Contradicción en forma de xeo

Segundo un estudo, que foi publicado na revista científica Nature Geosciece, divulgado en Australia, o cal crese axudará a entender os efectos do cambio climático no planeta, o xeo mariño da Antártida é moito máis groso do que se cría. Anteriormente calculábase que o grosor do xeo mariño da Antártida era dun metro, pero as investigacións lideradas por Guy Williams, experto da Universidade de Tasmania, sinalan que a media é de 1,4 a 5,5 metros.

As imaxes tomadas no pasado cos satélites mostran que a cuberta do xeo mariño está a reducirse de xeito significativo no Ártico debido ao cambio climático, pero, de forma contradictoria, aumenta na zona da Antártida. As medicións cos satélites necesitaban validarse dende a Terra, e no caso da Antártida, os devanditos traballos realizábanse mediante perforacións e observacións dende os barcos, os que indicaban que o grosor da maioría dos xeos mariños era de menos dun metro.

A utilización de robots submariños para a medición de grosores, propiciou que se conseguiran estes datos, xa que ata o momento non había rexistradas perforacións de máis de 6m (dado ás limitacións do home).

Robot de medición de grosor dunha capa de xeo.


Autor: Martín Rodríguez González

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Contradicción en forma de xeo

  1. Victor di:

    Afectará ao nivel do mar o desxeo Ártico igual ca o Antártico?

    • fab-mariangaleano di:

      Os testigos do sondeo, os rexistros dos mareógrafos e as medicións por satélite demostran que durante o siglo pasado o Nivel Medio do Mar aumentou entre 10 e 20 centímetros e a taxa anual de aumento durante os últimos vinte anos foi de 3,2 mm, máis ou menos o dobre da velocidade media dos 80 anos procedentes. O aumento dos niveis do mar está vinculado a tres factores principais, todos eles inducidos polo cambio climático actual:

      -Dilatación térmica: Cando a auga se quenta, dilátase. Arredor da metade do aumento do nivel do mar que se produciu ao largo do siglo pasado é atribuible ao feito de que os océanos, ao quentarse, ocupan máis espacio.

      -O desxeo dos glaciares e dos casquetes polares: as grandes formacións de xeo, como os glaciares e os casquetes polares, derrítense de maneira natural en verán, pero en inverno, as precipitacións en forma de neve, compostas na súa maior parte de auga marina evaporada, bastn normalmente para compensar o desxeo, sen embargo as altas e persistentes temperaturas rexistradas recentemente a causa do quecemento global, son os responsables de que a cantidade de xeo que se derrite en verán aumentase e de que as nevadas disminuísen debido a que os invernos se retrasan e as primaveras se adiantan. Este desequilibrio xera un aumento neto significativo da escorrentía fronte á evaporación dos océanos, provocando que o nivel do mar se eleve.
      Os cambios no Ártico non só van afectar a os seus habitantes e ecosistemas, senon también ao resto do mundo, xa que o Ártico xoga un papel especial no clima global.

      -Pérdida de xeo en Groenlandia e na Antártida Occidental: igual que cos glaciares e cos casquetes de xeo, o aumento da calor está provocando que as enormes placas de xeo que recubren Groenlandia e a Antártida se derritan a un ritmo acelerado. Asimismo, os científicos cren que a agua doce xerada pola fusión na superficie e a agua do mar baixo a súa superficie se están filtrando por debaixo das placas de xeo de Groenlandia e da Antártida Occidental, lubricando as corrientes de xeo e provocando que estas se deslicen con mayor rapidez hacia el mar. Además, el aumento de las temperaturas está provocando que as enormes plataformas de xeo adheridas á Antártida se estén derretendo desde a base, se debiliten e se desprendan.
      Cando o nivel do mar se eleva con rapidez, tal e como o estivo facendo nos últimos tempos, incluso un pequeno aumento pode ter consecuencias devastadoras nos hábitats costeros. A agua do mar penetra en zonas cada vez máis alonxadas da costa, o cal pode xerar consecuencias catastróficas como a erosión, as inundacións de humedais, a contaminación de acuíferos e do solo agrícola, e a pérdida do hábitat de peixes, paxaros e prantas.

