Área 1002

Desde o ano 1980, o Área 1002 ocupa unha parte desproporcionada nos debates políticos de Estados Unidos. Esta zona ,ocupa 6.100 km cadrados ,e está situada en Alaska, entre os Montes Brooks e o Océano Glacial Ártico.

O terreo é pantanoso, non hai árbores e o maior núcleo de poboación é a aldea esquimó de Kaktovik, que ten 308 habitantes censados. Pero a pesar de que apenas teña habitantes humanos, si ten moita vida animal, xa que ,o máis abundante na área son os caribús ,uns 150.000 acoden cada verán a parir na zona, tamen hai osos polares, dos que hai varios centenares, tamén sobre 200 especies de aves acuáticas, que viaxan por millóns en primavera á rexión,  e outra especie a destacar son as baleas de Groenlandia.

Pero debaixo dese deserto glacial hai 11.799 millóns de barrís de petróleo, unha cantidade suficiente para abastecer o consumo de España durante 25 anos, aínda que só o 50% desa cantidade se poderia extraer. O petróleo e a riqueza ambiental da zona, levan atravesados dende hai tres décadas e media. A Cámara de Representantes de EEUU votou en repetidas ocasións a apertura da Área 1002 á explotación petroleira. E o Senado sempre bloqueou a decisión.

Agora, Barack Obama decidiu situar a rexión fóra do alcance das petroleiras. A Casa Branca anunciou que vai pedir ao Congreso de EEUU que designe a área como unha Zona Salvaxe. Iso fundamentalmente implica dicir: non ao petróleo. Obama, ademais, decidiu que a Área 1002 forme parte dunha nova zona protexida que ocupará máis de 49.000 km cadrados de Alaska. Iso implica estender a protección a varios centos de bois almiscreiros, unha reliquia da era glacial, osos pardos e lobos. Logrando salvar así, a algunhas especies do mundo, algunhas únicas, por culpa da sobreexplotación do petróleo.

Autor: Alex Costa

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Área 1002

  1. Victor di:

    Como se pode explicar que haxa petroleo en Alaska?

    • fab-mariangaleano di:

      O petróleo é un composto químico complexo no que coexisten partes sólidas, líquidas e gaseosas. Fórmano, por unha parte, uns compostos denominados hidrocarborus, formados por átomos de carbono e hidróxeno e, por outra, pequenas proporcións de nitróxeno, azufre, oxíxeno e algúns metais. Preséntase de forma natural en depósitos de roca sedimentaria e so en lugares no que houbo mar. O seu color é variable entre o ámbar e o negro. Ao ser un composto líquido, a súa presencia non se localiza habitualmente no lugar no que se xerou, senon que sufriu previamente un movemento vertical ou lateral, filtrándose a través de rocas porosas ou ata atopar unha roca porosa que lle impide a salida. Entón fálase dun xacemento. A aparición de petróleo en Alaska foi un golpe de suerte que convertiu unha rexión pouco productiva nunha xoia por explotar. Aínda que ás veces é difícil cuantificar canto petróleo hai en Alaska, estímase que pode estar entre os 10.000 millóns de “barriles de Brent”(un barril equivale a 159 litros), A cifra que pode parecer pequeña en relación ao cru que hai baixo terra(1.59 billóns de barriles de Brent aproximadamente), supón, sen embargo, un espaldarazo á independencia enerxética estadounidense fronte aos outros países con máis petróleo.

    • Sen nós coñerermos a teoría da tectónica global, pareceríanos imposible que o petroleo(composto que se orixinou grazas ao plancton)existira en Alaska, onde o plancton non pode sobrevivir dado á pouca luz que a alí chega, mais esto demostra que anteriormente Alaska estaba noutra posición respecto ao polo e na que o placton tiña posibilidades de supervivencia.

