Posible vida en Marte

A primeira vez que os científicos detectaron metano en Marte foi en 2003, desde ese momento comezaron a buscar isistentemente a súa orixe.  A importancia deste descubrimento radica en que, a parte  de poder estar  provocado por procesos xeolóxicos, tamén podería ser a causa de procesos biolóxicos; se este fora o caso estariamos ante a primeira mostra evidente da existencia de vida neste planeta.

 

 

Por este motivo, o Rover Curiosity da NASA ten como unha das súas misións olfatear a súa presenza no cráter Gale, onde leva mais de dous anos. Despois de varios intentos fallidos, esta vez o vehículo explorador encontrou sinais claras, e non so iso, senón que detectou que provén dunha misteriosa fonte flutuante que  o expulsa periodicamente á atmosfera, non existe moito, pero cando se dispara multiplícase por dez.

En Marte, segundo novos datos publicados a revista “Science”, o gas está presente na atmosfera marciana en concentracións aproximadamente  0.7 partes  por millón, unhas 4.000 veces menos que na atmosfera da Terra.

Estes resultados obtiveronse despois de case dous meses de análises  química da atmosfera a bordo do rover  obtidos co instrumento SAM,  durante o cal observáronse impresionantes picos nas concentracións do metano.

Claramente isto so é unha posibilidade non confirmada, xa que o metano tamén pode xurdir cando a auga altera os minerais debaixo da superficie ou por outros procesos xeolóxicos, que non implican a existencia de vida.  Os científicos recoñecen que fai falta máis investigación para determinar a orixe exacta do gas, por iso continuarán analizando mostras do solo e sedimentos de materia orgánica recollidos polo Curiosiy e buscarán patróns de metano na atmosfera coa axuda dos orbitais de Marte.


Autora: Ilenia Martínez Cores

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Posible vida en Marte

  1. Victor di:

    Como se produce o metano na Terra? Que ocorre con el cando pasa á atmosfera?

    • faa-emiliolumbres di:

      O metano é o hidrocarburo máis simple, a súa molécula está formada por un átomo de carbono ao que se unen catro átomos de hidróxeno CH4. O metano ten as características de ser un hidrocarburo incoloro, inodoro e inflamable, e ademais tamén é máis lixero que o aire
      A temperatura ambiente é un gas e atópase presente na atmósfera.
      O metano prodúcese na Terra dun xeito natural, pola descomposición de substancias orgánicas nas zonas donde é escaso o osíxeno, na explotación de combustibles fósiles,no proceso de dixestión do ganado e na queima de biomasa.
      Como o metano é un gas de efecto invernadoiro moi forte para atmosfera terrestre, este vai contribuír ao quentamento globlal de gran maneira, xa que este hidrocarburo é aproximadamente 21 veces máis contaminante que o CO2. Cando o metano chega á atmosfera o seu tempo de permanencia está entre os 9 e 15 anos.

    • fab-mariangaleano di:

      O metano é o hidrocarburo máis sinxelo, cuxa fórmula é GH4. O metano prodúcese de forma natural pola descomposición de sustancias orgánicas no ambientes pobres en osíxeno. Tamén se produce no sistema dixestivo de rumiantes e outros animais, na explotación de combustibles fósiles e na quema de biomasa.
      Aproximadamente a metade da producción de metano provén dos sembradíos de arroz, da actividade animal e da acción das termitas. Unha cuarta parte provén de terras pantanosas e húmidas. Un 15% da produción industrial de gas natural e carbón mineral. Os rellenos de basura e outras sustancias orgánicas en descomposición contribúen cun 5% das emisiónsde metano.
      O metano é un gas de efecto invernadoiro moi importante na atmosfera da
      Terra cun potencial de quentamento de 23 sobre un período de 100 anos. O metano ten un gran efecto por un breve período(10 anos), mentres que o dióxido de carbono ten un pequeno efecto por un período prolongado(100 anos). O poder do efecto invernadoiro do metano é 20 veces superior ó do dióxido de carbono(CO2).