  2. faa-sarafalcon di:

    En referencian ao desxeo do Artico, a nós afectanos máis xa ese desxeo masivo se auga doce que se verte no oceano atlantico pode producir que as correntes mariñas que veñen dos tropicos hacía as nosas costas facendo que o noso clima sexa un clima templado, se vaian debilitando e podría chegar ao punto no que estas correntes desaparezan e o noso clima se volvese polar e as nosas costas irían desaparecendo xa que as prediciós din que a final de século o nivel do mar habría de subir entre 19 e 59 cm coa combinación do desxeo entre o Ártico e o Antártico

  3. faa-tamaraparracho di:

    A pesar de que tanto o Ártico como a Antártida conteñen casquetes polares, estes son completamente diferentes polo que o seu desxeo tamén producirá consecuencias distintas no nivel do mar.
    O casquete de xeo do Ártico (no Polo Norte) está composto por xeo mariño, isto é, formouse debido á conxelación e solidificación da auga do mar, e polo tanto, é xeo flotante (en forma de icebergs)e conta cun espesor de tan só unhas decenas de quilómetros.
    No Polo Sur, pola contra, atopamos un gran continente (a Antártida), cuberto de xeo glaciar, isto é, formado debido a caída sucesiva de nevadas, cuxo propio peso fixo que se compactaran as capas máis antigas, converténdoas en xeo. Así, a capa de xeo conta cunha superficie de 13,5 millóns de quilómetros cadrados e cun espesor medio de 2200 metros.
    Debido a estas diferenzas, o desxeo dos glaciares da Antártica tería un maoir efecto sobre o nivel do mar que o desxeo do Ártico, posto que, en primeiro lugar o xeo do Ártico está flotando sobre a agua, polo que se este se derretera, a agua resultante só ocuparía o espazo deixado polo xeo e non exercería unha presión cara arriba do nivel del mar e, en segundo lugar, a superficie e a densidade da capa de xeo da Antártida é moito maior. Así, calcúlase que debido ao quentamento global, a Antártida perde uns 152 km³ de xeo ao ano, o que supón un aumento do nivel do mar uns 0,4 mm, polo que se este se chegase a fundir na súa totalidade, o nivel do mar ascendería 62 metros por riba do seu nivel actual.

  4. faa-laurachaves di:

    A principal masa de terra cuberta de xeo é a da Antártida, no Polo sur, co 90% de xeo no mundo, e 70% de auga doce. A Antártida está cuberta de xeo nunha media de 2.133metros de espesor. Se todo o xeo da Antártida se derretese, os niveis do mar en todo o mundo elevaríanse uns 61 metros. Contando con que no outro extremo no mundo, no Polo Norte,n o Ártico, o xeo non é tan groso coma na Antártida, o desxeo non afectaría ao nivel do mar, polo que se podería decir que tería máis repercusións o desxeo da Antártida. Aínda que por outra banda, no Océano Ártico, o xeo flota, polo que as correntes mariñas se verían afectadas a causa do enfriamento do océano , e derretiríase o solo do Ártico, que cubre gran parte da tundra, e isto amenazaría a liberación de grandes cantidades de metano, un gas efecto invernadoiro.
    Polo tanto, tanto o desxeo na Antártida como no Ártico causarían riscos severos na Terra.

  5. faa-andreaperez di:

    Non porque o xeo de Groenlandia e a auga do propio océano conxeladas mentres que as capas de xeo da Antártida, están formadas polas nevadas que cairon sobre este continente provocando que esta neve compactase e formase capas e capas de xeo que non pertencían ao mar e por este motivo é porque é máis perigoso que se desxee a Antártida por que toda esa auga antes non estaba. As capas de xeo mariño na Antártida Occidental son as únicas que teñen o potencial de elevar o nivel do mar.

