As especies e o cambio climático

Durante as últimas décadas estase a producir un cambio climático acelerado que, aínda que é un fenómeno de causas complexas, está producido en boa medida pola emisión á atmosfera de grandes cantidades de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro. O devandito cambio climático dá lugar a un abano de efectos directos e indirectos. Como consecuencia estanse a producir cambios no medio físico local (temperatura, humidade do chan, luminosidade, etc.) que poden ter efectos moi prexudiciais sobre as especies con menor amplitude ecolóxica ou sobre aquelas que presentan unha distribución moi fragmentada.

Non obstante, como saber que especies corren maior risco?
Os cientícicos identificaron catro grupos de características que poden ser responsables dunha maior sensibilidade das especies ao cambio climático. As características son as seguintes:

-A dependencia dun hábitat e/ou un microhábitat especializado.
-A reducida tolerancia ou albores ambientais moi estreitos que son susceptibles de ser superados en calquera das etapas do ciclo vital.
-A dependencia dun sinal ambiental específico que é susceptible de sufrir unha perturbación.
-A limitada capacidade de dispersión ou de colonización de zonas novas ou máis favorables.

A través destes grupos, os científicos puideron averiguar que ata o 9% de todas as aves, o 15% de todos os anfibios e o 9% de todos os corais,  demostraron ser moi vulnerables ao cambio climático e están xa ameazados de extinción.

Os paxaros máis ameazados encóntranse na zona do Amazonas, o leste de América do Sur, Europa, a conca do Congo, zonas de América do norte, norte e centro de Asia e Australia. Por outro lado, os anfibios máis vulnerables son os amazónicos, de Eurasia, do sur de América do norte e Madagascar. En canto aos corais en perigo, encóntranse principalmente no Caribe e o sur do Mar Vermello, posto que o quentamento dos océanos está a destruír progresivamente algúns dos corais máis grandes e diversos do planeta.

Autora: Ariadna Vázquez

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to As especies e o cambio climático

  1. faa-iagopadin di:

    Con respecto a este artigo, sorprendeume bastante como pode afectar o cambio climático sobre os corais e procurei algunha información sobre este tema.
    Os arrecifes de coral, que ocupan únicamente ao redor do 0,5% do fondo mariño, son complexas estructuras tridimensionais formadas ao longo de miles de anos como resultado da acumulación de esqueletos de carbonato de calcio das especies de coral que contribúen á formación de arrecifes.
    Para valorar a repercusión do cambio climático sobre os arrecifes de coral e o medio mariño, precísase examinar os cambios ambientais previstos e evaluar a capacidad dos organismos mariños para adaptarse a ditos cambios. Os modelos climáticos indican que se prevé un aumento da temperatura da superficie do mar e do seu nivel, ademais dun incremento da gravidade e a frecuencia das tormentas ou cambios nas pautas de circulación oceánica.
    Así pois, os principais efectos disto son os cambios no hábitat natural e o suministro de alimentos e os cambios na química mariña. E polo tanto, agárdase unha redución gradual da presenza de plantas mariñas en aguas cálidas,importantes cambios nos ciclos de vida de moitas plantas ou estímulos na migración dos organismos mariños en función da temperatura. Tamén se espera a acidificación do océano, o incremento dos niveis de CO2 e posiblemente unha das grandes ameazas as que se enfrentan os corales que é a decoloración.

  2. faa-carmenvilanova di:

