A balea máis cantante

A balea de Groenlandia ou balea boreal de nome científico “Balaena mysticetus” é unha especie de cetáceo misticeto da familia Balaenidae. Este animal posúe un corpo robusto,   a súa boca  ten a característica de que posúe multitude de barbas (ata 600 ou máis que chegan a medir uns 3 metros de longo cada unha). Carece de aleta dorsal e pode crecer ata 18 m de lonxitude, cun peso máximo de 100 toneladas. Habita nas augas árticas e subárticas.


O ranking musical da balea de Groenlandia arrebatou o posto da balea azul e incluso da balea jorobada, que ata agora eran consideradas as que máis cantaban.

Recentemente un equipo de investigadores grabou 12 cancións novas entonadas polas baleas de Groenlandia durante a súa migración anual. Esta investigación centrouse nunha poboación destas baleas que viaxaban pola costa oeste de Alaska.

Os científicos grabaron máis cancións novas durante este período das que se observaron anteriormente neste grupo de baleas, que pertence á poboación de Bering-Chukchi-Beaufort. A revista  Marine Mammal Science publicou que neste estudio tamén descubriron que polo menos 6 destas cancións erán compartidas entre os membros dos grupos. O equipo grabou en dous sitios con hidrófonos (micrófonos submariños)  e descubriu 12 cancións únicas entonadas nun grupo formado por 32 baleas de Groenlandia.

Gravación: Son da balea de Groenlandia (nova canción)

 

Esta balea é a que actualiza máis o seu repertorio de sons con novas melodías, conclúe a ultima investigación realizada neste campo. Os últimos análises destes sons, comparados aos sons emitidos en anos anteriores nos mesmos lugares e entre as mesmas poboacións de baleas, demostraron que a balea de Groenlandia destacou de grande maneira co seu número de cancións e tamén en persuación. A oceanógrafa Kate Stafford conta que os sons musicais que xeran estas baleas esconden un mundo aínda por descubrir.


 

Autor: Emilio Lumbres

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to A balea máis cantante

  1. Victor di:

    O canto dos cetáceos pode considerarse unha modalidade de linguaxe?

    • fab-mariangaleano di:

      A complexidade e a beleza aural dos cantos das baleas e delfíns é estudiada por biólogos mariños en todo o mundo, composta por unha variedade de sons e significados que fixeron a moitos investigadores teorizar que as baleas teñen un lenguaxe cunha gramática particular e unha estructura xerárquica en certa forma similar á sintaxis humana. A balea canta para comunicar determinadas cousas como o perigo, ou para atraer as femias e poder aparearse.Normalmente o único que fan é repetir sons dando lugar a unha frase e máis tarde a unha canción que seguirán a repetir. Polo tanto, dende o meu punto de vista si se considerara ó canto das baleas como un lenguaxe de comunicación.
      Utilizando unha transformación matemática, un científico convertiu os sons dos cetáceos en imaxes. O método estándar de interpretar as cancións das baleas usando espectrogramas de frecuencias agrupadas ao largo do tempo non proveía unha representación precisa da intrincada variedade dos cantos das baleas, polo cal acudiu a un campo das matemáticas, a transformación de óndulas..

    • Os cetáceos cantan en xeral para advertir dun estímulo, polo tanto poderíase afirmar que se comunican a través disto.
      Nos cachalotes, por exemplo, estos cantos transformanse en vibracións no seu cráneo que orixinan un son semellante ó dun gruñido.

    • faa-emiliolumbres di:

      Así como nós para producir son e comunicarmos expelemos aire a través da larinxe.
      O canto da baleas tamén poderían considerarse como unha modalidade de linguaxe. Porque o canto das baleas é a coleccións de sons que emiten elas para comunicarse.
      As baleas con barbas posúen unha larinxe, que aparentemente desempeña un papel importante na xeracións dos sons, pero estas non posúen cordas vocais. Actualmente descoñécese o mencanismo exacto que estas baleas con barbas utilizan, mais non necesitan un proceso de espiración para xerar os sons.
      Esta comunicación auditiva é moi efectiva dentro da auga por razóns físicas. Nun medio gasoso como o aire, a enerxía das vibracións disípase rápidamente debido a elasticidade e o son disminuye a súa intensidade coa distancia. Nos líquidos o son propágase a unha velocidade moito maior, 1500m/s no auga fronte a 340m/s no aire. Os cetáceos así poden comunicarse a enormes distancias.