  6. faa-martinbaulde di:

    Os casquetes polares do ártico e a Antártida son moi diferentes o un do outro :
    O xeo que cubre a Antártida orixinouse a partir dunha redución dos niveis de dióxido de carbono durante un importante cambio climático fai uns trinta e catro millóns de anos. O espesor medio do xeo na Antártida é de 2.4 quilómetros, chegando nalgúns lugares a case 5 quilómetros.
    A orixe do casquete de xeo do Ártico, foi a conxelación da auga do mar, é dicir está formado por auga do mar.
    Estas diferenzas entre os casquetes polares do Ártico e Antártico, fan que o seu dexeo non tome a mesma repercusión. O desxeo dos glaciares antárticos tería un maior efecto no nivel do mar que o desxeo dos glaciares árticos :
    Na Antártida, o volume de xeo é tan grande que a súa desconxelación completa elevaría o nivel do mar nuns 60 metros. En cambio, vemos que o xeo ártico xa formaba parte do mar antes de converterse en propio xeo, polo que se se derretera, a auga so ocuparía o espazo que antes ocupaba o xeo.

  7. faa-ivanlois di:

    Non afectará igual debido a que o xeo Ártico está flotando sobre a auga, e xa despraza un peso que é igual ao seu volume total de xeo. Se o xeo do Ártico se derretera, a auga resultante solo ocuparía o espazo deixado polo xeo e non exercería unha presión cara arriba do nivel do mar.
    Pola contra, cando falamos do xeo que se poida derreter na Antártida , xa que ao ser este un continente, a cuberta de xeo non está flotando e non exerce ningunha presión sobre a auga. Se se derretera dita capa de xeo o nivel do mar si subiría.
    En conclusión o desxeo da Antártida si que podería causar bastantes cambios no nivel do mar, pero esperemos que os gobernos decidan tomar medidas conta o cambio climático.

  8. fab-laurafalcon di:

    O desxeo do Ártico, como consecuencia do Quentamento Global pode afectar a Corrente do Golfo, alterando o Clima de Europa Occidental e a Rexión Este de Norte América, o que deriva en ciclos de Verans moi cálidos que tenden a extenderse hata o Otoño e intensos inviernos que poden prolongarse hata a Primaveira, o que podría crear condicions Climáticas Árticas en rexions do norte de Europa e de Norte América.
    O desxeo do polo sur chegou a afectar a algo tan fundamental como a gravidade do planeta. Os datos deunos a conocer a Axencia Espacial Europea, que aproveitou a larga vida do seu satélite GOCE para elaborar o “modelo gravitacional máis preciso xamais producido”, según a noticia de la axencia. O satélite percibeu cambios medibles na gravitación da zona da Antárdida debido a masa de xeo perdida entre os anos 2009 e 2012.
    Este detalle é o máis impresionante da noticia, pero a ESA aporta outros datos igualmente tranquilizadores. Outro dos seus satélites, CryoSat, demostrou que a velocidade do desxeo multiplicase por 3 cada ano desde o 2009. E outro dato: desde eo 2011, a Antártida perdeu unha media de 125 kilómetros cúbicos de xeo por ano.

  9. Victor di:

    Pode considerarse que o casquete polar Ártico afecta máis ao clima da costa atlántica de EEUU ou á costa europea?

    • faa-manuelvilas di:

      O quentamento global pode acelerarse co aumento das temperaturas no Ártico, a calor pode derreter o chan permanentemente xeado (Permafrost) provocando a emisión de gases de Efecto Invernadero. Segundo cálculos científicos un 14% do Dióxido de Carbono do planeta se encontra baixo estas terras heladas.Existen evidencias científicas sobre o alarmante aumento de temperatura do Permafrost Ártico, segundo o Programa da Naciones Unidas para o Medio (PNUMA).O Desxeo do Ártico, como consecuencia do Quentamento Global pode afectar a Corrente do Golfo, alterando o Clima de Europa Occidental e a Rexión Leste de Norte América, o que deriva en ciclos de Veráns moi cálidos que tenden a estenderse ata o Outono e intensos invernos que poden prolongarse ata a Primavera, o que podería crear condicións Climáticas Árticas en rexións do norte de Europa e de Norte América.