    Os animais que viven nas rexións polares son os exemplos paradigmáticos cando se fala dos problemas que causa o quentamento global. Pero, máis alá dos polos, animais doutras rexións están tamén afectados, nalgúns casos, case da mesma forma. Como ben se di no artigo, nas áreas tropicais, os corais están véndose afectados polo aumento da temperatura dos océanos. Deste xeito, os corais vólvense brancos debido á acidificación do mar causada polo exceso de dióxido de carbono (CO2).
    O branqueo do coral é unha afección que pode danar seriamente ou destruír sistemas enteiros de arrecifes coralinos. Os corais conteñen plantas microscópicas denominadas zooxantelas que dan cor aos seus tecidos e proporciónanlle alimento a través da fotosíntese – o mesmo proceso biolóxico polo que as plantas xeran alimento a partir da luz. Sen estas minúsculas plantas, as corais non poden sobrevivir ou depoñer as grandes cantidades de calcaria que conteñen os seus esqueletos. Cando as corais están estresados, as zooxantelas son os primeiros elementos que saen. Os corais estresados expelen as zooxantelas, e vólvense brancas ou máis claras. Se as zooxantelas non regresan aos tecidos coralinos, o coral morre. O cambio de cor é unha proba de que o esqueleto dos corais está debilitado.
    Debido á crecente intensidade e escala no ámbito xeográfico dos recentes sucesos de branqueo de coral, a perda de cor masiva é considerada pola maioría dos científicos de arrecifes como unha ameaza moi importante para a saúde dos arrecifes de coral do planeta.
    Chegamos así á conclusión de que os aumentos das temperaturas oceánicas están a ocasionar un aumento na intensidade, frecuencia e extensión do fenómeno do branqueo do coral. Os seis episodios principais de branqueo de coral nos últimos 20 anos foron causados por períodos nos que a temperatura da auga aumentara xa que os corais son extremadamente sensibles e só poden vivir en augas a unha temperatura de entre 18 e 30 graos celsius

  3. Victor di:

    Como lle afecta o cambio climático aos corais?

  4. fab-antonchaves di:

    Un estudo científico de Greenpeace chega á conclusión de que, se non se detén o cambio climático, o branqueo dos corais sufrirá un incremento progresivo en frecuencia e intensidade en todo o mundo, ata que arredor do 2030 -2070 o fenómeno de branqueo dos corais aparecería anualmente. Isto devastaría globalmente os arrecifes coralinos de forma tal, que desaparecerían da maioría das zonas do planeta para o 2100.
    O branqueo do coral é unha afección que pode danar seriamente ou destruír sistemas enteiros de arrecifes coralinos. Os corais conteñen plantas microscópicas denominadas zooxantelas que dan cor aos seus tecidos e proporciónanlle alimento a través da fotosíntese. Sen estas minúsculas plantas, os corais non poden sobrevivir ou depoñer as grandes cantidades de calcaria que conteñen os seus esqueletos. Cando os corais están estresados, as zooxantelas son os primeiros elementos que saen. Os corais estresados expelen as zooxantelas, e vólvense brancas ou máis claras. Se as zooxantelas non regresan aos tecidos coralinos, o coral morre.

  5. fab-miguelpineiro di:

    O cambio climatico aos corais afectalle no seu blonqueo, este sufrirá un incremento progresivo en frecuencia e intensidade en todo o mundo, ata que arredor do ano entre 2040 e 2070 o fenómeno de branqueo dos corais aparecería anualmente, segun un estudo de Greenpeace. Isto devastaría globalmente os arrecifes coralinos de forma tal, que desaparecerían da maioría das zonas do planeta para o 2100. Tal vez non se lle da importacia, porque pouca xente llo da aos corais, pero o branqueo do coral é unha afección que pode danar seriamente ou destruír sistemas enteiros de arrecifes coralinos, esto supondria una gran traxedia.O branqueo dos corais e debido a que os corais conteñen plantas microscópicas denominadas zooxantelas que dan cor aos seus tecidos e proporciónanlle alimento a través da fotosíntese. Sen estas minúsculas plantas, os corais non poden sobrevivir ou depoñer as grandes cantidades de calcaria que conteñen os seus esqueletos. Cando os corais están estresados, as zooxantelas son os primeiros elementos que saen. Os corais estresados expelen as zooxantelas, e vólvense brancas ou máis claras. Se as zooxantelas non regresan aos tecidos coralinos, o coral morre, sen poden facer nada para remedialo.

  6. fab-miguelleiro di:

    Un efecto moi significativo que produce o cambio climático nos corais, é o chamado blanqueo de coral.
    Os corales conteñen unhas plantas microscópicas chamadas zooxantelas, que son as que lle dan a cora ao coral e tamén o alimenta a través da fotosíntese. O blanqueo de coral é unha afección que pode dañar seriamente os arrecifes de corais moi serieamente, e está considerada unha ameaza moi importante para a saúde dos arrecifes. O que causa este efcto principalmente, é o aumento das temperaturas, e ao ver que os corais non son capaces de adaptarse a temperaturas máis altas, sofren as consecuencias.

