Pode comerse algo do chan?

Un estudo británico afirma que o 87% da poboación, comería calquera alimento que, por despiste, caera ao chan. Un grupo de científicos da Universidade de Aston, publicou un estudo que quixo determinar si era certa a “regra dos cinco segundos”. Esta “regra” di que calquera alimento que nos caera ao chan, se o recollemos en menos de cinco segundos, pode comerse xa que non se produciu transferencia de bacterias.

Este estudo realizouse con tostadas, galletas e gominolas, que estiveron en contacto co chan un intervalo de 3-30 segundos en presencia de bacterias E. coliStaphylococcus aureus. E o resultado dalle a razón á poboación, o tempo é vital para a transferencia de microorganismos. Aínda que os científicos afirmaron, que tamén depende da superficie, do alimento e da bacteria que esté no chan, pero que de maneira xeral, non hai problemas.

O que si advertiron, foi que a salmonela, por exemplo, pode sobevivir na superficie sucia ata 4 semanas, polo tanto si temos a mala sorte de que a comida cae nese punto da supeficie, si que podríamos enfermar.

Jesús Rodriguez Huertas, director do Instituto de Nutrición e Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Granada, confirma que o ser humano está rodeado en todo momento de polvo e bacterias, polo tanto non hai risco de inxerir ese trozo de bocadillo que nos caeu na casa. Pero advirte que se isto sucede nun parque, nunha granxa, ou na rúa, deberíamos tirar o alimento, xa que non estamos nunha superficie do todo limpa e pode haber millóns de microorganismos.

Aínda asi, explica que tamén todo depende da persoa e que o corpo tamén ten defensas, a primeira na saliva que é antimicrobiana, a segunda atópase na deglución, con presencia de ácido clorhídrico puro, a terceira serían as sales biliares do fígado e por último a microbiota intestinal. Asi que, hai que ser rápidos!

Autor: Rubén Iglesias Ferro

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.