  2. fab-miguelleiro di:

    O metano é o hidrocarburo alcano máis sinxelo.Na terra próducese de forma natural pola descomposición de sustancias orgánicas en ambientes pobres en osíxeno. Tamén se produce no aparello dixestivo de rumiantes e outros animais, na explotación de combustibles fósiles e na queima de biomasa. É un gas de efecto invernadoiro relativamente potente e polo tanto constribúe ao quentamento global sendo 20 veces máis contaminante que o dióxido de carbono.Ao chegar á atmosfera, permanece alí entre 9 e 15 anos. O metano contribúe ao 16% do efecto invernadoiro.

  3. fab-miguelpineiro di:

    O metano prodúcese de forma natural pola descomposición de substancias orgánicas en ambientes pobres en osíxeno. Tamén se produce no sistema dixestivo de ruminantes e outros animais, na explotación de combustibles fósiles, e na queima de biomasa.
    Aproximadamente a metade da produción de metano provén dos sembradíos de arroz, da actividade animal, e da acción dos térmites. Unha cuarta parte provén de terras pantanosas e húmidas. Un 15% da produción industrial de gas natural e carbón mineral. Os recheos de lixo e outras substancias orgánicas en descomposición contribúen cun 5% das emisións de metano.
    Cando pasa a atmosfera, o que pasa e que contribue potencialmente o quentamento global,o metano,excluindo o vapor de auga, e o responsable do quenzemento nun 15%. Sendo esta, una gran responsable do quencemento.

  4. faa-iagopadin di:

    O metano trátase dun hidrocarburo que se produce en descomposicións orgánicas con pouco osíxeno. O 60 % das emisións en todo o mundo é de orixe humana. Proceden principalmente de actividades agrícolas e outras.
    A maior fonte de metano, é a súa extracción dos depósitos xeolóxicos. Atópase asociado a outros hidrocarburos combustibles e a veces vai acompañado por helio e nitróxeno. O gas,sobre todo a baixas presións, formase pola descomposición anaeróbica de materia orgánica e o resto crese que proven da lenta desgasificación dos materiais primordiais situados nas partes máis profundas do planeta. Tamén se pode extraer dos depósitos de carbón mediante a perforación de pozos nas capas de carbón, bombeando a continuación agua.
    Los procesos na dixestión e defecación de animales (especialmente do gando)son o 17 %. As bacterias en plantacions de arroz, o 12 %. Outra forma alternativa para obter metano é mediante o biogás xerado por la fermentación de materia orgánica. Ademais, tamén se pode obter industrialmente.
    O seu efecto máis negativo na atmosfera é que se trata dun gas de efecto invernadoiro que ten un gran efecto nun período de tempo relativamente curto.

  5. As súas principais orixes son a descomposición dos residuos orgánicos por bacterias,as fontes naturais (pantanos),a extracción de combustibles fósiles,(tradicionalmente queimábase e emitía directamente.Hoxe en día se intenta almacenar para reaproveitalo formando o chamado gas natural),os procesos na dixestión e defecación de animais(especialmente do gando),as bacterias en plantacións de arroz,a dixestión anaeróbica da biomasa,a materia viva vexetal(as plantas e árbores emiten grandes cantidades de gas metano)…

    O 60% das emisións en todo o mundo proceden principalmente de actividades agrícolas e outras actividades humanas.

  6. faa-tamaraparracho di:

    O metano (CH4) é un composto formado por carbono e hidróxeno, é dicir, é un hidrocarburo (concretamente é o primeiro membro da serie dos alcanos).
    Este composto, prodúcese de forma natural mediante a descomposición de sustancias orgánicas debido a acción de microorganismos. Estes microorganismos, normalmente bacterias, que obteñen a súa enerxía a través da produción metabólica de gas, son maioritariamente anaeróbicos, é dicir, viven en ausencia de osíxeno. Por iso, as bacterias de este xénero, provocan a descomposición anaeróbica da materia de orixe vexetal en ambientes pobres en osíxeno como charcas, pantanos, no solo ou no tracto dixestivo das vacas e de outros ruminantes.
    O metano é un gas de efecto invernadoiro moi importante na atmosfera da Terra, pois trátase do segundo gas que máis contribúe ao efecto invernadoiro. Nos países industrializados, o metano representa normalmente o 15% das emisións de los gases invernadoiro. Na atmosfera, o metano retén o calor e é 23 veces más efectivo que o CO2, mais o seu ciclo de vida é máis breve, entre 10 e 15 anos.

