidura estructúranse canais iónicos na membrana das células que se contactan de modo que o canal de cada membrana coincide co da outra membrana formándose así un canal que comunica a dúas células veciñas. A través de este mecanismo as células comunícanse entre sí, entón, mediante correntes iónicas.
      Nas sinapses eléctricas a corrente pode fluír en ambos sentidos e prácticamente non hai retardo sináptico. Sen embargo, nos canales non sempre están abertos e poden ser modulados polo pH intracelular, polo Ca+2, por segundos mensaxeiros e aínda por neurotransmisores.
      Cada canal unícase no centro dunha proteína ( o cenexón) que atravesa as membranas plasmáticas dasveciñas. Cada conexión ten 1.5-2.0 mm de diámetro e está formado por subunidades proteicas, as conexinas, que en número de seis atravesan a membrana, deixando o canal ao centro. A parte do conexón que sobresale cara o exterior se contacta cunha estructura análoga da célula veciña. Así, ambas células, aportando cada unha un hemiconexón. Únense a través deles nese punto. O espazo que separa a ambos hemiconexones é de 3.5 mm.

    • fab-rociovazquez di:

      Unha sinapse eléctrica é na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción de un neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senón polo paso de ions dunha célula a outra a través de «unións gap». As unións gap son pequenos canales formados polo acoplamento de complexos proteicos, basados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.
      Las neuronas participantes en este tipo de sinapses están a unha distancia de entre 2 e 3 nanómetros. As zonas contiguas das neuronas comunícanse por canales proteicos chamados conexones, formados por un anel de proteínas integradas na membrana chamadas conexinas; trátanse de unións gap de un tipo particular. Os ions poden así moverse do citoplasma de unha neurona á contigua, transmitindo directamente o potencial de acción, sen necesidade de un neurotransmisor que provoque o potencial na segunda célula ao ser alcanzado polo que recorre a primeira.

  13. fab-miguelpineiro di:

    Unha sinapse eléctrica é unha sinapse na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través de «unións gap». As unións gap son pequenas canles formadas polo acoplamento de complexos proteicos, baseados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.

  14. fab-nereaporta di:

    Unha sinapse eléctrica é unha sinapse na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción de un neurotransmisor, como sucede na sinapse química, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través das unioóns gap. As unión gap son pequenos canles formados polo acoplamento de complexos proteicos, baseados nas proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.
    As neuronas participantes neste tipo de sinapse están a unha distancia entre 2 e 3 nanometros. Nas zoas contiguas das neuronas comunícanse polos canles proteicos chamados conexones, formados por un anel de proteínas integradas na membrana chamadas conexias; trátanse de unión gap dun ti`po particular. Os ións poden así moverse do citoplasma dunha neurona a contigua, transmitindo directamente o potencial da acción, sen necesidade de un neurotransmisor o cal provoque o potencial na segunda célula ao ser alcanzado polo que recorre a primeira.

  15. fab-lauraozores di:

    Unha sinapse eléctrica é unha sinapse na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través de «unións gap». As unións gap son pequenas canles formadas polo acoplamento de complexos proteicos, baseados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.
    As neuronas participantes neste tipo de sinapse están a unha distancia de entre 2 e 3 nanómetros. As zonas contiguas das neuronas comunícanse por canles proteicas chamadas conexóns, formados por un anel de proteínas integradas na membrana chamadas conexinas; trátase de unións gap dun tipo particular. Os ións poden así se mover do citoplasma dunha neurona á contigua, transmitindo directamente o potencial de acción, sen necesidade dun neurotransmisor que provoque o potencial na segunda célula ao ser alcanzado polo que percorre a primeira.

  16. faa-diegogarcia di:

    Unha sinapse eléctrica é unha sinapse na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través de «unións gap». As unións gap son pequenas canles formadas polo acoplamento de complexos proteicos, baseados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.
    As neuronas participantes neste tipo de sinapse están a unha distancia de entre 2 e 3 nanómetros. As zonas contiguas das neuronas comunícanse por canles proteicas chamadas conexóns, formados por un anel de proteínas integradas na membrana chamadas conexinas; trátase de unións gap dun tipo particular. Os ións poden así se mover do citoplasma dunha neurona á contigua, transmitindo directamente o potencial de acción, sen necesidade dun neurotransmisor que provoque o potencial na segunda célula ao ser alcanzado polo que percorre a primeira.

