Adaptarse ou morrer

Un grupo de científicos desenvolveu un modelo que permitirá prever como se adaptará cada especie ao cambio climático.

O cambio climático lévase producindo na Terra dende case a súa existencia, pero sempre dun xeito gradual e alternando con períodos de glaciación (nos últimos 650.000 anos existiron 7 ciclos de avance e retroceso glacial). Pero este cambio leva sufrindo anomalías dende 1800 (época na que se iniciou a primeira revolución industrial e a queima de combustibles fósiles) orixinando o denominado calentamento global, de tal xeito que se espera que dentro de 100 anos, de seguir a este ritmo, a temperatura aumentaría entre 3 e 5ºC. O calentamento global actual é producido maioritariamente polo ser humano, pero non só afecta a este. O cambio climático produce, entre outras cousas, a aparición e a desaprición de especies (como, por exemplo, a extinción no pasado dos mamuts e dos tigres dentes de sable, etc.)

O cambio climático, unido ao calentamento global de hoxe en día, pode dar lugar a desaparición de moitas especies de continuar así. Actualmente están en perigo de extinción animais tales como  as tartarugas mariñas (xa que o cambio climático produce catástrofes naturais como  as mareas que destrúen os seus hábitats), os osos polares e os pingüíns (debido a reducción do xeo no Ártico polo aumento da temperatura), as baleas (as rutas migratorias destas son alteradas polas variacións de temperatura no océano) e  os canguros (as altas temperaturas producen sequías e incendios que acaban co hábitat destes animais).

Este modelo deseñado polos científicos permitirá saber con antelación nas especies, en que casos a adaptación será posible e en cales non. Tamén esperan aplicar este modelo en sistemas prácticos para planificar futuras medidas de mitigación e loita contra o cambio climático.

A continuación podedes ollar un vídeo de breve duración que nos achega ás especies e a súa desaparición por mor do cambio climático:

Vídeomas-mitad-especies-desaparecido-ultimos-anos_2014100100208.html

Autor: Manuel Vilas

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to Adaptarse ou morrer

  1. Victor di:

    Coñecedes algunha especie galega que estea afectada polo Cambio Climático?

    • faa-manuelvilas di:

      A salamndra salamandra(salamadra común) está en peligro de extinción debido á destrución de hábitats por diversos motivos: talla, incendios, drenaxe, introdución de especies invasoras, construcións humanas (canalizacións de mananciais, estradas, etc.). Outro factor importante é a forte presión que sofre por pensar que é un animal daniño e velenoso, polo que en moitos lugares ao ser visto é sacrificado. Outros factores a ter en conta son a alta mortalidade por atropelos e o abandono das actividades agropecuarias tradicionais que provocan a colmatación das pozas de cría. Nas illas Cíes un dos principais problemas, antes de que fóra declarado parte do Parque Nacional dás Illas Atlánticas era que a xente nova ía ás illas lonxe do coidado parenteral e destruían o medio.

    • faa-ritalage di:

      Chámase cambio climático á modificación do clima con respecto ao historial climático a unha escala global ou rexional. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre todos os parámetros meteorolóxicos: temperatura, presión atmosférica, precipitacións, nebulosidade, etc.
      Unha especie xa non só galega, senón estendida por toda a península, que está afectada polo cambio climático é a troita común. O cambio climático, a contaminación, a extracción de auga para regar os cultivos e a sobrepesca ameazan a supervivencia da troita común.

  2. faa-ivanlois di:

    A Ranita de San Antón (Hyla molleri), é unha especie de rana que se encontra en case todo o territorio galego. É unha rá que pode medir entre 3,5 1 5 cm, ten unha cor verde e rechoncha. Soen encontrarse nas árbores pero durante o período de reprodución vanse a charcas cerca de onde soen vivir. Encóntrase ameazada debido a perda de hábitat e á contaminación das augas.