  7. faa-martinbaulde di:

    O metano é o hidrocarburo alcano máis sinxelo, cuxa fórmula química é CH4.
    Prodúcese como produto final da putrefacción anaeróbica das plantas. Este proceso natural pódese aproveitar para producir biogás.
    O metano é un gas de efecto invernadoiro moi importante na atmosfera da Terra cun potencial de quentamento de 23 sobre un período de 100 anos. Isto implica que a emisión dunha tonelada de metano terá 23 veces o impacto da emisión dunha tonelada de dióxido de carbono durante os seguintes cen anos.
    O metano ten un grande efecto por un breve período (aproximadamente 10 anos), mentres que o dióxido de carbono ten un pequeno efecto por un período prolongado (sobre os 100 anos). Debido a esta diferenza no efecto e o período, o potencial de quentamento global do metano nun prazo de 20 anos é de 63.

  8. faa-albaaller di:

    O metano é o hidrocarburo alcano máis sinxelo e prodúcese pola putrefacción das plantas. A súa fórmula química é CH4. O metano é un gas moi importante na atmosfera da Terra, xa que forma parte do efecto invernadoiro, sendo un gas moi potente que provoca o quentamento global. A libertación deste tería un efecto máis forte e menos duradeiro que a de dióxido de carbono, por ser 20 veces máis forte ca este último.

  9. fab-lauracaldas di:

    O metano é un potente gas invernadoiro e actúa para degradar a capa de ozono. O químico é o compoñente principal do gas natural e atópase en grandes cantidades na corteza da Terra e libérase de forma natural a través das aberturas xeotermais, burbullas de metano que se liberan do océano e das erupcións volcánicas.
    -Cultivo de arroz
    O cultivo de arroz é unha actividade enteiramente humana.
    A medida que a población humana crece, a demanda da producción de arroz aumenta, o que conduce incluso a unha liberación maior de metano á atmósfera.
    -Animales de pastoreo
    Nunha escala global, o pastoreo de animais como vacas e ovellas, emite ao redor de 80 millóns de toneladas de metano ao ano. Este metano xérase durante a dixestión nun proceso coñecido como a fermentación entérica. Durante este proceso, o metano prodúcese nun estomago especializado chamado rumen.
    -Termitas
    as termitas liberan metano dunha maneira similar aos animales de pastoreo. as termitas son unha fonte natural das emisions de metano; sen embargo, as actividades humanas como a deforestación, a agricultura e outras actividadesagrícolas contribue á explosión das poblacions de termitas.
    -Vertedoiros
    A descomposición de residuos organicos , co tempo, producen metano.Debido á cantidade de residuos de lenta descomposición presentes, os vertedoiros actúan como fontes de producion de metano por anos moito despois do seu peche. As emisions de metano dos vertedeiros siguen crecendo ano tras ano.

  10. faa-sarafalcon di:

    O metano encóntrase comunmente na natureza sempre que aconteza
    descomposición bacteriana de materia orgánica en ausencia de osixeno, como en
    os pantanos, lamazais ou no sedimento do lama de lagos, de aí o seu nome
    común, o gas dos pantanos
    O metano
    fórmase, de modo similar, a partir das bacterias que se encontran nas vías
    dixestivas de certos animais ruminantes, como as vacas.
    O metano é un gas de efecto invernadoiro moi importante na atmosfera da Terra cun potencial de quentamento de 23 sobre un período de 100 anos, El metano ten un grande efecto por un breve período (aproximadamente 10 anos)

  11. faa-danielbaulo di:

    O metano é o hidrocarburo máis sinxelo. A molécula de metano está formada por un átomo de carbono ao que se lle unen catro átomos de hidróxeno. O metano é incoloro, inodoro e inflamable, e é máis lixero que o aire. A temperatura ambiente é un gas, que se atopa presente na atmósfera. Prodúcese na Terra de xeito natural, pola descomposición de substancias orgánicas nas zonas onde hay poco osíxeno, na explotación de combustibles fósiles, no proceso de dixestión do gando ou tamén na queima da biomasa. Contribue ao quecemento globlal xa que é un gas de efecto invernadoiro moi forte para atmosfera terrestre.