  2. faa-miriantrigo di:

    Ao igual que os seres humanos empregamos palabras, sons, xestos ou movementos para comunicarmos, cada especie animal posúe o seu propio linguaxe para comunicarse, así sexa con son, cores, olores, movementos…
    Aínda así, só se pode afirmar que as formas de comunicación que constitúen un linguaxe son as dos cetáceos, xunto cos humanos, xa que son os únicos capacitados para formar sons complexos. Entre outras cousas, esta comunicación sérvelles para avisar de perigos, atraer as femias…
    En concreto, as baleas e os delfíns comunícanse mediante o canto, unha serie de sons que realizan os machos, os cales poden durar ata trinta minutos e se poden escoitar aínda que estean a quilómetros de distancia, xa que, ao mesmo tempo que as condicións nas que viven os cetáceos na auga dificulta a visión e o olfato, este medio axuda é comunicación auditiva, debido á densidade dos líquidos que fai que os sons se propaguen a gran velocidade e cheguen a grandes distancia.

  3. faa-carmenvilanova di:

    Os cetáceos son coñecidos por ter unha intelixencia superior á do resto dos mamíferos. Os seus cerebros teñen un tamaño similar, ou nalgúns casos mais grande, que o dos humanos. Esta razón conduciu a moitos biólogos mariños a especular que as baleas e outros cetáceos, poderían ter unha intelixencia similar á do ser humano, e mesmo poderían ter habilidades para comunicarse, que superan a nosa comprensión actual.

    Os seres humanos producen son ao expeler aire a través da larinxe. As cordas vocais dentro da larinxe ábrense ou pechan segundo sexa necesario para separar a corrente de aire en paquetes discretos. Estes paquetes son moldeados pola garganta, a lingua e os labios para formar o son desexado. A produción de son nos cetáceos difire marcadamente deste mecanismo. O mecanismo preciso varia nos dous grupos de cetáceos: os odontocetos (belugas, cachalotes e delfíns) e os misticetos (baleas barbadas- incluíndo as máis grandes, como a balea azul). No caso das belugas os sons xéranse ao pasar aire por unhas estruturas tridimensionais na súa cabeza que poderiamos asimilar coas foxas nasais humanas e que se coñecen coa denominación inglesa de “phonic lips”. As vibracións xeradas nos “phonic lips” son conducidas á cabeza do animal. Aquí fórmase o son é emitido na dirección apropiada.

    Unha linguaxe é un sistema de comunicación. Polo tanto, o canto dos cetáceos si pode considerarse unha modalidade de lenguaxe que está contida na linguaxe animal.

  4. fab-antonchaves di:

    Sí, o canto dos cetáceos pode considerarse unha modalidade de linguaxe xa que é a forma que empregan para poder comunicarse.

    Os cetáceos teñen un sentido do oído moi elaborado, que inclúe a habilidade de detectar con moita precisión a dirección de procedencia dos sons. Aprovéitano, sobre todo os delfíns, para practicar a ecolocalización, emitindo sons de cuxo reflexo se descobre a distancia e forma dos obxectos circundantes. A forma globosa da cabeza de cachalotes ou delfíns débese á existencia dun mecanismo de amplificación do son, o melón.

    Mentres que os sons da balea yubarta (e dalgunhas baleas azuis) se cre que son usados principalmente na selección sexual, os sons máis simples doutras baleas teñen usos moi diversos. Mentres que as baleas dentadas son capaces de usar a ecolocación para detectar moi precisamente o tamaño e natureza dos obxectos, as baleas barbadas non teñen esta capacidade. Por outra parte, a diferenza doutros vertebrados mariños, como por exemplo as quenllas, o sentido do olfacto da balea non está moi desenvolvido. Por iso, e pola pobre visibilidade dos ambientes acuáticos e o feito de que o son viaxa ben baixo a auga, os sons audibles por seres humanos desempeñan un papel na vida desas baleas.