  17. faa-miriantrigo di:

    A sinapse química constitúe a principal forma de comunicación entre neuronas e entre neuronas e células musculares, pero tamén existe outro tipo de sinapse: a sinapse eléctrica.
    Esta sinapse é máis común no sistema nervioso dos invertebrados e, a diferenza das sinapses químicas, nestas non se produce a secreción de neurotransmisores entre neurona e neurona, senón que, grazas á unión citoplasmática por moléculas de proteínas tubulares existente entre o proceso presináptico e postsináptico, permiten que o estímulo pase dunha célula a outra sen necesidade de ningún tipo de mediación química. Ao non existir tal mediador químico, a sinapse eléctrica caracterízase pola inmediata transmisión sináptica, mentres que na sinapse química existe un retraso sináptico.
    Ademais, a sinapse eléctrica diferénciase da química tamén na súa simplicidade, xa que esta última constitúe un proceso complexo, no que se ten que liberar o neurotransmisor e este chegar dende o emisor ao receptor.

  18. fab-raquelpan di:

    Os neurotransmisores son as sustancias químicas que se encargan da transmisión das señales desde unha neurona hasta a siguiente a través da sinapsis. Tamén se atopan na terminal axónica das neuronas motoras, donde se estimulan as fibras musculares para contraelas. Eles e os seus parentes cercanos son producidos en algunhas glándulas como as glándulas pituitaria y adrenal.
    A acetilcolina foi o primer neurotransmisor en ser descuberto. Foi aislado en 1921 por un biólogo alemán chamado Otto Loewi, quien gañou posteriormente o premio Nobel polo seu traballo. A acetilcolina ten moitas funcions: e a responsable de moitas das estimulación dos músculos, incluindo os músculos do sistema gastro-intestinal. Tamén se encuentra en neuronas sensoriales e no sistema nervioso autónomo, e participa na programación dos soños de REM. Desde o punto de vista funcional, a comunicación interneuronal a través da sinapsis eléctricas difiere marcadamente da comunicación a través da sinapsis químicas. A principal diferencia estriba e a velocidad. Mentras que nas últimas existe un retraso sináptico, tempo que transcurre desde que o potencial de acción alcanza o terminal presináptico hasta que se libera o neurotransmisor e éste interactúa co receptor producindo a respuesta en la célula postsináptica (uns pocos milisegundos), e na sinapsis eléctricas este retraso e prácticamente nulo. Esta alta velocidade na comunicación intercelular permite o acoplamiento funcional simultáneo (sincronización) de redes de neuronas que estan unidas por sinapsis eléctricas.

  19. faa-albarodriguez di:

    Unha sinapses eléctrica é unha sinapses onde a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción de un neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través de unións gap. As unións gap son pequenos canles formados polo acoplamento de complexos proteicos, basados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.
    As neuronas principiantes neste tipo de sinapse están a unha distancia de 2 e 3 manómetros. As zonas contiguas das neuronas comunícanse por canles proteicos chamados conexones, formados por un anelo de proteínas integradas na membrana chama conexinas. Os ións poden así moverse do citoplasma dunha neurona á contigua, transmitindo directamente o potencial de acción, sen necesidade dun neurotransmisor que provoque o potencial na segunda célula ao ser alcanzado polo que recorre a primeira.

  20. fab-sabelafernandez di:

    A sinapse é a relación funcional de contacto entre as terminacións das células nerviosas.
    Este proceso comunicativo entre neuronas comeza cunha descarga químico-eléctrica na membrana da célula emisora (presináptica). Cando o devandito impulso nervioso chega ao extremo do axón, a neurona segrega unha substancia que se aloxa no espazo sináptico entre esta neurona transmisora e a neurona receptora (postsináptica). Á súa vez, este neurotransmisor é o encargado de excitar a outra neurona.
    De acordo ao tipo de transmisión do impulso nervioso, a sinapse pode clasificarse en eléctrica ou química. Na sinapse eléctrica, os procesos pre e postsináptico son continuos debido á unión citoplasmático por moléculas de proteínas tubulares, que permiten que o estímulo pase dunha célula a outra sen a necesidade dunha mediación química.

