Unha colonia lunar 3D

Dende que o home chegou a lúa no ano 1969, puido imaxinarse que sería só o comezo de algo máis grande.

Hoxe en día, a tecnoloxía avanzaou e avanza a un ritmo frenético, tanto que a Axencia Espacial Europea (ESA) atreveuse a soñar con bases lunares impresas en 3D con rochas do propio satélite, creando un “caparazón protector cunha estructura oca moi semellante á dos ósos, lixeira e forte á vez”. A idea foi dasenvolvida por unha empresa  dedicada á arquitectura sostible en lugares con climas extremos, chamada Foster+Partners.

De momento, a impresión 3D só chegou ao espazo da man da compañía Made In Space, que se aliou coa NASA para ensaiar a producción de obxectos en órbita. A investigación para a utilidade desta tecnoloxía nas misións espaciais chega incluso ata a producción de alimentos, pero polo de agora é un proxecto que “aínda está sobre o papel”.

Autor: Miguel Leiro Grande

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.