  5. faa-manuelvilas di:

    As baleas comunícanse pero só o fan para comunicar cousas básicas como perigo,atraer as femias etc. Moitas destas veces estes mensaxes repítense de xeito que unha colección de catro ou seis unidades é coñecida como sub-frase, durando quizais uns dez segundos. Unha colección de dúas sub-frases é unha frase. Unha balea repetirá normalmente a mesma frase unha e outra vez entre dous e catro minutos. Isto é coñecido como tema. Unha canción é unha colección de temas. A balea repetirá a mesma canción, que durará ao redor de vinte minutos, unha e outra vez durante horas ou mesmo días.

  6. faa-ariadnavazquez di:

    Dende os ladridos aos cantos dos cetáceos, os sons que a maioría dos animais utilizan para comunicarse son considerados unha linguaxe.
    Ainda así, pouco se sabe dos mecanismos de produción de son por parte dos cetáceos. Se ben, sábese nalgúns casos que órganos están implicados, a funcionalidade de cada un dos
    órganos pasa por meras conxecturas na maioría das especies.

    Os seres humanos producen son ao expeler aire a través da larinxe. As cordas vocais dentro da larinxe ábrense ou pechanse segundo sexa necesario para separar a corrente
    de aire en paquetes discretos. Estes
    paquetes son moldeados, pola
    garganta, a lingua e os labios para
    formar o son desexado. A produción de son nos cetáceos difire marcadamente deste mecanismo. O mecanismos preciso varia nos dous grupos de cetáceos: os odontocetos (belugas, cachalotes
    e delfíns) e os misticetos (balea barbadas- incluíndo as máis grandes, como a balea azul).

  7. fab-miguelpineiro di:

    Si se pode considerar o canto dos cetaceos como uuna linguaxe, xa que ao igual que os seres humanos empregamos palabras, sons, xestos ou movementos para comunicarmos, cada especie animal posúe o seu propio linguaxe para comunicarse, neste caso, as baleas, polo seu canto.
    Esta comprobado que esta comunicación sérvelles para avisar de perigos, atraer as femias…
    En concreto, as baleas e os delfíns comunícanse mediante o canto, unha serie de sons que realizan os machos, os cales poden durar ata trinta minutos e se poden escoitar aínda que estean a quilómetros de distancia, xa que, ao mesmo tempo que as condicións nas que viven os cetáceos na auga dificulta a visión e o olfato, este medio axuda é comunicación auditiva, debido á densidade dos líquidos que fai que os sons se propaguen a gran velocidade e cheguen a grandes distancia.

  8. faa-laurachaves di:

    Dende os ladridos ata os cantos dos cetáceos, os sons que a maioría do animais utilizan para comunicarse son innatos, non aprendidos, e constitúen a súa linguaxe.
    Todos os animais dunha mesma especia, por moi elementais que sexan, comunícanse entre sí. As sinais que emiten son recoñecidas polos seus conxéneros, e nos animais sociais dotados dun alto psiquismo, coma neste caso os cetáceos, estes mensaxes son múltiples.
    Os cetáceos posúen un complexo sistema de comunicación, que aínda que non varía de especie a especie, pódese clasificar en dous subgrupos de cetáceos:
    Odontocetos ou dentados: Emiten sons de alta frecuencia cos que se comunican e que lles permiten outras función coma a ecolocalización.
    Miscetos ou barbados: Utilizan sons de frecuencias baixas que alcanzan grandes distancias.

