Londres sen domingueros

O alcalde de Londres, Boris Johnson, anuncia que estudará a posibilidade de cerrar ó tráfico gran parte da cidade, os domingos. Influido pola súa recente visita a Yakarta, a cal celebra os “Domingos sen coche” dende o 2007.

Johnson recorreu a capital indonesa nunha bicicleta pregable Brompton, fabricada en Londres, e a pasada fin de semana uníuse á festa colectiva “Yakarta Car Free” a cal convertiu a cidade nun regueiro de ciclistas e peóns.

O alcalde de Londres non tiña a necesidade de ir tan lonxe para apreciar as vantaxes dunha cidade sen coches. A dúas horas da gran metrópole británica, a cidade de Bristol (considerada Capital Verde europea do 2015) leva máis dun ano cerrando ocasionalmente ó tráfico as súas rúas os domingos, así coma os chamados “Make Sundays Special”, os cales converten o asfalto nunha grande celebración cidadá.

Calcúlase que nun día normal en Londres prodúcense máis de un millón de viaxes en coche de transito, sen contar os movementos dos propios veciños, por esa razón dende o 2003 hay que pagar unha “peaxe de conxestión” equivalente a 13 euros ó día.

Autor: Darío Vázquez

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to Londres sen domingueros

  1. Victor di:

    Implantar esta medida sería importante para amortiguar o cambio climático?

    • faa-manuelvilas di:

      En Londres si que se reduciría a contaminación significativamente, xa que, como no artigo se di, diariamente un millón de persoas transitan as carreteras,polo tanto con esta medida ao ano 48000000 de coches aproximadamente non percorrerían as estradas londinenses e polo tanto o CO2 reduciríase. Esta medida tería que ser adoptada tamén por outras grandes metrópoles e por exemplo en París tamén se tomou unha medida parecida, xa que durante uns días limitaron o tráfico a conducción de coches coas matrículas pares uns días e os coches con matrículas impares outros.

  2. fab-antonchaves di:

    Unha gran cidade como Londres é transcurrida, como se di no artigo, por máis dun millón de veciños diariamente, polo tanto é máis que evidente que o peche ó tráfico os domingos faría reducir o nivel de contaminación da cidade. Isto non quere decir que o quecemento global vaia a baixar en grandes rasgos xa que Londres só é unha mota de po no planeta Terra. Penso que a iniciativa é moi boa e todas as cidades deberían copiar o sistema indonesio de peche ó tráfico os domingos coa finalidade de mellorar o medioambiente.

  3. faa-diegogarcia di:

    En pequena cantidade pero si, xa que por facer que nun domingo non se utilicen os automóviles non se gañaría gran cousa, pero se esta medida se implanta a longo tempo tería moitos beneficios para reducir o cambio climático xa que se reducirían 1 millón de tranportes aproximadamente á semana.

  4. fab-miguelpineiro di:

    Eu penso que esta e una boa iniciativa, pero esto non quere dicir que o cambio climatico se pare, xa que Londres e un lugar moi pequeno para que ela só cambie todo iso. Pero si podria ser importante para servirlle de modelo a outras cidades, xa que una soa no, pero una cidade, e outra, e outra, xuntas, acaban sendo una gran cantidade, que ao fin, faria que o cambio climatico se reducise algo.

  5. faa-sarafalcon di:

    Nunha gran cidade coma Londres, este peche de trafico na miña opinion seria unha gran idea, xa que reduciriase a xontaminacion que pode haber nesa cidade e tamen pode ser moi boa para que a xente salga a rua de moitas maneiras como andando ou en bicicleta fomentando o movemento da xente, pero creo que tamen teria unha repercusion negativa, xa que se hai algun percance poderian pasar ambulancias e coches da policía? Supoño que si porque se chegara a pasar algo seria esencial.

  6. faa-albarodriguez di:

    Esta idea de pechar o tráfico en Londres os domingos paréceme unha boa idea, xa que como se di no artigo fanse máis de un millón de viaxes de trafico cada día, e considero que non é mala idea que os domingos a xente acostúmese a andar en bicicleta ou a ir andando aos sitios.
    Isto non axudará a diminuír o cambio climático do planeta se outros países non fan o mesmo, polo que me parecería boa idea que máis países se plantexaran esta idea.