  12. faa-carmenvilanova di:

    O metano é un hidrocarburo, isto é, un composto formado por carbono e hidróxeno, cuxa fórmula é CH4. É o primeiro membro da serie dos alcanos. Ademais, é máis lixeiro que o aire, incoloro, inodoro e inflamable.
    O metano é un dos principais compoñentes da atomosfera de planetas como Saturno, Urano ou Neptuno.
    Cada un dos átomos de hidróxeno deste composto están unidos ao carbono mediante un enlace de tipo covalente. É unha substancia non polar que se presenta en forma de gas a temperaturas e presions ordinarias.
    Na natureza prodúcese como produto final da putrefación anaeróbica das prantas. O procedemento de descomposición ou putrefación anaeróbica implica a humificación de materia orgánica por microorganismos sen a presencia de osíxeno.
    Este proceso natural pode aproveitarse para producir biogás. Moitos microorganismos anaeróbicos xérano utilizando o dióxido de carbono (CO2) como aceptor final de electróns.

  13. faa-albarodriguez di:

    O metano é o hidrocarburo alcano máis sencillo. O metano prodúcese de forma natural pola descomposición de sustancias orgánicas en ambientes pobres en osíxeno. Tamén se produce en lugares como o sistema dixestivo de algúns rumiantes e outros animais, na explotación de combustibles fósiles e na queima de biomasa.
    A largo prazo o metano é moi preocupante xa que e un dos causantes do quentamento global máis forte xa que ten un potencial de 62 veces maior ca o dióxido de carbono. O metano contribúe un 15% no quentamento global.
    Este gas cando chega a atmosfera contribúe no efecto invernadoiro facendo que aumente a capacidade de retención de calor pola atmosfera.

  14. faa-miriantrigo di:

    O metano, cuxa fórmula é CH4, é un gas incoloro, inflamable e non tóxico, que se produce de forma natural por descomposición de substancias orgánicas en ambientes pobres en osíxeno e no proceso dixestivo de rumiantes e noutros animais, aínda que tamén se orixina a partir de fontes alternativas, como de na queima de combustibles fósiles e na queima de biomasa.
    Este hidrocarburo ,debido ás súas propiedades físicas e químicas, xunto coa súa presenza na atmosfera, é un gas de efecto invernadoiro de gran importancia na atmosfera da Terra, ten un gran potencial de quentamento (durante cen anos, o a emisión dunha tonelada de metano tendría 23 veces o impacto da emisión dunha tonelada de CO2).
    Durante os últimos cinco anos, a concentración de metano na atmosfera aumentou. Isto fai que a capacidade autolimpiante da atmosfera se vexa deteriorada, xa que altera a súa capacidade para autodepurarse contra contaminantes, debido a que reduce o volume de ións hidroxilo. Ademais,este gas contribúe nun 15% ao quentamento global.

  15. faa-ileniamartinez di:

    O metano prodúcese de forma natural pola descomposición de sustancias orgánicas no ambientes pobres en osíxeno. Tamén se produce no sistema dixestivo de rumiantes e outros animais, na explotación de combustibles fósiles, e na queima de biomasa.
    Aproximadamente a metade da producción de metano provén dos sembradíos de arroz, da actividade animal, e da acción das termitas. Unha cuarta parte provén de terras pantanosas e húmedas. Un 15% da producción industrial de gas natural e carbón mineral. Os rellenos de basura e outras sustancias orgánicas en descomposición contribuen con un 5% das emisións de metano.
    Cando este gas chega a atmósfera contribue co efecto invernadoiro, o que aumenta a capacidade de retención do calor nela.