  3. fab-lauraozores di:

    Chámase cambio climático á modificación do clima con respecto ao historial climático a unha escala global ou rexional. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre todos os parámetros meteorolóxicos: temperatura, presión atmosférica, precipitacións, nebulosidade, etc.
    Unha especie xa non só galega, senón estendida por toda a península, que está afectada polo cambio climático é a troita común. O cambio climático, a contaminación, a extracción de auga para regar os cultivos e a sobrepesca ameazan a supervivencia da troita común. Segundo un estudo español, o hábitat deste peixe, moi sensible aos cambios do seu ámbito, terase reducido á metade en 2040, e terá desaparecido practicamente dos ríos ibéricos en 2100, co que tamén se extinguirán as poboacións desta especie.

  4. faa-martinbaulde di:

    O cambio climático, esta a modificar a natureza a cada instante. Ademáis o seu ritmo estase a acelerar e os expertos consideran que as consecuencias que terá sobre a nosa comunidade autónoma poden ser moi graves. Galicia podería perder ata o 70 % das súas especies de flora e fauna durante os próximos trinta anos. Entre as especies afectadas destacan os abedules (betule celtiberica) e as ranas de San Antonio (hyla arbórea), presentes maiormente na provincia de A Coruña.

  5. faa-sarafalcon di:

    A verdade e que non sei de ningunha especie en concreto, pero o ecosistema mariño das nosas costas estase vendo moi afectado polo cambio climantico que vimos sufrindo, xa que as nosas costas aumentaron o seu nivel e trouxeron consigo augas mais quentes facendo asi que algunhas especies que eran de aqui tiveran que emigrar cara zonas de augas mais frias.

  6. faa-carmenvilanova di:

    O cambio climático é unha realidade que está a modificar a natureza cada instante. O seu ritmo estase a acelerar e os expertos consideran que as súas consecuencias sobre Galicia serán graves. Deste xeito, a comunidade podería perder ata o 70% das súas especies de flora e fauna durante as próximas tres décadas, unha porcentaxe que se estabilizará ata final do presente século.
    Entre as ameazadas encóntranse dende os bidueiros (betule celtiberica) ás raniñas de San Antonio (hyla arborea), presente fundamentalmente na provincia da Coruña. Ademais, o cambio climático tamén repercute negativamente na escaseza do polbo, a sardiña ou o percebe. Así e todo, a riqueza de flora e fauna non é o único campo que se verá afectado en Galicia. A chuvia, que caracteriza o clima destas terras, verase tamén afectada polo cambio climático.

  7. faa-miriantrigo di:

    O cambio climático está a ter grandes afectos a nivel mundial e incrementou notablemente durante os últimos anos. En Galicia, esta notable modificación do clima está a ter unhas consecuencias graves tanto para a flora como a fauna; Galicia chegou a perder o 70% da súa flora e fauna no seu territorio, incluso é cada vez menor a posibilidade de incorporar novas especies no noso territorio. Ademais, as precipitacións en Galicia acada vez serán máis reducidas, tendo consecuencias, por exemplo, nos ríos.
    O cambio climático, entre outros factores, é un dos causantes de que numerosas especies en Galicia estean en perigo de extinción. Un total de 25 especies, a maior parte aves, son as máis perxudicadas por esta modificación no clima, ademais de algúns artrópodos, un mamífero, varios moluscos e reptís: cangrexo de río, aguia real, tartaruga común, urogallo, ameixa perlífera…
    Tamén se ve afectada a flora no noso territorio, en especial a vexetación de alta montaña, os bosques caducifolios e os arbustos. Algúns exemplos son: Fagus sylvatica, Quercus robur, Quercus pyrenaica e o Quercus ilex.

  8. faa-uxiacasais di:

    O cambio climático ten efectos claros na pesca. Nas costas galegas observase un gran incremento de especies de peixes procedentes de zonas más meridionais como o Trachurus picturatus ( un tipo de xurel ) ou o lenguado senegalés ( Solea senegalesis) de menor valor comercial que as especies propias das nosas augas.
    A organización ecoloxista Greenpeace xa alertara no 2009 dos cambios que comezaba a experimentar Galicia por culpa do cambio climático. Debido o aumento progresivo das temperaturas e das chuvias en inverno e outono e con escaseza no verán provocaron un aumento de media de 2,5 centímetros por década.