  2. faa-laurachaves di:

    O petróleo prodúcese no interior da Terra pola transformación da materia orgánica acumulada en sedimentos do pasado xeolóxico e que pode acumularse en trampas xeolóxicas naturais, de onde se extrae mediante perforacións de pozos.
    O petróleo cando foi descuberto en Alaska convirteuna nunha xoia para explotar. Aínda que sexa difícil cuantificar canto petróleo hai en Alaska, estímase que a cifra pode rondar sobre os 10.000 millóns de barriles de Brent, tendo en conta que cada barril de Brent equivale a 159 litros, isto supón un chimpo cara a independencia enerxética estadounidense fronte a outros países. Estímase que o consumo mundial diario é de 85’9 millóns de barriles ao día, polo que de seguir co ritmo actual das reservas petroleiras, alcanzarían ata o ano 2050.

  3. faa-carmenvilanova di:

    O petróleo é un líquido formado por unha mestura de hidrocarburos. Nas refinarías sepáranse do petróleo distintos compoñentes como gasolina, gasóleo, fueloil e asfaltos, que son usados, como combustibles. Tamén se separan outros produtos dos que se obteñen plásticos, fertilizantes, pinturas, pesticidas, medicinas e fibras sintéticas.
    Os recursos minerais que hai en Alaska son abundantes: extráese ouro do val do Yukón, prata, cinc, ferro, cobre e outros minerais. Pero a riqueza de Alasca encóntrase no seu subsolo, con grandes depósitos de petróleo e gas natural, que sitúan ao estado como o segundo maior produtor de cru do país (un quinto da produción nacional). Prudhoe Bay, ao norte de Alasca, é o maior depósito petrolífero de Estados Unidos. A Prudhoe Bay é unha pequena enseada do mar de Beaufort, localizada ao norte de Alasca, Estados Unidos. Foi o centro das actividades de perforacións petrolíferas dende o descubrimento en 1968, de enormes depósitos de petróleo sobre o Noiro Norte de Alasca.

  4. fab-miguelpineiro di:

    Hai petroleo en Alaska como o pode haber en calquer outro punto do mundo, xa que o petroleo producese pola mestura de hidrocarburos, que forman un liquido, chamado petroleo.
    O petroleo en alaska e bastante abundante, calculase que ten sobre uns 10000 millons de barries, o que veñen sendo 1.590.000 millons de litros, isto fixo que o pais nunha gran potencia, facendo asi, que a sua economía dependa,potencialmente das empresas petroleiras.

  5. fab-antonchaves di:

    O petróleo, tamén chamado cru de petróleo, é un líquido natural que se atopa en formacións na Terra consistindo nunha complexa mestura de compostos orgánicos, maiormente hidrocarburos. Os outros constituíntes son compostos orgánicos contendo elementos químicos como nitróxeno, xofre, osíxeno e metais, principalmente níquel e vanadio.
    O petróleo é un recurso natural non renovable, e tamén actualmente a principal fonte de enerxía. Del extráense variados produtos, sendo os principais: bencinas, óleo diesel, gasolina, alcatrán e polímeros plásticos.
    O petróleo, debido á súa importancia económica e estratéxica, é a principal fonte de renda de moitos países,
    A ocorrencia do petróleo atopase relacionada a estruturas xeolóxicas profundas na terra, principalmente sobre limites crustais de placas tectónicas (converxentes como subducción ou colisión continental e limites diverxentes). Tamén pode ocorrer sobre sobre áreas onde houbo impacto de meteorito, desde que as fallas producidas polo impacto atinxan o manto da terra. Cando se observa a distribución dos campos de óleo e gas ao longo dos arcos como na Indonesia, Golfo Pérsico, nos Apeninos, Alaska, Arco de Barbados en continuidade a Trinidad & Tobago e Venezuela; na evolución do grande rift do Atlántico Sur e outras cuncas riftoxénicas, isto pode ser claramente constatado.

  6. fab-nereabetanzos di:

    Ó petróleo orixinouse a partir de restos de plantas e microorganismos enterrados por millóns de anos e suxeitos a distintos procesos físicos e químicos.Estos produtos ascenden hacia a superficie. Cando se dan as circunstancias xeolóxicas que impiden dito ascenso (trampas petrolíferas como rochas impermeables, estructuras anticlinais, márxenes de diapiros salinos, etc.) fórmanse os nacementos petrolíferos.
    En Alaska os recursos minerais son abundantes: extraése ouro do val de Yukón, plata, zinc,ferro, cobre e outros minerais. Pero a riqueza de Alaska está no subsuelo, con grandes depósitos de petróleo e gas natural, que sitúan ó estado como o segundo maior produtor de crudo do país.