  7. fab-miguelleiro di:

    Nas grandes cidades, a contaminación está moi presente todos os días. Un exemplo claro é o efecto da “boina” en Madrid.
    Inplantar a idea do peche do tráfico os domingos, sería unha idea realmente boa para o medio ambiente. Ao comezo, ver as rúas valeiras de coches e demais pode ser algo que impresione moito, pero a reducción de emisions sería mais que significativa. Ao paso do tempo, os cidadans concienciarianse mais e acostumarianse a un cambio moi bo para o planeta.
    A idea é fantástica para amortiguar o cambio climático, pero neste caso só se trata dunha cidade. Imaxinarse este cambio en todas as grandes cidades do mundo sería tan radical como beneficioso para o medio ambiente.

  8. faa-martinbaulde di:

    Londres é unha cidade duns 1572 quilómetros cadrados na que viven uns oito millóns de persoas. Este alto número de poboación ven a dicir por conseguinte, que o número de vehículos que circulan por ela tamén debe de ser ben alto.

    Desde o meu punto de vista creo que a idea de cerrar o paso a tódolos vehículos os domingos é unha boa idea para amortiguar o cambio climático. Podemos pensar, que o domingo é tan so un día a semana, e que iso non faría disminuir moito a contaminación, pero, se nos paramos a pensar, podemos apreciar que coa situación actual do mundo (no que o cambio climático actúa cada vez con máis forza) calqueira medida que faga disminuir a contaminación é boa.

    Ademáis a partir desta situación, pode que moitas outras cidades tomen a mesma iniciativa que Londres o cal pode traer moi bos resultados a largo prazo.

  9. fab-raquelpan di:

    Dende o meu punto de vista pareceme unha moi boa idea para reducir a contaminación.Londres e un dos lugar máis transitados como moitos outros no mundo.Con isto non quere dicir que a contaminaciòn vai
    desaparecer xa que non é un problema que lle afecte a Londres,afecta
    a todo o planeta por igual.Sin uns tentan buscar medidas e o reston non fai nada.Non nos servirá de moito,xa que este problema co paso do tempo avanza maís.

  10. faa-carmenvilanova di:

    O feito de implantar o peche ó tráfico de gran parte da cidade de Londres os domingos poderia ser favorable para o cambio climático.
    Reducir o noso uso do coche é unha das mellores formas de contribuír a solucionar este gran reto da humanidade. Ademais de pechar o tráfico, tamén deberiamos ter en conta a posibilidade de usar coches máis eficientes e só cando sexa imprescindible, de esquecernos dos modelos máis malgastadores, de compartir coche, de usar o transporte público sempre que se poida, de facer os traxectos máis curtos andando ou en bicicleta. Accións individuais, que ao xeneralizarse, contribuirán a que o noso clima non cambie de forma catastrófica.
    Calquera xesto, por pequeno que sexa, pode axudar a ralentizar o cambio climático. Dende o meu punto de vista, moitos países deberían seguir o exemplo do Reino Unido.

  11. faa-miriantrigo di:

    A posibilidade de implantación de tal medida é unha idea que, polo que eu penso, debe ser ben considerada, e máis nunha cidade tan grande e de tal poboación como a de Londres.
    Pechar o tráfico, aínda que só ao domingo, nunha cidade tan transitada ten grandes efectos, polo menos para a cidade, aínda que para contribuír máis a frear o cambio climático necesitaríase a axuda de todo o mundo e non dunha cidade que a nivel mundial non pode levar a cabo soa esta tarefa. Así, ao levar a cabo esta medida, quizais outras cidades e outros países considerasen iniciar medidas semellantes que axudasen a coidar o medio ambiente e a saúde dos cidadáns, xa que se lograsen estender estas medidas a redor do mundo, no cambio climático teríase un notable efecto positivo.
    O tráfico en cidades como a de Londres alcanza un nivel de contaminación moi alto, e aínda que aumentaron en gran medida o número de desprazamentos en autobús e en metro, sería recomendable tomar máis medidas.

  12. faa-miguelotero di:

    O cambio climántico é un gran problema na nosa sociedad, polo que, este tipo de solucións serían un gran impulso para o cambio.
    Dende o meu punto de vista creo que ademáis de reducir emisións cara a atmosfera, tamén axudaría a o nivel físico das personas que non fan deporte.
    O problema neste tipo de solucións, é que, non todo o mundo ten a suficiente conciencia para darse conta de que é o apropiado para ayudar o medioambiente.
    Para min este tipo de solucións poderían amortiguar o problema do cambio, é una boa idea.