  9. faa-miguelotero di:

    O cambio climático, é un “fenómeno global”. E unha das “manifestacións máis patentes” do impacto da man do home no medio ambiente. As altas temperaturas provocan o desprazamento con un marcado compoñente latitudinal, e dicir, dende o Ecuador ata os polos. Peixes, moluscos e crustáceos nadan cara o norte porque no seu entorno habitual xa non teñen a temperatura que necesitan para sobrevivir ou porque, simplemente, quedáronse sen a alimentación propia do seu ecosistema.
    En Galicia encontráronse 23 especies exóticas. Un número importante son da familia dos caránxidos tropicais, que veñen das latitudes baixas, como ocurre co xurelo azul, o dentón, o francés, o medregal negro e la palometa blanca. A súa presenza incrementáronse “notablemente”, con catro especies detectadas en 1988 e un total de dez, actualmente. Isto é provocado polo cambio climántico na terra.

  10. faa-albaaller di:

    O cambio climático está a modificar a natureza continuamente, este prodúcese principalmente pola expulsión de certos gases a atmosfera. O seu ritmo está a incrementarse, polo que os expertos consideran que si segue a este ritmo, Galicia, podería perder ata cerca do 70% das súas especies de flora e fauna. Ademais o cambio climático tamén trae graves consecuencias para o fondo mariño, producíndose a escaseza dalgunhas especies, como o polbo, que caracterizan a terra galega.
    Tamén podería chegar a repercutir no clima galego.

  11. faa-ariadnavazquez di:

    O cambio climático está a afectar xa ao cultivo do mexillón en batea que se realiza de
    forma extensiva en Galicia dende mediados do século XX. Os cambios detectados no réxime de ventos que sopran sobre a plataforma continental, cunha redución significativa na duración do período favorable para o afloramento nun 30% e do seu intensidade do 45% nos últimos 40 anos, ten un efecto directo tanto sobre o crecemento deste organismo filtrador como sobre a recorrencia das proliferacións de microalgas nocivas (‘mareas vermellas’) que obrigan ao peche das bateas e atrasan a recollida e comercialización do mexillón en Galicia.
    Así, dende 1965 ata a actualidade apreciouse unha diminución do crecemento individual na fase de preengorde do mexillón cultivado na ría de Arousa do 20%.
    Tamén, dende 1965 observouse que se duplicou o número de días en que non se pode extraer mexillón pola presenza de especies tóxicas de fitoplancto.

  12. fab-sabelafernandez di:

    Os estudos da Xunta de Galicia sinala que a zona costeira galega sofre un proceso de “mediterranización”. Tamén, que algunhas especies exóticas presentan debilitamentos a causa das epidemias e endemias vinculadas ás anomalías climáticas presentes en
    Galicia nos últimos anos.
    Os estudos da Xunta de Galicia sinalan que algunhas especies poderían facerse pouco interesantes para o seu aproveitamento polas problemáticas sanitarias que fan perder a súa capacidade produtiva. Algunhas pragas do eucalipto como o Phoracanta semipunctata son favorecidas por períodos de seca polo que a “mediterranización” podería facer máis vulnerables as plantacións desta especie. Algo similar acontece con outra praga do eucalipto, o Gonipterus, que fai estragos en determinadas localizacións soleadas e de media altitude. Un ascenso das temperaturas medias permitirá a expansión desta enche ata localidades non afectadas actualmente.

  13. faa-laurachaves di:

    Segundo os expertos, o cambio climático en Galicia terá como consecuencia un aumento das temperaturas e unha redución das precipitacións que farán que o clima galaico se asemelle ao clima Mediterráneo Os cambios no clima agárdase que traian unha importancia mudanza na distribución xeográfica dos ecosistemas terrestres. Neste caso aqueles ecosistemas senlleiros determinados por un determinado enclave xeolóxico ou unhas determinadas condicións climáticas son os que máis sufriran dos efectos do quecemento global, chegando mesmo a desaparecer da xeografía galaica. Así mesmo as temperaturas afectará especialmente á biodiversidade galega, especialmente aos anfibios que atopan en Galicia un dos mellores hábitats da península e que co cambio climático poderían perder moitos dos seus ecosistemas chegando mesmo a extinguirse un 97% das especies.
    O mesmo estudo amosou que as bolboretas inician o seu voo con seis semanas de antelación e as abellas polinizan ata 55 días antes. Así mesmo, as andoriñas aparecen quince días antes que fai trinta anos e a súa emigración atrásase dúas semanas