  7. faa-martinbaulde di:

    Alaska é un estado de EEUU onde os recursos minerais son abundantes: extráese ouro do val do Yukón, prata, cinc, ferro, cobre e outros minerais.
    Pero verdadeira riqueza de Alaska encóntrase no seu subsolo, con grandes depósitos de petróleo e gas natural, que sitúan ao estado como o segundo maior produtor de cru do país .
    Prudhoe Bay, ao norte de Alasca, é o maior depósito petrolífero de Estados Unidos.
    A aparición de petróleo foi un golpe de sorte que converteu unha rexión pouco produtiva nunha xoia por explotar. Aínda que é difícil cuantificar canto petróleo hai en Alaska, estímase que a cifra pode roldar os 10.000 millóns de barrís de Brent (un barril de Brent equivale a 159 litros).

  8. faa-albaaller di:

    Alaska é un estado de tantos de EE.UU, nun principio non se imaxinaban que este territorio podería ser rico en petróleo, pero a aparición deste foi toda unha sorte xa que convertiu a Alaska nunha das mellores inversións de Estados Unidos. Non se sabe a cantidade exacta de litros pero aínda así poderíase estimar. Ademais de petróleo, Alaska, tamén conta con outros recursos mineriais que teñen gran abundancia como o ouro (Au), o ferro (Fe) e o cobre (Cu).

  9. faa-diegogarcia di:

    A aparición de petróleo foi un golpe de sorte que converteu unha rexión pouco produtiva nunha xoia por explotar. Aínda que é difícil cuantificar canto petróleo hai en Alasca, estímase que a cifra pode roldar os 10.000 millóns de barrís de Brent (un barril de Brent equivale a 159 litros).
    Alasca ten máis de 10.000 millóns de barrís de Brent
    A cifra, que puiden parecer pequena en relación ao cru que hai baixo a terra (estímase en 1,59 billóns de barrís de Brent), supón, non obstante, unha lombeirada á independencia enerxética estadounidense fronte a outros países con máis petróleo (Arabia Saudí ten máis de 250.000 millóns de barrís).
    Segundo a Axencia Internacional da Enerxía o consumo mundial diario é de 85,9 millóns de barrís ao día polo que, de seguir co ritmo actual, as reservas petroleiras alcanzarían ata o ano 2050

  10. fab-sabelafernandez di:

    Alaska forma parte dos EE.UU como estado dende o ano 1959, pasando a ser o máis grande da nación. É un lugar onde a vida é salvaxe e agreste. Posúe unha riqueza incalculable tanto na súa biodiversidade coma no potencial mineiro e petrolífero.
    Neste lugar os recursos minerais son abundantes. Do val do Yucón extráese prata, cinc, ferro, cobre e outros minerais. Pero a riqueza de Alaska encóntrase no seu subsolo, con grandes depósitos de petróleo e gas natural, que sitúan o estado como o segundo maior produtor de cru do país. Prudhoe Bay é o maior depósito petrolífero de EEUU, contando tamén con grandes depósitos de carbón, hulla e lignito. Ademais, posúe un amplo potencial para a xeración de enerxía hidroeléctrica, eólica e xeotérmica.

  11. faa-ariadnavazquez di:

    Alasca forma parte dos Estados Unidos, como un estado situado no extremo noroeste de América do Norte, con capital en Juneau. Foi o penúltimo en incorporarse aos Estados Unidos, substituíndo a Texas como o estado máis grande da nación.
    Os pozos de Prudhoe Bay, en plena tundra ártica, son os máis importantes de Estados Unidos. Aínda así, a súa produción de 450.000 barrís diarios, é un 72 por cento inferior ao pico máximo rexistrado en 1987.
    A aparición de petróleo foi unha gran sorte dada polas circunstancias xeolóxicas adecuados que dan lugar a formación de pozos.