  9. faa-ritalage di:

    Ao igual que os seres humanos empregamos palabras, sons, xestos ou movementos para comunicarmos, cada especie animal posúe o seu propio linguaxe para comunicarse, así sexa con son, cores, olores, movementos…
    Aínda así, só se pode afirmar que as formas de comunicación que constitúen un linguaxe son as dos cetáceos, xunto cos humanos, xa que son os únicos capacitados para formar sons complexos. Entre outras cousas, esta comunicación sérvelles para avisar de perigos, atraer as femias…
    En concreto, as baleas e os delfíns comunícanse mediante o canto, unha serie de sons que realizan os machos, os cales poden durar ata trinta minutos e se poden escoitar aínda que estean a quilómetros de distancia, xa que, ao mesmo tempo que as condicións nas que viven os cetáceos na auga dificulta a visión e o olfato, este medio axuda é comunicación auditiva, debido á densidade dos líquidos que fai que os sons se propaguen a gran velocidade e cheguen a grandes distancia.

  10. faa-albaaller di:

    Ao igual que nós nos comunicamos a través da lingua, os cans a través dos ladridos, etc; as baleas tamén se comunican a través do seu canto. A balea só canta para comunicar determinadas cousas como o perigo, ou para atraer as femias e poder aparearse, por exemplo. Normalmente o único que fan é repetir sons dando lugar a unha sub-frase, logo a unha frase e máis tarde a unha canción que seguirán a repetir.
    En conclusión a linguaxe dos outros animais diferentes a nós tamén e un xeito de comunicación, aínda que evidentemente, non tan desenvolto como o noso.

  11. faa-martinbaulde di:

    Desde o meu punto de vista, creo que si que se pode considerar como unha modalidade da linguaxe, dado é un tipo de comunicación tan normal como o noso.
    O canto das baleas é a colección de sons que emiten as baleas para comunicarse. A palabra “canto” emprégase en particular para describir o patrón de sons predicibles e repetitivos que emiten certas especies de baleas dun xeito que se asemella ao canto dos humanos, segundo os cetólogos.

    Os procesos biolóxicos utilizados para producir o son varían dunha familia de cetáceos a outra. Non obstante, todas as baleas,golfiños e marsopas son moito máis dependentes do son para comunicarse.

    Por outra parte a comunicación auditiva é moi efectiva dentro da auga por razóns físicas. Nun medio gasoso, como o aire, a enerxía das vibracións disípase rapidamente a causa da súa elasticidade e o son atenúase deseguida coa distancia. Nos líquidos, que son máis densos, o son propágase a unha velocidade moito maior, 1.500 m/s na auga fronte a 340 m/s no aire; e sendo como son incompresibles (non varían apenas en densidade coa presión) atenúase menos intensamente. Os cetáceos poden así se comunicar a distancias enormes.

  12. fab-raquelpan di:

             
    Como si fosen trovadores do mar, as baleas jorobadas
    recitaron historias que hata ahora parecían inintelixibles para os oídos humanos. Noutros tempos, as suas vocalizacions largas, elaboradas e potentes probablemente acrecentaron os mitos sobre o canto das sireas, pero na actualidade , desde una visión científica vislumbranse os primeros indicios para comprender o cifrado desos versos.

    Anque potentes, os himnos cetáceos non habían sido divulgados hacia o interior dos continentes hasta antes de 1970 e as notas dos xigantes gibosos eran apenas audibles para alguns privilixiados mariños.
    Na década dos sesentas a mariña dos Estados Unidos de América rexistrou os cantos das baleas jorobadas y dez años despois o zoólogo británico Roger Payne e k experto en baleas Scott McVay difundiron a grabación para todo público en xeneral. Esta reproducción dos sons da natureza tivo tanto éxito entre a xente que se editou en varios países e superou os dez millons de discos vendidos.
     