  16. faa-ariadnavazquez di:

    Case todo o metano na Terra se fai, directa ou indirectamente, polos organismos. Unha pequena proporción provén de plantas en descomposición, enterradas, cuxas partes insoluble convértense nun material. Cando ese material se descompón a través dun proceso térmico o resultado é o metano, así como hidrocarburos de cadea máis longa como etano, propano, e butano. O metano, o hidrocarburo máis simple, ten un átomo de carbono e catro átomos de hidróxeno (CH4). Moito máis metano provén de microbios anaerobios chamados metanógenos. Algúns metanógenos son chamados “extremófilos” porque poden prosperar baixo extrema acidez, alcalinidade ou salinidade – condicións que unha vez pensaron intolerable a vida.

  17. fab-nereaporta di:

    Nunha escala industrial, obtense a partir de varias fontes. Os máis importantes son os bolsas de gas natural e conteñen principalmente metano. Outra importante fonte de metano é o craqueamento do petróleo. Actualmente metano obtense (en conxunto con outros hidrocarburos lixeiros) tratamento da materia orgánica do lixo urbano ou agrícola.
    No laboratorio, poden ser obtidos polos seguintes métodos:

    -polimerase de acetato de sodio con cal sosa cáustica con calefacción forte: CH3-COONa + NaOH -> CO3Na2 + CH4

    -polimerase algúns carburo metálicos, tales como aluminio, con auga ou con ácido clorhídrico diluido: C3Al4 + 12H2O 4Al (OH) 3 + 3CH4

  18. faa-laurachaves di:

    O metano pode obterse de diferentes maneiras, como da descomposición dos residuos orgánicos por bacterias, de fontes naturais, extracción de combustibles fósiles (antigamente, queimábase o metano e emitía directamente, hoxe en día, intentase almacenar o máximo para reutilizalo formando o que se coñece como gas natural). Tamén se obtén dos procesos na dixestión e defecación de animais, nas bacterias en plantacións de arroz, queima da biomasa, materia viva vexetal etc.

    Como se observa, o 60% das emisións en todo o mundo proceden de actividades agrícolas. A concentración atmosférica deste gas na atmosfera incrementou de 0,8 a 1,7 ppm, pero pode que este dato siga en aumento a medida que se libere, ao aumentar a temperatura dos océanos, o que se encontra almacenado no fondo do Ártico. Esta non é unha boa noticia para as perspectivas futuras do quentamento global da Terra.

  19. fab-sabelafernandez di:

    O metano é o hidrocarburo máis simple, a súa molécula esta formada por un átomo de carbono (C), ao que se encontran unidos catro átomos de hidróxeno (H). A temperatura ambiente é un gas e está presente na atmosfera.

    O metano ten aplicación na industria química como materia prima para a elaboración de múltiples produtos sintéticos. Nos últimos anos foi aplicado con bos resultados, como fonte enerxética alternativa.
    Na Terra prodúcese de forma natural pola descomposición da materia orgánica en ausencia de osíxeno. Tamén se produce no proceso dixestivo dos rumiantes, na combustión de biomasa en bosques tropicais e sabanas, na actividade microbiana en augas servidas (cloacas) e en determinadas acumulacións de hidrocarburos como campos de petróleo, gas e carbón.
    As súas propiedades físicas e químicas e a súa presenza na atmosfera, inclúeno dentro do grupo de “gases de efecto invernadoiro”, ocupando o terceiro lugar, detrás do dióxido de carbono e dos clorofluorocarburos(CFC), e contribuíndo nun 15% ao quentamento global. Observouse, ademais, que o metano deteriora a capacidade autolimpiante da atmosfera.

  20. faa-marinabusto di:

    Ao igual que o CO2, as fontes de metano poden ser naturais ou produto de actividades humanas. A actividade humana é a que crea a maior fonte de emisións de metano, existen varias formas:

    -O metano é encontrado sempre onde hai combustible fósil. Emítese durante operacións normais de extracción de petróleo, gas natural ou carbono. Tamén durante a manipulación, procesamento e transporte do combustible fósil. Con simplemente comprar ou usar combustible fósil do tipo carbono, gas natural ou petróleo estás a contribuír ás emisións de metano.