  21. faa-carmenvilanova di:

    Unha sinapse eléctrica é unha sinapse na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través de «unións gap». As unións gap son pequenas canles formadas polo acoplamento de complexos proteicos, baseados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.
    As neuronas participantes neste tipo de sinapse están a unha distancia de entre 2 e 3 nanómetros. As zonas contiguas das neuronas comunícanse por canles proteicas chamadas conexóns, formados por un anel de proteínas integradas na membrana chamadas conexinas; trátase de unións gap dun tipo particular. Os ións poden así se mover do citoplasma dunha neurona á contigua, transmitindo directamente o potencial de acción, sen necesidade dun neurotransmisor que provoque o potencial na segunda célula ao ser alcanzado polo que percorre a primeira.
    Pero, que papel desempeñan as sinapses eléctricas no funcionamento do cerebro? A pesar de que as sinapses eléctricas foron descritas hai máis de 30 anos no cerebro de mamíferos, a súa importancia estivo ensombrecida por razóns variadas. As dificultades técnicas para estudar a súa distribución e función no tecido nervioso sumábanse ao impresionante número de estudos dedicados á súa ‘irmá maior’, a sinapse química. Esta, maioritaria no cerebro, acaparaba todas as atencións, deixando relegada a un segundo plano ás sinapses eléctricas.

  22. fab-antonchaves di:

    Estas sinapses son zonas de contacto entre membranas plasmáticas das células que se comunican, nas cales se organiza unha estrutura, a unión en fenda.

    Na unión en fenda estrutúranse canles iónicas na membrana das células que se contactan de modo que a canle de cada membrana coincide co da outra membrana formándose así unha canle que comunica a dúas células veciñas. A través destas canles pasan ións coa súa carga dende o citoplasma dunha célula ao da súa veciña. A través deste mecanismo as células comunícanse entre si, entón, mediante correntes iónicas.

  23. faa-iagopadin di:

    A sinapse é o proceso de comunicación entre neuronas. Iniciase cunha descarga química que orixina unha corrente eléctrica na membrana da célula emisora e unha vez que este impulso nervioso alcanza o extremo do axón, a propia neurona segrega unha substancia ou neurotransmisor que se deposita nun espazo intermedio ou espazo sináptico entre esta neurona transmisora e a neurona receptora. Este neurotransmisor é o que excita ou inhibe a outra neurona. Existen dous tipos de sinapses, unha química e outra eléctrica e concretamente, falaremos da sinapse eléctrica.
    Este tipo de sinapse pode verse en bacterias, especies primitivas e nos humanos só se ve no sistema de conduccion do corazon, ademais, é importante dicir que as celulas que fan sinapse electrica en humanos non son neuronas, senon celulas musculares moi especializadas. Este proceso consiste en que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senon polo paso de ions dunha célula a outra a través de «unions gap», que son pequenos canles formados polo acoplamento de complexos proteicos, basados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.

  24. faa-sarafalcon di:

    Os neurotransmisores son as substancias químicas que se encargan da transmisión dos sinais dende unha neurona ata a seguinte a través das sinapses. Tamén se encontran na terminal axónica das neuronas motoras, onde estimulan as fibras musculares para contraelas. Eles e os seus parentes próximos son producidos nalgunhas glándulas como as glándulas pituitaria e adrenal. Neste capítulo, revisaremos algúns dos neurotransmisores máis significativos.
    A acetilcolina foi o primeiro neurotransmisor en ser descuberto. Foi illado en 1921 por in biólogo alemán chamado Otto Loewi, quen gañou posteriormente o premio Nobel polo seu traballo. A acetilcolina ten moitas funcións: é a responsable de moita da estimulación dos músculos, incluíndo os músculos do sistema gastro-intestinal. Tamén se encontra en neuronas sensoriais e no sistema nervioso autónomo, e participa na programación do sono REM.