  13. faa-laurachaves di:

    A iniciativa tomada por Boris Johnson paréceme un bo xesto cara o medio ambiente. Como se indica no artigo, por Londres prodúcense máis de un millón de viaxes en coches de tránsito. O peche do tráfico nun domingo, no que hai menos necesidade de viaxar, reduciría os niveis de contaminación na cidade. Este xesto non se verá reflexado no descenso do quentamento globa ou no cambio climático a curto prazo, pero pouco a pouco veríase un descenso dos niveis de contaminación.
    Pareceme un bo sistema que todos deberíamos ter en conta e copiar, xa que a longo prazo agradeceríamolo.

  14. faa-ariadnavazquez di:

    Dende o meu punto de vista a implantación desa medida sería unha gran idea. Actualmente, as cidades como Londres son os puntos onde se atopan os valores de contaminación máis altos, sobre todo , de contaminación atmosférica.
    O CO2 é un dos causantes do cambio climático que estamos vivindo, tan acelerado. Este gas é emitido en gran parte polos vehículos. Ademáis, os vehículos tamén emiten óxidos de nitróxeno que afectan gravemente o sistema respiratorio das persoas.
    Por último, o excesivo tráfico nas cidades como Londres, fan que se produza ozono troposférico, que afecta gravemente as plantas e o sistema respiratorio tamén. Incluso é o causante do chamado efecto smog.
    As cidades grande, ademáis de ser un problema para o cambio climático, son tamén peligrosas, posto que vivir nunha cidade así significa un maior risco de inquinamento e contaminación por gas ozono.

    En resumen, é unha boa idea e incluso necesaria a implantación desa medida polas razóns citadas anteriormente, e axudar así ao cambio climático.

  15. fab-laurafalcon di:

    Pode ser que nun pobo pequeno esta medida non sirva de moito, pero nunha gran cidade como o é Londres si que seria de moita axuda, xa que nas grandes cidades e donde máis concentración hay de CO2, e ainda que so sea un día a semana, durante un ano podese evitar unha gran emisión de CO2. Esta idea pode fomentar a que a xente faga algo máis polo noso planeta, como sair a rúa andando ou en bicicleta, e tamén pode fomertar a outras grandes cidades a que fagan o mesmo e así realmente axudaríamos a reducir notablemente a emisión de CO2 e a acabar co cámbio climático.

  16. fab-nereabetanzos di:

    Na miña opinión considero que é unha boa proposta si se trata para axudar o cambio climático, pero tamén tendría moitas desventaxas.Para min sería incómodo ter prohibido o automóvil xa que se me pode presentar o seu uso e coa proposta tendría máis impedimentos.Por outro lado,comprovouse que en outros lugares que está establecido ten un bo funcionamento o que me fai pensar que se pode acostumbrar un.Tamén nos conlevaría o uso da bicicleta ou facer un deporte e eso é algo positivo e para facilitar desplazamentos podríase pensar no uso do transporte público e así contaminar menos e ter un transporte co que poder movernos con máis facicilidade.Finalmente sería interesante a proposta e unha gran satisfación tendo en conta que axudámonos a nos mesmos co cambio climático.

  17. faa-tamaraparracho di:

    Os vehículos a motor emiten catro gases contaminantes principais polo cano de escape como consecuencia da combustión da gasolina. Estes contaminantes son os hidrocarburos, os óxidos de nitróxeno, o monóxido de carbono e o dióxido de carbono.
    Os hidrocarburos reaccionan cos óxidos de nitróxeno pola acción da luz solar, contribuíndo así á formación de ozono e de choiva ácida, ademais de afectar á calidade da auga
    O monóxido de carbono é un gas incoloro letal que reduce o fluxo de osíxeno no torrente sanguíneo e pode afectar ás funciones cerebrais e a visión. Nas zonas urbanas, os vehículos son responsables de nada menos que o 90 por cento do monóxido de carbono do aire.
    Os vehículos a motor tamén emiten grandes cantidades de dióxido de carbono, o cal atrapa a radiación solar reflectida pola superficie terrestre, causando así o quentamento global.
    Como vemos, os gases emitidos pola combustión da gasolina nos vehículos son altamente prexudiciais, tanto para a saúde como para o noso planeta.
    Por esta razón, considero que a medida que pretende implantar o alcalde de Londres en dita cidade, podería axudar a reducir o cambio climático, pois Londres é unha gran cidade na que circulan a diario unha gran cantidade de vehículos. Polo tanto, pechar a cidade ao tráfico, aínda que só sexa o domingo, contribuiría a reducir as emisións de gases contaminantes e ademais non causaría ningún problema para desprazarse pola cidade, pois Londres conta con alternativas como o metro.