    -A través da descomposición do esterco do gando, os vertedoiros e o lixo ao aire libre están cheos de materia orgánica. O lixo novo amoréase sobre o que xa estaba e a materia orgánica do noso lixo descomponse en condicións anaeróbicas (sen osíxeno) e así prodúcense grandes cantidades de metano.

    -Algúns animais de granxa emiten metano de dúas formas diferentes. Vacas, ovellas e cabras son exemplos de animais ruminantes que durante o seu proceso natural de dixestión crean grandes cantidades de metano. O que se coñece como fermentación entérica acontece no estómago destes animais e é a causa de emisións.

    Cando o metano chega á atmosfera, ao ser un gas de efecto invernadoiro, contribúe ao quentamento global do planeta Terra xa que ten un potencial de quentamento global de 23. Esto significa que nunha medida de tempo de 100 anos cada kg de CH
    4 quenta a Terra 23 veces máis que a mesma masa de CO 2.

  21. faa-miguelotero di:

    O metano na terra é producido principalmente por procesos biolóxicos. Case todo o metano terrestre prodúcese, directamente ou indirectamente, por organismos. Unha pequena parte provén de plantas en descomposición, enterradas, cuxas partes non disolutas convértense nun material chamado, keróxeno. Cando o keróxeno québrase mediante unha “ruptura” térmica, o resultado é o de metano e outros hidrocarburos. Tamén o metano provén dos microbios anaerobios chamados, metanógenos.
    Na atmosfera é un dos causantes do efecto invernadoiro na atmosfera, xa que a súas emisións polo home son moi elevadas. Tamén crea ozono no nivel do solo e o ozono no solo e malo para á saúde, como tamén contribúe ao quentamento global. Actualmente as emisións de metano aumentan un 60% superior que as de dióxido de carbono, un nivel moi elevado para atmosfera.

  22. Victor di:

    Podería utilizarse o metano como unha fonte de combustible?

    • fab-mariangaleano di:

      O metano, composto xerado polos excrementos humanos, animais e os residuos urbanos, podería substituír ós combustibles fósiles ou enviar cohetes ao espazo e ao mesmo tempo evitar o efecto no cambio climático. Ten unha capacidade de combustión moi alta e as súas reservas mundiales son enormes. Os excrementos e residuos urbanos poderían aproveitarse para xerar enerxía. Estudiase a posibilidade de capturar o metano antes de que se escape á atmosfera e transformalo en enerxía. Entre as distintas opciones que se barallan, destaca a utilización dos hidratos de metano, o metano hídrico, xa que se calcula que as súas reservas duplican ás dos combustibles fósiles en todo o mundo e a súa capacidade de combustión é moi alta.
      O metano hídrico fórmase básicamente baixo o permafrost e no subsuelo mariño. O frío e as altas presións manteñen estable a unión da auga e o metano producido pola decomposición de organismos vivos neste caso. Ao extráelo do seu lugar natural desaparecen as condicións polas que permanecía unido de xeito que o metano pode aproveitarse como fonte de enerxía, de feito coñécese como “ouro blanco” por ser este a cor que ten cando sale do seu xacemento. Só habría que derretilo para obter o combustible.

  23. fab-miguelpineiro di:

    Si se podria utilizar o metano como fonte de enerxia.De feito,o metano é o hidrocarburo mais sinxelo,un gas.
    Collelo e sinxelo e dificil a vez, sinxelo porque non fai falta buscar moito para encontralo,xa que normalmente encontrase en terreos pantanosos,por outro lado e dificil porque calquer fallo podria provocar una explosion.
    Tamen e barato,xa que como dixen,e moi abundante,pero ten como contra que emite CO2 vinculado o quenzemento global bastante potente.
    Actualmente como o acceso ao petroleo,carbon e gas son dificiles,buscan novas alternativas.
    E esta e una delas,cas suas ventaxas e os seus incombintes.

