É posible manter fresco un edificio sen aire acondicionado?

Un equipo de investigadores da Universidade de Stanford (EEUU) presentou a finais de novembro unha nova tecnoloxía que , como eles din , vai aforrar electricidade sen ter que pasar calor, xa que pode reducir o uso de aire acondicionado ou incluso prescindir del. Este é un dispositivo recuberto dun material novo que reflicte e desvía a luz solar que incide sobre unha superficie, evitando que se quente. Este tamén é capaz de transferir a calor acumulada no edificio ao exterior.

Trátase dun novo material composto por múltiples capas que, segundo aseguran, é capaz de reflectir o 97% dos raios do Sol que doutro xeito, quentarían o edificio. Este material realiza unha dobre función. Por unha banda, reflicte a luz do Sol que chega á superficie na que foi colocado, evitando que a quente. Por outra, traslada ao exterior directamente a calor que hai no interior do edificio como radiación infravermella.

O novo material está composto por varias capas e ten un grosor de só 1,8 micras. Polo que respecta á súa composición, fabricouse con sete capas de dióxido de silicio e óxido de hafnio colocadas enriba dunha delgada capa de prata. A súa estrutura interna, está modificada para que os raios infravermellos sexan trasladados a unha frecuencia que permita que saian ao espazo sen que quenten o aire que rodea. É dicir, a estrutura do material permítelles aos raios infravermellos saír directamente cara ao espazo sen requentar o espazo ao redor do edificio.

Cando cubriron o teito dun edificio con este prototipo, logrouse reducir a temperatura no interior do establecemento en 5ºC. A pesar de que os seus creadores aseguren que coa investigación e o desenvolvemento esta tecnoloxía podería estar dispoñible en tres ou cinco anos, actualmente deben resolver algúns problemas técnicos, como o reto de producir paneis enfriadores máis grandes. Por outro lado, afirman que este traballo podería ser tamén un primeiro paso para un obxectivo moito máis ambicioso, pois consideran que, seguindo o mesmo principio, o frío do espazo exterior podería chegar a ser utilizado no futuro para disipar a calor.

Autora: Ariadna Vázquez

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to É posible manter fresco un edificio sen aire acondicionado?

  1. Victor di:

    Por que os camións isotérmicos adoitan ter cores brancas?

    • faa-diegogarcia di:

      Os camións adoitan ter cores brancas xa que as cores brancas evitan que o calor se pase ao contido de dentro do camión, o que fai que os productos, (se son frescos, con máis razón) se conserven mellor ata chegar ao destino.

    • fab-dariovazquez di:

      Son de cor branca para reflictir a luz do sol e quentarse menos.

    • fab-mariangaleano di:

      Os camións isotérmicos son de cor branca xa que a cor branca é capaz de reflectir todas as cores da luz, é dicir, é capaz de rebotar a calor do sol, e isto axuda a regular a temperatura.

  2. Debido a que a cor branca é a cor que menos calor absorbe, é así que a fumción destes camións se teñen esta cor se cumple con máis sinxeleza.

  3. faa-carmenvilanova di:

    Un camión é un vehículo motorizado cuxa finalidade consiste en transportar bens. Existen diferentes tipos de camións, entre os cales encontramos os camións isotérmicos. Estes están dotados dunhas condicións que permiten manter a temperatura, xa sexa ou ben frío ou ben calor da mercancía que transportan.
    Todas as cores producen sensacións, que aínda que non nos percatemos conscientemente delas, si as relacionamos e sentimos o seu efecto. A cor branca, pola súa parte, está vinculada coa frescura.
    Así pois, os camións isotérmicos son xeralmente de cor branca xa que deste xeito, é moito máis difícil que os produtos poidan danarse pola calor ou a humidade e axudando así a que a mercancía manteña a súa frescura.