  14. faa-albarodriguez di:

    O cambio climático está afectado xa o cultivo do mexillón na batea que se realiza de forma extensiva en Galiza desde mediados do siglo XX. Os cambios detectados no réximen de ventos que soplan sobre a plataforma continental, cunha redución significativa na duración do periodo favorable para o afloramento nun 30% e da súa intensidade do 45% nos úktimos 40 anos, teñen un efecto directo tanto sobre o crecemento de este organismo filtrador como sobre a recurrencia das poliferacións de microalgas e comercialización do mexillón en Galicia.
    Así, desde 1965 ata a actualidade apreciouse unha diminución do crecemento individual na fase de preengorde do mexillón cultivado na ría de arousa dun 20%. Tamén, desde 1965 observouse que se duplicou o número de díasen que non se pode extraer mexillón pola preesencia de especies tóxicas de fitoplancton.

  15. fab-miguelleiro di:

    O cambio climático está afectando de forma global. En Galicia concretamente, moitas especies tanto terrestres como mariña, a causa do cambio climático estan sendo afectadas chegando a un punto que a extinción é algo cercano.
    Unha especie galega que me chamou atención foi o mexilón. A causa dos cambios nos ventos que soplan sobre a plataforma continental, cunha reducción significativa na duración do periodo favorable de afloramento nun 30% e na súa intensidade nun 45% nos últimos 40 anos, ten un efecto directo tanto sobre o crecemento deste organismo filtrador como sobre a recurrencia das mareas vermellas, que obligan ao cerrre das bateas e retardan a recollida e comercialización do mexilón en Galicia. Dende 1965, na Ría de Arousa diminueu o crecemento deste nun 20%.

  16. fab-miguelpineiro di:

    As ultimas investigacións afirman que a costa galega esta sufrindo un proceso de «mediterranización». Tamén, que algunhas especies exóticas presentan debilidades a causa das epidemias e endemias vinculadas ás anomalías climáticas presentes en Galicia nos últimos anos.
    As ultimas investigacións sinalan que algunhas especies poderían facerse pouco interesantes para o seu aproveitamento polas problemáticas sanitarias que fan perder a súa capacidade produtiva. Algunhas pragas do eucalipto como o Phoracanta semipunctata son favorecidas por períodos de seca polo que a «mediterranización» podería facer máis vulnerables as plantacións desta especie. Algo similar acontece con outra praga do eucalipto, o Gonipterus, que fai estragos en determinadas localizacións soleadas e de media altitude. Un ascenso das temperaturas medias permitirá a expansión desta ata localidades non afectadas actualmente.

  17. fab-laracores di:

    Hai moitas especies as que repercuten o cambio climático. Por exemplo nos recursos pesqueiros, nos que debido ao aumento da temperatura do mar, a súa acidificación, o cambio de dirección de ventos fixeron que houbese un descenso no ecosistema, como é o caso do mexilón (cada ano baixa a súa cantidade).
    En varias observacións podese comprobar como en diferentes casos, encontranse tendencias ao adianto de datas de floración en especies como o Castaño ou o Sauce, e tamen o brote das súas follas e caída.
    A chegada da glondrinas síntese afectada por estes adiantos da primaveira, así é que está comprobado que chegan uns 14 días antes e poden migrar ata con 19 días de retraso!

  18. fab-mariblanco di:

    O cambio climático é unha realidade que está modificando a natureza cada instante. O seu ritmo estase acelerando e os expertos consideran que as súas consecuencias sobre Galicia serán graves. A comunidade podría perder ata un 70% das súas especies de flora e fauna durante as próximas tres décadas, unha porcentaxe que se estabilizará ata final do presente siglo. Entre as ameazas encóntranse dende os abedúis (betule celtiberica) ata as ranitas de San Antonio (hyla arborea), presente fundamentalmente na provincia de A Coruña.

