Mayday, Mayday, Mayday

Unha empresa galega patentou un sistema para localizar avións afundidos no mar.

Esta empresa chámase Indeswittec e está situada en Ribeira. O seu lema é: Creatividade, investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico e está dirixida por José María Santiago Fontaíña. Ativa dende 2009, esta empresa dirixida a ciencia aplicada para desenvolver productos orientados a empresas privadas e administracións estatais.  Principalmente céntrase no sector sanitario, aeronáutico, marítimo, medioambiental e de automoción.

O seu último producto ten que ver co sector aeronáutico. Este novoproducto recibe o nome de Lovea JMSF e substituiría nun futuro caixas negras dos avións, que conteñen información sobre o rexistro e datos do voo durante 30 días aproximadamente e que moitas veces non se poden recuperar pola falta de contacto do avión coas bases de control. Esta empresa ten a patente conseguida en China, E.E. U.U. e Europa e está a espera de conseguila en Canadá, Rusia, Xapón e Brasil.

O Lovea JMSF consiste nun dispositivo que, ademáis de dispoñer do rexistro de datos do voo, ante un estado de emerxencia do avión este sae exectado ben por medios manuais ou automáticos, emitindo ao momento señais GPS. Tamén pode flotar, o que supón unha vantaxe bastante transcendente respecto das caixas negras en caso de que o accidente se produzca no mar.

As características deste dispositivo permiten unha inmediatez na búsqueda e un posible rescate de persoas no caso dunha amaraxe. A súa fácil localización é debida a que, cando sae exectado, solta dun compartimento interior unhas láminas de aluminio que no aire conforman unha nube metálica detectable por satélites e radares.

A continuación, hai un vídeo que explica o seu funcionamento:

Vídeo: Una-empresa-gallega-patenta-una-tecnica-para-hallar-aviones-accidentados-en-el-mar

Autor: Manuel Vilas

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.