  4. faa-ariadnavazquez di:

    Un camión é un dos medios de transporte e de carga máis populares e importantes da sociedade actual, pero o transporte representa unha das fases máis delicadas porque os diversos parámetros físicos que inflúen sobre o produto (temperatura, humidade relativa, composición gasosa) son dificilmente regulables.
    Entón, podemos dicir que os camións isotérmicos son de cor branca para axudar a regular a temperatura, posto que se un obxecto se ve de “cor branca” significa que a súa pigmentación superficial é capaz de reflectir todas as cores da luz;é dicir, é capaz de rebotar a calor do sol.

  5. faa-albaaller di:

    Un camión é un vehículo utilizado para o transporte de calquer tipo de material. Existen diversos tipos entre os que se encontra o camión isotérmico. Este tipo de camións permiten obter unha temperatura axeitada para o tipo de material que estemos a transportar. Soen ser de cor branca, posto que, esta cor está relacionada coa frescura e é capaz de rebotar a calor do sol.

  6. faa-sarafalcon di:

    Teñen esta cor porque e unha cor que reflicte toda a luz do sol e non colle tanta calor como outros colores e por iso son blancos xa que fan que se conserve mellor o fresco ou frio no interior

  7. faa-miriantrigo di:

    Con frecuencia vemos estradas cheas de camións de gran tamaño, e isto débese a que este vehículo é un dos máis empregados para transportar mercadorías dun lugar a outro.
    Cando se tratan de camións que transportan alimentos ou mercadorías que necesitan unhas condicións de temperatura determinadas para manter o seu bo estado, o camión debe estar adaptado a estas necesidades. Así, estes camións, denominados ‘camións isotérmicos’, posto que están pensados para axudar a regular a temperatura, adoitan, e deben, ser de cor branca, xa que, como ben sabemos, as cores están relacionadas coas sensacións que nos producen, como de tranquilidade, e a temperatura; as cores escuras tenden a absorver a calor, mentres que as claras fan todo o contrario , así que a cor branca proporciona frescura, algo ideal para manter o bo estado das mercancías que transportan os camión isotérmicos.

  8. faa-tamaraparracho di:

    A función dos camións isotérmicos é transportar determinadas mercadorías que necesitan unhas certas condicións de temperatura (xeralmente baixas temperaturas) para manterse en boas condicións ata chegar ao seu destino.
    Como todos sabemos, mentres que a cor negra tende a absorber as radiacións solares, o branco reflícteas.
    Así, os camións frigoríficos píntanse de branco coa intención de protexer a súa carga das radiacións do Sol e así evitar o posible deterioro que poidan sufrir as mercadorías debido ás altas temperaturas que teñen que soportar durante o seu transporte.

  9. fab-lauraozores di:

    Un camión é un vehículo motorizado para transporte de bens.
    Os camións isotérmicos son brancos xa que esta cor ten a característica de facer que a calor transmitida polo sol rebote e permitir que non se quente o vehículo para manter máis fría a mercadoría do seu interior.

  10. fab-nereaporta di:

    Porque a cor branca reflicte todos os cores e esto fai que a temperatura non varie.

  11. fab-alexcosta di:

    A oxidación é unha reacción química onde un átomo inestable dun elemento metal ou non metal cede electróns, e esto permite que o átomo forme un composto novo con outro elemento.

  12. faa-iagopadin di:

    A enerxía da calor obedece as mesmas leis de conservación que a enerxía da luz. Se certa substancia reflexa máis ondas de luz, tamén se reflexará máis enerxía de calor. Polo tanto, debido á natureza da luz visual, as cores que reflexan máis onda de luz tenden a ser máis frías que aquelas que só reflexan algunhas.
    Deste xeito, a luz blanca é a suma de todas as ondas, así que cando a xente ve un obxecto blanco, en realidade ve toda a luz visible golpeando a superficie do obxecto e o reflexo. Algo da calor absórbese segundo a natureza do material do obxecto, pero é mínima, o que fai que o blanco sexa a cor máis fría posible. E por iso os camións isotérmicos son brancos, para estar menos quentes e así aforrar enerxía enfriando o interior.

  13. fab-raquelpan di:

    Os camións isotérmicos son de cor branca a causa de que as cores brancas evitan que o calor se pase ao contido de dentro do camión, o que fai que os productos se conserven mellor.