  13. faa-iagopadin di:

    Unha das características máis importantes e significativas das baleas é a súa habilidade para localizar un obxeto mediante a emisión e recepción de sons. Dise que as baleas, emiten sons en diferentes frecuencias, vibracions e suspiros. Ademáis cando sacan a cabeza fóra da auga, emiten unha especie de bramidos.
    Está comprobado que algúns tipos de baleas emiten un verdadeiro canto que pode alargarse durante horas. Estos cantos están compostos por estribillos que se repiten. Por tanto, podemos dicir que o oído é o sentido máis importante das baleas. Tamén se sabe que producen polo menos dous tipos de sons, uns de ecolocación e outros de vocalizacions. Os primeiros son como unha especie de sonar biolóxico, mentras que os segundos son coñecidos como as canciones de baleas. Estes son, ademáis, un bo medio de comunicación entre as baleas. Cada especie ten unha voz diferente, pero os cantos son comuns ao grupo e poden escoitarse a 30 Km de distancia. Grazas ao sistema de ecolocación, estos animais poden explorar o seu entorno, precisando o tamaño e a distancia de cada obxeto e axudalles a orientarse, a navegar e a cazar na oscuridade.
    A ecolocación consiste en emitir sons, producidos nunha zona da cabeza, que rebotan no obxeto e volven ao animal. A propagación dos sons faise a través da agua. Lamentablemente, o feito de ter pouca información sobre eles non proba nada, a pesar do que se di ou pense, acerca da similitude entre a linguaxe das baleas e a dos seres humanos. De todas formas, dise que o que ten o privilexio de oír estos sons ou cantos queda perplexo ante su beleza e magnitude, xa que son capaces de penetrar nos sentimentos humanos.

  14. faa-sarafalcon di:

    Expertos do Instituto Tecnolóxico de Massachussets estudaron os cantos aplicando un programa informático que permitía descompoñelos nas partes que os integraban e descubriron -confirmando unha teoria que xa lanzaran en 1971 os biólogos Payne e McVay- que parecían ter a súa propia sintaxe, é dicir, a súa propia forma de coordinar as palabras en oracións. En concreto estudáronse os cantos da balea chepuda, e viuse que tenian claros elementos dunha linguaxe. Ao igual que a fala humana, os cantos das baleas teñen unha estrutura xerárquica, apreciándose “palabras”, “oracións”, “frases”,… que forma cancións que duran horas. Nestas “composicións”, que moi frecuentemente poderían ser de “amor” (xa que escoitan máis comunmente nos machos na época de celo) hai frases que se repiten con algunha periodicidade.

  15. fab-lauracaldas di:

    Os cantos da balea jorobada son unha das expresións de comunicación máis complexas do reino animal. Investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachussets confirmaron que a linguaxe destas baleas posee a súa propia sintaxe e que está composta por unidades de sons que a súa vez, xeran “ frases”. Por tanto, o canto de balea considérase linguaxe pois contén elementos lingüísticos evidentes.

  16. faa-ileniamartinez di:

    Cada especie animal ten o seu propio linguaxe característico, polo que o canto dos cetáceos sí pode considerarse unha modalidade de linguaxe. Ademáis os cetáceos son coñecidos por ter unha intelixencia moi superior a do resto dos mamíferos,
    Os cetáceos desarrollaron un sensible sistema de audición e producción de sons que lles permite utilizar unha gran variedade de sinais acústicas para comunicarse a cerca da presenza de ameazas, presas, conespecíficos ou outros animais; e sobre a súa localización, identificación e estado reproductivo ou territorial. Asi mesmo, os odontocetos desaroiaron un sistema de biosonar, denominado ecolocalización, que lles permite detectar, localizar e caracterizar obxetos debaixo da auga, incluindo presas e obstáculos, entre outros.

  17. fab-alexcosta di:

    Todos os animais teñen alguna forma de comunicarse, ao igual que nós nos comunicamos a través da lingua, os cans a través dos ladridos, etc; as baleas tamén se comunican, a través do seu canto. A balea só canta para comunicar determinadas cousas como o perigo, ou para atraer as femias e poder aparearse, por exemplo. Normalmente o único que fan é repetir sons dando lugar a unha sub-frase, logo a unha frase e máis tarde a unha canción que seguirán a repetir.
    En conclusión a linguaxe dos outros animais, son diferentes a nós , pero tamén e un xeito de comunicación.