    • fab-mariangaleano di:

      Según din os científicos o casquete polar Ártico desaparecerá completamente dentro de 20 a 30 anos. A desaparición do casquete polar terá repercusións “máis alá do Ártico”. Ademáis da desaparición da fauna, ese desxeo provocará un aumento do nivel dos océanos, dodificacións atmosféricas e correntes mariñas, pero tamén a liberación de volumes importantes de gases de efecto invernadoiro. Pode afectar á Corrente do Golfo, alterando o Clima de Europa Occidental e a Rexión Este do Norte de América, o que podería producir veráns moi cálidos que tenden a extenderse ata o Outono e intensos invernos que se prolongarían ata a Primavera, o que podería crear condicións climáticas Árticas en rexións do norte de Europa e Norte América

  10. fab-sabelafernandez di:

    Os casquetes polares son unhas grandes masas de xeo que se atopan principalmente nos polos do noso planeta Terra. Trátase dunha vasta extensión de xeo que cobre unha gran área do mundo e que podemos atopalas tanto na Antártida como no Ártico, inda que se podería dicir que é considerablemente maior no casquete polar da Antártida.
    Os pobos indíxeas do Ártico que habitan nas rexións de Alaska, Canadá, Groenlandia, Rusia e territorio Sápmi (Suecia, Noruega, Finlandia e Rusia) estanse vendo fortemente afectados polo quentamento climático e a conseguinte perda de xeo.

  11. fab-antonchaves di:

    Unha das zonas que máis sufrirá o impacto do cambio climático será o sur de Europa, onde o V informe xerado polo IPCC (Panel Intergubernamental de Nacións Unidas para o Cambio Climático) prevé un aumento das temperaturas, maiores olas de calor, unha maior dificultade para acceder á auga doce, un aumento no número e duración dos incendios e posiblemente o asentamento de novos insectos que propaguen enfermidades.
    Tamén a nivel xeográfico o desxeo do ártico traerá cambios. Según os datos calculados por Polar Science Center, nos últimos 30 anos perdéronse arredor de tres cuartas partes do volumen do xeo no Ártico. E se para finais do siglo o xeo de Groenlandia se derrite, o nivel do mar subirá ata sete metros e acabará por devorar centos de metros do litoral mediterráneo.

  12. faa-sarafalcon di:

    O desxeo do Ártico necesariamente afectará a cálida e salgada Corrente do Golfo, o que alteraría o clima de Europa Occidental e do Leste de EUA As consecuencias serían veráns máis cálidos que se prolongarían máis alá do habitual, e invernos máis intensos cunha duración tamén maior á actual. Pero, se a invasión de augas árticas ao Atlántico, chega a bloquear a vital corrente do Golfo, convertería paradoxalmente a Europa do Norte, nunha rexión con frío insoportable (estamos a falar do Reino Unido, Islandia, Noruega, e illas menores, polo menos). Hai que agregar que o paulatino desxeo de Groenlandia tamén afectaría a fría Corrente do Labrador que incide sobre o clima sobre a costa Leste de Estados Unidos, cos conseguintes efectos climáticos. No ano 2002, 51.000 metros cúbicos de auga doce e fría provenientes do desxeo de Groenlandia foron envorcados nas cálidas e salgadas augas da Corrente do Golfo. Estímase que o 80% dos xeos que cobren Groenlandía se están a derreter a razón dun metro por ano.

    Do mesmo xeito que os océanos retiran calor da atmosfera, devólveno a esta a través do proceso da retroalimentación, polo que un incremento da temperatura se podería traducir nun aumento da intensidade de ciclóns, tifóns e furacáns, que afectarían, ademais, a unha maior zona.

  13. faa-carmenvilanova di:

    Está cientificamente demostrado que o desxeo dos casquetes afecta ao clima da Terra. Existe unha teoría que di que o clima da rexión do Atlántico norte, que inclúe Europa e a zona este de Norteamérica, está controlado polas grandes correntes oceánicas que transportan o calor hacia o Norte desde os trópicos. Esta cinta transportadora oceánica ponse en funcionamento cando a auga superficial máis salgada (e polo tanto máis pesada), se funde nas profundidades oceánicas nas proximidades do sur de Groenlandia. Esta auga é reemplazada por auga quente dos trópicos que quenta a rexión do Atlántico norte. Sen este mecanismo, o clima relativamente temperado das illas Británicas, por exemplo, podería ser tan frío como o da rexión norte de Canadá. A preocupación reside en que o grande fluxo de auga doce do desxeo ártico dilúa a corrente salgada e pare ou debilite a cinta transportadora da calor. Isto podería dar como resultado un cambio brusco climático que probablemente repercutiría en todo o hemisferio ao alterar a circulación atmosférica a grande escala.