  25. faa-laurachaves di:

    As sinapses son impulsos nerviosos só nunha dirección,dende o terminal pre-sináptico envíanse sinais que deben ser captadas polo terminal post-sináptico. E pódense diferenciar dous tipos de sinapse: sinapses eléctriicas e sinapses químicas, que se diferencian na súa estructura e na forma en que se transmiten o impulso nervioso.
    Unha sinapse eléctrica é unha sinapse, en que a transmisión entre a primeira e segunda neurona neurona non se produce por unha secreción de neurotransmisor, tales como en sinapses químicas, pero co paso de ións a partir dunha célula a outra a través “unións comunicantes”. As unións comunicantes son pequenas canles formados polo acoplamento de complexos de proteínas, proteínas chamadas conexinas con base en células de preto adheriron.

  26. faa-tamaraparracho di:

    No sistema nervioso, enténdese por sinapse a unión entre neuronas ou entre unha neurona e unha célula efectora (case sempre glandular ou muscular), que permite que a neurona lle pase un sinal eléctrico ou químico á outra célula.
    Unha sinapse eléctrica é aquela na que a transmisión entre a primeria neurona e a segunda non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como nas sinapses químicas, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través de unións gap, pequenas canles formadas polo acoplamento de complexos proteicos, basados en conexinas, células estreitamente adheridas.
    As sinapsis eléctricas son máis rápidas que as sinapses químicas pero menos plásticas. Así, as sinapses eléctricas teñen tres vantaxes moi importantes:
    – As sinapses eléctricas posúen unha transmisión bidireccional dos potenciais de acción, en cambio a sinapse química só posúe a comunicación unidireccional.
    – Nas sinapses eléctricas hai unha sincronización na actividade neuronal o cal fai posible unha acción coordinada entre elas.
    – A comunicación é máis rápida nas sinapses eléctricas que nas químicas, debido a que os potenciais de acción pasan a través da canle proteica directamente sen necesidade da liberación dos neurotransmisores.

  27. faa-marinabusto di:

    Enténdese como sinapse como a principal forma de comunicación entre neuronas, especialmente no sistema nervioso dos mamíferos, aínda que dende fai tempo coñécense outro tipo de sinapses, denominadas sinapses eléctricas. Unha sinapse eléctrica é unha sinapse na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción dun neurotransmisor, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través de “unións gap”. As unións gap son pequenos canles formados polo acoplamento de complexos proteicos, basados en proteínas chamadas conexinas. Este tipo de unións atópase en casi tódolos tecidos animais, sendo especialmente notable no tecido muscular e no epitelial, aínda que se reserva o termo de sinapse eléctrica ás unións interneuronais.

  28. fab-nereabetanzos di:

    Unha sinapse eléctrica consiste na transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona co paso de ions dunha célula a outra a través de «unións gap».Estas unións son pequenos canais formados polo acoplamento de complexos proteicos, baseados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.
    As neuronas participantes neste tipo de sinapse están a unha distancia de entre 2 e 3 nanómetros.As zonas contiguas das neuronas comunícanse por canais proteicos chamados conexóns, formados por un anel de proteínas integradas na membrana chamadas conexinas;trátase de unións gap de un tipo particular.Os ions poden así moverse do citoplasma dunha neurona á contigua, transmitindo directamente o potencial de acción, sin necesidade dun neurotransmisor que provoque o potencial na segunda célula ao ser alcanzado polo que recorre a primera.

  29. faa-ariadnavazquez di:

    As sinapsis son esenciais para a función neuronal: as neuronas son as células que se especializan para pasar señales ás células individuais, e as sinapsis son os medios polos cales o fan. Existen sinapsis sen neurotransmisor, estas son as sinapsis eléctricas.

    Unha sinapsis eléctrica é unha conexión mecánica e eléctricamente conductora entre dúas neuronas de tope que está formado nun epacio estreito entre as neuronas pre e postsinápticas conocidas como unha brecha de saída. En comparación coas sinapsis químicas, as eléctricas conducen impulsos nerviosos máis rápidos pero, a diferencia das sinapsis químicas, carecen de gañancia de sinal na neurona postsináptica.
    Tamén compre destacar que as sinápsis eléctricas encontranse a menudo nos sistemas neurales que requiren a resposta máis rápida posible. Outra das súas características importantes destas sinápsis é que, a maioría das veces, son bidireccionais, é dicir, que permiten a transmisión de impulsos en calquera dirección.