  24. faa-tamaraparracho di:

    Cando o metano é utilizado como combustible, soe mesturarse con outros gases para formar o denominado gas natural, unha importante fonte de enerxía non renovable formada por una mestura de gases lixeiros, cuxo compoñente principal é o metano, posto que se encontra nunha porcentaxe do 90 – 95 %.
    Dado que o metano produce máis cantidade de calor por unidade de masa que outros hidrocarburos máis complexos, o gas natural é utilizado como combustible en diferentes ámbitos e sectores.
    Por exemplo, o gas natural chega a moitos fogares mediante tuberías para ser empregado como combustible para a calefacción e para cociñar.
    Por outra banda, o gas natural tamén pode ser utilizado combustible automotor substituto da gasolina e do diésel en motores de todo tipo de vehículos, dende turismos ata ferrocarrís ou incluso barcos e avións, existindo actualmente no mercado unha boa oferta de vehículos a gas.
    Por último, o gas metano é un combustible moi utilizado como substituto do carbón, madeira, keroseno…en todo tipo de industrias debido as súas excelentes propiedades fisico-químicas. Algunhas das industrias que utilizan o metano como combustible son, por exemplo, a industria dos alimentos nos procesos de cocción e secado, a industria metalúrxica tanto na fusión como no requentamento de metais ou a industria téxtil, entre outras. 

  25. faa-albaaller di:

    O metano é o hidrocarburo máis sinxelo. Este ten unha serie de vantaxes e inconvenientes para utilizalo como fonte de enerxía, pero si que podería utilizarse.
    O metano é un gas barato e moi abundante, xa que é fácil atopalo; en cambio a súa estracción é difícil e emite unha gran cantidade de CO2, o cal é un dos gases responsables do quentamento global.
    Actualmente estanse considerando posiblidades de utlizalo como fonte de enerxia.

  26. faa-ariadnavazquez di:

    O metano quéimase doadamente e produce cantidades significativas de enerxía cando se queima, é portátil como gas ou como líquido comprimido, e a infraestrutura para a distribución e uso de metano xa existe na canalización de gas natural.
    A pesar de que nun principio non se consideraba o metano como unha “fonte de combustible”,xa que a produción de metano require máis enerxía que a que sae del, non é diferente as fontes de combustible actuáis, como a gasolina . Polo tanto, o metano non pode substituír os combustibles utilizados nas centrais eléctricas (debido ao seu custo de enerxía), pero, sen embargo, substituiría aos combustibles portátiles tales como a gasolina e o diesel

  27. fab-luciameis di:

    O biogás é un gas combustible que se xera en medios naturais ou en dispositivos específicos, por medio de reaccións de biodegradación da materia orgánica pola acción de microorganismos e outros factores, en ausencia de osíxeno (é un proceso anaeróbico). O biogás resultante é unha mestura de gases dos cales o máis importante é o metano (CH4). Pode producirse a partir de materiais dispoñibles local ou rexionalmente como lixo reciclado ou outros materiais biodegradables como esterco, residuos vexetais ou de colleitas, e augas residuais. É unha fonte de enerxía renovable e en moitos casos produce unha signatura de cabono moi pequena. A este gas tamén se lle chama gas dos pantanos, porque neles se produce unha biodegradación de residuos vexetais semellante á descrita que xera este gas.

    A produción de biogás por descomposición anaeróbica é un modo considerado útil para tratar residuos biodegradables, xa que produce un combustible valioso, ademais de xerar un efluente que pode aplicarse como acondicionador de solos ou fertilizante agrícola xenérico.

    O biogás é unha mestura de gases constituída por por metano (CH4) nunha proporción entre o 50% e o 70% en volume, e dióxido de carbono (CO2), e contén pequenas proporcións doutros gases como hidróxeno (H2), nitróxeno (N2), oxíxeno (O2) e sulfuro de hidróxeno (H2S). O biogás ten como promedio un poder calorífico entre 18,8 e 23,4 megajoules por metro cúbico (MJ/m³).

  28. fab-raquelpan di:

    O metano considerase un hidrocarburo sinxelo.Quéimase doadamente e produce cantidades significativas de enerxía cando se queima, é portátil como gas ou como líquido comprimido, e a infraestrutura para a distribución e uso de metano xa existe na canalización de gas natural.O gas metano é un combustible moi utilizado como substituto do carbón, madeira, keroseno…en todo tipo de industrias. Actualmente estanse considerando posiblidades de utlizalo como fonte de enerxia