  7. fab-raquelpan di:

    Chamaselle cambio climático a global do clima debido a causas naturais e tambén a acción do hombre producese a moi diversas escalas de tempo e sobre todos os parámetros climáticos: temperatura, precipitacions, nubosidades, etc
    Moitas ameazas pesan sobre o Triángulo de coral, que fan peligrar non solo a supervivencia sinon tamén a seguridade alimentaria das poblacions costeiras que viven dos seus recursos mariños .
    O cambio climático está influindo en centos de miles de especies que se ven afectadas polas suas condiciones naturais de supervivencia.

  8. faa-miriantrigo di:

    Sobre os corais, o cambio climático pode ter grandes impactos, entre os que están:
    -A mortalidade destes, causada polo aumento das temperaturas e do nivel do mar, ademais das frecuentes tormentas que, xunto cunha mala calidade da auga, a pesca destrutiva e os impactos do turismo, constitúen unha seria ameaza para os corais.
    -Branqueamento dos corais, o que supón a ameaza máis inmediata dos arrecifes de hoxe en día, ocorre principalmente polo cambio da temperatura da auga, que pode ser ocasionada polo quentamento global, provocando así que os corais perdan pigmentación; debido ao estrés inducido pola calor e os raios ultravioletas, ademais da salinidade e a acidificación da auga, os pólipos do coral expulsan a alga simbiótica que viven no tecidos do coral, o que fai que os corais se volvan brancos. Ademais, estas algas son as encargadas de subministrarlle a maior parte d alimento e osíxeno ao coral.
    -Lento crecemento e recuperación: a pesar de que os corais se poden recuperar tras períodos de quentamento, isto é moi difícil xa que a medida que a temperatura do mar incremente, o proceso de branqueamento e a posterior mortalidade tamén será maior.
    Co incremento tamén do nivel do mar, os corais quedarán máis nas profundidades, recibindo menos luz solar e crecendo máis lentamente, sendo a taxa do crecemento vertical do coral máis lenta que o incremento do nivel da auga.
    -Danos físicos: se cada vez as tormentas e os ciclóns son máis frecuentes, a mortalidade dos corais será menor que a súa taxa de crecemento.

  9. Victor di:

    Que diferenza hai entre un hábitat e un ecosistema?

    • fab-mariangaleano di:

      No ecosistema, un hábitat é o ambiente que ocupa unha poboación biolóxica. É o lugar que ocupa unha especie vexetal ou animal, que reúneas condicións adecuadas para que a especie poida residir e reproducirse, perpetuando asi a súa presencia. Un hábitat queda descrito polos rasgos que o definen ecolóxicamente, distinguindo de outros nos que as mesmas especies non poderían encontrar acomodo.
      Un ecosistema é un sistema natural que está formado polo conxunto de especies dunha área determinada que interactúan entre elas e co seu ambiente abiótico. Un ecosistema é unha unidade composta por organismos interdependientes que comparten o mesmo hábitat. Os ecosistemas suelen formar unha serie de cadeas que amosan a interdependencia dos organismos dentro do sistema.

  10. fab-lauracaldas di:

    Un ecosistema é un sistema ecolóxico complexo no que hia interaccións entre os organismos vivos que o compoñen,como plantas, animais, fungos, a paiaxe, as rocas, ríos, clima…
    Por tanto un ecosistema é unha comunidade ubicada nun lugar físico, no que todos estan relacionados, os seres vivos e inertes. O habitat é un concepto de raigame ecolóxica que remite ao lugar apto para que unha especie crezca. Os habitats son particulares e diferentes para cada especie ou grupos de especies. As especies poden ter maior ou menos adaptibilidade hacia os habitats e ata modificar as suas características físicas para adaptarse a eles.