  14. faa-laurachaves di:

    A medida que o desxeo aumente sobre o Ártico, os raios solares deixarán de ser reflexados polas capas de xeo, e no seu lugar, os océanos absorberán o calor. Ademais tras as capas de xeo existen gases de efecto invernadoiro, que coa súa liberación agravarían o cambio climático.
    Unha das zonas que máis sufrirá o impacto do cambio climático será Europa, máis concretamente o sur de Europa, pois prevese un aumento das temperaturas, maiores olas de calor, maior dificultade para acceder á auga doce, asentamento de novos insectos que propaguen enfermidades etc.
    E dentro de Europa, España é unha gran vítima. Pese á distancia que separa a España do Ártico, un cambio sobre o ecosistema desta rexión polar afectaríaa gravemente.

  15. faa-martinbaulde di:

    Un casquete polar é unha grande masa de xeo que cubre terreos, illas e mares en altas latitudes, tanto no ártico como na Antártida. Poderíamos dicir que son o conxunto de glaciares que cubren un polo da terra.
    O desxeo do casquete polar Ártico, como consecuencia do quecemento global, pode afectar a Corrente do Golfo, alterando o clima de Europa Occidental e a rexión este de Norte América , o que deriva en ciclos de veráns moi cálidos que tenden a estenderse ata o Otoño e intensos invernos que poden prolongarse ata a Primavera, o que podería crear condicións climáticas Árticas en rexións do norte de Europa e de Norte América.

  16. faa-miguelotero di:

    O desxeo do casquete polar Ártico, ten como consecuencia, do quentamento global, pode afectar á Corrente do Golfo, así, alterando o clima de Europa Occidental e a Rexión este do Norte América, o que deriva nuns ciclos de Veranos moi cálidos que tenden a extenderse ata o Outono e intensos invernos que poden prolongarse ata á Primaveira, o que podría crear condicións Climáticas Árticas en rexións do norte de Europa e de América.
    Según os expertos, din que unha das zonas considerablemente afectadas podría ser, Europa, en especial a zona do mar mediterráneo debido a subida do nivel das augas.

  17. faa-iagopadin di:

    O Ártico é un dos ecosistemas naturais máis sensibles ao quentamento global provocado pola acción humana, como demostra o retroceso do seu casquete de xeo polar.Este quentamento sufrido pola atmósfera terrestre e as capas superiores dos mares a consecuencia das emisions industriais de gases de efecto invernadoiro provocou rápidos cambios no seu ecosistema como que as extremas condicions de vida que facían destas terras lugares deshabitados polo ser humano vaian a menos.
    Os efectos disto poden ser debastadores no clima na rexión do Atlántico norte, que inclúe Europa o este de Norteamérica, e está controlado polas grandes correntes oceánicas que transportan a calor hacia o Norte desde os trópicos. Este transporte ponse en funcionamento cando a auga superficial máis salada e pesada se funde nas profundidades oceánicas preto do sur de Groenlandia. Esta auga é reemplazada por outra quente dos trópicos que quenta a rexión do Atlántico norte. Sen este mecanismo, o clima templado das illas Británicas, por exemplo, podería ser tan frío como o da rexión norte de Canadá. O preocupante está en que o gran fluxo de auga doce do desxeo ártico dilúa a corrente salada e pare ou debilite o transporte da calor. Isto podería dar como resultado un cambio climático brusco que probablemente reverbería en todo o hemisferio ao alterar a circulación atmosférica a gran escala.

  18. faa-miriantrigo di:

    Durante os 30 últimos anos, perdéronse, a causa do quentamento global provocado polos humanos, tres cuartas partes do volume do casquete polar Ártico, feito que se continúa polo mesmo camiño, o nivel do mar subiría notablemente cubrindo centos de metros de litoral.
    A pesar da grande distancia existente entre o noso país e o Ártico, o seu desxeo terá grandes repercusións sobre a Península Ibérica, xa que a medida que a rexión do Ártico vai perdendo xeo progresivamente, os raios procedentes do sol deixarán de reflectirse sobre o xeo, polo que esta calor pasará a ser absorbida polo océano. Isto afectará en gran medida ás zonas do sur de Europa, e en España o aumento e baixada das temperaturas e das precipitacións causará estragos no ecosistema.
    Esta situación tamén tivo consecuencias sobre a superficie de Alaska, Canadá e Groenlandia, pero con respecto á costa de EEUU, é máis probable que España sufra a peor parte, xa que este fenómeno provoca que as temperaturas se volvan máis extremas nas rexións máis afastadas dos polos terrestres.