  18. faa-iagopadin di:

    Está claro que implantar esta medida sí amortiguaría considerablemente o cambio climático xa que se calcula que, dentro de 20 anos, Reino Unido contará cuns sete millons novos de conductores e reducir o tránsito só un día á semana suporía unha gran reducción nas emisións de CO2.
    Outras medidas que tamén poden resultar moi beneficiosas son algunhas como a que se tomou en Madrid, de pechar certas zonas da cidade excepto para residentes ou comerciantes, provocando con isto que se reduzan os viaxes por eses espazos, ou a tomada en Hamburgo que consiste en pechar a longo prazo zonas verdes onde só se poida circular en bici ou transporte público. A estas medidas estanse unindo tamén moitos máis países como Italia ou Francia co obxectivo de reducir as emisións de CO2 e o cambio climático.
    En conclusión, penso que esta medida nunha soa cidade pode ser significativa, pero para que realmente tome importancia debería impoñerse en todo o mundo.

  19. fab-lauraozores di:

    Implantar esta medida obviamente sería un gran paso para amortiguar o cambio climático. Londres é unha cidade moi poboada e con moito tránsito polas súas estradas as 24 horas do día. Unha medida como esta, aínda que non pareza gran cousa, podría axudar moito ó noso planeta xa que suporía deixar de emitir os gases que soltan os vehículos.
    Se outros países tiveran a mesma iniciativa, podería contribuír dunha maneira moi positiva ao cambio climático.

  20. faa-rubeniglesias di:

    Axudar, axudaría pero non moito. Para min tiñan que ser máis días, xa que aínda que en Londres son un millón de habitantes, porque un domingo non se vaia en coche non vai ser nada significativo.
    Considero que isto se debería facer dous días durante a semana e non un fin de semana. Os domingos creo que a xente pode facer máis ben o que queiro, pero durante a semana, sobre todo en hora punta, deberíase fomentar máis o transporte público. E mínimo dous días, porque cun só día non se aporta gran cousa.

  21. faa-albaaller di:

    Eu concordo coa decisión do alcalde de Londres de pechar o tráfico para contribuír a reducir o cambio climático.
    Esta medida nun principio pode parecer un pouco incómoda para os londinenses pero tendo en conta que esta é unha gran cidade, non terían problemas de desprazamento, pois contan con autobuses, taxis e o metro, que é un dos medios máis utilizados e prácticos.
    Polo tanto esta medida aínda que só se aplique os domingos podería reducir notablemente a emisión de gases, posto que en Londres circulan moitos automóviles individuais xunto cos públicos, debido a que é unha gran cidade.

  22. fab-sabelafernandez di:

    Nun momento no que os gobernos mundiais intentan poñer sobre a mesa plans e reformas para loitar contra a contaminación dos seus países, unha nova medida sobrevoa a cidade de Londres da man do seu alcalde, Boris Johnson. E é que o político inglés está a sopesar a posibilidade de pechar gran parte da cidade ao tráfico os domingos conseguindo así unha serie de resultados positivos para a poboación que reside na capital e para todos os turistas que están de paso.

    Segundo o estudo de IBM, as dez peores cidades do mundo en materia de tránsito son Beijing, Cidade de México, Johannesburgo, Moscú, Nova Delhi, San Pablo, Milán, Bos Aires, Madrid, e entre elas Londres.

  23. faa-ileniamartinez di:

    Implantar esta medida influiria notablemente sobre a emisión de gases sobre o medio ambiente, pero sobre todo á poboación residente en Londres e os turistas, xa que esta cidade encóntrase entre as mais transitadas habitualmente. Pode que sexa un pouco incómoda ao comezo, debido a que se terian que buscar outras formas de desprazamento ,pero na miña opinión, os seus habitantes van sair gañando.