  11. faa-iagopadin di:

    Un ecosistema é un sistema natural que está formado por un conxunto de organismos vivos e o medio físico onde se relacionan, asi pois, un ecosistema é unha unidade composta de organismos interdependentes que comparten o mesmo hábitat. Os ecosistemas soen formar unha serie de cadeas que mostran a interdependencia dos organismos dentro do sistema.
    Trátase dun sistema ecolóxico nun área determinada, formado polos seres vivos, o seu ambiente físico e as interaccions que existen entre sí e o medio que os rodea. Todos os seres vivos son os factores bióticos do ecosistema. Os factores bióticos inclúen plantas, animais, insectos, bacterias, fungos, e todo ser vivo que forme parte do ecosistema. Todos os elementos non vivos dentro son os factores abióticos e dentro destes factores encontramos o aire, auga, rochas, terra, neve, chuvia, sol e temperatura. A interacción entre o medio abiótico biótico producese cada vez que un animal se alimenta e despois elimina os seus desechos, cada vez que ocorre a fotosíntese, ao respirar, etc. Entón, os organismos están en permanente interacción co seu medio ambiente.
    Por outra banda, un hábitat é o ambiente que ocupa unha poboación biolóxica. É o espazo que reúne as condiciones adecuadas para que a especie poida residir e reproducirse, perpetuando a súa presencia. Un hábitat queda así descrito polos rasgos que o definen ecolóxicamente, distinguindoo de outros hábitats nos que as mesmas especies non poderían encontrar acomodo.

  12. faa-carmenvilanova di:

    Un ecosistema é un sistema natural que está formado por un conxunto de organismos vivos (biocenose) e o medio físico onde se relacionan (biótopo). Un ecosistema é unha unidade composta de organismos interdependentes que comparten o mesmo hábitat. Os ecosistemas adoitan formar unha serie de cadeas que mostran a interdependencia dos organismos dentro do sistema. Tamén se pode definir deste outro xeito: «Un ecosistema consiste da comunidade biolóxica dun lugar e dos factores físicos e químicos que constitúen o ambiente abiótico».
    Doutra banda temos o hábitat. Dentro do ecosistema, hábitat é o ambiente que ocupa unha poboación biolóxica. É o espazo que reúne as condicións axeitadas para que a especie poida residir e reproducirse, perpetuando a súa presenza. Así, un hábitat queda descrito polos trazos que o definen ecoloxicamente, distinguíndoo doutros hábitats nos que as mesmas especies non poderían encontrar acomodo.
    Existen polo menos catro conceptos diferentes de “hábitat” en ecoloxía. Teñen en común a definición explícita do termo e a referencia espacial. O carácter explícito refírese a que é imposible definir hábitats onde non exista un compoñente biótico. O segundo factor común é a referencia espacial, de lugar, do sitio onde aparece o elemento biótico. As diferenzas teñen que ver cos dous factores anteriores, se se fai referencia a unha especie (ou poboación) ou a un conxunto delas, e se o espazo se define en termos de área rasa ou se se inclúen unha maior cantidade de factores abióticos (climatoloxía, temperatura, etcétera).

  13. faa-diegogarcia di:

    1. O cambio climático actúa sobre as colonias coralinas igual que un mal implacable afecta a un organismo xa debilitado por doenzas graves. Os expertos están preocupados. Os arrecifes de corais están nunha situación desesperada en todo o mundo. Un 25% xa se destruíu e máis do 50% será devastado máis alá do punto de recuperación nos próximos 30 anos”, sinala Richard B. Aronson, vicepresidente da Sociedade Internacional de Estudos de Arrecifes. El é un dos científicos autores do informe Arrecifes de corais e cambio climático, auspiciado polo Pew Center estadounidense e presentado na reunión anual da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (AAAS), celebrada o mes pasado en Seattle (EUA).

    2. O concepto de “hábitat” está intimamente relacionado cunha especie. É o conxunto de factores e condicións biolóxicas, físicas e químicas que permiten a vida para esa especie.
    O ecosistema é un conxunto de factores físico-químicos e os biolóxicos, conformando un ambiente. Pero no seu interior podes ter múltiples hábitats.

  14. fab-miguelpineiro di:

    O ecosistema é unha unidade integrada por un lado, polos organismos vivos e o medio en que estes se desenvolven, e por outro, polas interaccións dos organismos entre si e co medio, nun tempo e lugar determinado. Noutras palabras, o ecosistema é unha unidade formada por factores bióticos (ou seres vivos) e abióticos (compoñentes que carecen de vida), na que existen interaccións vitais, flúe a enerxía e circula a materia.
    Polo outro lado temos o hábitat, que esta dentro do ecosistema, xa que o hábitat é o ambiente que ocupa unha poboación biolóxica. É o espazo que reúne as condicións axeitadas para que a especie poida vivir conforme as suas necesidades.