  19. faa-albarodriguez di:

    O desxeo do Ártico, como consecuencia do quentamento global pode afectar a corrente do Golfo, alterando así o clima de Europa Occidental e a rexión este do norte de América, o que deriva en ciclos de verán moi cálidos e intensos invernos, o que podería crear condicións climáticas en rexións do norte de Europa e do norte de América.
    Tras uns descubrimentos feitos en Grenlandia os científicos localizaron lugares onde os sedimentos oceánicos acumulábanse cunha gran rapidez. Descubriron así cambios bruscos, en lugares tan distantes como California e a India.
    No océano Atlántico sabemos que existe unha corren cálida que parte do Golfo de México e avanza hacia o norte e transmite ao seu paso calor ao aire por evaporación. A súas augas tornan progresivamente máis frías, máis salgadas e máis densas ata o momento en que cerca de Irlanda, vólvanse tan pesadas que se afunden e inician un largo viaxe hacía o sur a través dos fondos oceánicos.

  20. fab-raquelpan di:

    O seu principal problema e deshielo ártico (reducción do porcentaje helado do océano ártico e derretimiento da capa de hielo de Groenlandia) que provocaría conflictos pola sua soberanía debido ao tránsito de buques, que acortarían distancias por un potencial paso do Noroeste, e os seus Campos petrolíferos e otros combustibles fósiles, hata un terceiro das reservas mundiais A región do Ártico e a zona que rodea o Polo Norte.Tratase, a grandes rasgos, dun océano rodeado de terra. O extremo norte está cuberto na sua maioria en parte de nieve e xeo, mentras que os bosques boreais cubren a parte más meridional do Ártico. Entre ambos extremos encontranse vastas extensions de tundra. O Ártico alberga un conxunto de plantas, animais e pobos que sobreviven en condicions que se atopan entre as máis extremas do planeta e que se adaptaron extraordinariamente a ditas condiciones. O Ártico alberga una población de cerca de cuatro millons de personas, entre as que se incluye una maioría cada vez más ampla de colonos no indígenas. A rexión do Ártico comprende Groenlandia, Islandia e as zonas más septentrionais de Noruega, Suecia, Finlandia, Canadá, Rusia e EE.UU.

  21. Victor di:

    Como se pode medir o grosor dunha capa de xeo flotante?

  22. faa-miriantrigo di:

    O grosor dunha capa de xeo é un dato clave, pero é só dende fai uns anos que a ciencia conta coas ferramentas axeitadas para verificar ese dato dende o espazo, xa que antes os datos obtidos sobre o grosor do xeo eran aportados por sonares en submariños ou xeracións anteriores de radares. Para medir unha capa de xeo flotante hai que levar a cabo un proceso de gran complexidade que combina datos e información recollidos xunto con imaxes tomadas por satélite.
    Así, para determinar o grosor dunha masa de xeo, os investigadores empregan unhas varillas graduadas semellantes a regras. Ademais, para poder calcular o seu volume, necesítase saber a súa extensión, e combinando os datos do grosor da capa de xeo e a extensión pódese calcular o volume, dato de gran importancia.
    Grazas aos avances, agora existen radares de maior resolución que xamais se puxeran en órbita. Estes instrumentos emiten impulsos de microondas que rebotan tanto na capa superior do xeo como na auga que se encontra debaixo (no caso das gretas). Medindo a diferenza de alturas entre estas dúas superficies lógrase calcular o volume total da masa de xeo flotante.

  23. faa-nereaeiras di:

    Uns científicos que mediron o grosor dunha masa de xeo flotante da Antártida por primeira vez empregando unhas varillas que semellaban a unhas regras e , os datos obtidos os comparaban cos datos recollidos polo satélite. Facendo cálculos, grazas as novas tecnoloxías e coa recopilación de datos durante 50 años, hoxe en día, sabemos que este continente contén uns 26,5 millóns de quilómetros cúbicos de xeo que, se se derretira, podería aumentar 58 metros a altura do nivel do océano.