“Botón do Medo”

O medo é unha emoción necesaria, pero na súa xusta medida: tan malo é ter pouco (o que aboca ás condutas temerarias) como demasiado: entón enfrontámonos a trastornos de ansiedade. Os científicos sabían que a aprendizaxe e a memoria deste sentimento procedía dunha rexión cerebral chamada amígdala central, pero ignoraban que mecanismo neuronal a activaba.

Polo que sabemos ata agora, a amígdala é unha especie de botón de emerxencia do noso cerebro. Se nos axexa un perigo inminente, este núcleo activa un sinal que renvía inmediatamente ao resto do corpo. Agora, neurocientíficos do Cold Spring Harbor Laboratory afinaron máis e, despois de realizar experimentos con ratos, sinalan un grupo de neuronas chamado núcleo paraventricular do tálamo (PVT, polas súas siglas en inglés). Ao parecer, esta zona da masa gris é extremadamente sensible ás situacións de estrés.

Dous estudos publicados  na revista Nature acaban de descifrar o funcionamento do que os científicos chamaron “o circuíto do medo”. O equipo do neurobiólogo David J.Anderson, do Instituto Tecnolóxico de California (CalTech), e o do profesor Andreas Lüthi, do Friedrich Miescher Institute (FMI), comprobaron a existencia de dous tipos de células neuronais na amígdala que se alternan para abrir e pechar as “portas” do medo e controlan este proceso de “ida e volta”.

A clave nesa conexión, como comprobaron os autores do estudo ao analizar datos de persoas afectadas de estrés postraumático, reside nunha molécula chamada BDNF, mensaxeiro químico asociado a trastornos de ansiedade e que desempeña un papel importante no nacemento e a conexión de neuronas. Ao aumentar os niveis de BDNF na amígdala central dos ratos, estes mostraban unha conduta máis temerosa e creaban recordos a longo prazo sobre as situacións que lle xeraran angustia.

Na imaxe anterior podemos ver que a amigdala cerebral que se encargar de controlar tanto o Medo coma Rabia e a Tristura acompañado doutros organos cerebrais, pero sendo pola cal pasa toda a informacion sensorial e a transforma en mensaxes para o cerebro.

Poderedes saber mais sobre este tema ao ver este video.

Autora: Sara Falcón Fariña

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Evolución, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.