  19. Victor di:

    O Cambio Climático, simplemente, significará un aumento de temperaturas?

    • fab-mariangaleano di:

      O cambio climático é un cambio significativo e duradeiro dos patróns locais ou globais do clims. O quecementoGlobal é un aumento da temperatura da atmosfera terrestre. A causa é o aumento dos gases de efecto invernadoiro que resultan das atividades humanas como a queima de combustibles fósiles e a deforestación. O término quecemento Global refírese ao aumento gradual das temperaturas da atmosfera e océanos da Terra que se detecto una actualidade, ademáis do seu continuo aumento que se proxectara a futuro. Este aumento da temperatura tamén afectará á subida dos niveis do mar, cambios no patrón e cantidade de precipitacións e na expansión dos desertos subtropicais.

  20. fab-miguelpineiro di:

    Non,non significara simplemente un aumento de temperaturas,o cambio climatico afectaranos a todos de diversas maneiras. Predicese falta de auga potable, grandes cambios nas condiciones para a producción de alimentos e un aumento nos índices de mortalidad debido a inundacions, tormentas, sequías e olas de calor. En definitiva, o cambio climático non e un fenómeno só ambiental sinon de profundas consecuencias económicas e sociais. Os paises máis pobres, serán os que sufrirán as peores consecuencias.

  21. faa-iagopadin di:

    En absoluto, o cambio climático terá unha gran cantidade de consecuencias perxudiciais tanto para a natureza como para as persoas e moitas delas están producidas por nós, por non tomar medidas ao respecto, por desperdiciar a enerxía e os recursos, por aumentar as emisions de CO2, por non informar as futuras xeracions ou por talar os bosques, os pulmons do mundo, entre outras razóns.
    Algunhas das consecuencias directas están moi presentes na rexion polar, onde o derretemento dos casquetes de xeo provoca a nivel bioloxico cambios nos ciclos de alimentacion das especies animais (osos brancos, focas,baleas) e un aumento da altura do nivel do mar provocando inundacions e maremotos. O aumento da temperatura mundial provoca maior evaporacion da agua do mar xerando chuvias e tormentas, o que, a súa vez, cambia o ciclo dos ventos levando chuvia e tornados a zonas nas que non eran esperados. Outros efectos máis complexos vense nos anfibios (ras, e outros) que son especies mais sensibles aos cambios de temperatura, ademais, dos animais migratorios que empezan a súa viaxe antes ou despois do acostumado encontrando dificultades para concluir a súa viaxe.

  22. faa-miguelotero di:

    Cando falamos de cambio climático, estamos a referirnos á modificación do clima con respecto ao historial climático a unha escala global ou rexiónl. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo. Sobre todos los parámetros meteorolóxicos, como: temperatura, presión atmosferica, precipitacións, nubosidade, entre outros.
    O termo sole usarse de maneira pouca apropiada, para facer referencia tan só aos cambios climáticos que suceden no presente, utilizándo como sinónimo quebramento global.
    Ademáis o quentamento global, o cambio climático implica cambios en outras variables como as precipitacións e os seus patróns, á cobertura de nubes e tódolos demais elementos do sistema atmosférico.

  23. faa-andreaperez di:

    Son numerosas as consecuencias que o cambio climático está tendo e vai a ter sobre o noso planeta a parte da subida das temperaturas hai outras consecuencias como:
    – Os polos cada vez se están derretindo a maior velocidade. Según novos datos científicos, as pérdidas nas placas de xeo de Groenlandia e a Antártida fixeron que o nivel do mar aumente nos últimos anos.
    -A temperatura da auga dos océanos tamén aumentou, o que dou como resultado a acidificación dos océanos, poñendo en perigo a numerosas especies animais e vexetais que habitan nel.
    – Aumento da frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos extremos como fortes olas de calor, precipitaciones, inundacións, sequías, etc.
    – Perigo de extinción de numerosas especies animais e vexetais. Entre un 20% e un 30% das especies vexetais e animais poderían verse en perigo de extinción si a temperatura global da Terra supera os 1,5-2,5 ºC.
    -Efectos sobre a agricultura e o sector forestal. Os cultivos situados nas zonas baixas poden perder a maioría da súa productividade facendo que aumente o risco de fame das persoas que sobreviven grazas a estas terras.