  30. fab-alexcosta di:

    Os neurotransmisores son as substancias químicas que se encargan da transmisión dos sinapsis dende unha neurona ata a seguinte a través das sinapses.Unha sinapse eléctrica é unha sinapse na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senón polo paso de ións dunha célula a outra a través de, esta e demominada «unión gap». As unións gap son pequenas canles formadas polo acoplamento de complexos proteicos, baseados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.

  31. faa-ileniamartinez di:

    Unha sinapse eléctrica é na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senón polo paso de ions dunha célula a outra a través de «unións gap». As unións gap son pequenas canles formadas polo acoplamento de complexos proteicos, basados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.
    As neuronas participantes neste tipo de sinapses están a unha distancia de entre 2 a 3 nanómetros. As zonas contiguas das neuronas comunicanse por canles proteicas chamadas conexones, formadas por un anel de proteínas integradas na membrana chamadas conexinas; trátanse de unións gap dun tipo particular. Os ións poden así moverse do citoplasma dunha eurona á contigua, transmitindo directamente o potencial de acción, sin necesidade dun neurotransmisor que provoque o potencial na segunda célula ao ser alcanzado polo que recorre a primeira.

  32. faa-ivanlois di:

    Podemos definir sinapse como a relación funcional de contacto entre as terminacións das células nerviosas e é xustamente nesta parte onde se producirán estes impulsos, e consigo a transmisión dos mesmos.
    Na sinapse eléctrica os procesos pre e post sináptico resultan ser constantes a causa da unión citoplasmática de moléculas de proteínas tubulares, as cales facilitan que o estímulo pase dunha célula a outra sen necesidade de intervencións químicas. Debido a isto a sinapse eléctrica brinda unha baixa resistencia entre as neuronas, e un retraso mínimo en canto a transmisión sináptica debido a que non intervén ningún mediador químico.

  33. fab-lauracaldas di:

    Unha sipnase éctrica é unha sipnase na que a tranmisión entre a primeira neurona e a segunda non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como sucede na sipnase química, senon polo paso de ións dunha célula a través de “unións gap”. As unións gap son pequenos canles formados polo acoplamento de complexos proteicos, basados en proteínas chamadas conexinas en células estreitamente pegadas.

  34. fab-laurafalcon di:

    Outra forma de comunicación entre as células no sistema nervioso é o mecanismo bioelétrico presente nas chamadas sinapses eléctricas. Estas sinapses son zonas de contacto entre membranas plasmáticas das células que se comunican, nas cales se organiza unha estrutura, a unión en fenda (gap junction).

    Na unión en fenda estrutúranse canles iónicas na membrana das células que se contactan de modo que a canle de cada membrana coincide co da outra membrana formándose así unha canle que comunica a dúas células veciñas. A través destas canles pasan ións coa súa carga dende o citoplasma dunha célula ao da súa veciña. A través deste mecanismo as células comunícanse entre si, entón, mediante correntes iónicas.

    Nas sinapses eléctricas a corrente pode fluír en ambos os dous sentidos e practicamente non hai retardo sináptico.

  35. fab-mariblanco di:

    Unha sinapse eléctrica é unha sinapse na que a transmisión entre a primeira neurona e a segunda neurona non se produce pola secreción dun neurotransmisor, como sucede nas sinapses químicas, senon polo paso de ións dunha célula a outra a través de «unións gap». As unións gap son pequenas canles formadas polo acoplamento de complexos proteicos, basados en proteínas chamadas conexinas, en células estreitamente adheridas.

    As neuronas participantes neste tipo de sinapses están a unha distancia de entre 2 e 3 nanómetros. As zonas contiguas das neuronas comunícanse por canles proteicos chamados conexones, formados por un anel de proteínas integradas na membrana chamadas conexinas; trátase de unións gap dun tipo particular. Os ións poden así moverse do citoplasma dunha neurona á contigua, transmitindo directamente o potencial de acción, sen necesidade dun neurotransmisor que provoque o potencial na segunda célula a ser alcanzado polo que recorre a primeira.