  12. faa-manuelvilas di:

    A formación do petróleo é posible grazas a un complexo proceso físico e químico que tivo lugar no interior da Terra. Debido á presión da Terra e ás altas temperaturas, despois de millóns e millóns de anos, toda a materia orgánica chegou a transformarse no que hoxe coñecemos como petróleo.A principal materia orgánica que dá orixe ao petróleo provén de organismos mariños. Restos de animais que vivían nos mares e océanos do mundo millóns de anos atrás, mesturáronse con diversos sedimentos, area e barro. Estes depósitos, ricos en materia orgánica, formáronse principalmente do fitoplancto e o zooplancto, así como por materia de orixe vexetal e animal. Logo de moitos millóns de anos, convértense primeiro en rochas e logo en petróleo cru.Isto explica que haxa petróleo en alaska.

  13. fab-miguelpineiro di:

    Que aparecese petróleo foi un golpe de sorte que converteu unha rexión pouco produtiva como alaska, en unha xoia por explotar. Xa que aínda que é difícil decir canto petróleo hai en Alasca, estímase que a cifra pode roldar os 10.000 millóns de barrís de Brent
    A cifra, que puiden parecer pequena,ainda que non o é, xa que como se di no articulo supondria o gasto de españa durante 25 anos, supón,un gran paso cara á independencia enerxética estadounidense fronte a outros países con máis petróleo.
    Segundo a Axencia Internacional da Enerxía o consumo mundial diario é de 85,9 millóns de barrís ao día polo que, de seguir co ritmo actual, as reservas petroleiras alcanzarían ata o ano 2050.

  14. fab-alexcosta di:

    Ó petróleo en Alaska como en calquer outro lugar do mundo orixinouse a partir de restos de plantas e microorganismos enterrados por millóns de anos e suxeitos a distintos procesos físicos e químicos.Estos produtos ascenden hacia a superficie. Cando se dan as circunstancias xeolóxicas que impiden dito ascenso,fórmanse os nacementos petrolíferos.
    Alaska destaca en que os recursos minerais son abundantes: extraése entre outras cousas,ouro do val de Yukón, plata, zinc,ferro, cobre e outros minerais. Pero a gran parte da riqueza de Alaska está no subsolo, con grandes depósitos de petróleo e gas natural, que sitúan ó estado como o segundo maior produtor de crudo do país.

  15. faa-miguelotero di:

    A orixen do petróleo en Alaska é, fruto da transformacións de materia orgánica procedente de zooplancton e algas, que depositadas en grandes cantidades nos fondos dos mares, que quedaron enterrados baixo pesadas capas de sedimentos. Orixináronse a partir de restos de plantas e microorganismos enterrados por millóns de anos e suxeitos a distintos procesos físicos e químicos. Ás transformacións químicas producen, en sucesivas etapas, desde o betún a hidrocarburos cada vez máis lixeiros. Estos productos ascienden cara á superficie. Cando se dan as circunstancias xeolóxicas que impiden este ascenso (rocas impermeables) fórmanse os xacementos petrolíferos.
    O descubrimento de importantísimos xacementos petrolíferos permitiu un enorme crecemento económico en Alaska durante as últimas décadas, pese ao aislamiento xeográfico e as duras condicións de vida.

  16. faa-ileniamartinez di:

    O petróleo é unha mezcla moi complexa de sustancias orgánicas especialmente hidrocarburos, é unha substancia combustible negra, viscosa e líquida. Originase coa descomposición de sustancias orgánicas e encóntrase no interior da terra.
    Existen 3 teorias a cerca da producción de petróleo que explican tamén porque se encontra en Alaska;
    Teoría inorgánica da orixe do petróleo:
    Segúndo os traballos de Mendeleiev e Moissan explicase que no momento da formación da corteza terrestre, o carbono combinouse con dous metais formando carburos metálicos que quedaron aprisionados no corazón da terra a elevadísimas temperaturas, a auga de chuvia entrou en contacto con estos carburos formando o metano e con él os demáis hidrocarburos.
    Teoría orgánica da orixe do petróleo
    Teoría Animal: (Engler). Sostén que no fondo do mar ou no el corazón da terra quedadaron sepultados a fauna mariña, e organismos que por la alta temperatura da terra sufriron unha lenta descomposición, terminando en ácidos grasos, os que perden o CO2 e forman petróleo.
    Teoría Vexetal: (Kramer). Sostiene que el petróleo proven da descomposición lenta da materia vexetal; bosques serian sepultados no corazón da rerra e a celulosa habría sufrido unha descomposición anaeróbica, perdendo CO2 e formando petróleo.
    Teoría Mixta da orixe do petróleo
    Sostien que o petróleo ten o seu orixe na teoría orgánica animal e vexetal, é decir que o orixe do petróleo provien da descomposición de animais e vexetais mariños polo que ao extraer o petróleo encontraronse restos de flora e fauna mariña.

