Nova esponxa de cristal

Un equipo internacional de científicos topouse cunha nova especie de esponxa de cristal, á que bautizaron como “Sympagella delauzei”, nos canóns de Córsega e en varias montañas submariñas do mar de Alborán.

Isto  sorpréndenos xa que sempre se creu que o Mediterráneo non era un mar propicio para a presenza de esponxas de cristal (Hexactinélida), xa que estas son habituais en augas polares ou en grandes profundidades dado que prefiren as augas frías.

Os novos exemplares miden entre 8 e 14 centímetros e habitan en profundidades entre 360 e 500 metros. Ademais, no só se descubiu a esta especie no Mediterráneo, senón que tamén se encontaron nalgunhas zonas do Atlántico como as montañas de Gorringe en Portugal, pero os seus descubridores pensan que é posible que a súa distribución inclúa outras áreas, como o norte de África e a Macaronesia.

“Estes descubrimentos, xunto á revisión de especies de esponxas de cristal do Mediterráneo, indícannos que hai que ter en conta a este mar á hora de protexer as agregacións de esponxas”, explica Ricardo Aguilar, Director de Investigación de Oceana. “Estudos previos demostraron que as esponxas de cristal son unha fonte moi importante de silicio, un dos nutrientes básicos para os océanos”.

Como a inormación sobre este novo tipo de esponxa non é moi abundante deixovos un vídeo sobre os tipos de esponxas de cristal que se coñecen ata o momento:


Autor: Antón Chaves Otero

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.