Adaptación vexetal a curto plazo

Un estudo liderado pola universidade de Zurich, amosa que a diversidade das comunidades vexetais inflúen na historia evolutiva das plantas que medran xuntas por curtos períodos de tempo. Este inesperado resultado ten amplas implicacións para a productividade da planta. Mostra que o número de especies presentes impulsa por si soa a adaptación.

Así, as plantas cultivadas cunha gran diversidade son máis produtivas cando antes se adapten a crecer nun entorno de alta diversidade. Como resultado, prodúcese unha maior cooperación entre a descendencia das plantas que creceran en formacións mixtas durante varias xeracións, en comparación coa que existe entre a descendencia das plantas que se cultivaron só en monocultivos.

Os autores observaron que aínda que todas as mesturas experimentais deron lugar a unha maior colleita (isto é, produciron unha maior biomasa que a suma das especies individuais cultivadas en monocultivos), o rendemento das plantas derivadas de formacións mixtas superou ao das plantas descendentes de monocultivos. E máis sorprendente aínda, as especies de formacións mixtas diferían entre sí, en canto aos rasgos funcionais, ao grosor das follas, a altura e a capacidade reprodutora, cas plantas de monocultivo.

Este fenómeno de adaptación, denominado desprazamento de caracteres, ata agora só se coñecía coma un proceso evolutivo a longo prazo, o cal permite que as especies se diferencien unhas doutras en escalas de tempo xeolóxicas.

Autor: Diego García Cousido

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.