  24. faa-carmenvilanova di:

    Denomínase cambio climático á modificación do clima con respecto ao historial climático a unha escala global ou rexional. Tales cambios se producen a moi diversas escalas de tempo e sobre os parámetros meteorolóxicos, é dicir, temperatura, presión atmosférica, precipitacións, nubosidade, etc.
    Son numerosas as consecuencias que o cambio climático está tendo e vai ter sobre o noso planeta. En primeiro lugar, o aumento da temperatura terrestre é a principal consecuencia do cambio climático, aínda que non a única. De continuar coa tendencia actual de emisións de gases de efecto invernadoiro, prevese que a temperatura media global poida chegar a aumentar hasta 4ºC para o ano 2050. Debido a isto, os polos cada vez estanse derretindo a maior velocidade, producindo unha inestabilidade do solo e das avalanchas rochosas, o que ocasionará tamén un aumento do nivel e da temperatura do mar.
    Este aumento da temperatura da auga dos océanos deu resultado á adificación dos mesmos, danando e poñendo en perigo a numerosas especies animais e vexetais que neles habitan, véndose obrigados a adaptarse a condicións contrarias das do seu hábitat natural.
    O cambio climático tamén provoca aumentos na frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos extremos, como fortes olas de calor, inundacións, sequías, etc. Ten tamén graves repercusións sobre a agricultura e o sector forestal, ademais de impactos sobre a saúde humana.

  25. fab-lauracaldas di:

    Denomínase cambio climático á variación global do clima na Terra. É debido as causas naturais e tamén debido á acción do home e prodúcense moi diversas escalas de tempo e sobre todos os parámetros climáticos: temperatura, preicipitacións,nubosidade, etc. Xa no ano 2001 o Terceiro Informe de Evaluación do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC) poñía de manifesto a evidencia proporcionada polas obervacions rexionais no clima, en concreto os aumentos das temperaturas,estaban afectando aos diferentes sistemas e en distintas partes do globo terrráqueo. En promedio, a temperatura aumentou aproximadamente 0.6ºC no siglo XX, e o nivel do mar creceu de 10 a 12 centímetros e os investigadores consideran que esto débese á expansión dos océanos, cad vez máis quentes. E tamén se predice a extinción de animais e plantas, xa que os hábitats cambiarán tan rápido que moitas especies non se podrán adaptar a tempo.

  26. faa-martinbaulde di:

    O cambio climático é unha alteración radical e brusca dos equilibrios medioambientais entre o home e a natureza, e as súas consecuencias poden ser nefastas se non se levan a cabo medidas contra el:
    Consecuencias sobre a auga:
    -Un aumento xeneralizado dos caudais e un adianto temporal das descargas primaverais de ríos alimentados con glaciares e neve.
    -Aumento das temperaturas de lagos e ríos en moitas rexións, e acidificación dos océanos pola absorción de carbono xerado polo home .

    Consecuencias sobre os seres vivos :
    -Desprazamento cara rexións polares de certas especies e animais
    -Aparición de enverdecemento cedo da vexetación, como consecuencia dun alargamento das estacións.
    -Alteración do volume de algas, planctos e peixes nos océanos de latitudes altas.

    Consecuencias sobre os humanos:
    -Aumento da mortalidade asociada coas ondas de calor en Europa
    -Incremento de enfermidades nalgunhas áreas
    -Aumento da malnutrición debido as sequías e ao desequilibrio estacional das colleitas
    -Aumento de mortes, enfermidades e danos debido ás ondas de calor, inundacións, tormentas, incendios e sequías.