  15. faa-manuelvilas di:

    O concepto de “hábitat” está intimamente relacionado cunha especie. É o conxunto de factores e condicións biolóxicas, físicas e químicas que permiten a vida para esa especie.

    O ecosistema é un conxunto de factores físico-químicos e os biolóxicos, conformando un ambiente. Pero no seu interior podes ter múltiples hábitats.

    Por exemplo nunha selva hai un río. A auga é hábitat para os peixes… pero as copas das árbores non, os peixes non poden sobrevivir na rama dunha árbore. De igual xeito, o mono que vive na árbore non pode vivir debaixo da auga. O seu hábitat é o canopeo vexetal onde acha alimento e encóntrase protexido dos seus depredadores que roldan polo chan. Non obstante o río, as árbores, os monos, os seus depredadores, os peixes e o chan todos conforman ese ecosistema.

  16. fab-antonchaves di:

    O ecosistema é o conxunto de especies dunha área determinada que interactuar entre elas e co seu ambiente abiótico; mediante procesos como a depredación, o parasitismo, a competencia e a simbiose, e co seu ambiente ao desintegrarse e volver ser parte do ciclo de enerxía e de nutrientes. As especies do ecosistema, incluíndo bacterias, fungos, plantas e animais dependen unhas doutras. As relacións entre as especies e o seu medio, resultan no fluxo de materia e enerxía do ecosistema.
    Por outra banda, hábitat é un termo que fai referencia ao lugar que presenta as condicións apropiadas para que viva un organismo, especie ou comunidade animal ou vexetal. Trátase, polo tanto, do espazo no cal unha poboación biolóxica pode residir e reproducirse, de tal maneira que asegure perpetuar a súa presenza no planeta.

  17. faa-tamaraparracho di:

    Un ecosistema é un sistema natural que está composto polo conxunto dos organismos vivos do lugar, que reciben o nome biocenose, e o medio físico onde se relacionan, denominado biotopo. A biocenose ou comunidade está formada polos seres vivos do sistema e inclúen plantas, animais, insectos, bacterias, hongos…ou calquera outro ser vivo. Todos os elementos non vivos do ecosistema son os chamados factores abióticos (biotopo), dentro dos que encontramos aire, agua, rochas, terra, nieve, choiva, sol e temperatura.
    Así, un ecosistema é unha unidade que inclúe todos os organismos (a comunidade) nunha zona determinada, onde interactúan co entorno físico de tal xeito que se crean unha estrutura trófica claramente definida, diversidade biótica e ciclos de materiais (un intercambio de materiais entre os organismos vivos e os inertes).
    Por outra banda, un hábitat é unha parte dun ecosistema. Concretamente, definímolo como o ambiente que ocupa unha poboación biolóxica , é dicir, é o espazo que reúne as condicións adecuadas para unha especie concreta poida residir e reproducirse, perpetuando a súa presenza.
    Así, un hábitat queda descrito polos trazos que o definen ecoloxicamente, distinguíndoo doutros hábitats nos que as mesmas especies non poderían encontrar acomodo, por non reunir as características adecuadas.

  18. fab-raquelpan di:

    O habitat e un entorno ou tipo de lugar donde vive un ser vivo. Ese lugar o hábitat diferenzase de otro polas características do medio e pola vexetación dominante. Un lago, unha pradeira ou unha charca son exemplos de hábitats. Podese decir que o hábitat e o entorno donde vive un ser vivo e no cal se pode reproducir, alimentar, desarrollar, etc., e decir donde pode desarrollar as suas funcions vitais.
    As características dun hábitat concreto son as condicions de oxígeno, tipo de alimento, temperatura, solo, etc.
    O ecosistema e un conxunto formado polos seres vivos dunha comunidad, o entorno físico no que habitan (elementos non vivos como as rocas, agua…, etc.) máis as relacions que se establecen entre eles.
    A sua diferenza é que o hábitat e o entorno donde viven determinados seres vivos, sin embargo o ecosistema e o conxunto formado polos seres vivos dunha comunidade, o entorno físico que habitan (os elementos non vivos como rocas, agua…, etc.)

  19. Pingback: As especies e o Cambio Climático | Blog Guia