  18. fab-sabelafernandez di:

    Dende os ladridos aos miaños, os sons que a maioría dos animais utilizan para comunicarse son innatos, non aprendidos. Non obstante, unhas poucas especies, incluíndo os humanos, poden imitar novos sons e usalos en contextos sociais apropiados. Esta habilidade, coñecida como aprendizaxe vocal, é un dos fundamentos da linguaxe.

    A aprendizaxe vocal foi tamén observada en morcegos, algúns paxaros e en cetáceos. Pero mentres que os ornitólogos xa documentaron cientificamente a aprendizaxe vocal dos paxaros cantores, rastrexando a súa habilidade ata as vías neurais específicas, estudar esta habilidade co mesmo grao de profundidade en grandes animais mariños resultou ser moito máis difícil.

    Agora, catro científicas comprobaron que os orcos coñecidos tamén co nome popular de baleas asasinas, son capaces de exercer a aprendizaxe vocal tomando como modelos individuos doutra especie: Cando os orcos observados se socializaron durante o suficiente tempo con delfíns da especie Tursiops truncatus coñecida con nomes populares como delfín mular ou delfín nariz de botella, os devanditos orcos cambiaron os tipos de sons que emiten, para que coincidisen máis cos dos seus compañeiros os delfíns.

  19. faa-marinabusto di:

    Si que se considera unha modalide de linguaxe, dado que, ao igual que os seres humanos, cada especie animal ten a súa propia ‘linguaxe’ composta de voces, xestos, sons, movementos e olores. As señais sonoras transmítense fácilmente a través dunha vexetación densa, da néboa, da escuridade e mesmo da auga.E no caso das baleas, os seus ‘cantos’ poden escoitarse a moitos kilómetros de distancia. Só os machos das baleas cantan, cada canción pode durar 30 minutos, e repetila moitas veces. Os científicos descubriron que as baleas recordan unha mesma canción ano tras ano, cambiándoa e agregándolle novas partes.

  20. fab-ivanportas di:

    Cando se emprega algo para poder transmitir información entre un suxeito e un ou máis receptores pódese considerar ese sistema como un acto de comunicación e polo feito de que estas baleas producen elas os sons, si pódese considerar unha modalidade da linguaxe. Os cetáceos teñen a habilidade de detectar con moita precisión a dirección de procedencia dos sons e así practicar a ecolocalización e poder saber onde se atopan en todo momento, emitindo sons que reproducen a distancia e forma dos obxectos que se atopan na zona. A forma globosa da cabeza de cachalotes ou delfíns débese á existencia dun mecanismo de amplificación do son, o melón.

  21. faa-diegogarcia di:

    O canto das baleas é a colección de sons que emiten as baleas para comunicarse. Por exemplo, se a palabra “canto” se emprega en particular para describir o patrón de sons predicibles e repetitivos que emiten certas especies de baleas (especialmente a balea yubarta) dun xeito que se asemella ao canto dos humanos, segundo os cetólogos.
    Por outra parte a comunicación auditiva é moi efectiva dentro da auga por razóns físicas. Nun medio gasoso, como o aire, a enerxía das vibracións disípase rapidamente a causa da súa elasticidade e o son atenúase deseguida coa distancia. Nos líquidos, que son máis densos, o son propágase a unha velocidade moito maior, 1.500 m/s na auga fronte a 340 m/s no aire; e sendo como son incompresibles (non varían apenas en densidade coa presión) atenúase menos intensamente. Os cetáceos poden así se comunicar a distancias enormes.

  22. faa-nereaeiras di:

    Expertos estudaron os cantos das baleas empregando un programa informático que permite descompoñelos nas partes que os forman. Grazas a isto, descubreron que tiñan a súa propia sintáxis,e dicir, a súa propia forma de combinar as palabras para formar oracións e,desta forma, poder comunicarse. Igual ca na nosa fala, nos cantos das baleas poden apreciarse palabras, frases… que forman composicións que duran horas.
    Científicos da Universidade de Queensland estudaron tamén os cantos das baleas jorobadas e detectaron 34 tipos de chamadas diferentes, asociadas a distintas situacións. Polo tanto, sí, os cantos das baleas
    considerase unha modalidade de linguaxe.