  27. faa-manuelvilas di:

    Non.O cambio climático tamén terá efectos na presión atmosférica, na nubosidade e precipitacións.En españa principalmente afectaríanos:
    1.- Aumento de temperaturas: Greenpeace advirte que a temperatura media da superficie terrestre xa subiu máis de 0,74ºC nos últimos 100 anos. En Europa este aumento é de 0,95ºC e en España incrementouse en 1,5ºC nas tres últimas décadas. As previsións máis desfavorables apuntan que entre o ano 2070 e 2100 as temperaturas subirán ata 7 grados no verán e 4 no inverno.
    2.- Deshielo: Segundo o IPCC a extensión da neve diminuíu en torno a un 10% no hemisferio norte desde os anos 60. Advirte que os glaciares e casquetes polares continuarán retrocedendo ao longo deste século. De feito 8 de cada 9 glaciares europeos está en retroceso. Desde 1894 ata o 2000, apréciase unha perda de case un 85% da superficie glaciar dos Pirineos.
    3.- Subida do nivel de mar: O calentamiento global e a consecuente perda de masa de glaciares e casquetes polares ocasionará un aumento do nivel marítimo de 15 a 95 centímetros para o ano 2100. En España este será un dos principais problemas derivados do cambio climático nas zonas costeras. Isto causará perdas dun número importante de praias, sobre todo no Cantábrico e boa parte das zonas baixas costeras inundaranse – deltas do Ebro, Llobregat, Manga do Mar Menor, e costa de Doñana.
    4.- Secas: O cambio climático provoca que haxa periodos de seca máis extensos debido a que está aumentando a presión sobre a auga ao modificar os patróns de choivas, os fluxos dos ríos, os niveis dos lagos, e a auga do chan. Nalgúns lugares as fontes de auga secáronse. España é o país máis árido de Europa. Segundo a ONU, un terzo da súa superficie sofre unha taxa moi elevada de desertización e un 6% xa se ha degradado de forma irreversible.
    5.- Fenómenos meteorolóxicos extremos: As previsións falan dun aumento da frecuencia e severidad de fenómenos como secas, inundacións, olas de calor, avalanchas e furacáns. Pero diminuirán aqueles relacionados co frío intenso.
    6.- Extinción de especies: Estímase que entre o 15 e o 37% das especies do planeta vanse a extinguir. O que favorecerá o aumento da expansión de especies invasoras e pragas. Entre os ecosistemas naturais en risco pola súa especial vulnerabilidade inclúense os glaciares, os arrecifes coralinos e atolones, os manglares, os bosques tropicais e boreales, os ecosistemas polares e alpinos e, as zonas húmidas e praderas. 7.- Perda de recursos: O calentamiento global provocará unha gran redución da produción de alimentos e dificultará o seu abastecemento en moitas rexións do mundo, como en África. Secas e inundacións afectarán a colleitas, animais e ecosistemas enteiros.
    8.- Enfermidades: Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), o PNUMA e a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), cada ano morren 150.000 persoas debido ao cambio climático, abrigo debido á propagación de epidemias. O IPCC alerta dun aumento e extensión das enfermidades infecciosas. En España cabo esperar un aumento na mortalidad causada polas olas de calor, que se apuntan como máis frecuentes en intensidade e duración nos próximos anos.

  28. faa-marinabusto di:

    Durante o século pasado, a temperatura media da superficie da Terra subiu considerablemente. As probas demostran que a maioría dos acontecementos do quecemento global que tiveron lugar no planeta nos últimos 50 anos foron causados pola actividade humana.
    O incremento da temperatura global terá consecuencias moi serias para a humanidade e para toda criatura viva. Non só un aumento das temperaturas, senón que tamén ocorrerá unha subida del nivel dos mares que será una amenaza para as costas e illas pequenas, así como o incremento e empeoramento dos fenómenos meteorolóxicos. Os furacáns son máis intensos, as chuvias torrenciais, as sequías, as olas de calor, as nevadas…

  29. faa-ritalage di:

    O cambio climático é unha alteración radical dos equilibrios medioambientais entre o home e a natureza, e as súas consecuencias poden ser nefastas se non se levan a cabo medidas contra el:
    Consecuencias sobre a auga:
    -Un aumento dos caudais e un adianto temporal das descargas primaverais de ríos alimentados con glaciares e neve.
    -Aumento das temperaturas de lagos e ríos en moitas rexións, e acidificación dos océanos pola absorción de carbono xerado polo home .
    Consecuencias sobre os seres vivos :
    -Desprazamento cara rexións polares de certas especies e animais
    -Aparición de enverdecemento cedo da vexetación, como consecuencia dun alargamento das estacións.
    -Alteración do volume de algas, planctos e peixes nos océanos de latitudes altas.
    Consecuencias sobre os humanos:
    -Aumento da mortalidade asociada coas ondas de calor en Europa
    -Aumento da malnutrición debido as sequías e ao desequilibrio estacional das colleitas

  30. fab-sabelafernandez di:

    Son numerosas as consecuencias que o cambio climático está tendo e vai a ter sobre o noso planeta. Ditos efectos non inciden por igual en tódalas partes do mundo, sedo as máis desfavorecidas e inmensamente poboadas as máis vulnerables.
    1. Aumento da temperatura terrestre.
    2. Cambios na capa de neve, xeo e solo xeado.
    3. Aumento do nivel e temperatura do mar.
    4. Aumento da frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos extremos.
    5. Perigo de extinción de numerosas especies animais y vexetais.
    6. Efectos sobre a agricultura e o sector forestal.
    7. Impactos sobre a saúde humana.

  31. A primeira vista, un leve cambio de temperaturas no planeta non debería afectarnos demasiado,mais a realidade é que os efectos serían diversos e farían peligrar á raza humana.

    O desxeo dos polos, a afectación ás rotas de aves migratorias e o cese de diversas correntes mariñas(sen as que certas especies desaparecerían) son as consecuencias máis relevantes que partirán deste fenómeno artificial que lle estamos provocando ó planeta.

  32. fab-antonchaves di:

    Chámase Cambio Climántico á modificación do clima con respecto ao historial climático a unha escala global ou rexional. Pola modificación do clima enténdese non só unha subida de temperaturas, senón también unha modificación na presión atmosférica, nas precipitacións, na nubosidade, nas mareas, etc.
    O término Cambio Climántico adoitase confundir co Quentamento Global, pero estes dous términos non significan o mesmo xa que o Quentamento Global só se refire ao incremento de tamperatura global nos último séculos.

  33. faa-ariadnavazquez di:

    O cambio climático, na actualidade, non pode ser responsable dos desastres naturais, pero é moi probable que nun futuro sea o causante de grandes catástrofes ambientais.

    Os modelos climáticos proporcionan unha visión do futuro. En primeiro lugar, o cambio climático implica un aumento de gases de efecto invernadoiro na atmosfera que impulsan temperaturas superiores á maioría das superficies terrestres, aínda que o cambio exacto varía rexionalmente. Aínda así este non é o único efecto que implica o cambio climático. Posto que un aumento nas temperaturas globais inclúen o aumento de risco da seca e o aumento da intensidade das tormentas, incluíndo ciclóns tropicais con ventos de maior velocidade, un monzón asiático máis húmido, e, posiblemente, tormentas máis intensas en latitudes medias.

  34. fab-raquelpan di:

    O cambio climático e un conxunto de grandes e rápidas perturbacions provocadas no clima polo aumento da temperatura do planeta. Tratase do problema ambiental máis importante .
    O clima é un promedio, a unha escala de tempo dada, do tempo atmosférico. Os distintos tipos climáticos e a sua localización nas superficie terrestre obedecen a certos factores, sendo os principais, a latitude xeográfica, a altitude, a distancia no mar, a orientación do relevo terrestre con respecto a insolación (vertentes de solana e umbría) e as direccións dos ventos (vertentes de Sotavento e barlovento) e por último, as correntes mariñas. Estos factores e as suas variacions no tiempo producen cambios nos principais elementos constituintes do clima que tamén son cinco: temperatura atmosférica, presión atmosférica, ventos, humidade e precipitaciones.