  17. faa-tamaraparracho di:

    O petróleo é unha mestura homoxénea formada principalmente por compostos orgánicos (concretamente hidrocarburos insolubles en auga) así como por pequenas proporcións de nitróxeno, azufre, osíxeno e algúns metais.
    O petróleo fórmase no interior da Terra debido á transformación da materia orgánica acumulada en sedimentos do pasado xeolóxico. Os factores necesarios para a súa formación son a ausencia de aire, a acumulación de restos de plantas e animais (sobre todo plancto mariño), a gran presión das capas da Terra, as altas temperaturas e a acción de certas bacterias.
    Así, cando estas condicións se cumpren e os restos de animais e plantas están sometidos a altas presións e temperaturas e á acción de bacterias anaerobias, ditos restos de materia orgánica transfórmanse en petróleo.
    En Alaska, ademais de darénse este tipo de condicións, atopamos determinadas estruturas xeolóxicas (denominadas trampas petrolíferas) que fan posible a acumulación e concentración de petróleo, manténdoo atrapado e dando lugar a xacementos petrolíferos.

  18. fab-raquelpan di:

    O petroleo e unha mezcla homoxénea de compostos orgánicos, principalmente hidrocarburos insolubles en agua. También e coñecido como petróleo crudo ou simplemente crudo.
    Produce no interior da Tierra, por transformación da materia orgánica acumulada en sedimentos dopasado xeológico e pode acumularse en trampas xeológicas naturales.
    O descubrimiento de importantísimos xacimentos petrolíferos permiteu un enorme crecimento económico en Alaska durante as últimas décadas, pese o aislamiento xeográfico e as duras condicions de vida. O maior destaque do seu desarrollo foi a construcción, a partir de 1974, del Trans-Alaska Pipeline, un oleoducto de 1.269 km que une la Bahía Prudhoe con el puerto de Valdez. Pero o petróleo tambéne da a origexe de certos desastres, como o accidente ocurrido en 1989.

  19. fab-laracores di:

    Ó petróleo está compostor por compostos orgánicos, por exemplo: hidrocarbonatos insdubles en auga.Proceden do interior da terra pola transformación de materia orgánica acomulada en sedimentos.
    Esta formación de petróleo na zoa 1002 está causando diversos dilemas a causa da proposta de Obama, xa que como ben dí se lle dí no ao petróleo, terían que buscar novas formas de explotación dos recursos, cousa que non é asegurable atopar.

  20. faa-iagopadin di:

    O petróleo, tamén coñecido como crú é unha mestura homoxénea de compostos orgánicos, principalmente hidrocarburos insolubles en auga, que se produce no interior da Tierra por transformación da materia orgánica acumulada en sedimentos do pasado xeolóxico e pode acumularse en trampas xeolóxicas naturais de onde se extrae mediante a perforación de pozos. O petróleo é un recurso natural non renovable e actualmente tamén é a principal fonte de enerxía nos países desarrollados.
    Alaska foi vendida por parte de Rusia a Estados Unidos en 1867 debido a que era terreo inerte e alonxado que non traía máis que problemas. A compra por 7,2 millons de dólares, algo máis de 90 millons actuais, sairíalle barata a Estados Unidos, pois uns anos despois descubrironse varias reservas de ouro, coas que chegaron as primeiras poblacions. Porén, o maior descubrimento estaba aínda por chegar, en Alaska había petróleo. A aparición de petróleo foi un golpe de sorte que convertiu unha rexión pouco productiva nunha xoia por explotar.
    Aínda que é difícil cuantificar canto petróleo hai, estimase que a cifra pode rondar os 10.000 millons de barriles de Brent (un barril de Brent equivale a 159 litros).Isto supuxo un espaldarazo a independencia energética estadounidense fronte a outros países con máis petróleo.